Successfully reported this slideshow.

More Related Content

Related Audiobooks

Free with a 14 day trial from Scribd

See all

O Tesouro Dos AvóS Claudia Savariz

1. 1. AQUELES DIFÍCILES ANOS
2. 2. PRESENTACIÓN

Isolina Bento Martínez, Ina, naceu en Camposancos (A Guarda) o 19 de novembro do 1931. Os seus pais eran de Camposancos e a súa avoa era italiana. Estudou ata os 10 ou 11 anos. Con esta idade comezou a traballar coidando dos seus irmáns e nas leiras.

3. 3.

No ano 1954 casa con José Luis e ó ano seguinte, con 22 anos de idade, teñen o seu primeiro fillo, José Luis. Ós 14 meses teñen a segunda, Aurora. No ano 1966 emigrou a Francia coa intención de aforrar para arranxar a casa que lle deran os seus pais. Alí traballou nunha casa criando un rapaz durante 8 anos pero volvendo a Camposancos periodicamente para ver á familia. Regresou en 1977 e seguiu traballando leiras ata que puido. Agora dedicase ás tarefas da casa e cando pode fai algunha viaxe, sobre todo a Fátima.

4. 4. PRESENTACIÓN

José Luis Savariz Díaz, Llois, naceu o 18 de xaneiro de 1933 en Mislata (Valencia). O seu pai era de Camposancos e a súa nai portuguesa. Con 8 anos foi vivir para Camposancos onde estudou ata os 12 que comezou a traballar sacudindo sacos de cemento.

5. 5.

Con 13 anos foise a Guadalaxara a traballar na construción como peón onde estivo arredor de 3 anos. Alí a súa xornada de traballo era de 12 ou 14 horas. Logo traballou en Valladolid na finca dun terratenente. Regresou a Camposancos e casou con Ina no 1954. Xa casado e con fillos traballou en Vitoria uns 2 anos. No 1964 marchou a Francia con dous compañeiros para traballar na construción ata 1977. Cando voltou traballou ata a súa xubilación, con 61 anos, na empresa onde de neno sacudía sacos de cemento. Agora adícase, como a súa muller, a facer as tarefas da casa e a viaxar.

6. 6. A PRAIA DO MUÍÑO

Fotografía da praia do Muíño nos anos 50.

7. 7. HISTORIAS DA GUERRA CIVIL

O pai de Ina, Valentín, foi á guerra recrutado polo bando franquista. Ela recorda que cando era nena e o seu pai chegou da guerra non se achegou a ela e aos seus irmáns. Eles choraban con tristura pensando que seu pai non os quería e resultou ser que viña cheo de piollos!

Conta tamén Ina que nunha casa do pobo daban comida para os fillos dos que estaban na guerra. Un día ela foi co seu irmán Xerónimo e coa escusa de que a súa nai traballaba leiras, que nin sequera eran dela, e tiña o que darlles de comer, non lle deron nada. O mesmo lles pasou coa roupa. Ela replica que sen embargo para os fillos dos falanxistas había tanto comida como roupa.

8. 8.

Outra anécdota que recorda é que un día que súa nai a mandou ir á tenda comezaron a verse avións. O tendeiro díxolle que fora para casa porque ían tirar bombas e ela contestoulle que quería oílas. Disto Ina comenta: “o que fai a ignorancia...”

Llois pasou a Guerra Civil en Valencia. Alí cando escoitaba as sereas de alerta de bombardeo corría cara aos refuxos subterráneos. Sempre levaba un pauciño colgado para que, en caso de alerta, o mordera para que se estoupaba unha bomba cerca non lle rebenteran os tímpanos.

9. 9. O COLEXIO DOS XESUÍTAS DE CAMPOSANCOS

Durante os anos da guerra e da ditadura no colexio dos Xesuítas de Camposancos había unha prisión. Ina lembra que nela había moitos homes e que os metían en camións para levalos a onde se atopa agora a Sangriña para fusilalos. Un día a súa nai ía da Guarda a Camposancos e os militares mandárona ir dar a volta polo monte. Cando chegou a casa escoitou os disparos e díxolle a Ina e aos seus irmáns que non saíran da casa. Ós fusilados soterrábanos a todos nunha fosa común e cando se fixo a parte nova do cemiterio da Guarda atopáronse ósos alí.

10. 10. CONSECUENCIAS DA GUERRA

Na familia de Ina os franquistas mataron a un tío seu e a outro tivérono preso durante moitos anos no cárcere de Tui. Alí aprendeu o oficio de marmolista e tamén a pintar (Ina conserva un retrato da súa nai pintado por el). Acabaron soltándoo porque non tiñan nada en contra del.

11. 11. A INFANCIA

A ESCOLA. Ina aprendeu na escola “as catro regras” (sumar, restar, multiplicar e dividir) e tamén a ler e a escribir. Recorda que tiña que levar un lazo branco e que tiña que cantar o “Cara el sol”. Estáballes permitido falar en galego.

OS XOGOS. Llois recorda que xogaba ás casiñas con Ina, e ela xogos como a corceta, a corda ou o escondite.

A ROUPA. A roupa que utilizaban era feita con remendos e non tiñan zapatos.

12. 12.

AS CASAS. “Eran vellas pero moi limpiñas” afirma Ina. Conta que os sábados non ían á leira para fregar a casa. Llois conta que as latrinas eran de madeira e tiñan un burato debaixo do cal se acumulaban os excrementos para facer abono.

AS FESTAS. As festas eran animadas con acordeóns, gaitas e bombos. Máis tarde chegaron as orquestras.

13. 13. AS FESTAS
14. 14. ANOS DE MOITA FAME

Os anos da guerra e os posteriores foron anos de moita fame. Sendo rapaces Ina e Llois lémbranse de ter que pedir comida nalgunhas casas e de xente que cando os atopaba pola rúa levábanos con eles e dábanlles pan.

Ina tamén conta que os da prisión dos Xesuítas lle daban caldeiros coa comida que lles sobraba para os porcos pero eles aínda rebuscaban ben se había algo que puideran aproveitar.

15. 15. NIN AS POMBAS TIÑAN QUE COMER
16. 16. UN INVENTOR NA FAMILIA

O pai de Llois, que el describe como home bastante intelixente, inventou un acendedor eléctrico. Este invento servíalle para comerciar con el pero non o cobraba en diñeiro senón en comida.

17. 17. O PASO DA CIDADE Á ALDEA

Cando Llois chegou a Camposancos o seu nivel económico non era mellor co da xente da aldea. Non dispoñían de cartos nin sequera para comer, facíano grazas ó que os veciños lle daban. Pero aínda así traían da cidade certas modernidades que en Camposancos non se coñecían, como a radio. Os veciños poñíanse debaixo da súa xanela a escoitala.

18. 18. QUÉRENDOSE DENDE NENOS

Cando Luis chegou a Camposancos acostumaba xogar ás casiñas cos rapaces do pobo. El dicía que só xogaba se Ina era a súa muller e dende ese momento quedaron destinados. Contan tanto un coma o outro que tiveron varios mozos pero acabaron casando xuntos no 1954. No “banquete” da súa voda comeron arroz con polo, beberon viño e café “de calcetín”, que se facía nunha pota e se coaba cun pano.

19. 19. FOTO DE PARELLA
20. 20. INA COA SÚA NAI
21. 21. AS “CORTES DE BLAS”

Da súa estancia como construtor de naves para o gando e casas para os obreiros na finca as ”Cortes de Blas” en Valladolid, Llois lembra que se pasaba 9 meses seguidos almorzando leite, comendo garavanzos e sopa de pan e ceando feixóns ou patatas e pan. As camas eran unhas colchonetas que levaban eles da casa feitas con remendos e cheas de palla trillada.

22. 22. O EXILIO EN FRANCIA

Ina e Llois estiveron exiliados en Chamonix (Francia) por motivos económicos pero alí coñeceron a moita xente que se tivera que exiliar por motivos políticos. Contan nos últimos anos da ditadura en España aínda mataron a cinco homes que estaban en Francia. Ina lembra que un francés dicía pola tele: “mira o vellaco, coas forzas que ten aínda mata a cinco máis”.

23. 23. ESTANCIA EN CHAMONIX
24. 24. NEVADAS FRANCESAS
25. 25. ATRASO EN ESPAÑA

Así de moderna era Francia cando en España aparecían os primeiros vehículos.

26. 26. A REPRESIÓN

Cando lle preguntei a Llois que reacción tivera coa morte de Franco el contestoume: “morto o can acabou a rabia”. Díxome que a el non lle gustaba que morrera ninguén pero que si se alegrou de que rematara a ditadura. Di que “había que ter moito coidado do que falabas e diante de quen o falabas”.

27. 27. O REGRESO A FRANCIA

Llois e Ina hai uns anos atrás volveron a Francia pero esta vez como turistas, non como traballadores. Foron visitar á familia para a que estiveron traballando durante 11 anos e Ina volveu a ver ó rapaz que criou.

28. 28. O REGRESO A FRANCIA
29. 29. OUTRAS VIAXES

Nestes últimos anos teñen feito numerosas viaxes e excursións.

30. 30. CONCLUSIÓN

A realización deste traballo serviume máis que para coñecer como era a vida antes en xeral, posto que xa me facía unha idea, para descubrir moitas anécdotas que non coñecía dos meus avós e algunhas cousas inesperadas, como que o meu bisavó inventou un acendedor. A verdade é que me gustou facer este traballo aínda que tamén me custou.

Claudia Savariz Alfonso 2º BACH. C