SlideShare a Scribd company logo
1 of 51
MEIRA
A NATUREZA
Meira pódese considerar unha comarca de transición entre a Terra Cha e as Serras
Orientais e presenta características das dúas, xa que en Meira e Pol atopamos unha
zona occidental cha, logo unha sucesión de serras separadas polo val do río Eo e os
seus afluentes.
É unha comarca onde os valores naturais se articulan arredor dos ríos (Eo e Miño) e
das fragas que se conservan nos espazos máis inaccesibles das serras.
Na comarca de Meira podemos gozar de rotas de sendeirismo polos ríos e as serras,
visitar algunhas fervenzas agochadas no fondo dos cavorcos e contemplar amplas
paisaxes de chaira, de montaña e de val.
SUPERFICIE: 311,7 km2
POBOACIÓN: 5.431 habitantes
CONCELLOS: Meira, Pol, Ribeira de
Piquín e Riotorto
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs “Carballido”, “Río Eo”
Unha parte está integrada nas
Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos
e Terras de Burón” e Terras do
Miño.
CLIMA
Oceánico de montaña. Ao atoparse lonxe da costa e ter en moitos puntos unha altitude
importante, non é extrana a presenza da neve en algúns días do inverno.
ACTIVIDADES
A principal actividade económica da comarca é a agrogandeira seguida dos servizos, a
industria e a construcción.
A comarca conserva restos históricos (castros, castelos, igrexas, mosteiros...) e
etnográficos (hórreos, muíños, ferrerías...)
PATRIMONIO
Igrexa de Santa María de Meira
CONCELLOS
SUPERFICIE: 46,5 km2
POBOACIÓN: 1.749 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Meira e Seixosmil
MEIRA
O concello de Meira está situado no centro da comarca. No relevo distínguense dous sectores
separados polos cumes da serra de Meira: o sector occidental, con características propias da
penichaira no que predominan os cultivos, e o sector oriental de fortes pendentes ata o río Eo
no que se asentan as principais masas forestais.
Os ríos, adaptándose as características do relevo, presentan tamén aspectos diferentes,
cursos lentos e sinuosos na parte chan e rápidos e directos no val do Eo. O río máis
importante, non polo seu caudal senon pola circunstancia de ter as súas fontes en terreos de
Meira, é o Miño e os regatos que enchen a súa cabeceira, no oeste; e o Eo, no leste, facendo
linde co concello de Ribeira de Piquín, ao que vai o rego dos Areais.
Meira desde os cumes da Serra. Ao fondo vese parte da Terra Cha.
A maioría da poboación concéntrase na capital municipal e os seus arredores, que
desenvolven a súa actividade principalmente no sector dos servizos aínda que o concello ten
un importante sector agrogandeiro e forestal.
Dentro do concello de Meira está protexida, dentro do LIC Río Eo, a parte do río e a ribeira
correspondente. Todo o concello forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”
Igrexa do antigo Mosteiro de Santa María de Meira, de estilo
románico Borgoñón, construída a finais do século XII.
SUPERFICIE: 126 km2
POBOACIÓN: 1.738 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Arcos de Frades
(Santiago), Caraño (San Martiño),
Carazo (San Pedro), Cirio (Santa
María), Ferreiros (Santo André),
Fraialde (Santa Mariña), Gondel
(San Cosme), Hermunde (San
Pedro), Lea (San Bartolomeu),
Luaces (Santa María), Milleirós
(Santiago), Mosteiro (San Salvador),
Pol (Santo Estevo), San Martiño de
Lúa, San Martiño de Ferreiros, Silva
(Santiago), Suegos (Santa Eulalia),
Torneiros (San Lourenzo) e Valonga
(Santa María).
Casa do avogado. Lea.
POL
Está situado ao sur da comarca. O relevo é o máis chan da comarca, aínda que se eleva polo
sur ata os 861 m no cume do Monciro e polo leste, sen pasar apenas dos 800 m, aséntase nas
estribacións das serras do Miradoiro e de Meira.
Os ríos, que van ao Miño atravesando o territorio de leste a oeste, son de curso lento e caudal
escaso, o principal é o Azúmara, o seu afluente o río de Pol que ten todo o seu curso dentro
do territorio do concello, e o Lea. A actividade principal a agrogandaría. Hai algunha
explotación de lousas. Todo o concello forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”.
Carballeira convetida en parque na
praza de Mosteiro (Pol).
Bloco de lousa verde que se explota
nas canteiras de Pol.
SUPERFICIE:
73 km2
POBOACIÓN:
580 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
Acevo, Navallos, Piquín,
Santalla e Os Vaos
Vista do Chao do Pousadoiro, capital
municipal de Ribeira de Piquín.
RIBEIRA DE PIQUÍN
Situado ao oeste da comarca. O relevo de Ribeira de Piquín é moi accidentado, aséntase no
val do Eo entre a serra de Meira, ao oeste, as estribacións da serra do Muradal, ao sur, e Pena
Ouviaña e os montes de Vilar de Calvos, ao leste, que superan en todos os casos os 800 m de
altitude; e o propio río, donde a altitude apenas acada os 200 m.
Os río principal, o Eo, atravesa o concello de sur a norte e, obligado polo relevo, ten un curso
rápido, bastante rectilíneo no seu conxunto, pero con numerosas curvas e revoltas; recibe as
augas do Rodil, o Lúa e outros regatos que baixan da serra de Meira. O clima ten
características de montaña con influencias mariñas que penetran polo val do río Eo.
Os Vaos. No val do Rodil, no linde coa Fonsagrada e
o espazo protexido Fragas de Carballido.
As principais actividades son a agrogandaría e a explotación forestal.
Dentro do territorio do concello están protexidos o curso e ribeiras dos ríos Eo e o Rodil no LIC
“Río Eo” e unhas pequenas partes das fragas das Reigadas e Carballido no “LIC Carballido”.
SUPERFICIE: 66,3 km2
POBOACIÓN: 1.364
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Aldurfe,
Espasande de Abaixo,
Ferreiravella, Galegos,
Meilán, A Muxueira,
Órrea, e Riotorto
Vista parcial das Rodrigas, capital municipal e principal
centro de servizos de Riotorto.
RIOTORTO
Ocupa o norte da comarca. O relevo é irregular, montañoso en todo o perímetro coa serras de
Carracedo e a Cadeira, ao norte, a serras do Pousadoiro e Meira ocupando o sur e o leste, e
polo oeste as pequenas alturas que o separan da Pastoriza, na Terra Cha; uns vales interiores
polos que corren o Riotorto e os seus afluentes e unha pequena parte do val do Eo.
A principal ocupación dos habitantes do
concello é a agrogandaría, o traballo nas
canteiras e os servizos. Desde o século XVI foi
moi importante a actividade de manufactura
do ferro, do que dan testemuña os restos de
mazos e ferrerías e a tradición do bo facer dos
ferreiros de Riotorto.
Dentro do concello de Riotorto atópase
protexido, polo LIC “Río Eo”, o curso do río Eo
e a súa beira
Galegos, na parte leste,
de fortes pendentes, da
Serra de Meira.
RELEVO
Vista desde o alto da Serra de Meira cara á Fonsagrada
onde se aprecian os cumes que limitan a comarca.
A comarca de Meira ten tres unidades de relevo moi diferenciadas, a chaira, continuación da
Terra Cha, as Serras e os vales encaixados do Eo e os seus afluentes.
En Meira e Pol atopamos unha zona occidental cha, logo unha sucesión de serras coas da
Cadeira e Carracedo ao norte a continuación, e baixando cara ao sur, a do Pousadoiro, a serra
de Meira, con formas e relevo suave polo oeste e grandes pendentes polo leste, a serra do
Mirador e, xa no sur, a serra do Monciro e, por último, o val do Eo entre as serras de Meira, as
estribacións do Muradal, o monte Ouviaña e os montes de Vilar de Calvos, que baixa, nun
curto tramo, dos case 900 m de altitude dos cumes a menos de 200 m no leito do río.
A parte chan da comarca desde o cume da Serra de Meira
Os cumes das montañas máis altas están cubertos dun mato de breixos e toxos. Nas abas
máis húmidas e escarpadas consérvanse fragas con carballos, castiñeiros, bidueiros e
numerosas especies de sotobosque. Nas partes baixas de relevo menos accidentado os
montes están ocupados por bosques de repoboación de piñeiros e eucaliptos.
Na imaxe pódese apreciar a variedade florística das serras; a
vexetación imposta pola man do home (pasteiros e repoboación) e
vexetación autóctona (mato e fragas).
Liques.
Detalle dun piñeiro de Monterrei (Pinus radiata) o
máis usado para repoboar os montes da comarca.
As landras dos carballos alimentan no
outono a moitos animais do bosque.
Breixos. Cobren os terreos nos que non se pode
asentar ou desapareceu a vexetación arbórea.
A fauna é moi variada: raposo, xabarín, pombo, perdiz, paspallás, miñatos, papuxas, lagartos,
cóbregas e numerosos insectos.
Gurgullos nun cardo. Laverca (Alauda arvensis).
Vertente oeste da serra de Meira, co monte Meira no centro. Na
imaxe apréciase a suave transición entre a chaira e os cumes.
SERRA DE MEIRA
Atravesa en 12 km o concello de Meira en dirección N-S. O sector occidental está formado por
xistos calcárias e dolomías, a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas envoltas por
faixas estreitas de cuarcitas. No seu relevo suave sobresaen as duras cristas cuarcíticas. Ten
unha altitude media de 800 m e o punto máis alto é o Meira, con 896 m. Na vertente oriental
nacen afluentes do Eo e na oriental as cabeceiras do Miño. Ten unha gran área repoboada
con eucaliptos e na vertente sur conserva algunhas carballeiras.
Accedese pola estrada de Meira a Ribeira de Piquín. Desde os cumes hai unhas vistas amplas
sobre a chaira e o val do Eo coas serras que o rodean. No Porto da Pena hai unha área
recreativa. Unha ruta que sae do Pedregal de Irimia cruza a serra e segue ata chegar ao río Eo
(Ruta Miño-Eo).
Abas leste da Serra de
Meira onde se aprecian as
fortes pendentes que caen
cara ao río Eo.
As cuarcitas, rochas
metamórficas, de seixo, de
gran dureza e resistencia
coroan as serras da comarca.
PEDREGAL DE IRIMIA
Está situado na Serra de Meira a uns 800 m de
altitude. Está formado por coadas de bloques e
derrubes estratificados de cuarcita de orixe periglaciar
que se formaron durante os ciclos de xeo-desxeo da
última glaciación do Cuaternario (hai 18.000 a 13.000
anos).
É unha das fontes do Miño.
Vista da serra de Meira co Pedregal
e o cume máis alto no centro.
Detalle dos bloques de cuarcita.
Hai moitas lendas que tentan explicar a orixe das pedras
do Pedregal de Irimia:
-Unha vella que estaba sempre a rifar co seu home e un
día díxolle que botase a correr sen mirar atrás. O home
virou a cabeza e a vella, dicindo unhas palabras, fixo que
uns paxaros enormes comezaran a guindarlle pedras
enriba.
-Uns demos que tentaron derrubar un antigo cenobio dos
frades cistercienses. Os frades comezaron a rezar e os
demos recuaron e abandonaron as pedras.
-Unha meiga chamada Irimia que xuntou pedras para
defenderse dos frades do convento e caíronlle no monte.
Outra versión di que os frades tentaron apropiarse das
terras da meiga onde había mananciais e ela cubriunos de
pedras.
-As rochas son pecadores petrificados que agardan ser
purificados polas augas daquelas fontes.
MONTES DE CARRACEDO
Fan límite entre Riotorto, A Pastoriza, Lourenzá e Mondoñedo. O punto máis alto é O
Carracedo, con 833 m. Están cubertos por pasteiros agás nos terreos en costa onde se
conservan fragas en bo estado, ou están repoboados con piñeiros e eucaliptos.
No cruce da estrada de Mondoñedo e Lourenzá, no Alto da Cancelada hai unha vista
panorámica do Val de Lourenzá e as serras limítrofes.
Na parte alta, compartida coa Pastoriza e Mondoñedo críase gando en libertade
Vista do monte Carracedo
desde Riotorto.
SERRA DA CADEIRA
Situada ao leste do río Masma, entre o Val de Lourenzá e o val do Eo. O punto máis alto é
Cerrochán, con 776 m.
Accedese desde Riotorto, A Pontenova ou Trabada.
O cume máis alto da Serra da Cadeira visto desde
Augaxosa, no concello do Riotorto.
Fragas na Serra do Pousadoiro, unha das poucas áreas
que se conservan de vexetación autóctona.
SERRA DO POUSADOIRO
Ten orientación N-S e separa os concellos de Riotorto e A Pontenova. Polas súas vertentes
circulan afluentes do Eo (o Ferreiravella e o Xudán). O punto culminante é o Alto do
Pousadoiro, con 666 m. Está formado por lousas, areiscas, e cristas de cuarcitas. A vexetación
dominante son os eucaliptos e os piñeiros, aínda que tamén se conservan pequenas masas de
carballos, especialmente na vertente oeste.
Accedese desde Riotorto, A Pontenova ou desde a estrada de Meira a Ribadeo, en Xudán.
Vista da serra do Pousadoiro, o val do rego de
Ferreiravella e Riotorto.
Montes de Vilar de Calvos con Pena Ouviaña á dereita.
PENA OUVIAÑA
Cume de 893 m situado ao leste da serra de Meira que forma parte dunha cadea de
montañas (Montes de Vilar de Calvos) nos lindes orientais do concello de Ribeira de Piquín
con A Fonsagrada e A Pontenova. Está coroada dunha crista de cuarcitas e cuberta dun mato
de breixo e toxo. Nas partes baixas está ocupada por piñeiros e eucaliptos
Accedese pola estrada de Chao do Pousadoiro a Carballido. Desde os cumes hai unhas vistas
espectaculares sobre o val do Eo e os montes da Fonsagrada.
SERRA DO MURADAL
Con dirección NE-SO. A maior parte atópase na Fonsagrada, pero as súas estribacións chegan
ao Rodil, nos Vaos. Está formada por lousas, xistos e cuarcitas. Accedese desde a estrada de
Ribeira de Piquín á Fonsagrada ou a Os Vaos.
Estribacións da Serra do Muradal desde Os Vaos.
SERRA DE MONCIRO
Con orientación N-S, está situada no limite leste da Terra Cha en terreos de Pol e Castroverde.
Está formada por pelitas e calcárias. O punto máis alto é o Monciro con 861 m. Na aba
occidental nacen os ríos Lea e Azúmara, afluentes do Miño.
Accédese desde a estrada de Pol a Castroverde.
SERRA DO MIRADOR
Con orientación N-S, fai fronteira entre Pol, Castroverde e Baleira. O sector occidental está
formado por xistos calcárias e dolomías, a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas
envoltas por faixas estreitas de cuarcitas. Na aba occidental nacen regos que van á cunca do
Miño. Desde o cume domínase gran parte das chairas luguesas e das serras orientais.
O trazado da estrada de Baleira a Meira discorre paralela á serra en toda a súa extensión pola
aba leste, e a de Castroverde a Mosteiro pola oeste. Pódese acceder aos cumes polas pistas
dos parques eólicos.
Cumes da Serra do Mirador
Cuarcitas nos cumes da serra
OS RÍOS
Río Rodil nos Vaos
O río máis importante, que atravesa a comarca de norte a sur, é o Eo que corre nun val fondo
e recolle as augas das vertentes orientais das serras de Meira, O Mirador e O Pousadoiro, e
das occidentais do Muradal e dos Montes de Vilar de Calvos.
Os ríos da parte occidental da comarca presentan caracteres propios dos que discurren polas
chairas, así o Miño, o río de Pol e o Azúmara teñen un curso sinuoso e un fluir lento, mentras
os ríos Lúa, Rego dos Areais, Torto e Rodil, que van á cunca do Eo, e o propio río Eo teñen
cursos rápidos e pendentes.
O Eo e o Rodil están protexidos en todo o seu percorrido pola comarca.
Case todos os ríos da comarca, ao seu paso polas distintas localidades, teñen acondicionadas
as súas beiras como áreas de lecer, con accesos, mobiliario e zonas de baño.
A flora e fauna dos ríos desta comarca é moi rica e variada.
No propio cauce do río atopamos algas e brións, espigas de auga, miriofilio, oucas e outros ranúnculos. Na
beira medran comunidades anfibias e xa en terra firme medran, o pe de boi, a chantaxe de auga, a herba
centella, a amenta de lobo, violetas, herba canuda e outras.
Herba porqueira ou de Santa Cunegunda
(Euphatorium canabinum).
Oucas (Ranunculus sp.). Teñen as follas moi
divididas e talos flexíbles para ofrecer menos
resistencia ás correntes.
O salgueiriño (Lytrum salicaria) florece desde a
primavera ata o outono á beira das correntes de
auga, das pozas e dos terreos asolagados.
Lysimachia nemorum. Florece en bosques húmidos,
prados sombrizos e beiras de regatos. Atópase nas
fragas de Carballido.
Seguindo o curso do río atopamos unha
formación arbórea típica, o bosque de
galería, con árbores de fondo
enraizamento, crecemento rápido, aínda
que non de moita altura, e de mesta
follaxe, que crean un ambiente de escasa
luz. Na beira da auga hai distintas
variedades de salgueiros amieiras e detrás
delas bidueiras, freixos, abeleiras,... e en
terreos máis secos os carballos, pradairos
e outras árbores.
No sotobosque medran arbustos como o
sabugueiro, silvas e plantas rubideiras
como a hedra, herba salgueira, saltasebes
e distintas clases de fentos.
A fauna está composta por animais acuáticos (troitas, salmóns, insectos, moluscos...) e numerosas
especies que precisan de ambientes húmidos e achéganse ás beiras do río: anfibios, lontras, insectos...
Caracol de Quimper (Elona
quimperiana) , unha
especie pouco común que
se pode atopar na cunca do
Eo.
Parella de cabaliños do demo
(Pyrrhosoma nymphula). Son comúns
nas beiras dos ríos porque alí
capturan os insectos dos que se
alimentan e reprodúcense,
completando o desenvolvemento
larvario dentro da auga.
Pedregal de Irimia, unha das fontes do Miño. Situado na
Serra de Meira a uns 800 m de altitude. O río abrolla entre
bloques de cuarcita situados na ladeira da serra de Meira.
RÍO MIÑO
Ten un curto percorrido na comarca, entre o seu nacemento na Serra de Meira, no Pedregal
de Irimia, e as proximidades de Fonmiñá. Antes de Meira recolle varios regos que baixan da
Serra: rego de Feás, Porto da Pena, Xiromeno... e pouco antes do linde coa Pastoriza recolle o
Riolongo.
O Miño antes de chegar a Meira.
O Miño en Meira nun espazo acondicionado
como área de lecer na que se recuperaron
varios muíños. Unha ruta interpretativa do
río remata en Fonmiñá
RÍO LEA
Ven do monte de Fitoiro nas proximidades
de Laga (Suegos-Pol). Percorre terras nos
concellos de Pol e Castro de Rei e verte no
Miño en Beloi.
O Azúmara en Mosteiro (Pol).
RÍO AZÚMARA
Nace na serra do Miradoiro, nas proximidades de
Castro (Hermunde-Pol), onde se coñece co nome de
rego das Égoas. Logo pasa a terras do concello de
Castro de Rei onde xa toma o nome de Azúmara e
desemboca no Miño na parroquia de Orexe (Bazar)
despois dun percorrido de 25 km.
Antes de xuntarense o Eo e o Rodil
circulan paralelos en sentido
contrario separados por un lombo
rochoso que foi perforado para facer
pasar a auga do Rodil e mover este
muíño situado á beira do Eo.
RÍO EO
Nace en Fonteo (Baleira) e desemboca na ría de Ribadeo despois de 79 km de percorrido por
Galiza. Atravesa o concello de Ribeira de Piquín e fai fronteira nos de Meira e Riotorto.
Ten un percorrido sinuoso e de pendente suave, e corre encaixado ata a Pontenova.
Recibe pola dereita o Rodil e pola esquerda o Lúa e o Riotorto, e numerosos regos de menor
entidade.
É un dos poucos ríos galegos onde se pesca habitualmente o salmón. Tamén hai lampreas e
cangrexos de río. Está protexido no LIC “Río Eo”.
O Eo en Chao do
Pousadoiro
O Eo en Navallos, pouco despois da
confluencia co Rodil e o Lua.
O Eo na Retorta
(Ribeira de Piquín)
O río Rodil nos Vaos describe unha
curva de case 360º para rodear un
saínte rochoso sobre o que se asenta a
poboación.
RÍO RODIL
Nace na Serra do Invernal (A Fonsagrada) e percorre
as terras da Fonsagrada e Ribeira de Piquín onde se
xunta co Eo na parroquia de Piquín. O Rodil circula
por un val estreito e fondo que acolle fragas de gran
interese ecolóxico.
O Rodil en Piquín pouco antes
de xuntarse co Eo.
FERVENZA DA MEXADOIRA
En Seixosmil, no río Murias, un afluente do Eo
que baixa da aba oriental da Serra de Meira. O
río cae sobre lousas dunha altura de máis de 15
m nun entorno de bosque autóctono moi ben
conservado. No verán leva pouca auga.
FERVENZA PENA DOS PORTELOS
En San Xurxo (Ribeira de Piquín) , nun afluente do Eo
que baixa da aba oriental da Serra de Meira. O río cae
nun barranco de lousas moi fondo e escuro dunha
altura de máis de 15 m. No verán ten pouca auga. O
camiño atravesa unha fraga ben conservada na que se
poden ver bos exemplares de castiñeiros e carballos.
RIO TORTO
Nace nos montes de Carracedo e atravesa o concello de Riotorto até xuntarse co Eo preto da Pontenova.
O seu afluente máis importante é o rego da Ferreiravella.
O río Ferreiravella na Fraga.
AS FERRERÍAS
Os ríos desta comarca foron aproveitados para mover todo tipo de enxeños, entre os que destacan os
muíños, os batáns e os mazos e outros aparellos para traballar o ferro.
No concello de Riotorto houbo unha gran tradición do traballo do ferro que noutros tempos se facía en
mazos movidos pola auga dos ríos. Na actualidade, en Ferreiravella traballan obradoiros artesanais de
ferreiros que se adican, sobre todo, a facer aparellos para o campo.
Aspecto actual despois
de recuperado. Ademais
do mazo a área conta
con exposicións de
traballos feitos por
ferreiros da zona e
imaxes da recuperación.
Restos do mazo da
ferrería de Riotorto en
Ferreiravella (imaxe do
ano 2002).
Roda motriz do mazo.
ÁRBORES
Fraga do Carballal na
aba leste da Serra de
Meira.
As Fragas
Teñen un ambiente sombrízo e húmido. As árbores máis comúns son os carballos, bidueiros,
freixos, acivros, capudres, castiñeiros, pereiras bravas, estripos, cerdeiras, teixos,castiñeiros,
nogueiras... Na beira dos ríos hai tamén amieiras e salgueiros. O sotobosque está formado
por arandeiras, xilbarbeira, herba salgueira, silveira, fentos, herba chaveira, roseiras...
ÁRBORES SENLLEIRAS
CARBALLOS DO BATÁN
En Rioxoán (Pol). Dous carballos de bo porte
situados nunha explotación gandeira.
CARBALLOS DE RIOXOAN
En Rioxoán (Pol). Dous carballos de bo porte situados nunha explotación gandeira.
COMO CHEGAR: na estrada do Cádavo a Meira, pouco despois do cruce de Rioxoan a Ribeira de Piquín vense os carballos no interior dunha propiedade situada á
dereita.
CARBALLO DE MOSTEIRO
Situado na praza de Mosteiro (Pol) á esquerda do concello, nunha propiedade privada.
AMIEIRAS DOS VAOS
Á beira do río Rodil nos Vaos (Ribeira de Piquín). Varias amieiras: 4,60 e 4,10 m de contorno.
COMO CHEGAR: na estrada de Chao de Pousadoiro a Fonsagrada cóllese en dirección a Os Vaos, e no desvío da poboación, báixase ao río Rodil, á esquerda, antes de
cruzar a ponte
AMIEIRAS DOS VAOS
Á beira do río Rodil nos Vaos
(Ribeira de Piquín). Varias
amieiras: 4,60 e 4,10 m de
contorno.
CARBALLO DE ÓNEGA
Situado na praza de Mosteiro (Pol) á esquerda
do concello, nunha propiedade privada.
ESPAZOS PROTEXIDOS
RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑO
Os concellos de Riotorto, Meira e Pol están incluídos no espazo “Terras do Miño”, declarada
pola Unesco Reserva da Biosfera o 7 de novembro de 2002.
Mostra de obxectos feitos
por ferreiros de Riotorto
(Área etnográfica do Mazo
de Ferreiravella)
RESERVA DA BIOSFERA RÍO EO, OSCOS E TERRAS DE BURÓN
Espazo conxunto con Asturias, na contorna do río Eo, dun grande valor natural e etnográfico.
Nesta comarca, inclúe o concello de Ribeira de Piquín.
O Eo en Ribeira de Piquín.
LIC RÍO EO
Inclúe o curso do río Eo en todo o seu percorrido pola comarca (desde Santalla, na Ribeira de
Piquín ata que a abandona nas lindes entre Riotorto e a Pontenova) e o Rodil.
É unha área con importantes valores ecolóxicos onde podemos atopar varias zonas
diferenciadas cos seus ecosistemas específicos.
LIC CARBALLIDO
Ocupa dúas zonas separadas que se corresponden cos vales dos río Rodil e Bidueiro, afluentes
do Eo, nos concellos de a Fonsagrada, a Pontenova e Ribeira de Piquín.
Unha pequena parte dos espazos protexidos da fraga de Reigadas e outra pequena parte das
fragas de Carballido están en territorio de Ribeira de Piquín.
Río Rodil nas fragas de Carballido.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Xullo 2016

More Related Content

What's hot

Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallasmonadela
 
Lic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O CourelLic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O Courelmonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancaresmonadela
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)monadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevincamonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."monadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 

What's hot (20)

Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallas
 
Lic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O CourelLic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O Courel
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevinca
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
O courel
O courelO courel
O courel
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 

Similar to Comarca: Meira

Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sormonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurésmonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Centralmonadela
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careónmonadela
 

Similar to Comarca: Meira (16)

Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sor
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Central
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca: Meira

  • 2. Meira pódese considerar unha comarca de transición entre a Terra Cha e as Serras Orientais e presenta características das dúas, xa que en Meira e Pol atopamos unha zona occidental cha, logo unha sucesión de serras separadas polo val do río Eo e os seus afluentes. É unha comarca onde os valores naturais se articulan arredor dos ríos (Eo e Miño) e das fragas que se conservan nos espazos máis inaccesibles das serras. Na comarca de Meira podemos gozar de rotas de sendeirismo polos ríos e as serras, visitar algunhas fervenzas agochadas no fondo dos cavorcos e contemplar amplas paisaxes de chaira, de montaña e de val.
  • 3. SUPERFICIE: 311,7 km2 POBOACIÓN: 5.431 habitantes CONCELLOS: Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Carballido”, “Río Eo” Unha parte está integrada nas Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” e Terras do Miño.
  • 4. CLIMA Oceánico de montaña. Ao atoparse lonxe da costa e ter en moitos puntos unha altitude importante, non é extrana a presenza da neve en algúns días do inverno.
  • 5. ACTIVIDADES A principal actividade económica da comarca é a agrogandeira seguida dos servizos, a industria e a construcción.
  • 6. A comarca conserva restos históricos (castros, castelos, igrexas, mosteiros...) e etnográficos (hórreos, muíños, ferrerías...) PATRIMONIO Igrexa de Santa María de Meira
  • 7. CONCELLOS SUPERFICIE: 46,5 km2 POBOACIÓN: 1.749 habitantes (2015) PARROQUIAS: Meira e Seixosmil MEIRA O concello de Meira está situado no centro da comarca. No relevo distínguense dous sectores separados polos cumes da serra de Meira: o sector occidental, con características propias da penichaira no que predominan os cultivos, e o sector oriental de fortes pendentes ata o río Eo no que se asentan as principais masas forestais. Os ríos, adaptándose as características do relevo, presentan tamén aspectos diferentes, cursos lentos e sinuosos na parte chan e rápidos e directos no val do Eo. O río máis importante, non polo seu caudal senon pola circunstancia de ter as súas fontes en terreos de Meira, é o Miño e os regatos que enchen a súa cabeceira, no oeste; e o Eo, no leste, facendo linde co concello de Ribeira de Piquín, ao que vai o rego dos Areais. Meira desde os cumes da Serra. Ao fondo vese parte da Terra Cha.
  • 8. A maioría da poboación concéntrase na capital municipal e os seus arredores, que desenvolven a súa actividade principalmente no sector dos servizos aínda que o concello ten un importante sector agrogandeiro e forestal. Dentro do concello de Meira está protexida, dentro do LIC Río Eo, a parte do río e a ribeira correspondente. Todo o concello forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño” Igrexa do antigo Mosteiro de Santa María de Meira, de estilo románico Borgoñón, construída a finais do século XII.
  • 9. SUPERFICIE: 126 km2 POBOACIÓN: 1.738 habitantes (2014) PARROQUIAS: Arcos de Frades (Santiago), Caraño (San Martiño), Carazo (San Pedro), Cirio (Santa María), Ferreiros (Santo André), Fraialde (Santa Mariña), Gondel (San Cosme), Hermunde (San Pedro), Lea (San Bartolomeu), Luaces (Santa María), Milleirós (Santiago), Mosteiro (San Salvador), Pol (Santo Estevo), San Martiño de Lúa, San Martiño de Ferreiros, Silva (Santiago), Suegos (Santa Eulalia), Torneiros (San Lourenzo) e Valonga (Santa María). Casa do avogado. Lea. POL Está situado ao sur da comarca. O relevo é o máis chan da comarca, aínda que se eleva polo sur ata os 861 m no cume do Monciro e polo leste, sen pasar apenas dos 800 m, aséntase nas estribacións das serras do Miradoiro e de Meira. Os ríos, que van ao Miño atravesando o territorio de leste a oeste, son de curso lento e caudal escaso, o principal é o Azúmara, o seu afluente o río de Pol que ten todo o seu curso dentro do territorio do concello, e o Lea. A actividade principal a agrogandaría. Hai algunha explotación de lousas. Todo o concello forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”.
  • 10. Carballeira convetida en parque na praza de Mosteiro (Pol). Bloco de lousa verde que se explota nas canteiras de Pol.
  • 11. SUPERFICIE: 73 km2 POBOACIÓN: 580 habitantes (2015) PARROQUIAS: Acevo, Navallos, Piquín, Santalla e Os Vaos Vista do Chao do Pousadoiro, capital municipal de Ribeira de Piquín. RIBEIRA DE PIQUÍN Situado ao oeste da comarca. O relevo de Ribeira de Piquín é moi accidentado, aséntase no val do Eo entre a serra de Meira, ao oeste, as estribacións da serra do Muradal, ao sur, e Pena Ouviaña e os montes de Vilar de Calvos, ao leste, que superan en todos os casos os 800 m de altitude; e o propio río, donde a altitude apenas acada os 200 m. Os río principal, o Eo, atravesa o concello de sur a norte e, obligado polo relevo, ten un curso rápido, bastante rectilíneo no seu conxunto, pero con numerosas curvas e revoltas; recibe as augas do Rodil, o Lúa e outros regatos que baixan da serra de Meira. O clima ten características de montaña con influencias mariñas que penetran polo val do río Eo.
  • 12. Os Vaos. No val do Rodil, no linde coa Fonsagrada e o espazo protexido Fragas de Carballido. As principais actividades son a agrogandaría e a explotación forestal. Dentro do territorio do concello están protexidos o curso e ribeiras dos ríos Eo e o Rodil no LIC “Río Eo” e unhas pequenas partes das fragas das Reigadas e Carballido no “LIC Carballido”.
  • 13. SUPERFICIE: 66,3 km2 POBOACIÓN: 1.364 habitantes (2015) PARROQUIAS: Aldurfe, Espasande de Abaixo, Ferreiravella, Galegos, Meilán, A Muxueira, Órrea, e Riotorto Vista parcial das Rodrigas, capital municipal e principal centro de servizos de Riotorto. RIOTORTO Ocupa o norte da comarca. O relevo é irregular, montañoso en todo o perímetro coa serras de Carracedo e a Cadeira, ao norte, a serras do Pousadoiro e Meira ocupando o sur e o leste, e polo oeste as pequenas alturas que o separan da Pastoriza, na Terra Cha; uns vales interiores polos que corren o Riotorto e os seus afluentes e unha pequena parte do val do Eo.
  • 14. A principal ocupación dos habitantes do concello é a agrogandaría, o traballo nas canteiras e os servizos. Desde o século XVI foi moi importante a actividade de manufactura do ferro, do que dan testemuña os restos de mazos e ferrerías e a tradición do bo facer dos ferreiros de Riotorto. Dentro do concello de Riotorto atópase protexido, polo LIC “Río Eo”, o curso do río Eo e a súa beira Galegos, na parte leste, de fortes pendentes, da Serra de Meira.
  • 15. RELEVO Vista desde o alto da Serra de Meira cara á Fonsagrada onde se aprecian os cumes que limitan a comarca. A comarca de Meira ten tres unidades de relevo moi diferenciadas, a chaira, continuación da Terra Cha, as Serras e os vales encaixados do Eo e os seus afluentes. En Meira e Pol atopamos unha zona occidental cha, logo unha sucesión de serras coas da Cadeira e Carracedo ao norte a continuación, e baixando cara ao sur, a do Pousadoiro, a serra de Meira, con formas e relevo suave polo oeste e grandes pendentes polo leste, a serra do Mirador e, xa no sur, a serra do Monciro e, por último, o val do Eo entre as serras de Meira, as estribacións do Muradal, o monte Ouviaña e os montes de Vilar de Calvos, que baixa, nun curto tramo, dos case 900 m de altitude dos cumes a menos de 200 m no leito do río.
  • 16. A parte chan da comarca desde o cume da Serra de Meira
  • 17. Os cumes das montañas máis altas están cubertos dun mato de breixos e toxos. Nas abas máis húmidas e escarpadas consérvanse fragas con carballos, castiñeiros, bidueiros e numerosas especies de sotobosque. Nas partes baixas de relevo menos accidentado os montes están ocupados por bosques de repoboación de piñeiros e eucaliptos. Na imaxe pódese apreciar a variedade florística das serras; a vexetación imposta pola man do home (pasteiros e repoboación) e vexetación autóctona (mato e fragas).
  • 18. Liques. Detalle dun piñeiro de Monterrei (Pinus radiata) o máis usado para repoboar os montes da comarca. As landras dos carballos alimentan no outono a moitos animais do bosque. Breixos. Cobren os terreos nos que non se pode asentar ou desapareceu a vexetación arbórea.
  • 19. A fauna é moi variada: raposo, xabarín, pombo, perdiz, paspallás, miñatos, papuxas, lagartos, cóbregas e numerosos insectos. Gurgullos nun cardo. Laverca (Alauda arvensis).
  • 20. Vertente oeste da serra de Meira, co monte Meira no centro. Na imaxe apréciase a suave transición entre a chaira e os cumes. SERRA DE MEIRA Atravesa en 12 km o concello de Meira en dirección N-S. O sector occidental está formado por xistos calcárias e dolomías, a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas envoltas por faixas estreitas de cuarcitas. No seu relevo suave sobresaen as duras cristas cuarcíticas. Ten unha altitude media de 800 m e o punto máis alto é o Meira, con 896 m. Na vertente oriental nacen afluentes do Eo e na oriental as cabeceiras do Miño. Ten unha gran área repoboada con eucaliptos e na vertente sur conserva algunhas carballeiras. Accedese pola estrada de Meira a Ribeira de Piquín. Desde os cumes hai unhas vistas amplas sobre a chaira e o val do Eo coas serras que o rodean. No Porto da Pena hai unha área recreativa. Unha ruta que sae do Pedregal de Irimia cruza a serra e segue ata chegar ao río Eo (Ruta Miño-Eo).
  • 21. Abas leste da Serra de Meira onde se aprecian as fortes pendentes que caen cara ao río Eo. As cuarcitas, rochas metamórficas, de seixo, de gran dureza e resistencia coroan as serras da comarca.
  • 22. PEDREGAL DE IRIMIA Está situado na Serra de Meira a uns 800 m de altitude. Está formado por coadas de bloques e derrubes estratificados de cuarcita de orixe periglaciar que se formaron durante os ciclos de xeo-desxeo da última glaciación do Cuaternario (hai 18.000 a 13.000 anos). É unha das fontes do Miño. Vista da serra de Meira co Pedregal e o cume máis alto no centro. Detalle dos bloques de cuarcita. Hai moitas lendas que tentan explicar a orixe das pedras do Pedregal de Irimia: -Unha vella que estaba sempre a rifar co seu home e un día díxolle que botase a correr sen mirar atrás. O home virou a cabeza e a vella, dicindo unhas palabras, fixo que uns paxaros enormes comezaran a guindarlle pedras enriba. -Uns demos que tentaron derrubar un antigo cenobio dos frades cistercienses. Os frades comezaron a rezar e os demos recuaron e abandonaron as pedras. -Unha meiga chamada Irimia que xuntou pedras para defenderse dos frades do convento e caíronlle no monte. Outra versión di que os frades tentaron apropiarse das terras da meiga onde había mananciais e ela cubriunos de pedras. -As rochas son pecadores petrificados que agardan ser purificados polas augas daquelas fontes.
  • 23. MONTES DE CARRACEDO Fan límite entre Riotorto, A Pastoriza, Lourenzá e Mondoñedo. O punto máis alto é O Carracedo, con 833 m. Están cubertos por pasteiros agás nos terreos en costa onde se conservan fragas en bo estado, ou están repoboados con piñeiros e eucaliptos. No cruce da estrada de Mondoñedo e Lourenzá, no Alto da Cancelada hai unha vista panorámica do Val de Lourenzá e as serras limítrofes. Na parte alta, compartida coa Pastoriza e Mondoñedo críase gando en libertade Vista do monte Carracedo desde Riotorto.
  • 24. SERRA DA CADEIRA Situada ao leste do río Masma, entre o Val de Lourenzá e o val do Eo. O punto máis alto é Cerrochán, con 776 m. Accedese desde Riotorto, A Pontenova ou Trabada. O cume máis alto da Serra da Cadeira visto desde Augaxosa, no concello do Riotorto.
  • 25. Fragas na Serra do Pousadoiro, unha das poucas áreas que se conservan de vexetación autóctona. SERRA DO POUSADOIRO Ten orientación N-S e separa os concellos de Riotorto e A Pontenova. Polas súas vertentes circulan afluentes do Eo (o Ferreiravella e o Xudán). O punto culminante é o Alto do Pousadoiro, con 666 m. Está formado por lousas, areiscas, e cristas de cuarcitas. A vexetación dominante son os eucaliptos e os piñeiros, aínda que tamén se conservan pequenas masas de carballos, especialmente na vertente oeste. Accedese desde Riotorto, A Pontenova ou desde a estrada de Meira a Ribadeo, en Xudán. Vista da serra do Pousadoiro, o val do rego de Ferreiravella e Riotorto.
  • 26. Montes de Vilar de Calvos con Pena Ouviaña á dereita. PENA OUVIAÑA Cume de 893 m situado ao leste da serra de Meira que forma parte dunha cadea de montañas (Montes de Vilar de Calvos) nos lindes orientais do concello de Ribeira de Piquín con A Fonsagrada e A Pontenova. Está coroada dunha crista de cuarcitas e cuberta dun mato de breixo e toxo. Nas partes baixas está ocupada por piñeiros e eucaliptos Accedese pola estrada de Chao do Pousadoiro a Carballido. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre o val do Eo e os montes da Fonsagrada.
  • 27. SERRA DO MURADAL Con dirección NE-SO. A maior parte atópase na Fonsagrada, pero as súas estribacións chegan ao Rodil, nos Vaos. Está formada por lousas, xistos e cuarcitas. Accedese desde a estrada de Ribeira de Piquín á Fonsagrada ou a Os Vaos. Estribacións da Serra do Muradal desde Os Vaos.
  • 28. SERRA DE MONCIRO Con orientación N-S, está situada no limite leste da Terra Cha en terreos de Pol e Castroverde. Está formada por pelitas e calcárias. O punto máis alto é o Monciro con 861 m. Na aba occidental nacen os ríos Lea e Azúmara, afluentes do Miño. Accédese desde a estrada de Pol a Castroverde.
  • 29. SERRA DO MIRADOR Con orientación N-S, fai fronteira entre Pol, Castroverde e Baleira. O sector occidental está formado por xistos calcárias e dolomías, a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas envoltas por faixas estreitas de cuarcitas. Na aba occidental nacen regos que van á cunca do Miño. Desde o cume domínase gran parte das chairas luguesas e das serras orientais. O trazado da estrada de Baleira a Meira discorre paralela á serra en toda a súa extensión pola aba leste, e a de Castroverde a Mosteiro pola oeste. Pódese acceder aos cumes polas pistas dos parques eólicos. Cumes da Serra do Mirador Cuarcitas nos cumes da serra
  • 30. OS RÍOS Río Rodil nos Vaos O río máis importante, que atravesa a comarca de norte a sur, é o Eo que corre nun val fondo e recolle as augas das vertentes orientais das serras de Meira, O Mirador e O Pousadoiro, e das occidentais do Muradal e dos Montes de Vilar de Calvos. Os ríos da parte occidental da comarca presentan caracteres propios dos que discurren polas chairas, así o Miño, o río de Pol e o Azúmara teñen un curso sinuoso e un fluir lento, mentras os ríos Lúa, Rego dos Areais, Torto e Rodil, que van á cunca do Eo, e o propio río Eo teñen cursos rápidos e pendentes. O Eo e o Rodil están protexidos en todo o seu percorrido pola comarca. Case todos os ríos da comarca, ao seu paso polas distintas localidades, teñen acondicionadas as súas beiras como áreas de lecer, con accesos, mobiliario e zonas de baño.
  • 31. A flora e fauna dos ríos desta comarca é moi rica e variada. No propio cauce do río atopamos algas e brións, espigas de auga, miriofilio, oucas e outros ranúnculos. Na beira medran comunidades anfibias e xa en terra firme medran, o pe de boi, a chantaxe de auga, a herba centella, a amenta de lobo, violetas, herba canuda e outras. Herba porqueira ou de Santa Cunegunda (Euphatorium canabinum). Oucas (Ranunculus sp.). Teñen as follas moi divididas e talos flexíbles para ofrecer menos resistencia ás correntes.
  • 32. O salgueiriño (Lytrum salicaria) florece desde a primavera ata o outono á beira das correntes de auga, das pozas e dos terreos asolagados. Lysimachia nemorum. Florece en bosques húmidos, prados sombrizos e beiras de regatos. Atópase nas fragas de Carballido.
  • 33. Seguindo o curso do río atopamos unha formación arbórea típica, o bosque de galería, con árbores de fondo enraizamento, crecemento rápido, aínda que non de moita altura, e de mesta follaxe, que crean un ambiente de escasa luz. Na beira da auga hai distintas variedades de salgueiros amieiras e detrás delas bidueiras, freixos, abeleiras,... e en terreos máis secos os carballos, pradairos e outras árbores. No sotobosque medran arbustos como o sabugueiro, silvas e plantas rubideiras como a hedra, herba salgueira, saltasebes e distintas clases de fentos.
  • 34. A fauna está composta por animais acuáticos (troitas, salmóns, insectos, moluscos...) e numerosas especies que precisan de ambientes húmidos e achéganse ás beiras do río: anfibios, lontras, insectos... Caracol de Quimper (Elona quimperiana) , unha especie pouco común que se pode atopar na cunca do Eo. Parella de cabaliños do demo (Pyrrhosoma nymphula). Son comúns nas beiras dos ríos porque alí capturan os insectos dos que se alimentan e reprodúcense, completando o desenvolvemento larvario dentro da auga.
  • 35. Pedregal de Irimia, unha das fontes do Miño. Situado na Serra de Meira a uns 800 m de altitude. O río abrolla entre bloques de cuarcita situados na ladeira da serra de Meira. RÍO MIÑO Ten un curto percorrido na comarca, entre o seu nacemento na Serra de Meira, no Pedregal de Irimia, e as proximidades de Fonmiñá. Antes de Meira recolle varios regos que baixan da Serra: rego de Feás, Porto da Pena, Xiromeno... e pouco antes do linde coa Pastoriza recolle o Riolongo. O Miño antes de chegar a Meira.
  • 36. O Miño en Meira nun espazo acondicionado como área de lecer na que se recuperaron varios muíños. Unha ruta interpretativa do río remata en Fonmiñá
  • 37. RÍO LEA Ven do monte de Fitoiro nas proximidades de Laga (Suegos-Pol). Percorre terras nos concellos de Pol e Castro de Rei e verte no Miño en Beloi. O Azúmara en Mosteiro (Pol). RÍO AZÚMARA Nace na serra do Miradoiro, nas proximidades de Castro (Hermunde-Pol), onde se coñece co nome de rego das Égoas. Logo pasa a terras do concello de Castro de Rei onde xa toma o nome de Azúmara e desemboca no Miño na parroquia de Orexe (Bazar) despois dun percorrido de 25 km.
  • 38. Antes de xuntarense o Eo e o Rodil circulan paralelos en sentido contrario separados por un lombo rochoso que foi perforado para facer pasar a auga do Rodil e mover este muíño situado á beira do Eo. RÍO EO Nace en Fonteo (Baleira) e desemboca na ría de Ribadeo despois de 79 km de percorrido por Galiza. Atravesa o concello de Ribeira de Piquín e fai fronteira nos de Meira e Riotorto. Ten un percorrido sinuoso e de pendente suave, e corre encaixado ata a Pontenova. Recibe pola dereita o Rodil e pola esquerda o Lúa e o Riotorto, e numerosos regos de menor entidade. É un dos poucos ríos galegos onde se pesca habitualmente o salmón. Tamén hai lampreas e cangrexos de río. Está protexido no LIC “Río Eo”.
  • 39. O Eo en Chao do Pousadoiro O Eo en Navallos, pouco despois da confluencia co Rodil e o Lua. O Eo na Retorta (Ribeira de Piquín)
  • 40. O río Rodil nos Vaos describe unha curva de case 360º para rodear un saínte rochoso sobre o que se asenta a poboación. RÍO RODIL Nace na Serra do Invernal (A Fonsagrada) e percorre as terras da Fonsagrada e Ribeira de Piquín onde se xunta co Eo na parroquia de Piquín. O Rodil circula por un val estreito e fondo que acolle fragas de gran interese ecolóxico. O Rodil en Piquín pouco antes de xuntarse co Eo.
  • 41. FERVENZA DA MEXADOIRA En Seixosmil, no río Murias, un afluente do Eo que baixa da aba oriental da Serra de Meira. O río cae sobre lousas dunha altura de máis de 15 m nun entorno de bosque autóctono moi ben conservado. No verán leva pouca auga. FERVENZA PENA DOS PORTELOS En San Xurxo (Ribeira de Piquín) , nun afluente do Eo que baixa da aba oriental da Serra de Meira. O río cae nun barranco de lousas moi fondo e escuro dunha altura de máis de 15 m. No verán ten pouca auga. O camiño atravesa unha fraga ben conservada na que se poden ver bos exemplares de castiñeiros e carballos.
  • 42. RIO TORTO Nace nos montes de Carracedo e atravesa o concello de Riotorto até xuntarse co Eo preto da Pontenova. O seu afluente máis importante é o rego da Ferreiravella. O río Ferreiravella na Fraga.
  • 43. AS FERRERÍAS Os ríos desta comarca foron aproveitados para mover todo tipo de enxeños, entre os que destacan os muíños, os batáns e os mazos e outros aparellos para traballar o ferro. No concello de Riotorto houbo unha gran tradición do traballo do ferro que noutros tempos se facía en mazos movidos pola auga dos ríos. Na actualidade, en Ferreiravella traballan obradoiros artesanais de ferreiros que se adican, sobre todo, a facer aparellos para o campo. Aspecto actual despois de recuperado. Ademais do mazo a área conta con exposicións de traballos feitos por ferreiros da zona e imaxes da recuperación. Restos do mazo da ferrería de Riotorto en Ferreiravella (imaxe do ano 2002). Roda motriz do mazo.
  • 44. ÁRBORES Fraga do Carballal na aba leste da Serra de Meira. As Fragas Teñen un ambiente sombrízo e húmido. As árbores máis comúns son os carballos, bidueiros, freixos, acivros, capudres, castiñeiros, pereiras bravas, estripos, cerdeiras, teixos,castiñeiros, nogueiras... Na beira dos ríos hai tamén amieiras e salgueiros. O sotobosque está formado por arandeiras, xilbarbeira, herba salgueira, silveira, fentos, herba chaveira, roseiras...
  • 45. ÁRBORES SENLLEIRAS CARBALLOS DO BATÁN En Rioxoán (Pol). Dous carballos de bo porte situados nunha explotación gandeira.
  • 46. CARBALLOS DE RIOXOAN En Rioxoán (Pol). Dous carballos de bo porte situados nunha explotación gandeira. COMO CHEGAR: na estrada do Cádavo a Meira, pouco despois do cruce de Rioxoan a Ribeira de Piquín vense os carballos no interior dunha propiedade situada á dereita. CARBALLO DE MOSTEIRO Situado na praza de Mosteiro (Pol) á esquerda do concello, nunha propiedade privada. AMIEIRAS DOS VAOS Á beira do río Rodil nos Vaos (Ribeira de Piquín). Varias amieiras: 4,60 e 4,10 m de contorno. COMO CHEGAR: na estrada de Chao de Pousadoiro a Fonsagrada cóllese en dirección a Os Vaos, e no desvío da poboación, báixase ao río Rodil, á esquerda, antes de cruzar a ponte AMIEIRAS DOS VAOS Á beira do río Rodil nos Vaos (Ribeira de Piquín). Varias amieiras: 4,60 e 4,10 m de contorno. CARBALLO DE ÓNEGA Situado na praza de Mosteiro (Pol) á esquerda do concello, nunha propiedade privada.
  • 47. ESPAZOS PROTEXIDOS RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑO Os concellos de Riotorto, Meira e Pol están incluídos no espazo “Terras do Miño”, declarada pola Unesco Reserva da Biosfera o 7 de novembro de 2002. Mostra de obxectos feitos por ferreiros de Riotorto (Área etnográfica do Mazo de Ferreiravella)
  • 48. RESERVA DA BIOSFERA RÍO EO, OSCOS E TERRAS DE BURÓN Espazo conxunto con Asturias, na contorna do río Eo, dun grande valor natural e etnográfico. Nesta comarca, inclúe o concello de Ribeira de Piquín. O Eo en Ribeira de Piquín.
  • 49. LIC RÍO EO Inclúe o curso do río Eo en todo o seu percorrido pola comarca (desde Santalla, na Ribeira de Piquín ata que a abandona nas lindes entre Riotorto e a Pontenova) e o Rodil. É unha área con importantes valores ecolóxicos onde podemos atopar varias zonas diferenciadas cos seus ecosistemas específicos.
  • 50. LIC CARBALLIDO Ocupa dúas zonas separadas que se corresponden cos vales dos río Rodil e Bidueiro, afluentes do Eo, nos concellos de a Fonsagrada, a Pontenova e Ribeira de Piquín. Unha pequena parte dos espazos protexidos da fraga de Reigadas e outra pequena parte das fragas de Carballido están en territorio de Ribeira de Piquín. Río Rodil nas fragas de Carballido.
  • 51. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Xullo 2016