Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

II República (1931-1936)

1,401 views

Published on

Un resumo dos aspectos políticos fundamentais da II República, acompañados de imaxes da vida cotiá neses anos

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

II República (1931-1936)

  1. 1. A II República (1931-1936)
  2. 2. Antecedentes: Restauración e Ditadura de Primo de Rivera O longo período de réxime liberal da Restauración (1976-1923) rematou coa Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Eran dous réximes ao servizo dos intereses dos poderosos, que monopolizaban o poder e reprimían calquera protesta das clases populares co apoio do Exército e da Igrexa. O intento de volver á Restauración en 1930 foi un fracaso que tamén provocou a caída da Monarquía de Alfonso XIII. Directorio militar con Alfonso XIII e Primo de Rivera
  3. 3. A España de 1930 España tiña uns 23 millóns de habitantes. Máis de 10 millóns non sabían ler nin escribir. O 47% da poboación activa traballaba na agricultura. Case 2 millóns de labregos eran xornaleiros sen terra que se concentraban no sur. Os campesiños galegos sobrevivían en reducidos latifundios. Razbona (Guadalajara). Tomás Camarillo O 20% da poboación activa traballaba nas fábricas, na mineiría e na construción, con soldos insuficientes e horarios excesivos. Os sindicatos (a CNT anarquista e a UGT socialista) tiñan as súas bases nas áreas industriais de Cataluña e o País Vasco, e entre os xornaleiros andaluces. A crise do 29 afectou sobre todo ás clases populares, aumentando moito o desemprego nos anos trinta. Escola do concello da Estrada. Pedro Brey
  4. 4. A proclamación da República (abril de 1931) As forzas republicanas uníronse en agosto de 1930 no chamado Pacto de San Sebastián. En decembro, o intento de pronunciamento militar republicano iniciado en Jaca, fracasou. O 12 de abril celeráronse eleccións municipais, gañando as candidaturas republicanas nas grandes cidades. O 14 de abril o rei abdicou e marchou ao exilio. Proclamouse a República cun enorme entusiasmo popular. O Comité Revolucionario saído do Pacto de San Sebastián tomou o poder, formando un Goberno provisional. Proclamación da República na Porta do Sol. Alfonso
  5. 5. O Bienio Progresista (1931-1933): A Constitución de 1931 O Goberno provisional convocou eleccións en xuño de 1931, que gañaron as esquerdas. Formouse un goberno de coalición entre republicanos de esquerda e socialistas. Elaborouse unha nova Constitución, na que as esquerdas impuxeron a súa maioría parlamentaria. Os artigos máis discutidos foron os relacionados coa organización do territorio (as autonomías), as relacións Igrexa-Estado e o voto das mulleres.
  6. 6. O Bienio Progresista (1931-1933): A Igrexa Na Constitución separouse a Igrexa do Estado, rematando cos privilexios seculares da Igrexa católica: suprimiuse a contribución económica do Estado; prohibiuse que as Ordes relixiosas exerceran o ensino, a industria ou o comercio; secularizáronse os cemiterios; aprobouse a Lei do Divorcio; etc. As esquerdas vían á Igrexa como unha aliada das clases dominantes, e estas fixeron da cuestión relixiosa un Expulsión de España do cardenal Segura (xuño 1931) elemento fundamental da súa oposición á República. A Igrexa apoiou á dereita e serviu en 1936 de coartada ideolóxica ao bando franquista na Guerra Civil.
  7. 7. O Bienio Progresista (1931-1933): as autonomías A existencia de forzas nacionalistas nas tres rexións con lingua propia, con gran apoio en Cataluña (Esquerra Republicana), levou a que na Constitución se recollera a posibilidade de que se aprobasen estatutos e se creanse gobernos autónomos, fronte a unha dereita centralista que os vía coma un atentado á unidade da patria. Cataláns a favor do Estatuto O Estatuto catalán aprobouse en 1932, pero o vasco e o galego non puideron aplicarse polo estalido da Guerra Civil. Campaña contra o Estatuto catalán
  8. 8. O Bienio Progresista (1931-1933): as mulleres Na II República as mulleres viron mellorar como nunca a súa situación xurídica e social. Recoñeceuse a súa igualdade cos homes. Na conquista do sufraxio foi fundamental a loita da deputada Clara Campoamor, fronte a oposición ou indeferenza da maioría dos deputados, mesmo de moitos das esquerdas que pensaban que as mulleres podían ser manipuladas. Conseguiuse a igualdade xurídica cos homes, regulouse o matrimonio civil e o divorcio e equiparouse o dereito á educación e ao traballo. Non sempre sen conseguiu, a pesar da lexislación, romper o machismo sociolóxico, pero todos os avances na igualdade remataron co triunfo do franquismo. Clara Campoamor
  9. 9. O Bienio Progresista (1931-1933): a Educación Impulsouse o ensino público para diminuír o elevado analfabetismo (30%, 40% nas mulleres). Construíronse 5.000 novas escolas cada ano, formándose miles de novos mestres. Tamén se fomentou a creación de bibliotecas ambulantes, das Misións Pedagóxicas (escolas itinerantes) e grupos de teatro como La Barraca, formado por universitarios voluntarios e que promoveu García Lorca. Todas estas medidas contaron coa pechada oposición da Igrexa e da dereita, que as vían como un perigo que atentaba contra o control que tradicionalmente exercían sobre a sociedade. Monicreques das Misións Pedagóxicas en Malpica
  10. 10. O Bienio Progresista (1931-1933): o Exército A depuración dos elementos máis reaccionarios, subordinado o Exército ao poder civil, e a reducción do elevado número de oficiais foron os dous obxectivos principais do Goberno. Sen embargo, os altos oficiais seguiron a ser maioritariamente conservadores e dispostos a intervir na vida política. En agosto de 1932 o xeneral Sanjurjo xa Azaña (xefe do Goberno, con Franco (1932) encabezou un intento de golpe de estado (a sanjurjada) contra as reformas republicanas. Fracasou pero foi o primeiro aviso do que aconteceu en 1936. Sanjurjo, segundo pola esquerda, o 10 de agosto de 1932
  11. 11. O Bienio Progresista (1931-1933): A conflitividade social O Goberno aprobou medidas encamiñadas a mellorar a situación dos traballadores. Pero estas eran insuficientes nun contexto de crise económica cun forte aumento do paro. A reforma agraria non se aprobou ata setembro de 1932 e aplicouse con moita lentitude. A conflitividade social foi en aumento, protagonizada polos sindicatos, sobre todo o anarquista da CNT. Houbo contantes enfrontamentos entre as forzas de orde pública e os Matanza de Casas Viejas traballadores. O de máis sona foi o de Casas Viejas, en Cádiz, onde morreron 23 xornaleiros que participaran nunha ocupación de fincas. A conflitividade provocou a rotura da coalición de goberno e a convocatoria de eleccións en novembro de 1933, nas que participaron por primeira vez as mulleres. Folga en Valencia
  12. 12. O Bienio de Dereitas (1933-1936) Nas eleccións a esquerda sufriu unha importante derrota. O partido máis votado foi a CEDA (Confederación de Dereitas Autónomas) pero, ao non aceptar a República o partido que formou goberno foi o Partido Radical de Lerroux. Neste período paraliráronse as medidas reformistas do primeiro bienio, devolvendo ás clases privilexiadas á posición dominante de que gozaban ata a proclamación da República. Cola para votar nas eleccións de 1933
  13. 13. O Bienio de Dereitas (1933-1936): a revolución de outubro A vida política radicalizouse e a conflitividade social foi en aumento. O PSOE e a UGT decidíronse pola vía revolucionaria, as dereitas contactaron cos nazis e fascistas de Alemaña e Italia e a maioría dos partidos crearon milicias armadas. No verán de 1934 as esquerdas (agás a CNT) uníronse nas Alianzas Obreiras para frear ao fascismo. En outubro Columna de prisioneiros en Asturias iniciaron un movemento revolucionario cando entraron cinco ministros da CEDA no Goberno. A revolución só triunfou en Asturias, onde tamén participaron os anarquistas. Os obreiros controlaron a situación durante dúas semanas, sendo derrotados polas forzas coloniais de Marrocos, baixo a supervisión de Franco. A represión foi moi dura, con 30.000 encarcerados, entre eles o goberno da Generalitat catalá. Goberno da Generalitat preso. Alfonso
  14. 14. A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936) O Goberno de Lerroux caeu por un escándalo de corrupción: o estraperlo. Nas eleccións de febreiro a esquerda acudiu unida na Fronte Popular e venceu por pouca marxe ás dereitas. A política da Fronte Popular (co galego Casares Quiroga como xefe do Goberno) limitouse a acelerar as reformas postas en marcha no primeiro bienio. Cartel da CEDA con Gil Robles Zonas onde gañou a Fronte Popular
  15. 15. A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936): cara a Guerra A dereita non aceptou os resultados das eleccións de febreiro e aceleraron os preparativos para facerse co poder pola forza. A violencia política foi en aumento, con numerosos enfrontamento nas rúas (en cinco meses houbo 269 asasinatos políticos). Tensión nas rúas Os asasinatos do tenente Castillo polos falanxistas e do deputado da dereita, Calvo Sotelo, como vinganza, foron a escusa para que os conspiradores iniciaran o golpe de estado o 17 de xullo na colonia marroquí. Tenente Castillo e Calvo Sotelo
  16. 16. O Estatuto de Autonomía de Galicia Os grupos nacionalistas galegos crearon o primeiro partido político en 1931: o Partido Galeguista. A súa acción política centrouse na consecución da autonomía. O Estatuto iniciou o seu proceso de aprobación en 1932, cando foi apoiado polos concellos de Galicia reunidos en Santiago. Durante o Bienio de Dereitas paralizouse todo o proceso autonómico. Alonso Ríos na campaña do Estatuto En 1936 o Partido Galeguista únese á Fronte Popular e o 28 de xuño celebrouse o referendo, sendo aprobado por unha gran maioría. Ao iniciarse a Guerra, Castelao teimou para conseguir que as Cortes da República aprobasen o Estatuto, nunha decisión máis simbólica que efectiva, que non tivo transcendencia ata a Constitución de 1978, cando Galicia é recoñecida como nacionalidade histórica. Carteis de Luis Seoane e Castelao a favor do Estatuto
  17. 17. VIDA COTIÁ: campesiños Descanso da malla, Mequinenza, 1932 Familia campesiña, 1932 Traballando no campo andaluz Campesiñas galegas Carro en San Ramón, Lleida
  18. 18. VIDA COTIÁ: obreiros e empregados Pescadaría en Madrid, 1935 Mineiros asturianos, 1934 Perruquería de Sevilla, 1934 Canteira en Collado Mediano Traballador dunha imprenta, 1932 Construción do viaduto en Madrid, 1935
  19. 19. VIDA COTIÁ: mulleres Na escola, Madrid, 1936 Extraendo sangue, 1934 Modistillas pedindo noivo a San Antonio, Madrid, 1933. Alfonso Mulleres na industria téxtil Modistas, Madrid, 1934
  20. 20. VIDA COTIÁ: traballos á marxe Home anuncio en Barcelona, 1934. Casimiro Municio, verdugo de Recollendo cabichas en Madrid, 1934. Centelles Madrid, 1932. Alfonso Vendedores de gravatas en Madrid, 1935 Prostitutas e ‘chulos’
  21. 21. VIDA COTIÁ: educación Autobús das Misións Pedagóxicas Nenos nunha representación da Misións Montaxe dun escenario da Misións Pedagóxicas Nenos e nenas na escola Escola Aula da Universidade de Madrid
  22. 22. VIDA COTIÁ: a relixión Primeira Comuñón en Xunquiera de Ambía, 1935 Comuñón na celebración de Cristo Rey no Cerrro de los Ángeles Procesión en Sevilla Curas con nenos orfos A primeira misa, 1935
  23. 23. VIDA COTIÁ: os deportes Partido de fútbol en Gijón Partido de baloncesto España & Portugal Ximnasio en Gijón Vicente Trueba, ciclista, 1933 Ricardo Zamora, 1936
  24. 24. VIDA COTIÁ: as cidades Autobús de liña de Barreiros, Ourense, 1932 Rúa do Progreso, Ourense Vigo, 1935 Tranvía de Madrid Praza da República de Vilagarcía Praza de Lepanto, Cuntis
  25. 25. VIDA COTIÁ: estampas Moeda de dunha peseta de 1933 Teléfono Anuncio de 1936 Cartel de Bagaría Portada dunha revista naturista Auto xiro de De la Cierva sobre Madrid, 1934

×