Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

O conto do apalpador

6,819 views

Published on

Traducción ao galego normativo de "O Conto do Apalpador" de Lúa Sende e Alexandre Miguens da Editorial

Published in: Education
• Sex in your area is here: ♥♥♥ http://bit.ly/2Qu6Caa ♥♥♥
Reply
Are you sure you want to  Yes  No
Your message goes here
• Dating direct: ❶❶❶ http://bit.ly/2Qu6Caa ❶❶❶
Reply
Are you sure you want to  Yes  No
Your message goes here

O conto do apalpador

1. 2. O Conto do Apalpador

Autores: Lúa Sende e Alexandre Miguéns

Ilustrador: Leandro Lamas

Contos para Miúdos

Ediç õe s da Galiza/ A Fenda Editorial

Traducción ao galego normativo: C.E.I.P. Víctor Saénz

2. 3. É unha fría mañá de inverno, e a pequena Inés e o seu cadeliño Rulo pasean polo bosque. Esta todo nevado e o vento e o frío coanse polas roupas. O frío entra nos ósos e fai tremer os dentes. Xa hai días que acabaron as clases na escola, e Inés e o seu cadeliño Rulo andan á procura de algunha cousa de proveito ou que poidan levar á boca. - Au, au! -ladra Rulo mentres escarva con forza na neve. - Ruliño! Que encontraches? –dille a pequena Inés. E o Ruliño saca orgulloso a cabeza da neve, con unha poliña de árbore entre os dentes. - Érache boa!!! Con iso non imos facer moito lume!
3. 4. Pero, como isto é mellor que nada, e tampouco quere decepcionar a Ruliño, mete a poliña no peto e acariñao nas costas. Cando o Ruliño encontra algunha cousa que considera útil, dalle ao rabo e anda todo fachendoso mirando a Inés, e ela, para compensalo, pasalle a man pola cabeza. Ás veces encontran cousas, como herbas para facer infusións, tubérculos, grosellas, etc. Despois, como sempre, deixan o que recolleron na despensa, ás escondidas, para que ninguén se decate de que andan a abastecer a despensa co o que poden. Pero, esta vez, Inés anda moi preocupada, porque de alí a unhs días chega o Nadal e hai pouca cousa na casa para comer. Tentando non pensar moito en iso, Inés pon a roupa vella que lle serve de pixama, métese na cama debaixo dun manto groso de mantas de lá, e adormece.
4. 6. O que, nin Inés nin o Ruliño sospeitan nos seus paseos, é que as súas camiñatas polo bosque son observadas por uns seres pequeniños que todo o ven: as trasnas e os trasnos do bosque. Estes seres travesos, pillabáns e brincallóns como son, seguen, entre divertidos e curiosos, os paseos dos dous amigos, e ás veces colocan algún regalo para eles; outras veces, engañaos fancendolles crer o que non é. Pero, aínda que de vez en cando fagan estas brincadeiras ao Ruliño e á pequena Inés, e mesmo que poidan parecer uns malandros despreocupados, os trasnos teñen un traballo moi importante de facer durante todo o ano. Vixían aos rapaces e raparigas para ver cuales se portan ben e cuales non, para contarllo despois a un gran amigo deles, que vive de facer carbón o ano enteiro nas montañas. Ese amigo chámase Apalpador.
5. 8. O Apalpador é un carboeiro grandón, bonachón e distraído que vive nas montañas de Galicia. Fai carbón, come ovos que apaña dos niños dos paxaros e mel que recolle das colmeas das abellas, e tamén bebe bo viño, convidando sempre aos seus amigos, os trasnos, a doces que lle gusta facer na súa casa dos cumes nevados. Alá pasa o ano todo traballando e cando convida aos seus amigos brincallóns, eles remexen sen malicia nas súas cousas, escondenlle ferramentas ou móvenlle as pantuflas, o pixama ou o chapeu de sítio. Todos os anos, ao chegar o frio no outono, o Apalpador lémbrase de que ten que ir preparándose para o Nadal e comeza a apañar as castañas que encontra na montaña.
6. 10.

Pero, este ano o Apalpador distraerase, entretido como andaba a facer carbón.

Aínda que os seus pequenos amigos están preto del para lembrarlle as cousas importantes:

-Apalpador! Que ven o Nadal e non vas conseguir apañar castañas dabondo!

-Ai, miña naiciña, esquecérame! Uf, uf uf! Ai, que non me vai dar tempo!

Entón, agarra o saco e sae a correr cos calcetíns cambiados e coa camisa mal amañada para a montaña, a apañar tantas castañas como pode, aínda que sempre deixe unhas cuantas no chan para que delas poidan medrar castiñeiros novos nos anos vindeiros.

Despois, volta canso para a casa e queda dormido ata o día seguinte. Se non fose pola axuda dos tranos e das trasnas, que tamén colaboran, non sería quen de apañar tantas castañas como necesita.

7. 12. Na aldeiña, mentres tanto, xa falta pouco para a noite de Nadal e na casa da pequena Inés todo o mundo anda preocupado: non hai moita comida e a nai e o pai fan de tripas corazón para pór algunha cousa na ola, para poderen cociñar algo e ter así algunha cousa para cear. O día seguinte é Nadal. Inés axuda no que pode: pon a mesa mentres o Ruliño anda a brincar co avó, dando voltas ao seu redor ou a sentarse aos sus pés para quentarllos. Despois van cear en silencio, repartindo a comida que a nai e o pai conseguiran xuntar, pero aínda así quedan cun pouquiño de fame e van durmir.
8. 13. Á tardiña, o Apalpador, que traballara todo o día cocendo e empaquetando castañas, e tamén a tallar figuras e xoguetes en madeira, quedara adormecido baixo dunha árbore, e os trasnos teñen que ir lembrarlle: -Apalpador! Apalpador! Que hoxe é a cena de Nadal e tés que baixar ás vilas e ás aldeas para repartir as castañas que apañamos. O Apalpador lembrase de repente: - Uf, uf!! É verdade, teño que poñer os zapatos deseguida, coller o saco e descender ata os vales; senón,non me vai dar tempo a chegar a todas as casas!
9. 15. E alá vai o Apalpador. Pon os calcetíns do revés, calza dous zapatos diferentes, viste mal o abrigo e, pon ás costas o saco de castañas cociñadas e xoguetes de madeira, sae a correr da casa cando xa é noite pechada. Os tranos acompañano todos contentos, cantando e alumeándolle o camiño con lanternas, dicíndolle onde se encontran as persoas, as raparigas e os rapaces que se portaron ben durante o ano. E van cantando polo camiño: Por aquela cemba, xa ven relumbrando o señor Apalpador para darvos o aquinaldo.
10. 17.

Indícanlle as casas e o nome dos meniños e meniñas que viven nelas:

Aquí vive Lucía, con seu irmán Paulo!

Aquí Isabel, Brais e Antón.

E alá Manuel, Minia e Felipe.

E entre tanto, os trasnos van cantando:

Vaite lougo meu meniño,

marcha agora para a camiña,

que vai vir o Apalpador

a apalparche a barriguiña.

11. 19.

E o Apalpador entra nas casas por onde mellor pode, a través das xanelas, da cheminea ou da porta, achegándose aos meniños que están a dormir. Entón, apálpalles a barriga e, se están cheichos, dilles:

- Así, así esteas todo o ano.

Déixalles ao lado unha presadiña de castañas cocidas como regalo e, dándolles un bico na testa, desexalles un bo ano vindeiro.

E os trasnos cantan alegres esta outra cantiga:

Mañá é día de cachela,

que haberá gran nevarada

e virá o Apalpador

cunha mega de castañas.

12. 21.

Por fin, chegan á casa de Inesiña:

Apalpador, ahí vive a pequena Inés, que é unha rapariga moi boa e moi traballadora, que axuda moito na casa dos seus pais, estuda moito na escola e coida do avó, que é velliño.

O Apalpador entra caladamente na casa e visita primeiro o cuarto dos pais. Tamén ve ao avó durmir na cama, mentres que busca o cuarto de Inesiña.

Finalmente encóntraa co seu amigo Ruliño, durmindo na camiña de follas. Os dentes de Inesiña tremen de frío e o Apalpador mira para ela preocupado.

Despois de apalparlle a modiño a barriga para ver se comera, mira para o ceo, e mete a man no saco...

13. 23.

Ao día seguinte...

- Ding-dong, ding-dong!

Xa é o día de Nadal e soan os campanas! A pequena Inés e o Ruliño espertan e.. Sorpresa! Aos pés da cama, Inés bate cun saco enorme de castañas cocidas!

Saen correndo para o cuarto dos pais. Inés vai berrando:

- Papá, mamá, alguén me deixou un saco grandísimo de castañas!

Os pais espertan e tampouco poden crer o que ven: ao lado da súa cama hai un bonito vestido para a nai, e uns zapatos novos para o pai, que tamén falta lle facían.

Contentos, dan bicos á Inesiña e agariman ao Ruliño, e van contar ao avó o que aconteceu, pero ... o avó, tamén ten cousas que contar: está sentado na cama e sorrí cunha fermosa bufanda feita a man para pór ao pescozo e non se constipar!

-Foi o Apalpador quen nos trouxo todos estes presentes- dilles sorrindo o avó.

14. 25. Ao final, levántanse e van para a lareira, onde o lume quenta un pote cheiro de caldo quentiño. A despensa está chea de leña, patacas, berzas e garavanzos para pasar o inverno ata que chegue a primavera, cando se poderá volver a plantar as leiras outra vez. E todos e todas cantan e danzan agradecendo ao Apalpador os presentes recibidos.
15. 27. Entre tanto o Apalpador, derreado, durme mentres facendo un gran ruido, vestido con gorra e todo, encima da herba, despois de visitar todas as casas de todos os rapaces e raparigas durante a noite. E os trasnos e as trasnas, mentres tanto, andan a xogar con el, facendolle cóxegas no naríz con unhas herbiñas...