SlideShare a Scribd company logo
1 of 74
Download to read offline
Este foi o título do proxecto que presentamos a Voz Natura para o presente curso
académico. Nel participou todo o Centro e tivemos axuda e asesoramento do
Concello e persoas da Comunidade Educativa, sobre todo na parte de
investigación.
O que queriamos neste curso era botar unha ollada á nosa contorna máis próxima.
Xa o iniciaramos o curso pasado coa intervención en Riamonte pero desta volta
tiñamos a intención de coñecer e aprender algo máis do noso patrimonio e desas
construcións que vemos a cotío pero que non nos paramos a pensar sobre a súa
orixe. Estamos a falar de arquitectura popular, feita artesanalmente e empregando
os materias da zona (pedra, madeira, barro...). Centrámonos en hórreos, fontes,
muíños, pombais pero tamén vimos igrexas, cruceiros...
Fixemos andainas, investigamos e preguntamos aos nosos maiores, comparamos
con lugares próximos, buscamos na rede, expuxemos as imaxes no colexio…
Recollemos moito material pero precisariamos seguir investigando para organizalo
e sistematizalo antes de devolvelo á Comunidade.
Esta sería a nosa idea para o ano que vén, se nos conceden o novo proxecto.
Foi unha bonita experiencia ir descubrindo lugares tan próximos e cargados de
historia!
BAROUTA: O PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL
ETAPA ACTIVIDADE DATA QUE VER
5º e 6º E.P.
“Camiño de Fisterra”
Augapesada, ponte e calzada romana, Mar de Ovellas, Carballo,
Amarelle, Trasmonte, Borgueiros e Ponte Maceira (bus de regreso)
........................
“Terra de Soneira”
Castelo de Vimianzo, Torres do Allo e Muíños e Batáns do Mosquetín.
..........................
“Lourizán, lagoa de Castiñeiras e Cotorredondo”
Saída de un día. Pola mañá visitariamos a finca de Lourizán, grande
riqueza en biodiversidade, e, pola tarde iriamos á zona de Castiñeiras-
Cotorredondo (aula de medio ambiente)
novembro
2º trimestre
3º trimestre
Pontes, fontes, hórreos, reloxos de
sol, aldeas, lavadoiros, muíños,
pombal, monte escolar...
.................
Castelo medieval, artesanía, pazo
fidalgo, muíños de auga e batáns
.................
O pazo, o xardín, a lagoa e a súa
contorna, actividade dirixida no
centro
3º e 4º de
E.P.
“Rego Andoriña” (Tapia)
Un ruta circular a pé: praia fluvial de Tapia, aldea de Tapia, capela da
Madalena, rego Andoriña e praia fluvial. (bus a Tapia e regreso)
novembro
(2 días)
Muíños, aldea, hórreos, capela,
pombal
1º, 2º, 3º e
4º de E.P.
“Petróglifo de Castelo” (Covas)
Un paseo a pé por un camiño ata chegar á rocha debuxada.
Obradoiro (en papel ou en pedra) sobre a Prehistoria na Aula da
Ameixenda.
2º trimestre
(abril)
Gravados da Idade do Ferro, aldeas e
Monte San Marcos
1º e 2º de
E.P.
Infantil
“Muiñada e lavadoiro”
Percorrido polo Rego dos Pasos, en Bertamiráns. Moer, amasar e lavar
un pano no lavadoiro.
Logo poderán ir ao Pazo da Peregrina.
maio
(2 días)
Muíño, lavadoiro, pozo das troitas,
pombal e pazo
PROPOSTA ANUAL DE ACTIVIDADES A DESENVOLVER DENTRO DO PROXECTO DE
VOZ NATURA, EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES
Que fomos sabendo?
Neste mapa imos ir colocando as
imaxes dalgunhas das construcións
máis relevantes ou que nos chamaron
a atención. Aínda nos quedan
algunhas saídas que axudarán a ir
completando.
• Este ano descubrimos rutas novas
para facer a pé: un anaco do
Camiño de Santiago, a do rego
Andoriña e a dos petróglifos.
• Fixámonos nos pombais, nos
pazos, no estilo dos hórreos, nas
igrexas e ermida… ao redor do
colexio hai 3 ermidas con moita
zona: a de Oca, a de San Amaro e a
de San Xoán, cun estilo semellante.
• Aprendemos sobre a historia dos
Altamira, dos Moscoso…, sobre a
Prehistoria.
Fonte do Breixo, no alto de Mar de Ovellas.
Serve de lugar de refresco aos camiñantes
que van a Fisterra. Está un pouco
abandonada e deita pouca auga.
Fonte do Acheiro, á beira da calzada
que pasa por Augapesada.
Fonte Santa, na capela da Madalena en Tapia.
Moi visitada e moi coidada pola veciñanza.
Crese que é milagreira para doenzas dos ósos,
por exemplo.
AS FONTES
Fonte en Leboráns, na entrada da
aldea, no muro do pazo, propiedade
de Pilar Fajín. Parroquia de
Trasmonte.
Actualmente non a usa ninguén
pero antes bebía a xente que
pasaba e os animais.
Está en bo estado pero xa non bota
auga.
Unha copla:
Aldeíña de Leboráns
todo é costas arriba.
Ten unha fonte na entrada
que boas rapazas cría.
Fonte de San Amaro (Barouta) situada á esquerda da ermida. Fonte
milagreira para doenzas reumáticas. Sábese que no 1564, xa se daba
culto ao san Amaro, polo que a fonte debe ser anterior. A ermida
actual data de 1789.
Fermoso monumento, hoxe algo deteriorado. Ata mediados do s XX
os canos da fonte deitaban auga; na fornalla de riba, tiña a figura do
santo e remataba nunha cruz, todo en pedra. Pero roubaron as dúas
pezas e agora ademais desviaron a auga para outra fonte máis
recente no mesmo muro, un pouco máis á esquerda.
A pía redonda que recolle a auga da fonte era a pía bautismal da
igrexa parroquial que foi cambiada no 1930 e trouxeron a vella para
aquí.
Este campo de Barouta estaba cheo de carballos. Era o lugar da feira
e das romarías. Ademais da ermida e a fonte, ten un cruceiro
fermoso e unha alfóndega, construción que fixeron os emigrantes,
para a venda de produtos da zona. Tamén había un palco da música.
Muíño de Piñeiro, lugar de As Covas.
Este muíño usábano os veciños para moer o
millo. Foi restaurado polo Concello pero está
pechado.
Está na ruta do rego Andoriña, nun antigo
Castro. Neste mesmo lugar hai outro,
derrubado, pero que aproveitaba a auga dun
para moer o outro.
Copla recollida nesta aldea:
Durme, meu meniño, durme
que teño que ir ao muíño.
Teño que ir pola fariña,
Para facer o panciño.
Muíño de Vilar, no inicio da “ruta da auga”
Está moi ben reconstruído pero non moe.
Muíño da pontella, un dos dez muíños de
Riamonte.
Pero tamén hai muíños nas outras parroquias.
Muíño de Lamas, parroquia de Ames.
Silvestre, un veciño, é o que leva conta del,
ensínao e pono a funcionar cando llo pedimos.
Os muíños de auga son para moer o millo e o
pan. Hai moitos na nosa zona, algúns
restaurados pero moitos abandonados pola falta
de uso. Son construcións fermosas que falan
dun pasado ligado á terra.
OS MUÍÑOS
Forno da familia Traba Forno de Vilouta
Trátase dun forno privado, na aldea de
Ventosa. Contounos Iria, que a derradeira
persoa que coceu nel foi a súa bisavoa.
Hoxe está fóra de uso a pesar da
restauración.
A maioría dos fornos desta zona están
dentro, no lar, e non son visibles por fóra.
Mais esta casa presenta un saínte
redondeado para albergar o forno.
Chama a atención ver este forno nunha
praciña restaurada na aldea de Vilouta, Tapia,
para encontro da veciñanza.
O motivo é que neste espazo había dúas
casas vellas, tiraron as paredes para facer a
praza e deixaron a mostra dos fornos. Hoxe
serven para facer as festas locais.
Unha boa maneira de darlle uso!
OS FORNOS
Pombal de Villaverde Pombal en Vilouta
Fermosa construción
pero que precisaría
unha reparación.
Está na aldea de
Proupín e pertence á
familia Villaverde.
Un pombal é unha construción rural para a cría de pombas. Pódese ver como un signo de prestixio xa
que, polo xeral, aparecen nos pazos ou casas grandes. Hainos de moitas formas pero o habitual é que
teñan unha planta circular co tellado en cono e construídos en cachotaría.
Sábese que xa había pombais en Galicia na Idade Media. Aínda quedan algúns pero precisarían de
axudas para o seu coidado.
Na nosa contorna temos varios. Aquí vai unha mostra.
No Pazo de Lens atópase este
pombal. Abaixo, unha imaxe do
interior.
Na aldea de Vilouta, Tapia,
atópase este pombal, con
restos de caleado. Está
nunha propiedade privada: a
casa de Batalla.
Para que se usaban os pombais?
Pombal de Lens
OS HÓRREOS
Para que se usaban?
Pois para gardar o millo. Estaban
illados do chan para que non subisen
os ratos e ventilados para que non
podrecese o cereal.
Algúns pechaban a parte de abaixo
para botaren alí as patacas ou a leña.
En Vimianzo a estes chámanlles
celeiros.
Dous hórreos na mesma parroquia pero
ben diferentes. O de arriba, feito en pedra
ao estilo fisterrá, mide uns 17 m. O de
abaixo, ten 3 claros e está feito en pedra e
madeira coma os da Maía.
Hórreo de San Mamede, Piñeiro
Hórreo de Rúa, Piñeiro
Cantos hórreos hai aquí?
Estes dous son o
mesmo. Polo lado
do vendaval,
puxéronlle ladrillo e,
polo outro, ten a
madeira tradicional.
Este tamén é un só hórreo que ten máis de 100 anos. É máis antigo que o de arriba.
Polo lado do sur está moi deteriorado.
Está nunha vivenda particular en Rúa.
Antigamente pertencía á familia “Neto”; o hórreo está na eira da casa.
Estes dous hórreos están no lugar de Rúa, Piñeiro.
As graneiras son hórreos?
As graneiras son coma hórreos dobres.
Ao entrar, teñen un corredor para acceder
ás dúas zonas de almacenamento do
cereal.
Na parroquia de Tapia atopamos varios
hórreos deste tipo, o que fala dunha zona
de labregos fortes, con colleitas de millo
grandes.
Propiedade da
casa Mariño
Vista do interior.
Capela de San Xoanciño, en Pousada,
Ames. Data do 1.740 aínda que se fixeron
reformas posteriores.
Moi coidada pola veciñanza de Pousada,
Castiñeiro de Lobo, Pegariños…
San Amaro de Barouta, Ames.
De estilo barroco, feita en 1789.
está no campo da festa e forma
un conxunto coa fonte e o
cruceiro. Ben privado.
Capela do Corpiño, Oca-Ames. Data de
1880 e foi construída pola veciñanza.
Lugar de romaría con ofrendas á santa.
TRES ERMIDAS CON FESTA PROPIA
• Ames/a Maía: territorio dos amaeos, tribo prerromana.
• Agro do Mestre: unha leira pechada, que recibían os mestres en pago da
súa actividade.
• Augapesada :“auga empezada”, “auga empozada”. Neste lugar hai moita
auga, está no baixo e aquí empozábase a auga para que moesen os muíños.
• Barouta: aldea de Ames, no alto. (Outa significa alto)
• Castelo: este nome fálanos dun antigo castelo que houbo preto do pico de
San Marcos.
• Castiñeiro de Lobo: unha aldea da parroquia de Ames, situada na ladeira do
Mar de Ovellas. (lobo-ovellas?)
• Fonteola, no lugar chamado Salgueirón, na aldea de Cortegada
(Ameixenda). Certamente neste sitio hai auga. Hoxe en día aínda verte fóra
a sobrante da traída. Este era un sitio que se prestaba aos xogos e ás
conversas entre a veciñanza. Hoxe está abandonada.
• Mar de ovellas: monte con pastos onde pacían moitos rabaños de ovellas
que, vistas desde o alto, parecían un mar.
• “Oca” ten probablemente orixe no topónimo euskera Oka que significa río.
Tamén nos atopamos con algúns derivados formados por oca+ ondo,
“oquendo” que significaría xunto ao río, ou tamén meandro
TOPONIMIA, os nomes de lugar
Augapesada Ponte Maceira
“Camiño de Fisterra-Muxía”
A ponte medieval sobre o Rego dos Pasos, de cantería, cun arco central de medio punto rebaixado
e dous aliviadoiros. Alombada, de trazado curvo e calzada de grandes laxes. Esta ponte quedou fóra
de servizo cando se fixo a concentración parcelaria pero foi restaurada. O camiño pasa ao seu pé.
Neste entorno natural pasou Rosalía de Castro os seus primeiros anos da infancia.
Augapesada:
“auga empezada”, “auga
empozada”.
Aquí nacen dúas fontes e
pasan dous regos, polo tanto
é un lugar de auga que servía
para facer moer os muíños da
zona.
Foi capital do Concello e por
ela pasa o Camiño Real a
Fisterra-Muxía.
Fonte do Acheiro:
Pasada a ponte, á man dereita, atópase esta fonte, hoxe
media soterrada pola estrada.
Á esquerda, queda unha casa cun espazo diante e un pozo;
gravada na pedra a data, 1920, xunto cuns trísquelos.
Contan que era unha taberna onde paraban as recuas antes
de subir a costa. Aínda conserva a anela de ferro para
amarraren as mulas.
Ponte medieval e calzada real.
Fonte do
Acheiro
Augapesada
Subindo polo Mar de Ovellas,
na aldea de Castiñeiro de Lobo.
Patricia, amosounos un peido
de lobo, cheo de esporas.
Costa do Mar de ovellas (Mor de Obellias no s XII). Antigamente era unha zona de pastoreo. Aquí viñan
pacer as ovellas e vacas da redonda. E había tantas, que se mirabas desde o cimo, parecía un mar
branco. De aí o nome <<mar de ovellas>>.
Rosalía de Castro dedicoulle un poemiña a este lugar: ¡A probiña, que está xorda...!
Leváime aló, miñas pernas
Paseniño, paseniño,
Aquí paras, aló te sentas,
Irás chegando, Xuana,
A donde as casas fomegan.
I a vella vai, sube, sube
a costa de mar de ovellas,
cun ollo posto no chan
i outro onde as casas fomegan.
Monte escolar de Ames. Hai 10 anos, fixemos unha plantación de castaños e
carballos. Participamos varios centros do Concello. E xa dá gusto velos!
Fonte do Breixo. Parada obrigada
despois da pronunciada subida.
Pasamos de 180 a 272 m en pouco treito.
Susavila de Carballo, Trasmonte
Amarelle
Casa de Breixo ou do Patiño.
Antiga casa de posta, onde paraban
os arrieiros.
Cruz a un veciño de
Fisterra que morreu
aquí no 1857.
Hórreos típicos da Maía, combinando a
cantería dos penais coa madeira nos claros.
Trasmonte, un cruceiro con pousadoiro.
Ao fondo, a escola feita polos emigrantes en Cuba.
Merenda no campo da festa de
Trasmonte. Hai que repoñer forzas!
A forxa de Caramés, lembranzas
dun ferreiro.
Esta é a forxa de Avelino Caramés.
Recibiunos Fernando, o fillo, e
contounos moitas cousas de como
facían os ferreiros cando non había
electricidade. Todo á man e con
moita maña. Traballaban arreo
para facer machadas, coitelos,
fouciños, sachos...
Grazas, Fernando e Julia por nolo
contar.
A fornalla co ventilador. (antes tiñan un fol)
Pía con auga para arrefriar.
Martelo mecánico.
A zafra para martelar e
dar forma ao ferro.
A trade para furar.
A moa, para afiar a
ferramenta.
Que ten que haber nunha forxa?
Formas, para copiar.
Hórreos de Reino e
Ponte Maceira (abaixo)
Pazo de Lens
Reloxo de sol en Burgueiros.
Alpendre con pía
Pontella, ponte medieval e muíño na Ponte Maceira,
conxunto histórico cunha arquitectura popular moi
importante.
Ponte Maceira
Un bo lugar para rematar este percorrido! Cansos pero tamén coa cabeza chea de
historias fermosas, lugares con encanto e moito para contar.
Ruta polo Rego Andoriña
Alumnado de 3º e 4º de E.P.
17 de novembro de 2016
1 de decembro de 2016
Nós comezamos a andaina na capela de Vilouta, onda o cruceiro e a
Fonte Santa, e rematamos no “muíño de Insua”, na praia fluvial.
Pasamos por regos cheos de auga cos seus muíños (hoxe xa sen
uso), bosques de carballos e castiñeiros, pontellas de pedra,
pisamos o terreo do antigo castro de Piñeiro e ata nos
imaxinabamos alí, na Idade do Ferro, vixiando desde o alto! Vimos
os hórreos de Rúa, a igrexa de San Mamede (antigo mosteiro) e que
aínda conserva un hórreo de boas dimensións. Seguimos baixando
cara ao Tambre, xa de volta, pasando pola “devesa de Sequeiros”,
cun cheiro a loureiro marabilloso.
E, por fin, a beira do gran río, o Tambre, que tantas veces visitamos
no verán para refrescarnos.
Cansos, si! Pois a andaina foi moita. Pero pagou a pena.
A Ruta do Andoriña é circular; percorre a contorna da capela da
Magdalena, varios muíños, os restos do Castro de Piñeiro, o
conxunto parroquial de San Mamede e as cascadas que forma o
regato do Andoriña.
Iníciase na praia fluvial de Tapia, á beira do río Tambre. Ten uns
seis quilómetros de lonxitude; é unha senda chea de beleza e
cunha dificultade baixa. Está sinalizada con paneis informativos
que falan da riqueza natural e arquitectónica da zona.
Frenza, Tapia
Fonte santa, capela da Madalena e cruceiro.
Fonte milagreira. A ela acoden as persoas
con doenzas dos ósos.
Camiño do Rego Andoriña
Bordeamos regos, cruzamos pontellas,
subimos montes e gozamos do outono.
No “castro de Piñeiro” hai dous muíños, un
reconstruído e outro en mal estado que aínda
conserva a moa e o rodicio.
Muíños do Rego Andoriña
Os dous muíños, colocados a diferente altura, aproveitaban a
auga dun para moer no outro antes de devolvela ao río.
Toda unha lección de aforro enerxético.
Castro de Piñeiro
O espazo do castro, hoxe, é un souto
fermoso á beira do rego Andoriña no que
merendamos tranquilamente.
Tempo para observar,
aprender e repoñer forzas
antes de seguir o camiño.
Remontando a ladeira do monte ata o
cimo, onde estaría a muralla defensiva.
Hórreo de San Mamede, Piñeiro
De estilo fisterrá, todo de cachote, a diferenza dos da
Maía, que levan pedra e madeira.
Hórreo de Rúa, Piñeiro Pombal de Vilouta, Tapia
Igrexa e priorado de San Mamede
Bosque de loureiros na
“Devesa de Sequeiros”
Ínsua do
Tambre
Finaliza o percorrido na praia fluvial de Tapia, co seu muíño
reconstruído pero acondicionado para un uso diferente.
O PETRÓGLIFO DE CASTELO
Na busca dos vestixios prehistóricos.
Moi preto do colexio, na aldea de Castelo (ao pé do monte San Marcos) hai un petróglifo de fácil
acceso para poder visitalo co noso alumnado.
Esta proposta saíu do propio Concello e encaixaba moi ben co noso proxecto de coñecer o
patrimonio da nosa contorna.
Gustounos moito aprender cousas sobre
os petróglifos. Queremos investigar máis.
O pasado 6 de abril, os nenos e nenas de 1º
saímos do cole para coñecer os Petróglifos de
Castelo.
Fomos con Patricia, a técnica do Concello,
que sempre nos acompaña e xa é a nosa
amiga. E despois de percorrer un camiño a
pé, chegamos ao monte onde se atopas as
pedras.
Víanse moi ben os debuxos. Alí fixemos
hipóteses sobre o que podían significar:
<<Será un plano? Será un plan de ataque?
Será un calendario?>>
Patricia explicounos que as pedras estaban de
cor gris porque tiñan un tratamento para
protexelas dos liques e fungos.
Logo, xa na aula de natureza, reflexionamos
sobre a forma de vida dos homes e mulleres
da Prehistoria.
Pasámolo moi ben imitando ó seu xeito de
camiñar, de se mover, de falar ...
Merendamos e despois fixemos os nosos
debuxos con ceras de cores que nos
quedaron chulísimos.
Foi un día moi bonito!
Aulas de 1º
Alumnado de 2º
O alumnado de 4º B, xa na aula, xogando a ser artistas prehistóricos.
Os petróglifos de
Castelo están nunhas
rochas nun terreo
elevado. Hai que
protexelas porque
levan moitos séculos e
son parte do noso
patrimonio.
Non se sabe de certo
para que servían pero
pénsase que poden
ser: marcas de
territorio, lugar de
ofrendas de rituais,
decoración artística e
tamén punto de
vixilancia posto que
dende os petróglifos
de Castelo vénse ben
zonas onde hai outros.
Petróglifo de Monte Castelo na parroquia amiense de Santo Estevo de Covas.
As nenas e nenos de 4ºA inspirámonos
neste marabilloso petróglifo para deixar
voar a nosa imaxinación e plasmala no
papel a través do xogo “vexo, vexo… ti
que ves?
O alumnado de 5º e 6º, visitou as terras de Soneira para ver parte do seu patrimonio, que
está moi ligado coas terras de Altamira, zona da Maía. A familia Moscoso tiña propiedades
nas dúas zonas.
Un castelo medieval, un pazo fidalgo e, para finalizar, os muíños e batáns do Mosquetín.
Se comparamos, na nosa zona tamén temos as ruínas medievais de Altamira, pazos coma o
de Lens e muíños ben interesantes coma os de Riamonte, por exemplo.
Pazo de Lens
Os batáns e os muíños funcionan coa enerxía
hidráulica pero con uso diferente. Os muíños moen
o gran mentres que os batáns baten os tecidos de
liño, feitos no tear, para facelos máis compactos
Torres de Altamira
Escudo familiar
Castelo de Vimianzo ou
Torres de Martelo, fortaleza
medieval que controlaba o
comercio marítimo da
sardiña e do sal.
O alumnado de 5º e 6º visita as terras de Soneira
para coñecer o seu patrimonio.
As Torres do Allo,
un pazo galego de
estilo renacentista,
iniciado no s. XVI
As casas dos
caseiros do pazo.
Muíños e batáns do
Mosquetín. Unha industria
familiar, hoxe reconstruída
pero sen uso.
Traballo no
horto escolar
Foi unha continuación do iniciado en anos anteriores.
Sempre resulta unha actividade moi gratificante polo
que ten de diferente, realízase fóra e podes aplicar
contidos aprendidos. É algo vivo xa que vai variando
ao longo do tempo.
Ao longo do outono, recollemos a folla
do patio para ir facendo compost xunto
cos restos da froita das merendas.
Un bo abono para o noso horto.
Xa no inverno, preparamos o terreo
para comezar a plantar: chícharos,
cebolas, acelgas,allos amorodos…
Tarefas:
1. Facer un rego ben dereito.
2. Escoller as mellores sementes.
Sementando
con delicadeza.
Contacto coa terra: unha tarefa
diferente no currículo escolar.
3. Sementar con moito cariño
cada semente.
4. Tapar con terra fértil.
O orgullo do traballo ben feito!
Os grupos de
3º, poñendo
os allos e os
amorodos
Preparando as
sementeiras:
chícharos, allo
porro,
berenxena,
cabaciño...
Quenda de rega
das árbores
plantadas no
mes pasado.
E chegou a hora
de levar as
leitugas ao horto.
A rapazada de
infantil anotouse
encantada.
Deixámolas entre
o cebolo porque
se asocian moi
ben estes cultivos.
Unha árbore senlleira no noso xardín: un aguacate.
Todo comezou hai uns 14 anos.
Veu para o colexio un alumno colombiano cando estabamos
iniciando 1º de Primaria.
Para favorecer a súa acollida, quixemos saber cousas do seu
país e unha das actividades foi probar algúns dos froitos
que se dan alí. Así soubemos do mango e do aguacate.
A croia dun aguacate puxémola e auga e fomos observando
que pasaba. Pasou tempo e tempo (uns seis meses case)
ata que saíu a raíz e logo puxémola en maceta.
Ao ano seguinte, plantámola no xardín o 21 de marzo. E foi
medrando ... Ata que fai dous anos vimos que floreaba! Un
acontecemento! Aquel ano probamos o seu froito.
Este ano deu moitos aguacates. Son grandes e están moi
moi ricos. Leva todo o ano dando froito e agora mesmo ten
froitos pequenos, algún case maduro e está a botar flor.
Vai ser a nosa mascota vexetal!
CONCLUÍNDO
Unha vez máis temos que dicir que o proxecto foi de grande interese para toda a
comunidade. Talvez demasiado ambicioso para desenvolver nun só curso e por iso
pensamos en amplialo para o curso que vén.
• Descubrimos novas rotas
• Aprendemos a observar as diferentes construcións tradicionais.
• Soubemos un pouco máis dos seus usos e actividades
• Recollemos información en ámbitos diferentes: falando cos maiores, escoitando
expertos ou buscando na rede
• Gozamos das andainas polo que teñen de encontro entre gruposde idades
diferentes e pola posibilidade de aprender do mundo real
• Coñecemos un pouco máis o noso medio natural
Respecto do horto, continuamos co labor de anos anteriores. Sementamos,
transplantamos, observamos o crecemento das plantas, regamos, abonamos…
A valoración global é positiva. Contamos coa
participación de todo o Centro e para o curso que
vén solicitamos un novo proxecto, ampliando este.
AGRADECEMENTOS
• A todo o profesorado e alumnado do colexio, desde Educación
Infantil a Primaria.
• Á ANPA San Mauro, que nos anima e axuda no que precisamos.
• Ás familias que colaboraron con información.
• Ao Concello de Ames e a Patricia, técnica en medio ambiente, que
nos acompaña nas viaxes, nos propón obradoiros e asesora no que
precisamos.
• A Maximino Viaño, que comparte o seu saber con nós sempre que
llo solicitamos.
• A Luísa, co seu blogue http:/www.hortagalega.eu/, no que
buscamos información relativa ás plantas.
• E, por suposto, a Voz Natura, que nos subvencionou o proxecto.
Grazas!
CEIP Barouta – Ames, 27 de abril de 2017

More Related Content

What's hot (20)

Festa da primavera 2015
Festa da primavera 2015Festa da primavera 2015
Festa da primavera 2015
 
Cardecide E Laxos
Cardecide E LaxosCardecide E Laxos
Cardecide E Laxos
 
Cequeril
CequerilCequeril
Cequeril
 
Os nosos ríos
Os nosos ríosOs nosos ríos
Os nosos ríos
 
Couselo
CouseloCouselo
Couselo
 
Presentacion de Castrelo
Presentacion de CastreloPresentacion de Castrelo
Presentacion de Castrelo
 
Galicia abandonada
Galicia abandonadaGalicia abandonada
Galicia abandonada
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
CastrolandíN
CastrolandíNCastrolandíN
CastrolandíN
 
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
 
Pregón de Nadal 2017
Pregón de Nadal 2017Pregón de Nadal 2017
Pregón de Nadal 2017
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3º
 
Catálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de CarnavalCatálogo de la Exposición de Carnaval
Catálogo de la Exposición de Carnaval
 
Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte
 
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraIES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
IES Francisco Asorey: A contorna- A Pastora
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
Muiñeiros
Muiñeiros Muiñeiros
Muiñeiros
 
O magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en GalizaO magosto. a castaña en Galiza
O magosto. a castaña en Galiza
 
Veciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña IVeciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña I
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 

Similar to Memoria 16 17

Similar to Memoria 16 17 (20)

Loureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíNLoureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíN
 
Gontade
GontadeGontade
Gontade
 
Calvos
CalvosCalvos
Calvos
 
Vanesa Trasponte
Vanesa TrasponteVanesa Trasponte
Vanesa Trasponte
 
Xabier parga
Xabier pargaXabier parga
Xabier parga
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Touro
TouroTouro
Touro
 
O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna
 
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasDía da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
 
Guia natural
Guia naturalGuia natural
Guia natural
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosA auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
 
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdfProxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
 
San sadurniño
San sadurniñoSan sadurniño
San sadurniño
 
Fontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoirosFontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoiros
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da auga
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da auga
 

More from 2TERE

Memoria 2017
Memoria 2017Memoria 2017
Memoria 20172TERE
 
árbores e poesía
árbores e poesíaárbores e poesía
árbores e poesía2TERE
 
Debuxos 25 anos
Debuxos 25 anosDebuxos 25 anos
Debuxos 25 anos2TERE
 
Excursión polo barbanza
Excursión polo barbanzaExcursión polo barbanza
Excursión polo barbanza2TERE
 
Memoria horto 2014 15
Memoria horto 2014 15Memoria horto 2014 15
Memoria horto 2014 152TERE
 
Postais nadal
Postais nadalPostais nadal
Postais nadal2TERE
 
Así son eu
Así son euAsí son eu
Así son eu2TERE
 

More from 2TERE (7)

Memoria 2017
Memoria 2017Memoria 2017
Memoria 2017
 
árbores e poesía
árbores e poesíaárbores e poesía
árbores e poesía
 
Debuxos 25 anos
Debuxos 25 anosDebuxos 25 anos
Debuxos 25 anos
 
Excursión polo barbanza
Excursión polo barbanzaExcursión polo barbanza
Excursión polo barbanza
 
Memoria horto 2014 15
Memoria horto 2014 15Memoria horto 2014 15
Memoria horto 2014 15
 
Postais nadal
Postais nadalPostais nadal
Postais nadal
 
Así son eu
Así son euAsí son eu
Así son eu
 

Memoria 16 17

  • 1.
  • 2. Este foi o título do proxecto que presentamos a Voz Natura para o presente curso académico. Nel participou todo o Centro e tivemos axuda e asesoramento do Concello e persoas da Comunidade Educativa, sobre todo na parte de investigación. O que queriamos neste curso era botar unha ollada á nosa contorna máis próxima. Xa o iniciaramos o curso pasado coa intervención en Riamonte pero desta volta tiñamos a intención de coñecer e aprender algo máis do noso patrimonio e desas construcións que vemos a cotío pero que non nos paramos a pensar sobre a súa orixe. Estamos a falar de arquitectura popular, feita artesanalmente e empregando os materias da zona (pedra, madeira, barro...). Centrámonos en hórreos, fontes, muíños, pombais pero tamén vimos igrexas, cruceiros... Fixemos andainas, investigamos e preguntamos aos nosos maiores, comparamos con lugares próximos, buscamos na rede, expuxemos as imaxes no colexio… Recollemos moito material pero precisariamos seguir investigando para organizalo e sistematizalo antes de devolvelo á Comunidade. Esta sería a nosa idea para o ano que vén, se nos conceden o novo proxecto. Foi unha bonita experiencia ir descubrindo lugares tan próximos e cargados de historia! BAROUTA: O PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL
  • 3. ETAPA ACTIVIDADE DATA QUE VER 5º e 6º E.P. “Camiño de Fisterra” Augapesada, ponte e calzada romana, Mar de Ovellas, Carballo, Amarelle, Trasmonte, Borgueiros e Ponte Maceira (bus de regreso) ........................ “Terra de Soneira” Castelo de Vimianzo, Torres do Allo e Muíños e Batáns do Mosquetín. .......................... “Lourizán, lagoa de Castiñeiras e Cotorredondo” Saída de un día. Pola mañá visitariamos a finca de Lourizán, grande riqueza en biodiversidade, e, pola tarde iriamos á zona de Castiñeiras- Cotorredondo (aula de medio ambiente) novembro 2º trimestre 3º trimestre Pontes, fontes, hórreos, reloxos de sol, aldeas, lavadoiros, muíños, pombal, monte escolar... ................. Castelo medieval, artesanía, pazo fidalgo, muíños de auga e batáns ................. O pazo, o xardín, a lagoa e a súa contorna, actividade dirixida no centro 3º e 4º de E.P. “Rego Andoriña” (Tapia) Un ruta circular a pé: praia fluvial de Tapia, aldea de Tapia, capela da Madalena, rego Andoriña e praia fluvial. (bus a Tapia e regreso) novembro (2 días) Muíños, aldea, hórreos, capela, pombal 1º, 2º, 3º e 4º de E.P. “Petróglifo de Castelo” (Covas) Un paseo a pé por un camiño ata chegar á rocha debuxada. Obradoiro (en papel ou en pedra) sobre a Prehistoria na Aula da Ameixenda. 2º trimestre (abril) Gravados da Idade do Ferro, aldeas e Monte San Marcos 1º e 2º de E.P. Infantil “Muiñada e lavadoiro” Percorrido polo Rego dos Pasos, en Bertamiráns. Moer, amasar e lavar un pano no lavadoiro. Logo poderán ir ao Pazo da Peregrina. maio (2 días) Muíño, lavadoiro, pozo das troitas, pombal e pazo PROPOSTA ANUAL DE ACTIVIDADES A DESENVOLVER DENTRO DO PROXECTO DE VOZ NATURA, EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES
  • 4. Que fomos sabendo? Neste mapa imos ir colocando as imaxes dalgunhas das construcións máis relevantes ou que nos chamaron a atención. Aínda nos quedan algunhas saídas que axudarán a ir completando. • Este ano descubrimos rutas novas para facer a pé: un anaco do Camiño de Santiago, a do rego Andoriña e a dos petróglifos. • Fixámonos nos pombais, nos pazos, no estilo dos hórreos, nas igrexas e ermida… ao redor do colexio hai 3 ermidas con moita zona: a de Oca, a de San Amaro e a de San Xoán, cun estilo semellante. • Aprendemos sobre a historia dos Altamira, dos Moscoso…, sobre a Prehistoria.
  • 5. Fonte do Breixo, no alto de Mar de Ovellas. Serve de lugar de refresco aos camiñantes que van a Fisterra. Está un pouco abandonada e deita pouca auga. Fonte do Acheiro, á beira da calzada que pasa por Augapesada. Fonte Santa, na capela da Madalena en Tapia. Moi visitada e moi coidada pola veciñanza. Crese que é milagreira para doenzas dos ósos, por exemplo. AS FONTES
  • 6. Fonte en Leboráns, na entrada da aldea, no muro do pazo, propiedade de Pilar Fajín. Parroquia de Trasmonte. Actualmente non a usa ninguén pero antes bebía a xente que pasaba e os animais. Está en bo estado pero xa non bota auga. Unha copla: Aldeíña de Leboráns todo é costas arriba. Ten unha fonte na entrada que boas rapazas cría. Fonte de San Amaro (Barouta) situada á esquerda da ermida. Fonte milagreira para doenzas reumáticas. Sábese que no 1564, xa se daba culto ao san Amaro, polo que a fonte debe ser anterior. A ermida actual data de 1789. Fermoso monumento, hoxe algo deteriorado. Ata mediados do s XX os canos da fonte deitaban auga; na fornalla de riba, tiña a figura do santo e remataba nunha cruz, todo en pedra. Pero roubaron as dúas pezas e agora ademais desviaron a auga para outra fonte máis recente no mesmo muro, un pouco máis á esquerda. A pía redonda que recolle a auga da fonte era a pía bautismal da igrexa parroquial que foi cambiada no 1930 e trouxeron a vella para aquí. Este campo de Barouta estaba cheo de carballos. Era o lugar da feira e das romarías. Ademais da ermida e a fonte, ten un cruceiro fermoso e unha alfóndega, construción que fixeron os emigrantes, para a venda de produtos da zona. Tamén había un palco da música.
  • 7. Muíño de Piñeiro, lugar de As Covas. Este muíño usábano os veciños para moer o millo. Foi restaurado polo Concello pero está pechado. Está na ruta do rego Andoriña, nun antigo Castro. Neste mesmo lugar hai outro, derrubado, pero que aproveitaba a auga dun para moer o outro. Copla recollida nesta aldea: Durme, meu meniño, durme que teño que ir ao muíño. Teño que ir pola fariña, Para facer o panciño. Muíño de Vilar, no inicio da “ruta da auga” Está moi ben reconstruído pero non moe. Muíño da pontella, un dos dez muíños de Riamonte. Pero tamén hai muíños nas outras parroquias. Muíño de Lamas, parroquia de Ames. Silvestre, un veciño, é o que leva conta del, ensínao e pono a funcionar cando llo pedimos. Os muíños de auga son para moer o millo e o pan. Hai moitos na nosa zona, algúns restaurados pero moitos abandonados pola falta de uso. Son construcións fermosas que falan dun pasado ligado á terra. OS MUÍÑOS
  • 8. Forno da familia Traba Forno de Vilouta Trátase dun forno privado, na aldea de Ventosa. Contounos Iria, que a derradeira persoa que coceu nel foi a súa bisavoa. Hoxe está fóra de uso a pesar da restauración. A maioría dos fornos desta zona están dentro, no lar, e non son visibles por fóra. Mais esta casa presenta un saínte redondeado para albergar o forno. Chama a atención ver este forno nunha praciña restaurada na aldea de Vilouta, Tapia, para encontro da veciñanza. O motivo é que neste espazo había dúas casas vellas, tiraron as paredes para facer a praza e deixaron a mostra dos fornos. Hoxe serven para facer as festas locais. Unha boa maneira de darlle uso! OS FORNOS
  • 9. Pombal de Villaverde Pombal en Vilouta Fermosa construción pero que precisaría unha reparación. Está na aldea de Proupín e pertence á familia Villaverde. Un pombal é unha construción rural para a cría de pombas. Pódese ver como un signo de prestixio xa que, polo xeral, aparecen nos pazos ou casas grandes. Hainos de moitas formas pero o habitual é que teñan unha planta circular co tellado en cono e construídos en cachotaría. Sábese que xa había pombais en Galicia na Idade Media. Aínda quedan algúns pero precisarían de axudas para o seu coidado. Na nosa contorna temos varios. Aquí vai unha mostra. No Pazo de Lens atópase este pombal. Abaixo, unha imaxe do interior. Na aldea de Vilouta, Tapia, atópase este pombal, con restos de caleado. Está nunha propiedade privada: a casa de Batalla. Para que se usaban os pombais? Pombal de Lens
  • 10. OS HÓRREOS Para que se usaban? Pois para gardar o millo. Estaban illados do chan para que non subisen os ratos e ventilados para que non podrecese o cereal. Algúns pechaban a parte de abaixo para botaren alí as patacas ou a leña. En Vimianzo a estes chámanlles celeiros. Dous hórreos na mesma parroquia pero ben diferentes. O de arriba, feito en pedra ao estilo fisterrá, mide uns 17 m. O de abaixo, ten 3 claros e está feito en pedra e madeira coma os da Maía. Hórreo de San Mamede, Piñeiro Hórreo de Rúa, Piñeiro
  • 11. Cantos hórreos hai aquí? Estes dous son o mesmo. Polo lado do vendaval, puxéronlle ladrillo e, polo outro, ten a madeira tradicional. Este tamén é un só hórreo que ten máis de 100 anos. É máis antigo que o de arriba. Polo lado do sur está moi deteriorado. Está nunha vivenda particular en Rúa. Antigamente pertencía á familia “Neto”; o hórreo está na eira da casa. Estes dous hórreos están no lugar de Rúa, Piñeiro.
  • 12. As graneiras son hórreos? As graneiras son coma hórreos dobres. Ao entrar, teñen un corredor para acceder ás dúas zonas de almacenamento do cereal. Na parroquia de Tapia atopamos varios hórreos deste tipo, o que fala dunha zona de labregos fortes, con colleitas de millo grandes. Propiedade da casa Mariño Vista do interior.
  • 13. Capela de San Xoanciño, en Pousada, Ames. Data do 1.740 aínda que se fixeron reformas posteriores. Moi coidada pola veciñanza de Pousada, Castiñeiro de Lobo, Pegariños… San Amaro de Barouta, Ames. De estilo barroco, feita en 1789. está no campo da festa e forma un conxunto coa fonte e o cruceiro. Ben privado. Capela do Corpiño, Oca-Ames. Data de 1880 e foi construída pola veciñanza. Lugar de romaría con ofrendas á santa. TRES ERMIDAS CON FESTA PROPIA
  • 14. • Ames/a Maía: territorio dos amaeos, tribo prerromana. • Agro do Mestre: unha leira pechada, que recibían os mestres en pago da súa actividade. • Augapesada :“auga empezada”, “auga empozada”. Neste lugar hai moita auga, está no baixo e aquí empozábase a auga para que moesen os muíños. • Barouta: aldea de Ames, no alto. (Outa significa alto) • Castelo: este nome fálanos dun antigo castelo que houbo preto do pico de San Marcos. • Castiñeiro de Lobo: unha aldea da parroquia de Ames, situada na ladeira do Mar de Ovellas. (lobo-ovellas?) • Fonteola, no lugar chamado Salgueirón, na aldea de Cortegada (Ameixenda). Certamente neste sitio hai auga. Hoxe en día aínda verte fóra a sobrante da traída. Este era un sitio que se prestaba aos xogos e ás conversas entre a veciñanza. Hoxe está abandonada. • Mar de ovellas: monte con pastos onde pacían moitos rabaños de ovellas que, vistas desde o alto, parecían un mar. • “Oca” ten probablemente orixe no topónimo euskera Oka que significa río. Tamén nos atopamos con algúns derivados formados por oca+ ondo, “oquendo” que significaría xunto ao río, ou tamén meandro TOPONIMIA, os nomes de lugar
  • 15. Augapesada Ponte Maceira “Camiño de Fisterra-Muxía”
  • 16. A ponte medieval sobre o Rego dos Pasos, de cantería, cun arco central de medio punto rebaixado e dous aliviadoiros. Alombada, de trazado curvo e calzada de grandes laxes. Esta ponte quedou fóra de servizo cando se fixo a concentración parcelaria pero foi restaurada. O camiño pasa ao seu pé. Neste entorno natural pasou Rosalía de Castro os seus primeiros anos da infancia. Augapesada: “auga empezada”, “auga empozada”. Aquí nacen dúas fontes e pasan dous regos, polo tanto é un lugar de auga que servía para facer moer os muíños da zona. Foi capital do Concello e por ela pasa o Camiño Real a Fisterra-Muxía. Fonte do Acheiro: Pasada a ponte, á man dereita, atópase esta fonte, hoxe media soterrada pola estrada. Á esquerda, queda unha casa cun espazo diante e un pozo; gravada na pedra a data, 1920, xunto cuns trísquelos. Contan que era unha taberna onde paraban as recuas antes de subir a costa. Aínda conserva a anela de ferro para amarraren as mulas.
  • 17. Ponte medieval e calzada real. Fonte do Acheiro Augapesada
  • 18. Subindo polo Mar de Ovellas, na aldea de Castiñeiro de Lobo. Patricia, amosounos un peido de lobo, cheo de esporas.
  • 19. Costa do Mar de ovellas (Mor de Obellias no s XII). Antigamente era unha zona de pastoreo. Aquí viñan pacer as ovellas e vacas da redonda. E había tantas, que se mirabas desde o cimo, parecía un mar branco. De aí o nome <<mar de ovellas>>. Rosalía de Castro dedicoulle un poemiña a este lugar: ¡A probiña, que está xorda...! Leváime aló, miñas pernas Paseniño, paseniño, Aquí paras, aló te sentas, Irás chegando, Xuana, A donde as casas fomegan. I a vella vai, sube, sube a costa de mar de ovellas, cun ollo posto no chan i outro onde as casas fomegan.
  • 20. Monte escolar de Ames. Hai 10 anos, fixemos unha plantación de castaños e carballos. Participamos varios centros do Concello. E xa dá gusto velos! Fonte do Breixo. Parada obrigada despois da pronunciada subida. Pasamos de 180 a 272 m en pouco treito.
  • 21. Susavila de Carballo, Trasmonte Amarelle Casa de Breixo ou do Patiño. Antiga casa de posta, onde paraban os arrieiros. Cruz a un veciño de Fisterra que morreu aquí no 1857. Hórreos típicos da Maía, combinando a cantería dos penais coa madeira nos claros.
  • 22. Trasmonte, un cruceiro con pousadoiro. Ao fondo, a escola feita polos emigrantes en Cuba. Merenda no campo da festa de Trasmonte. Hai que repoñer forzas!
  • 23. A forxa de Caramés, lembranzas dun ferreiro. Esta é a forxa de Avelino Caramés. Recibiunos Fernando, o fillo, e contounos moitas cousas de como facían os ferreiros cando non había electricidade. Todo á man e con moita maña. Traballaban arreo para facer machadas, coitelos, fouciños, sachos... Grazas, Fernando e Julia por nolo contar.
  • 24. A fornalla co ventilador. (antes tiñan un fol) Pía con auga para arrefriar. Martelo mecánico. A zafra para martelar e dar forma ao ferro. A trade para furar. A moa, para afiar a ferramenta. Que ten que haber nunha forxa? Formas, para copiar.
  • 25. Hórreos de Reino e Ponte Maceira (abaixo) Pazo de Lens Reloxo de sol en Burgueiros.
  • 26. Alpendre con pía Pontella, ponte medieval e muíño na Ponte Maceira, conxunto histórico cunha arquitectura popular moi importante. Ponte Maceira
  • 27. Un bo lugar para rematar este percorrido! Cansos pero tamén coa cabeza chea de historias fermosas, lugares con encanto e moito para contar.
  • 28. Ruta polo Rego Andoriña Alumnado de 3º e 4º de E.P. 17 de novembro de 2016 1 de decembro de 2016
  • 29. Nós comezamos a andaina na capela de Vilouta, onda o cruceiro e a Fonte Santa, e rematamos no “muíño de Insua”, na praia fluvial. Pasamos por regos cheos de auga cos seus muíños (hoxe xa sen uso), bosques de carballos e castiñeiros, pontellas de pedra, pisamos o terreo do antigo castro de Piñeiro e ata nos imaxinabamos alí, na Idade do Ferro, vixiando desde o alto! Vimos os hórreos de Rúa, a igrexa de San Mamede (antigo mosteiro) e que aínda conserva un hórreo de boas dimensións. Seguimos baixando cara ao Tambre, xa de volta, pasando pola “devesa de Sequeiros”, cun cheiro a loureiro marabilloso. E, por fin, a beira do gran río, o Tambre, que tantas veces visitamos no verán para refrescarnos. Cansos, si! Pois a andaina foi moita. Pero pagou a pena. A Ruta do Andoriña é circular; percorre a contorna da capela da Magdalena, varios muíños, os restos do Castro de Piñeiro, o conxunto parroquial de San Mamede e as cascadas que forma o regato do Andoriña. Iníciase na praia fluvial de Tapia, á beira do río Tambre. Ten uns seis quilómetros de lonxitude; é unha senda chea de beleza e cunha dificultade baixa. Está sinalizada con paneis informativos que falan da riqueza natural e arquitectónica da zona.
  • 30. Frenza, Tapia Fonte santa, capela da Madalena e cruceiro. Fonte milagreira. A ela acoden as persoas con doenzas dos ósos.
  • 31. Camiño do Rego Andoriña Bordeamos regos, cruzamos pontellas, subimos montes e gozamos do outono.
  • 32. No “castro de Piñeiro” hai dous muíños, un reconstruído e outro en mal estado que aínda conserva a moa e o rodicio. Muíños do Rego Andoriña
  • 33. Os dous muíños, colocados a diferente altura, aproveitaban a auga dun para moer no outro antes de devolvela ao río. Toda unha lección de aforro enerxético.
  • 34. Castro de Piñeiro O espazo do castro, hoxe, é un souto fermoso á beira do rego Andoriña no que merendamos tranquilamente.
  • 35. Tempo para observar, aprender e repoñer forzas antes de seguir o camiño.
  • 36. Remontando a ladeira do monte ata o cimo, onde estaría a muralla defensiva.
  • 37. Hórreo de San Mamede, Piñeiro De estilo fisterrá, todo de cachote, a diferenza dos da Maía, que levan pedra e madeira. Hórreo de Rúa, Piñeiro Pombal de Vilouta, Tapia Igrexa e priorado de San Mamede
  • 38. Bosque de loureiros na “Devesa de Sequeiros” Ínsua do Tambre Finaliza o percorrido na praia fluvial de Tapia, co seu muíño reconstruído pero acondicionado para un uso diferente.
  • 39. O PETRÓGLIFO DE CASTELO Na busca dos vestixios prehistóricos. Moi preto do colexio, na aldea de Castelo (ao pé do monte San Marcos) hai un petróglifo de fácil acceso para poder visitalo co noso alumnado. Esta proposta saíu do propio Concello e encaixaba moi ben co noso proxecto de coñecer o patrimonio da nosa contorna.
  • 40.
  • 41. Gustounos moito aprender cousas sobre os petróglifos. Queremos investigar máis. O pasado 6 de abril, os nenos e nenas de 1º saímos do cole para coñecer os Petróglifos de Castelo. Fomos con Patricia, a técnica do Concello, que sempre nos acompaña e xa é a nosa amiga. E despois de percorrer un camiño a pé, chegamos ao monte onde se atopas as pedras. Víanse moi ben os debuxos. Alí fixemos hipóteses sobre o que podían significar: <<Será un plano? Será un plan de ataque? Será un calendario?>> Patricia explicounos que as pedras estaban de cor gris porque tiñan un tratamento para protexelas dos liques e fungos. Logo, xa na aula de natureza, reflexionamos sobre a forma de vida dos homes e mulleres da Prehistoria. Pasámolo moi ben imitando ó seu xeito de camiñar, de se mover, de falar ... Merendamos e despois fixemos os nosos debuxos con ceras de cores que nos quedaron chulísimos. Foi un día moi bonito! Aulas de 1º
  • 42.
  • 44.
  • 45. O alumnado de 4º B, xa na aula, xogando a ser artistas prehistóricos. Os petróglifos de Castelo están nunhas rochas nun terreo elevado. Hai que protexelas porque levan moitos séculos e son parte do noso patrimonio. Non se sabe de certo para que servían pero pénsase que poden ser: marcas de territorio, lugar de ofrendas de rituais, decoración artística e tamén punto de vixilancia posto que dende os petróglifos de Castelo vénse ben zonas onde hai outros.
  • 46. Petróglifo de Monte Castelo na parroquia amiense de Santo Estevo de Covas. As nenas e nenos de 4ºA inspirámonos neste marabilloso petróglifo para deixar voar a nosa imaxinación e plasmala no papel a través do xogo “vexo, vexo… ti que ves?
  • 47.
  • 48. O alumnado de 5º e 6º, visitou as terras de Soneira para ver parte do seu patrimonio, que está moi ligado coas terras de Altamira, zona da Maía. A familia Moscoso tiña propiedades nas dúas zonas. Un castelo medieval, un pazo fidalgo e, para finalizar, os muíños e batáns do Mosquetín. Se comparamos, na nosa zona tamén temos as ruínas medievais de Altamira, pazos coma o de Lens e muíños ben interesantes coma os de Riamonte, por exemplo. Pazo de Lens Os batáns e os muíños funcionan coa enerxía hidráulica pero con uso diferente. Os muíños moen o gran mentres que os batáns baten os tecidos de liño, feitos no tear, para facelos máis compactos Torres de Altamira
  • 49. Escudo familiar Castelo de Vimianzo ou Torres de Martelo, fortaleza medieval que controlaba o comercio marítimo da sardiña e do sal. O alumnado de 5º e 6º visita as terras de Soneira para coñecer o seu patrimonio.
  • 50. As Torres do Allo, un pazo galego de estilo renacentista, iniciado no s. XVI As casas dos caseiros do pazo.
  • 51. Muíños e batáns do Mosquetín. Unha industria familiar, hoxe reconstruída pero sen uso.
  • 52. Traballo no horto escolar Foi unha continuación do iniciado en anos anteriores. Sempre resulta unha actividade moi gratificante polo que ten de diferente, realízase fóra e podes aplicar contidos aprendidos. É algo vivo xa que vai variando ao longo do tempo.
  • 53. Ao longo do outono, recollemos a folla do patio para ir facendo compost xunto cos restos da froita das merendas. Un bo abono para o noso horto. Xa no inverno, preparamos o terreo para comezar a plantar: chícharos, cebolas, acelgas,allos amorodos…
  • 54. Tarefas: 1. Facer un rego ben dereito. 2. Escoller as mellores sementes. Sementando con delicadeza. Contacto coa terra: unha tarefa diferente no currículo escolar.
  • 55. 3. Sementar con moito cariño cada semente. 4. Tapar con terra fértil. O orgullo do traballo ben feito!
  • 56. Os grupos de 3º, poñendo os allos e os amorodos
  • 58.
  • 59.
  • 60.
  • 61.
  • 62.
  • 63.
  • 64.
  • 65.
  • 66.
  • 67.
  • 68.
  • 69.
  • 70.
  • 71. Quenda de rega das árbores plantadas no mes pasado. E chegou a hora de levar as leitugas ao horto. A rapazada de infantil anotouse encantada. Deixámolas entre o cebolo porque se asocian moi ben estes cultivos.
  • 72. Unha árbore senlleira no noso xardín: un aguacate. Todo comezou hai uns 14 anos. Veu para o colexio un alumno colombiano cando estabamos iniciando 1º de Primaria. Para favorecer a súa acollida, quixemos saber cousas do seu país e unha das actividades foi probar algúns dos froitos que se dan alí. Así soubemos do mango e do aguacate. A croia dun aguacate puxémola e auga e fomos observando que pasaba. Pasou tempo e tempo (uns seis meses case) ata que saíu a raíz e logo puxémola en maceta. Ao ano seguinte, plantámola no xardín o 21 de marzo. E foi medrando ... Ata que fai dous anos vimos que floreaba! Un acontecemento! Aquel ano probamos o seu froito. Este ano deu moitos aguacates. Son grandes e están moi moi ricos. Leva todo o ano dando froito e agora mesmo ten froitos pequenos, algún case maduro e está a botar flor. Vai ser a nosa mascota vexetal!
  • 73. CONCLUÍNDO Unha vez máis temos que dicir que o proxecto foi de grande interese para toda a comunidade. Talvez demasiado ambicioso para desenvolver nun só curso e por iso pensamos en amplialo para o curso que vén. • Descubrimos novas rotas • Aprendemos a observar as diferentes construcións tradicionais. • Soubemos un pouco máis dos seus usos e actividades • Recollemos información en ámbitos diferentes: falando cos maiores, escoitando expertos ou buscando na rede • Gozamos das andainas polo que teñen de encontro entre gruposde idades diferentes e pola posibilidade de aprender do mundo real • Coñecemos un pouco máis o noso medio natural Respecto do horto, continuamos co labor de anos anteriores. Sementamos, transplantamos, observamos o crecemento das plantas, regamos, abonamos… A valoración global é positiva. Contamos coa participación de todo o Centro e para o curso que vén solicitamos un novo proxecto, ampliando este.
  • 74. AGRADECEMENTOS • A todo o profesorado e alumnado do colexio, desde Educación Infantil a Primaria. • Á ANPA San Mauro, que nos anima e axuda no que precisamos. • Ás familias que colaboraron con información. • Ao Concello de Ames e a Patricia, técnica en medio ambiente, que nos acompaña nas viaxes, nos propón obradoiros e asesora no que precisamos. • A Maximino Viaño, que comparte o seu saber con nós sempre que llo solicitamos. • A Luísa, co seu blogue http:/www.hortagalega.eu/, no que buscamos información relativa ás plantas. • E, por suposto, a Voz Natura, que nos subvencionou o proxecto. Grazas! CEIP Barouta – Ames, 27 de abril de 2017