A CastañA

1,189 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
1,189
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
383
Actions
Shares
0
Downloads
13
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

A CastañA

  1. 1. A CASTAÑA
  2. 2. O CASTIÑEIRO O castiñeiro é moito mais vello que o home. Fai máis de 40 millóns de anos xa había castiñeiros na Terra. En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise estendendo ata ocupar case toda a rexión, converténdose a castaña nun alimento básico. No século XVIII foise estendendo o cultivo da pataca e do millo, dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios: a castaña empezou a quedar en un lugar secundario.
  3. 3. A RECOLLEITA As castañas comezan a caer en setembro, e a recolleita comeza en outubro. Nos soutos cómpre varear as árbores para sacudir os ourizos con varas longas de freixo ou abeleira. Un útil auxiliar importante é o cambo, unha vara grosa cun gancho de ferro que serve para subir á árbore.
  4. 4. A RECOLLEITA Unha vez no chan, recóllense os ourizos con pinzas de madeira moi grandes. As castañas recóllense nunha especie de mandil, e os ourizos colócanse en cestos. Os ourizos lévanse para a casa ou para unhas construcións de pedra circulares, a ouriceira. Os ourizos permanecen na ouriceira un mes, cubertos por fentos e silvas. Despois recollíanse as castañas e secábanse na cociña, para conservalas todo o ano.
  5. 5. AS CASTAÑEIRAS As castañeiras traballaban mentres había castañas frescas. Levaban as castañas en cestas e facían un forno para asalas, cun caldeiro vello cun burato na parte inferior, que se enchía con ladrillos e barro facendo a fornalla. Por riba ía o enreixado para que non caese o carbón vexetal co que se acendía. Na parte superior poñíase a tixola de lata para as castañas.
  6. 6. AS CASTAÑEIRAS As castañeiras instalábanse nun portal ou nun recanto, encendendo o lume facendo ar co abano. Ían moxetando as castallas coa navalla, para que non estouren. Poñían as castañas na tixola, ao lume, sacudíndoas de vez en cando para que non queimasen e recibiran o calor por un igual. As castañeiras van desaparecendo, sendo substituídas por un armazón en forma de locomotora.
  7. 7. O MAGOSTO O Magosto é unha festa tradicional, unha merenda-cea que se celebra no mes de novembro, arredor do San Martiño. Despois de comer camíñase cara o monte coa familia e amigos, buscando un lugar axeitado para facer lume. Cantando e gozando búscanse pica, fentos frescos, piñas ou palla para prender o lume.
  8. 8. O MAGOSTO Cando o lume se apaga, amoréanse as brasas, poñéndoas nunha lata con buratos por riba dunha grella. Váiselle dando voltas cun pau de madeira ata que as castañas estean ben asadas. Mentres se asan as castañas, os demais participantes fan cucuruchos de papel. Cómense as castañas, xógase, báilase, cántase, cóntanse contos... e emborrállanse uns a outros.

×