SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
GUIMAREI: A MIÑA ALDEA




GUIMAREI: A MIÑA ALDEA



                     Olalla Pego (3ºB)
GUIMAREI: VISTA DA ALDEA
                           A aldea de Guimarei está
                           formada por pouco máis de
                           20 casas e a maioría teñen
                           xardín. No núcleo da aldea
                           hai unhas 10 casas e as
                           outras están nos arredores.
                           En Guimarei hai uns 50
                           habitantes e entre eles hai 11
                           nenos.
                           Ten un río e tres carballeiras.
                           O    monte     ten     grandes
                           dimensións,        20,       22
                           hectáreas. As zonas onde
                           están as veigas chámanlle O
                           Portameis e A Corredoira. Os
                           animais que máis abundan
                           son as cabras é os cabalos.
                           Esta fotografía está sacada
                           desde a igrexa da parroquia,
                           de San Mamede.
O MUIÑO
          O muíño de Guimarei está
          situado      no    río    dos
          Albariños.
          Antes as vellas facían a
          fariña de trigo e de millo
          porque antes non había
          muíños nas casas.
          Como se pode ver na imaxe
          está rodeado de silveiras,
          toxos... Esta maleza creceu
          porque a xente deixouno de
          utilizar hai uns 35 anos.
          O muíño ten paredes feitas
          de pedra grosa e o tellado
          tamén é de pedra, pero
          recuberto de carriza e
          outras plantas. Ten unhas
          dimensións que rondan os
          5 metros cadrados
A CARBALLEIRA DOS ALBARIÑOS
                              A carballeira dos Albariños
                              está á beira do río do
                              mesmo nome.
                              Nesta carballeira os veciños
                              fan churrascadas, polo que
                              o presidente do monte de
                              Guimarei e os veciños están
                              pensando en poñer mesas e
                              bancos de pedra. É un sitio
                              moi tranquilo que visita
                              moita xente.
                              Como se pode ver é unha
                              carballeira grande, na que
                              sempre dá a sombra pola
                              gran cantidade de carballos
                              que hai, e non hai árbores
                              de máis especies nas
                              proximidades do río.
                              Ocupa unha extensión de
                              entre 1.500 e 2.000 metros
                              cadrados.
O RÍO DOS ALBARIÑOS
                      O río de Guimarei chámase
                      río dos Albariños. O nome
                      vén pola antiga ponte que
                      había no río e que se
                      derrubou coas choivas e
                      temporais. Antigamente os
                      veciños cruzaban pola ponte
                      para ir a Cuntis, así acurtaban
                      o camiño.
                      Ten      un    muíño,      unha
                      carballeira e antes tiña unha
                      lagoa que agora se xuntou co
                      río. Os rapaces da aldea
                      vanse bañar alí e colgaron
                      unha corda para tirarse á
                      auga. A auga sempre esta
                      conxelada, tanto no inverno
                      coma no verán, xa que
                      sempre lle dá a sombra.
AS OUTRAS CARBALLEIRAS
                         Na carballeira da foto
                         pequena é onde os
                         veciños botan a pacer as
                         ovellas e cabuxas.
                         A da fotografía grande é
                         onde estaba antes o
                         parque      infantil  de
                         Guimarei, pero a madeira
                         podreceu      sacaron  o
                         parque e quedou só a
                         carballeira. Agora temos
                         alí un dos casetos, o
                         máis antigo de Guimarei,
                         pois en realidade temos
                         dous.
                         Nestas dúas carballeiras
                         hai moitas landras. É
                         unha zona sombría e de
                         moita tranquilidade.
O TRABALLO NO CAMPO   Como se pode contemplar
                      na imaxe, este é un dos
                      moitos traballos que se fan
                      no campo: esfollar no millo.
                      Nesta imaxe non se ven as
                      persoas porque están no
                      medio dos pavóns.
                      Para estes traballos do
                      campo      úsanse   moitas
                      ferramentas,          como
                      forcadas, arados, sachas,
                      angazos… A xente axúdase
                      de maquinaria coma os
                      tractores, que facilitan o
                      traballo.
                      Na fotografía están usando
                      un tractor para coller as
                      espigas. Na aldea moita
                      xente dedícase a traballos
                      no campo, e ademais de
                      agricultura hai veciños que
                      se dedican á gandaría.
O CENTRO DA ALDEA
                    Este é o centro da aldea. A
                    maioría das casas están moi
                    pegadas e non teñen moito
                    espazo para cubertos nos
                    que gardar os produtos
                    agrarios.    No   centro  de
                    Guimarei hai tres pistas que
                    van dar ó mesmo sitio.
                    As casas son de pedra, de
                    dous andares e con hortas,
                    aínda que hai algunhas
                    excepcións. Teñen tellados a
                    dúas augas e case todas son
                    de tella, salvo dúas que son
                    de lousa.
                    É unha zona menos tranquila
                    ca das aforas da aldea. En
                    xeral, é onde se reúne a
                    maioría da poboación e as
                    persoas máis novas da aldea
                    reúnense nos arredores.
AS CASAS MÁIS AFASTADAS
                          Estas son as dúas casas
                          que están máis lonxe do
                          centro de Guimarei.
                          Á casa da fotografía máis
                          pequena chámanlle “as
                          presas” e é por onde se
                          vai ó río. É a única casa
                          da zona e está ó lado do
                          monte.
                          A     casa     da    outra
                          fotografía tamén está
                          alonxada da aldea, case
                          na entrada de Guimarei.
                          O    lugar    onde    está
                          construída chámase a
                          “barrela”. A casa está
                          rodeada polo monte e
                          pola parte de atrás ten
                          unha toxeira chea de
                          eucaliptos e piñeiros.
                          Tamén está soa no lugar
                          e as pistas que arrodean
                          a casa son de terra.
A PRAZA DA ALDEA   Esta é a praza da aldea, alí
                   reúnense os vellos e as
                   vellas para falar, e ás
                   veces, algúns rapaces para
                   xogar, aínda que como
                   agora hai menos rapaces
                   pequenos están alí poucas
                   veces.
                   Antigamente, cando as
                   vellas da aldea tiñan vacas,
                   deixaban o leite alí para
                   que llo levara o leiteiro
                   cando pasaba.
                   O         presidente      da
                   comunidade de montes de
                   Guimarei e os veciños
                   están       planificando   a
                   construción dunha fonte,
                   pois non hai ningunha en
                   toda a aldea e este sería un
                   bo sitio.
                   A praza está rodeada de
                   casas e ten tres pistas que
                   van dar a ela.
A IGREXA PARROQUIAL DE SAN
MAMEDE DE PIÑEIRO
                             A igrexa da parroquia de San
                             Mamede de Piñeiro, xa é moi
                             antiga e ten o cemiterio
                             arredor dela, aínda que fai
                             sete ou oito anos fixeron un
                             novo.
                             Ó lugar onde está chámanlle
                             a aldea da igrexa. Está nun
                             sitio elevado e pódense ver
                             todas as aldeas da zona:
                             Guimarei, Toucedo, Velai…
                             Á igrexa é onde van os
                             veciños de todas as aldeas
                             da parroquia, polo que é
                             grande. O párroco chámase
                             Don Manuel Canaval, que
                             tamen      é    o    doutras
                             parroquias.
A CASA QUE MENOS ME GUSTA
                            A casa que menos me
                            gusta é a que se ve na
                            fotografía. As razóns son
                            que está en ruinas, por
                            exemplo, a porta da casa
                            ten un burato bastante
                            grande , e ten un cuberto ó
                            que lle caeu todo o tellado.
                            Aínda así esta habitada.
                            Sen embargo, o interior da
                            casa está ben coidado. O
                            que debería ser o xardín
                            está cheo de silveiras e ten
                            unhas árbores bastante
                            antigas. A parede da casa
                            ten carriza seca e outras
                            herbas. Pola parte de atrás
                            da casa está todo cheo de
                            silveiras e non se ven as
                            fiestras.
                            O concello vaille dar unha
                            subvención ó dono para
                            arranxala.
A CASA QUE MÁIS ME GUSTA
                           Esta é a casa que máis
                           me gusta. Está rodeada
                           por un muro e ten unha
                           caixa de pedra para as
                           cartas e o pan. Ésta feita
                           de pedra e o tellado de
                           tella. Ten dous pórticos,
                           un pola parte dianteira e
                           outro pola traseira. Ten
                           moitas ventás e para
                           chegar á entrada hai que
                           cruzar dúas pontes, pois
                           por debaixo ten un río
                           artificial. Ten un xardín
                           moi grande e pola parte
                           de atrás ten un lago,
                           tamén artificial, con ras e
                           patos e un parque para os
                           rapaces.
                           A casa ten dous andares
                           e no soto ten unha
                           piscina climatizada e un
                           ximnasio.

More Related Content

Viewers also liked (8)

O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 
Vanesa Trasponte
Vanesa TrasponteVanesa Trasponte
Vanesa Trasponte
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
Gontade
GontadeGontade
Gontade
 
A ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURAA ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURA
 

More from Heladio Anxo Fernández (20)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 

Guimarei

  • 1. GUIMAREI: A MIÑA ALDEA GUIMAREI: A MIÑA ALDEA Olalla Pego (3ºB)
  • 2. GUIMAREI: VISTA DA ALDEA A aldea de Guimarei está formada por pouco máis de 20 casas e a maioría teñen xardín. No núcleo da aldea hai unhas 10 casas e as outras están nos arredores. En Guimarei hai uns 50 habitantes e entre eles hai 11 nenos. Ten un río e tres carballeiras. O monte ten grandes dimensións, 20, 22 hectáreas. As zonas onde están as veigas chámanlle O Portameis e A Corredoira. Os animais que máis abundan son as cabras é os cabalos. Esta fotografía está sacada desde a igrexa da parroquia, de San Mamede.
  • 3. O MUIÑO O muíño de Guimarei está situado no río dos Albariños. Antes as vellas facían a fariña de trigo e de millo porque antes non había muíños nas casas. Como se pode ver na imaxe está rodeado de silveiras, toxos... Esta maleza creceu porque a xente deixouno de utilizar hai uns 35 anos. O muíño ten paredes feitas de pedra grosa e o tellado tamén é de pedra, pero recuberto de carriza e outras plantas. Ten unhas dimensións que rondan os 5 metros cadrados
  • 4. A CARBALLEIRA DOS ALBARIÑOS A carballeira dos Albariños está á beira do río do mesmo nome. Nesta carballeira os veciños fan churrascadas, polo que o presidente do monte de Guimarei e os veciños están pensando en poñer mesas e bancos de pedra. É un sitio moi tranquilo que visita moita xente. Como se pode ver é unha carballeira grande, na que sempre dá a sombra pola gran cantidade de carballos que hai, e non hai árbores de máis especies nas proximidades do río. Ocupa unha extensión de entre 1.500 e 2.000 metros cadrados.
  • 5. O RÍO DOS ALBARIÑOS O río de Guimarei chámase río dos Albariños. O nome vén pola antiga ponte que había no río e que se derrubou coas choivas e temporais. Antigamente os veciños cruzaban pola ponte para ir a Cuntis, así acurtaban o camiño. Ten un muíño, unha carballeira e antes tiña unha lagoa que agora se xuntou co río. Os rapaces da aldea vanse bañar alí e colgaron unha corda para tirarse á auga. A auga sempre esta conxelada, tanto no inverno coma no verán, xa que sempre lle dá a sombra.
  • 6. AS OUTRAS CARBALLEIRAS Na carballeira da foto pequena é onde os veciños botan a pacer as ovellas e cabuxas. A da fotografía grande é onde estaba antes o parque infantil de Guimarei, pero a madeira podreceu sacaron o parque e quedou só a carballeira. Agora temos alí un dos casetos, o máis antigo de Guimarei, pois en realidade temos dous. Nestas dúas carballeiras hai moitas landras. É unha zona sombría e de moita tranquilidade.
  • 7. O TRABALLO NO CAMPO Como se pode contemplar na imaxe, este é un dos moitos traballos que se fan no campo: esfollar no millo. Nesta imaxe non se ven as persoas porque están no medio dos pavóns. Para estes traballos do campo úsanse moitas ferramentas, como forcadas, arados, sachas, angazos… A xente axúdase de maquinaria coma os tractores, que facilitan o traballo. Na fotografía están usando un tractor para coller as espigas. Na aldea moita xente dedícase a traballos no campo, e ademais de agricultura hai veciños que se dedican á gandaría.
  • 8. O CENTRO DA ALDEA Este é o centro da aldea. A maioría das casas están moi pegadas e non teñen moito espazo para cubertos nos que gardar os produtos agrarios. No centro de Guimarei hai tres pistas que van dar ó mesmo sitio. As casas son de pedra, de dous andares e con hortas, aínda que hai algunhas excepcións. Teñen tellados a dúas augas e case todas son de tella, salvo dúas que son de lousa. É unha zona menos tranquila ca das aforas da aldea. En xeral, é onde se reúne a maioría da poboación e as persoas máis novas da aldea reúnense nos arredores.
  • 9. AS CASAS MÁIS AFASTADAS Estas son as dúas casas que están máis lonxe do centro de Guimarei. Á casa da fotografía máis pequena chámanlle “as presas” e é por onde se vai ó río. É a única casa da zona e está ó lado do monte. A casa da outra fotografía tamén está alonxada da aldea, case na entrada de Guimarei. O lugar onde está construída chámase a “barrela”. A casa está rodeada polo monte e pola parte de atrás ten unha toxeira chea de eucaliptos e piñeiros. Tamén está soa no lugar e as pistas que arrodean a casa son de terra.
  • 10. A PRAZA DA ALDEA Esta é a praza da aldea, alí reúnense os vellos e as vellas para falar, e ás veces, algúns rapaces para xogar, aínda que como agora hai menos rapaces pequenos están alí poucas veces. Antigamente, cando as vellas da aldea tiñan vacas, deixaban o leite alí para que llo levara o leiteiro cando pasaba. O presidente da comunidade de montes de Guimarei e os veciños están planificando a construción dunha fonte, pois non hai ningunha en toda a aldea e este sería un bo sitio. A praza está rodeada de casas e ten tres pistas que van dar a ela.
  • 11. A IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE PIÑEIRO A igrexa da parroquia de San Mamede de Piñeiro, xa é moi antiga e ten o cemiterio arredor dela, aínda que fai sete ou oito anos fixeron un novo. Ó lugar onde está chámanlle a aldea da igrexa. Está nun sitio elevado e pódense ver todas as aldeas da zona: Guimarei, Toucedo, Velai… Á igrexa é onde van os veciños de todas as aldeas da parroquia, polo que é grande. O párroco chámase Don Manuel Canaval, que tamen é o doutras parroquias.
  • 12. A CASA QUE MENOS ME GUSTA A casa que menos me gusta é a que se ve na fotografía. As razóns son que está en ruinas, por exemplo, a porta da casa ten un burato bastante grande , e ten un cuberto ó que lle caeu todo o tellado. Aínda así esta habitada. Sen embargo, o interior da casa está ben coidado. O que debería ser o xardín está cheo de silveiras e ten unhas árbores bastante antigas. A parede da casa ten carriza seca e outras herbas. Pola parte de atrás da casa está todo cheo de silveiras e non se ven as fiestras. O concello vaille dar unha subvención ó dono para arranxala.
  • 13. A CASA QUE MÁIS ME GUSTA Esta é a casa que máis me gusta. Está rodeada por un muro e ten unha caixa de pedra para as cartas e o pan. Ésta feita de pedra e o tellado de tella. Ten dous pórticos, un pola parte dianteira e outro pola traseira. Ten moitas ventás e para chegar á entrada hai que cruzar dúas pontes, pois por debaixo ten un río artificial. Ten un xardín moi grande e pola parte de atrás ten un lago, tamén artificial, con ras e patos e un parque para os rapaces. A casa ten dous andares e no soto ten unha piscina climatizada e un ximnasio.