SlideShare a Scribd company logo
1 of 104
CHANTADA
A NATUREZA
A penichaira de Chantada entre a serra do Faro e o río Miño
A comarca de Chantada está situada no suroeste da provincia de Lugo, entre as serras da
Dorsal (Martiñá, Faro, Farelo e Vacaloura), que lle serven de linde con Pontevedra e Ourense
polo oeste, e o val do río Miño, ao leste, lindando coas Terras de Lemos. No territorio
distínguense claramente tres unidades: as serras, con altitudes superiores aos 1.000 m, a
superficie de aplanamento de Chantada e o encaixado val do Miño, con paredes que nalgúns
lugares acadan os 400 m de altura.
A maioría da poboación aséntase en pequenos núcleos rurais, agás a capital comarcal,
Chantada, que concentra o maior número, os servizos e as industrias.
As serras e o río Miño son os grandes protagonistas da natureza da comarca e neles atópanse
paisaxes e espazos naturais de grande beleza e valor ecolóxico.
SUPERFICIE:
462,2 km2
POBOACIÓN:
16.400 habitantes
CONCELLOS:
Carballedo, Chantada e
Taboada.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LICs Serra do Faro e Pena
Veidosa.
CLIMA
Oceánico, con matices continentais. No val do Miño ten características mediterráneas o que
favorece o cultivo da vide e a presenza de especies mediterráneas.
ACTIVIDADES
Agrogandaría (destaca o cultivo de viñedos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra), forestal,
servizos e industria.
Granxa en Piñeira (Taboada)
PATRIMONIO
É unha zona que ten un grande gran interese histórico-artístico e etnográfico. Son numerosos
os castros, igrexas e mosteiros (forma parte da Ribeira Sacra), pazos, conxuntos
arquitectónicos, cruceiros, pontes muíños, adegas...
Hórreo ou canasto en Mouricios
(Chantada)
Hórreo en O Campo
(Taboada)
Pombeiro en Chantada
Pombeiros en O Campo (Taboada)
Pombeiro no pazo de San Pedro de Bembibre (Taboada)
Palleira en Argozón (Chantada) Detalle dunha casa en O Campo (Taboada)
Pazo de Sabadelle
(Chantada)
Pazo de San Pedro de Bembibre
(Taboada)
Pazo de Perrelos
(Taboada)
Adegas nos socalcos do Canón do Miño
Castro Candaz (Pedrafita, Chantada). Neste outeiro situado a carón do Miño, entre as desembocaduras dos regos
Enviande e As Lamas, houbo un poboado castrexo e unha fortaleza medieval que foron moi modificados pola
construción de socalcos para o cultivo das vides. Desde a construción do Encoro de Belesar permanece asolagado e só se
pode acceder a el cando o nivel da auga está moi baixo.
Igrexa de Santo Estevo de Chouzán (Carballedo). Románica
do século X, trasladada cando se fixo o encoro de Os
Peares. No seu interios hai pinturas murais do século XV. Igrexa de Pradeda (Carballedo)
Igrexa de Oleiros (Carballedo)
Igrexa de Temes (elemento romano)
San Xoán da Cova (Carballedo). Igrexa monasterial
benedictina trasladada a causa da construción do
encoro de Os Peares.
Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño
(Chantada). Románica, da segunda metade do
século XII, con reformas no XVIII na torre e
fachada. Destacan as pinturas murais de
influencia italiana de mediados do século XVI,
realizadas ao fresco, especialmente a escea do
Xuizo Final.
Santa María de Pesqueiras (Chantada). Igrexa románica que formou parte dun antigo mosteiro de benedictinas. Está
situado no canón do Miño, sobre o encoro de Belesar nunha paraxe moi fermosa rodeda de soutos e viñedos e cunhas
vistas espectaculares.
Igrexa de Argozón (Chantada)
Igrexa de Camporramiro (Chantada)
Igrexa de Muradelle (Chantada)
Igrexa de Fornas (Chantada)
Igrexa de Bermún (Chantada)
Igrexa de Brigos (Chantada)
Igrexa de Requeixo (Chantada)
Igrexa de Mouricios (Chantada)
Igrexa de O Monte (Chantada)
Igrexa de San Pedro de Bembibre (Taboada)
Igrexa de Bouzoa
(Taboada)
Igrexa de O Couto
(Taboada)
Igrexa de Castelo (Taboada)
Igrexa de Taboada dos Freires (Taboada)
Igrexa de O Campo (Taboada)
Igrexa de Cerdeda (Taboada)
Igrexa de Piñeira (Taboada)
Cruceiro de San Pedro de Bembibre (Taboada)Cruceiro de Castelo (Taboada)
CONCELLOS
SUPERFICIE: 138,78 km2
POBOACIÓN: 2.401 habitantes
(2014).
PARROQUIAS: Aguada, Buciños,
Carballedo, Cartelos, Castro,
Chouzán, A Cova, Ervedeiro,
Furco, Lobelle, Lousada (Santiago
e San Mamede), Marzás,
Milleirós, Oleiros, Pradeda, San
Romao de Campos, San Salvador
de Búbal, Santa Baia de Búbal,
Santa Cristina de Asma, Santa
Mariña do Castro, Temes, Veascós
e Vilaquinte.
Os Peares no encontro do Búbal co Miño
CARBALLEDO
Está situado ao sur da comarca lindando coas terras de Ourense polo sur e leste (comarcas de
Ourense e O Carballiño) e Pontevedra polo leste (Deza). O territorio ten as maiores alturas na
serra do Faro (Pena Grande, con 1.106 m) e Martiñá (Porteliño, con 1.044). Vai descendendo
cara ao Miño e está moi dividido polos vales dos seus afluentes Búbal e Fondós.
Igrexa de Lousada
É un concello enimentemente rural, sen
grandes núcleos de poboación que ten como
capital o núcleo de A Barrela. As principais
actividades son a gandaría, a agricultura, en
especial a viticultura, e os cultivos forestais.
Acolle importantes valores naturais: o canón
do Miño, carballeiras con exemplares
monumentais, fervenzas e bosques de ribeira
dunha gran diversidade. Ten ademais un
importante patrimonio monumental
representado en varios mosteiros, igrexas
románicas e barrocas e pazos.
Vista desde Cartelos cara ao Faro
SUPERFICIE: 176,61 km2
POBOACIÓN: 8.493 habitantes
(2015)
PARROQUIAS: Adá, Arcos,
Argozón, Asma (San Fiz e San
Salvador), Belesar, Bermún,
Brigos, Camporramiro, Chantada,
Esmeriz, Esmoriz, Fornas, A
Grade, Laxe, Líncora, Mariz,
Mato, Merlán, Monte, Mouricios,
Muradelle, Nogueira de Miño,
Pedrafgita, Pereira, Pesqueiras,
Requeixo, Riba, Sabadelle, A
Sariña, A Veiga, Viana (San Pedro
e Santa Cruz) e Vilauxe.
Rúa no casco antigo de Chantada
CHANTADA
Está situada no centro da comarca, lindando co concello de Rodeiro (Pontevedra).
O territorio ten as máximas alturas no oeste, na serra do Faro, nos cumes do Monte Faro
(1.187 m) e O Marco (1.036 m). A maior parte está ocupado por unha extensa superficie de
erosión que forma parte dunha penichaira dunha altitude media de 600 m na que destacan
alguns pequenos cumes como o San Sebastián (764 m) e Cabezuda (733 m). No leste está
limitada polo val do Miño que cae en paredes de grandes desniveis nas que se cultivan as
vides en socalcos ou muras. Os ríos Enviande e Asma, afluentes do Miño, percorren o concello
de oeste a leste.
Belesar, ao pé do Miño, coas augas encoradas en Os
Peares.
Unha ruta sinalizada permite percorrer toda a beira do
Canón do Miño e únese ás que continúan por Carballedo,
Taboada ou, cruzando a ponte de Belesar, polo Saviñao
As principais actividades son a agricultura
(forraxes e viñedos), a gandaría, os servizos
e pequenas industrias.
Ten importantes valores naturais asociados
ao Canón do Miño e á serra do Faro.
Acolle mostras histórico-artísticas e
etnográficas de todas as épocas: castros,
calzadas romanas, igrexas e mosteiros
románicos e barrocos, pontes, muíños...
San Salvador de Asma, mosteiro fundado no século IX
SUPERFICIE: 146,59 km2
POBOACIÓN: 3.101
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Ansar, Arxiz,
Bembibre, Bouzoa, Campo,
Carballo, Castelo, Cerdeda,
Cecillón, Couto, Esperante,
Frade, Gondulde, Ínsua
(San salvador e San Xián),
Mato, Meixonfrío, Moreda,
Mourelle, Piñeira,
Sobrecedo, Taboada dos
Freires, Torre, Vilameñe,
Vilar de Cabalos, Vilela e
Xián.
TABOADA
Situada ao norte da comarca. O territorio está situado entre o val do Miño, ao leste, e as
serras da Dorsal: A Vacaloura ao norte e oeste, cos cumes máis alto no San Cristovo (830 m) e
Castrillón (765 m); Alto do Corno, co cume máis alto no Cantelle (901 m) e as estribacións do
Faro ao aoeste. No centro unha ampla penichaira cunha altitude media de 600 a 400 m.
Os ríos Bieitas, Moreda e Enviande, afluentes do Miño, atravesan o concello de oeste a leste.
Clube náutico en Mourulle, nas beiras do Miño no encoro de Belesar.
Unha ruta sinalizada de longo percorrido (PGR) percorre toda a beira do
Miño e únese ás que continúan por Chantada e Portomarín.
Portada da igrexa románica de
San Pedro de Bembibre.
As principais actividades son a agrogandaría e a forestal. O gando máis importante é o vacún
para a produción de carne e leite e a elaboración de queixos acollidos á Denominación de
Orixe Arzúa-Ulloa. Unha pequena parte dos terreos está dedicada ao cultivo da vide.
Conserva grandes superficies de bosques autóctonos e soutos nos que se atopan exemplares
monumentais de carballos e castiñeiros. Tamén se atopan numerosos castros e mámoas,
igrexas románicas e barrocas, pazos e hórreos.
Paisaxe agraria
de Taboada,
Penas Agudas
RELEVO
Terras de Chantada e a Serra do Faro
O Territorio da comarca de Chantada estrutúrase en tres unidades de relevo moi
diferenciadas. Ao Oeste unha aliñación de serras que se estenden con dirección N-S: A
Vacaloura, Alto do Corno (nas estribacións do Farelo), O Faro e A Martiñá, de cumes
redondeados e de formas suaves, coa maior elevación do Monte Faro, con 1.187 m de altura.
A continuación a superficie de Chantada, unha zona de aplanamento que forma parte, no
extremo SO, da chaira luguesa, cunha altitude de 600-700 m e lixeiramente inclinada cara ao
sur, moi dividida polos afluentes do Miño que aproveitan as numerosas fallas do terreo. Ao
leste o canón do Miño, con ladeiras escarpadas e desniveis que van dos 200 m na zona de
Taboada ata os 400 en Carballedo.
Penichaira de Chantada
Canón do Miño cara ao sur, no encoro dos Peares
Penedos na paredes do Canón do Miño
As rochas dominantes son os
granitos e os xistos, con
algunhasáreas de cuarcitas.
Cristas de cuarcita no Graúllo
A vexetación dos cumes está
formada por un mato de uces,
xestas, toxos, carqueixas e pasteiros.
Nalgúns cumes consérvanse
turbeiras de cobertor. Unha grande
parte está ocupada por especies
forestais de repoboación,
maiormente piñeiros. Nas abas
avesías consérvanse carballeiras con
mesturas de carballos e rebolos con
bidueiros, castiñeiros, acivros... Nas
abas máis soleadas e secas atópanse
sobreiras, loureiros e érvedos. A
fauna é moi variada con presenza de
lobo, corzo, rapinas, aves do mato e
de bosque, e unha grande
diversidade de anfibios, réptiles e
invertebrados
Toxo, a planta máis abundante no mato dos cumes
Queiruga ou breixo
(Daboecia cantabrica).
Endemismo do oeste de
Europa. É o breixo de flores
máis grandes.
Follas de carballo no outono.
Nas abas da serras da Martiñá e o Faro abondan
as carballeiras onde se atopan exemplares de
grande porte.
Breixo de turbeira (Erica tetralix), típico
das zonas húmidas dos cumes.
Bacaloura (Lucanus cervus).
É o insecto galego máis grande. As mandíbulas do
macho, grandes e fortes, son a arma coa que loitan
para conseguir as femias. A súa eiruga vive durante
varios anos no interior do toro dos carballos, e outras
árbores, alimentándose de madeira. É un animal en
perigo de extinción.
Lobo (Canis lupus signatus). Un mamífero
habitual nas serras da comarca.
Araña cangrexo nuns estalotes.
Os pequenos animais, que pasan
habitualmente desapercibidos, son un dos
atractivos dos espazos naturais, onde
podemos contemplalos de preto.
Cume de San Cristovo, no linde entre Taboada e Monterroso
SERRA DA VACALOURA
Esténdese con dirección norte-sur facendo linde entre o concello de Taboada (Comarca de
Chantada) e os de Portomarín e Monterroso.
É unha serra de cumes suaves que ten a máxima elevación no San Cristovo, con 830 m. As
rochas dominantes son xistos e neis nos que se observan numerosos pregues e fallas de
pequeno tamaño.
Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre toda a contorna: comarcas de
Chantada, Sarria e A Ulloa, serras dos Ancares, O Courel, Macizo Central, O Faro e O Farelo.
Accedese desde a estrada de Taboada a Lugo nun cruce no Torrón.
Vista desde o alto de San Cristovo sobre Taboada e o
canón do Miño. Ao fondo o Monte Meda e San Mamede.
O Monte Faro de Chantada, o cume máis alto da Dorsal Galega. No alto hai unha torre de vixiancia de incendios, un
miradoiro, o centro de interpretación do parque eólico e a capela da Virxe do Faro, onde se fai unha romería tradicional
o 8 de setembro
SERRA DO FARO
Esténdese con dirección norte-sur no linde entre as provincias de Lugo (comarca da Chantada)
e Pontevedra (concello de Rodeiro). É unha serra de perfil suave con numerosas fallas
ocupadas por ríos pouco encaixados. As máximas alturas son o Monte Faro, con 1.187 m,
Penas Grandes, con 1.106 m e O Marco, con 1.036 m. Está formada por granitos porfídicos no
norte e granitos de dúas micas no sur, separados por unha banda de migmatitas
Serve de divisoria ás cuncas do Miño e do Ulla. Na aba leste desta serra nacen varios
afluentes do Miño que discorren pola comarca con dirección O-E.
Panorámica da vertente leste da serra do Faro desde Cartelos (Carballedo).
A serra é un espléndido miradouro sobre as terras de Chantada.
Está protexida como LIC.
Accedese desde o Alto do Faro (na estrada Chantada-Lalín), desde Requeixo (Chantada) e
desde Furco (Carballedo).
Vista desde o Faro
Repoboación mixta con piñeiros e bidueiros
A vexetación dominante é o mato de toxo e breixo e os bosques de piñeiros de repoboación
(piñeiros silvestres). Nas valgadas e partes baixas consérvanse carballeiras onde se mesturan
carballos e rebolos e, nas zonas húmidas, bidueiros.
Nos cumes chans e húmidos hai turbeiras e pasteiros. É unha importante zona de refuxio de
fauna.
Penedo da Porteliña, parte da serra da Martiñá no concello de Carballedo (vista desde O Faro)
SERRA DE MARTIÑÁ
É unha serra con dirección N-SO, de alturas que rondan os 1.000 m, situada ao sur da Serra do
Faro, entre as provincias de Lugo e Ourense. Nesta comarca ocupa parte do concello de
Carballedo co cume máis alto no Porteliño, con 1.044 m, no linde con Cea (comarca do
Carballiño). Na vertente leste nace o Bubal, afluente do Miño.
Unha parte está repoboada con piñeiros e nas súas abas consérvanse grandes extensións de
carballeiras. Desde os cumes hai unhas excelentes vistas da contorna.
Está declarada LIC co nome de “Pena Veidosa”.
Accedese pola estrada de A Barrela a Oseira.
OS RÍOS
Un dos numerosos regos que desembocan
no Miño desde as paredes do canón.
O principal río da comarca é o Miño
que fai de linde polo leste entre as
terras de Chantada e de Sarria e
Lemos. Desde as serras da Dorsal
baixan unha serie de afluentes que
discorren con dirección oeste-leste
con cursos encaixados onde son
frecuentes os rápidos, as pozas e as
fervenzas. Tanto o Miño como os
seus afluentes aproveitan as
numerosas fallas dun terreo moi
antigo que sufríu un proceso de
rotura e levantamento no Terciario
a partir dunha superficie moi
erosionada.
Espello no encoro dos Peares, no Canón do Miño. Nos días de inverno sen vento as augas calmas do Miño
atrapado nos encoros reflicten a infinidade de matices da vexetación da ribeira.
Inflorescencias de amieira
(Alnus glutinosa), a árbore máis
común na beira dos ríos.
Nas ladeiras dos vales con gran desnivel consérvase unha
vexetación moi diversa con mestura de especies
atlánticas e mediterráneas, segundo o grao de exposición
ao sol. Nas beiras dos ríos dominan as amieiras, os
salgueiros e os freixos. Abondan as aves acuáticas (corvos
mariños, garzas, picapeixes, merlos rieiros,
lavandeiras...), os anfibios e os insectos,
Froitos de érvedo
(Arbutus unedo), un
arbusto ou pequena
árbore que medra
nas áreas de clima
mediterráneo, moi
común nas paredes
do Canón do Miño.
Ra patilonga (Rana iberica). Vive á beira de ríos e
regatos de augas limpas e correntes rápidas.
Nas ladeiras dos vales con gran desnivel consérvase unha vexetación moi diversa con mestura
de especies atlánticas e mediterráneas, segundo o grao de exposición ao sol. Nas beiras dos
ríos dominan as amieiras, os salgueiros e os freixos. Abondan as aves acuáticas (corvos
mariños, garzas, picapeixes, merlos rieiros, lavandeiras...), os anfibios e os insectos,
Garza real (Ardea cinerea). Común nas
zonas de augas tranquilas nos ríos.
Arredor dos ríos consérvase un rico
patrimonio etnográfico: pontes e
pontellas, muíños...
Barca do Miño. Moi empregada noutros tempos para
transportasr as uvas na vendima.
Restos de muíños no río Asma.
A caída da penichaira de Chantada ao Miño
ten unha forte pendente que converte aos
ríos nunha sucesión de rápidos e saltos. A
enerxía da auga foi aproveitada ata hai una
anos para mover muíños.
Muíño da Alameda, no río Asma (Chantada)
O Miño en Taboada, coa ponte na
estrada que vai ao Saviñao.
RÍO MIÑO
Nace na serra de Meira e desemboca na
Guarda, no Océano Atlántico. Entra na
comarca por terras de Taboada, xa
encorado en Belesar, e despois dun curto
percorrido volve a encorarse augas abaixo
no encoro de Os Peares en terreos de
Chantada e Carballedo.
Ten un percorrido con dirección norte-sur,
a maioría encaixado formando un amplo
canón.
Os afluentes máis importantes de norte a
sur son: Porto da Hedreira, Moreda,
Enviande, Asma, Fondós e Búbal.
O Miño entre Chantada e O Saviñao, no encoro de Belesar
O percorrido do Miño na comarca de Chantada forma paraxes de grande importancia
ecolóxica e paisaxística. O tramo comprendido entre Belesar e Os Peares, coñecido como
Canón do Miño, resulta espectacular pola altura das súas ladeiras, pola vexetación diversa
que acolle (carballeiras, soutos, ervedeiros, sobreirais...) e polo grande interese etnográfico
resultante do traballo de séculos para conseguir gañar terras para o cultivo das vides. A todo
isto hai que engadir os numerosos monumentos que forman parte da chamada Ribeira Sacra,
coñecida por ese nome desde a Idade Media por ser zona onde abondan as igrexas e
mosteiros, todos eles centros de cultivo do viñedo.
Unha ruta sinalizada de gran percorrido (PGR) permite seguir o curso do Miño ao longo de
toda a comarca.
Encoro de Belesar, nun inverno de augas baixas.
Vista do Canón do Miño e Sobrecedo (Taboada)
Canón do Miño (co encoro do Belesar en augas baixas) coas desembocaduras dos regos Enviande e Lama entre Chantada
e Taboada. No centro Castro Candaz.
Presa de Belesar, entre Chantada e O Saviñao. Construída en 1963.
O canón do Miño é a zona entre os encoros de Belesar e os Peares. É un tramo encaixado do río Miño entre xistos,
cuarcitas, gneis... de 20 km de lonxitude e ata 300 m de profundidade, que se formou a finais d Período Terciario ao
elevarse o terreo como consecuencia da Oroxenia Alpina. Está rodeado de chairas, na vertente dereita está a superficie
erosionada de Chantada e na esquerda a depresión de Monforte.
Canón do Miño en Chantada
Cerdeiras en Belesar
Pousadoiro (Chantada)
Cabo do Mundo (Chantada) visto desde o miradoiro da Cova (O Saviñao)
Penedo do Castelo ou Graúllo (Carballedo).
As sobreiras gabean polas paredes verticais de gneis e cuarcitas dos penedos
O Canón do Miño en Chouzán (Carballedo)
Canón do Miño en Carballedo
Presa do encoro dos Peares (entre Carballedo e Pantón). Construída en 1955.
Os Peares (entre Carballido e A Peroxa), no encontro do Miño e o Búbal.
Curso alto do río
Bieitas na confluencia
co Porto da Hedreira.
RÍO BIEITAS
Fórmase con varios regos que baixan na
serra da Vacaloura e escava un val
encaixado que vai cair ao Miño no
encoro e Belesar entre as parroquias de
Vilar de Cabalos, Xián e Mourulle.
Ten un percorrido curto e con moito
desnivel.
RÍO MOREDA
Nace nas estribacións do Faro (Alto
do Corno) e atravesa o concello de
Taboada. Xúntase ao Miño en San
Xoán da Ínsua.
RÍO ENVIANDE
Nace na serra do Faro e xúntase co Miño facendo linde entre Chantada (Pedrafita) e Taboada (Sobrecedo).
Tramo final do río dentro do encoro de Belesar
REGO DA LAMA
Nace nas estribacións do Faro en Mouricios Chantada e xúntase co Miño entre as parroquias de Pedrafita
e Sabadelle, no encoro de Bellesar.
Desembocadura do Rego da Lama no Miño
Área de lecer no Asma en Chantada
RÍO ASMA
Nace na aba leste da serra do Faro, entre os concellos de Chantada e Carballedo e desemboca no Miño
despois dun percorrido de 25 quilómetros, na súa maior parte por terreos de Chantada. No tramo alto
chámase rego de Bermún e o seu principal afluente é o río Comezo.
Antes de xuntarse ao Miño baixa da penichaira de Chantada por un profundo canon onde abondan os
rápidos e as fervenzas.
Unha ruta permite percorrer parte do seu curso ata o Canón do Miño.
O Asma preto de Tarrío
Fervenza no canón do Asma.
Desde Tarrío, na estrada de Chantada a Monforte, hai un
desvío á dereita (no arranque da ruta) que permite chegar
ao río. Para ver as fervenzas séguese río arriba por entre
as pedras con moita dificultade. No inverno pódese ver
desde un penedo que sobresae á beira da estrada.
Desembocadura do Asma no encoro de San Estevo
REGO DE CAMPORRAMIRO
Nace en Pereira (Chantada) e despois dun curto percorrido xúntase ao Miño ao pé de Belesar. No último
tramo forma varios rápidos e fervenzas.
Accedese pola ruta que segue o Canón do Miño desde Belesar.
REGO DE SOUTO VARELA
Un pequeno rego que se xunta
co Miño entre A Sariña e
Santiago de Arriba, no concello
de Chantada.
Fervenza en Soutariz
REGO LAVANDEIRA
Un pequeno rego que fai fronteira entre Erberdeiro (Carballedo)/ Nogueira (Chantada).
O río Fondós ou Graullo, preto de Erbedeiro
antes de se unir ao Miño, forma unha gorxa
nos neis con varios rápidos e fervenzas. Nos
arredores hai especies de ribeira e sobreiras.
Na marxe esquerda está o Penedo de
Graúllo, de máis de 100 m de altura.
RÍO FONDÓS ou GRAÚLLO
Nace na aba leste da serra do Faro, na
parroquia de Padreda e, despois de
atravesar o concello de Carballedo de oeste
a leste, xúntase ao Miño nas proximidades
da aldea de Adegas. O seu tramo final ten
un forte desnivel onde abondan os rápidos
e as fervenzas.
Fervenzas no rego de Fondós
Río Búbal en Carballedo,
preto da Barrela.
RÍO BÚBAL
Nace na serra da Martiñá, na localidade de
Agrosantiño (Cea), percorre terreos do
concello de Carballedo, facendo linde
nalgúns puntos coa Peroxa (comarca de
Ourense) e desemboca no Miño nos Peares,
fronte ao Sil.
Escava un val moi abrupto en rochas
graníticas onde abondan os rápidos, as
pozas e as fervenzas.
Fervenza de Fundimao no Bubal. Na parroquia de Oleiros
(Carballedo). É unha pequena fervenza entre rochas
graníticas rodeada de bosques de ribeira. Área de lecer do Vao nos Peares.
AS ÁRBORES
A comarca de Chantada acolle unha gran variedade de árbores con presenza de especies
tipicamente atlánticas, como o carballo e o bidueiro, ou mediterráneas, como as sobreiras, os
rebolos ou os érvedos. Nas abas das serras e nas ladeiras abesías do Canón do Miño
consérvanse boas mostras de carballeiras con dominio de Quercus robur con algúns
castiñeiros e rebolos (Quercus pyrenaica). Nas paredes máis secas e orientadas ao sol do
Canón do Miño dominan as especies mediterráneas. Tamén hai amplas zonas repoboadas con
piñeiros e, en menor cantidade, bidueiros. Nas proximidades das poboacións hai soutos.
Bosque con mestura
de especies atlánticas
(carballos) e
mediterráneas
(sobreiras e érvedos)
no canón do Miño en
Carballedo.
Sobreiras no Graúllo (Carballedo)
Érbedos no canón do Miño (Carballedo)
Carballeira Souto
Carballeira de Cartelos (Carballedo)
CARBALLO (Qurcus robur)
-Devesa de Cartelos (Carballedo) (P)
-Pazo de Cartelos (Carballedo) (P)
-Casa do Herdeiro (Carballedo) (P)
-Casa Grande (Loureiro, Carballedo) (P)
-Carballo Grande de Bustelo de Abaixo (Carballedo) (P)
-Carballo Grande do Mestre (Carballedo) (P)
-Vilaverde (San Salvador de Búbal, (Carballedo)
-Lousada (Carballedo)
-Cabreiros-Camporramiro (Chantada)
-Graciano (Chantada)
-Costa de Muradelle (Chantada)
-Limiñón (Muradelle, Chantada)
-A Cruz (Brigos, Chantada)
-A Caniza (Requeixo, Chantada)
-Ramos (Taboada) (P)
-Campo do Cruceiro (Taboada)
-Gondulfe (Taboada)
-Piñeira (taboada)
-Carballo dos Cartos (Taboada)
ÁRBORES SENLLEIRAS
(P) incluídas no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Carballo da Casa do Herdeiro (Carballedo).
A parte baixa do toro é moi ancha debido a que
está totalmente cuberto de nórregas.
-16 m de altura e 8,38 m de perímetro
Carballo do Pazo de Cartelos. (Carballedo).
-35 m de altura e nalgunhas partes acada case 12 m de
perímetro debido ás nórregas do seu toro. É un dos máis
altos de Galiza e está considerado o de máis idade,
posibelmente supere os 500 anos.
Carballo de Bustelo de Abaixo. (Carballedo).
-22 m de altura, 7,47 de perímetro. Atópase ao
pé da estrada de A Barrela a Ourense.
Carballo da Casa Grande. (Loureiro-Carballedo).
-29 m de altura e máis de 400 anos.
Accedese desde A Barrela pola estrada de Cea e
collendo un desvío a Loureiro.
Carballo do Mestre (Carballedo). Atópase a 1 km da
Barrela ao pé da estrada que vai a Chantada,
Carballo de Lousada (Carballedo)
-4,57 m de perímetro
Carballo de Vilaverde (San Salvador de Búbal-
Carballedo). Atópase ao pé da estrada da Barrela a
Temes despois de pasar Vilaverde.
-5,30 m de perímetro.
Carballo de Cabreiros. Chantada. Situado á beira da
estrada que vai de Camporramiro a Cabreiros.
Carballo de Graciano. Camporramiro (Chantada).
-22 m de altura e arredor de 200 anos.
Carballo da Cruz (Brigos Chantada)
-5,46 m de perímetro.
Actualmente está morto
-Carballos da Costa de Muradelle
(Chantada)
-Carballo en Limiñón (Muradelle, Chantada) -Carballo na Caniza (Requeixo, Chantada)
Carballo de Fontexil
(Mariz-Chantada).
-6,50 m de perímetro.
Carballo en San Salvador (Piñeira Taboada)
-4,84 m de perímetro
Carballo en San Salvador (Piñeira Taboada)
-5,05 m de perímetro
Carballo dos Cartos (Castelo, Taboada).
Segundo conta a tradición foi usado por un veciño
para gardar as súas riquezas, e dende aquela era
costume meter a man nun burato que ten no pé
para ver se se sacaba chea de cartos. Cando morreu
foi plantado na praza do pobo como monumento.
Carballo de Ramos. Taboada (Lugo).
-21 m de altura. Atópase no centro de Taboada,
preto da estrada principal.
Carballo de Gondulfe. Atópase ao pé da estrada de
Taboada a Taboada dos Freires, nas proximidades de
Gondulfe.
Carballo do Campo do Cruceiro (Taboada).
-4,35 m de perímetro.
Atópase no lugar de O Cruceiro (San Martiño do Couto)
na estrada de Taboada a Monterroso.
Castiñeiro (Castanea sativa)
-Os Quintos (O Pereiro-Requeixo, Chantada)
-Casa do Raxado (Taboada)
-Taboada dos Freires (Taboada)
-A Ínsua (Taboada)
-San Xián (O Campo, Taboada)
Castiñeiro en Ínsua (Taboada). Atópase ao pé da estrada de Taboada a Bóveda. - 9,30 m de perímetro.
Castiñeiro do Raxado
(Taboada dos Freires, Taboada).
-7,85 m de perímetro.
Castiñeiro nas proximidades de Taboada dos Freires.
-Castiñeiro dos Quintos (O Pereiro-Requeixo, Chantada)
Souto de San Xian do Campo, Taboada)
9,60 m de perímetro 7,80 m de perímetro
-8,70 m de perímetro
Souto de San Xian do Campo, Taboada)
ESPAZOS PROTEXIDOS
Vista dos cumes do Faro na primavera
MONTE FARO
Espazo protexido de 3.002 ha compartido coa provincia de Pontevedra. Inclúe parte dos
cumes e as abas orientais da Serra do Faro en terreos dos concellos de Carballedo e Chantada.
Está poboado por manchas de carballos mesturados con rebolos e abundante mato de toxos,
xestas, uces e carqueixas. Tamén hai pasteiros e turbeiras. Ten amplas zonas repoboadas con
piñeiros e bidueiros. Nos seus cumes consérvanse turbeiras de gran interese ecolóxico.
É unha importante zona de refuxio de fauna como lobo, xabarín, raposo, xeneta, miñato
común, lagarteiro, azor...
PENA VEIDOSA
Abrangue a serra da Martiñá, unha das estribacións da Dorsal Galega entre as provincias de
Ourense e Lugo. Os principais ecosistemas son as turbeiras, o monte baixo e algúns bosques
autóctonos. Nesta comarca inclúe unha pequena parte do concello de Carballedo.
Un recurso importante da comarca de Chantada é o cultivo da vide para a elaboración de
viños acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Despois duns anos de abandono o
sector comeza a recuperarse e a maior parte das explotacións están en activo. A
Denominación de Orixe: Ribeira Sacra, recoñecida no ano 1996, nesta comarca acolle a
subzona Ribeiras do Miño.
A cultura do viño resulta tamén un atractivo para os visitantes que poden gozar da paisaxe
creada pola actividade humana, visitar as adegas ou probar os viños.
AS VIDES DO VAL DO MIÑO
Socalcos ou muras. O cultivo da vide no canón do Miño
é moi traballoso e en grande parte artesanal. Os
grandes desniveis do terreo e a escaseza de terras ben
orientadas fai que as xentes desta terra aproveiten ao
máximo as abas dos vales orientadas ao sol
construíndo muras para conter a terra en socalcos.
No outono, cada variedade de vide toma
unha cor diferente que enche a paisaxe
dunha grande riqueza cromática
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
febreiro 2017

More Related Content

What's hot

Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedramonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevincamonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 

What's hot (20)

Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedra
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Trevinca
TrevincaTrevinca
Trevinca
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
LIC Pena Trevinca
LIC Pena TrevincaLIC Pena Trevinca
LIC Pena Trevinca
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 

Similar to Comarca Chantada

A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallasmonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 

Similar to Comarca Chantada (13)

A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallas
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoimonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 
Esteiro do Baxoi
Esteiro do BaxoiEsteiro do Baxoi
Esteiro do Baxoi
 

Comarca Chantada

  • 2. A penichaira de Chantada entre a serra do Faro e o río Miño A comarca de Chantada está situada no suroeste da provincia de Lugo, entre as serras da Dorsal (Martiñá, Faro, Farelo e Vacaloura), que lle serven de linde con Pontevedra e Ourense polo oeste, e o val do río Miño, ao leste, lindando coas Terras de Lemos. No territorio distínguense claramente tres unidades: as serras, con altitudes superiores aos 1.000 m, a superficie de aplanamento de Chantada e o encaixado val do Miño, con paredes que nalgúns lugares acadan os 400 m de altura. A maioría da poboación aséntase en pequenos núcleos rurais, agás a capital comarcal, Chantada, que concentra o maior número, os servizos e as industrias. As serras e o río Miño son os grandes protagonistas da natureza da comarca e neles atópanse paisaxes e espazos naturais de grande beleza e valor ecolóxico.
  • 3. SUPERFICIE: 462,2 km2 POBOACIÓN: 16.400 habitantes CONCELLOS: Carballedo, Chantada e Taboada. ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs Serra do Faro e Pena Veidosa.
  • 4. CLIMA Oceánico, con matices continentais. No val do Miño ten características mediterráneas o que favorece o cultivo da vide e a presenza de especies mediterráneas.
  • 5. ACTIVIDADES Agrogandaría (destaca o cultivo de viñedos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra), forestal, servizos e industria.
  • 6. Granxa en Piñeira (Taboada)
  • 7. PATRIMONIO É unha zona que ten un grande gran interese histórico-artístico e etnográfico. Son numerosos os castros, igrexas e mosteiros (forma parte da Ribeira Sacra), pazos, conxuntos arquitectónicos, cruceiros, pontes muíños, adegas... Hórreo ou canasto en Mouricios (Chantada) Hórreo en O Campo (Taboada)
  • 8. Pombeiro en Chantada Pombeiros en O Campo (Taboada) Pombeiro no pazo de San Pedro de Bembibre (Taboada)
  • 9. Palleira en Argozón (Chantada) Detalle dunha casa en O Campo (Taboada) Pazo de Sabadelle (Chantada)
  • 10. Pazo de San Pedro de Bembibre (Taboada) Pazo de Perrelos (Taboada)
  • 11. Adegas nos socalcos do Canón do Miño
  • 12. Castro Candaz (Pedrafita, Chantada). Neste outeiro situado a carón do Miño, entre as desembocaduras dos regos Enviande e As Lamas, houbo un poboado castrexo e unha fortaleza medieval que foron moi modificados pola construción de socalcos para o cultivo das vides. Desde a construción do Encoro de Belesar permanece asolagado e só se pode acceder a el cando o nivel da auga está moi baixo.
  • 13. Igrexa de Santo Estevo de Chouzán (Carballedo). Románica do século X, trasladada cando se fixo o encoro de Os Peares. No seu interios hai pinturas murais do século XV. Igrexa de Pradeda (Carballedo)
  • 14. Igrexa de Oleiros (Carballedo) Igrexa de Temes (elemento romano) San Xoán da Cova (Carballedo). Igrexa monasterial benedictina trasladada a causa da construción do encoro de Os Peares.
  • 15. Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño (Chantada). Románica, da segunda metade do século XII, con reformas no XVIII na torre e fachada. Destacan as pinturas murais de influencia italiana de mediados do século XVI, realizadas ao fresco, especialmente a escea do Xuizo Final.
  • 16. Santa María de Pesqueiras (Chantada). Igrexa románica que formou parte dun antigo mosteiro de benedictinas. Está situado no canón do Miño, sobre o encoro de Belesar nunha paraxe moi fermosa rodeda de soutos e viñedos e cunhas vistas espectaculares.
  • 17. Igrexa de Argozón (Chantada) Igrexa de Camporramiro (Chantada) Igrexa de Muradelle (Chantada)
  • 18. Igrexa de Fornas (Chantada) Igrexa de Bermún (Chantada) Igrexa de Brigos (Chantada)
  • 19. Igrexa de Requeixo (Chantada) Igrexa de Mouricios (Chantada) Igrexa de O Monte (Chantada)
  • 20. Igrexa de San Pedro de Bembibre (Taboada) Igrexa de Bouzoa (Taboada) Igrexa de O Couto (Taboada)
  • 21. Igrexa de Castelo (Taboada) Igrexa de Taboada dos Freires (Taboada) Igrexa de O Campo (Taboada)
  • 22. Igrexa de Cerdeda (Taboada) Igrexa de Piñeira (Taboada)
  • 23. Cruceiro de San Pedro de Bembibre (Taboada)Cruceiro de Castelo (Taboada)
  • 24. CONCELLOS SUPERFICIE: 138,78 km2 POBOACIÓN: 2.401 habitantes (2014). PARROQUIAS: Aguada, Buciños, Carballedo, Cartelos, Castro, Chouzán, A Cova, Ervedeiro, Furco, Lobelle, Lousada (Santiago e San Mamede), Marzás, Milleirós, Oleiros, Pradeda, San Romao de Campos, San Salvador de Búbal, Santa Baia de Búbal, Santa Cristina de Asma, Santa Mariña do Castro, Temes, Veascós e Vilaquinte. Os Peares no encontro do Búbal co Miño CARBALLEDO Está situado ao sur da comarca lindando coas terras de Ourense polo sur e leste (comarcas de Ourense e O Carballiño) e Pontevedra polo leste (Deza). O territorio ten as maiores alturas na serra do Faro (Pena Grande, con 1.106 m) e Martiñá (Porteliño, con 1.044). Vai descendendo cara ao Miño e está moi dividido polos vales dos seus afluentes Búbal e Fondós.
  • 25. Igrexa de Lousada É un concello enimentemente rural, sen grandes núcleos de poboación que ten como capital o núcleo de A Barrela. As principais actividades son a gandaría, a agricultura, en especial a viticultura, e os cultivos forestais. Acolle importantes valores naturais: o canón do Miño, carballeiras con exemplares monumentais, fervenzas e bosques de ribeira dunha gran diversidade. Ten ademais un importante patrimonio monumental representado en varios mosteiros, igrexas románicas e barrocas e pazos. Vista desde Cartelos cara ao Faro
  • 26. SUPERFICIE: 176,61 km2 POBOACIÓN: 8.493 habitantes (2015) PARROQUIAS: Adá, Arcos, Argozón, Asma (San Fiz e San Salvador), Belesar, Bermún, Brigos, Camporramiro, Chantada, Esmeriz, Esmoriz, Fornas, A Grade, Laxe, Líncora, Mariz, Mato, Merlán, Monte, Mouricios, Muradelle, Nogueira de Miño, Pedrafgita, Pereira, Pesqueiras, Requeixo, Riba, Sabadelle, A Sariña, A Veiga, Viana (San Pedro e Santa Cruz) e Vilauxe. Rúa no casco antigo de Chantada CHANTADA Está situada no centro da comarca, lindando co concello de Rodeiro (Pontevedra). O territorio ten as máximas alturas no oeste, na serra do Faro, nos cumes do Monte Faro (1.187 m) e O Marco (1.036 m). A maior parte está ocupado por unha extensa superficie de erosión que forma parte dunha penichaira dunha altitude media de 600 m na que destacan alguns pequenos cumes como o San Sebastián (764 m) e Cabezuda (733 m). No leste está limitada polo val do Miño que cae en paredes de grandes desniveis nas que se cultivan as vides en socalcos ou muras. Os ríos Enviande e Asma, afluentes do Miño, percorren o concello de oeste a leste.
  • 27. Belesar, ao pé do Miño, coas augas encoradas en Os Peares. Unha ruta sinalizada permite percorrer toda a beira do Canón do Miño e únese ás que continúan por Carballedo, Taboada ou, cruzando a ponte de Belesar, polo Saviñao As principais actividades son a agricultura (forraxes e viñedos), a gandaría, os servizos e pequenas industrias. Ten importantes valores naturais asociados ao Canón do Miño e á serra do Faro. Acolle mostras histórico-artísticas e etnográficas de todas as épocas: castros, calzadas romanas, igrexas e mosteiros románicos e barrocos, pontes, muíños... San Salvador de Asma, mosteiro fundado no século IX
  • 28. SUPERFICIE: 146,59 km2 POBOACIÓN: 3.101 habitantes (2014) PARROQUIAS: Ansar, Arxiz, Bembibre, Bouzoa, Campo, Carballo, Castelo, Cerdeda, Cecillón, Couto, Esperante, Frade, Gondulde, Ínsua (San salvador e San Xián), Mato, Meixonfrío, Moreda, Mourelle, Piñeira, Sobrecedo, Taboada dos Freires, Torre, Vilameñe, Vilar de Cabalos, Vilela e Xián. TABOADA Situada ao norte da comarca. O territorio está situado entre o val do Miño, ao leste, e as serras da Dorsal: A Vacaloura ao norte e oeste, cos cumes máis alto no San Cristovo (830 m) e Castrillón (765 m); Alto do Corno, co cume máis alto no Cantelle (901 m) e as estribacións do Faro ao aoeste. No centro unha ampla penichaira cunha altitude media de 600 a 400 m. Os ríos Bieitas, Moreda e Enviande, afluentes do Miño, atravesan o concello de oeste a leste. Clube náutico en Mourulle, nas beiras do Miño no encoro de Belesar. Unha ruta sinalizada de longo percorrido (PGR) percorre toda a beira do Miño e únese ás que continúan por Chantada e Portomarín.
  • 29. Portada da igrexa románica de San Pedro de Bembibre. As principais actividades son a agrogandaría e a forestal. O gando máis importante é o vacún para a produción de carne e leite e a elaboración de queixos acollidos á Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa. Unha pequena parte dos terreos está dedicada ao cultivo da vide. Conserva grandes superficies de bosques autóctonos e soutos nos que se atopan exemplares monumentais de carballos e castiñeiros. Tamén se atopan numerosos castros e mámoas, igrexas románicas e barrocas, pazos e hórreos. Paisaxe agraria de Taboada, Penas Agudas
  • 30. RELEVO Terras de Chantada e a Serra do Faro O Territorio da comarca de Chantada estrutúrase en tres unidades de relevo moi diferenciadas. Ao Oeste unha aliñación de serras que se estenden con dirección N-S: A Vacaloura, Alto do Corno (nas estribacións do Farelo), O Faro e A Martiñá, de cumes redondeados e de formas suaves, coa maior elevación do Monte Faro, con 1.187 m de altura. A continuación a superficie de Chantada, unha zona de aplanamento que forma parte, no extremo SO, da chaira luguesa, cunha altitude de 600-700 m e lixeiramente inclinada cara ao sur, moi dividida polos afluentes do Miño que aproveitan as numerosas fallas do terreo. Ao leste o canón do Miño, con ladeiras escarpadas e desniveis que van dos 200 m na zona de Taboada ata os 400 en Carballedo.
  • 32. Canón do Miño cara ao sur, no encoro dos Peares
  • 33. Penedos na paredes do Canón do Miño As rochas dominantes son os granitos e os xistos, con algunhasáreas de cuarcitas. Cristas de cuarcita no Graúllo
  • 34. A vexetación dos cumes está formada por un mato de uces, xestas, toxos, carqueixas e pasteiros. Nalgúns cumes consérvanse turbeiras de cobertor. Unha grande parte está ocupada por especies forestais de repoboación, maiormente piñeiros. Nas abas avesías consérvanse carballeiras con mesturas de carballos e rebolos con bidueiros, castiñeiros, acivros... Nas abas máis soleadas e secas atópanse sobreiras, loureiros e érvedos. A fauna é moi variada con presenza de lobo, corzo, rapinas, aves do mato e de bosque, e unha grande diversidade de anfibios, réptiles e invertebrados Toxo, a planta máis abundante no mato dos cumes
  • 35. Queiruga ou breixo (Daboecia cantabrica). Endemismo do oeste de Europa. É o breixo de flores máis grandes. Follas de carballo no outono. Nas abas da serras da Martiñá e o Faro abondan as carballeiras onde se atopan exemplares de grande porte. Breixo de turbeira (Erica tetralix), típico das zonas húmidas dos cumes.
  • 36. Bacaloura (Lucanus cervus). É o insecto galego máis grande. As mandíbulas do macho, grandes e fortes, son a arma coa que loitan para conseguir as femias. A súa eiruga vive durante varios anos no interior do toro dos carballos, e outras árbores, alimentándose de madeira. É un animal en perigo de extinción. Lobo (Canis lupus signatus). Un mamífero habitual nas serras da comarca. Araña cangrexo nuns estalotes. Os pequenos animais, que pasan habitualmente desapercibidos, son un dos atractivos dos espazos naturais, onde podemos contemplalos de preto.
  • 37. Cume de San Cristovo, no linde entre Taboada e Monterroso SERRA DA VACALOURA Esténdese con dirección norte-sur facendo linde entre o concello de Taboada (Comarca de Chantada) e os de Portomarín e Monterroso. É unha serra de cumes suaves que ten a máxima elevación no San Cristovo, con 830 m. As rochas dominantes son xistos e neis nos que se observan numerosos pregues e fallas de pequeno tamaño. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre toda a contorna: comarcas de Chantada, Sarria e A Ulloa, serras dos Ancares, O Courel, Macizo Central, O Faro e O Farelo. Accedese desde a estrada de Taboada a Lugo nun cruce no Torrón.
  • 38. Vista desde o alto de San Cristovo sobre Taboada e o canón do Miño. Ao fondo o Monte Meda e San Mamede.
  • 39. O Monte Faro de Chantada, o cume máis alto da Dorsal Galega. No alto hai unha torre de vixiancia de incendios, un miradoiro, o centro de interpretación do parque eólico e a capela da Virxe do Faro, onde se fai unha romería tradicional o 8 de setembro SERRA DO FARO Esténdese con dirección norte-sur no linde entre as provincias de Lugo (comarca da Chantada) e Pontevedra (concello de Rodeiro). É unha serra de perfil suave con numerosas fallas ocupadas por ríos pouco encaixados. As máximas alturas son o Monte Faro, con 1.187 m, Penas Grandes, con 1.106 m e O Marco, con 1.036 m. Está formada por granitos porfídicos no norte e granitos de dúas micas no sur, separados por unha banda de migmatitas Serve de divisoria ás cuncas do Miño e do Ulla. Na aba leste desta serra nacen varios afluentes do Miño que discorren pola comarca con dirección O-E.
  • 40. Panorámica da vertente leste da serra do Faro desde Cartelos (Carballedo).
  • 41. A serra é un espléndido miradouro sobre as terras de Chantada. Está protexida como LIC. Accedese desde o Alto do Faro (na estrada Chantada-Lalín), desde Requeixo (Chantada) e desde Furco (Carballedo). Vista desde o Faro
  • 42. Repoboación mixta con piñeiros e bidueiros A vexetación dominante é o mato de toxo e breixo e os bosques de piñeiros de repoboación (piñeiros silvestres). Nas valgadas e partes baixas consérvanse carballeiras onde se mesturan carballos e rebolos e, nas zonas húmidas, bidueiros. Nos cumes chans e húmidos hai turbeiras e pasteiros. É unha importante zona de refuxio de fauna.
  • 43. Penedo da Porteliña, parte da serra da Martiñá no concello de Carballedo (vista desde O Faro) SERRA DE MARTIÑÁ É unha serra con dirección N-SO, de alturas que rondan os 1.000 m, situada ao sur da Serra do Faro, entre as provincias de Lugo e Ourense. Nesta comarca ocupa parte do concello de Carballedo co cume máis alto no Porteliño, con 1.044 m, no linde con Cea (comarca do Carballiño). Na vertente leste nace o Bubal, afluente do Miño. Unha parte está repoboada con piñeiros e nas súas abas consérvanse grandes extensións de carballeiras. Desde os cumes hai unhas excelentes vistas da contorna. Está declarada LIC co nome de “Pena Veidosa”. Accedese pola estrada de A Barrela a Oseira.
  • 44. OS RÍOS Un dos numerosos regos que desembocan no Miño desde as paredes do canón. O principal río da comarca é o Miño que fai de linde polo leste entre as terras de Chantada e de Sarria e Lemos. Desde as serras da Dorsal baixan unha serie de afluentes que discorren con dirección oeste-leste con cursos encaixados onde son frecuentes os rápidos, as pozas e as fervenzas. Tanto o Miño como os seus afluentes aproveitan as numerosas fallas dun terreo moi antigo que sufríu un proceso de rotura e levantamento no Terciario a partir dunha superficie moi erosionada.
  • 45. Espello no encoro dos Peares, no Canón do Miño. Nos días de inverno sen vento as augas calmas do Miño atrapado nos encoros reflicten a infinidade de matices da vexetación da ribeira.
  • 46. Inflorescencias de amieira (Alnus glutinosa), a árbore máis común na beira dos ríos. Nas ladeiras dos vales con gran desnivel consérvase unha vexetación moi diversa con mestura de especies atlánticas e mediterráneas, segundo o grao de exposición ao sol. Nas beiras dos ríos dominan as amieiras, os salgueiros e os freixos. Abondan as aves acuáticas (corvos mariños, garzas, picapeixes, merlos rieiros, lavandeiras...), os anfibios e os insectos, Froitos de érvedo (Arbutus unedo), un arbusto ou pequena árbore que medra nas áreas de clima mediterráneo, moi común nas paredes do Canón do Miño.
  • 47. Ra patilonga (Rana iberica). Vive á beira de ríos e regatos de augas limpas e correntes rápidas. Nas ladeiras dos vales con gran desnivel consérvase unha vexetación moi diversa con mestura de especies atlánticas e mediterráneas, segundo o grao de exposición ao sol. Nas beiras dos ríos dominan as amieiras, os salgueiros e os freixos. Abondan as aves acuáticas (corvos mariños, garzas, picapeixes, merlos rieiros, lavandeiras...), os anfibios e os insectos, Garza real (Ardea cinerea). Común nas zonas de augas tranquilas nos ríos.
  • 48. Arredor dos ríos consérvase un rico patrimonio etnográfico: pontes e pontellas, muíños... Barca do Miño. Moi empregada noutros tempos para transportasr as uvas na vendima. Restos de muíños no río Asma. A caída da penichaira de Chantada ao Miño ten unha forte pendente que converte aos ríos nunha sucesión de rápidos e saltos. A enerxía da auga foi aproveitada ata hai una anos para mover muíños. Muíño da Alameda, no río Asma (Chantada)
  • 49. O Miño en Taboada, coa ponte na estrada que vai ao Saviñao. RÍO MIÑO Nace na serra de Meira e desemboca na Guarda, no Océano Atlántico. Entra na comarca por terras de Taboada, xa encorado en Belesar, e despois dun curto percorrido volve a encorarse augas abaixo no encoro de Os Peares en terreos de Chantada e Carballedo. Ten un percorrido con dirección norte-sur, a maioría encaixado formando un amplo canón. Os afluentes máis importantes de norte a sur son: Porto da Hedreira, Moreda, Enviande, Asma, Fondós e Búbal.
  • 50. O Miño entre Chantada e O Saviñao, no encoro de Belesar O percorrido do Miño na comarca de Chantada forma paraxes de grande importancia ecolóxica e paisaxística. O tramo comprendido entre Belesar e Os Peares, coñecido como Canón do Miño, resulta espectacular pola altura das súas ladeiras, pola vexetación diversa que acolle (carballeiras, soutos, ervedeiros, sobreirais...) e polo grande interese etnográfico resultante do traballo de séculos para conseguir gañar terras para o cultivo das vides. A todo isto hai que engadir os numerosos monumentos que forman parte da chamada Ribeira Sacra, coñecida por ese nome desde a Idade Media por ser zona onde abondan as igrexas e mosteiros, todos eles centros de cultivo do viñedo. Unha ruta sinalizada de gran percorrido (PGR) permite seguir o curso do Miño ao longo de toda a comarca. Encoro de Belesar, nun inverno de augas baixas.
  • 51. Vista do Canón do Miño e Sobrecedo (Taboada)
  • 52. Canón do Miño (co encoro do Belesar en augas baixas) coas desembocaduras dos regos Enviande e Lama entre Chantada e Taboada. No centro Castro Candaz.
  • 53. Presa de Belesar, entre Chantada e O Saviñao. Construída en 1963.
  • 54. O canón do Miño é a zona entre os encoros de Belesar e os Peares. É un tramo encaixado do río Miño entre xistos, cuarcitas, gneis... de 20 km de lonxitude e ata 300 m de profundidade, que se formou a finais d Período Terciario ao elevarse o terreo como consecuencia da Oroxenia Alpina. Está rodeado de chairas, na vertente dereita está a superficie erosionada de Chantada e na esquerda a depresión de Monforte. Canón do Miño en Chantada
  • 57. Cabo do Mundo (Chantada) visto desde o miradoiro da Cova (O Saviñao)
  • 58. Penedo do Castelo ou Graúllo (Carballedo). As sobreiras gabean polas paredes verticais de gneis e cuarcitas dos penedos
  • 59. O Canón do Miño en Chouzán (Carballedo)
  • 60. Canón do Miño en Carballedo
  • 61. Presa do encoro dos Peares (entre Carballedo e Pantón). Construída en 1955.
  • 62. Os Peares (entre Carballido e A Peroxa), no encontro do Miño e o Búbal.
  • 63. Curso alto do río Bieitas na confluencia co Porto da Hedreira. RÍO BIEITAS Fórmase con varios regos que baixan na serra da Vacaloura e escava un val encaixado que vai cair ao Miño no encoro e Belesar entre as parroquias de Vilar de Cabalos, Xián e Mourulle. Ten un percorrido curto e con moito desnivel.
  • 64. RÍO MOREDA Nace nas estribacións do Faro (Alto do Corno) e atravesa o concello de Taboada. Xúntase ao Miño en San Xoán da Ínsua.
  • 65. RÍO ENVIANDE Nace na serra do Faro e xúntase co Miño facendo linde entre Chantada (Pedrafita) e Taboada (Sobrecedo). Tramo final do río dentro do encoro de Belesar
  • 66. REGO DA LAMA Nace nas estribacións do Faro en Mouricios Chantada e xúntase co Miño entre as parroquias de Pedrafita e Sabadelle, no encoro de Bellesar. Desembocadura do Rego da Lama no Miño
  • 67. Área de lecer no Asma en Chantada RÍO ASMA Nace na aba leste da serra do Faro, entre os concellos de Chantada e Carballedo e desemboca no Miño despois dun percorrido de 25 quilómetros, na súa maior parte por terreos de Chantada. No tramo alto chámase rego de Bermún e o seu principal afluente é o río Comezo. Antes de xuntarse ao Miño baixa da penichaira de Chantada por un profundo canon onde abondan os rápidos e as fervenzas. Unha ruta permite percorrer parte do seu curso ata o Canón do Miño. O Asma preto de Tarrío
  • 68. Fervenza no canón do Asma. Desde Tarrío, na estrada de Chantada a Monforte, hai un desvío á dereita (no arranque da ruta) que permite chegar ao río. Para ver as fervenzas séguese río arriba por entre as pedras con moita dificultade. No inverno pódese ver desde un penedo que sobresae á beira da estrada.
  • 69. Desembocadura do Asma no encoro de San Estevo
  • 70. REGO DE CAMPORRAMIRO Nace en Pereira (Chantada) e despois dun curto percorrido xúntase ao Miño ao pé de Belesar. No último tramo forma varios rápidos e fervenzas. Accedese pola ruta que segue o Canón do Miño desde Belesar.
  • 71. REGO DE SOUTO VARELA Un pequeno rego que se xunta co Miño entre A Sariña e Santiago de Arriba, no concello de Chantada. Fervenza en Soutariz
  • 72. REGO LAVANDEIRA Un pequeno rego que fai fronteira entre Erberdeiro (Carballedo)/ Nogueira (Chantada).
  • 73. O río Fondós ou Graullo, preto de Erbedeiro antes de se unir ao Miño, forma unha gorxa nos neis con varios rápidos e fervenzas. Nos arredores hai especies de ribeira e sobreiras. Na marxe esquerda está o Penedo de Graúllo, de máis de 100 m de altura. RÍO FONDÓS ou GRAÚLLO Nace na aba leste da serra do Faro, na parroquia de Padreda e, despois de atravesar o concello de Carballedo de oeste a leste, xúntase ao Miño nas proximidades da aldea de Adegas. O seu tramo final ten un forte desnivel onde abondan os rápidos e as fervenzas.
  • 74. Fervenzas no rego de Fondós
  • 75. Río Búbal en Carballedo, preto da Barrela. RÍO BÚBAL Nace na serra da Martiñá, na localidade de Agrosantiño (Cea), percorre terreos do concello de Carballedo, facendo linde nalgúns puntos coa Peroxa (comarca de Ourense) e desemboca no Miño nos Peares, fronte ao Sil. Escava un val moi abrupto en rochas graníticas onde abondan os rápidos, as pozas e as fervenzas.
  • 76. Fervenza de Fundimao no Bubal. Na parroquia de Oleiros (Carballedo). É unha pequena fervenza entre rochas graníticas rodeada de bosques de ribeira. Área de lecer do Vao nos Peares.
  • 77. AS ÁRBORES A comarca de Chantada acolle unha gran variedade de árbores con presenza de especies tipicamente atlánticas, como o carballo e o bidueiro, ou mediterráneas, como as sobreiras, os rebolos ou os érvedos. Nas abas das serras e nas ladeiras abesías do Canón do Miño consérvanse boas mostras de carballeiras con dominio de Quercus robur con algúns castiñeiros e rebolos (Quercus pyrenaica). Nas paredes máis secas e orientadas ao sol do Canón do Miño dominan as especies mediterráneas. Tamén hai amplas zonas repoboadas con piñeiros e, en menor cantidade, bidueiros. Nas proximidades das poboacións hai soutos. Bosque con mestura de especies atlánticas (carballos) e mediterráneas (sobreiras e érvedos) no canón do Miño en Carballedo.
  • 78. Sobreiras no Graúllo (Carballedo)
  • 79. Érbedos no canón do Miño (Carballedo)
  • 81. Carballeira de Cartelos (Carballedo) CARBALLO (Qurcus robur) -Devesa de Cartelos (Carballedo) (P) -Pazo de Cartelos (Carballedo) (P) -Casa do Herdeiro (Carballedo) (P) -Casa Grande (Loureiro, Carballedo) (P) -Carballo Grande de Bustelo de Abaixo (Carballedo) (P) -Carballo Grande do Mestre (Carballedo) (P) -Vilaverde (San Salvador de Búbal, (Carballedo) -Lousada (Carballedo) -Cabreiros-Camporramiro (Chantada) -Graciano (Chantada) -Costa de Muradelle (Chantada) -Limiñón (Muradelle, Chantada) -A Cruz (Brigos, Chantada) -A Caniza (Requeixo, Chantada) -Ramos (Taboada) (P) -Campo do Cruceiro (Taboada) -Gondulfe (Taboada) -Piñeira (taboada) -Carballo dos Cartos (Taboada) ÁRBORES SENLLEIRAS (P) incluídas no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
  • 82. Carballo da Casa do Herdeiro (Carballedo). A parte baixa do toro é moi ancha debido a que está totalmente cuberto de nórregas. -16 m de altura e 8,38 m de perímetro Carballo do Pazo de Cartelos. (Carballedo). -35 m de altura e nalgunhas partes acada case 12 m de perímetro debido ás nórregas do seu toro. É un dos máis altos de Galiza e está considerado o de máis idade, posibelmente supere os 500 anos.
  • 83. Carballo de Bustelo de Abaixo. (Carballedo). -22 m de altura, 7,47 de perímetro. Atópase ao pé da estrada de A Barrela a Ourense. Carballo da Casa Grande. (Loureiro-Carballedo). -29 m de altura e máis de 400 anos. Accedese desde A Barrela pola estrada de Cea e collendo un desvío a Loureiro.
  • 84. Carballo do Mestre (Carballedo). Atópase a 1 km da Barrela ao pé da estrada que vai a Chantada, Carballo de Lousada (Carballedo) -4,57 m de perímetro
  • 85. Carballo de Vilaverde (San Salvador de Búbal- Carballedo). Atópase ao pé da estrada da Barrela a Temes despois de pasar Vilaverde. -5,30 m de perímetro. Carballo de Cabreiros. Chantada. Situado á beira da estrada que vai de Camporramiro a Cabreiros.
  • 86. Carballo de Graciano. Camporramiro (Chantada). -22 m de altura e arredor de 200 anos. Carballo da Cruz (Brigos Chantada) -5,46 m de perímetro. Actualmente está morto
  • 87. -Carballos da Costa de Muradelle (Chantada)
  • 88. -Carballo en Limiñón (Muradelle, Chantada) -Carballo na Caniza (Requeixo, Chantada)
  • 90. Carballo en San Salvador (Piñeira Taboada) -4,84 m de perímetro Carballo en San Salvador (Piñeira Taboada) -5,05 m de perímetro
  • 91. Carballo dos Cartos (Castelo, Taboada). Segundo conta a tradición foi usado por un veciño para gardar as súas riquezas, e dende aquela era costume meter a man nun burato que ten no pé para ver se se sacaba chea de cartos. Cando morreu foi plantado na praza do pobo como monumento. Carballo de Ramos. Taboada (Lugo). -21 m de altura. Atópase no centro de Taboada, preto da estrada principal.
  • 92. Carballo de Gondulfe. Atópase ao pé da estrada de Taboada a Taboada dos Freires, nas proximidades de Gondulfe. Carballo do Campo do Cruceiro (Taboada). -4,35 m de perímetro. Atópase no lugar de O Cruceiro (San Martiño do Couto) na estrada de Taboada a Monterroso.
  • 93. Castiñeiro (Castanea sativa) -Os Quintos (O Pereiro-Requeixo, Chantada) -Casa do Raxado (Taboada) -Taboada dos Freires (Taboada) -A Ínsua (Taboada) -San Xián (O Campo, Taboada) Castiñeiro en Ínsua (Taboada). Atópase ao pé da estrada de Taboada a Bóveda. - 9,30 m de perímetro.
  • 94. Castiñeiro do Raxado (Taboada dos Freires, Taboada). -7,85 m de perímetro. Castiñeiro nas proximidades de Taboada dos Freires.
  • 95. -Castiñeiro dos Quintos (O Pereiro-Requeixo, Chantada)
  • 96. Souto de San Xian do Campo, Taboada) 9,60 m de perímetro 7,80 m de perímetro
  • 97. -8,70 m de perímetro Souto de San Xian do Campo, Taboada)
  • 98. ESPAZOS PROTEXIDOS Vista dos cumes do Faro na primavera MONTE FARO Espazo protexido de 3.002 ha compartido coa provincia de Pontevedra. Inclúe parte dos cumes e as abas orientais da Serra do Faro en terreos dos concellos de Carballedo e Chantada. Está poboado por manchas de carballos mesturados con rebolos e abundante mato de toxos, xestas, uces e carqueixas. Tamén hai pasteiros e turbeiras. Ten amplas zonas repoboadas con piñeiros e bidueiros. Nos seus cumes consérvanse turbeiras de gran interese ecolóxico. É unha importante zona de refuxio de fauna como lobo, xabarín, raposo, xeneta, miñato común, lagarteiro, azor...
  • 99. PENA VEIDOSA Abrangue a serra da Martiñá, unha das estribacións da Dorsal Galega entre as provincias de Ourense e Lugo. Os principais ecosistemas son as turbeiras, o monte baixo e algúns bosques autóctonos. Nesta comarca inclúe unha pequena parte do concello de Carballedo.
  • 100. Un recurso importante da comarca de Chantada é o cultivo da vide para a elaboración de viños acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Despois duns anos de abandono o sector comeza a recuperarse e a maior parte das explotacións están en activo. A Denominación de Orixe: Ribeira Sacra, recoñecida no ano 1996, nesta comarca acolle a subzona Ribeiras do Miño. A cultura do viño resulta tamén un atractivo para os visitantes que poden gozar da paisaxe creada pola actividade humana, visitar as adegas ou probar os viños. AS VIDES DO VAL DO MIÑO
  • 101.
  • 102. Socalcos ou muras. O cultivo da vide no canón do Miño é moi traballoso e en grande parte artesanal. Os grandes desniveis do terreo e a escaseza de terras ben orientadas fai que as xentes desta terra aproveiten ao máximo as abas dos vales orientadas ao sol construíndo muras para conter a terra en socalcos.
  • 103. No outono, cada variedade de vide toma unha cor diferente que enche a paisaxe dunha grande riqueza cromática
  • 104. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta febreiro 2017