SlideShare a Scribd company logo
1 of 20
A PATELA e O PAZO




           Sámer Abdulkader Sande 3º A
A PATELA




Esta aldea está situada no leste da vila de Cuntis, na pendente dunha montaña
que morre no río Patelo, separándoa do Pazo, e polo oeste limita con Campo.
Este lugar está formado por catro casas das que dúas están en ruínas. Unha
das outras dúas habitadas está desocupada parte do ano, co cal son seis
persoas as que viven permanentemente no lugar, das que tres son rapaces.
Hórreos




Estes son dous hórreos da Patela con tres claros cada un. Neles gardábase
antigamente o millo. Agora están en desuso, pero iso non escusa o aspecto do
hórreo da esquerda. O tellado está cuberto de uralita suxeirada por pedras, a
madeira dos laterais atópase completamente podre e a parte baixa está
recuberta de táboas e arames que nin sequera deixan ver os piares. Pola
contra o da dereita está mínimamente coidado e ten moi bo aspecto, ten dúas
portas polo sinxelo motivo de que se abrían para ventilar e que o millo secara
e, ó contrario do anterior, poden apreciarse perfectamente os piares.
Casas




A casa da esquerda paréceme fea, desentoa, empezando por esa cor branca e a
uralita verde e os piares vermellos que ten na entrada. Ademais o tellado non é de
tella do país.
Sen embargo a da dereita é unha antiga casa de labranza con estrutura tradicional.
Aínda que foi reformada hai uns 27 anos data de máis de 150 anos atrás. É unha
casa acorde co entorno. O tellado, de tella do país, está apoiado con columnas
nunha balconada de grandes lousas de pedra. Conserva a súa orixinal chimenea
cunha lareira de pedra no interior. Ó ser unha antiga casa de labranza, posúe un
gran eirado ao seu carón con varias especies de árbores.
Patrimonio natural
As especies de árbores autóctonas que máis abundan na zona son castiñeiros,
carballos, loureiros, bidueiros, salgueiros e ameneiros (estes últimos
principalmente na beira do río Patelo). Nas partes altas do monte abundan os
eucaliptais, aínda que tamén hai piñeiros.




 Río Patelo, curso baixo.               Souto da Patela
O río Patelo, afluente do Gallo, nace nos montes de Mesego e baixa pola
pendente da montaña ata A Patela, onde as súas augas se tranquilizan ata
desembocar no Gallo.
No seu curso alto localízanse as Campaíñas, unhas pozas e fervenzas que son
frecuentadas pola xuvetude para bañarse nos veráns.




  Río Patelo, curso baixo.               Río Patelo, fervenza das Campaíñas.
                                         (Arriba á esquerda)
Muíños
O muíño das Campaíñas, o da esquerda, está prácticamente derrubado a causa do
paso dos anos e das cheas do río.
O da dereita, é o muíño da Patela, totalmente arruinado. Está dentro dunha
propiedade privada pechada, polo tanto, sen poder ter acceso a el. Aproveitando
unha das súas paredes construiuse unha corte de bloques e uralita, “un chalé de
ovellas”.




O máis indignante é o pasotismo por parte do concello. Por un lado, deberían
evitar que o deterioro destas típicas construcións avanzase ata este punto.
Ademais, non se puxo ningún impedimento para que nun patrimonio público se
fixeran estes estragos.
O Castro de Castrolandín
No ano 2000 comenzaron os traballos de recuperación de Castrolandín.
Actualmente, estanse a realizar campañas de escavación e musealización do
poboado co fin de recuparalo como recurso cultural e turístico.




                                                       Este castro está situado a
                                                       uns 400 metros da Patela.

Castrolandín é un poboado fortificado, un castro representativo dunha forma
de vida que en Galicia se desenvolve entre o século VIII a. de C. e o sécula III d.
C., xa en plena romanización.
As reducidas dimensións do xacemento e o seu bó estado de conservación fan
posible que nuha breve visita obteñamos unha boa idea de cómo eran este tipo
de poboados.
O poboado estaba defendido por un parapeto de terra coroado por unha
muralla de pedra. Un profundo foxo completa as defensas.




Este castro foi poboado só entre o século II a. de C. e o século primeiro d. de C.,
cando é definitivamente abandonado.
Hai pegadas que sinalan que a agricultura tivo un grande protagonismo como
    medio de subsistencia. Estes testemuños son abondadosas sementes,
    socalcos e algunhas ferramentas.



                                                             Igual que nós estas
                                                             xentes tiñan xoias
                                                             e adornos e, a
                                                             parte de adornar,
                                                             eran un símbolo
                                                             social. Para
                                                             valoralos temos
                                                             que ter en conta o
                                                             material do que
                                                             están feitos, o
                                                             traballo        de
                                                             fabricación e a súa
                                                             procedencia.


Ata o de agora xa se recuperaron máis de 50.000 pezas nas escavacións. Só se
   atoparon os materiais que conseguiron perdurar ó longo do tempo, é dicir, que
   os tecidos, os obxectos de madeira, os ósos, o coiro e os metais moi
   difícilmente poden chegar ata nós. Polo contrario a cerámica é un dos
   obxectos arqueolóxicos máis resistentes ó paso do tempo.
Xosé Raído “Patelas”




En agosto de 1916 naceu no lugar da Patela (parroquia de Cuntis) o máis
popular gaiteiro e artesán de instrumentos tradicionais do concello: Xosé Raído,
coñecido como “Patelas”.
De neno comezou a tornear obxectos no taller do seu pai que era carpinteiro. Co
tempo comezou a facer gaitas con buxo e a curtir peles de cabuxa ou ovella para
facer os foles das gaitas. Logo comezou a facer instrumentos de percusión:
pandeiretas, pandeiros, bombos, tamborís, etc.
Xunto cuns amigos formaron un grupo de gaitas que actuaba nas ruadas, onde
eran moi aprezadas as notas dos seus instrumentos.




De mozo traballou como torneiro nas obras do antigo hotel balneario.
Ós 29 anos, desprazouse a Ponferrada para traballar no taller de carpintería de
Endesa. Alí tomou contacto cos gaiteiros galegos e comezou a formar parte
doutro grupo, seguindo coas súas habilidades artesanais construíndo
instrumentos tradicionais.
En 1976 xubilouse e voltou á
súa casa de A Patela. Nese
momento propóñenlle a
fundación e dirección dun
grupo de música e baile
tradicional, “Asociación
Cultural O Baño”, e o proxecto
levouse a cabo. Do seu
traballo desinteresado saíron
moitos gaiteiros.




                                 Foi o artesán que recuperou un
                                 primitivo instrumento chamado
                                 “charrasco” que antigamente se
                                 tocaba moito en Cunti. Patelas
                                 comezou a fabricar charrascos aos
                                 que lle introduciu innovacións que
                                 melloraban o son e difundiuno por
                                 todo o país.
O 29 de outubro do 2006 inaugurase en Cuntis o Centro Sociocultural do
Espadenal co seu nome en compensación a unha vida entregada á música da
súa terra.




 O 31 de marzo de 2008 morre o mestre dos gaiteiros aos 91 anos. O son das
 gaitas acompañouno no seu último adeus.
O PAZO




O Pazo está case envolto pola natureza, na súa parte alta limita co monte, co río
Patelo pola esquerda, deixándoo separado da Patela, con Laxos pola dereita e co
Parque de Maráns por abaixo. Nesta aldea de 10 casas, viven arredor de 20 persoas,
das que só dúas son rapaces.
Hórreos




O hórreo da esquerda é dun claro, está feito completamente de pedra, pero só a
estrutura é antiga, xa que os laterais foron feitos recentemente. Destacan o
lampión e a cruz dos extremos do tellado que son típicos dalgunhas zonas.
O outro, en bo estado de conservación, é de dous claros. A estrutura é de pedra
e os laterais de madeira. O tellado é de tella do país e ten un lampión e unha
cruz.
Fontes e lavadoiros




A fonte da esquerda atópase case no centro do Pazo, non se sabe a data
exacta da súa construción. Conta con catro lavadoiros onde antigamente os
veciños ían lavar a roupa, pero agora, como non se empregan, non teñen auga.
A fonte da dereita chámase a Fonte do Rejo, e está no límite con Laxos. Data
do ano 1961 e ten un lavadoiro bastante grande, aínda que non moi profundo.
A Fonte do Rejo é a máis apreciada das dúas entre os veciños.
Na miña opinión, as dúas están ben pero sería mellor telas máis limpas e
arranxadas xa que son pezas dun gran valor.
Casas
A maior parte das casas do Pazo son de arquitectura popular, aínda que están en
diferentes estados de conservación.




Hai casas que foron restauradas recentemente respetando mínimamente o
entorno, sen colocar tellas de pizarra ou doutro tipo que non fose a empregada
en dita zona ou cores moi chamativos en portas ou ventás.
Outra como a da dereita que está bastante ben, ten a pega do tellado, que non é
do país, e a cheminea de cemento.
Moitas veces realízanse reformas ou engadidos a casas antigas ou non tan
 antigas sen seguir unhas mínimas pautas e a xente remata deixando cousas
 como as das sequintes imaxes:




Nesta fotografía podemos ver un       Estéticamente esta casa non se integra
engadido a unha casa antiga de        no medio. Tanto o tellado como as
pedra, feito completamente de         persianas, a carpintería metálica e os
ladrillos deixandoos ó                demais materiais de construción
descuberto.                           atentan contra a nosa paisaxe.



 Na miña opinión creo que por parte dos gobernos se deberían de marcar unha
 serie se pautas ou facer unhas determinadas normas para que non se estrague
 a paisaxe e poder respetar o medio sen ter que renunciar ás nosas
 necesidades.
Bibliografía
http://galegocarioca.wordpress.com/2009/04/03/morreu-patelas/
http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2009/04/02/0003_7629025.htm
http://www.blogoteca.com/cuntis/index.php?cod=38205
http://www.castrolandin.es/

More Related Content

What's hot

A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosA auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosmonadela
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna2TERE
 
Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer2TERE
 
Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 12TERE
 
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Agrela Elvixeo
 
Fábrica da luz
Fábrica da luzFábrica da luz
Fábrica da luz2TERE
 

What's hot (7)

Calvos
CalvosCalvos
Calvos
 
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosA auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer
 
Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1Exposiciíon peregrina 1
Exposiciíon peregrina 1
 
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)
 
Fábrica da luz
Fábrica da luzFábrica da luz
Fábrica da luz
 

Viewers also liked (20)

Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Valeria Mardones
Valeria MardonesValeria Mardones
Valeria Mardones
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
Iª exposición fqf
Iª exposición fqfIª exposición fqf
Iª exposición fqf
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Enp hu iii unidad 7 segunda guerra mundial diciembre 2012
Enp hu iii unidad 7 segunda guerra mundial diciembre 2012Enp hu iii unidad 7 segunda guerra mundial diciembre 2012
Enp hu iii unidad 7 segunda guerra mundial diciembre 2012
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
Asia y Oceania. Problemas Internacionales
Asia y Oceania. Problemas InternacionalesAsia y Oceania. Problemas Internacionales
Asia y Oceania. Problemas Internacionales
 
Segunda Guerra Mundial
Segunda Guerra MundialSegunda Guerra Mundial
Segunda Guerra Mundial
 
Conflictos políticos, étnicos, religiosos en europa, áfrica, américa, asia
Conflictos políticos, étnicos, religiosos en europa, áfrica, américa, asiaConflictos políticos, étnicos, religiosos en europa, áfrica, américa, asia
Conflictos políticos, étnicos, religiosos en europa, áfrica, américa, asia
 
Bloques y organismos económicos, políticos y militares
Bloques y organismos económicos, políticos y militaresBloques y organismos económicos, políticos y militares
Bloques y organismos económicos, políticos y militares
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 

Similar to A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande

"Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria""Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria"2TERE
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBmarloga
 
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNA EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNBegoña Codesal
 
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosDossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosPatricia Pena Barbeito
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláBergantera
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augamonadela
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da augaiesasorey
 
Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A CostaMonContos
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROIem Val Miñor
 

Similar to A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande (20)

CastrolandíN
CastrolandíNCastrolandíN
CastrolandíN
 
O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 
Vanesa Trasponte
Vanesa TrasponteVanesa Trasponte
Vanesa Trasponte
 
"Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria""Adeus quinto de primaria"
"Adeus quinto de primaria"
 
Touro
TouroTouro
Touro
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
 
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNA EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
 
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá Bonxe
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá BonxeFormas tradicionais da cerámica popular Terra Chá Bonxe
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá Bonxe
 
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexosDossier de actividades sobre castros e castrexos
Dossier de actividades sobre castros e castrexos
 
Casas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De AcoláCasas De Aqui E De Acolá
Casas De Aqui E De Acolá
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da auga
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da auga
 
Noia, A Costa
Noia, A CostaNoia, A Costa
Noia, A Costa
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Unidade didáctica tetón
Unidade didáctica tetónUnidade didáctica tetón
Unidade didáctica tetón
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
O Magosto
O  MagostoO  Magosto
O Magosto
 
Prehistoria 1
Prehistoria 1Prehistoria 1
Prehistoria 1
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
 

More from Heladio Anxo Fernández (10)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
Guimarei
GuimareiGuimarei
Guimarei
 

A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande

  • 1. A PATELA e O PAZO Sámer Abdulkader Sande 3º A
  • 2. A PATELA Esta aldea está situada no leste da vila de Cuntis, na pendente dunha montaña que morre no río Patelo, separándoa do Pazo, e polo oeste limita con Campo. Este lugar está formado por catro casas das que dúas están en ruínas. Unha das outras dúas habitadas está desocupada parte do ano, co cal son seis persoas as que viven permanentemente no lugar, das que tres son rapaces.
  • 3. Hórreos Estes son dous hórreos da Patela con tres claros cada un. Neles gardábase antigamente o millo. Agora están en desuso, pero iso non escusa o aspecto do hórreo da esquerda. O tellado está cuberto de uralita suxeirada por pedras, a madeira dos laterais atópase completamente podre e a parte baixa está recuberta de táboas e arames que nin sequera deixan ver os piares. Pola contra o da dereita está mínimamente coidado e ten moi bo aspecto, ten dúas portas polo sinxelo motivo de que se abrían para ventilar e que o millo secara e, ó contrario do anterior, poden apreciarse perfectamente os piares.
  • 4. Casas A casa da esquerda paréceme fea, desentoa, empezando por esa cor branca e a uralita verde e os piares vermellos que ten na entrada. Ademais o tellado non é de tella do país. Sen embargo a da dereita é unha antiga casa de labranza con estrutura tradicional. Aínda que foi reformada hai uns 27 anos data de máis de 150 anos atrás. É unha casa acorde co entorno. O tellado, de tella do país, está apoiado con columnas nunha balconada de grandes lousas de pedra. Conserva a súa orixinal chimenea cunha lareira de pedra no interior. Ó ser unha antiga casa de labranza, posúe un gran eirado ao seu carón con varias especies de árbores.
  • 5. Patrimonio natural As especies de árbores autóctonas que máis abundan na zona son castiñeiros, carballos, loureiros, bidueiros, salgueiros e ameneiros (estes últimos principalmente na beira do río Patelo). Nas partes altas do monte abundan os eucaliptais, aínda que tamén hai piñeiros. Río Patelo, curso baixo. Souto da Patela
  • 6. O río Patelo, afluente do Gallo, nace nos montes de Mesego e baixa pola pendente da montaña ata A Patela, onde as súas augas se tranquilizan ata desembocar no Gallo. No seu curso alto localízanse as Campaíñas, unhas pozas e fervenzas que son frecuentadas pola xuvetude para bañarse nos veráns. Río Patelo, curso baixo. Río Patelo, fervenza das Campaíñas. (Arriba á esquerda)
  • 7. Muíños O muíño das Campaíñas, o da esquerda, está prácticamente derrubado a causa do paso dos anos e das cheas do río. O da dereita, é o muíño da Patela, totalmente arruinado. Está dentro dunha propiedade privada pechada, polo tanto, sen poder ter acceso a el. Aproveitando unha das súas paredes construiuse unha corte de bloques e uralita, “un chalé de ovellas”. O máis indignante é o pasotismo por parte do concello. Por un lado, deberían evitar que o deterioro destas típicas construcións avanzase ata este punto. Ademais, non se puxo ningún impedimento para que nun patrimonio público se fixeran estes estragos.
  • 8. O Castro de Castrolandín No ano 2000 comenzaron os traballos de recuperación de Castrolandín. Actualmente, estanse a realizar campañas de escavación e musealización do poboado co fin de recuparalo como recurso cultural e turístico. Este castro está situado a uns 400 metros da Patela. Castrolandín é un poboado fortificado, un castro representativo dunha forma de vida que en Galicia se desenvolve entre o século VIII a. de C. e o sécula III d. C., xa en plena romanización.
  • 9. As reducidas dimensións do xacemento e o seu bó estado de conservación fan posible que nuha breve visita obteñamos unha boa idea de cómo eran este tipo de poboados. O poboado estaba defendido por un parapeto de terra coroado por unha muralla de pedra. Un profundo foxo completa as defensas. Este castro foi poboado só entre o século II a. de C. e o século primeiro d. de C., cando é definitivamente abandonado.
  • 10. Hai pegadas que sinalan que a agricultura tivo un grande protagonismo como medio de subsistencia. Estes testemuños son abondadosas sementes, socalcos e algunhas ferramentas. Igual que nós estas xentes tiñan xoias e adornos e, a parte de adornar, eran un símbolo social. Para valoralos temos que ter en conta o material do que están feitos, o traballo de fabricación e a súa procedencia. Ata o de agora xa se recuperaron máis de 50.000 pezas nas escavacións. Só se atoparon os materiais que conseguiron perdurar ó longo do tempo, é dicir, que os tecidos, os obxectos de madeira, os ósos, o coiro e os metais moi difícilmente poden chegar ata nós. Polo contrario a cerámica é un dos obxectos arqueolóxicos máis resistentes ó paso do tempo.
  • 11. Xosé Raído “Patelas” En agosto de 1916 naceu no lugar da Patela (parroquia de Cuntis) o máis popular gaiteiro e artesán de instrumentos tradicionais do concello: Xosé Raído, coñecido como “Patelas”. De neno comezou a tornear obxectos no taller do seu pai que era carpinteiro. Co tempo comezou a facer gaitas con buxo e a curtir peles de cabuxa ou ovella para facer os foles das gaitas. Logo comezou a facer instrumentos de percusión: pandeiretas, pandeiros, bombos, tamborís, etc.
  • 12. Xunto cuns amigos formaron un grupo de gaitas que actuaba nas ruadas, onde eran moi aprezadas as notas dos seus instrumentos. De mozo traballou como torneiro nas obras do antigo hotel balneario. Ós 29 anos, desprazouse a Ponferrada para traballar no taller de carpintería de Endesa. Alí tomou contacto cos gaiteiros galegos e comezou a formar parte doutro grupo, seguindo coas súas habilidades artesanais construíndo instrumentos tradicionais.
  • 13. En 1976 xubilouse e voltou á súa casa de A Patela. Nese momento propóñenlle a fundación e dirección dun grupo de música e baile tradicional, “Asociación Cultural O Baño”, e o proxecto levouse a cabo. Do seu traballo desinteresado saíron moitos gaiteiros. Foi o artesán que recuperou un primitivo instrumento chamado “charrasco” que antigamente se tocaba moito en Cunti. Patelas comezou a fabricar charrascos aos que lle introduciu innovacións que melloraban o son e difundiuno por todo o país.
  • 14. O 29 de outubro do 2006 inaugurase en Cuntis o Centro Sociocultural do Espadenal co seu nome en compensación a unha vida entregada á música da súa terra. O 31 de marzo de 2008 morre o mestre dos gaiteiros aos 91 anos. O son das gaitas acompañouno no seu último adeus.
  • 15. O PAZO O Pazo está case envolto pola natureza, na súa parte alta limita co monte, co río Patelo pola esquerda, deixándoo separado da Patela, con Laxos pola dereita e co Parque de Maráns por abaixo. Nesta aldea de 10 casas, viven arredor de 20 persoas, das que só dúas son rapaces.
  • 16. Hórreos O hórreo da esquerda é dun claro, está feito completamente de pedra, pero só a estrutura é antiga, xa que os laterais foron feitos recentemente. Destacan o lampión e a cruz dos extremos do tellado que son típicos dalgunhas zonas. O outro, en bo estado de conservación, é de dous claros. A estrutura é de pedra e os laterais de madeira. O tellado é de tella do país e ten un lampión e unha cruz.
  • 17. Fontes e lavadoiros A fonte da esquerda atópase case no centro do Pazo, non se sabe a data exacta da súa construción. Conta con catro lavadoiros onde antigamente os veciños ían lavar a roupa, pero agora, como non se empregan, non teñen auga. A fonte da dereita chámase a Fonte do Rejo, e está no límite con Laxos. Data do ano 1961 e ten un lavadoiro bastante grande, aínda que non moi profundo. A Fonte do Rejo é a máis apreciada das dúas entre os veciños. Na miña opinión, as dúas están ben pero sería mellor telas máis limpas e arranxadas xa que son pezas dun gran valor.
  • 18. Casas A maior parte das casas do Pazo son de arquitectura popular, aínda que están en diferentes estados de conservación. Hai casas que foron restauradas recentemente respetando mínimamente o entorno, sen colocar tellas de pizarra ou doutro tipo que non fose a empregada en dita zona ou cores moi chamativos en portas ou ventás. Outra como a da dereita que está bastante ben, ten a pega do tellado, que non é do país, e a cheminea de cemento.
  • 19. Moitas veces realízanse reformas ou engadidos a casas antigas ou non tan antigas sen seguir unhas mínimas pautas e a xente remata deixando cousas como as das sequintes imaxes: Nesta fotografía podemos ver un Estéticamente esta casa non se integra engadido a unha casa antiga de no medio. Tanto o tellado como as pedra, feito completamente de persianas, a carpintería metálica e os ladrillos deixandoos ó demais materiais de construción descuberto. atentan contra a nosa paisaxe. Na miña opinión creo que por parte dos gobernos se deberían de marcar unha serie se pautas ou facer unhas determinadas normas para que non se estrague a paisaxe e poder respetar o medio sen ter que renunciar ás nosas necesidades.

Editor's Notes

  1. Non sempre son as casas con ladrillos á vista e as descoidadas as que estragan a paisaxe e non respetan o medio. Hai moitas casas que están construidas seguindo o tipo suízo e empregando os materias típicos de dita zona. Isto é debido a que a xente que voltou da emigración a Suíza construiu unha casa seguindo o paradigma dese país, empregando materiais como: tellados moi inclinados de lousa, a pedra doutro tipo e con outras combinacións de cores.