Nutrientes: son asbiomoléculas que constitúen o noso organismo Actividade 1, páxina 17. ALIMENTACIÓN: Conxunto de alimentos que inxerimos ao comer. NUTRICIÓN: Conxunto de procesos fisiolóxicos que permiten ao noso corpo asimilar os nutrientes dos alimentos inxeridos NUTRIENTES GLÍCIDOS LÍPIDOS PROTEÍNAS SALES MINERAIS AUGA VITAMINAS
3.
GLÍCIDOS (hidratos deCarbono) Son substancias que nos proporcionan ENERXÍA . Hai dous grupos: Glícidos Sinxelos ou AZUCRES . Teñen sabor doce e solubles en auga. Os máis importantes son: Monosacáridos : son utilizados directamente polas células; exemplos: Glicosa e Fructosa presentes no mel e na froita. Disacáridos : deben ser separados polo noso organismo para podelos usar. Exemplos: Sacarosa e Lactosa , presentes no azucre e no leite. Glícidos Complexos : non son doces e formados por moitas moléculas de monosacáridos; deben ser descompostos polo organismo para poder asimilalos. O máis importante para nos é o AMIDÓN A Celulosa que contén a FIBRA VEXETAL considérase dentro deste grupo ainda que non nos proporcione enerxia, pero é fundamental para o tránsito intestinal.
4.
LÍPIDOS Son Insolubles en auga e presentan un aspecto aceitoso. Hai os seguintes grupos: GRAXAS : son moléculas MOI enerxéticas ; según a súa composición química poden ser: Graxas Saturadas : son case todas de orixe animal. Graxas Insaturadas : son de orixe vexetal, son os considerados Aceites. Lípidos compoñentes das Membranas . Son os compoñentes esenciais das membranas dos orgánulos celulares. Lípidos con funcións reguladoras . Como algunhas vitaminas e hormonas
5.
PROTEÍNAS Son asbiomoléculas máis importantes dende o punto de vista estrutural. Están formadas pola unión dos AMINOÁCIDOS . Entre unha proteína e outra a diferenza é a secuencia de aminoacidos presentes na molécula. O noso organismo emprega os aminoácidos inxeridos na alimentación para fabricar as proteínas humanas . Existen 20 aminoácidos ; dos cales 12 poden fabricarse a partires doutros aminoácidos , pero os outros oito son ESENCIAIS (*) xa que só se poden incorporar a partir da dieta alimenticia. Son alimentos ricos en proteínas: o ovo, a carne, o peixe o leite . (*) Leucina, Isoleucina, Valina, Triptófano, Fenilalanina, Metionina, Treonina, Lisina e Histidina
6.
Sales Minerais Sonsubstancias Inorgánicas que poden desempeñar diversas funcións no noso organismo: Estrutural : forman parte dos osos e dentes. Permiten o correcto funcionamento de diversos sistemas do organismo. Regulan reaccións metabólicas nas células. Están presentes en cantidades diversas dentro dos alimentos; son especialmente abundantes nas froitas e nas verduras . OSMOSE : Proceso que sucede nas células para regular a cantidade de particulas sólidas dentro da mesma; regúlase coa entrada e saida de auga da célula . ANIMACIÓN
7.
AUGA É amolécula máis abundante no noso organismo. Cumpre multitude de funcións, entre as que destacamos: É o " solvente universal " nela son transformados a maioría dos nutrientes e substancias necesarias para o bo funcionamento celular. É desintoxicant e, os residuos xerados durante o metabolismo das proteínas, disólvense no sangue e son removidos antes de que se acumulen en concentracións tóxicas. É amortecedora , basicamente das articulacións, xa que de feito protexe de traumatismos. Lubricante , do aparato dixestivo e de todos os tecidos que son protexidos por mucosas, evitando fricción entre eles. Termoreguladora : Regula a temperatura corporal mediante a transpiración, que se traduce na refrixeración do corpo. É activadora do metabolismo : Beber líquido en abundancia favorece o aumento do gasto metabólico. Exame
8.
VITAMINAS Substancias de composición química moi variada . Imprescindibles para o correcto funcionamento do organismo. Precísanse en cantidades moi pequenas , pero a súa presencia é Indispensable . A súa ausencia pode causar enfermidades de diversa gravidade . Atòpanse principalmente en alimentos crus ou pouco cociñados xa que as vitaminas descompóñense moi facilmente por diversos factores. Hai dous tipos: LIPOSOLUBLES : Solubles en lípidos e insolubles en auga; acumúlanse no fígado. Son: A e a D. A sua acumulación poden producir efectos negativos no fígado. HIDROSOLUBLES : Solubles en auga pero insolubles nos lípidos; non se acumulan no organismo. Son: B ,a B 2 , a B 12 e a C. A súa acumulación NON produce efectos negativos.
Enerxéticas NECESITAMOS ENERXÍAPARA PODER VIVIR. A Enerxía obtémola dos nutrientes Enerxéticos, é dicir, Glícidos e Graxas. Cando éstes faltan úsanse as Proteínas. O Proceso metabólico polo cal as nosas células toman a enerxía dos nutrientes chámase RESPIRACIÓN CELULAR. O Metabolismo Basal é a mínima enerxía que necesita o noso organismo para manter a actividade vital como: respirar, latexo do corazón, circulación sanguínea. O M. Basal mídese nunha persoa estando ésta en repouso e sen comer durante un mínimo de 12 horas. O seu valor depende da talla, sexo, peso e idade. Ademais do M. Basal o noso corpo gasta enerxía en realizar todas as actividades cotías: camiñar, xogar, estudar, cociñar, etc…
11.
ESTRUTURAIS Son aquelasdestinadas a reconstruir o noso corpo (células, tecidos, órganos). As necesidades son cubertas por: Principalmente por Proteínas Por Lípidos que forman parte das membranas dos orgánulos. E polas Sales Minerais que forman parte do esqueleto.
12.
FUNCIONAIS e REGULADORASGrazas as Vitaminas e en menor medida ás Sales Minerais, todas as reaccións metabólicas que teñen lugar dentro do noso corpo, realízanse correctamente e dun xeito coordinado en todo o organismo. As cantidades necesarias destes nutrientes son mínimas pero INDISPENSABLES.
13.
As Dietas UnhaDieta é a cantidade e o tipo de alimentos que inxire unha persoa diariamente.
14.
15.
ACTIVIDADE: Indica paracada un dos seguintes alimentos os seguintes datos: Grupo ao que pertence. Valor nutritivo ALTO. Valor nutritivo BAIXO. Función que desempeña no organismo. Grupo V.N.Alto V.N.Baixo Función UVA SALMÓN PIPAS PAN GRELOS ACEITE IOGUR
Unha Dieta éEquilibrada cando subministra os nutrientes enerxéticos, estruturais e funcionais necesarios e na proporción adecuada. As proporcións varían segundo a idade, sexo, estilo de vida, etc… Os Requisitos que debe cumprir unha dieta para ser considerada equilibrada son: Ser VARIADA: Comer de todo para aportarlle ao organismo todos os nutrientes necesarios. VARIAS comidas ao día: non debemos concentar todos os alimentos en duas comidas ao día. TOMAR ALIMENTOS VEXETAIS FRESCOS: así asegurámonos un aporte vitamínico completo. EVITAR os alimentos precociñados e refinados, xa que éstes perderon moitos nutrientes no proceso de elaboración. As GRAXAS: Toma graxas Insaturadas (aceite de oliva) e Reduce no posible as graxas Saturadas (orixe animal). Consume A DIARIO alimentos ricos en FIBRA (*).
18.
A Fibra Éun tipo de Polisacárido (Glícido) que está presente nas froitas e verduras, principalmente. Non é absorvida polo organismo, pero aínda así cumpre unha serie de beneficiosas funcións: Favorece o paso dos alimentos polo tubo dixestivo (tránsito intestinal). Produce sensación de saciedade. Reduce o colesterol.
A Dieta Mediterráneaé a alimentación TRADICIONAL dos países do sur de Europa. Os alimentos que a compoñen, son: Aceite de Oliva . Aporta un alto contido en graxas Insaturadas. Cereais . Alto aporte en Glícidos. Legumes . Aporte de Vitaminas e fibra. Peixes . Aporte de Proteínas con baixo colesterol. Verduras e Froitas . Aporte de Vitaminas, sales Minerais e auga. BENEFICIOS: Protector de enfermidades do aparato circulatorio. Prevén o estrinximento, o cancro de colon e a obesidade.
Dietas Especiais Algúnhasenfermidades e trastornos poden obligarnos a non tomar determinados alimentos ou potenciar o consumo doutros; nesto consiste unha dieta especial . As máis importantes son: Dietas HIPOCALÓRICAS : Poucos glícidos e graxas. Indicada para baixar de peso. Dietas HIPERCALÓRICAS : Moitos glícidos e graxas. Indicada para gañar peso. Dietas BAIXAS EN COLESTEROL : Mínimo consumo de graxas Saturadas e Gran consumo das Insaturadas. Indicadas para persoas con risco cardiovascular. Dietas cun ALTO CONTIDO DE RESIDUOS : Alto consumo en fibra. Indicadas para persoas con estrinximento crónico. Dietas BRANDAS : Mínimo consumo de fibra. Indicadas para persoas con obstrución intestinal.
23.
Dietas Incorrectas DESNUTRICIÓN:Prodúcese cando a cantidade de alimentos que se inxire é insuficiente para satisfacer as necesidades nutricionais. Un nen@ con marasmo aparece escualid@, coa barriga inflamada e o seu peso corporal pode reducirse ata menos do 80% do seu peso normal para a súa altura Os signos de Kwashiorkor inclúen empenamento abdominal, coloración avermellada do cabelo e despigmentación da pel. O abdome empenado é debido a ascite ou retención de líquidos na cavidade abdominal por ausencia de proteínas no sangue e favorece o fluxo de auga cara ao abdome
24.
Dietas Incorrectas NutriciónIncorrecta : Ao contrario da anterior, nesta temos todos os nutrientes necesarios pero inxerimolos incorrectamente, en proporcións non saudables. A anorexia nerviosa é un trastorno da conduta alimentaria. A súa definición establece como característica principal a perda auto-inducida de peso, provocada por unha preocupación anómala pola forma e o peso do propio corpo, que máis tarde se manifesta mediante o control excesivo da inxestión de alimentos. Preséntase normalmente na adolescencia (14-18 anos de idade), tamén en idades máis tardías (20-40 anos). Bulimia ou bulimia nerviosa forma parte dun trastorno psicolóxico e un trastorno alimentario. É un comportamento durante o cal o individuo se afasta das pautas de alimentación saudable consumindo comida en exceso en períodos de tempo moi curtos (o que lle xera unha sensación temporal de benestar), para despois buscar eliminar o exceso de alimento a través de xaxúns, vómitos, purgas ou laxantes. Exame
25.
26.
CONSERVACIÓN e HIXIENEDos alimentos FRÍO CALOR DESECAMENTO ENVASADO o BALEIRO IRRADIACIÓN FERMENTACIÓN AFUMADO CONSERVANTES
27.
Conservación e Hixienedos Alimentos Conservar un alimento posibilita: Evitar cas moléculas orgánicas presentes no alimento non se DETERIOREN e sexan inservibles para o consumo. O ALMACENAXE dos alimentos, permitindo dispor deles en calquera época do ano. As dúas causas plas que un alimento se deteriora, son: A acción dos ENZIMAS, que provocan cambios químicos nos nutrientes quedando alterado o alimento. Proliferación de Microorganismos (bacterias e fungos) que utilizan os nutrientes do alimento, deteriorándoos; ademáis poden producir substancias tóxicas no alimento.
28.
As mazás oxídansepola acción dun enzima ( a Oxidasa) que permite a reacción entre o Ferro da mazá e o osíxeno do aire: Fe + O 2 Fe 2 O 3 Os Fungos atacan á froita porque as esporas destes, presentes no aire, péganse á pel da froita debido a súa humidade, e dende ahí invaden o alimento.
29.
Método 1: FRÍOAs Temperaturas Baixas reducen a velocidade de reprodución dos Microorganismos así como a acción dos Enzimas. Os métodos son: REFRIXERACIÓN: Temperaturas lixeiramente por riba de 0ºC. Frigorífico. CONXELACIÓN: Temperaturas den de 0ºC ata -18ºC. Coxelador. ULTRACONXELACIÓN: Temperaturas entre -35ºC e -150ºC. Industrial.
30.
Método 2: CALORMediante este método destrúense os enzimas e mátanse os microorganismos. Hai distintas modalidades: ESTERILIZACIÓN . Tª (110ºC – 120ºC). Elimina os microorganismos. UHT : Tª (135ºC durante dous segundos). Elimina os microorganismos pero NON os nutrientes. PASTEURIZACIÓN : Quéntase o alimento ata os 72ºC e de seguido arrefríase. Elimina os microorganismos sen alterar as características organolépticas.
31.
Método 3: DESECAMENTOConsiste na eliminación da auga dos alimentos. A LIOFILIZACIÓN consiste en conxelar o alimento e logo desecalo por Sublimación a baixa presión. Café, Froitas, Legumes e ata Xeados para astronautas…
32.
Método 4: ENVASADOao BALEIRO Elimínase o aire do envase e con él o O 2 , polo que os microorganismos morren e moitos enzimas non actúan (oxidasas). Método 5: IRRADIACIÓN Mediante radiacións (Raios Ganma, raios X) sobre o alimento moitos microorganismos e enzimas son destruidos. Froita, verduras, peixe e mariscos,
33.
Método 6: FERMENTACIÓNMediante Microorganismos, modifícanse as propiedades químicas e nutritivas de determinados alimentos, fecéndoos máis duradeiros e nutritivos. Exemplos: Queixo e Iogur. Método 7: ENLATADO Introducir o alimento, esterilizado por calor, nun recipiente de aceiro, recuberto por unha capa de estaño. O aluminio para as bebidas.
34.
Método 8: AFUMADOO fume, da combustión da madeira, contén substancias antisépticas ( antimicrobianas ) que evitan a proliferación de microorganismos; ademáis de elimar auga do alimento retrasando o seu deterioro.
35.
Método 9: CONSERVANTESTradicionalmente son métodos basados en engadir determinadas substancias ao alimento para perder auga e conservarse máis no tempo. Exemplo Bacallau (Sal) ou Marmeladas (Azucre). O vinagre e especias. Na actualidade utilízanse os ADITIVOS: substancias naturais e químicos (a maioría) que se lle engaden para obter diversas características. Algúns dos aditivos que se comercializan no noso país non se coñecen a fondo.
36.
Clasificación dos AditivosSistema internacional de numeración para os aditivos alimentarios Colorantes E100 a E181 Conservantes E182 a E297 Antioxidantes E300 a E326 Regulador da acidez e outros E327 a E390 Espesante, estabilizador, emulsionantes E400 a E585 Acentuador ou potenciador do sabor E620 a E641 Outros E900 a E945 Edulcorantes E950 a E977 Outros E999 a E1105 Almidóns E1400 E 1450
Algúns exemplos son:Ovos enriquecidos con ácidos graxos esenciais omega-3, axudan a reducir o risco de afeccións cardíacas. Leite e iogures fermentados con cultivos probióticos facilitan a dixestión. Cereais con ácido fólico, que axudan a reducir o número de nenos que nacen con espiña bífida Margarinas con fitoesteroles (benecol) que reduce o colesterol e diminúe o risco de padecer afeccións cardiácas
50.
Os alimentos sometidosa enxeñaría xenética ou alimentos transxénicos son aqueles que foron producidos a partir dun organismo modificado xeneticamente mediante enxeñaría xenética. Dito doutra forma, é aquel alimento obtido dun organismo ao cal o incorporaron xenes doutro para producir as características desexadas. VANTAXES INCONVENIENTES