SlideShare a Scribd company logo
1 of 81
O SAR
A NATUREZA
Val do Ulla e do Sar e vila de Padrón desde o monte Meda
A comarca do Sar está situada ao sur da provincia da Coruña ocupando parte do esteiro e do
último tramo do Ulla e os vales de varios afluentes entre os que destaca o Sar. É un terreo de
contrastes entre as terras baixas, as Veigas de Padrón e pequenos cumes, restos de antigas
superficies de erosión que se sitúan polos lindes leste e oeste.
A comarca conta con interesantes espazos naturais, sobre todo a área protexida no río Ulla e o
seu esteiro.
SUPERFICIE:
177,3 km2
POBOACIÓN:
16.292 habitantes (2015).
CONCELLOS:
Dodro Padrón e Rois
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”
CLIMA
Oceánico hiperhúmido cunha temperatura media anual de 14 ºC.
ACTIVIDADES
Padrón
As principais actividades son os servizos, a industria, a construción, a agricultura, a pesca e as
explotacións forestais. Destaca a produción do Pemento de Herbón que conta cunha
Indicación Xeográfica Protexida e cunha festa de exaltación no mes de agosto.
Campos de cultivo e invernadoiros en Herbón
Porto de Padrón
PATRIMONIO
A comarca do sar acolle un rico e variado patrimonio histórico-artístico, moi asociado ás
tradicións xacobeas. En Padrón conflúen a coñecida como Ruta da Translación ou Ruta
Marítimo-fluvial Xacobea do Mar de Arousa e o Camiño Portugués que ven desde Pontevedra.
Destaca a Colexiata de Iria Flavia, o santuario da Escravitude, o convento de Herbón e
numerosas igrexas e capelas parroquiais, así como cruceiros, pontes, pazos e casas
tradicionais.
O Pedrón, unha ara romana dedicada a Neptuno.
Gárdase debaixo do altar maior da Igrexa de
Santiago en Padrón.
Pódese ler a inscrición «NO ORI ESES D S P», que se
interpreta como: "A Neptuno, os habitantes do foro
de Iria, colocaron esta ara ás súas expensas".
A tradición cristiá da Traslatio Xacobea, recollida
no Libro III do Códice Calixtino, relata que os
discípulos do apóstolo Santiago amarraron no
Pedrón a barca que portaba o corpo do santo.
Colexiata de Iria Flavia (Padrón)
Sartegos na Colexiata de
Iria Flavia (Padrón)
Convento de San Antonio de Herbón (Padrón).
Arriba: talla de San Francisco de José Ferreiro.
Igrexa de Santa María de Herbón (Padrón)
Santuario da Escravitude (Padrón)
Fonte do Santuario da Escravitude (Padrón)
Igrexa de San Xulián de Laíño (Dodro)Igrexa de San Mamede de Rois
Cruceiro en Carrais (Rois) Cruceiro en Vilariño (Urdilde-Rois)
CONCELLOS
SUPERFICIE:
36,08 km2
POBOACIÓN:
2.882 habitantes
(2015)
PARROQUIAS:
Dodro, Laíño e San
Xoán de Laíño.
Laíño e o esteiro do Ulla
DODRO
Está situado no sur da comarca. Non ten núcleos importantes de poboación e a capital
municipal sitúase en Tallós.
No territorio distínguense dúas áreas. Ao sur o val do Ulla que percorre o linde de nordeste a
suroeste abríndose nun amplo esteiro de grande valor ecolóxico no que se atopan as marismas
das Avesedas e as brañas de Laíño, Lestrove e Dodro. Os principais afluentes son o Vigo e o
Manselle. Polo noroeste circula o Devesa, un afluente do Té. Ao norte e oeste os últimos
contrafortes da Muralla cos cumes máis destacados no Lomba da Poza (567 m), Morouzos (316
m) e Caldebarcos (312 m).
Eira de hórreos en Imo
As principais actividades son a agricultura, o sector forestal, os servizos e a industria, aínda
que unha grande parte da poboación desprázase a traballar fora do concello.
Os lugares de maior interese natural atópanse no esteiro do Ulla, protexido no LIC “Sistema
Fluvial Ulla-Deza”, e nos montes da Muralla onde se poden facer rutas de sendeirismo e gozar
de vistas espectaculares.
No patrimonio histórico-artístico destacan os pazos de Lestrove e Hermida e as igrexas de
Dodro, San Xoán de Laíño e San Xiao de Laíño.
Cruceiro nas Paxareiras, onde hai unha área
de lecer e unha ruta de sendeirismo
Padrón desde o monte Meda
SUPERFICIE:
48,32 km2
POBOACIÓN:
8.643 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Carcacía, Cruces,
Herbón, Iria Flavia e
Padrón.
PADRÓN
Situado na zona oeste da comarca. A maior parte do territorio do concello forma parte da
Depresión Meridiana que aquí acada 12 m de ancho e está ocupada polo fértil val do Sar
(veiga de Padrón). No leste unha aliñación de cumes que van desde o Ulla ata o linde norte:
Meda (451 m), Lapido, Pena de Cruz, e o Castro, ao sur do Ulla.
O río Ulla, o principal curso do concello, discorre con dirección leste-oeste facendo
parcialmente de linde coa provincia de Pontevedra. Recibe ao Sar na vila de Padrón, preto da
desembocadura.
Casa-Museo de Rosalía de Castro
As actividades máis importantes son os servizos, a industria (transformados do aluminio,
taboleiros, ferros, curtidos, conservas...) os servizos e a agricultura. Destaca o cultivo dos
pementos de Herbón.
Os espazos de maior interese natural atópanse no val do Ulla, protexido no LIC “Sistema
Fluvial Ulla-Deza”. De grande valor botánico é o Xardín Artístico.
Ten un importante patrimonio histórico artístico: conventos de Herbón e do Carme, colexiata
de Iria Flavia, santuario da Escravitude, ermida de Santiaguiño do Monte, fontes, pontes,
pazos, casas tradicionais...
Tamén conta con varios museos: casa de Rosalía de Castro, Casa de Camilo José Cela.
A Escravitude
Rois, cos montes do Oleirón ao fondo
SUPERFICIE:
22,59 km2
POBOACIÓN:
4.767 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Augasantas, Buxán, Costa,
Ermedelo, Herbogo, Leroño,
Oín, Ribasar, Rois, Seira,
Sorribas e Urdilde.
ROIS
Está situado no norte da comarca. O territorio do concello ten dúas áreas diferenciadas. Ao
leste os montes que se estenden desde A Muralla, cos cumes máis destacados no Pedregal
(609 m), Ricovo (576 m) e As Cavadiñas (518 m). De norte a sur, separado dos anteriores polo
val do río Valeirón ou Liñares, os montes do Oleirón, co cume máis alto no Santa Cecia, con
420 m. No leste os terreos chans que forman parte da Depresión Meridiana, na marxe dereita
do río Sar e no val do seu afluente, o Rois. A zona noroeste do territorio verte en regos
afluentes do Soñora que vai á Ría de Noia.
Acceso ao pazo do Farramello, onde
estivo instalada a primeira fábrica de
papel de Galiza.
As principais actividades son a agrogandaría, as explotacións forestais e os servizos. A capital
municipal é Os Dices.
As zonas de maior interese natural atópanse no río sar, protexido no LIC “Sistema Fluvial Ulla-
Deza”, e nos montes da Muralla onde hai unha impresionantes vistas panorámicas de toda a
comarca.
O patrimonio histórico artístico está reppresentado polas igrexas de San Vicente de
Augasantas, Leroño, San Miguel da Costa e San Mamede de Rois, os pazos do Faramello,
Angueira de Castro e Antequeira e algúns cruceiros (Vilachán, Soñora, Carrais, Vilariño...).
Río Sar en Rois
RELEVO
A Depresión Meridiana, o esteiro do Ulla e a Ría de Arousa desde a Pena da Grela
O territorio da comarca do Sar é moi irregular e de grandes contrastes. A Depresión Meridiana,
un bloque tectónico afundido por un sistema de fallas que atravesa Galiza de norte a sur, cruza
o centro-leste da comarca e forma, xunto coa acción dos ríos a chamada “Veiga de Padrón”,
unha zona baixa e achairada cuberta de sedimentos. As terras baixas continúan polos vales
dos afluentes do Sar e no esteiro do Ulla, na prolongación da ría de Arousa.
Ao leste atópanse os montes da Muralla, co cume máis destacado no Pedregal, con 609 m. No
centro, separando os vales do Sar e o Rois os montes de Oleirón, e no leste unha serie de
cumes que van desde o Ulla ata o linde coa comarca de Santiago.
A Depresión Meridiana desde o alto do Muralla. Ao fondo o monte Meda
Granitos con grandes cristais de feldespatos nos cumes da serra do Oleirón
Os rochas máis abundantes son os granitos que nos montes dan lugar a unha paisaxe
dominada por penedos.
A vexetación máis extendida nos montes son o mato de toxos e breixos e as plantacións de
piñeiros e eucaliptos, moi afectados polos incendios nos últimos anos.
Vista desde o cume da Muralla sobre Rois
Os toxos son os arbustos máis abundantes no
mato que cobre os cumes da comarca.
Uvas de lagarto (Sedum...). Instálanse aproveitando a
humidade e o pouco solo que se forma nas fendas das
pedras e sobre terreos degradados.
Lagarto Arnal (Timon lepidus)
A fauna é a típica das matogueiras e de espazos cultivados, en especial as aves.
Chasco (Saxicola torquata)
A Muralla desde o cume de Santa Cecia
A MURALLA
Esténdese con direción norte-sur entre a serra de Barbanza e a Depresión Meridiana, nos
lindes das comarcas do Sar, Barbanza e Noia. Os cumes máis altos nesta comarca son o
Pedregal (609 m), Ricovo (576 m) e As Cavadiñas (518 m).
Na aba leste nacen algúns afluentes do Sar e na oeste regos das cabeceiras do Soñora.
Accedese desde Rois, por Augasantas ou Ermedelo e desde Dodro. Desde os cumes hai unhas
vistas espectaculares sobre a ría de Arousa e os vales do Ulla e Sar.
O Pedregal
Bustelo e a ría de Arousa ao fondo
Vista dos cumes da Muralla cara ao norte, en terreos de Rois
SERRA DO OLEIRÓN
Esténdese de norte a sur por terreos do concello de Rois e fai de divisoria de augas entre os
ríos Sar e o Rois, co seu afluente o Liñares. O cume máis destacado é o Santa Cecia, con 420 m.
Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre as comarcas de Sar e Santiago.
Accedese por estrada asfaltada desde Macedos (Urdilde-Rois). Unha pista forestal sube desde
Cornes. A combinación das dúas permite facer unha travesía de Norte a Sur.
A Depresión Meridiana e Padrón desde o cume de Santa Cecia
Cumes do Lapido e Pena da Agrela desde o Meda, cara ao norte
Unha serie de cumes esténdense con dirección norte-sur polo leste da comarca, no linde dos
concellos de Padrón e Teo.
PENA DAS CRUCES (372 m), PENA DA AGRELA (409 m), CASTELO (382 m), LAPIDO (432 m) e
MEDA (448 m). Están formados por rochas graníticas que destacan no terreo en forma de
bolos e penedos. Nas abas do oeste nacen varios regos que desaugan no Sar.
Accedese desde a estrada de Herbón a Carcacía (Padrón).
Desde os cumes hai unhas boas vistas dos vales do Ulla e Sar e das comarcas limítrofes.
Monte Meda desde o Ulla
Cume do Meda
MONTE DO CASTRO VALENTE
Situado ao sur do Ulla, no linde entre Padrón e A Estrada. O cume acada os 398 m de altura.
Accédese desde Bandín ou Morono
Monte do Castro desde o Meda
OS RÍOS
O Ulla en Herbón
O principal curso fluvial da comarca é o Ulla que atravesa parte do concello de Padrón de leste
a oeste e fai de linde natural coa comarca de Pontevedra no seu último tramo, no esteiro no
fondo da ría de Arousa. O Sar é o afluente máis importante que circula de norte a sur
aproveitando a Depresión Meridiana e recibe numerosos afluentes que baixan das serras que
limitan a comarca polo leste e oeste.
A zona noroeste do concello de Rois verte en regos afluentes do Soñora que vai á Ría de Noia.
En xeral os cursos dos ríos son de pouco desnivel e forman vales amplos e abertos, agás o Ulla
que se encaixa na súa entrada na comarca entre bloques graníticos elevados.
Na contorna dos ríos consérvanse diversos ecosistemas (bosques de ribeira, esteiros,
marismas) nos que hai unha rica flora e fauna. O Ulla e o Sar están protexidos en todo o seu
percorrido pola comarca.
Carrizos (Phragmites communis).
Cubren grandes superficies nos esteiros ata onde
chegan as augas salobres.
Xunco (Juncus maritimus). Os xuncos dos esteiros
reteñen materiais en suspensión na auga, límpana
de resíduos e contribúen a formar solo.
Nas zonas pouco fondas dos remansos enraízan ou aboian un gran número de
plantas que gostan da auga: herba salgueira, espadanas, lentellas de auga...
Cáncaro (Primula acaulis)
Mosca Eristalis tenax sobre flores de Pé de boi,
planta pezoñenta moi común á beira de ríos e lugares
húmidos. As larvas desta mosca (eirugas de cola de
rata) viven en augas ricas en resíduos orgánicos,
mentres que os adultos aliméntanse de pole e néctar
das flores.
Ra verde (Pelophyllax perezi). A máis abondosa
e coñecida das ras galegas está presente en
todas as augas quedas ou de corrente lenta.
Garzota (Egretta garzetta). É un visitante
invernal que busca nos esteiros lugares para
descansar e alimentarse.
Lamprea (Petromyzom marinus). Péscase nos cursos
baixos dos ríos cando remonta para desovar. A boca está
adaptada para suxeitarse a outros animais e alimentarse
do seu sangue.
O Ulla en Dodro
RÍO ULLA
Nace no monte Picouzo, entre as Parroquia de Ansar (Taboada), Viloide e Os Ferreiros
(Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla) e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira e
Ermida. Percorre varias comarcas, ás que lle da nome; a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca na
ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures, despois de 132 km de percorrido.
Recibe pola dereita o Sar e varios regos pequenos (Vigo, Manselle, Devesa).
Na comarca drena, xunto cos seus afluentes, os concellos de Rois, Dodro e Padrón.
Na súa entrada en terras de Padrón encáixase entre os montes do Castro e Meda e logo ábrese
nun amplo esteiro antes de morrer na ría de Arousa.
Está protexido no LIC “Sistema fluvial Ulla-Deza”
O Ulla encaixado en Padrón
Atranco no Couto de Sinde, en Carcacía
Canón do Ulla entre os montes
do Castro e o Meda
O Ulla en Padrón
Tramo final do curso do Ulla entre Padrón, Pontecesures e Valga
Ponte sobre o Ulla entre Padrón e Pontecesures.
Tivo orixe romana e foi modificada en diversas ocasións.
O Ulla en Padrón
Enchente no Ulla
O Ulla forma na súa marxe dereita unhas amplas marismas que
ocupan máis de 100 hectáreas coñecidas como Brañas de Laíño.
Confluencia do Sar no Ulla
AS PESQUEIRAS
Son os lugares ou as construcións para a captura de lamprea. Están formadas por unha serie de muros
separados por boquetes que arrancan das beiras e cruzan o río no sentido perpendicular á corrente. Nos
ocos sitúanse os aparellos para a pesca da lamprea chamados cangallos.
Están documentadas desde o século IX e foron moi abondosas na Idade Media.
Barca e pesqueiras da lamprea en Herbón Detalle dun boquete dunha pesqueira en Carcacía
O Sar no Faramello (Brión)
RÍO SAR
Nace na parroquia de Bando (Santiago de Compostela) e xúntase ao Ulla en Padrón. Circula primeiro con
dirección leste-oeste e despois norte-sur aproveitando a Depresión Meridiana.
Na comarca drena os concellos de Rois e Padrón e recibe pola dereita o Rois (co Liñares ou Valeirón) e
numerosos regos de pequeno tamaño.
O Sar en Brión
Río Liñares, afluente do Rois que vai ao Sar e baixa
entre as abas do Pedregal e o Oleirón
O Sar na Veiga de Padrón
O Sar ten un curso con pouco desnivel e cando as choivas son abundantes reborda con facilidade. Na vila de Padrón
construiuse unha canle para evitar as inundacións.
Canle nova do Sar
Ponte de Santiago, construída en 1852 sobre o Sar en Padrón
O Sar a carón do paseo do Espolón
O Sar e a canle nova rodeando Padrón
Curso alto do Te en Teaio (Dodro), nas abas da
serra da Muralla. Unha ruta de sendeirismo
permite percorrer un pequeno tramo onde hai
varios rápidos, pequenos saltos e muíños.
RÍO TE
Nace ao sur do Monte Muralla e
desemboca na ría de Arousa na enseada
Carballeira. Os principais afluentes son o
Muíño do Conde, Batán e Muíños pola
dereita; e o Devesa, pola esquerda.
AS ÁRBORES
Área de lecer de Santiaguiño do
Monte, en Padrón. Conta cunha
área arborada (piñeiros, carballos,
castiñeiros) e un miradoiro sobre
Padrón. Pódese acceder por unhas
escaleiras desde a rúa Santiago,
despois de cruzar a ponte sobre o
Sar, ou por estrada.
A maior parte do terreo forestal da comarca está ocupado por plantacións de piñeiros e
eucaliptos e só nalgunha áreas protexidas ou de difícil acceso se atopan pequenas masas de
carballeiras autóctonas con algunha sobreira mesturada.
Nos adros dalgunhas igrexas e mosteiros, nos parques e xardíns das vilas e dos pazos atópanse
boas representacións de especies entre as que hai varios exemplares monumentais. Destaca o
Xardín Artístico de Padrón declarado Monumento Artístico Nacional desde 1946. Tamén se
atopan bos exemplares na Casa Museo de Rosalía de Castro e no Pazo de Antequeira, en Rois
(tilleira e faia). (P): incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
XARDÍN ARTÍSTICO DE PADRÓN:
-Carballo fastixiado (P)
-Castiñeiro de Indias (P)
-Árbore do Amor (Coroa de Cristo) (P)
-Palmeira do Senegal (P)
-Secuoias vermellas (P)
-Calocedro
-Xenebreiro (Sombreiro de Copa)
-Plátanos
-Camelias
-Tilleira
Carballo “fastiguiata” (Quercus robur) do xardín de
Padrón. Mide 26 m de altura e foi plantado na segunda
metade do século XIX.
Castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastanum) do xardín
de Padrón. Mide arredor de 29 m de altura.
Palmeira do Senegal (Phoenix reclinata) do Xardín
Padrón. Mide 11 m de altura. Destaca pola gran
cantidade de talos que emite desde as raíces.
Secuoias vermellas (Sequoia sempervirens) do Xardín de
Padrón. Teñen 32 e 33 m de altura e máis de 150 anos.
CASA MUSEO ROSALÍA (PADRÓN)
-Árbore do Coral
-Figueira (P)
-Ombú
-Loureiro
Loureiro (Laurus nobilis)
Casa Museo Rosalía Castro. (Padrón).
Ombú (Phytolaca dioica).
Casa-museo de Rosalía de Castro (Padrón)
Figueira (Ficus carica) Casa Museo
Rosalía Castro. (Padrón).
Mide 6 m de altura e 1,50 de
perímetro. É unha das figueiras máis
coñecidas pola súa relación con
Rosalía de Castro.
Oliveiras (Olea europaea) do Cimeterio de Adina. Iria Flavia. (Padrón).
Os exemplares máis vellos teñen máis de 200 anos. (P)
-Palmeira datileira do MOSTEIRO DE
HERBÓN (PADRÓN) (P)Plátanos (Platanus x hispanica)
Paseo do Espolón (Padrón)
Sobreiras (Quercus suber) en Herbón (Padrón)
Sobreira en Aldea de Arriba (Imo, Dodro)
Robinias (Robinia pseudoacacia) no Santuario da Escravitude (Padrón)
Chopo (Populus nigra) a carón
do río Ulla (Padrón)
-5,3 m de perímetro
Loureiro a carón do Ulla (Padrón) Arcipreste de Portugal da igrexa de Iria Flavia (Padrón)
ESPAZOS PROTEXIDOS
Esteiro do Ulla
LIC SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA
O espazo protexido abrangue unha extensión de 1.153 ha, o curso do Ulla desde Arzúa ata a
desembocadura, o último tramo do Deza e o Sar, desde Os Anxos. Nesta comarca terreos nos
concellos de Dodro, Padrón e Rois.
É unha zona de gran interese xeolóxico e biolóxico. Os ecosistemas máis relevantes son o
esteiro e marismas da desembocadura e os bosques de ribeira.
As augas do Ulla son ricas en especies piscícolas. É o único río da vertente atlántica galega no
que hai salmón. Ademais pódense atopar lampreas, troitas, sábalos, escalos, muxes...
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Actualizada en xullo de 2017

More Related Content

What's hot

Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancaresmonadela
 
silleda
silledasilleda
silledaalbela
 
LIC Serra do Candán
LIC Serra do CandánLIC Serra do Candán
LIC Serra do Candánmonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."monadela
 
LIC Ulla-Deza
LIC Ulla-DezaLIC Ulla-Deza
LIC Ulla-Dezamonadela
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancaresmonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sormonadela
 

What's hot (20)

Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
 
silleda
silledasilleda
silleda
 
LIC Serra do Candán
LIC Serra do CandánLIC Serra do Candán
LIC Serra do Candán
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
 
LIC Ulla-Deza
LIC Ulla-DezaLIC Ulla-Deza
LIC Ulla-Deza
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancares
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sor
 

Similar to Comarca O Sar

Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistralmonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldasmonadela
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcalamonadela
 

Similar to Comarca O Sar (19)

Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
O courel
O courelO courel
O courel
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Río Ulla
Río UllaRío Ulla
Río Ulla
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Río Eo
Río EoRío Eo
Río Eo
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcala
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca O Sar

  • 2. Val do Ulla e do Sar e vila de Padrón desde o monte Meda A comarca do Sar está situada ao sur da provincia da Coruña ocupando parte do esteiro e do último tramo do Ulla e os vales de varios afluentes entre os que destaca o Sar. É un terreo de contrastes entre as terras baixas, as Veigas de Padrón e pequenos cumes, restos de antigas superficies de erosión que se sitúan polos lindes leste e oeste. A comarca conta con interesantes espazos naturais, sobre todo a área protexida no río Ulla e o seu esteiro.
  • 3. SUPERFICIE: 177,3 km2 POBOACIÓN: 16.292 habitantes (2015). CONCELLOS: Dodro Padrón e Rois ESPAZOS PROTEXIDOS: LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”
  • 4. CLIMA Oceánico hiperhúmido cunha temperatura media anual de 14 ºC.
  • 5. ACTIVIDADES Padrón As principais actividades son os servizos, a industria, a construción, a agricultura, a pesca e as explotacións forestais. Destaca a produción do Pemento de Herbón que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida e cunha festa de exaltación no mes de agosto.
  • 6. Campos de cultivo e invernadoiros en Herbón
  • 8. PATRIMONIO A comarca do sar acolle un rico e variado patrimonio histórico-artístico, moi asociado ás tradicións xacobeas. En Padrón conflúen a coñecida como Ruta da Translación ou Ruta Marítimo-fluvial Xacobea do Mar de Arousa e o Camiño Portugués que ven desde Pontevedra. Destaca a Colexiata de Iria Flavia, o santuario da Escravitude, o convento de Herbón e numerosas igrexas e capelas parroquiais, así como cruceiros, pontes, pazos e casas tradicionais. O Pedrón, unha ara romana dedicada a Neptuno. Gárdase debaixo do altar maior da Igrexa de Santiago en Padrón. Pódese ler a inscrición «NO ORI ESES D S P», que se interpreta como: "A Neptuno, os habitantes do foro de Iria, colocaron esta ara ás súas expensas". A tradición cristiá da Traslatio Xacobea, recollida no Libro III do Códice Calixtino, relata que os discípulos do apóstolo Santiago amarraron no Pedrón a barca que portaba o corpo do santo.
  • 9. Colexiata de Iria Flavia (Padrón)
  • 10. Sartegos na Colexiata de Iria Flavia (Padrón)
  • 11. Convento de San Antonio de Herbón (Padrón). Arriba: talla de San Francisco de José Ferreiro.
  • 12. Igrexa de Santa María de Herbón (Padrón)
  • 14. Fonte do Santuario da Escravitude (Padrón)
  • 15. Igrexa de San Xulián de Laíño (Dodro)Igrexa de San Mamede de Rois
  • 16. Cruceiro en Carrais (Rois) Cruceiro en Vilariño (Urdilde-Rois)
  • 17. CONCELLOS SUPERFICIE: 36,08 km2 POBOACIÓN: 2.882 habitantes (2015) PARROQUIAS: Dodro, Laíño e San Xoán de Laíño. Laíño e o esteiro do Ulla DODRO Está situado no sur da comarca. Non ten núcleos importantes de poboación e a capital municipal sitúase en Tallós. No territorio distínguense dúas áreas. Ao sur o val do Ulla que percorre o linde de nordeste a suroeste abríndose nun amplo esteiro de grande valor ecolóxico no que se atopan as marismas das Avesedas e as brañas de Laíño, Lestrove e Dodro. Os principais afluentes son o Vigo e o Manselle. Polo noroeste circula o Devesa, un afluente do Té. Ao norte e oeste os últimos contrafortes da Muralla cos cumes máis destacados no Lomba da Poza (567 m), Morouzos (316 m) e Caldebarcos (312 m).
  • 18. Eira de hórreos en Imo As principais actividades son a agricultura, o sector forestal, os servizos e a industria, aínda que unha grande parte da poboación desprázase a traballar fora do concello. Os lugares de maior interese natural atópanse no esteiro do Ulla, protexido no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”, e nos montes da Muralla onde se poden facer rutas de sendeirismo e gozar de vistas espectaculares. No patrimonio histórico-artístico destacan os pazos de Lestrove e Hermida e as igrexas de Dodro, San Xoán de Laíño e San Xiao de Laíño. Cruceiro nas Paxareiras, onde hai unha área de lecer e unha ruta de sendeirismo
  • 19. Padrón desde o monte Meda SUPERFICIE: 48,32 km2 POBOACIÓN: 8.643 habitantes (2015) PARROQUIAS: Carcacía, Cruces, Herbón, Iria Flavia e Padrón. PADRÓN Situado na zona oeste da comarca. A maior parte do territorio do concello forma parte da Depresión Meridiana que aquí acada 12 m de ancho e está ocupada polo fértil val do Sar (veiga de Padrón). No leste unha aliñación de cumes que van desde o Ulla ata o linde norte: Meda (451 m), Lapido, Pena de Cruz, e o Castro, ao sur do Ulla. O río Ulla, o principal curso do concello, discorre con dirección leste-oeste facendo parcialmente de linde coa provincia de Pontevedra. Recibe ao Sar na vila de Padrón, preto da desembocadura.
  • 20. Casa-Museo de Rosalía de Castro As actividades máis importantes son os servizos, a industria (transformados do aluminio, taboleiros, ferros, curtidos, conservas...) os servizos e a agricultura. Destaca o cultivo dos pementos de Herbón. Os espazos de maior interese natural atópanse no val do Ulla, protexido no LIC “Sistema Fluvial Ulla-Deza”. De grande valor botánico é o Xardín Artístico. Ten un importante patrimonio histórico artístico: conventos de Herbón e do Carme, colexiata de Iria Flavia, santuario da Escravitude, ermida de Santiaguiño do Monte, fontes, pontes, pazos, casas tradicionais... Tamén conta con varios museos: casa de Rosalía de Castro, Casa de Camilo José Cela. A Escravitude
  • 21. Rois, cos montes do Oleirón ao fondo SUPERFICIE: 22,59 km2 POBOACIÓN: 4.767 habitantes (2014) PARROQUIAS: Augasantas, Buxán, Costa, Ermedelo, Herbogo, Leroño, Oín, Ribasar, Rois, Seira, Sorribas e Urdilde. ROIS Está situado no norte da comarca. O territorio do concello ten dúas áreas diferenciadas. Ao leste os montes que se estenden desde A Muralla, cos cumes máis destacados no Pedregal (609 m), Ricovo (576 m) e As Cavadiñas (518 m). De norte a sur, separado dos anteriores polo val do río Valeirón ou Liñares, os montes do Oleirón, co cume máis alto no Santa Cecia, con 420 m. No leste os terreos chans que forman parte da Depresión Meridiana, na marxe dereita do río Sar e no val do seu afluente, o Rois. A zona noroeste do territorio verte en regos afluentes do Soñora que vai á Ría de Noia.
  • 22. Acceso ao pazo do Farramello, onde estivo instalada a primeira fábrica de papel de Galiza. As principais actividades son a agrogandaría, as explotacións forestais e os servizos. A capital municipal é Os Dices. As zonas de maior interese natural atópanse no río sar, protexido no LIC “Sistema Fluvial Ulla- Deza”, e nos montes da Muralla onde hai unha impresionantes vistas panorámicas de toda a comarca. O patrimonio histórico artístico está reppresentado polas igrexas de San Vicente de Augasantas, Leroño, San Miguel da Costa e San Mamede de Rois, os pazos do Faramello, Angueira de Castro e Antequeira e algúns cruceiros (Vilachán, Soñora, Carrais, Vilariño...). Río Sar en Rois
  • 23. RELEVO A Depresión Meridiana, o esteiro do Ulla e a Ría de Arousa desde a Pena da Grela O territorio da comarca do Sar é moi irregular e de grandes contrastes. A Depresión Meridiana, un bloque tectónico afundido por un sistema de fallas que atravesa Galiza de norte a sur, cruza o centro-leste da comarca e forma, xunto coa acción dos ríos a chamada “Veiga de Padrón”, unha zona baixa e achairada cuberta de sedimentos. As terras baixas continúan polos vales dos afluentes do Sar e no esteiro do Ulla, na prolongación da ría de Arousa. Ao leste atópanse os montes da Muralla, co cume máis destacado no Pedregal, con 609 m. No centro, separando os vales do Sar e o Rois os montes de Oleirón, e no leste unha serie de cumes que van desde o Ulla ata o linde coa comarca de Santiago.
  • 24. A Depresión Meridiana desde o alto do Muralla. Ao fondo o monte Meda
  • 25. Granitos con grandes cristais de feldespatos nos cumes da serra do Oleirón Os rochas máis abundantes son os granitos que nos montes dan lugar a unha paisaxe dominada por penedos.
  • 26. A vexetación máis extendida nos montes son o mato de toxos e breixos e as plantacións de piñeiros e eucaliptos, moi afectados polos incendios nos últimos anos. Vista desde o cume da Muralla sobre Rois
  • 27. Os toxos son os arbustos máis abundantes no mato que cobre os cumes da comarca. Uvas de lagarto (Sedum...). Instálanse aproveitando a humidade e o pouco solo que se forma nas fendas das pedras e sobre terreos degradados.
  • 28. Lagarto Arnal (Timon lepidus) A fauna é a típica das matogueiras e de espazos cultivados, en especial as aves. Chasco (Saxicola torquata)
  • 29. A Muralla desde o cume de Santa Cecia A MURALLA Esténdese con direción norte-sur entre a serra de Barbanza e a Depresión Meridiana, nos lindes das comarcas do Sar, Barbanza e Noia. Os cumes máis altos nesta comarca son o Pedregal (609 m), Ricovo (576 m) e As Cavadiñas (518 m). Na aba leste nacen algúns afluentes do Sar e na oeste regos das cabeceiras do Soñora. Accedese desde Rois, por Augasantas ou Ermedelo e desde Dodro. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre a ría de Arousa e os vales do Ulla e Sar.
  • 31. Bustelo e a ría de Arousa ao fondo
  • 32. Vista dos cumes da Muralla cara ao norte, en terreos de Rois
  • 33. SERRA DO OLEIRÓN Esténdese de norte a sur por terreos do concello de Rois e fai de divisoria de augas entre os ríos Sar e o Rois, co seu afluente o Liñares. O cume máis destacado é o Santa Cecia, con 420 m. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre as comarcas de Sar e Santiago. Accedese por estrada asfaltada desde Macedos (Urdilde-Rois). Unha pista forestal sube desde Cornes. A combinación das dúas permite facer unha travesía de Norte a Sur.
  • 34. A Depresión Meridiana e Padrón desde o cume de Santa Cecia
  • 35. Cumes do Lapido e Pena da Agrela desde o Meda, cara ao norte Unha serie de cumes esténdense con dirección norte-sur polo leste da comarca, no linde dos concellos de Padrón e Teo. PENA DAS CRUCES (372 m), PENA DA AGRELA (409 m), CASTELO (382 m), LAPIDO (432 m) e MEDA (448 m). Están formados por rochas graníticas que destacan no terreo en forma de bolos e penedos. Nas abas do oeste nacen varios regos que desaugan no Sar. Accedese desde a estrada de Herbón a Carcacía (Padrón). Desde os cumes hai unhas boas vistas dos vales do Ulla e Sar e das comarcas limítrofes.
  • 38. MONTE DO CASTRO VALENTE Situado ao sur do Ulla, no linde entre Padrón e A Estrada. O cume acada os 398 m de altura. Accédese desde Bandín ou Morono Monte do Castro desde o Meda
  • 39. OS RÍOS O Ulla en Herbón O principal curso fluvial da comarca é o Ulla que atravesa parte do concello de Padrón de leste a oeste e fai de linde natural coa comarca de Pontevedra no seu último tramo, no esteiro no fondo da ría de Arousa. O Sar é o afluente máis importante que circula de norte a sur aproveitando a Depresión Meridiana e recibe numerosos afluentes que baixan das serras que limitan a comarca polo leste e oeste. A zona noroeste do concello de Rois verte en regos afluentes do Soñora que vai á Ría de Noia. En xeral os cursos dos ríos son de pouco desnivel e forman vales amplos e abertos, agás o Ulla que se encaixa na súa entrada na comarca entre bloques graníticos elevados.
  • 40. Na contorna dos ríos consérvanse diversos ecosistemas (bosques de ribeira, esteiros, marismas) nos que hai unha rica flora e fauna. O Ulla e o Sar están protexidos en todo o seu percorrido pola comarca.
  • 41. Carrizos (Phragmites communis). Cubren grandes superficies nos esteiros ata onde chegan as augas salobres. Xunco (Juncus maritimus). Os xuncos dos esteiros reteñen materiais en suspensión na auga, límpana de resíduos e contribúen a formar solo.
  • 42. Nas zonas pouco fondas dos remansos enraízan ou aboian un gran número de plantas que gostan da auga: herba salgueira, espadanas, lentellas de auga...
  • 44. Mosca Eristalis tenax sobre flores de Pé de boi, planta pezoñenta moi común á beira de ríos e lugares húmidos. As larvas desta mosca (eirugas de cola de rata) viven en augas ricas en resíduos orgánicos, mentres que os adultos aliméntanse de pole e néctar das flores. Ra verde (Pelophyllax perezi). A máis abondosa e coñecida das ras galegas está presente en todas as augas quedas ou de corrente lenta.
  • 45. Garzota (Egretta garzetta). É un visitante invernal que busca nos esteiros lugares para descansar e alimentarse. Lamprea (Petromyzom marinus). Péscase nos cursos baixos dos ríos cando remonta para desovar. A boca está adaptada para suxeitarse a outros animais e alimentarse do seu sangue.
  • 46. O Ulla en Dodro RÍO ULLA Nace no monte Picouzo, entre as Parroquia de Ansar (Taboada), Viloide e Os Ferreiros (Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla) e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira e Ermida. Percorre varias comarcas, ás que lle da nome; a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures, despois de 132 km de percorrido. Recibe pola dereita o Sar e varios regos pequenos (Vigo, Manselle, Devesa). Na comarca drena, xunto cos seus afluentes, os concellos de Rois, Dodro e Padrón. Na súa entrada en terras de Padrón encáixase entre os montes do Castro e Meda e logo ábrese nun amplo esteiro antes de morrer na ría de Arousa. Está protexido no LIC “Sistema fluvial Ulla-Deza”
  • 47. O Ulla encaixado en Padrón
  • 48. Atranco no Couto de Sinde, en Carcacía
  • 49. Canón do Ulla entre os montes do Castro e o Meda O Ulla en Padrón
  • 50. Tramo final do curso do Ulla entre Padrón, Pontecesures e Valga
  • 51. Ponte sobre o Ulla entre Padrón e Pontecesures. Tivo orixe romana e foi modificada en diversas ocasións.
  • 52. O Ulla en Padrón
  • 54. O Ulla forma na súa marxe dereita unhas amplas marismas que ocupan máis de 100 hectáreas coñecidas como Brañas de Laíño.
  • 56. AS PESQUEIRAS Son os lugares ou as construcións para a captura de lamprea. Están formadas por unha serie de muros separados por boquetes que arrancan das beiras e cruzan o río no sentido perpendicular á corrente. Nos ocos sitúanse os aparellos para a pesca da lamprea chamados cangallos. Están documentadas desde o século IX e foron moi abondosas na Idade Media.
  • 57. Barca e pesqueiras da lamprea en Herbón Detalle dun boquete dunha pesqueira en Carcacía
  • 58. O Sar no Faramello (Brión) RÍO SAR Nace na parroquia de Bando (Santiago de Compostela) e xúntase ao Ulla en Padrón. Circula primeiro con dirección leste-oeste e despois norte-sur aproveitando a Depresión Meridiana. Na comarca drena os concellos de Rois e Padrón e recibe pola dereita o Rois (co Liñares ou Valeirón) e numerosos regos de pequeno tamaño.
  • 59. O Sar en Brión
  • 60. Río Liñares, afluente do Rois que vai ao Sar e baixa entre as abas do Pedregal e o Oleirón O Sar na Veiga de Padrón
  • 61. O Sar ten un curso con pouco desnivel e cando as choivas son abundantes reborda con facilidade. Na vila de Padrón construiuse unha canle para evitar as inundacións.
  • 63. Ponte de Santiago, construída en 1852 sobre o Sar en Padrón
  • 64. O Sar a carón do paseo do Espolón
  • 65. O Sar e a canle nova rodeando Padrón
  • 66. Curso alto do Te en Teaio (Dodro), nas abas da serra da Muralla. Unha ruta de sendeirismo permite percorrer un pequeno tramo onde hai varios rápidos, pequenos saltos e muíños. RÍO TE Nace ao sur do Monte Muralla e desemboca na ría de Arousa na enseada Carballeira. Os principais afluentes son o Muíño do Conde, Batán e Muíños pola dereita; e o Devesa, pola esquerda.
  • 67. AS ÁRBORES Área de lecer de Santiaguiño do Monte, en Padrón. Conta cunha área arborada (piñeiros, carballos, castiñeiros) e un miradoiro sobre Padrón. Pódese acceder por unhas escaleiras desde a rúa Santiago, despois de cruzar a ponte sobre o Sar, ou por estrada. A maior parte do terreo forestal da comarca está ocupado por plantacións de piñeiros e eucaliptos e só nalgunha áreas protexidas ou de difícil acceso se atopan pequenas masas de carballeiras autóctonas con algunha sobreira mesturada. Nos adros dalgunhas igrexas e mosteiros, nos parques e xardíns das vilas e dos pazos atópanse boas representacións de especies entre as que hai varios exemplares monumentais. Destaca o Xardín Artístico de Padrón declarado Monumento Artístico Nacional desde 1946. Tamén se atopan bos exemplares na Casa Museo de Rosalía de Castro e no Pazo de Antequeira, en Rois (tilleira e faia). (P): incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
  • 68. XARDÍN ARTÍSTICO DE PADRÓN: -Carballo fastixiado (P) -Castiñeiro de Indias (P) -Árbore do Amor (Coroa de Cristo) (P) -Palmeira do Senegal (P) -Secuoias vermellas (P) -Calocedro -Xenebreiro (Sombreiro de Copa) -Plátanos -Camelias -Tilleira
  • 69. Carballo “fastiguiata” (Quercus robur) do xardín de Padrón. Mide 26 m de altura e foi plantado na segunda metade do século XIX. Castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastanum) do xardín de Padrón. Mide arredor de 29 m de altura.
  • 70. Palmeira do Senegal (Phoenix reclinata) do Xardín Padrón. Mide 11 m de altura. Destaca pola gran cantidade de talos que emite desde as raíces. Secuoias vermellas (Sequoia sempervirens) do Xardín de Padrón. Teñen 32 e 33 m de altura e máis de 150 anos.
  • 71. CASA MUSEO ROSALÍA (PADRÓN) -Árbore do Coral -Figueira (P) -Ombú -Loureiro Loureiro (Laurus nobilis) Casa Museo Rosalía Castro. (Padrón). Ombú (Phytolaca dioica). Casa-museo de Rosalía de Castro (Padrón)
  • 72. Figueira (Ficus carica) Casa Museo Rosalía Castro. (Padrón). Mide 6 m de altura e 1,50 de perímetro. É unha das figueiras máis coñecidas pola súa relación con Rosalía de Castro.
  • 73. Oliveiras (Olea europaea) do Cimeterio de Adina. Iria Flavia. (Padrón). Os exemplares máis vellos teñen máis de 200 anos. (P)
  • 74. -Palmeira datileira do MOSTEIRO DE HERBÓN (PADRÓN) (P)Plátanos (Platanus x hispanica) Paseo do Espolón (Padrón)
  • 75. Sobreiras (Quercus suber) en Herbón (Padrón)
  • 76. Sobreira en Aldea de Arriba (Imo, Dodro)
  • 77. Robinias (Robinia pseudoacacia) no Santuario da Escravitude (Padrón)
  • 78. Chopo (Populus nigra) a carón do río Ulla (Padrón) -5,3 m de perímetro
  • 79. Loureiro a carón do Ulla (Padrón) Arcipreste de Portugal da igrexa de Iria Flavia (Padrón)
  • 80. ESPAZOS PROTEXIDOS Esteiro do Ulla LIC SISTEMA FLUVIAL ULLA-DEZA O espazo protexido abrangue unha extensión de 1.153 ha, o curso do Ulla desde Arzúa ata a desembocadura, o último tramo do Deza e o Sar, desde Os Anxos. Nesta comarca terreos nos concellos de Dodro, Padrón e Rois. É unha zona de gran interese xeolóxico e biolóxico. Os ecosistemas máis relevantes son o esteiro e marismas da desembocadura e os bosques de ribeira. As augas do Ulla son ricas en especies piscícolas. É o único río da vertente atlántica galega no que hai salmón. Ademais pódense atopar lampreas, troitas, sábalos, escalos, muxes...
  • 81. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Actualizada en xullo de 2017