Successfully reported this slideshow.

Dinora Campos

1,520 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Dinora Campos

  1. 1. HISTORIA DE VIDA: DINORA CAMPOS CAMPOS Autor: Antonio Castroagudín
  2. 2. Infancia Dinora Campos Campos naceu o 26 de febreiro de 1932, en Loureiro de Abaixo, na casa na que vive actualmente. Vivía con seus pais, Amador Campos e Josefa Campos, e cos seus catro irmáns: Arturo, Ramón, Chucho e Manuela. Permaneceu nesta casa ata que emigrou a Venezuela con outras veciñas da aldea, cando só contaba con 23 anos.
  3. 3. A escola Dinora ía a escola en contadas ocasións, xa que segundo di: “Cando había que apañar no millo nosos pais non nos deixaban ir, e se cadra cando chovía moito dicíannos que tiñamos que ir e nós escondiámonos ”. O horario era de 8h a 12h, e pola tarde de 15h a 17h. A escola estaba situada na estrada, no “empalme”, e ían tanto homes como mulleres todos xuntos. Só había un profesor e un libro para todos, que podía ser de grao medio ou de grao superior. Segundo as súas propias palabras: “Só había un profesor, pero moitas veces os máis listos ensinábannos aos máis burros e pegábannos sen medo ningún. Había un profesor que nos daba coa vara e poñíanos un tablón ao lombo. Era bravo el.”
  4. 4. O LECER Todos os rapaces e rapazas da aldea xogaban cando podían, é dicir, cando non tiñan que ir apañar na herba ou rozar no toxo, por poñer uns exemplos. Os xogos preferidos eran a estornela, as pedriñas ou o cotelo. Tamén era moi habitual velos correr uns detrás doutros e entre o millo de camiño á escola . Dinora tamén recorda entre risas que “na escola dicían que eras moza do rapaz co que peor te levabas, supoño que como agora.” Cando xa eran máis grandes, ían de vez en cando ás festas e romarías, e segundo Dinora: “Antes pasabamos toda a noite bailando, non coma agora.” Cando emigrou a Venezuela de vez en cando facían reunións de amigos, nas que charlaban, rían, cantaban…
  5. 5. A FAMILIA Dinora casou con José Campos en outubro de 1960. Ela estaba vivindo en Venezuela, e José quedara en Galiza. Non obstante decidiron casar. Fixérono por poderes. Isto quere dicir que Dinora asistiu a igrexa cun curmán, e José con súa irmá. Loxicamente, despois da cerimonia, non houbo festa. Nos papeis, consta que Dinora está casada con José. Un ano despois, José emigra a Venezuela xunto a súa esposa. No 1965 tiveron un fillo, José Enrique. Poucos anos despois, Dinora deu a luz a outra filla: Beatriz Natividad. No ano 1979 volve toda a familia para a súa terra de sempre, Loureiro.
  6. 6. A FAMILIA Dinora casou con José Campos en outubro de 1960. Ela estaba vivindo en Venezuela, e José quedara en Galiza. Non obstante decidiron casar. Fixérono por poderes. Isto quere dicir que Dinora asistiu a igrexa cun curmán, e José con súa irmá. Loxicamente, despois da cerimonia, non houbo festa. Nos papeis, consta que Dinora está casada con José. Un ano despois, José emigra a Venezuela xunto a súa esposa. No 1965 tiveron un fillo, José Enrique. Poucos anos despois, Dinora deu a luz a outra filla: Beatriz Natividad. No ano 1979 volve toda a familia para a súa terra de sempre, Loureiro.
  7. 7. Os traballos Cando só contaba con 10 anos xa tiña que ir traballar e deixaba de asistir á escola bastantes días, xa que o prioritario era o traballo. Entra as súas labores destacaban: ir rozar ao monte (cortar no toxo e despois, carrexalo ata a aldea); andar co carro das vacas; ir á herba; labrar co arado; quitar e estender o esterco… Estes traballos non os realizaba soa, xa que os veciños se axudaban entre si e ían todos xuntos ao monte, a apañar no millo, a vendimar etc. Os homes da aldea foron quen construíron polo monte o sistema de tuberías para poder ter auga corrente. Desgraciadamente, mentres traballaban baixo terra nas tuberías, produciuse un desprendemento de terra, quedando sepultadas varias persoas, entre elas José, o home de Dinora.
  8. 8. Os traballos Cando só contaba con 10 anos xa tiña que ir traballar e deixaba de asistir á escola bastantes días, xa que o prioritario era o traballo. Entra as súas labores destacaban: ir rozar ao monte (cortar no toxo e despois, carrexalo ata a aldea); andar co carro das vacas; ir á herba; labrar co arado; quitar e estender o esterco… Estes traballos non os realizaba soa, xa que os veciños se axudaban entre si e ían todos xuntos ao monte, a apañar no millo, a vendimar etc. Os homes da aldea foron quen construíron polo monte o sistema de tuberías para poder ter auga corrente. Desgraciadamente, mentres traballaban baixo terra nas tuberías, produciuse un desprendemento de terra, quedando sepultadas varias persoas, entre elas José, o home de Dinora.
  9. 9. A emigración O 22 de xuño de 1955, con tan só 23 anos, decide emigrar a Venezuela, con outras veciñas da aldea. “Emigramos para mellorar un pouco, pero alá tivemos que traballar moito igualmente.” Todo o tempo que pasou en Venezuela traballou de criada para familias acomodadas economicamente. Segundo as súas propias palabras: “Metade do diñeiro era para min, e a outra metade mandábao para Loureiro, para arranxar a casa que non valía nadiña. Eu non gañaba moito, pero daquela arranxábame; pero agora con isto do gas, da luz…” Volveu no 1979 a Loureiro, co seu marido e cos seus dous fillos.
  10. 10. A emigración Dinora viviu nun piso alugado coas demais veciñas que emigraron con ela, durante cinco anos. No 1961, alugou un para ela e para o seu marido, José, que ata daquela quedara vivindo en Galiza. Cando compara a vida de Venezuela coa de aquí di: “Era distinto. Eu non che vou dicir que alá vivía peor, porque a verdade é que eu alá vivía bastante ben. Gañei cartos traballando moito e puiden arranxar a casa de aquí.” No que respecta á política, cando chegou a Venezuela mandaba Pérez Jiménez e viviu o toque de queda, pois a partires de determinada hora non podía haber ninguén pola rúa, a menos que fora un médico ou alguén de moita importancia. Tamén recorda con gran emoción o gran terremoto de 1967. “Sentín tremer todo. Pensei que o piso se viña abaixo. Pasei moito medo.”
  11. 11. A emigración Dinora viviu nun piso alugado coas demais veciñas que emigraron con ela, durante cinco anos. No 1961, alugou un para ela e para o seu marido, José, que ata daquela quedara vivindo en Galiza. Cando compara a vida de Venezuela coa de aquí di: “Era distinto. Eu non che vou dicir que alá vivía peor, porque a verdade é que eu alá vivía bastante ben. Gañei cartos traballando moito e puiden arranxar a casa de aquí.” No que respecta á política, cando chegou a Venezuela mandaba Pérez Jiménez e viviu o toque de queda, pois a partires de determinada hora non podía haber ninguén pola rúa, a menos que fora un médico ou alguén de moita importancia. Tamén recorda con gran emoción o gran terremoto de 1967. “Sentín tremer todo. Pensei que o piso se viña abaixo. Pasei moito medo.”
  12. 12. A casa de Loureiro A casa era coma calquera que había na aldea. Na planta baixa había a cociña e a corte das vacas, separadas por un corredor. O piso era de terra. Na cociña había a lareira, onde se cociñaba. Usábanse trepias, que son uns instrumentos de ferro de tres pés, que servían para poñer as potas encima. Tamén había unha artesa, que era un caixón grande que servía de mesa e de alacena. Na planta de arriba había dúas habitacións para todos, con piso de madeira, pero “cativiño” segundo di ela. Tamén había a “pieza”, que era un buraco na madeira no que facían as súas necesidades e que ían a parar ás cortes da vacas, que se situaban xusto debaixo.
  13. 13. A casa de VENEZUELA A c a s a d e Ve n e z u e l a t a m p o u c o t i ñ a demasiados luxos, pero era máis luxosa que a de Loureiro. Nos anos próximos ao regreso a Loureiro, xa contaba con alacenas na cociña, o piso xa non era de terra, tiña frigorífico, vertedeiro… Dispoñía de dúas habitacións, unha para ela e para José e outra para Beatriz e José Enrique. Anteriormente, cando aínda non chegara o seu marido a Venezuela, vivía nun piso coas demais veciñas que emigraron con ela.
  14. 14. A aldea O plano da aldea non cambiou dende o nacemento de Dinora ata agora, pois agás algunha nova casa que se construíu hai pouco, o resto seguen iguail. No que si se nota diferenza e na forma das casas, xa que se reconstruíron todas e melloraron moito. Puxéronse cuartos de baño dentro das casas, as cortes xa non están pegadas ás cociñas… Dinora tamén atopa moita diferenza nos camiños: “Antes non había estradas, só carreiros de terra polos que só collía un carro das vacas.” Outra diferenza importante é a demografía da aldea, pois só queda unha rapaza que é menor dos 10 anos. Sen embargo, en estes dous últimos meses, producíronse tres nacementos na aldea, entre eles o do seu neto Mateo. No que respecta á relación entre os veciños, Dinora di que “os veciños antes levabámonos moi ben, como agora, aínda que sempre hai algúns problemas polos marcos das veigas e cousas así.”
  15. 15. A vida A relixión era moi importante. Ía á misa sempre que a había. “Non é coma agora. Íamos á misa sempre e tamén á doutrina, e dabámoslle unha ducia de ovos ao cura. Tamén lle dabamos a “bula”. Non era moito, só unha peseta.” A bula era unha cantidade de diñeiro que se lle pagaba ao cura para comer carne os venres en Coresma. Un veciño da aldea, Moncho, fíxose cura, e a súa primeira misa na aldea foi todo un acontecemento. No que respecta á Sección Feminina, Dinora nunca asistiu. “Sentía falar dela e sabía que había reunións. Nunca fun, pero polo que me dicían aprendíanche a coser e a facer as tarefas do fogar.”
  16. 16. A política Antes a mili era obrigatoria, e Dinora recorda con tristeza os 2 anos que o seu irmán Alfonso pasou en Sidi Ifni, África. Ela mesma di: “Antes a mili era obrigatoria, o meu Alfonso estivo dous anos en Sidi Ifni. Só te librabas si eras fillo de solteira, ou se túa nai estaba viúva. Se tiñas os pés planos tampouco ías.” A guerra civil estalou cando só tiña catro anos, pero lembra: “Estabamos na veiga da eira e empezaron a pasar persoas e persoas cara arriba e preguntamos que pasara. Entón, foi cando dixeron que comezara a guerra.” Tamén recorda como viviu a morte de Franco: “Eu aínda estaba en Venezuela, e vivino todo por televisión. A verdade é que Franco nin me fixo ben nin me fixo mal”.
  17. 17. A política Antes a mili era obrigatoria, e Dinora recorda con tristeza os 2 anos que o seu irmán Alfonso pasou en Sidi Ifni, África. Ela mesma di: “Antes a mili era obrigatoria, o meu Alfonso estivo dous anos en Sidi Ifni. Só te librabas si eras fillo de solteira, ou se túa nai estaba viúva. Se tiñas os pés planos tampouco ías.” A guerra civil estalou cando só tiña catro anos, pero lembra: “Estabamos na veiga da eira e empezaron a pasar persoas e persoas cara arriba e preguntamos que pasara. Entón, foi cando dixeron que comezara a guerra.” Tamén recorda como viviu a morte de Franco: “Eu aínda estaba en Venezuela, e vivino todo por televisión. A verdade é que Franco nin me fixo ben nin me fixo mal”.
  18. 18. A política Dinora só viviu os primeiros anos da ditadura franquista. Recorda aos “foucellas”, que eran persoas que estaban fuxidas no monte, e de vez en cando baixaban ata as casas para buscar comida. “Estabas comendo e entraban pola porta e pedíanche comida. Se lla dabas e a Garda Civil se enteraba, levábante preso.” En Venezuela viviu baixo a ditadura de Pérez Jiménez. “Nos primeiros anos había toque de queda. Avisaban pola radio, e a menos que fora algo urxente, coma un médico, non había ninguén nas rúas”.
  19. 19. A actual dinora Actualmente Dinora ten 77 anos. Vive na casa de toda a vida, a que con tanta con ilusión mandou arranxar cos cartos que gañaba en Venezuela. Segue traballando nas tarefas do fogar, na recollida do millo, coidando aos animais… Vive coa súa filla, Beatriz Natividad, co seu xenro Eduardo e co seu neto Santiago, de 20 anos. Hai escasamente dous meses Dinora converteuse en avoa por segunda vez. Beatriz deu a luz a un precioso fillo chamado Mateo. Unha muller traballadora, constante e sufridora. Esa é, sen dúbida, Dinora.

×