Castañas 
O Magosto
Castañas de Galicia 
• A denominación Castaña de Galicia 
resérvase aos froitos obtidos a partir 
dos cultivares autóctonos galegos do 
castiñeiro europeo (Castanea sativa, 
Mill) destinados ao consumo humano e 
comercializado en fresco ou 
conxelado. 
• Localización: o ámbito espacial da 
indicación xeográfica protexida 
comprende o territorio galego que se 
atopa delimitado ao oeste pola Dorsal 
Central Galega e pola Serra do Xistral 
no norte.
Souto de Valguaire (Ribeira Sacra) 
con castaños milenarios
• A zona de 
cultivo e 
recolección 
abrangue: 
• Provincia da 
Coruña: a Terra 
de Melide e os 
concellos de 
Arzúa e 
Boimorto. 
• Toda a 
provincia de 
Lugo (a 
excepción da 
Mariña) 
• A totalidade da 
provincia de 
Ourense. 
• Provincia de 
Pontevedra: 
comarcas do 
Deza e de 
Tabeirós-Terra 
de Montes, os 
concellos de 
Cotobade, A 
Lama e Campo 
Lameiro e 
Cuntis
Castañas de Galicia 
• Características: 
• Pericarpio fino, de cor marrón clara e 
brillante. 
• Epispermo (membrana) fino que 
penetra lixeiramente na semente e que 
se separa facilmente ao pelar a 
castaña. 
• Sabor doce e textura firme non 
fariñenta. 
• Humidade: unha vez colleitado, o 
froito terá entre o 50 e 60% de 
humidade.
Souto de Valguaire (Ribeira Sacra) 
con castaños milenarios
Castañas 
na ouriceira
O magosto 
• Realizábase tradicionalmente o 1º de 
novembro, día de Tódolos Santos, se ben en 
Ourense, por maduraren máis tarde as 
castañas atrasouse ata o día 11, san Mariño. 
Na actualidade celébrase en calquera data 
comprendida entre a segunda quincena de 
outubro e a primeira de novembro, 
converténdose na festa de outono por 
excelencia, e incorpóranse diversos 
alimentos, coma chourizos e outros produtos 
elaborados nas matanzas do porco 
coincidentes con estas datas.
O magosto 
• Celebrábase tradicionalmente nun 
claro do mesmo souto, comezando a 
primeira hora da tarde coa recollida de 
leña e castañas. Facíase unha ou 
varias fogueiras con paus e frouma 
para conseguir brasas dabondo para 
asar as castañas; outras veces era na 
eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na 
cociña da casa e os mozos na rúa. Era 
costume que as mozas trouxeran as 
castañas e os mozos o viño, noutros 
casos os mozos achegaban todo e as 
mozas ían convidadas.
O magosto 
• Aínda que había que picar (ou sinalar) 
as castañas antes de botalas nas 
brasas, non faltaba quen botaba 
algunha enteira, para que estoupase na 
cara de quen as andaba a remexer, 
cousa que os participantes celebraban 
lanzando aturuxos. Por fin, no remate 
da festa, os máis rapaces xogaban a 
tisnarse coas mans cheas de feluxe 
mentres que mozos e adultos 
cantaban, bailaban e saltaban a 
fogueira.
Souto de Valguaire (Ribeira Sacra) 
con castaños milenarios
O magosto 
orixes 
• Existen varias teorías para explicar a 
etimoloxía da palabra. Hai quen a fai 
vir do latín magnus ustus, gran 
fogueira, dentro dos cultos do lume 
que, como a noite de san Xoán, 
marcaban o paso das estacións; outros, 
de magnus, que signficaría ou ben 
magno, grande ou ben mago, maxia; e 
outros do celta mag, campo ou magon 
(grande luz).
O magosto 
orixes 
• En calquera caso existe coincidencia 
en considerar os magostos como unha 
festa de orixe pagá, relacionada coa 
fecundidade e o folclore do lume que 
marca o paso dos ciclos agrícolas, a 
modo de simbolismo de peche do ciclo 
solar. Como aconteceu con outras 
festividades pagás, terminou sendo 
cristianizada asociándoa ós Santos e 
Defuntos ou a San Mariño de Tours.
Refraneiro e cantigas 
•As castñas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro 
•Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño 
•Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín 
viño 
•Fiate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á 
cara 
•Polo san Mariño, castañas e viño. 
•Se o mes de agosto ben claro, bo magosto e bo nabo; se 
vén nubrado poucas castañas e nabos furados. 
•Acabáronse as vendimas/ e veñen as esfolladas/ para 
comer coas mozas/ catro castañas asadas. 
•Non chas quero, non chas quero/ castañas do teu 
magosto/ non chas quero, non chas quero/ que me 
cheiran ó chamosco.

O magosto. a castaña en Galiza

  • 1.
  • 2.
    Castañas de Galicia • A denominación Castaña de Galicia resérvase aos froitos obtidos a partir dos cultivares autóctonos galegos do castiñeiro europeo (Castanea sativa, Mill) destinados ao consumo humano e comercializado en fresco ou conxelado. • Localización: o ámbito espacial da indicación xeográfica protexida comprende o territorio galego que se atopa delimitado ao oeste pola Dorsal Central Galega e pola Serra do Xistral no norte.
  • 3.
    Souto de Valguaire(Ribeira Sacra) con castaños milenarios
  • 4.
    • A zonade cultivo e recolección abrangue: • Provincia da Coruña: a Terra de Melide e os concellos de Arzúa e Boimorto. • Toda a provincia de Lugo (a excepción da Mariña) • A totalidade da provincia de Ourense. • Provincia de Pontevedra: comarcas do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes, os concellos de Cotobade, A Lama e Campo Lameiro e Cuntis
  • 5.
    Castañas de Galicia • Características: • Pericarpio fino, de cor marrón clara e brillante. • Epispermo (membrana) fino que penetra lixeiramente na semente e que se separa facilmente ao pelar a castaña. • Sabor doce e textura firme non fariñenta. • Humidade: unha vez colleitado, o froito terá entre o 50 e 60% de humidade.
  • 6.
    Souto de Valguaire(Ribeira Sacra) con castaños milenarios
  • 7.
  • 8.
    O magosto •Realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas atrasouse ata o día 11, san Mariño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa de outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas.
  • 10.
    O magosto •Celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño, noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas.
  • 12.
    O magosto •Aínda que había que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban, bailaban e saltaban a fogueira.
  • 13.
    Souto de Valguaire(Ribeira Sacra) con castaños milenarios
  • 14.
    O magosto orixes • Existen varias teorías para explicar a etimoloxía da palabra. Hai quen a fai vir do latín magnus ustus, gran fogueira, dentro dos cultos do lume que, como a noite de san Xoán, marcaban o paso das estacións; outros, de magnus, que signficaría ou ben magno, grande ou ben mago, maxia; e outros do celta mag, campo ou magon (grande luz).
  • 16.
    O magosto orixes • En calquera caso existe coincidencia en considerar os magostos como unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás, terminou sendo cristianizada asociándoa ós Santos e Defuntos ou a San Mariño de Tours.
  • 18.
    Refraneiro e cantigas •As castñas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro •Castañas, noces e viño fan a ledicia de San Martiño •Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño •Fiate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara •Polo san Mariño, castañas e viño. •Se o mes de agosto ben claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado poucas castañas e nabos furados. •Acabáronse as vendimas/ e veñen as esfolladas/ para comer coas mozas/ catro castañas asadas. •Non chas quero, non chas quero/ castañas do teu magosto/ non chas quero, non chas quero/ que me cheiran ó chamosco.