1. En 1910, 8 de marzo, en España
foi cando se autorizou a matrícula para as
mulleres nas carreiras universitarias
públicas. Na mesma data, en Galicia,
nacía a muller que eu coñecín.
Mentres, en México facíase unha
revolución e en Estados Unidos
convocábase unha folga de traballadoras
do téxtil e mulleres do partido socialista.
A revolución desta muller neste recuncho
do noroeste da península Ibérica foi
conseguir levar á mesa un prato de comida
diario.
Acadou formar a súa propia familia e
transmitirlle aos seus a honradez e os
principios morais ante a vida.
Xa de adulta foi quen de aprender a
escribir.
Viveu rodeada dos seus seres queridos.
Deixou un legado de fillos e netos que
estamos orgullosos de tela coñecido e ser
parte da súa familia e do seu enorme
corazón.
Merchi Bermúdez
2. A miña nai
Muller loitadora, bondadosa, paciente, amiga de
facer ben, con moitos valores que me transmitíu.
Naceu orfa sen coñecer a súa nai, iso marcouna
moito, dicía que foi o seu sentir de nunca ter
tido o cariño dunha nai nin dunha avoa. Era
a pequena de cinco irmáns. Aos once anos
levárona para Vigo a traballar de muchacha de
fogar, ela dicía que os señores queríana adoptar
pois non tiñan fillos pero ela negouse, non
podía renunciar a darlle aos irmáns o pouco
que gañaba para eles poder comer.
Logo coñeceu o meu pai. El era mariñeiro,
casaron e tiveron dous fillos, meu irmán o
maior e a min.
O meu pai andaba ó mar en Canarias e pasaba
meses alá así que a miña nai tiña que facer de
nai e pai, coidar, educar os fillos. Tamén
traballaba na fábrica de conservas. Tiñamos
ovellas, porcos, galiñas, algunha veiga para ter
patacas para todo o ano e as do cedo vendíanse
para facer algúns cartiños.
Sempre a recordo de bo humor e con
moita ilusión, sempre dicindo que
tiña que chegar a un teito
propio porque cos alquileres
había moitos abusos.
3. Así chegou o día de facer a casiña, era
pequeniña, era como “un no va más” con
cociña de carbón, leña fóra, fume e lareira!
Ai, que pouco durou a alegría na casa do
pobre! a miña nai de tanto traballar enfermou
dunha lesión no pulmón. Nese mesmo ano o
meu pai, no barco, foron a pique cerca de
Canarias, aquel foi un golpe para todos nós
sobre todo para ela, nós eramos rapaces só a
consolabamos dándolle bicos porque ao
principio non sabiamos se estaban vivos ou
mortos. Aquela incertidume foi moi dura para
miña nai. Desa quedamos moi mal
economicamente, todos os enseres, roupa de
auga, botas, colchoneta de meu pai… quedaron
no fondo co barco. Iso que agora parece
irrisorio porque sobra roupa daquela érao todo,
era un capital.
Isto é parte da curta vida da miña nai, quedan
moitas cousas atrás. Só dicir: na vida nada lle
sorríu.
O que si, ela sempre foi unha loitadora. O
cancro acabou con ela máis non co seu sorriso
e bondade. Palabras de alento sempre
tivo para min e todos os que a
coñeceron, todos, todas, sempre me
transmitiron o boa persoa que era.
Deixounos cedo. A vida é así.
Carmen García
4. UNHA MULLER IMPORTANTE
NA MIÑA VIDA
Esta muller é unha persoa responsable, correcta
no trato cos demais, evita as discusións, prefire
calar a boca e marchar da habitación. Iso non
quere decir que non diga a súa opinión.
A ela dáselle ben calquera cousa, tanto deseña
un traxe de entroido como cambia unha roda do
coche cando está pinchada.
É atenta coas súas compañeiras do traballo e non
lle importa axudar anque xa acabara o seu
horario; evita crear envexa entre elas. Levarse
ben, para ela, é o máis importante.
Gústalle felicitar os familiares e coñecidos, está
pendiente de xuntar a familia polas festas e non
perder as tradicións; seguir facendo regalos, se
pode, facéndoos ela mesma pois gústanlle as
manualidades.
Cando ten que ir ó médico ou dentista, vai soa,
sen medo. Se xurde unha situación grave, busca
a maneira de solucionalo cunha serenidade
asombrosa.
Saca tempo para todos, para os seus pais e avoa,
anque logo ande apurada.
Mira moito pola súa economía; só
merca o que necesita.
Un modelo a seguir.
Elena Gargamala
5. Angelina María García P. naceu
un 14 de febreiro do ano 1916 nun lugar
paradisíaco, as Illas Cíes. Nunha familia de
oito irmáns que quedaron sen nai cando ela
contaba sete anos.
A súa infancia, a pesar da perda, discurríu
feliz e chea de aventuras, algunhas perigosas,
coas que arrullou aos seus fillos, contos únicos
onde ela era a protagonista. Era unha gran
narradora.
Como millóns máis de persoas, tocoulle vivir
unha guerra civil, tempos moi difíciles, onde a
principal preocupación era a supervivencia.
Lémbroa como alguén doce pero forte,
loitadora, traballadora incansable, tratando
sempre de darlle un mellor futuro a súa
familia.
Foron moitos os anos que Deus lle concedeu,
cousa que ela nunca pensou, puido ver crecer
aos seus fillos, netos e bisnetos. Sempre un
referente para min.
Faleceu en Cangas aos 101 anos.
Carmen Parcero
6. "Nai non hai máis ca unha". Esa frase é
unha gran verdade, tanto como que estamos
vivas. Ela, que foi nai e pai sempre, que
desenvolveu todos os roles nunha sociedade
que lle daba as costas, traballou como
cociñeira e como auxiliar de conserva,
como moitas mulleres de Cangas. Ademais,
sempre que podía sacaba tempo para
aprender e mellorarse e conseguiu sacar os
estudos secundarios pola modalidade de
adultos con 47 anos, ao tempo que eu
comezaba a mesma etapa con igual ilusión.
Aguerrida e loitadora, ela é para min
importante porque o é todo: referente,
confidente, sustento e apoio incondicional.
É, en fin, miña nai, a que me deu a vida e
a que ma fai máis feliz.
Laura Piñeiro
(profe de LGL e Oratoria)
7. A miña abuela María naseu
en Cangas e traballaba na
casa e traballou na fábrica
de conservas onde estaban
descalzas porque non había
diñeiro nin para comer.
Tiña bo corasón. A min
axudoume moito, coidoume
os fillos que eran seus netos e
eran un pouco trastes e ela
con cariño todo o facía para
que foramos traballar.
Morreu no ano 1972 con 89
anos.
Carmen Vilariño
8. Efigenia
Esta muller, a miña nai, foi unha
muller moi sacrificada. Naceu no
ano 1913 e levou unha vida moi
solitaria. Meu pai era mariñeiro e
botaba mareas de moitos anos. A
miña nai quedou coidando de tres
fillos, a sogra e unha tía que foi a
que a criou a ela. Coidaba de todos
e da casa, nunca a escoitamos
queixarse. Para min e meus irmáns
foi a mellor educadora e nai que
puidemos ter. Como a maioría das
mulleres de antano traballou moito
e sen medios.
Isto é unha homenaxe á miña nai
Lela, como lle chamabamos.
Mª Luísa Conde
9. María naceu en
Cangas do Morrazo. Traballou
na fábrica de conservas e tamén
en tender aparellos dos barcos.
Non paraba de traballar para
sacar adiante os seus fillos e así
axudar a seu marido. Lembro
cando era pequena e a vía como
nos tempos de recoller as patacas
que se levantaba ás catro da
mañá e ía para a horta. Por
aquel entón soían roubar as
patacas había tanta fame. María
era una muller valente e
bondadosa, repartía todo o que
sembraba cos veciños. Conseguíu
unir a toda a súa familia e as
veciñas a querían moito. Era
una muller marabillosa.
María Teresa
10. Manuela Graña naceu en Cangas
e morreu con 70 anos. Quedou
orfa moi pequena, coidouna
unha tía e despois ela tivo que
coidar os irmáns.
Foi á escola, foi modista, coidou
os irmáns, traballou no campo e
tamén ía a Vigo buscar comida
para todos os irmáns. Axudoume
a coidar os meus fillos.
Carmen Portela Piñeiro
11. A miña abuela chamábase
Carmen e era de Coiro.
Traballaba no campo e era
casada e con fillos.
Eu de pequena pasábao moi
ben con ela. Ensinábame a
coser e dábame bos consellos.
Grasias abuela
Luisa Martínez
12. Miña abuela estaba sempre
atareada.
Gustáballe estar coa xente e
sabía contar historias. A abuela
Luisa coidaba de nós.
Marisa Mallo
13. Moria Guzmán nació en
Huelma (Jaén) en febrero del
ano 1945. Era la mayor de
cinco hermanos. Tuvo catro fillos
y los crió dentro de sus
posibilidades. Y también su hijo
Antonio que es discapacitado. Se
responsabilizó de que sus hijos
estudiaran. Mi madre estuvo
cuidando de sus dos hermanos
en su misma casa. Era una
persona muy luchadora. A pesar
de que madre no sabía escribir
sabía arreglar todo lo papeleos
de la casa.
Mi madre me ayudó mucho
porque a pesar de mi
discapacidad nunca me dejaba
en casa.
Antonio García
14. María naceu en Coiro en 1923.
Coidou de toda a familia, non
lle negaba nada a ninguén.
Traballou no campo e tamén na
fábrica.
Casou aos 27 anos. Meu pai
emigrou ao País Vasco e ela
fíxose cargo de tres fillos, da
casa e do coidado de meus avós,
tamén dunha tía solteira. Foron
seis irmás mulleres todas.
Tiñamos acubillo para todas.
Josefa Rúa
15. Carmen P. G.
Para min foi a muller máis boa e
traballadora. Moi atenta coa súa
familia. Sempre traballou no
campo. De moi pequena tiña que
amasar a fariña para facer o pan,
acendía o forno de leña e o seu
pai poñíao dentro. Tamén de moi
nena ordeñaba as vacas e ía
vender o leite a Cangas todos os
días.
Mª Carmen Piñeiro P.
16. A miña avoa naceu co século XX.
A traxedia marcouna desde nena pois perdeu ao
seu pai dunha pleuresía. Lembraba
perfectamente como chegou o médico en coche de
cabalos e intentou sen éxito unha operación de
urxencia abríndolle o peito na mesa da cociña.
Foi de nena á escola da parroquia. Encantáballe
aprender e axudáballe á mestra coas nenas máis
pequenas xa que estaban todas xuntas na mesma
clase. Pero foi pouco tempo que había que
axudar na casa. Medrou entre o mundo rural e
as xornaleiras que viñan axudar no traballo do
campo do que vivía a familia e o atractivo da
cidade de Vigo, a vinte minutos da casa
camiñando, pola que chegaban novidades sociais
e políticas. Agochábase coas amigas para observar
admirada os automóbiles, os escaparates, as
folgas obreiras, as manifestacións do 1º de maio,
a chegada da II República... Soubo quen era
Clara Campoamor e acudiu a votar coa súa nai
nas eleccións de 1933, a primeira vez que as
mulleres podían facelo. Pero todos os camiños
novos que se abrían pecháronse de súpeto co
estoupido dunha guerra e unha represión da que
nunca quixo falar, ela que falaba
seguido da vida e da xente.
Escolleu esquecer e desbotou
da súa vida a fantasía.
17. As súa historias eran de cousas vividas,
lembradas ata o máis mínimo detalle, anécdotas
cheas de humor e retranca que contaba nun
galego cheo de frases feitas e refráns que sigo
gardando como un tesouro, aínda que falase
perfectamente o castelán para os estraños.
Traballou nunha imprenta mal pagada, sen
contrato nin cotización social. Criou cinco
pequenos, unha filla e catro sobriños cuxa nai
enfermara. Sempre correndo de aquí para alá ata
nos pesadelos nos que nunca chegaba a tempo.
Separouse dun home alcólico ao que non quixo
ver máis. A súa única filla enfermou do corazón
e morreu aos 40 anos deixándonos a nós, tres
nenas de 11, 9 e 7 anos. Meu pai entrou nunha
profunda depresión e foi ela quen nos coidou.
Que nos estudiásemos era a súa maior ilusión e a
nosa mellor escusa para librar de calquera
traballo doméstico. Eu tiven acceso a becas que
me permitiron chegar á universidade. Fomos a
primeira xeración de familias sen recursos con
acceso real a unha educación superior, á que
miña nai e miña avoa non puideron ter porque
estudar era para ricos. A avoa pasou a ser a
“bisa” e seguía atenta ao que pasaba no mundo,
lía o “faro” e vía o “parte” cada día,
con lupa e cascos cando xa perdera
vista e oído. Morreu aos 97 anos, feliz de
deixarnos un mundo moito
mellor para as mulleres.
18. Matilde naceu e morreu en
Cangas. Traballaba na fábrica
Massó. Casou e tivo fillas. Foi moi
atenta e coidadosa. Criou as fillas
e educounas aínda que tiña
pouco diñeiro, pero
administrábao ben.
A min gustábame moito falar con
ela e teño moitos recordos.
Moitas gracias por todo.
Josefina C. Rodríguez Gil
19. Nai de sete fillos, 9 netos e 3
bisnetos. Coidou de todos, tamén
dos seis pais e sogros. E logo do
seu home que empezou con
demencia senil. Agora é a ela a
que lle falla a memoria. Sempre
coidando, atendendo, alegrando
as festas e reunións. Contos,
lendas e cancións, pasabamos
así horas e horas.
Bisavoa, canto me gustaba
escoitar os teus contos e
fantasías!
20. AS MIÑAS FILLAS
Al Haqima é nai e vive en Dubai.
Quero visitala porque a estraño.
Estou orgullosa de ela.
Siham é nai e vive en Marrocos.
Traballa vendendo coches. Quero
visitala para coñecer a miña neta.
Quéroas moito.
Fatima
MIÑA IRMÁ
Miña irmá Josefa tivo que emigrar
a Suíza deixando aquí os seus tres
fillos e cando volveu perder xa o
afecto dos fillos. Perdeu contacto
como consecuencia da necesidade
de emigrar das mulleres.
Avelina
21. María era unha muller solteira
que vivía coa súa irmá e cuñado.
O matrimonio tiña un fillo e
estaban esperando outro cando a
muller enfermou de tifus e ao pouco
de dar a luz morreu deixando os
dous nenos coa súa irmá. Esta,
naqueles tempos que lle tocou vivir,
pasouno moi mal. O pai dos nenos
marchou e María tivo que vender
parte da súa herdanza para
quitalos adiante, con moito traballo.
Naquela miseria, só viveu para eles,
deulles escola, educounos ben e
cando se fixeron persoas casaron
formaron as súas vidas e déronlle a
María segundos sobriños, que con
todo cariño axudou a crialos e foi
moi querida por todos eles.
Josefa Tubío
22. A MULLER QUE ADMIRO
Quedou orfa de nai aos dous anos xunto cun
irmán máis novo. O pai, mariñeiro, ficou
viuvo cos dous pequenos. A ela e o seu irmán
criáronos entre veciños e familiares, até que
chegou unha madrasta Despois viñeron cinco
irmáns máis. Ela foi ben tratada pola nova
nai, mais ao ser a máis vella tiña que
traballar abondo para axudar a familia. A
madrasta padecía do corazón e non podía
traballar. Eran tempos difíciles.
Cando tiña dezasete anos morreu a madrastra
quedando ela ao cargo de seis irmáns. A
mocidade pasouna criándoos coma se fosen
seus fillos. Aos trinta coñeceu no baile o que
sería seu home, moi boa persoa pero pobre e
medio cego. Tiveron dous fillos e a mala sorte
fixo que un deles herdase a enfermidade do
pai.
Traballaron moito para saír adiante. Ela era
un pouco arisca e autoritaria, as
circunstancias da vida así a fixeron pero
loitou tanto polos fillos, e máis tarde polos
netos, que para min foi a mellor e
máis admirada das mulleres.
Esa foi a miña nai.
Elvira Marcos
23. Xa de nova traballou moito, tiña
que coidar do gando, ir ao campo, ter conta
dos irmáns pequenos. Ela era quen levaba
todo a carga da casa. Iso si, malamente sabía
ler e escribir pero estaba moi satisfeita,
dicía "polo menos sei firmar".
Casou dun veciño do barrio e tivo cinco
fillos, un deles morreu de moi cativo e iso
marcouna moito. Traballaba e traballaba
pero para saír adiante nada chegaba. Fixo
de nai e de pai pois seu home emigrou a
América, aínda que antes de marchar
deixoulle un poder, por se pasaba algo ter
de que botar man.
Traballou na fábrica. Tiña que ir lavar ao
río de mañá cedo, preparar os fillos para ir
á escola. Si, tiña moi claro que tiñan que
saber ler e escribir.
De América non chegaba case nada e non
lle quedou outra que traballar máis.
Ía ao xornal, ás veces ata o domingo,
as vintecatro horas dela eran así,
traballar moito e pouco
descansar.
24. Cando os fillos, de ben pequenos,
foron coa patela ao Mar, un púxose moi
enfermo e tivo que vender unhas fincas
para poder comprar a penicilina, que viña
de fóra e valía moitos cartos. Cando os fillos
empezaron a traer algo de cartos para ela xa
foi un alivio. Ese era xa o seu día a día.
Pero o seu día a día rompeuse cando o seu
home chegou de América cego e tivo que
adaptarse a el, ensinalo a moverse pola
casa, pois tiña que deixalo só, que ela
seguía traballando. Moitas lágrimas lle
custou todo isto mais ela tirou para adiante.
A verdade é que non tivo unha vida nada
fácil.
Escribiría moito dela. Moito!
Esta é a miña avoa Filomena, a que sempre
me contaba historias, a que sempre me
dicía "Rapaza, ti non digas nunca
mentiras, que iso non está ben!"
Lémbrome moito dela pois foi
unha muller moi valente.
Gloria Monroy
25. ARGENTINA
Cando a Escola de Adultos de Cangas veu
para Rodeira no curso 2001-2002 coñecín a
Argentina na clase de Alfabetización. Daquela
ela ía para os oitenta anos e non tivera antes
oportunidade de ir á escola, así que se sentía
igual ca unha nena co seu caderno e o lapis
novos. Aínda lle custou o seu aquilo de agarrar
o xiz para escribir no encerado. Anoxábase toda
e fruncía o cello, e con razón. Porque ela non
poidera ir á escola nin un só día da súa vida.
O que si sabía debuxar eran renglóns dereitiños
co legón.
E sabía dividir, vaia se sabía. Dividía o millo
entre as galiñas sen que ningunha tivese motivo
para reclamar a súa parte. E multiplicaba os
graos das mazarocas en campos e campos de
millo, graos que se transformaban en fariña no
muíño, fariña que se amasaba e se volvía pan. E
cada anaco de pataca, cada semente, cada estaca
a multiplicaba. Con que, como podía alguén
dicir ou pensar que ela non multiplicaba. Como
non se ía anoxar.
Un día chegou a clase e dixo: xa firmei
no banco, co meu nome enteiriño.
E a fachenda era tal
que lle brillaban os ollos.
26. -E agora vou no coche de liña a
Pontevedra e vou lendo e sei cando estamos en
Seixo porque pon Sei-xo, en Marín porque leo
Ma-rín e por aí adiante.
Seguíu vindo á escola até case cumprir os cen
anos. Apuntábase a todas as actividades, ás
saídas e aos entroidos e a todas as festas. Os luns
contaba das viaxes súas da fin de semana por
dentro e fóra de Galicia.
Argentina contoume historias incribles que
nunca vou esquecer e cando estaba contenta,
despois de escribir concienzudamente unha
frase particularmente difícil, botaba unha
copla das de antes. Debe aínda andar algunha
por aí, nalgunha gravación perdida:
Para abril, para maio, para setiembré
para la primavera mi amante viené.
Mi amante viené, mi amante viené
para abril, para maio, para setiembré.
Parece que a escoito cantar, coa súa
voz ronca e doce e o sorriso
medio pícaro.
Grazas, Argentina,
por todo o que me ensinaches
a apreciar da vida.
27. “O que vivín na escola de
adultos foi a experiencia máis
bonita da miña avanzada
idade. Facer poemas,
redaccións... Lembrar as
excursións, os carnavais… O
meu oitenta aniversario co
título da ESO e un ramo de
flores no patio de Rodeira na
festa de fin de curso foi para
min un día inolvidable.
Recoméndollo a todas as que
poidan ir.”
Albina Gallego Franco
28. Era o ano 1956, e foi o
ano en que Amalia, miña nai, foi
traballar á Fábrica de Conservas
Massó. Tiña 26 anos.
A empresa onde traballaban 1500
mulleres.
Mulleres fortes, con moita vontade e
ganas de aprender un oficio que
pouco a pouco, elas o fixeron moi
grande.
Eran xornadas de traballo de
moitas horas, gañaban 7 pesetas á
semana.
Pero a enerxía que elas desprendían
era tan grande, tan natural, que
compensaba as longas xornadas de
traballo. Eran como un gran equipo,
como unha cadea de vida.
Pili Abeijón
29. SELAH, UNHA MULLER “TODORRENO”
A miña amiga Selah é unha das persoas que
máis admiro. É unha persoa loitadora, todo
un exemplo a seguir como traballadora e
como persoa.
A súa rutina diaria é dura, pero ela nunca
perde o sorriso. Polas mañás traballa nunha
base militar e polas tardes nun hospital.
Levántase ás 6.30 da mañá para estar na base
militar ás 7.30 e pasar lista en formación. Ás
8.00 está saíndo a correr por fora da base e ás
9.30 ten que estar no seu posto de traballo, no
taller: consiste en desmontar, limpar e montar
con repostos novos os cascos dos pilotos e da
tripulación dos helicópteros.
Ás 13.00 termina a súa xornada laboral na
base, colle a súa moto e acude ao seu posto no
hospital ata as 22.00; moitas veces non ten
tempo nin para comer.
Alí desempeña a súa función de técnico en
raios e tamén como técnico en radioterapia e
dosimetría clínica.
Aínda así, a incansable Selah non perde un
sábado sen facer a súa habitual ruta en
bicicleta cos seus amigos. É a súa maneira de
coller forzas e comezar unha nova semana
coas pilas cargadas.
YOLANDA LÓPEZ
30. A MIÑA NAI
A persoa máis importante da miña vida é
miña nai.
É unha persoa moi traballadora e cun
corazón que non lle cabe no peito.
Criou a tres fillos mentres o meu pai
andaba ó mar na altura, co que de 12
meses estaba 1 ou 2 na casa, cando non
votaba máis dun ano fora. A consecuencia
disto estivo moito tempo sen a súa parella
(o meu pai) o seu carón.
Tiña unhas veigas, que lle deixaron os
seus país, nas que plantaba de todo, na
época do ano correspondente. E por se fora
pouco traballou nunha fábrica de peixe
enlatado, co cal non tiña tempo para
nada máis.
Sacounos adiante, cultivou a terra e
traballou nunha fábrica, todo a vez,
cousa que aínda penso agora e me costa
entender : como hoxe en día a maioría da
xente afoga nun vaso de auga co gallo de
que non dan feito ou non lle da o tempo.
AGUSTÍN HERBELLO MENDUIÑA
31. MULLERES NA MIÑA VIDA
Teño que agradecerlles todo o que fan ás
miñas avoas e a miña nai. A miña nai, Silvia,
é unha persoa con carácter que coida de min e
da miña irmá: fai a colada, a comida, limpa
ela soa a casa, ademais de ir a traballar desde
o mediodía ata as once da noite no hospital,
xa que é enfermeira; é un traballo duro nesta
época de Covid-19 xa que ten que ter
precaución polos infectados e os que veñen ao
hospital.
Fai un mes a miña nai colleu Covid-19 no
hospital, a pobre tiña un resfríado e non
podía facer nada e tiven que marchar da casa
para evitar contaxios. Todos os días chameina
e díxome que non é o mesmo facer tarefas
domésticas enferma que non estalo. En
resumen, miña nai é unha heroína.
32. Agora vou falar das miñas avoas, as cales
dixéronme o outro día que traballaron tanto
na horta, como nas fábricas e tamén indo ao
mar, ademais de coidar a tres fillos cada
unha delas: é increible! Non sei donde sacan
as forzas para educar aos seus nenos/as con
todo ese traballo. Quedei asombrado.
Unha das miñas avoas chámase Cándida.
Ten un galiñeiro con coellos e galiñas, e
levántase cedo para alimentalos, a parte de
ter a súa propia horta na casa, con tomates,
leituga, patacas, etc., o que supón un esforzo
extra: ter que coidar da casa tanto dentro
como fora.
A outra avoa o que fai é unha cousa que
non entendo, en vez de ver a tele, entretense
limpando! Tanto n a súa casa como na
miña! Sempre que a miña nai non está na
casa aproveita para poñerse a varrer, fregar...
En resumo, debémoslles ás mulleres todo,
pola axuda e os privilexios que nos dan día
a día.
TIAGO BARCIA ROUCO
33. AVOA
Filla de labregos, muller de mariñeiro. Do
campo para a cociña, da cociña para o campo.
Limpar, coser, sementar, cociñar… e ademais
criar dous netos e un fillo a destempo. Capaz de
revirarme a cara cando o merecía ou darme
bicos infinitos cando tamén o necesitaba.
Sentado nas súas pernas o medo esvaecíase.
Muller de moita fe e poucas misas, non tiña
grandes ambicións máis alá de ser boa persoa.
Aprendeu a ler e escribir “xuntando letras do
periódico”, como ela di. Sempre quixo conducir,
pero só atopou atrancos e nunca o chegou nin a
intentar.
Mesmo arranxaba unha porta como ía co gando
para o monte, incansable, sen un mal xesto ou
unha mala palabra. Nunca pediu nada a
cambio, só que foxe boa persoa, sen máis.
Falo dela en pasado, porque esa muller forte,
que aínda segue cos seus labores, converteuse
nunha persoa paciente e sabia coa que me gusta
pasar polo menos algo de tempo unha vez por
semana. Sei que non vou poder agradecerlle o
suficiente todo o ben que me ten feito, pero polo
menos, quero que saiba que nunca vai estar soa.
Grazas avoa por todo…
ANTONIO MARCOS FREIRE
34. MULLER IMPORTANTE
Eu vou falar da miña tía Ainhoa que
faleceu xa fai 3 anos e foi unha cociñeira
moi importante e estivo traballando nun
restaurante de 3 estrelas Michelín en
Mónaco durante bastantes anos. Ela viña
aquí a Galicia practicamente todos os veráns
durante un par de semanas. Falaba moi ben
varios idiomas, aparte de galego e castelán, o
francés e o italiano, e sempre me contaba
como lle preparaba a comida a famosos
condutores de rally. E hasta me dixo que lle
fixo de comer ao Príncipe e a Princesa de
Mónaco no seu momento.
Foi unha persoa moi valente: ir a un país
novo a prender o idioma e buscar traballo
de cociñeira aí co nivel que se require nun
país como Mónaco, e sen ter a ningún
familiar vivindo alí. É máis, con toda a súa
familia aquí en Galicia.
Desgraciadamente faleceu nun accidente de
tráfico no 2019, pero a lo menos tiven sorte
de pasar bo tempo con ela, a pesar do seu
traballo en Mónaco. E para min é un
exemplo de superación todo ao que chegou, e
a felicidade que transmitía estar con ela a
pesar de vela dúas semanas ao ano.
MIGUEL DÍAZ
35. PARA TODAS AS MULLERES
TRABALLADORAS
Na idade de miña avoa as mulleres tiñan
que atender a casa, os fillos, maridos, o
campo e tamén había mulleres que
traballaban fora para traer diñeiro a casa.
Elas para min son as que teñen toda a miña
admiración e respecto.
Elas non tiñan nos seus tempos os adiantos
que temos nós agora. Elas non tiñan
lavadoras, lavalouzas e escobas eléctricas, etc.
Elas lavaban no río a roupa frotando na
pedra, logo ían para casa a limpala, atender
aos fillos, que non é como agora. Elas, a
marioría, tiñan máis de catro fillos,
imaxina o que é iso.
Algunhas ata traballaban na ribeira, outras
nas fábricas e ían para casa e facían os
traballos da casa, o campo e por riba, se
tiñas animais, tiñas que atendelos. Case toda
a xente tiña animais para poder comer. O
campo era un traballo moi duro, plantabas
moitas cousas, pero o mal tempo facía que a
colleita fora mala.
Todo o que facían esas mulleres era unha
barbaridade, eran un fenómeno e nunca se
queixaban. Para todas esas mulleres un
gran aplauso.
LIDIA
36. VIRTUOSA GARCÍA
Naceu en Moaña en 1893, era a máis vella de
7 irmáns e dende ben pequena axudaba a súa
nai a coidar dos seus irmáns pequenos.
Ós quince anos xa traballaba ó xornal para
axudar á economía familiar, pouco despois
coñeceu a Antonio co que casaría pouco
despois de cumprir os 19 anos. Aínda que el
non quería que seguira traballando,ela non
quixo ser unha muller das que quedaban na
casa. Tiveron 6 fillos, catro mulleres e dou
homes. Cando o pequeno aínda non cumprira
o seu primeiro ano, Antonio morreu na
canteira aplastado por unha pedra, e ela
quedou soa cos 6 nenos pequenos.Por aquela
época non se cobraba paga de viúva e ela
traballaba todo o día para sacar ós seus fillos
adiante. Cando non había faena no xornal,
mercáballe ós mariñeiros unha patela de
peixe e ía camiñando ata Pontevedra para
vendelo; tamén camiñaba ata Pastoriza ou
Santomé e alí mercaba froita que despois
vendía en Meira ós veciños. Outras veces
mercaba tabaco e despois vendíalle ós
mariñeiros os cigarros soltos; limpaba casas.
Coidaba nenos… Todo o que fixera falta para
que non faltara nada na casa. Cando
traballaba ó xornal, as veces pagábanlle con
moedas e outras veces con leite, fariña,
azúcar…
37. Anos despois coñeceu a un home co que tivo
unha filla. A comezos desa relación os seus
sogros non querían que estivera con ninguén
e facíanlle a vida imposible, ata o punto de
denunciala para que lle quitaran ós nenos
do seu fillo difunto, e que llos levaran para
un orfanato, cousa que non conseguiron
grazas a familia dela que lle axudou moito
cos nenos para que non estiveran sos mentres
ela traballaba. Un día, nunha discusión coa
sogra díxolle que o día que morrera ía
esperar a que pasar o cadaleito pola
carretera, e que ela ía estar no portal vestida
de vermello, e así o fixo cando chegou o día.
Os seu netos recordan a Virtuosa como unha
nai, que sempre miraba por eles, alta,
delgada e cunha pañoleta na cabeza, que os
levaba con ela ó monte e a praia a buscar
paus para botarlle á cociña de ferro , tamén
sempre un sorriso na cara e contáballes
historias antigas que sempre os facían rir.
Virtuosa tivo 31 netos, morreu en 1975, moi
contenta, dicía ela, por morrer despois de
Franco. Foi unha persoa moi querida por
familiares e veciños, que a admiraban polo
traballadora que era e por non perder nunca
o sentido do humor e saber tirar para
adiante aínda cando a vida se lle puxo
complicada.
REBECA VIEITEZ MATEO
38. Unha muller Valente e loitadora.
A historia moitas veces céntrase en recordar so
as mulleres que deixaron pegada na
humanidade.
E recordando as palabras dunha profesora que
tiven, Doña Maribel : “ A historia facémola
todos en cada segundo da noso vida”.
Por elo unha muller a ter en conta e a miña
nai, o seu nome é Teresa N.F.
Unha muller que para ollos profanos que so
mirarían de ela unha portada desgastada e
envellecida, pero para quen somos agraciados
coa sua compañía , recibimos riquezas
incalculables de sabiduría e un exemplo de
valentía e esforzo ante as dificultades da vida.
Miña mai que quedándose soa, con tres
rapaciños ás súas costas, tivo que facer das
súas fraquezas e sentimentos a un lado para
volcarse de cheo na súa proxenie. Moitas veces
negándose a si mesma polo ben noso. Traballar
de sol a sol, con o dor no seu carazón por
deixar soos a uns meniños, moitas foron as
veces que marchaba con bágoas nos seus ollos ,
para traballar coidando outras familias para
conseguir o pan.
Entre tantos sacrificios intentou ser nai e pai o
mesmo tempo, añadindo en ela unha sobre
carga emocional que so ela templa na sua
mente e na fragua do seu corazón.
39. Ela ten poder para influir en aqueles que a
coñezan . En nos deixou grabado nos nosos
corazóns unha ley máxima que é o de cuidar
da familia ,un deber sagrado que nestes tempos
, moitos están olvidando.
Tamén enseñounos o respeto polo traballo
aplicándonos a o máximo, e a priorizar as
cousas máis importantes. Ensino tamen
igualdade desde ben cativos, por exemplo que
os traballos do cuidado e orden da casa non
teñen xenero, limpar os baños, fregar o chan,
limpar a louza, facer de comer, lavar a
roupa e demáis queaceres. .. sendo adultos
entendemos que foi para o noso ben ,¡ e que
ben nos vino!
Sorprendome, que agora, de que moitos rapaces
e rapazas non saben valerse eles sos.
Ela contibruiu no noso crecemento como as
persoas que hoxe somos, a o deixar que foramos
tomando as nosas propias decisions , pero coa
sua capacidade de ver mais ala otorgada polos
anos de experiencia , sempre darnos un
consello acertado , que moitas veces descubría
co paso do tempo o acertada que estaba e
noutras veces sentir na pel os batacazos por non
habela escoitado. Ainda agora ,créendo ser
adulto, de ela recibo perlas de sabiduría.
En palabra de un veciño e amigo da familia, e
coñecedor da odisea: “ A ela si que había que
facerlle un monumento”.
C.T.M.N 4º E.S.O.A.
40. Nome: Fatima
Naceu en: novembro 1971
Onde naceu: Aourir Agadir
Estudiou:: 3º Preparatoria
En que traballou : en casa
o seu traballo é especial
Vive en : Marrocos
اإلسم
:
فاطمة
اإلزدياد تاريخ
:
٢١/١١/١٩٧١
اإلزدياد مكان
:
أگادير أورير
الدراسي المستوى
:
إعدادي الثالتة
العمل
:
المنزل في عملها لكن تعمل ال
مميز
في تعيش
:
المغرب
بثمن تقدر ال ألنها الحياة في قدوتي أمي اعتبر
،
بصبرها تتميز الجميل
ش كل و أختي و صديقتي هي بل فقط امي أعتبرها ال الكثير فيها اتعلم
يئ
طبخها اعشق المفظلة طباختي فاطمة الحياة هذه في.
Considero a miña nai o meu modelo a
seguir na vida. Ela é inestimable pola
súa fermosa paciencia. Considéroa non só
miña nai, senon que é a miña amiga,
miña irmá e de todo nesta vida. Aprendo
moito con ela.
Fátima é a miña cociñeira favorita
e encántalle cociñar.
Yasmina
41. Este 8 de marzo síntoo diferente.
Sinto mágoa na voz, na miña voz de persoa,
de ser humano, na miña voz de muller, na
que pensa que a auténtica igualdade non
coñece de sexos, nin de razas, nin de
títulos, nin cartos.
Voz con mágoa e aínda así chea de
sentimento demandante de
igualdade, libertade e paz.
Paz, libertade e igualdade, tres palabras tan
fermosas e tan lonxe aínda da
realidade, máis se es muller, máis
dependendo de onde naceras.
Este 8 de marzo,
hai guerra en Ucrania.
Lembro aquelas velliñas
que tiven por veciñas.
Mulleres de mar e campo.
Mulleres das rías galegas.
42. Mulleres que viviron dúas guerras e mais a
nosa, a que aínda doe como doen as feridas mal
curadas. Naceron nos anos da guerra civil e na
posguerra, nos anos da fame e da represión
fascista.
Mulleres sen máis dereitos que os que lle
quixera dar un home. Mulleres que loitaban
pola vida o mellor que podían, o mellor que
sabían.
Este 8 de marzo non esquezo a ningunha das
mulleres; as que loitaron e loitan polos dereitos
de todas, as que traballaron e traballan día e
noite "e non fan nada", as que non deixaron
nin deixan ser donas de si, ás que lles negaron
e negan o seu valor.
Por todas elas e por todas vós, por todos os que
alzan a voz para reclamar igualdade e rexeitar
todo abuso, todo maltrato e toda a inxustiza
contra muller .
Feliz dia internacional da muller!
Mari Carmen Martínez Varela