Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Serra do Galiñeiro

103 views

Published on

Unha serra de enorme interese xeolóxico, biolóxico e cultural. Situada no sur de Pontevedra. Exténdese nuns 10 km de lonxitude, con orientación NO-SE, paralela á Depresión Meridiana e o val do Louro.
CONCELLOS: Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Serra do Galiñeiro

  1. 1. SERRA DO GALIÑEIRO
  2. 2. Situada no sur de Pontevedra. Exténdese nuns 10 km de lonxitude, con orientación NO- SE, paralela á Depresión Meridiana e o val do Louro. CONCELLOS: Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui.
  3. 3. A Serra do Galiñeiro destaca polos seus valores naturais (xeolóxicos, biolóxicos e paisaxísticos), culturais (históricos, arqueolóxicos, etnográficos), sociais e económicos (actividades tradicionais que aproveitan de xeito sustentable e rendible os recursos do monte, actividades de lecer, deportes de natureza...).
  4. 4. Vista do Galiñeiro desde a serra da Groba: á esquerda os montes do Galiñeiro e á dereita o Aloia
  5. 5. O montes do Galiñeiro (Norte e Sur) desde a costa de Nigrán
  6. 6. Vista do Galiñeiro desde Peitieiros (Gondomar)
  7. 7. CUMES MÁIS DESTACADOS: 1-Monte do Galiñeiro Norte (664 m) 2-Monte do Galiñeiro (709 m), o punto máis alto. 3-Alto da Fonte do Pobo (654 m) 4-Monte Caldeirón, Galiñeiro Sur ou Arruído (702 m). 5-A Paxariña (592 m ) 6-Coto de Penidos (554 m) 7-San Xulián, no Monte Aloia (633 m) 8-Alto de San Martiño (596 m) 9-Tetón (474 m) NAS PROXIMIDADES: A-As Pereiras (514 m) B-O Cepudo (527 m) C-Outeiro Grande (456 m) 2 1 3 4 5 9 6 7 BC A 8
  8. 8. Vista desde a Pedra Pinta cara aos montes das Pereiras e As Lagoas
  9. 9. Galiñeiro Norte
  10. 10. Monte do Galiñeiro (709 m), o cume máis alto da serra.
  11. 11. Montes do Galiñeiro(Norte) desde o Arruído
  12. 12. Cumes do Galiñeiro
  13. 13. Cumes do Galiñeiro
  14. 14. Un dos cumes do Galiñeiro
  15. 15. Un dos cumes do Galiñeiro
  16. 16. Galiñeiro Sur e Alto da Fonte do Pobo desde Zamáns
  17. 17. Galiñeiro Sur, Alto da Fonte do Pobo e Pedra Pinta
  18. 18. Vista leste da serra desde a Pedra Pinta. Ao fondo o monte Aloia
  19. 19. Alto da Fonte do Pobo
  20. 20. Galiñeiro Sur ou Arruído e Caldeirón (vista leste)
  21. 21. Monte Caldeirón, Galiñeiro Sur ou Arruído (702 m).
  22. 22. Galiñeiro Sur
  23. 23. Galiñeiro Sur
  24. 24. A Paxariña
  25. 25. Galiñeiro Sur
  26. 26. Galiñeiro Sur
  27. 27. A Barranquiña
  28. 28. Vista desde Prado
  29. 29. Coto do Penido
  30. 30. Montes de Bouzas
  31. 31. Montes de Bouzas
  32. 32. Bouzas
  33. 33. Vista desde os montes de Prado
  34. 34. Serra de Prado
  35. 35. Serra de Prado
  36. 36. Serra de Prado e Galiñeiro Sur ao fondo
  37. 37. Serra de Prado
  38. 38. Alto de San Martiño
  39. 39. Monte Aloia, vista norte
  40. 40. Monte Aloia desde a Pedra Pinta
  41. 41. Monte Aloia
  42. 42. O Aloia e o remate da serra do Galiñeiro desde a outra beira do Miño, con Tui no primeiro plano
  43. 43. XEOLOXÍA A serra está formada por gneis na parte norte e granitos (alcalinos e calcoalcalinos), na sur. Destacan as formacións de gneis de riebeckita nos cumes máis altos da Serra
  44. 44. Na paisaxe da Serra do Galiñeiro podemos atopar: a) Unha serie de cumes residuais aliñados en dirección N.NW-S.SE que sobrepasan os 600 m; dun enorme valor visual e xeomorfolóxico. b) Unha chaira suave entre os 450-500 m, fragmento de superficie de erosión eóxena, na que se nutren numerosos regatos. c) Unha forte pendente que dá paso á zona humanizada. Chairas do Galiñeiro
  45. 45. Vista leste da serra sobre a Depresión do val do Louro, co val do Miño e as serras de Portugal ao fondo
  46. 46. MAPA LITOLÓXICO
  47. 47. Toda a Serra do Galiñeiro é un museo de rochas e minerais. Destaca, sobre todo, a grande variedade que se atopa na área de contacto entre os granitos e os neis. ROCHAS máis destacadas: -Paragneis (de plaxioclasa e biotita, metasomáticos (Zamáns) * -Ortogneis (de biotita, de riebeckita, de riebeckita e microlina, de riebeckita e magnetita, radioactivos) -Neis de microlina -Anfibolitas -Granito de dúas micas (cataclástico)
  48. 48. Neis no Arruído
  49. 49. Gneis no cumes do Galiñeiro
  50. 50. Neis
  51. 51. Pías nos granitos do Galiñeiro
  52. 52. Granitos no Monte Aloia
  53. 53. Granitos no Monte Aloia
  54. 54. Granitos no Pedragullo, no val do río Grande ou de San Simón, entre o Aloia e a serra do Prado
  55. 55. Pedra do Equilibrio
  56. 56. MINERGAL-O Porriño
  57. 57. Podemos atopar máis de trinta tipos diferentes de MINERAIS entre os que destaca a presenza no ortogneis de riebeckita do rarísimo mineral astrofilita (un filosilicato visible cunha potente lupa), o único caso en toda Europa de presenza de astrofilita en rochas metamórficas. Agúns minerais destacados: aexirina, albita, arsenopirita, allamita, andalucita, andesita, apatito, astrofilita, autunita, biotita, biotitalepidomelana, bigtonnita, circón, chorlo, cordierita, fluorita, granate, hastingsita, hornblenda, ilmenita, magnetita, microlina, pirocloro, riebeckita, rittmannita, rockbridgeita, rutilo, seixo, strengita, strunzita, torbernita, turmalina, titanita, uraninita, vivianita, xenotima... Neis con riebeckita MINERGAL-O Porriño
  58. 58. MINERGAL-O Porriño
  59. 59. MINERGAL-O Porriño
  60. 60. MINERGAL-O Porriño
  61. 61. PUNTO DE INTERESE XEOLÓXICO Gneis de Zamáns (261001) Interese: Petrolóxico-xeoquímico. Unidade Xeolóxica: Estruturas e formacións do Oróxeno Varisco no Macizo Ibérico. Situación: Zamáns (Vigo) Na zona central do complexo Vigo-Tui aparecen uns gneis con riebeckita en contacto claramente intrusivo con uns paragneis. Estes gneis de aegirina e riebeckita son o maior e máis fermoso afloramento coñecido de gneis per-alcalino ácido en todo mundo. As rochas presentan un gran fino, con finas bandas de minereais escuros alternando con materiais craros. A foliación é, case sempre, plana, en ocasiones é micropregada a escala centimétrica. Destacan dous afloramentos como punto de interese xeológico; a canteira abandoada de Zamáns, onde se observa o tipo de Galiñeiro, e un pequeno afloramiento nunha canteira situada 350 m ao sur da capela de San Colmado, onde se atopan gneis radiactivos.
  62. 62. Mina Ana, explotada para obter feldespatos para a industria cerámica Cristal de feldespato (MINERGAL-O Porriño)
  63. 63. No Galiñeiro hai numerosas covas e cavidades: -A Cova da Becha, de orixe periglaciar, en Vincios -Os Milagres da Trapa, nos Cabreiros -No monte dos Arruídos, en Vincios -A Lapa da Moura, en Vilas (Morgadáns)... Cova da Becha
  64. 64. A TRAPA, OS MILAGRES DA TRAPA, A PEDRA FURADA. Nos Cabreiros (Chenlo, O Porriño) coñecese como o Pedragullo. Un sistema de cavidades graníticas que ocupan 240 metros liñais do curso medio do río Grande, cun desenvolvemento horizontal de máis 1.800 metros e 94 m de desnivel. É unha das máis grandes cavidades graníticas de Europa. río Grande
  65. 65. O sistema de covas é un pseudocarst formado en granitos alcalinos de dúas micas de grano groso. Destacan formas resultado da lenta erosión fluvial da rocha (pilancóns, cacholas) e formacións de espeleotemas de pigotita ou silíceas (tipo ópalo). A Trapa ten unha historia xeolóxica complexa que data do remate da unión da Laurasia e Gondwana hai máis de 200 millóns de anos. Alteración e elevamento do substrato rochoso, desprendementos e movementos en pendente, rachaduras tectónicas, actividade sísmica, acción do río completaron a súa formación. Foi explorada en 2007 polo Clube Espeleolóxico Maúxo. Só é apta para profesionais.
  66. 66. Lenda recollida en Oia, Ribadelouro “Dunha volta atopábanse unhas mulleres no campo apañando herba, cando apareceu o Arco da Vella. Un dos seus extremos púxose a beber na agua do Río Grande. Era de esperar que, transportada através do arco, caíra logo a agua en forma de chuvia sobre os campos. A algunha daquelas mulleres non lle debeu chistar moito a idea de apañar unha molladura, así que co fouciño que tiña na man cortoulle ao arco iris un dos seus pés. O arco, descompensado, caíu sobre o outro extremo, nas lombas do Aloia, provocando unha grande esborrallada que orixinou a caída e acumulación de grande cantidade de penedos de granito”.
  67. 67. Vista do Galiñeiro cara a Zamáns e Vigo Desde os cumes do Galiñeiro abránguese panorámicas de toda a contorna: a maior concentración urbana de Galiza (Vigo e parte da ría), a Depresión Meridiana, parte do curso baixo do Miño e o norte de Portugal...
  68. 68. Vista desde o Galiñeiro cara ás illas Cíes
  69. 69. Vista sobre a presa de Zamáns e o monte da Lagoa
  70. 70. Vista desde o Galiñeiro cara a Baiona e Nigrán
  71. 71. Vista desde o monte Aloia sobre o Val do Miño
  72. 72. Vista desde o monte Aloia sobre Porriño e os montes de Budiño
  73. 73. Vista cara ao val do Louro
  74. 74. Vista cara ao val do Louro e as serras da Dorsal Galega, desde o miradoiro do Pedra Pinta (522 m) en Erville (Cela, Mos)
  75. 75. Monte Alba e a cidade de Vigo, nas estribacións do Galiñeiro cara ao noroeste
  76. 76. CLIMA Atlántico suave, con veráns secos.
  77. 77. RÍOS Na vertente oeste nace o río Miñor (co seu afluente, o Zamáns), que desemboca na Ramallosa. Na leste numerosos afluentes do Louro (Rebordáns, Deique, San Simón, rego do Penedo, rego de Chenlo ou da Fervenza...) e os ríos Tripes, Cotarel ou do Seixal e Furnia, que van ao Miño. Os ríos teñen percorridos curtos e con moito desnivel e sofren unha importante seca no verán.
  78. 78. RÍO MIÑOR Fórmase con numerosos regos que nacen na serra do Galiñeiro e desemboca na Ramallosa. No seu dircorrer forma o Val Miñor. O principal afluente é o Zamáns. Río Zamáns na localidade do mesmo nome.
  79. 79. Encoro de Zamáns na localidade do mesmo nome. Aquí o río chámase Amial, Vilaza ou Zamáns. O encoro abastece de auga ao sur de Vigo.
  80. 80. Rego das Udencias, un afluente do Tripes, no monte Aloia
  81. 81. Pozas da Cabana. Unha das paraxes máis agradables do monte Aloia
  82. 82. Rego das Tabernas, un afluente do Tripes, no monte Aloia
  83. 83. Fervenza no río Tripes en Frinxo (monte Aloia)
  84. 84. FERVENZA DO GALIÑEIRO No rego do Amiudal, unha das cabeceiras do Zamáns (Miñor) que baixa da serra do Galiñeiro. A fervenza ten pouca auga (agás en día de moita chuvia) pero esbara por unha escorregadoira en varios tramos. COMO CHEGAR: na estrada Vigo-O Porriño chégase a Zamáns e, no mesmo centro do lugar, a carón dun semáforo, cóllese o cruce á dereita ata o lugar da Igrexa e séguese ata o seu remate, onde se colle á esquerda. Séguese durante uns 400 m e tómase unha pista de terra á dereita ata chegar ao regato (uns 300 m). Para ver as fervenzas sóbese un pequeno tramo por un carreiro do monte.
  85. 85. Rego da Miñoteira (Louro) Mosende (Porriño) Rego de Chenlo (Louro-Miño) Chenlo (Porriño)
  86. 86. O RÍO DO INFERNO, nace no monte Aloia, ao noroeste do cumio de San Xiao, logo coñécese como río Grande e augas abaixo das covas da Trapa, chámaselle río do Cotarel e logo RÍO DE SAN SIMÓN ata xuntarse co Louro (afluente do Miño). Río Grande nas proximidades dos Cabreiros (Chenlo, O Porriño) Chenlo (Porriño)
  87. 87. -Rochedos graníticos -Pasteiros terofíticos -Regatos e ribeiras fluviais -Pozas e lugares temporalmente anegados -Mato -Breixeiras húmidas e secas -Carballeiras -Sobreirais -Formacións arbóreas exóticas -Camiños e beirais -Turbeiras -Áreas repoboadas con piñerios e eucaliptos HÁBITATS MÁIS DESTACADOS
  88. 88. FLORA A maioría da serra está ocupada por matogueiras e áreas arboradas de repoboación con piñeiros e eucaliptos. Quedan algúns restos de caducifolio autóctono con carballos, sobreiras, abruñeiros, estripos, érbedos e pereiras bravas.
  89. 89. Sobreiras (Quercus suber) no monte Aloia
  90. 90. Pradairo (Acer pseudoplatanus) no monte Aloia -2,97 m de perímetro
  91. 91. En 1910 comezou a repoboación do monte Aloia con piñeiros (do país, silvestre e radiata) e establecéronse diferentes árbores exóticas (acacias, cedros, cipreses, pinsapos, eucalitos...). Hai exemplares de bo porte de acacia negra, alcipreste de Lawson, abeto de Douglas, piñeiro albar e insigne e cedro xaponés.
  92. 92. Eucalipto (Eucalyptus pulchella) no monte Aloia
  93. 93. Eucalipto vermello (Eucaliptus camaldulensis) no Monte Aloia -4,20 m de perímetro
  94. 94. Abeto branco (Abies alba) no monte Aloia -3,79 m de perímetro
  95. 95. Acacias (Acacia melanoxylon) no monte Aloia
  96. 96. Acacia (Acacia melanoxylon) no monte Aloia. -3,30 m de perímetro Acacia (Acacia melanoxylon) no monte Aloia -3,80 m de perímetro
  97. 97. Piñeiro de Monterrei (Pinus radiata) no monte Aloia. -27 m de altura e 3,80 m de perímetro.
  98. 98. Piñeiro de Oregón (Pseudotsuga menziesii) no monte Aloia -4,30 m de perímetro.
  99. 99. Faia (Fagus sylvatica) no monte Aloia -3,16 m de perímetro
  100. 100. Piñeiros rubios e de repoboación
  101. 101. Criptomerias, cedros do Xapón (Criptomeria japonica) no monte Aloia
  102. 102. Breixo (Erica cinerea) O mato está dominado por toxo, breixo, xesta, queiruga e carpaza. Toxo (Ulex europeus)
  103. 103. Genista triacanthos
  104. 104. Tomelo rastreiro (Thymus caespititius) Un endemismo do noroeste peninsular e das Illas dos Açores.
  105. 105. Sedum
  106. 106. Hypericum humifusum
  107. 107. Tuberaria
  108. 108. Scilla merinoi
  109. 109. Linaria
  110. 110. Xensá (Gentiana pneumonanthe) Estalotes (Digitalis purpurea)
  111. 111. Gagea nevadensis, unha planta de montaña que se pode atopar no Galiñeiro.
  112. 112. Nas ribeiras fluviais mellor conservadas, os carballos mestúranse con salgueiros, ameneiros, e sanguiños aos que acompañan numerosas plantas vasculares, pteridófitos e briófitos.
  113. 113. Violetas, fentos e brións Violeta (Viola palustris)
  114. 114. Fentos no río Tripes
  115. 115. O inventario botánico do Monte Aloia inclúe polo menos 500 taxons vexetais. ESPECIES DE INTERESE: Endemismos galaico-portugueses ou ibérico-occidentais: -Coincya monensis subespecie puberula -Carduus asturicus -Carex acuta subespecie reuteriana -Toxo portugués (Ulex micranthus) -Toxo gateño (Ulex galli susp. breoganii) Endemismos do parque natural: -Centaurea aloiana -Halimium lasianthum subespecie Alyssoides Flora acuática: -Callitriche stagnalis -Montia fontana subespecie amporitana -Ranunculus tomiophyllus -Scirpus fluitans. -Baldellia alpestris -Myosotis secunda. -Dianthus laricifolius subespecie caespitosifolius (propio da conca do Miño-Sil e en perigo de extinción en Galiza) Callitriche stagnalis Baldellia alpestris
  116. 116. FAUNA A fauna é a típica de monte, do mato e dos cursos fluviais. Arredor de duascentas especies animais habitan a Serra do Galiñeiro, das que unha grande parte están gravemente ameazadas de desaparición pola acción humana e máis da metade figuran nos catálogos de especies protexidas. Nalgunhas áreas viven vacas e cabalos en semiliberdade.
  117. 117. Esquío (Sciurus vulgaris) MAMÍFEROS: Raposo, coello, ourizo cacho, esquío, xabarín, xeneta, donicela, teixugo, morcego grande de ferradura, morcego pequeno de ferradura, morcego anano...
  118. 118. Cabalo galego
  119. 119. Miñato (Buteo buteo) AVES: Arredor dun centenar de especies. perdiz, miñato común, miñato abelleiro, lagarteiro, azor, garza real, pita de auga e unha grande variedade de paxaros: ferreiros, petos, gaio, tordo, úbalo, cruzabico, azulenta papuda, carriza, paporrubio, pisco, reiseñor, rabirrubio real, chasco, merlo, merlo azul, reiseñor, papuxa, picafollas, ouriolo, pega, corvo viaraz, pardal, pimpín, xirín, xílgaro, escribenta, lavandeira, cotovía, bubela, picapeixe... Destaca a presenza da rara azulenta papuda, o picanzo real ou o pedreiro cincento.
  120. 120. Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus)
  121. 121. Ferreiro abelleiro (Parus major)
  122. 122. Papuxa do mato (Sylvia undata) Escribenta
  123. 123. Lagarta galega (Podarcis bocagei) RÉPTILES: Doce especies: lagarto das silveiras, lagarta galega, lagarta dos penedos, víbora de Seoane, lagarto arnal, escáncer...
  124. 124. Lagarta dos penedos (Podarcis hispanica) Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)
  125. 125. ANFIBIOS: Están citadas 11 das 14 especies coñecidas en Galiza: píntega, tritón ibérico, tritón xaspeado, píntega rabilonga, ra patilonga... Ra verde (Rana perezi)
  126. 126. PEIXES Troita, vermella, anguía, peixe... Peixe (Chondrostoma arcasii), un endemismo ibérico
  127. 127. Libeliña (Pyrrhosoma ninphula) Vacaloura menor (Dorcus parallelipipedus) INVERTEBRADOS Escaravellos, saltóns, gaiteiros, libeliñas, patinadores, bolboretas (máis de 50 especies, efémeras...
  128. 128. Bolboreta (Cynthia cardui)
  129. 129. Bolboreta (Lasiommata maera)
  130. 130. ACTIVIDADES -Lecer, agrogandaría, actividades forestais... Hai unha extensa rede de camiños para facer rutas e varias áreas de lecer. O monte Aloia conta cun Centro de Recepción de Visitantes, onde proporcionan información sobre a área, e itinerarios marcados para poder visitar os puntos máis interesantes. Unha das rutas no monte Aloia
  131. 131. Unha das áreas habitadas nas abas do Galiñeiro
  132. 132. Pequeno curro no Galiñeiro
  133. 133. ovellas
  134. 134. cabras
  135. 135. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A Serra do Galiñeiro conta cun impresionante patrimonio histórico que testemuña a súa ocupación polo ser humano desde hai máis de 5.000 anos: están documentados catro campos de mámoas (Chan das Moutas, Os Bromús...); hai diversas estacións de petróglifos (Auga da Laxe e outros); hai censados cinco castros na propia serra (Erbille, Coto Mediodía, na coroa do Galiñeiro e dous no monte de S. Xián) e outros nos arredores. Ademáis hai un interesante patrimonio etnográfico material e inmaterial: pontes, muíños, camiños reais, corredoiras, chozos, lendas... Castro do alto dos no monte Aloia Muralla ciclópea de 2.250 m de lonxitude que rodea a meseta superior do pico San Xiao, no monte Aloia.
  136. 136. Petróglifos no monte Tetón, próximo ao Galiñeiro Petróglifo Pedra da Auga, no Galiñeiro. Aparecen representadas diferentes armas (de características únicas no continente europeo).
  137. 137. Muíño de Maquía en Zamáns Conxunto de muíños no río Tripes, nas abas do Monte Aloia, perto de Frinxo.
  138. 138. O “Rego de Pedra”. Condución de auga realizada polos veciños ata o lugar de Frinxo (monte Aloia).
  139. 139. Ermida de San Xiao (monte Aloia), reconstruída no 1713 sobre un templo románico. En xaneiro celébrase a romaría de San Xiao, obxecto de devoción na comarca polas súas virtudes milagreiras que favorecen as colleitas e curan enfermidades.
  140. 140. LENDAS DO MONTE ALOIA A CAMA DE SAN XIAO. Asegúrase que nesta pedra repousou o corpo sen vida deste santo. Neste lugar non medra a herba. Para aliviar as migrañas e as dores nas cervicais hai que deitarse sobre a pedra apoiando a cabeza. Tamén ten a virtude de aliviar a infertilidade. As égoas do monte Aloia son fecundadas polo vento... Falan dunha pedra da auga e dunha pedra do sol nas que realizar peticións mitolóxicas ou rituais para favorecer as colleitas. Se precisaban que o tempo fose seco, levaban o santo ata a rocha do sol e se, polo contrario, querían que chovese, levaban o santo ata a rocha da auga. Cama de San Xiao
  141. 141. PUNTOS DE INTERESE VIGO -Presa e canteira de Zamáns -Monte Galiñeiro (leste) -Fervenza de Zamáns
  142. 142. GONDOMAR -Montes do Galiñeiro, O Arruído, A Paxariña, Coto dos Penidos, San Martiño, serra do Prado... -Curros de Vincios e Morgadáns -Petróglifo da Auga da Laxe -Cova da Becha e monte dos Arruídos (Vincios), Lapa da Moura (Morgadáns)
  143. 143. O PORRIÑO -O Arruído, Alto da Fonte do Pobo, A Paxariña, Coto dos Penidos, San Martiño, serra do Prado... -Regos da Miñoteira e do Chenlo Alto da Fonte do Pobo e Pedra Pinta
  144. 144. MOS -Ermida da Virxe das Neves -Pedra Pinta (miradoiro), Fonte das Pedras Ermida da Virxe das Neves no Pedra Pinte en Erville (Cela, Mos), ondo houbo un castro.
  145. 145. Miradoiro do Enxeñeiro Areses, no monte Aloia TUI -Monte Aloia -Monte Tetón -Ermida de San Mamede -Cova “Os Miragres da Trapa”
  146. 146. -Plantación masiva e proliferación incontrolada de especies foráneas (eucaliptos, piñeiros e acacias), que reducen a biodiversidade e aumentan o risco de incendio. -Proliferación de canteiras (moitas delas ilegais) e abandono de canteiras esgotadas sen a debida restauración. -Apertura masiva de pistas. -Práctica deportiva con vehículos a motor dentro e fora das pistas. -Movementos incontrolados de terra. -Vertedoiros incontrolados de lixo e entullo. -Acampada ilegal. -Destrución neglixente ou intencionada de patrimonio arqueolóxico. -Proxectos: parque eólico, industrias con alto impacto ambiental, mineiría... PROBLEMAS
  147. 147. Canteira no monte Aloia
  148. 148. ESPAZOS PROTEXIDOS -O Monte Aloia foi declarado Sitio Natural de Interese Nacional en 1935, Parque Natural (1978), e Zona Especial de Conservación (ZEC). Numerosos colectivos de veciños/as, ecoloxistas, culturais... puxeron en marcha unha campaña para pedir a protección da serra do Galiñeiro.
  149. 149. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta maio 2018

×