Mesego E Zoo

2,525 views

Published on

Published in: Education, Technology
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
2,525
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1,189
Actions
Shares
0
Downloads
5
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide




















  • Mesego E Zoo

    1. 1. MESEGO E ZOO Por: David Castro Pazos e Aitor Campos Ramos (3ºA curso 2009-2010)
    2. 2. 1.- Introdución: situación, xeografía, poboación …  Mesego e Zoo atópanse nunha meseta, a uns 405 m. de altitude, situada ó leste da vila de Cuntis, a uns 4,5 km. da súa capital, tendo tamén lindeiros co concello de A Estrada, de cuxa capital a aldea de Zoo está máis ou menos á mesma distancia que de Cuntis.  A súa poboación actual é de 88 habitantes, repartidos en 30 casas habitadas permanentemente (tamén hai 10 casas que se habitan de vez en cando –vacacións ou fins de semana- e outras cinco casas abandonadas) todas elas distribuidas nas seis pequenas aldeas que forman o lugar: O Folgoso (que é a que está a maior altitude), Foxacos (a máis baixa), O Chico (que acolle a capela e a escola), A Retorta, Zoo e Mesego, que lle dá o nome ó conxunto e que se divide en Quinteiro de Abaixo e Quinteiro de Arriba.
    3. 3. 2.- Patrimonio cultural e artístico: a capela  A capela de San Ramón, ou para outros de Santa Apolonia, está situada no lugar do Chico. Data de finais do século XIX e foi restaurada sobre as pedras doutra anterior, baixo a advocación de Santa Ana.  Nela celébrase unha misa semanal, un mes os sábados pola tarde e outro mes os domingos pola mañá.  En Mesego hai dous patróns: San Ramón e Santa Apolonia. O día de San Ramón celébrase o 20 de agosto, e nesta festa antigamente tíñase a tradición de ir de romaría. A de Santa Apolonia é, sin embargo, a festa con máis éxito, celebrándose o luns de carnaval, facéndose concursos de disfraces (tanta xente vai, que cada hora suben neste día dende Cuntis autobuses con xente para Mesego).  O interior, aínda que reducido, está ben aproveitado e dispón dunhas imaxes de santos de gran calidade, destacando a da virxe que, como indica nunha placa na súa base, foi feita por Elisardo Pego, veciño de Mesego.
    4. 4. 3.- Arquitectura popular -FONTES: de esquerda a dereita e de arriba abaixo vemos a fonte do Campo, que está sendo rehabilitada na actualidade e que está en Mesego, no Quinteiro de Arriba; a fonte de Zoo, que foi arranxada hai uns anos e a fonte da igrexa, que na antigüedade era o único punto de abastecemento de auga para as casas do Chico, e que segundo os veciños, non secou nuca. É unha fonte que está diante da capela e data da mesma época. As outras dúas fontes son máis novas, datando da época franquista, como se pode ver nos escudos da Falanxe que teñen esculpidos nelas.
    5. 5. - PONTES: o río de Mesego, máis abaixo coñecido como o da Patela, e despois o do Cuartel (xa en Cuntis) xa que toma o nome dos sitios polos que vai pasando, procede da unión de dous regatos, que se xuntan pouco antes da ponte que se ve na foto superior. E s t a p o n t e , c u n a r c o s e m i c i r c u l a r, f o i posteiorrmente ampliada, como se ve no ollo da dereita, xa recto e de formigón. Un pouco máis arriba dela e tamén un pouco máis abaixo hai outras dúas pontes máis, pero que son máis novas e feitas de formigón, completamente rectas e sen interese arquitectónico. Ambas foron construídas hai unv 25 anos co fin de cruzar o río nas novas pistas que se foron abrindo. Non é o caso da ponte da foto inferior, que é moito máis antiga, e está composta simplemente por unha laxe de pedra atravesando a auga. Por ela pasaban os de Zoo para ir a Mesego e viceversa. Detrás desta segunda ponte pode verse un muíño de auga, dos que hai algúns máis, que se empregaban para moer o gran (basicamente millo) aproveitando a forza da corrente. Hoxe en díaestán completamente en desuso, e algúns incluso en situación de abandono.
    6. 6. - CRUCEIROS: á dereita vese o cruceiro da Fenteira, no lugar do Chico, que se ben está ó carón da estrada e sen ningún peche que o limite, é en realidade unha propiedade privada. - O da foto superior, coñecido como a Cruz de Cucos, está situado fóra dos núcleos de poboación, na estrada que baixa a Castrolandín e despois a Cuntis. Coincide cun punto que é vértice entre os montes de Castrolandín, Campo, Zoo e Mesego, pero esa non é a súa función. Parece ser que antigamente existía unha ruta coñecida como a da Santa Compaña, marcada por varios cruceiros que determinaban unha liña que cruzaba Mesego de oeste a leste; desta ruta só se conserva esta Cruz de Cucos, que marcaría o punto máis occidental da mesma.
    7. 7. Hórreos: Un elemento da arquitectura popular moi abundante en Mesego e Zoo é o hórreo. A súa función era servir de almacén para o gran que se colleitaba e as aberturas nas súas paredes deixaban pasar o aire, permitindo que o seu contido se secara. Como en tantas outras aldeas de Galicia, en Mesego hai moitos, se ben a maioría son como os da foto da esquerda, fotografados en Foxacos: teñen o cerramento exterior de taboas de madeira ou de ladrillo perforado. Son os mais abundantes pero tamén os menos apreciados polo seu valor arquitec- tónico. Sen embargo, son moito máis valorados casos como o da foto da dereita, un hórreo situado na aldea do Folgoso, e que está completamente realizado en pedra.
    8. 8. 4.- Patrimonio natural.  FLORA.- En Mesego e Zoo pódense atopar exemplos moi bonitos do bosque autóctono de Galicia, moi ben conservados e con relativa abundancia. Como se pode ver nas dúas imaxes da dereita, neste tipo de bosque domina a árbore de folla caduca, sobre todo o carballo, acompañado por castiñeiros e outras especies como a pereira brava. Tamén se poden atopar acivros ou salgueiros. Este tipo de bosque destaca pola súa espesura e polo ben que se nota nel o paso das estacións, xa que en cada unha o aspecto é moi distinto (cae a folla no outono, está como aletargado no inverno, retoma a vida con todo o seu verdor na primavera e acada o seu esplendor no verán, cando as súas copas dan sombra e fresco). Del, ademais, a xente saca diversos aproveitamentos (non só madeira, senón tamén as landras dos carballos ou as castañas no outono).
    9. 9.  AS LAGOAS DE ZOO.- Son dúas lagoas que están situadas arriba da aldea de Zoo, que quedaron no medio dos aeroxeradores que instalaron alí recentemente. Ningunha delas é moi grande, aínda que a súa extensión depende moito da estación do ano e do réxime de choivas. Así, no verán, a máis pequena (foto da dereita) ás veces chega a secar. Se se acerca un ata elas pola mañá cedo, e doado atoparse con bestas bebendo nelas. Hoxe en día están rodeadas por piñeiros e eucaliptos, estando ademais a grande (foto da esquerda) pegada á unha pista de terra pola que se circula perfectamente en coche, co cal é doado de atopar. A outra está moi preto dela, cara o sur. A lagoa pequena é máis difícil de atopar, ó non estar xusto ó lado da estrada, como se pode apreciar no caso da grande.
    10. 10.  RÍOS.- A parte de regueiros menores, sen un caudal permanente, por Mesego cruza un río en dirección norleste-suroeste. En realidade trátase de dous regueiros, un que vén de Zoo e outro de Mesego, que se xuntan antes da Ponte (hai varias, pero coñécese como A Ponte á máis antiga delas).  Este río, como tantos outros de escasa entidade, non ten un nome concreto, senón que vai tomando o nome daqueles sitios polos que vai pasando. Aquí é río de Mesego, despois entra en Castrolandín como o río de Cadabuxo, despois da Patela, do Cuartel (xa en Cuntis) etc…. A forza da súa auga foi aproveitada para moer mediante muíños e os veciños din que tampouco escaseaban neles as troitas.
    11. 11.  ÁRBORES SENLLEIRAS.- Aínda que hai unha ampla variedade de especies de árbores, sen ter en conta piñeiros e eucaliptos que máis ben son cultivos que outra cousa, destacan pola súa presenza algúns castiñeiros e carballos que hai á beira da estrada que leva ó Folgoso. Sen embargo, a árbore que nos pareceu máis destacable é a sobreira da foto inferior, que está no alto de Foxacos, onde empeza o camiño que conduce cara o cumio do Castro Sevil. Trátase dunha árbore centenaria (os veciños non saben precisar máis) e polo que se ve no seu tronco, ténselle sacado a cortiza. Non é unha especie doada de atopar neste entorno (en realidade é unha especie propia do clima mediterráneo, pero tamén se dá en Galicia) e menos con este tamaño. Está no alto dun prado, o que fai que resulte máis impoñente.
    12. 12. 5.- As casas que máis nos gustan e a que menos Arriba, as casas que máis nos gustaron, xa que están construídas con materiais propios da zona, ou, polo menos, con materias non alleos ó noso entorno. Ademáis, non presentan cores estridentes nin formas que non encaixen no entorno. Pola contra, intégranse nel perfectamente, e incluso coas casas que as rodean, tamén de pedra. Ó contrario, a casa de abaixo chama demasiado a atención cando a ves, aínda a pesar de non ter fortes cores, pero a súa fachada de cemento e a estrutura tipo bloque, xunto coa súa altura e a tella de cemento (non do país como nas anteriores) fan que pareza que non está no seu sitio e que non encaixa co que a rodea, rompendo a paisaxe.
    13. 13. 6.- Actividades económicas. Como complemento ós ingresos que proceden do traballo realizado fóra de Mesego (na industria ou nos servicios nas vilas e cidades da redonda), dánse en Mesego e Zoo unha serie de actividades económicas complementarias, a maior ou menor escala, que se relatan a continuación e que aportan outros ingresos ós seus habitantes.  A AGRICULTURA: presente en tódalas aldeas de Galicia, tamén se dá en Mesego e Zoo. Os cultivos maioritarios son os normais da zona na que vivimos, é dicir, patacas, millo, trigo en menor medida e tamén os produtos da horta (tomates, leitugas, coles, etc…). O grao de mecanización é importante, xa que practicamente tódalas casas dispoñen de maquinaria para levar a cabo estas labores (tractores de maior ou menor tamaño, segadoras, sulfatadoras para as viñas, etc…). Agás algún caso (coma o de algún veciño que vende a fariña de millo na feira de Padrón), o que se produce é para autoconsumo ou para alimentar os animais (vacas, porcos, galiñas, coellos e tamén poldros). Na foto superior pode verse unha parte dunha horta en Foxacos, con coles e plantas de millo. Ó fondo aprécianse os pastos para o gando.  A APICULTURA: aínda que a unha escala moi inferior, tamén se dá, e non é raro atoparse as colmeas cando se pasea polo lugar. Neste caso, sí que é maior a proporción da produción que se destina á venta. Foto inferior, en Foxacos.  APROVEITAMENTO FORESTAL.- Case todo o monte en Zoo e Mesego está composto por propiedades, e cada veciño vende a madeira pola súa conta. Tan só unha pequena parte é de propiedade común e se fai a venta en conxunto e se reparten os beneficios entre todos.
    14. 14. -A GANDERÍA.- Ten moita presencia en Mesego. Os rebaños de vacas e ouvellas pódense ver con facilidade polos moitos prados que se reparten entre as aldeas. Boa parte do leite de vaca véndese, habendo tanques de frío para almacenalo ata que é recollido polos camións cisterna que o conducen ás factorías que o procesan. No monte críanse bestas, pero tamén encontramos a cría de poldros nalgunhas granxas, como a da foto inferior esquerda, no Quinteiro de Arriba (Mesego). Simultaneamente, dáse a cría doutros animais de granxa, con aproveitamento basicamente para o autoconsumo, como os porcos, as galiñas ou, nalgúns casos, os coellos.
    15. 15. A HOSTALERÍA: Este sector en Mesego estaba representado polas tabernas que alí funcionaban. Chegou a haber ata tres, se ben nunca foron máis de dúas á vez. Na foto superior pódese ver a casa que albergaba a “Taberna de Couso”, situada xusto enfronte da capela. É a máis antiga e cerrou hai xa moitos anos. Pouco máis abaixo, sobre uns 50 metros volvendo cara Mesego, estaba a “Taberna do Ruzo”, que ce-rrou aproximadamente no ano 1990, e que chegou a funcionar uns anos xunto coa terceira, a “Taberna de Cortes”, que estaba na casa que se ve na foto inferior. Este establecemento pechou sobre o ano 2000 e estaba situado en Mesego.
    16. 16. OUTRAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS.- Cabe destacar, a parte das actividades citadas, outras dúas, por desenvolverse en Mesego e Zoo. - - A canteira, xa cerrada, que estaba situada chegando a Zoo (foto superior) e que funcionou durante uns cinco anos, aínda que xa leva uns 15 cerrada. Hoxe en día poden verse os montes de terra amontoada así como os ocos feitos no chan para extraer os áridos (cheos de auga). - - Por outro lado, un parque eólico, formado por tres aeroxeradores de 78 m. de altura e 86 m. de diámetro dos rotores. Cada un ten unha potencia de 2 MW. Un cae no monte do veciño Arcos, e outros dous no de Zoo e Mesego. Os veciños en cuxos terreos se sitúan, perciben 0,26 € por m2 e ano pola ocupación. Foto dereita.
    17. 17. 7.- Talleres de oficios artesanais.  Aínda que foron desaparecendo, nas aldeas acostumaba haber talleres de artesáns, normalmente relacionados coa agricultura e a gandería, como, por exemplo, a forxa dun ferreiro . Este non é o caso de Mesego, onde, sen embargo, atopamos un artesán máis ben estrano pola actividade que realiza: trátase dun tallista, don Elisardo Pego Pego. A súa historia dá para escribir moito, e volvemos un pouco a ela na última diapositiva. En canto a súa actividade, basta con dicir que foi o primeiro da súa promoción cando rematou de estudar a súa arte en Santiago, no ano 1958, e que ten obras repartidas en coleccións particulares por moitos sitios. Por exemplo, é o autor do busto de Roberto Blanco Torres que está no parque da Feira, en Cuntis. Aínda que está xubilado segue facendo traballos no taller que ten nun alto da súa casa, no Chico (foto superior esquerda) e tanto na igrexa de Cuntis como na capela de Mesego hai obras súas. Na foto da dereita pódese ver unha figura de San Blas, obra na que, ós poucos, está a traballar na actualidade.
    18. 18. 8.- Lugares de encontro A parte de xuntarse noutros sitios (como antes nas tabernas ou dende sempre na capela, aínda que neste caso para algo moi concreto), os veciños de Mesego e Zoo teñen como local social o edificio da antiga escola (foto superior) situada no Chico. Cando funcionaba como escola, para o que foi fundada no ano 1956, era unha escola mixta, se ben os rapaces entraban por unha porta e as rapazas por outra. A parte da esquerda, máis baixa, era a vivenda do mestre. Xa hai anos que non funciona, e na actualidade estanse facendo obras de acondicionamento nela, se ben a súa función como local social e sitio de reunión dos veciños para os temas que teñen que tratar, si a cumpre.
    19. 19. 9.- Un personaxe. Pola actividade que realiza e pola relevancia da labor que ten realizado, pareceunos moi destacable a figura de Elisardo Pego Pego. Este artista foi o primeiro da súa promoción no Mestre Mateo, escola de arte de Santiago, no ano 1958. Despois pasou 30 anos no País de Gales, onde traballou na hostalería, pero tamén coa súa arte. Máis tarde, xa xubilado, volveu as súas orixes. As súas obras están en coleccións particulares de Galicia e tamén de fóra (como en Gran Bretaña). É o autor do busto de Blanco Torres que está no parque da Feira, en Cuntis, ou da virxe que se ve na foto da dereita, na capela de Mesego, ou doutras imaxes, como a da Virxe de Fátima ou o Cristo do altar maior, que están na igrexa de Cuntis.
    20. 20. 10.- Un curruncho preferido Tanto Mesego, como Zoo, O Chico, O Folgoso, A Retorta ou Foxacos teñen moitos lugares de grande beleza. As carballeiras, as beiras dos ríos, as fontes ou os prados ofrecen ducias de recantos merecedores de pasar un intre neles apreciando a súa beleza. Pola amplitude e a limpeza da vista que ofrece, escollemos o recuncho que se reflicte nesta foto: unha vista dos prados que hai á marxe dereita da estrada que sube cara O Folgoso. Pero hai moitos máis.

    ×