Cuntis, O Baño

1,628 views

Published on

Published in: Spiritual, Travel
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,628
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
98
Actions
Shares
0
Downloads
5
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Cuntis, O Baño

  1. 1. CUNTIS, O Baño Rubén Campos (3ºA) Andrea Correa (3ºA) Santiago Duarte (3ºA) Eva Gesto (3ºA) Olaya Rivas (3ºB)
  2. 2. CUNTIS (O BAÑO) Cuntis é unha pequena vila, duns 2.000 habitantes, capital do concello do mesmo nome. O antigo nome de O Baño débese a importancia das augas termais, xa explotadas e disfrutadas polos romanos. Así o testemuñan os numerosos achados arquoeolóxicos de época romana, cando lle chamaban Aqua Calidae. As augas mineromedicinais saen a 64ºC, as segundas máis quentes de Galicia. O seu clima é típicamente oceánico; é dicir, temperado ó longo do ano con abundantes precipitacións. Na súa economía destaca a importancia do Sector Terciario (vinculado en moitos casos ao Balneario) e a industria, centrada nas empresas do Polígono da Ran. Está situada a 27 Km ó norte de Pontevedra e a 26 Km ó sur de Santiago. Á súa vez, estamos casi equidistantes (12 km) da Estrada e Caldas de Reis.
  3. 3. IGREXA DE SANTA MARÍA Localizada no centro da vila, a igrexa de Santa María foi reconstruída na primeira metade do S. XVIII a partir da fábrica da súa predecesora románica. Ten torre para o campanario e espadana, planta de cruz latina e no seu interior distribúense seis altares con numerosas imaxes relixiosas de importante valor artístico, talladas por escultores como Gambino, Xosé Ferreiro, Francisco Asorey e Uxío Souto. Destacan entre outras pezas a Dolorosa, a Virxe do Carme, o Cristo Xacente -que ademais é articulado- e todo o conxunto de imaxes localizadas no altar maior. Sepulturas do altomedievo e da época sueva tamén foron descubertas nas súas inmediacións.
  4. 4. Esta é a inscrición conservada nos muros da igrexa parroquial de Cuntis, di: quot;Era milessima centessima decima sexta, et tertio idus Martii memoriam celebris abbatis Adaulfi, fecimusquot; Transcrición: “No ano 1078 tres días antes dos idus de marzo, fixemos memoria ao célebre abade Adaulfo“. Na fachada destaca o feito que de só teña unha torre, o pequeño rosetón e, por riba da porta de arco de medio punto, a representación da Coroación da Virxe. A esquerda, debaixo da pancarta colocada pola Igrexa para animar aos fieis a asistir á misa, está a inscrición coa cruz e os nomes dos ‘caídos’ (os homes desta parroquia que morreron na Guerra Civil, pero só os do bando franquista).
  5. 5. CONVENTO DE SAN BIEITO No 1868 Carme Baliñas de Castro ,unha fidalga natural destas terras, logo de tomar os hábitos decidiu fundar un convento que observase a regra de San Bieito. Aínda que algunhas construcións poden ser anteriores á fundación monástica, do conxunto de edificios destaca unha fermosa fachada conventual, de estilo neoclásico, presidida pola imaxe do patrón No recinto de entrada un amplo portón, coroado dunha cruz de pedra e un par de pináculos, reciben ao visitante e, na praciña que se conforma coa entrada, a igrexa e a casa do capelán e un fermoso cruceiro cun peto de ánimas. Como curiosidade, o altar maior olla cara ao solpor, e no seu interior consérvanse varias imaxes relixiosas de importante valor, entre outras un San Bieito e a súa irmá, Santa Escolástica, xunto ao popular quot;Demo de Pereiraquot;, escultura na que se representa ao arcanxo San Miguel que mata a Satanás.
  6. 6. No convento viven 5 monxas que manteñen unha vida de tranquilidade e harmonía. Posúen unha grande extensión de terreo que traballan para obter os seus alimentos. O cura era o encargado de facerlle a compra ás monxas, pero na actualidade sae unha delas a facela, porque xa non son de total clausura, pois durante o oficio da misa deixanse ver a través dunhas reixas que se atopan tras o altar. O 11 de xullo celébrase a festa do santo e se lle levamos un ovo por cada espulla que teñamos, han desaparecer todas. As monxas son famosas polas ricas galletas que cociñan e polo seu manexo do zurcido e do bordado.
  7. 7. BALNEARIO LA VIRGEN Este edificio alberga a maior parte do turismo en Cuntis. Aínda que no século XX chegou a dispoñer o concello de Cuntis de tres establecementos balnearios (Hotel-Balneario La Virgen, Hotel- Balneario Barreiro e o Balneario de Castro) arestora tan só existe un moderno chamado Termas de Cuntis. O balneario La Virgen ten a súa orixe no século XIX. Ó comezo era como unha casa de Baños, ata que Marcial Campos fixo unha remodelación e pasou a ser Balneario. Houbo importantes modificacions no 1881 no seu interior, incorporando unhas bañeiras de marmore individuais e aparellos de hidroterapia. As modificacións continuáronse en 1908, 1944, 1969, 1998 e 2006 para ampliar a capacidade do hotel e así atraer a un numero maior de turistas. Tras todas as modificacións comunícase co novo complexo Balneario Termas de Cuntis por un túnel que pasa por debaixo da calzada, quedando o edificio só como hotel. O edificio ten 4 fachadas en pedra, con distintos modelos: o baixo e o primeiro andar da fachada principal son decimonónicos, as mesmas alturas na fachada sur manteñen a mesma traza aínda que posuían unha ornamentación vexetal en cemento de estilo modernista, actualmente eliminada, tan só se conserva na pouca forxa que teñen os balcóns; a fachada norte e os segundo e terceiro andar foron engadidos feitos con outro tipo de pedra
  8. 8. BALNEARIO AS TERMAS As Termas de Cuntis, construídas desde 1998 nos terreos que ocupaba a casa de baños do Barreiro, rompen a fisonomía estilística do casco histórico da vila, xa que se trata dun edificio alongado con fachada porticada lateral e pintada de laranxa. Posúe unha fachada ondulante na súa parte oeste lindando co paseo do río Gallo. No seu interior alberga o Aquaforum, é un espazo lúdico termal no que está a piscina máis ampla do recinto. Son 300 m2 que permiten combinar os beneficios terapéuticos das aguas. Ó seu redor atopase unha zona verde na que se exhiben as primeiras bañeiras de mármore que se trouxeron (algunha ainda se utiliza actualmente), lápidas con inscricións en latín e marcos de pedra mesturados con plantas e flores.
  9. 9. TERMAS Nesta vila existen 3 fontes de aguas termais, unha no Parque do Castro que bota auga morna; outra enfronte do Hotel-Balneario e outra xunto ós lavadoiros. Estas dúas últimas son as das fotos e botan auga moi quente. As augas termais de Cuntis son sulfurosas; boas para a pel e os ósos e dise que proceden do volcán de Xinzo (aldea do mesmo concello). A primeira é a Burga da Virxe que está na rúa do hotel, enfronte ó que agora é o bar “A Casa das Burgas. Pensión O Baldino”. A Burga do Foxo ou Fogo de Deus.(Foto da abaixo) é a fonte coa auga máis quente de toda a localidade, sae a unha temperatura de 64ºC). Situada nun comezo no lugar máis céntrico, tralas diversas remodelacións foi trasladada cara a un lateral para crear varias prazas de aparcamento, o cal produce certo feismo. A Burga do Foxo ten unha peculiaridade que non teñen as outras dúas, deixa de botar auga nos meses de xullo, agosto e setembro
  10. 10. OS LAVADOIROS DE AUGA QUENTE Os lavadoiros municipais localizados no casco histórico teñen a particularidade de utilizar tanto auga termal, que está a 59ºC, como auga a temperatura ambiente. Están situados nun edificio de pedra cun tellado de tella e armazón de madeira. Ten cinco pías de auga termal (esquerda) e seis de auga fría (a dereita). Xa polo S. XVIII, concretamente en 1756, estes lavadoiros, daquela constituídos por unha única pía -grande e comunal-, se aproveitaban do manancial Lume de Deus. Logo, polo 1829, unha comisión veciñal realizou novas obras para mellorar a instalación. O mestre de cantería, Antón da Pena, autorizado polos veciños, canalizou a auga termal da fonte e construíu unha pía e catro lavadoiros individuais, todos feitos en pedra, como se coñecen actualmente. As mulleres ían alí a lavar a roupa ou ó lavadoiro fluvial, a carón do Balneario, na beira do río Gallo.
  11. 11. PRAZA DAS ÁRBORES Foi coñecida como a Horta das Señoritas, xa que este recinto cuadrangular era a antiga horta do Hospitaliño, que foi un pazo. Foi remodelada des que se converteu en praza pública, na súa parte central sitúase unha pequena fonte de catro canos, rodeada de árbores e bancos para gozar da tranquilidade da vila. Nas festas patronais celébrase nela o concerto da banda de música. O edificio máis destacable é o Hospitaliño ou Casa da cultura quot;Roberto Blanco Torresquot; (Letras galegas, 1999), casona de pedra de cantaría onde se localiza a Biblioteca Municipal. Dende esta praza pódese gozar dunha fermosa vista da fachada principal da igrexa.
  12. 12. CASA DA CULTURA ROBERTO BLANCO TORRES A casa da cultura “Roberto Blanco Torres”, no edificio do Hospitalillo, é un espazo ideal para a cultura e o tempo de lecer. Este edificio dispón de unha sala na planta de abaixo para a realización de diversas actividades, e a biblioteca situada na planta de arriba conta cun gran número de publicacións. Era un antigo pazo pertencente ao Conde Ximonde, construído no século XVIII. Era a súa residencia cando acudía a tomar as augas. Despois foi usado para albergar aos bañistas sen recursos (Hospitalillo) e abandonado ata ser recurperado polo Concello. A casa leva o nome do xornalista e poeta nado en Cuntis e asasinado en Entrimo polo franquistas en 1936, ó que se lle adicou o Día das Letras Galegas do ano 1999. Os membros da Real Academia Galega, rendéronlle homenaxe en Cuntis aquel 17 de maio, inagurando un busto na súa memoria nos xardíns da Horta do Cura.
  13. 13. PRAZA DO FERROL Esta praza atópase situada no centro do pequeno casco histórico, nela desembocan as rúas da Presiña, Carreira do Conde, Balneario e Colón. Foi no seu día o lugar onde se celebraban as Feiras (antes de que se levasen para o campo das Codeseiras, o que hoxe é a Praza da Constitución). Aínda que hoxe está presidida na súa parte central por unha simple farola, nela había un cruceiro (o cruceiro que hoxe en día atopamos no cemiterio parroquial) e a fonte, que logo foi levada para a “Praza das árboresquot;. Aquí é onde paraban as antigas carrilanas e o ómnibus que deixaba ou recollía ós bañistas. Nesta praza temos o edificio que tivo relevancia na antigüidade, O Casino, que estaba enrriba do actual café-Bar Quico, o café-terraza máis antigo da vila. Na parte de atrás (cara a rúa da Presiña) ten unha sala en galería onde se celebraban os bailes e cerimonias sociais durante a ditadura franquista.
  14. 14. CASA E HORTA DO CURA Nestas duas fotografías pódese apreciar a fermosa Casa do Cura que agora, por desgraza, está en ruínas pero que antes era a casa reitoral do cura da parroquia. Esta casa ten duas posibles saídas, unha cara a praza da igrexa e outra cara os xardíns. A Horta do Cura leva ese nome porque antes pertencíalle ó cura pero agora é un xardín público con piñeiros, salqueiros , palmeiras e outras árbores e plantas..
  15. 15. A FEIRA A feira é o lugar onde se fan as festas Patronais de Cuntis e o pequeno mercado todos os sabados, herdeiro da tradicional feira. O 22 de setembro faciase e feira máis grande de cuntis. Esta situada onde a igrexa parroquial de Cuntis. Nela estaba o campo de futbol que agora quitaron. Antes estaba alí o colexio, derrubado hai uns anos. Na feira tamén se atopa a pouco afortunada Casa do Concello, construída por riba dunha fermosa escola de indianos, tristemente desaparecida.
  16. 16. HÓRREO DA HORTA DO CURA O hórreo de por sí é unha construción típica de Galicia, usábase para gardar os cereais, principalmente. Teñen unha forma rectangular, formada por pedra ou madeira ou por un conxunto das dúas, que garda as colleitas da humidade e dos roedores. Na época romana xa existían estas construccións, creese que son de orixe celta, pero con adaptacions romanas. Noutro tempo a súa lonxitude determinaba o poder da casa. As súas partes reciben nomes característicos como son: pes dereitos ou esteos (soen ser 6-8), rateiras ou tornarratos (pedra plana, para que os roedores non suban). Na foto de abaixo podemos ver as pintadas feitas por algúns vándalos que só saben facer dano.
  17. 17. MONUMENTO AOS CANTEIROS O monumento atópase na “Horta do Cura”. Foi mandado construír en homenaxe ós antigos canteiros desta zona. No monumento pódese apreciar ós cinco canteiros cumprindo co seu oficio, que era o de traballar na pedra. Este monumento ía ser unha fonte, pero non ten auga
  18. 18. PARQUE DE MARÁNS: O MONUMENTO Esta preciosidade érguese no monte de Maráns, coloquialmente coñecido como “O Monumento” xa que alí se atopa o Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús, esculpido por Francisco Asorey. Podemos chegar pola estrada que lle dá acceso ou a través dunha escaleira de pedra con máis dun cento de chanzos. Inaugurouse en 1945 como un proxecto de recuperación do cume do monte de Maráns. Árbores caducifolias e perennes, autóctonas ou foráneas, fan deste miradoiro un lugar propicio para merendar, parolar e contemplar unha fermosa panorámica do núcleo urbano e o val no que se asenta. Dende os diversos socalcos e miradoiros pódese gozar dunha boa vista da vila. E, ademais ten bancos e mesas de pedra e una arboreda abundante onde todos os anos se celebran uns xogos tradicionais o día 16 de agosto (San Roque). Debaixo do Sagrado corazón hai unha capela e un peto de ánimas.
  19. 19. COLEXIO D. AURELIO O colexio onde estudamos chámase don Aurelio Marcelino Rey García. O colexio esta formado por unha parte vella que ten uns vinte e sete anos e outra nova que terá uns dez anos. Leva o nome dun mestre moi querido no pobo, que destacou polas súas innovadoras ideas pedagóxicas. Na Guerra Civil foi represaliado polos franquistas, estando preso uns meses na Illa de San Simón. No colexio ensínase educación infantil, primaria e secundaria. Os rapaces de infantil encóntranse na primeira planta da parte nova, os de primaria na segunda e os de secundaria repártense entre a segunda e a terceira planta da parte vella. O colexio no seu interior ten unha cafetaría, unha sala de profesores e un despacho para a director do centro e para a xefa de estudos, e outras dependencias. Pola parte de atrás do colexio hai un patio con dous campos de fútbol e catro canastras, e un ximnasio. Hai pouco fixeron un comedor.
  20. 20. RÍO GALLO O río Gallo é afluente do Umia. Atravesa toda a vila de Cuntis por detrás do Balneario, de norte a sur, pasando ó carón do Parque ``O Castro``. O río Gallo recibe ese nome pola forma de galla (Y) que forma no seu curso. É o eixo director dun val que ten unha altitude de 200 metros. A tectónica fracturou o material granítico dominante neste sector e a rede fluvial adaptouse á topografía resultante, formándose un val amplo e homoxéneo, flanqueado por dous conxuntos montañosos, o monte Xesteiras ó noroeste e a cadea montañosa que percorre de norte a sur o linde oriental do concello. Este río ten escalos e troitas nas súas augas e unha abuntante arboreda nas súas orelas.
  21. 21. PARQUE DO CASTRO O Castro é privado pertenece ó Hotel-Balneario de Cuntis. Na propiedade atopábase antigamente o balneario dos pobres, é dicir, no pequeño edificio existente estaban as bañeiras de mármore onde os bañistas pobres se daban os baños, un depósito de auga quente e unha pequena zona chea de auga na que habitaban as rás. Na actualidade consérvase o edificio, pero non se usa. No xardín hai unhas sebes colocadas de forma paralela nas que di: “Termas de Cuntis”, “Concello de Cuntis”, separadas por un corredor onde se atopaba unha pequena fonte con forma de anxo. Nun dos recunchos atopamos unha das fontes de augas termais. Esta caracterízase polo seu cheiro a ovos podres (xofre), nótase máis que nas outras fontes. A auga desta burga e especial para a pel. Moita xente leva para a casa e outros incluso a beben. Nun lateral do parque hai unha porta que comunicaba directamente cos xardín do hotel. Hai un paseo ó longo do río e varias pontes de madeira actuais, deixando no esquecemento a presa que alí existía. As árbores predominantes son carballos, secuoias, chopos, piñeiros e loureiros.
  22. 22. CENTRO SOCIO-CULTURAL ‘PATELAS’ O centro socio-cultural Xosé Raído Patelas é o lugar de encontro de mozos e mozas de Cuntis, xa que ten ordenadores nos que se pode un conectar a internet para buscar información, facer traballos, etc. Tamén ten unha sala de lecer onde se poden ver películas e xogar ó tenis de mesa na súa terraza. Tamén atopamos no seu interior a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), na que podemos obter información sobre as actividades de Cuntis, o carné xove, etc. Na planta baixa fanse actividades e represéntanse obras de teatro e festivais diversos. Ten unha estrutura moderna. Horario: Luns a venres de 4 a 8 Sabados de 10 a 13 Xosé Raido quot;O Patelasquot; (gaiteiro e artesán de instrumentos musicais),
  23. 23. FOGAR DO PENSIONISTA O lugar onde soen quedar as persoas maiores é o “Fogar do Pensionista”. O “Fogar do Pensionista” é un bar que se atopa na Praza do Concello. Alí van as persoas maiores, reúnense e tamén botan unhas partidas as cartas ou ó dominó. A ese bar soamentes van as persoas maiores aínda que tamén podemos ir os rapaces. Ten dúas plantas, na de abaixo está o bar e as mesas onde os “vellos” xogan e conversan, e na primeira planta hai un salón onde ás veces se celebran bailes e festas para os maiores.
  24. 24. PARQUE INFANTIL Os nenos e as nenas de Cuntis sóense atopar neste parque tódas ás tardes á saída do colexio. Este parque construíuse fai pouco polo que aínda lle quedan varias cousas para que estea completamente rematado. Cando este parque non existía os nenos tiñan outro parque que está a uns cantos metros deste pero non tiña tantos xogos. Onde agora mesmo está sitado este parque antigamente estaban as escolas de infantil e de primaria. Este parque consta de un chan de tipo moqueta que amortigua as caídas dos cativos.
  25. 25. AS CAMPAÍÑAS Un dos lugares maís fermosos de Cuntis son as fervenzas da Patela que se atopan moi preto do Castro de Castrolandín. A auga cae dende unha boa altura para morrer nunhas pozas que serven de piscina natural e ao mesmo tempo de lugar de encontro entre rapaces e rapazas dos arredores. Neste recanto xuntanse o cantaruxar das augas coa frescura das sombras e o silencio dunha antiga fraga. As augas baixan toleironas dende Mesego e serviron de enerxía para botar a andar os muíños que alí se atopan e unha antiga central hidroeléctrica. Máis abaixo van amansando para morrer no río Gallo nas toxeiras das Barcias, detrás do Restaurante Don Manuel.
  26. 26. POMBAL Este pombal atópase en Transponte, a carón do Convento de San Bieito. Os pombais son raros complementos da vivenda rural , debido ó seu custe e a escaseza da rendibilidade, por iso aparecen nas fincas pertencentes ós pazos, ás casas reitorais ou ás casas grandes de campesiños acomodados. É unha construción con forma cilíndrica, cun radio e unha altura aproximadamente igual ó seu diámetro. A súa cuberta é cónica de forma que cando chove a auga escorregue cara o chan. Ten moi poucas entradas para as pombas, unha cornixa para que estas alcen o voo e unha porta de acceso para as persoas.
  27. 27. FORXA DO FERREIRO Esta forxa está situada na rúa Convento. Como se pode ver está en ruinas. Ó seu dono era Alfonso Eiras, un home bon, moi tranquilo e simpático. Adicábase a forxar metais e arranxar os útiles de labranza como picar eixadas, machadas, gadañas, fouciño, etc. Traballaba sobre unha pedra, cuberta de reixas, na cal avivaba o lume, pasando unha corrente de aire horizontal por medio dun fol manual. E para arrefriar os metais tiña un pio con auga corrente dun regato que pasaba por detrás do taller. Daquela tiña moito traballo porque a maioría da xente dedicábase á labranza manual, porque non había máquinas. É unha pena que estea en ruinas porque é un sitio que garda moitos recordos do lugar.
  28. 28. CASAS (Andrea) Esta casa, que se atopa en Piñeiros, está feita con pedra do país, con boa orientación cara o sol, e cun tellado de pizarra traído de terras ourensás. Unha grande cheminea que dá calor suficiente para quentar o espazo interior. Para cortar a monotonía das liñas rectas preséntanse un pórtico e unha balconada, levantadas coa axuda dunhas columnas traballadas en pedra. Unha ampla vidrieira de forma semicircular permite unha grande luminosidade nas estancias interiores. No entorno hai unha abondosa presenza de céspede con algunhas arbores de folla caduca que permitirán boa sombra no verán e a chegada dos escasos raios de sol no inverno. Gústame esta vivenda porque ten novas técnicas de construción.
  29. 29. Esta casa atópase nas Casas do Monte, en Calvos, é unha das que me gusta xa que se introduce no medio. É unha casa antiga restaurada fai uns catro anos. Está feita en pedra e con teito de tella do país.Ten unha cheminea na que hai catro picos. Na fachada principal hai un soportal suxeito por dúas columnas feitas en pedra. A vivenda está construída nunca finca de 1700 m2 que está rodeada por un muro de pedra. Dentro da finca, pola parte de atrás hai un alpendre como a casa. Tamén se pode ver o que antigamente se chamaba o pío, que era onde se lavaba a roupa e tiña auga correndo continuamente que procedia de mananciais.
  30. 30. Esta vivenda está situada o carón dun río que é afluente do río Gallo na rúa Presiña, Cuntis. É unha casa de pedra que foi restaurada hai uns anos. Antigamente debeu pertencer a unha familia nobre porque na súa fachada as cornixas das ventás están esculpidas, propias de familias con poder económico. É unha casa de dúas plantas que nun dos seus lados ten unha galería. Desde fóra pódese ver que é unha casa moi ampla. No seu exterior atópase un pequeno pero orixinal xardín, xa que está feito con cactos moi grandes, un garaxe e un lugar onde se atopa unha barbacoa. Non me gusta porque destaca entre as demais do seu arredor. Esta casa atópase en Transponte. É da época dos nosos avós. Como pode verse non está habitada e está en ruinas. É de pedra e o seu teito de tella do país. Esta casa ten dous pisos. No inferior e onde se gardaban os animais, que daban calor ó piso superior, onde vivían as persoas. Para subir ó andar superior hai unhas escaleiras a carón da casa. Na súa fachada, no piso superior, hai un balcón. Na parte de atrás da casa hai un alpendre onde seguramente gardaban as ferramentas do campo. Non me gusta porque a parede do alpendre está pintada de branco.
  31. 31. CASAS (Eva) Estas son as dúas casas que me gustan. O motivo básico disto é porque son de pedra e intégranse ben no medio. A primeira está restaurada, situada na rúa da Presiña, foi a antiga consulta dun médico ata que a súa parte de madeira se foi desfacendo. A segunda está na rúa da Circunvalación Don Aurelio. Foi feita nova. Gústame porque ten unha boa arquitectura e uns xardíns amplos con variedade de árbores, é ecolóxica porque ten paneis solares. Ademais ten un cruceiro de pedra e un hórreo que sobresae polo muro.
  32. 32. CASAS (Olaya Rivas) A casa de arriba gústame xa que é unha casa restaurada . Ten o tellado de tella, cousa que nas casas de Cuntis se ve moito. As varandas dos balcóns e das xanelas son de cor vermella e por iso combina mellor coa cor das tellas e co cerrado que ten a casa por fora. Tamén me gusta esta casa por que é de pedra restaurada e ten unha galería por onde entra a luz solar. Esta casa integrase ben no medio polo tellado e pola pedra que ten. A casa número de abaixo gústame porque atópase en pleno centro de Cuntis. Tamén me gusta pola pedra que utilizaron para construíla. Enriba do tellado ten una pequena xanela e ós lados uns adornos en forma de espiral esculpidos na pedra. Outro motivo polo cal me gusta e polos dous tipos de balcóns que utilizaron para facer a casa. Un o balcón que esta a nivel da fachada e o outro que sobresae.
  33. 33. Esta casa non me gusta. Atópase en pleno centro de Cuntis. Non me gusta por varios motivos. O primeiro motivo polo cal esta casa non me gusta e porque ten as persianas, a baranda e o cerrado de fóra coas cores da bandeira de Galicia que non pegan nada coa pedra. O segundo motivo é porque ten escaleiras diante da porta da entrada. Outro elemento que destaca negativamente é que por fóra é de de pedra e despois ten unha parte pintada de branco.
  34. 34. CASAS (Rubén Campos) A primeira casa non me gusta porque está abandonada no centro da vila, a pesar de que os propietarios son ricos. O Concello no fai nada e a casa é un perigo, sobre todo cando hai temporal. A segunda non me gusta nin polo tellado, nin polo color das paredes. Non pega nada no entorno.
  35. 35. CASAS (Santiago) A casa que a min me gusta está situada na Rúa da Presiña.É unha casa de dúas plantas, de pedra, ten as ventás, a porta da entrada e o portal de cor granate, e tamén ten un garaxe para gardar os vehículos. A min gústame porque é unha casa grande, ten un cerrado moi bonito, que por diante da casa e polo lado dereito está todo cerrado para que non se vexa o que están facendo, é ampla, parece acolledora. O que máis me gusta desta casa e a galería tan grande que ten no lado esquerdo que debe de ser o comedor.Tamén ten un pequeno balcón na segunda planta por diante. Polo lado dereito da casa pasa un pequeno río. Ten unhas vistas bastantes bonitas, xa que enfronte da casa está o parque do Castro. Tamén me gusta porque a casa está situada nun lugar bastante tranquilo e silencioso. A casa que menos me gusta tamén está situada na Rúa da Presiña. É unha casa bastante vella, que está en ruínas. Na planta de abaixo ten tres portas de cor verde con cristal no centro de cadansúa. No segundo ten unha ampla galería de madeira en moi mal estado. Non ten unas vistas bonitas porque enfronte da casa hai outra casa abandonada. Caeulle parte do tellado. Tampouco me gustan os ladrillos e a pintada.
  36. 36. MEU CURRUNCHO (Andrea) O meu curruncho preferido atopase o carón do río Gallo e do parque do Castro´. É un lugar onde se pode gozar da tranquilidade da vila. Co murmurio tranquilizador das augas do río que caen polas numerosas fervenzas que hai. Fai uns meses melloraron o lugar poñendo a estrada asfaltada, impedindo que se levantara po e terra que molestase as persoas. Ó longo do camiño puxeron bancos para que as persoas se puideran sentar e ademais instalaron farolas, que durante as noites iluminan todo o camiño, facendo que sexa un lugar perfecto para pasear.
  37. 37. MEU RECUNCHO (Eva) Está situado a carón do centro médico e o Centro socio-cultural Xosé Raído Patelas, na rúa Olimpio Arca. Ó fondo da foto está o río Gallo (afluente do Umia) aínda que non se ve. Esta zona é rica en árbores como palmeiras, castiñeiros, chopos, ameneiros, abetos, etc. Hai bancos para sentarse e gozar da natureza e tranquilidade do lugar. Moita xente pasea por alí as súas mascotas e pasan a tarde xogando á pelota. Anque ó seu lado pase a estrada, de momento é un lugar tranquilo. Dentro duns anos cabe a posibilidade de que non sexa tan tranquilo, pois hai un proxecto de facer chalés á beira do río. É o meu lugar preferido porque me gusta a natureza e no verán as miñas amigas e eu vamos dar unha volta en bici, xogamos e botamos carreiras. Hai que dicir que é un bo sitio para darse un baño no verán e coller castañas no outono.
  38. 38. MEU RECUNCHO (Rubén) Este é o meu sitio preferido porque é onde mellor o paso cos meus amigos. É o parque do Castro, propiedade privada do Balneario pero aberto ao público, a carón do río Gallo. Paseino moi ben aquí porque é onde iamos xogar ó fútbol. As dúas árbores da dereita eran unha porteria e a árbore da esquerda era outra. O outro poste facíamolo con pedras ou unha cana que houbera polo chan. O que máis me gustaba era cando nos caía o balón ó río e tiñamos que meternos nel para intentar sacalo. Tamén recordo con pracer moitas das historias que nos pasaron aquí.
  39. 39. MEU RECUNCHO (Santiago) O meu recuncho preferido está situado no lado dereito do Auditorio. É un lugar onde hai unhas escaleiras para subir ó Auditorio. É un lugar moi tranquilo, xa que non hai moito ruído e normalmente non soe haber ninguén. Este é o lugar onde mellor me concentro, e cando teño que pensar algo moi importante sempre o penso alí, xa que é bastante tranquilo. Tamén se teño lle que estar a soas con alguén para pedirlle ou contarlle algo importante case sempre o levo para este lugar. Non é moi acolledor, xa que ten as paredes bastantes pintadas, e a min isto non me gusta nada, pero segue sendo o meu recuncho preferido. Tamén o paso moi ben alí, cando vou cos meus amigos e amigas.
  40. 40. XENTE: o adestrador e o zapateiro Jose Antonio Pardal Baños, adestrador do Clube Atletismo Cuntis e dalgÚns atletas que se atopan no Centro de Tecnificación de Pontevedra, tamén é o actual detector de talentos deportivos dentro do ámbito do atletismo galego. É un adestrador que leva a competir ós seus atletas por toda Europa. Algún dos seus atletas máis destacados son: Eva Mª Iglesias, Marisol Diz, Rocío Carbia e Juan Carlos Ríos en marcha; Francisco Vilas, Miguel Otero e Cristina González en medio fondo; Veronica Argibay e Irene Gesto en valas. Ten entre o seu cadro de atletas a campións galegos consecutivos, campións de España e representantes nos Campionatos de Europa. O home da fotografía é un zapateiro dos tres que hai en Cuntis. O seu comercio atópase na Praza de Galicia. Ten moitas ferramentas e máquinas para poder realizar correctamente o seu traballo. Ademais de dedicarse a facer e arranxar zapatos tamén traballa con chaves, cinturóns e demais prendas de coiro. No seu establecemento ten dúas seccións, unha é a parte da tenda onde atende á xente e a outra o taller onde se dedica a traballar co coiro e onde ten a maquinaria necesaria.
  41. 41. XENTE: o artesán, os bodegueiros, o sancristán e o garda forestal Ladisdilao Cao (Ladis) é un veciño ao que lle gusta moito facer cousas en madeira no taller que montou na casa. Estes dous vellos amigos, o Campaneiro e Rama, están facendo un pouco de viño sen mancharse. A esquerda de abaixo é o sancristán, coñecido coma o campaneiro, cociñando na casa. A persoa de abaixo á dereita é Manolo Torres, ou Manolo o de Follente, coñecido nas catro provincias de Galicia por ter sido garda forestal durante 48 anos. A foto está tomada no que el e seus amigos chaman o garito, onde fan moitas festas.

×