SlideShare a Scribd company logo
1 of 22
!"#$%&'"(&()$($*)$(
                          +",-).&/0)$1

HISTORIAS
 DE VIDA
as nosas avoas
  Curso 2008-09, 4º da ESO
     D. Aurelio, Cuntis

Mercedes, Pura, María, Consuelo



                                  !
                                      !"#$%&'#'(%)*')'*+,'-$.$%)'*%/'-"012'(%#1-%3%
                                      *1.'*%.1%45%$-'"6
A miña avoa
                                  Mercedes naceu en
                                  1928, no seo dunha
                                  familia pobre, con
                                  cinco irmáns, dous                              !
                                                                                      !"#$%&'#'(%)*')'*+,'-$.$%)'*%/'-"012'(%#1-%3%
                                                                                      *1.'*%.1%45%$-'"6 naceu o 3 de
                                                                                         Consuelo
                                  rapaces e catro         Miña avoa Pura naceu o
                                  rapazas contándoa       30 de setembro de 1941,       xaneiro de 1930 en
                                  a ela, sendo ela a      en Troáns.                    Gontade. Era a segunda de
                                  máis pequena.           Seus pais eran José, que      seis irmáns, pero tres deles
María naceu en Arcos de                                   era de Saiar e María, que     xa morreron
                                  Seus            pais
Arriba o 3 de febreiro de 1935.   chamábanse              se criou en Troáns pero
Filla de José Sueiro e Piedad     Manuel e Isolina.       que nacera en Arxentina.
Casais, e irmá de outros sete,    Ela non chegou a        Tiña nove irmáns, cinco
catro homes e tres mulleres       coñecer a seu pai,      máis grandes ca ela e
criouse na casa que fixeran       pois morreu cando       tres que naceron
seus pais en Arcos de Arriba,     ela tiña tres anos.     despois.
na parroquia de Arcos de
                                  Segundo as súas
Furcos. Na súa casa vivía
                                  propias palabras, a
tamén a avoa.
                                  súa infancia foi moi
                                  dura, pois apenas
                                  foi ó colexio, e tivo
                                  que traballar dende
                                  pequena.
A ESCOLA
•   O horario era de 10 a 13 horas pola mañá e de 15 a 17
    horas pola tarde.


•   “A educación que recibiamos era moi escasa. O único
    que nos ensinaban era o máis básico: sumar, restar,
    multiplicar e dividir, ademais de ler e escribir”


•   “Tiña un único libro de texto para todo e un só mestre
    para 6 cursos distintos”. Só había un libro con cinco
    materias: xeografía, xeometría, aritmética, historia e
    gramática.


•   Ao rematar os graos elemental e medio, para seguir
    estudando había que ir a Santiago. O máis normal era
    comezar a traballar.


•   Non había cartos para seguir os estudos e facía falta
    traballar na casa.
A ESCOLA
•   Na escola comezaban con seis ou sete anos, pero só ían á
    escola cando non había que traballar na casa.


•   En Magán eran 50 alumnos e un só profesor.


•   “A relación co profesor dependía do día que tivese e do
    comportamento. Se non eras boa ou estaba de malas usaba a
    regra <<para levar aos rapaces ao regho>>”.


•   Xogaban ao pelouro, a pincha, ao escondite, o trompo, a
    corda, etc. Cada xogo tiña unha tempada, na que só se xogaba
    a iso.


•   “Levabamonos moi ben coa mestra, porque para nós ir ao
    Colexio era como ir de festa. Era a ocasión de falar e xogar
    coas compañeiras, xa que ao chegar a casa o traballo aparecía
    inda que fose debaixo das pedras”.


•   “Deixei os estudos con 12 anos e fun aprender a coser polas
    aldeas veciñas e a Cuntis”.
O LECER
•   O domingo pola tarde era cando se podía saír
    a xogar, se non chovía.


•   As rapazas xogaban xuntas á Mariola, a
    Estornela e á Comba. Os rapaces xogaban ao
    fútbol.


•   Consuelo só ía ás festas cos seus pais e de non
    ser así ou querer dar un paseo, tiña que ir
    acompañada das súas irmás ou amigas, non
    podían ser vistas a soas cun mozo.


•   Só en ocasións moi excepcionais, coma o
    Nadal, Entroido ou Pascua, ían ao cine de
    Cuntis.
O LECER
•   Non ían moito ás festas porque tiñan que traballar,
    e moitas veces non tiñan nin que vestir. María di:
    “Só tiñamos un vestido para ir á festas. Ademais o
    día da festa era como outro día calquera. Había
    que facer todas as tarefas cotiás. O único distinto
    era a comida, matábase un carneiro para toda a
    familia. Os que non tiñan carneiro, facían o caldo
    coma o resto dos días”.


•   Para poder ir ás festas había que ‘negociar’ quince
    días antes e portarse moi ben. Ademais “había que
    esta á hora na casa, non coma agora que chegan á
    hora que lles dá a gana”.


•   Os ligues eran poucos e case sempre cun veciño da
    aldea ou das parroquias máis próximas.
    “Xuntabámonos todos para ir e volver da festa, e
    ao regresar algunha parelliña perdíase de vista”
matrimonio e fillos
•   Para casar tiñas que botar uns cantos anos de
    mozos. O matrimonio tiña que ser
    obrigatoriamente pola Igrexa e de “separación
    nada de nada. Aguantábase moito, polo que dirán”.


•   “Tiñamos os fillos que Deus mandara, de catro a
    seis era o máis común, aínda que máis non lle
    estrañaba a ninguén. O raro era quedarse cun só”.


•   María casou con 28 anos e tivo dous fillos. Herdou a
    casa dos seus pais, que é na que vive agora.


•   A unión entre toda a familia era máis forte que
    hoxe. Para calquera traballo poñíanse de acordo,
    como a matanza, que era unha festa.
MATRIMONIO E FILLOS

•   Consuelo casou aos 23 anos, marchou vivir a
    súa casa e “tivo que entrar polo aro”, como di
    ela. Tivo cinco fillos, pero perdeu dous.


•   “Cando un casaba tiña que dicir a doutrina. E
    se non tiñas o permiso dos teus pais o cura
    negábase a casar. Tiñan que ir pais e fillos
    para que puidese haber voda”.


•   Mercedes coñeceu ao seu home nunha festa en
    Magán e só tiveron unha filla.
os traballos
•   Aos 12 anos Mercedes xa estaba traballando ao xornal para
    poder vivir, pagábanlle tres pesetas diarias. Despois de casar,
    en 1955, emigrou á Arxentina, a Buenos Aires. O seu marido
    comezou traballando nunha pizzería, para despois traballar
    con ela como porteiros nun bloque de vivendas. En 1959
    regresaron a Galicia, instalándose na Coruña.


•   María, de rapaza, ía coas vacas. Traballaba cando chegaba da
    escola e non existían os días festivos, porque había que facer
    as cousas da casa e coidar os animais. De maior seguíu
    traballando no campo e na casa: “atendendo aos fillos e ao
    marido”. Non saíu nunca de Galicia.


•   Pura emigrou a Suíza en 1970, deixando os fillos cos avós
    maternos. Alí tivo tres traballos: coidando unha nena de cinco
    anos, e en dous hoteis como axudante de cociña. Estivo oito
    anos en Suíza, o seu home continuou alí uns anos máis.
    Fixeron unha casa e compraron un coche co que gañaran alí.
    Segue traballando na casa e algo nas patacas e no millo,
    ademais de ter añgunhas ovellas e galiñas. Tamén tivo que
    coidar do seu home cando enfermou.
os traballos
•   “Ao saír da escola xa te estaban agardando. As
    máis afortunadas quedaban na casa
    axudando, pero as que tiñan máis necesidade
    tiñan que saír a gañar o xornal, moitas veces
    nas casas máis adiñeiradas”.


•   “Cando formabas unha familia xa tiñas o teu
    propio gando e mentres o home traballaba un
    soldo, a muller completábao co traballo no
    campo”.


•   Consuelo, de nova, traballaba na casa,
    axudando a súa nai. Ela emigrou a Mallorca,
    despois de que xa o fixeran o marido e un
    fillo. Alí traballou de camareira nun hotel ata
    que se xubilou en 1995. Agora aínda fai as
    cousas da casa e coida da horta.
A casa

•   A casa de María era unha casa típica daquela,
    sen luxos. Tiña unha planta baixa onde
    estaban a cociña e as cortes do gando, que
    eran unha parte máis da casa: “como se fosen
    unha habitación máis”. Só tiñan uns poucos
    mobles. No primeiro andar había tres
    habitacións e un comedor. Agora a fachada
    cambiose e as cortes transformáronse no
    comedor.


•   Na casa de Consuelo mercouse a primeira
    televisión de Gontade, haberá xa máis de 40
    anos: “todos os rapaces da aldea viñan aquí
    para vela”
A casa
•   Antes as casas tiñan as cortes e a cociña na
    planta baixa. No primeiro andar a habitación
    principal era o comedor e as habitacións
    tiñan unha cama pegada a parede e unha
    mesiña de noite. Os armarios eran moi
    pequenos.


•   Para ir ao faiado había unhas escaleiras de
    madeira. O cuato de aseo eran moi pequeno,
    cunha palangana para o diario e unha bañeira
    de cinc para cando ías ao médico ou a unha
    festa.


•   Váter era unha palabra que non existía, era o
    cagadeiro, no descanso das escaleiras. Un oco
    pequeniño no que apenas cabías sentado, cun
    burato que daba á corte.
A casa
•   A cociña nun principio era a lareira, e había un forno “no
    que se cocía o pan para toda a semana”.


•   Máis tarde chegou a auga corrente, e tamén a cociña de
    ferro (ou a Orbegozo) que fixeron más fácil a vida. Na
    cociña había un depósito lateral ou ‘calderín’ no que se
    quentaba a auga para a billa. “Fregar os pratos no
    inverno con auga quente era todo un luxo”.


•   Pasou o tempo ata que “o meu home se plantou na casa
    coa cociña de butano e despois veu a televisión”. Tamén
    foron chegando as “marabillas” da neveira e a lavadora.


•   “Para min era imprescindible o muíño eléctrico. Antes o
    muíño quedaba a quilómetros da casa, había que
    agardar quenda e perder o día ou a noite”
A aldea
•   Na aldea de Arcos antes había moita máis
    xente e casas habitadas, que compartían
    valados e eiras.


•   A relación entre os veciños era moi boa,
    “mellor que a que hai agora”, di María. Os
    veciños axudábanse uns aos outros nos
    traballos.


•   Non había estradas, só camiños de terra.


•   Un dos cambios máis importantes, para
    María, foi a chegada da luz eléctrica arredor
    do 1950. Ata daquela as casas alumeábanse
    cun candil ou con velas
A aldea
•   “Cada vez somos menos na aldea e as casas
    péchanse e abandónanse. Aínda non hai tanto
    tempo que nos xuntabamos na carballeira e
    non chegaban os bancos”.


•   A relación cos veciños era moito mellor que
    agora, para facer os traballos e para ir de
    festa ou xogar “xuntabámonos todos os
    veciños”.


•   Pasouse dunhas corredoiras enlamadas a
    camiños de formigón e asfalto, como os que
    fixo a concentración parcelaria.


•   Agora case niguén traballa no campo, aínda
    que a agricultura se mecanizou.
!"#$%
                                         A vida

•   “A relixión rexía as nosas vidas. Desde pequeniña xa che
    ensinaban as oracións e tiñas que ir á misa. Non se che
    podía escapar un pecado, porque levabas unha labazada”.
    Mercedes sabía todo o catecismo desde nena.


•   A relixión era moi importante, “cando era a Coresma a
    xente non comía carne os venres, o que hoxe non se respeta
    na maioría dos casos”. Na Cuaresma a Igrexa quedaba sen
    adornos e os santos tapábanse con panos de cores,
    dependendo de como fose a súa morte: “por exemplo, o
    Santo Cristo cobríase cun pano malva, xa que houbo
    sangue polo medio”.


•   Consuelo di “sempre fun moi relixiosa”. Tiña que saber
    todo o Catecismo de memoria se quería facer a Primeira
    Comuñón. Tiña que facer a confesión en latín. Todos os
    seus fillos foron sancristáns.
A vida

•   Un dos peores momentos da vida de María foi cando
    morreu súa nai de infarto aos 65 anos, pero superouno
    coa axuda da súa familia.


•   Antes morría moita xente sen saber a causa, sobre
    todo mulleres embarazadas ou nenos recén nados. Só
    había unhas poucas vacinas e medicinas. “Cando a nai
    non tiña moito leite completábase a alimentación do
    bebé con leite de vaca rebaixado con auga, que ás
    veces provocaba unhhas diarreas imposibles de
    controlar”.


•   O médico chegaba moitas veces tarde, xa que se
    desprazaba a cabalo e podían coincidir varios
    enfermos de distintos lugares
A vida
•   María non escoitar falar da Sección Femenina,
    “nas aldeas esas cousas non tiñan moita
    importancia”.


•   “Á Sección Femenina só ían as mozas de clase
    media. A nós, como non tiñamos nin tempo, nin
    cartos, aprendíanos a miña nai”.


•   Mercedes sabía que había reunións da Sección
    Femenina, pero ela nunca foi.


•   María ao lugar máis lonxe que viaxou foi a Vigo.


•   As viaxes que se f acían eran obrigados
    (emigración). Non se fixeron viaxes de turismo
    ata que os autobuses e os coches deixaron de ser
    un luxo só para uns poucos. As primeiras viaxes
    facíanse a romarías e santuarios.
A política
•   Os irmáns de Mercedes loitaron na guerra no
    bando de Franco, e un deles foi feito
    prisioneiro na Batalla do Ebro. Ela tivo que
    traballar moito neses anos de criada, aínda
    que só tiña once anos.


•   Mercedes conta que cada vez que Franco
    conquistaba unha localidade e estaban na
    escola, facíanlles ir a Cuntis coa man
    levantada berrando: “España si, Rusia no,
    que Madrid ya se cayó”. Cando chegaban a
    Cuntis, dábanlle un anaco de chocolate e
    volvían berrando: “Viva Franco” e “Viva
    España”.


•   Mercedes pensa que Franco fixo cousas boas e
    malas. Recorda que unha vez o vira indo cara
    o pazo de Meirás cunha morea de motos nas
    que ían uns ‘negros’, todos arredor del.
A política
•   Consuelo di que non lle interesan os temas da
    política. En relación coa Guerra Civil
    mencionou a un veciño: “A Guerra, moi mala.
    Xa o di o Paco”. Ese home tivo que ir á fronte
    con 18 anos.


•   Cando ramatou a Guerra, Consuelo, que só
    tiña nove anos, recorda que seu tío José de
    Ducío, que estivera prisioneiro tres meses,
    apareceu o día do bautizo do seu irmán, Pepe,
    na feira de Caldas, “celebramos unha gran
    festa, o bautizo e o reencontro co meu tío”.


•   Recorda, Consuelo, que ao principio da
    Ditadura non había nada, pero que co tempo
    empezou a haber máis cousas. Parécenlle ben
    a democracia e a Autonomía de Galicia.
A política
•   María non recorda a Guerra Civil, pois era moi pequena.


•   Do franquismo recorda que foi unha época moi difícil
    porque a xente andaba con moito medo, “había que
    facer o que a Guardia Civil mandaba”.


•   María recorda cando tiña que ir a buscar os alimentos
    por racións, levando a cartilla de racionamento para que
    a acuñasen polos alimentos que collías.


•   Coa democracia “empezouse a vivir moito mellor”, pero
    pouco a pouco, pois o franquismo deixou España
    desfeita.


•   A Autonomía de Galicia foi “unha cousa máis que
    aconteceu”, pero ela non se deu moita importancia,
    porque di que nas aldeas esas cousas non eran
    importantes
As Nosas Avoas

More Related Content

What's hot

As mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidaAs mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidasoigca
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avososnososavos
 
Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleresquendadeira
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.Yolanda Castro
 
Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picotaismadeuhia
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOguest530951
 
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E SandraTesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandraosnososavos
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoMaría Fernandez García
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitospaulaif
 
Determinación social maquetado
Determinación social maquetadoDeterminación social maquetado
Determinación social maquetadosatelite1
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)osnososavos
 

What's hot (12)

As mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vidaAs mulleres da nosa vida
As mulleres da nosa vida
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleres
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.
 
Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picota
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E SandraTesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamento
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitos
 
Traballo Galego
Traballo GalegoTraballo Galego
Traballo Galego
 
Determinación social maquetado
Determinación social maquetadoDeterminación social maquetado
Determinación social maquetado
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
 

Viewers also liked (18)

A ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURAA ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURA
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Iª exposición fqf
Iª exposición fqfIª exposición fqf
Iª exposición fqf
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
 
Cequeril
CequerilCequeril
Cequeril
 
Cardecide E Laxos
Cardecide E LaxosCardecide E Laxos
Cardecide E Laxos
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
Gontade
GontadeGontade
Gontade
 
Basisinformationstechnologie I WiSem 2015 / 2016 | 07_Rechnertechnologie III:...
Basisinformationstechnologie I WiSem 2015 / 2016 | 07_Rechnertechnologie III:...Basisinformationstechnologie I WiSem 2015 / 2016 | 07_Rechnertechnologie III:...
Basisinformationstechnologie I WiSem 2015 / 2016 | 07_Rechnertechnologie III:...
 
Reni (februarii)
Reni (februarii)Reni (februarii)
Reni (februarii)
 
Bit SoSem 2014 | Basisinformationstechnologie II - 06: Algorithmen der Bildve...
Bit SoSem 2014 | Basisinformationstechnologie II - 06: Algorithmen der Bildve...Bit SoSem 2014 | Basisinformationstechnologie II - 06: Algorithmen der Bildve...
Bit SoSem 2014 | Basisinformationstechnologie II - 06: Algorithmen der Bildve...
 
Natalia martínez
Natalia martínezNatalia martínez
Natalia martínez
 
Basisinformationstechnologie I WiSem 2015 / 2016 | 00_Organisation
 Basisinformationstechnologie I WiSem 2015 / 2016 | 00_Organisation Basisinformationstechnologie I WiSem 2015 / 2016 | 00_Organisation
Basisinformationstechnologie I WiSem 2015 / 2016 | 00_Organisation
 
Knoten im Netz - Fäden in der Hand
Knoten im Netz - Fäden in der HandKnoten im Netz - Fäden in der Hand
Knoten im Netz - Fäden in der Hand
 
Sistema muscular
Sistema muscularSistema muscular
Sistema muscular
 

Similar to As Nosas Avoas

O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida CorrixidoO Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixidoosnososavos
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Danivicente
 
Entrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzoEntrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzosatelite1
 
Concha blanco
Concha blancoConcha blanco
Concha blancocortinhas
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contosquendadeira
 
GUIAS DE NADAL
GUIAS DE NADALGUIAS DE NADAL
GUIAS DE NADALboello
 
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60satelite1
 
Cen anos non son nada ou si
Cen anos non son nada ou siCen anos non son nada ou si
Cen anos non son nada ou siceeabarcia
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro bibliolois
 
Editado cancioneiro de monfero
Editado cancioneiro de monferoEditado cancioneiro de monfero
Editado cancioneiro de monferosatelite1
 
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta Corujo
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1MAMENABAD
 

Similar to As Nosas Avoas (20)

O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida CorrixidoO Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
 
Alba Silvia
Alba SilviaAlba Silvia
Alba Silvia
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
 
Entrevistas
EntrevistasEntrevistas
Entrevistas
 
Entrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzoEntrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzo
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
Eusonhenrique
EusonhenriqueEusonhenrique
Eusonhenrique
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Concha blanco
Concha blancoConcha blanco
Concha blanco
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contos
 
David ferreiro 3
David ferreiro 3David ferreiro 3
David ferreiro 3
 
GUIAS DE NADAL
GUIAS DE NADALGUIAS DE NADAL
GUIAS DE NADAL
 
Zipi e zape
Zipi e zapeZipi e zape
Zipi e zape
 
Eva
EvaEva
Eva
 
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60
 
Cen anos non son nada ou si
Cen anos non son nada ou siCen anos non son nada ou si
Cen anos non son nada ou si
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Editado cancioneiro de monfero
Editado cancioneiro de monferoEditado cancioneiro de monfero
Editado cancioneiro de monfero
 
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blancovioleta corujo: presentación sobre Concha Blanco
violeta corujo: presentación sobre Concha Blanco
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 

More from Heladio Anxo Fernández (13)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 
CastrolandíN
CastrolandíNCastrolandíN
CastrolandíN
 
Calvos
CalvosCalvos
Calvos
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Guimarei
GuimareiGuimarei
Guimarei
 

As Nosas Avoas

  • 1. !"#$%&'"(&()$($*)$( +",-).&/0)$1 HISTORIAS DE VIDA as nosas avoas Curso 2008-09, 4º da ESO D. Aurelio, Cuntis Mercedes, Pura, María, Consuelo ! !"#$%&'#'(%)*')'*+,'-$.$%)'*%/'-"012'(%#1-%3% *1.'*%.1%45%$-'"6
  • 2. A miña avoa Mercedes naceu en 1928, no seo dunha familia pobre, con cinco irmáns, dous ! !"#$%&'#'(%)*')'*+,'-$.$%)'*%/'-"012'(%#1-%3% *1.'*%.1%45%$-'"6 naceu o 3 de Consuelo rapaces e catro Miña avoa Pura naceu o rapazas contándoa 30 de setembro de 1941, xaneiro de 1930 en a ela, sendo ela a en Troáns. Gontade. Era a segunda de máis pequena. Seus pais eran José, que seis irmáns, pero tres deles María naceu en Arcos de era de Saiar e María, que xa morreron Seus pais Arriba o 3 de febreiro de 1935. chamábanse se criou en Troáns pero Filla de José Sueiro e Piedad Manuel e Isolina. que nacera en Arxentina. Casais, e irmá de outros sete, Ela non chegou a Tiña nove irmáns, cinco catro homes e tres mulleres coñecer a seu pai, máis grandes ca ela e criouse na casa que fixeran pois morreu cando tres que naceron seus pais en Arcos de Arriba, ela tiña tres anos. despois. na parroquia de Arcos de Segundo as súas Furcos. Na súa casa vivía propias palabras, a tamén a avoa. súa infancia foi moi dura, pois apenas foi ó colexio, e tivo que traballar dende pequena.
  • 3. A ESCOLA • O horario era de 10 a 13 horas pola mañá e de 15 a 17 horas pola tarde. • “A educación que recibiamos era moi escasa. O único que nos ensinaban era o máis básico: sumar, restar, multiplicar e dividir, ademais de ler e escribir” • “Tiña un único libro de texto para todo e un só mestre para 6 cursos distintos”. Só había un libro con cinco materias: xeografía, xeometría, aritmética, historia e gramática. • Ao rematar os graos elemental e medio, para seguir estudando había que ir a Santiago. O máis normal era comezar a traballar. • Non había cartos para seguir os estudos e facía falta traballar na casa.
  • 4. A ESCOLA • Na escola comezaban con seis ou sete anos, pero só ían á escola cando non había que traballar na casa. • En Magán eran 50 alumnos e un só profesor. • “A relación co profesor dependía do día que tivese e do comportamento. Se non eras boa ou estaba de malas usaba a regra <<para levar aos rapaces ao regho>>”. • Xogaban ao pelouro, a pincha, ao escondite, o trompo, a corda, etc. Cada xogo tiña unha tempada, na que só se xogaba a iso. • “Levabamonos moi ben coa mestra, porque para nós ir ao Colexio era como ir de festa. Era a ocasión de falar e xogar coas compañeiras, xa que ao chegar a casa o traballo aparecía inda que fose debaixo das pedras”. • “Deixei os estudos con 12 anos e fun aprender a coser polas aldeas veciñas e a Cuntis”.
  • 5. O LECER • O domingo pola tarde era cando se podía saír a xogar, se non chovía. • As rapazas xogaban xuntas á Mariola, a Estornela e á Comba. Os rapaces xogaban ao fútbol. • Consuelo só ía ás festas cos seus pais e de non ser así ou querer dar un paseo, tiña que ir acompañada das súas irmás ou amigas, non podían ser vistas a soas cun mozo. • Só en ocasións moi excepcionais, coma o Nadal, Entroido ou Pascua, ían ao cine de Cuntis.
  • 6. O LECER • Non ían moito ás festas porque tiñan que traballar, e moitas veces non tiñan nin que vestir. María di: “Só tiñamos un vestido para ir á festas. Ademais o día da festa era como outro día calquera. Había que facer todas as tarefas cotiás. O único distinto era a comida, matábase un carneiro para toda a familia. Os que non tiñan carneiro, facían o caldo coma o resto dos días”. • Para poder ir ás festas había que ‘negociar’ quince días antes e portarse moi ben. Ademais “había que esta á hora na casa, non coma agora que chegan á hora que lles dá a gana”. • Os ligues eran poucos e case sempre cun veciño da aldea ou das parroquias máis próximas. “Xuntabámonos todos para ir e volver da festa, e ao regresar algunha parelliña perdíase de vista”
  • 7. matrimonio e fillos • Para casar tiñas que botar uns cantos anos de mozos. O matrimonio tiña que ser obrigatoriamente pola Igrexa e de “separación nada de nada. Aguantábase moito, polo que dirán”. • “Tiñamos os fillos que Deus mandara, de catro a seis era o máis común, aínda que máis non lle estrañaba a ninguén. O raro era quedarse cun só”. • María casou con 28 anos e tivo dous fillos. Herdou a casa dos seus pais, que é na que vive agora. • A unión entre toda a familia era máis forte que hoxe. Para calquera traballo poñíanse de acordo, como a matanza, que era unha festa.
  • 8. MATRIMONIO E FILLOS • Consuelo casou aos 23 anos, marchou vivir a súa casa e “tivo que entrar polo aro”, como di ela. Tivo cinco fillos, pero perdeu dous. • “Cando un casaba tiña que dicir a doutrina. E se non tiñas o permiso dos teus pais o cura negábase a casar. Tiñan que ir pais e fillos para que puidese haber voda”. • Mercedes coñeceu ao seu home nunha festa en Magán e só tiveron unha filla.
  • 9. os traballos • Aos 12 anos Mercedes xa estaba traballando ao xornal para poder vivir, pagábanlle tres pesetas diarias. Despois de casar, en 1955, emigrou á Arxentina, a Buenos Aires. O seu marido comezou traballando nunha pizzería, para despois traballar con ela como porteiros nun bloque de vivendas. En 1959 regresaron a Galicia, instalándose na Coruña. • María, de rapaza, ía coas vacas. Traballaba cando chegaba da escola e non existían os días festivos, porque había que facer as cousas da casa e coidar os animais. De maior seguíu traballando no campo e na casa: “atendendo aos fillos e ao marido”. Non saíu nunca de Galicia. • Pura emigrou a Suíza en 1970, deixando os fillos cos avós maternos. Alí tivo tres traballos: coidando unha nena de cinco anos, e en dous hoteis como axudante de cociña. Estivo oito anos en Suíza, o seu home continuou alí uns anos máis. Fixeron unha casa e compraron un coche co que gañaran alí. Segue traballando na casa e algo nas patacas e no millo, ademais de ter añgunhas ovellas e galiñas. Tamén tivo que coidar do seu home cando enfermou.
  • 10. os traballos • “Ao saír da escola xa te estaban agardando. As máis afortunadas quedaban na casa axudando, pero as que tiñan máis necesidade tiñan que saír a gañar o xornal, moitas veces nas casas máis adiñeiradas”. • “Cando formabas unha familia xa tiñas o teu propio gando e mentres o home traballaba un soldo, a muller completábao co traballo no campo”. • Consuelo, de nova, traballaba na casa, axudando a súa nai. Ela emigrou a Mallorca, despois de que xa o fixeran o marido e un fillo. Alí traballou de camareira nun hotel ata que se xubilou en 1995. Agora aínda fai as cousas da casa e coida da horta.
  • 11. A casa • A casa de María era unha casa típica daquela, sen luxos. Tiña unha planta baixa onde estaban a cociña e as cortes do gando, que eran unha parte máis da casa: “como se fosen unha habitación máis”. Só tiñan uns poucos mobles. No primeiro andar había tres habitacións e un comedor. Agora a fachada cambiose e as cortes transformáronse no comedor. • Na casa de Consuelo mercouse a primeira televisión de Gontade, haberá xa máis de 40 anos: “todos os rapaces da aldea viñan aquí para vela”
  • 12. A casa • Antes as casas tiñan as cortes e a cociña na planta baixa. No primeiro andar a habitación principal era o comedor e as habitacións tiñan unha cama pegada a parede e unha mesiña de noite. Os armarios eran moi pequenos. • Para ir ao faiado había unhas escaleiras de madeira. O cuato de aseo eran moi pequeno, cunha palangana para o diario e unha bañeira de cinc para cando ías ao médico ou a unha festa. • Váter era unha palabra que non existía, era o cagadeiro, no descanso das escaleiras. Un oco pequeniño no que apenas cabías sentado, cun burato que daba á corte.
  • 13. A casa • A cociña nun principio era a lareira, e había un forno “no que se cocía o pan para toda a semana”. • Máis tarde chegou a auga corrente, e tamén a cociña de ferro (ou a Orbegozo) que fixeron más fácil a vida. Na cociña había un depósito lateral ou ‘calderín’ no que se quentaba a auga para a billa. “Fregar os pratos no inverno con auga quente era todo un luxo”. • Pasou o tempo ata que “o meu home se plantou na casa coa cociña de butano e despois veu a televisión”. Tamén foron chegando as “marabillas” da neveira e a lavadora. • “Para min era imprescindible o muíño eléctrico. Antes o muíño quedaba a quilómetros da casa, había que agardar quenda e perder o día ou a noite”
  • 14. A aldea • Na aldea de Arcos antes había moita máis xente e casas habitadas, que compartían valados e eiras. • A relación entre os veciños era moi boa, “mellor que a que hai agora”, di María. Os veciños axudábanse uns aos outros nos traballos. • Non había estradas, só camiños de terra. • Un dos cambios máis importantes, para María, foi a chegada da luz eléctrica arredor do 1950. Ata daquela as casas alumeábanse cun candil ou con velas
  • 15. A aldea • “Cada vez somos menos na aldea e as casas péchanse e abandónanse. Aínda non hai tanto tempo que nos xuntabamos na carballeira e non chegaban os bancos”. • A relación cos veciños era moito mellor que agora, para facer os traballos e para ir de festa ou xogar “xuntabámonos todos os veciños”. • Pasouse dunhas corredoiras enlamadas a camiños de formigón e asfalto, como os que fixo a concentración parcelaria. • Agora case niguén traballa no campo, aínda que a agricultura se mecanizou.
  • 16. !"#$% A vida • “A relixión rexía as nosas vidas. Desde pequeniña xa che ensinaban as oracións e tiñas que ir á misa. Non se che podía escapar un pecado, porque levabas unha labazada”. Mercedes sabía todo o catecismo desde nena. • A relixión era moi importante, “cando era a Coresma a xente non comía carne os venres, o que hoxe non se respeta na maioría dos casos”. Na Cuaresma a Igrexa quedaba sen adornos e os santos tapábanse con panos de cores, dependendo de como fose a súa morte: “por exemplo, o Santo Cristo cobríase cun pano malva, xa que houbo sangue polo medio”. • Consuelo di “sempre fun moi relixiosa”. Tiña que saber todo o Catecismo de memoria se quería facer a Primeira Comuñón. Tiña que facer a confesión en latín. Todos os seus fillos foron sancristáns.
  • 17. A vida • Un dos peores momentos da vida de María foi cando morreu súa nai de infarto aos 65 anos, pero superouno coa axuda da súa familia. • Antes morría moita xente sen saber a causa, sobre todo mulleres embarazadas ou nenos recén nados. Só había unhas poucas vacinas e medicinas. “Cando a nai non tiña moito leite completábase a alimentación do bebé con leite de vaca rebaixado con auga, que ás veces provocaba unhhas diarreas imposibles de controlar”. • O médico chegaba moitas veces tarde, xa que se desprazaba a cabalo e podían coincidir varios enfermos de distintos lugares
  • 18. A vida • María non escoitar falar da Sección Femenina, “nas aldeas esas cousas non tiñan moita importancia”. • “Á Sección Femenina só ían as mozas de clase media. A nós, como non tiñamos nin tempo, nin cartos, aprendíanos a miña nai”. • Mercedes sabía que había reunións da Sección Femenina, pero ela nunca foi. • María ao lugar máis lonxe que viaxou foi a Vigo. • As viaxes que se f acían eran obrigados (emigración). Non se fixeron viaxes de turismo ata que os autobuses e os coches deixaron de ser un luxo só para uns poucos. As primeiras viaxes facíanse a romarías e santuarios.
  • 19. A política • Os irmáns de Mercedes loitaron na guerra no bando de Franco, e un deles foi feito prisioneiro na Batalla do Ebro. Ela tivo que traballar moito neses anos de criada, aínda que só tiña once anos. • Mercedes conta que cada vez que Franco conquistaba unha localidade e estaban na escola, facíanlles ir a Cuntis coa man levantada berrando: “España si, Rusia no, que Madrid ya se cayó”. Cando chegaban a Cuntis, dábanlle un anaco de chocolate e volvían berrando: “Viva Franco” e “Viva España”. • Mercedes pensa que Franco fixo cousas boas e malas. Recorda que unha vez o vira indo cara o pazo de Meirás cunha morea de motos nas que ían uns ‘negros’, todos arredor del.
  • 20. A política • Consuelo di que non lle interesan os temas da política. En relación coa Guerra Civil mencionou a un veciño: “A Guerra, moi mala. Xa o di o Paco”. Ese home tivo que ir á fronte con 18 anos. • Cando ramatou a Guerra, Consuelo, que só tiña nove anos, recorda que seu tío José de Ducío, que estivera prisioneiro tres meses, apareceu o día do bautizo do seu irmán, Pepe, na feira de Caldas, “celebramos unha gran festa, o bautizo e o reencontro co meu tío”. • Recorda, Consuelo, que ao principio da Ditadura non había nada, pero que co tempo empezou a haber máis cousas. Parécenlle ben a democracia e a Autonomía de Galicia.
  • 21. A política • María non recorda a Guerra Civil, pois era moi pequena. • Do franquismo recorda que foi unha época moi difícil porque a xente andaba con moito medo, “había que facer o que a Guardia Civil mandaba”. • María recorda cando tiña que ir a buscar os alimentos por racións, levando a cartilla de racionamento para que a acuñasen polos alimentos que collías. • Coa democracia “empezouse a vivir moito mellor”, pero pouco a pouco, pois o franquismo deixou España desfeita. • A Autonomía de Galicia foi “unha cousa máis que aconteceu”, pero ela non se deu moita importancia, porque di que nas aldeas esas cousas non eran importantes