SlideShare a Scribd company logo
1 of 111
RESERVAS DA BIOSFERA
Os Ancares Lucenses
e Montes de Cervantes,
Navia e Becerreá
A Reserva da Biosfera dos Ancares está situada en plenas serras orientais
galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León e Asturias. É un
territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os
dous mil metros altura. O río Navia atavesa a comarca de sur a norte e recibe
numerosos afluentes que baixan das serras.
Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas),
paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as
grandes fragas).
A poboación permanente é de 4.977 habitantes.
SITUACIÓN:
Nas serras orientais de
Galiza, no surleste de Lugo.
SUPERFICIE:
53.664 ha
(zonas núcleo: 26 %;
zonas tampón: 60 %;
zonas de transición: 14 %).
CONCELLOS:
Navia de Suarna, Cervantes,
Becerreá
VALORES NATURAIS:
ecosistemas de montaña,
ríos, fragas, formacións
glaciarias e unha gran
variedade de flora e fauna
VALORES
CULTURAIS:
Arquitectura, etnografía,
tradicións...
PROTECCIÓN
-RESERVA DA BIOSFERA (27 de outubro de 2006)
-LICs e ZEC Os Ancares - O Courel, Cruzul-Agüeira
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Ancares.
-Reserva Nacional de Caza
-Zona de Protección do Oso Pardo
-A área correspóndese parcialmente coa IBA 009 Serra dos Ancares, incluída no
inventario de SEO/BirdLife (1998).
Zona Núcleo (14.224 hectáreas, 26,9% da superficie): a alta montaña da Serra
de Ancares, os vales dos Ríos Navia, Ser e Rao, o faial da Pintinidoira, o aciñeiral
de Cruzul e o Monte Agüeira.
Tres Bispos, Penarrubia e a Fraga da Cabana Vella
Zona Tampón (31.975 ha, o 59,6%): superficies que rodean ou están contiguas
á Zona Núcleo e territorios onde se localizan as entidades de poboación que
están dentro da zona oseira.
Terras de Quindous
Zona de Transición (7.465 ha, o 13,91 %) áreas na contorna das poboacións
e máis influenciadas pola actividade humana.
Vista desde o monte Restelo sobre o territorio de Navia de Suarna. Ao fondo Os Ancares
XEOLOXÍA
O territorio dos Ancares é unha sucesión de serras interrumpidas por fracturas e
vales fluviais encaixados con predominancia de xistos e lousas e algunhas
bandas de cuarcitas.
Penarrubia, no fondo do val a campa do Brego.
En xeral son serras de cumes erosionados e ladeiras abruptas que se
corresponden cun antigo bloque desgastado e posteriormente erguido pola
Oroxenia Alpina no que máis tarde a actividade glaciar e fluvial escavou
profundos vales de paredes con grandes desniveis.
SERRAS
A serra máis importante é a dos Ancares, que fai de linde, na liña de cumes con
orientación norte-sur, coa provincia de León. Entre ela e o val do Navia esténdese
unha sucesión de serras menores: Barreiro, Surcio, Liñares, Brañal, Grandas de
Arroxo, Fiosa, Pando, Maseiras e Escrita. Na marxe esquerda do Navia atópanse
as serras de Pedruñais e Agüeira.
Ao fondo a serra dos Ancares cos cumes (de esquerda a dereita) de Cuíña, penalonga e Mostallar.
SERRA DOS ANCARES
A unidade de relevo que inclúe a serra dos Ancares forma unha curva de
dirección NE SO que segue o linde administrativo entre Galiza, León e Asturias.
Son as derradeiras estribacións cara ao Oeste da Cordilleira Cantábrica, limitada
polo río Navia no norte (Ibias) e afluentes do Sil (Cúa, Valcarce-Burbia e Ancares)
polo leste e sur.
Os Ancares desde Becerreá.
A altitude dos Ancares, ademais de facelos visibles desde todas as áreas da contorna, é a consecuencia de que
sobre eles se manifesten, antes que en ningunha outra zona, as variacións climáticas.
En territorio galego a serra dos Ancares forma unha cadea rectilínea de aspecto
macizo de 30 km de lonxitude entre os portos dos Ancares e Pedrafita do
Cebreiro.
O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León. Na parte galega o máis
alto é o Mostallar, na fronteira, con 1.924 m.
Vista da Serra dos Ancares desde a serra de Vilamane; desde o Miravalless, á esquerda, ata Penarrubia, á dereita..
O territorio que se coñece co nome dos Ancares chamábase antes Serra dos Picos e Montes de
Cervantes. O nome de Ancares aplicóuselle a partir da xeralización do topónimo do Val de Ancares, en
terreos do Bierzo leonés.
Na vertente leste dos Ancares nacen os ríos que van á cunca do Sil e na oeste os
da cunca do Navia (Ser, Rao...).
A serra dos Ancares ten un grande interese xeolóxico, biolóxico e etnográfico.
Forma parte do LIC “Ancares-Courel”, e da ZEPA e Reserva da Biosfera “Os
Ancares”
Pódese acceder desde Navia de Suarna, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro ou Ambasmestas.
Numerosas rutas permiten percorrer os lugares de maior interese e facer travesías polos
cumes conectando coas dos Ancares Leoneses.
O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León No centro da imaxe.
Na parte galega o máis alto é o Mostallar, na fronteira, con 1.924 m.
Penalonga (1.880 m), (cara norte)
O Mostallar.
O cume máis alto da serra na parte galega (na fronteira), con 1.924 m.
Penarrubia, con 1.826 m. Nas súas abas consérvanse unhas das mellores fragas
de Galiza (bosques de Brego e Fieiro) e a lagoa de Ferrón.
Cume de Penarrubia
GLACIARISMO
Na partes altas da serra dos Ancares
consérvanse vales de orixe glaciar nos que se
poden observar diferentes mostras das
glaciacións (morrenas, vales en forma de
artesa), como no Val de Tres Bispos, val de
Bous en Piornedo, Cancelada, Suárbol...
Vista desde o Mostallar sobre o val
glaciar de Piornedo. No val de
Piornedo (val de Bous) houbo un
glaciar de 6 km de lonxitude e 180 m
de espesor.
Corte do solo onde se aprecian os
distintos materiais transportados en
períodos de xeo-desxeo.
Circo glaciar de Tres Bispos, cabeceira
do Ortigal, afluente do Ser.
Pico do Surcio. Na chaira que se ve á dereita da
imaxe conflúen Galiza, Asturias e León.
SERRA DE SURCIO
No límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur
nace o río Rao ou Balouta (afluente do Navia), que forma un profundo canón de
grandes paredes verticais de cuarcita, entre esta serra e a do Brañal. A máxima
altura é o Pico de Surcio, con 1.456 m.
Accedese desde Navia de Suarna, pola estrada de Rao.
A serra do Barreiro está
cuberta de mato agás nos
fondos dos vales e nas
proximidades dos lugares
habitados.
SERRA DO
BARREIRO
Situada no límite de Navia de
Suarna con Asturias, con
orientación NO-SE, formada por
lousas e cuarcitas.
A máxima altura é o Dangoleo,
con 1.181 m. Na vertente sur
nacen pequenos ríos afluentes do
Rao.
Accedese desde Navia de Suarna.
Serra de Louxas cos Ancares ao fondo.
SERRA DE LOUXAS
Con orientación E-O, en terreos dos concellos de A Fonsagrada e Navia de
Suarna. O punto máis alto é A Louriña, con 912 m. Ten formas suaves e
achairadas, aproveitadas en grande parte para pastos e outros cultivos.
Accedese desde a estrada de Navia de Suarna á Fonsagrada, ou pola do Cereixal a Asturias,
que percorre os cumes.
Vista desde o cume do Restelo cara á serra de Louxas.
MONTE RESTELO
É o cume dun sistema de serras radiais que perden altura cara ao vales do Navia
e o Suarna. Pola súa posición é un magnífico miradoiro sobre as serras dos
Ancares, A Fonsagrada e Becerreá.
SERRA DOS PEDRUÑAIS
Esténdese con dirección NO-SE ata o río Navia, en terreos de Navia de Suarna. O
punto máis alto é As Penas, con 877m.
SERRAS DE MURIAS E DO BRAÑAL
Esténdense con orientación NE-SO entre os regos de Balouta e Murias. O punto
máis alto é o Teso de Sobreporeiras, con 1.252 m.
Accedese desde Navia de Suarna pola estrada de Murias. Unha ruta segue a serra, pasa polo
penedo de Murias e as Brañas de Pan de Zarco e sae na Cruz de Cespedosa.
Vista da zona de
Murias de Rao.
De esquerda a
dereita: o canón do
Rao, a serra do
Brañal co Penedo
de Murias e a serra
de Airelos.
Vista das Brañas de Pan de Zarco,
nos cumes da serra do Brañal.
Penedo de Murias de Rao, con 1.027 m de
altura. Este impresionante penedo de
cuarcitas sobresae á beira do camiño de
Murias de Rao ás Brañas de Pan de Zarco.
SERRA DE GRANDAS
DE ARROXO E VILAR
Esténdese con dirección SO-NO entre
os ríos de Quindous e Ser. O cume
máis alto acada 1.278 m no contacto
coa serra da Fiosa.
Accedese desde Quindous por Vilarín ou
desde Vilar.
Vista da serra de Agulleiro e Villous no inverno.
SERRAS DE AGULLEIRO E VILLOUS
Esténdense con dirección SO-NO desde Os Ancares ata o río das Pontes. Está
rodeada polos regos Ortigal e Piornedo. Os cumes máis altos son o Agulleiro con
1.693 e a Golada da Toca con 1.598 m. Conserva restos de acción glaciar nas súas
abas en forma de penedos aliñados.
Accedese desde Vilarello ou Piornedo. Unha ruta que segue o río Piornedo sube aos cumes
onde se poden atravesar fragas e acibeirais.
Morrenas nas abas da serra
do Agulleiro.
Vista da serras da Fiosa e a
Cortella (ao fondo) no
primeiro plano Xantes, na
beira da serra do Agulleiro.
SERRA DA CORTELLA
Pequeno macizo con dirección oeste-leste rodeada polo norte polo rego de Ribón.
O cume máis alto é o Sete Carballos con 1.228 m de altitude.
Accedese desde Vilar de Mouros.
SERRA DA FIOSA
Esténdese con orientación N-S, con
prolongación cara á serra da Cortella,
ao oeste, e do Vilar, ao noroeste.
Accedese desde San Román de
Cervantes ou Quindous. O punto
máis alto é o Monte da Fiosa, con
1.422 m.
Accedese desde a estrada de Cervantes
(San Román) a Degrada.
Monte da Fiosa (á esquerda)
e Pena do Santo.
Vista da serra
da Fiosa
desde o alto
de Boixecide,
a carón do
Albergue dos
Ancares.
Serra das Maseiras
despois dunha nevada.
Detrás vese Penarrubia.
SERRAS DO PANDO
E MASEIRAS
É un sistema montañoso que se pode
considerar como unha das estribacións
dos Ancares, con orientación NE-SO. O
punto máis elevado é o monte Fieiró de
Deva, con 1.643 m. Está rodeada polos
regos da Vara e Brego (afluentes do
Cancelada-Cervantes).
Accedese desde Cereixedo, Pando e Deva.
Serra do Pando. Ao fondo
Tres Bispos (á esquerda) e
Penarrubia (á dereita).
Vista da Serra das Maseiras co val do rego da
Vara desde o camiño a Tres Bispos. Nas abas
consérvanse unhas das fragas máis
importantes dos Ancares.
Cereixido e detrás a
serra do Pando.
A rede fluvial do espazo articúlase
arredor do Navia que circula cara
ao norte e recolle as augas dos
numerosos afluentes que baixan do
complexo sistema de serras que
rodean as súas marxes.
Na súa contorna consérvanse
espazos naturais de grande valor
ecolóxico e un rico patrimonio
etnográfico: pontes, muíños,
caneiros, mazos...
Río Piornedo ou de Bous
ao pé do Mostallar.
REDE FLUVIAL
Río Navia
Nace no monte Chao da Serra
(Serra do Rañadoiro) en terras do
Cebreiro e percorre 90 km por
territorio galego, métese en
Asturias e desemboca na ría de
Navia. Recolle as augas das altas
montañas luguesas das comarcas
do Cebreiro, Ancares e Fonsagrada.
O seu percorrido é encaixado e con
constantes cambios de dirección
por vales fondos e estreitos.
Neste espazo os afluentes pola
dereita son o Valdeparada,
Cervantes, Quindous, Ser ou
Ortigal, Villapardín, Canlorcia, Rúa,
Rao ou Valouta; e pola esquerda,
Narón ou Ferreiros e Suarna.
O Navia en Agüeira (Becerreá)
O Navia na Pobra de Navia de Suarna
Río Narón
Un afluente do Navia que discorre polo
concello de Becerreá. Fórmase pola
confluencia de varios regueiros que
nacen nas serras de Pena do Pico e
Pena da Hedra.
Río Narón en Cruzul.
Muíño no río Ferreria
(afluente do Narón) en
Becerreá.
Río Ser
Fórmase con numerosos regos que baixan dos Ancares e das serras próximas.
Nun comezo chámase rego das Pontes. Xúntase co Navia en Souto.
Val do Río Ortigal, unha das cabeceiras do
Ser que baixa de Tres bispos
Val do Ser
Fervenza no Ortigal
Pontella sobre o río Piornedo no camiño do Mostallar.
O rego de Bous ou de Piornedo
nace no Penalonga e desemboca no
río das Pontes (afluente do Ser que
á súa vez vai ao Navia). En todo o
seu percorrido forma varias
fervenzas de pequeno tamaño,
pozas e rápidos.
Fervenza das Pontes. No rego de
Piornedo, pouco antes de xuntarse
co río da Pontes (Ser).
Río Rao
Fórmase con varios regos que
baixan das serras de Ancares,
Airelos, Murias, Brañal, Surcio e
Barreiro e xúntase ao Navia preto
do Tabillón. Forma un val moi
encaixado con rápidos, fervenzas e
tobogáns de moi difícil acceso.
Canon do Rao (Navia de Suarna),
entre Murias e Valouta.
Pesqueira de Lastroa (Murias). No
rego de Campos, unha das cabeceiras
do Murias, afluente do Rao.
Río Suarna
Nace en Fonfría, na serra de Follabal e recolle tamén as augas da serra de Liñares. A marxe
dereita está incluída neste espazo, desde Veigas da Barreira ata a confluencia co Navia.
CLIMA
Oceánico de montaña con invernos moi fríos e veráns frescos.
Xantes, na
primavera e no
inverno.
A área dos Ancares ten un grande interese dende o punto de vista
ambiental, por ser límite entre dúas rexións bioxeográficas, a
Eurosiberiana e Mediterránea. Este factor, unido á orografía e ás grandes
diferenzas de altitude determina a presenza de variados ecosistemas e
hábitats cunha rica flora e fauna onde se atopan numerosos especies
pouco comúns e de grande valor ecolóxico e biolóxico.
FLORA
Nas zonas baixas dos vales e ata os 1.500 m de altitude medran bosques
caducifolios de enorme valor ecolóxico. Nas abas soleadas están formados por
cerquiños e nas sombrías de carballos acompañados de carbas, abeleiras,
freixos, capudres, teixos, pradairos e acivros. Atópanse 20 endemismos de
plantas da área cantábrica (Campanula cantabrica, Gentiana lutea, subsp.
aurantiaca, Iris latifolia, Juniperus nana, Vaccinium uliginosum...)
Uces e
carqueixas
Nas partes altas da serra aparecen bidueiros acompañados de piornos,
xenebreiros, e xensás. O mato está formado por carqueixas, uces e arandeiras.
Tamén hai áreas de pradeiras subalpinas e algunhas turbeiras.
Nalgúns puntos localizados hai aciñeirais de alto valor bioxeográfico, como o
aciñeiral de Cruzul
Uceiras (torgueiras) e pradeiras de montaña no Mostallar
Iris latifolia Lilium martagon
Flores de arandeira (Vaccinium myrtillus).
Pinguicula lusitanica.
Nas áreas achairadas dos cumes máis altos
abondan as turbeiras onde se poden atopar
especies adaptadas aos solos pobres que
se alimentan de insectos como as grasillas
e as rorelas..
Liques Cardo (Eryngium duriaei)
O capudre ou carnabudo (Sorbus aucuparia) é unha árbore típica das montañas. Cóbrese de flores a
finais da primavera e os seus froitos vermellos atraen aos paxaros durante o outono.
AS FRAGAS
Na comarca dos Ancares atópanse varias fragas representativas dos bosques naturais
atlánticos (caducifolos) caracteristicos de Galiza. Son fragmentos dos bosques antigos
orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante.
Teñen unha estrutura complexa nas que se diferencia un estrato arbóreo, arbustivo, herbáceo
e muscinal. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en
menor cantidade capudres, faias, carbas, castiñeiros e especies de folla perenne como
loureiros, acivros, érvedos... Ademais atópanse boas representación de acibeirais,
carballeiras, soutos, aciñeirais e faiais.
Capudres na fraga
da Cabanavella, un
dos maiores
bosques dos
Ancares.
O avesedo de Donís, situado no val
do Ortigal, foi o bosque máis grande
de Galiza. Durante moitos anos
talouse madeira de carballo e carba,
para as travesas de ferrocarril e a
construción naval.
Os avesedos son bosques que medran
nas abas sombrizas (avesías)
orientadas ao norte.
Abesedo de Donís.
Fraga da Cabanavella nas abas da Serra das Maseiras, no val do rego da Vara.
Acibeiral na serra do Agulleiro.
Acibeiral na
Fraga da
Cabanavella.
Froitos de acivro (Ilex aquifolilium). Os acivros medran como sotobosque nas fragas e carballeiras e ás
veces forman bosques monoespecíficos en zonas de altura moi illadas. Son importantes para o mantemento da
vida na zona. A persistencia das follas crea núcleos libres de neve e os froitos, que se manteñen na árbore ata
o inverno e no chan durante moito tempo, son o principal alimento do que dispoñen moitos animais nos
momentos máis duros do inverno.
Faial de Pintinidoira (Vilaspasantes-Cervantes, no linde con Pedrafita do Cebreiro).
Aciñeiras (Quercus ilex)
en Cruzul
ÁRBORES SENLLEIRAS
Incluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P)
CARBALLO (Quercus robur)
-Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella.
(Cereixido, Cervantes). Nove exemplares
de grande porte, de ata 4,7 m de
perímetro. (P)
-Río Ortigal (P)
Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (P)
Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes)
CARBA/MOURÉS (Quercus petraea)
-Os Acebais (Piornedo, Donís,
Cervantes). Nas abas de Penalonga.
Varios exemplares, os de máis porte
acadan os 10,30 m de perímetro.
-As Freitas (Piornedo, Donís,
Cervantes)
-Avesedo de Donís (Cervantes)
Varios exemplares de ata 6,40 m de
perímetro.
-Río Ortigal
-Teso das Valiñas (Piornedo)
As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Teso das Valiñas
Avesedo de Donís (Cervantes)
Quercus x rosacea
(híbrido de carballo e carba)
-Praza do Campo.
(Quindous- Cervantes)
-20,4 m de altura e 6,37 m de
perímetro. (P)
CERQUIÑO/REBOLO
(Quercus pyrenaica)
Praza do Campo. (Quindous. Cervantes).
-Praza do Campo. (Quindous.
Cervantes). -16,9 m de altura e
4,15 m de perímetro. (P)
-As Freitas (Piornedo, Cervantes)
No Teso das Valiñas.
CASTIÑEIRO
(Castanea
sativa)
Aucella (Cervantes)
-Vallo (Navia de Suarna) -6 m de perímetro .
-A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna)
-6,97m de perímetro.
-Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)
Varios exemplares de ata 8,40 m de
perímetro.
-Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)
Varios exemplares de ata 6,30 m de
perímetro.
-Rao (Navia de Suarna), varios exemplares
no souto e no centro da aldea, de ata 9,5 m
de perímetro.
-Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes)
-10, 30 m de perímetro.
-Verdello de Cereixedo (A Canceliña, Veiga
do Seixo, Cervantes)
-7 m de perímetro.
Verdello de Cereixedo
Castelo de Frades
A Pedreira
(Queizán-Navia
de Suarna) Vallo (Navia de Suarna)
Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)
Rao (Navia de Suarna)
Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)
Fraga da Cabana Vella
ACIVRO/XARDÓN
(Ilex aquifolium)
-Fraga da Cabana Vella
(Cereixedo-Cervantes).
- Varios exemplares de bo porte.
Avesedo de Donís (Cervantes).
- Varios exemplares de bo porte
de ata 3,20 m de perímetro.
Avesedo de Donís
BIDUEIRO / BIDO
(Betula celtiberica)
Monte dos Acebais (Piornedo,
Cervantes). Nas abas de Penalonga.
Varios exemplares de ata 4,30 m de
perímetro.
Avesedo de Donís (Cervantes).
Varios exemplares de ata 4,30 m de
perímetro.
Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes)
Avesedo de Donís (Cervantes).
FAIA (Fagus sylvatica)
-Pintinidoira
(Vilaspasantes-Cervantes)
(P)
-Faias de Pintinidoira (P)
A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo, entre as que
destaca o oso pardo, o pito negro, a lebre de piornal, o bufo real, a charrela, a
víbora de Seoane...
Oso pardo, visitante ocasional dos Ancares
procedente das serras cantábricas.
Bufo real (Bubo bubo)
FAUNA
Pica dos prados (Anthus pratensis)
A importancia da avifauna dos Ancares fixo que sexa protexida como ZEPA.
Víbora de Seoane (Vipera seoanei cantabrica). Endémica do norte peninsular
que en Galiza só se atopa nos Ancares, Courel e Trevinca.
ACTIVIDADES
A actividade máis importante é a gandaría extensiva, fundamentalmente a de
gando bovino; a agricultura de consumo, aproveitamentos de recursos forestais,
a caza e a apicultura.
Nos últimos anos aumentou o turismo rural.
A poboación permanente é de 4.977 habitantes.
Serra de Airelos e val do Rao. No centro Coro, un núcleo rural que se está rehabilitando.
Labrando con gando nas searas de centeo, unha escea que xa non se ve nos Ancares. Imaxe de 1980.
Nos Ancares mantívose ao longo do tempo un equilibrio agrosilvopastoral, ao
tempo que o illamento xeográfico e a complexidade orográfica favoreceu a
persistencia dun medio natural ben conservado. Noutros tempos foi importante o
cultivo do centeo e a explotación da madeira das fragas.
Explotación forestal:
A finais do século XVIII a explotación das árbores foi importante debido á demanda das
numerosas ferreirías e mazos da comarca. Tamén tivo unha gran demanda a madeira de
carballo e carba para travesas de ferrocarril e construción naval. Nas fragas quedaron
algúns exemplares que se salvaron (posiblemente por ser defectuosos) e agora son árbores
monumentais.
Hai anos unha
empresa alemana
montou nos
montes de Fieiró
(avesedo de Donís)
un sistema de
transporte de
madeira mediante
cables. Esta
actividade rematou
a mediados do
século XX.
As “brañas” ou “alzadas”, eran lugares altos con pasteiros e terras cultivables aos que
se trasladaba parte da familia para coidar do gando e cultivar a terra. Había pequenas
cabanas para as persoas e outras máis grandes para o gando. Na actualidade séguese a
empregar o sistema de traslado do gando aos pastos de verán pero non se reside arriba.
Algunhas da alzadas eran as de Xestoso, Redondo, Vilarmondín, Vispeiro, Liñares,
Estorneiro, Pandozarco, Vestoso, Vilanova do Pedregal...
Cabanas na Alzada de Pan de Zarco.
O cultivo de castiñeiros tivo
sempre gran importancia na
comarca. A utilidade mixta do
castiñeiro para madeira e
castañas favoreceu o seu cultivo,
que noutros tempos ocupou
amplas superficies. Na
actualidade segue sendo unha
fonte de recursos para os
habitantes da montaña.
Museo Etnográfico en San Román de Cervantes.
Aula da Natureza, en Degrada.
HISTORIA-PATRIMONIO
CULTURALA pesar do seu relevo accidentado son áreas habitadas desde a prehistoria do
que dan testemuña os numerosos restos arqueolóxicos atopados como
petróglifos, mámoas e castros. A calzada romana de Lugo a Astorga pasaba por
Becerreá.
Na actualidade conserva importantes valores etnográficos (pallozas, hórreos,
núcleos tradicionais, pontes, alvarizas, muíños) e histórico-artísticos (castros,
igrexas, castelos...).
Castro de Santa María
Castelo da Pobra de Navia de Suarna,
destruído na Revolta Irmandiña e
reconstruído posteriormente.
Castelo de Doiras (Cervantes)
Igrexa de Piornedo
As persoas poboan as montañas dos Ancares desde tempos moi antigos
integrando perfectamente as súas actividades coa natureza. En moitos lugares
consérvanse pegadas de elementos arquitectónicos de distintas épocas, e por
todas partes, a paisaxe amósanos as intervencións do ser humano no medio nun
equilibrio agrosilvopastoral. O illamento xeográfico e a complexidade orográfica
favoreceu a pervivencia de elementos naturais e culturais.
Palloza e horro (hórreo) en Piornedo
Hórreo de planta cadrada, típico das
montañas orientais e Asturias. Piornedo.
AS PALLOZAS
A palloza é unha construción propia da alta montaña luguesa. Hoxe consérvanse
algunhas nos Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A
Fonsagrada ata a serra do Caurel.
Vilar, en 1979
O arquitecto Pedro de
Llano catalogou no ano
1984, 300 pallozas nos
concellos de Baleira,
Baralla, Becerreá,
Cervantes, A
Fonsagrada, Navia de
Suarna e Pedrafita do
Cebreiro, das que 50
estaban habitadas e o
resto dedicadas a
cortes ou palleiras.
A palloza é un tipo de vivenda moi
primitiva tanto na súa forma como
nas súas estruturas. É unha
unidade na que se integra a
vivenda e todas as dependencias
necesarias nunha casa agro-
gandeira: corte, forno, almacén...
A planta pode ser redonda, elíptica,
oval, rectangular-redondeada...
A construción está realizada cos
materiais da contorna aplicando
técnicas elementais: pedra,
madeira, palla.
Os vans son reducidos e escasos
para evitar perdas de calor.
Alzado e planta dunha palloza
O interior está dividido en
dúas partes por unha
parede que separa a zona
do gando (estravariza) da
das persoas. Enriba da
estrabariza hai unha
división horizontal (barra)
que serve de almacén de
herba e palla para o
inverno, e como dormitorio
no verán. O piso é terreo
agás na zona da lareira que
vai enlousado. Nalgúns
casos constrúense
tabiques de madeira para
delimitar un cuarto de
durmir.
Interior dunha palloza
Palloza-museo en Piornedo
Piornedo
Piornedo, 1979
A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para protexerse dos ventos e íllase da humidade
cun rego ou canle (viela) que recolle a auga ou a neve. A altura do cume serve para darlle
inclinanción á cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir que o fume se eleve.
PROBLEMAS
-Abandono do medio rural
-Falta de apoio institucional
-Incendios forestais
-Repoboacións con especies alóctonas...
Aciñeiral de Cruzul
PUNTOS DE INTERESE
BECERREÁ
•Aciñeiral de Cruzul
•Bosque de Agüeira e Os Grobos
•Río Navia
Igrexas de Donís e Dornas
CERVANTES:
•Piornedo: núcleo tradicional:
pallozas, hórreos...
•Museo dos Ancares (Cervantes)
•Castelos de Doiras e Quindous
•Castro de Santa María
•Igrexas: Donís, Piornedo,
Dorna...
•Fervenzas: río Ortigal, río
Piornedo, As Pontes...
•Serra dos Ancares: vales
glaciares do Ortigal (Tres
Bispos), Piornedo, cumes do
Mostallar, Penarrubia...
•Abesedo de Donís
•Fraga da Cabanavella
•Carballos, acivros e bidueiros:
Abesedo de Donís, Cabana Vella
•Faial de Pintinidoira.
NAVIA DE SUARNA:
•Pobra de Navia: castelo, ponte medieval
•Rao: souto da Saencia
•Penedo de Murias
•Brañas de Pan de Zarco
•Canón do Rao
•Fervenzas: pesqueira de Lastroa (Rao)
A Pobra de Navia de Suarna. No centro o castelo e a “Ponte Vella”, unha
ponte medieval sobre o Navia, de posible orixe romana.
LIC “OS ANCARES O
COUREL”
Espazo de 102.830 ha que abrangue as Serras
Orientais de Lugo, ata o límite con León, (concellos
de Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais
e Pedrafita do Cebreiro).
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC “CRUZUL-AGÜEIRA”
Pequeno espazo (652 ha) situado nos concellos de Becerreá e As Nogais que
inclúe os bosque de Cruzul e Agüeira e parte do curso do río Navia e os seus
afluentes Valdeparada e Boullón.
Entre a avifauna propia
de matogueiras,
pasteiros e rochedos
montanos atópanse a
moi ameazada charrela
(Perdix perdix), a pica
alpina (Anthus
spinoletta), a azulenta
alpina (Prunella collaris),
o merlo rubio (Monticola
saxatilis), e a choia
(Pyrrhocorax
pyrrhocorax).
ZEPA OS ANCARES
Un espazo protexido de 12.656 ha en terreos de Cervantes e Navia de Suarna que
se corresponde parcialmente tamén coa IBA 009 “Serra dos Ancares”, incluída no
inventario de SEO/BirdLife (2012).
A serra dos Ancares constitúe o límite sudoccidental da área de distribución durante a época de cría para
un bo número de especies eurosiberianas vinculadas aos bosques montanos, aínda que os seus
efectivos son en xeral moi escasos. Entre elas, dúas están probablemente extintas na actualidade, a pita
do monte cantábrica (Tetrao urogallus subsp. Cantabricus) (sen datos de cría desde 1995) e o peto
mediano (Dendrocopos medius). A becada (Scolopax rusticola), o peto negro (Dryocopus martius), a
estreliña do norte (Regulus regulus), e o ferreiriño palustre (Parus palustris), son outras especies deste
grupo de aves forestais de ámbito moi restrinxido en Galiza.
Hai unha interesante
poboación de aves rapaces,
con presenza de aguia real
(Aquila chrysaetos),
actualmente non nidificante,
miñato abelleiro (Pernis
apivorus), aguia cobreira
(Circaetus gallicus),
gatafornela (Circus
cyaneus ), tartaraña
cincenta (Circus pygargus),
aguia calzada (Hieraaetus
pennatus), falcón peregrino
(Falco peregrinus), e bufo
real (Bubo bubo), entre as
nidificantes probables ou
seguras.
Choia
Serra dos Ancares no inverno, desde a estrada que entra por Quindous.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Setembro 2016

More Related Content

What's hot

Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careónmonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Centralmonadela
 
Parque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da LastraParque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da Lastramonadela
 
Serra do Galiñeiro
Serra do GaliñeiroSerra do Galiñeiro
Serra do Galiñeiromonadela
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallasmonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoiramonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Silmonadela
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- monadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 

What's hot (20)

Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
LIC Macizo Central
LIC Macizo CentralLIC Macizo Central
LIC Macizo Central
 
Parque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da LastraParque Natural Enciña da Lastra
Parque Natural Enciña da Lastra
 
Serra do Galiñeiro
Serra do GaliñeiroSerra do Galiñeiro
Serra do Galiñeiro
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallas
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoira
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Sil
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe-
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 

Similar to Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerêsmonadela
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courelmonadela
 
Lic Negueira
Lic NegueiraLic Negueira
Lic Negueiramonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurésmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistralmonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Espazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de FoncubertaEspazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de Foncubertamonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 

Similar to Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..." (18)

A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Trevinca
TrevincaTrevinca
Trevinca
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courel
 
Lic Negueira
Lic NegueiraLic Negueira
Lic Negueira
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Espazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de FoncubertaEspazo natural Serra de Foncuberta
Espazo natural Serra de Foncuberta
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."

  • 1. RESERVAS DA BIOSFERA Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá
  • 2. A Reserva da Biosfera dos Ancares está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León e Asturias. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atavesa a comarca de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras. Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas). A poboación permanente é de 4.977 habitantes.
  • 3. SITUACIÓN: Nas serras orientais de Galiza, no surleste de Lugo. SUPERFICIE: 53.664 ha (zonas núcleo: 26 %; zonas tampón: 60 %; zonas de transición: 14 %). CONCELLOS: Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá VALORES NATURAIS: ecosistemas de montaña, ríos, fragas, formacións glaciarias e unha gran variedade de flora e fauna VALORES CULTURAIS: Arquitectura, etnografía, tradicións...
  • 4. PROTECCIÓN -RESERVA DA BIOSFERA (27 de outubro de 2006) -LICs e ZEC Os Ancares - O Courel, Cruzul-Agüeira -Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Ancares. -Reserva Nacional de Caza -Zona de Protección do Oso Pardo -A área correspóndese parcialmente coa IBA 009 Serra dos Ancares, incluída no inventario de SEO/BirdLife (1998).
  • 5.
  • 6. Zona Núcleo (14.224 hectáreas, 26,9% da superficie): a alta montaña da Serra de Ancares, os vales dos Ríos Navia, Ser e Rao, o faial da Pintinidoira, o aciñeiral de Cruzul e o Monte Agüeira. Tres Bispos, Penarrubia e a Fraga da Cabana Vella
  • 7. Zona Tampón (31.975 ha, o 59,6%): superficies que rodean ou están contiguas á Zona Núcleo e territorios onde se localizan as entidades de poboación que están dentro da zona oseira. Terras de Quindous
  • 8. Zona de Transición (7.465 ha, o 13,91 %) áreas na contorna das poboacións e máis influenciadas pola actividade humana. Vista desde o monte Restelo sobre o territorio de Navia de Suarna. Ao fondo Os Ancares
  • 9. XEOLOXÍA O territorio dos Ancares é unha sucesión de serras interrumpidas por fracturas e vales fluviais encaixados con predominancia de xistos e lousas e algunhas bandas de cuarcitas. Penarrubia, no fondo do val a campa do Brego.
  • 10. En xeral son serras de cumes erosionados e ladeiras abruptas que se corresponden cun antigo bloque desgastado e posteriormente erguido pola Oroxenia Alpina no que máis tarde a actividade glaciar e fluvial escavou profundos vales de paredes con grandes desniveis.
  • 11. SERRAS A serra máis importante é a dos Ancares, que fai de linde, na liña de cumes con orientación norte-sur, coa provincia de León. Entre ela e o val do Navia esténdese unha sucesión de serras menores: Barreiro, Surcio, Liñares, Brañal, Grandas de Arroxo, Fiosa, Pando, Maseiras e Escrita. Na marxe esquerda do Navia atópanse as serras de Pedruñais e Agüeira. Ao fondo a serra dos Ancares cos cumes (de esquerda a dereita) de Cuíña, penalonga e Mostallar.
  • 12. SERRA DOS ANCARES A unidade de relevo que inclúe a serra dos Ancares forma unha curva de dirección NE SO que segue o linde administrativo entre Galiza, León e Asturias. Son as derradeiras estribacións cara ao Oeste da Cordilleira Cantábrica, limitada polo río Navia no norte (Ibias) e afluentes do Sil (Cúa, Valcarce-Burbia e Ancares) polo leste e sur. Os Ancares desde Becerreá. A altitude dos Ancares, ademais de facelos visibles desde todas as áreas da contorna, é a consecuencia de que sobre eles se manifesten, antes que en ningunha outra zona, as variacións climáticas.
  • 13. En territorio galego a serra dos Ancares forma unha cadea rectilínea de aspecto macizo de 30 km de lonxitude entre os portos dos Ancares e Pedrafita do Cebreiro. O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León. Na parte galega o máis alto é o Mostallar, na fronteira, con 1.924 m. Vista da Serra dos Ancares desde a serra de Vilamane; desde o Miravalless, á esquerda, ata Penarrubia, á dereita..
  • 14. O territorio que se coñece co nome dos Ancares chamábase antes Serra dos Picos e Montes de Cervantes. O nome de Ancares aplicóuselle a partir da xeralización do topónimo do Val de Ancares, en terreos do Bierzo leonés.
  • 15. Na vertente leste dos Ancares nacen os ríos que van á cunca do Sil e na oeste os da cunca do Navia (Ser, Rao...). A serra dos Ancares ten un grande interese xeolóxico, biolóxico e etnográfico. Forma parte do LIC “Ancares-Courel”, e da ZEPA e Reserva da Biosfera “Os Ancares” Pódese acceder desde Navia de Suarna, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro ou Ambasmestas. Numerosas rutas permiten percorrer os lugares de maior interese e facer travesías polos cumes conectando coas dos Ancares Leoneses. O cume máis alto da serra é o Cuíña (1.987 m), en León No centro da imaxe. Na parte galega o máis alto é o Mostallar, na fronteira, con 1.924 m.
  • 16. Penalonga (1.880 m), (cara norte)
  • 17. O Mostallar. O cume máis alto da serra na parte galega (na fronteira), con 1.924 m.
  • 18. Penarrubia, con 1.826 m. Nas súas abas consérvanse unhas das mellores fragas de Galiza (bosques de Brego e Fieiro) e a lagoa de Ferrón.
  • 20. GLACIARISMO Na partes altas da serra dos Ancares consérvanse vales de orixe glaciar nos que se poden observar diferentes mostras das glaciacións (morrenas, vales en forma de artesa), como no Val de Tres Bispos, val de Bous en Piornedo, Cancelada, Suárbol... Vista desde o Mostallar sobre o val glaciar de Piornedo. No val de Piornedo (val de Bous) houbo un glaciar de 6 km de lonxitude e 180 m de espesor. Corte do solo onde se aprecian os distintos materiais transportados en períodos de xeo-desxeo.
  • 21. Circo glaciar de Tres Bispos, cabeceira do Ortigal, afluente do Ser.
  • 22. Pico do Surcio. Na chaira que se ve á dereita da imaxe conflúen Galiza, Asturias e León. SERRA DE SURCIO No límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE. Na vertente sur nace o río Rao ou Balouta (afluente do Navia), que forma un profundo canón de grandes paredes verticais de cuarcita, entre esta serra e a do Brañal. A máxima altura é o Pico de Surcio, con 1.456 m. Accedese desde Navia de Suarna, pola estrada de Rao.
  • 23. A serra do Barreiro está cuberta de mato agás nos fondos dos vales e nas proximidades dos lugares habitados. SERRA DO BARREIRO Situada no límite de Navia de Suarna con Asturias, con orientación NO-SE, formada por lousas e cuarcitas. A máxima altura é o Dangoleo, con 1.181 m. Na vertente sur nacen pequenos ríos afluentes do Rao. Accedese desde Navia de Suarna.
  • 24. Serra de Louxas cos Ancares ao fondo. SERRA DE LOUXAS Con orientación E-O, en terreos dos concellos de A Fonsagrada e Navia de Suarna. O punto máis alto é A Louriña, con 912 m. Ten formas suaves e achairadas, aproveitadas en grande parte para pastos e outros cultivos. Accedese desde a estrada de Navia de Suarna á Fonsagrada, ou pola do Cereixal a Asturias, que percorre os cumes.
  • 25. Vista desde o cume do Restelo cara á serra de Louxas. MONTE RESTELO É o cume dun sistema de serras radiais que perden altura cara ao vales do Navia e o Suarna. Pola súa posición é un magnífico miradoiro sobre as serras dos Ancares, A Fonsagrada e Becerreá.
  • 26. SERRA DOS PEDRUÑAIS Esténdese con dirección NO-SE ata o río Navia, en terreos de Navia de Suarna. O punto máis alto é As Penas, con 877m.
  • 27. SERRAS DE MURIAS E DO BRAÑAL Esténdense con orientación NE-SO entre os regos de Balouta e Murias. O punto máis alto é o Teso de Sobreporeiras, con 1.252 m. Accedese desde Navia de Suarna pola estrada de Murias. Unha ruta segue a serra, pasa polo penedo de Murias e as Brañas de Pan de Zarco e sae na Cruz de Cespedosa. Vista da zona de Murias de Rao. De esquerda a dereita: o canón do Rao, a serra do Brañal co Penedo de Murias e a serra de Airelos.
  • 28. Vista das Brañas de Pan de Zarco, nos cumes da serra do Brañal. Penedo de Murias de Rao, con 1.027 m de altura. Este impresionante penedo de cuarcitas sobresae á beira do camiño de Murias de Rao ás Brañas de Pan de Zarco.
  • 29. SERRA DE GRANDAS DE ARROXO E VILAR Esténdese con dirección SO-NO entre os ríos de Quindous e Ser. O cume máis alto acada 1.278 m no contacto coa serra da Fiosa. Accedese desde Quindous por Vilarín ou desde Vilar.
  • 30. Vista da serra de Agulleiro e Villous no inverno. SERRAS DE AGULLEIRO E VILLOUS Esténdense con dirección SO-NO desde Os Ancares ata o río das Pontes. Está rodeada polos regos Ortigal e Piornedo. Os cumes máis altos son o Agulleiro con 1.693 e a Golada da Toca con 1.598 m. Conserva restos de acción glaciar nas súas abas en forma de penedos aliñados. Accedese desde Vilarello ou Piornedo. Unha ruta que segue o río Piornedo sube aos cumes onde se poden atravesar fragas e acibeirais.
  • 31. Morrenas nas abas da serra do Agulleiro.
  • 32. Vista da serras da Fiosa e a Cortella (ao fondo) no primeiro plano Xantes, na beira da serra do Agulleiro. SERRA DA CORTELLA Pequeno macizo con dirección oeste-leste rodeada polo norte polo rego de Ribón. O cume máis alto é o Sete Carballos con 1.228 m de altitude. Accedese desde Vilar de Mouros.
  • 33. SERRA DA FIOSA Esténdese con orientación N-S, con prolongación cara á serra da Cortella, ao oeste, e do Vilar, ao noroeste. Accedese desde San Román de Cervantes ou Quindous. O punto máis alto é o Monte da Fiosa, con 1.422 m. Accedese desde a estrada de Cervantes (San Román) a Degrada. Monte da Fiosa (á esquerda) e Pena do Santo. Vista da serra da Fiosa desde o alto de Boixecide, a carón do Albergue dos Ancares.
  • 34. Serra das Maseiras despois dunha nevada. Detrás vese Penarrubia. SERRAS DO PANDO E MASEIRAS É un sistema montañoso que se pode considerar como unha das estribacións dos Ancares, con orientación NE-SO. O punto máis elevado é o monte Fieiró de Deva, con 1.643 m. Está rodeada polos regos da Vara e Brego (afluentes do Cancelada-Cervantes). Accedese desde Cereixedo, Pando e Deva. Serra do Pando. Ao fondo Tres Bispos (á esquerda) e Penarrubia (á dereita).
  • 35. Vista da Serra das Maseiras co val do rego da Vara desde o camiño a Tres Bispos. Nas abas consérvanse unhas das fragas máis importantes dos Ancares. Cereixido e detrás a serra do Pando.
  • 36. A rede fluvial do espazo articúlase arredor do Navia que circula cara ao norte e recolle as augas dos numerosos afluentes que baixan do complexo sistema de serras que rodean as súas marxes. Na súa contorna consérvanse espazos naturais de grande valor ecolóxico e un rico patrimonio etnográfico: pontes, muíños, caneiros, mazos... Río Piornedo ou de Bous ao pé do Mostallar. REDE FLUVIAL
  • 37. Río Navia Nace no monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro) en terras do Cebreiro e percorre 90 km por territorio galego, métese en Asturias e desemboca na ría de Navia. Recolle as augas das altas montañas luguesas das comarcas do Cebreiro, Ancares e Fonsagrada. O seu percorrido é encaixado e con constantes cambios de dirección por vales fondos e estreitos. Neste espazo os afluentes pola dereita son o Valdeparada, Cervantes, Quindous, Ser ou Ortigal, Villapardín, Canlorcia, Rúa, Rao ou Valouta; e pola esquerda, Narón ou Ferreiros e Suarna. O Navia en Agüeira (Becerreá)
  • 38. O Navia na Pobra de Navia de Suarna
  • 39. Río Narón Un afluente do Navia que discorre polo concello de Becerreá. Fórmase pola confluencia de varios regueiros que nacen nas serras de Pena do Pico e Pena da Hedra. Río Narón en Cruzul. Muíño no río Ferreria (afluente do Narón) en Becerreá.
  • 40. Río Ser Fórmase con numerosos regos que baixan dos Ancares e das serras próximas. Nun comezo chámase rego das Pontes. Xúntase co Navia en Souto. Val do Río Ortigal, unha das cabeceiras do Ser que baixa de Tres bispos
  • 41. Val do Ser Fervenza no Ortigal
  • 42. Pontella sobre o río Piornedo no camiño do Mostallar. O rego de Bous ou de Piornedo nace no Penalonga e desemboca no río das Pontes (afluente do Ser que á súa vez vai ao Navia). En todo o seu percorrido forma varias fervenzas de pequeno tamaño, pozas e rápidos. Fervenza das Pontes. No rego de Piornedo, pouco antes de xuntarse co río da Pontes (Ser).
  • 43. Río Rao Fórmase con varios regos que baixan das serras de Ancares, Airelos, Murias, Brañal, Surcio e Barreiro e xúntase ao Navia preto do Tabillón. Forma un val moi encaixado con rápidos, fervenzas e tobogáns de moi difícil acceso. Canon do Rao (Navia de Suarna), entre Murias e Valouta. Pesqueira de Lastroa (Murias). No rego de Campos, unha das cabeceiras do Murias, afluente do Rao.
  • 44. Río Suarna Nace en Fonfría, na serra de Follabal e recolle tamén as augas da serra de Liñares. A marxe dereita está incluída neste espazo, desde Veigas da Barreira ata a confluencia co Navia.
  • 45. CLIMA Oceánico de montaña con invernos moi fríos e veráns frescos. Xantes, na primavera e no inverno.
  • 46. A área dos Ancares ten un grande interese dende o punto de vista ambiental, por ser límite entre dúas rexións bioxeográficas, a Eurosiberiana e Mediterránea. Este factor, unido á orografía e ás grandes diferenzas de altitude determina a presenza de variados ecosistemas e hábitats cunha rica flora e fauna onde se atopan numerosos especies pouco comúns e de grande valor ecolóxico e biolóxico.
  • 47. FLORA Nas zonas baixas dos vales e ata os 1.500 m de altitude medran bosques caducifolios de enorme valor ecolóxico. Nas abas soleadas están formados por cerquiños e nas sombrías de carballos acompañados de carbas, abeleiras, freixos, capudres, teixos, pradairos e acivros. Atópanse 20 endemismos de plantas da área cantábrica (Campanula cantabrica, Gentiana lutea, subsp. aurantiaca, Iris latifolia, Juniperus nana, Vaccinium uliginosum...)
  • 48. Uces e carqueixas Nas partes altas da serra aparecen bidueiros acompañados de piornos, xenebreiros, e xensás. O mato está formado por carqueixas, uces e arandeiras. Tamén hai áreas de pradeiras subalpinas e algunhas turbeiras. Nalgúns puntos localizados hai aciñeirais de alto valor bioxeográfico, como o aciñeiral de Cruzul
  • 49. Uceiras (torgueiras) e pradeiras de montaña no Mostallar
  • 51. Flores de arandeira (Vaccinium myrtillus). Pinguicula lusitanica. Nas áreas achairadas dos cumes máis altos abondan as turbeiras onde se poden atopar especies adaptadas aos solos pobres que se alimentan de insectos como as grasillas e as rorelas..
  • 53. O capudre ou carnabudo (Sorbus aucuparia) é unha árbore típica das montañas. Cóbrese de flores a finais da primavera e os seus froitos vermellos atraen aos paxaros durante o outono.
  • 54. AS FRAGAS Na comarca dos Ancares atópanse varias fragas representativas dos bosques naturais atlánticos (caducifolos) caracteristicos de Galiza. Son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Teñen unha estrutura complexa nas que se diferencia un estrato arbóreo, arbustivo, herbáceo e muscinal. As árbores dominantes son o carballo, a abelaira, o bidueiro ou o pradairo, e, en menor cantidade capudres, faias, carbas, castiñeiros e especies de folla perenne como loureiros, acivros, érvedos... Ademais atópanse boas representación de acibeirais, carballeiras, soutos, aciñeirais e faiais. Capudres na fraga da Cabanavella, un dos maiores bosques dos Ancares.
  • 55. O avesedo de Donís, situado no val do Ortigal, foi o bosque máis grande de Galiza. Durante moitos anos talouse madeira de carballo e carba, para as travesas de ferrocarril e a construción naval. Os avesedos son bosques que medran nas abas sombrizas (avesías) orientadas ao norte.
  • 57. Fraga da Cabanavella nas abas da Serra das Maseiras, no val do rego da Vara.
  • 58. Acibeiral na serra do Agulleiro.
  • 59. Acibeiral na Fraga da Cabanavella. Froitos de acivro (Ilex aquifolilium). Os acivros medran como sotobosque nas fragas e carballeiras e ás veces forman bosques monoespecíficos en zonas de altura moi illadas. Son importantes para o mantemento da vida na zona. A persistencia das follas crea núcleos libres de neve e os froitos, que se manteñen na árbore ata o inverno e no chan durante moito tempo, son o principal alimento do que dispoñen moitos animais nos momentos máis duros do inverno.
  • 60. Faial de Pintinidoira (Vilaspasantes-Cervantes, no linde con Pedrafita do Cebreiro).
  • 62. ÁRBORES SENLLEIRAS Incluídos no Catálogo de Árborese Senlleiras da Xunta de Galiza (P) CARBALLO (Quercus robur) -Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (Cereixido, Cervantes). Nove exemplares de grande porte, de ata 4,7 m de perímetro. (P) -Río Ortigal (P) Monte da Vara e Fraga de Cabana Vella. (P)
  • 63. Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes) CARBA/MOURÉS (Quercus petraea) -Os Acebais (Piornedo, Donís, Cervantes). Nas abas de Penalonga. Varios exemplares, os de máis porte acadan os 10,30 m de perímetro. -As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes) -Avesedo de Donís (Cervantes) Varios exemplares de ata 6,40 m de perímetro. -Río Ortigal -Teso das Valiñas (Piornedo)
  • 64. As Freitas (Piornedo, Donís, Cervantes)Teso das Valiñas
  • 65. Avesedo de Donís (Cervantes)
  • 66. Quercus x rosacea (híbrido de carballo e carba) -Praza do Campo. (Quindous- Cervantes) -20,4 m de altura e 6,37 m de perímetro. (P)
  • 67. CERQUIÑO/REBOLO (Quercus pyrenaica) Praza do Campo. (Quindous. Cervantes). -Praza do Campo. (Quindous. Cervantes). -16,9 m de altura e 4,15 m de perímetro. (P) -As Freitas (Piornedo, Cervantes) No Teso das Valiñas.
  • 68. CASTIÑEIRO (Castanea sativa) Aucella (Cervantes) -Vallo (Navia de Suarna) -6 m de perímetro . -A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) -6,97m de perímetro. -Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna) Varios exemplares de ata 8,40 m de perímetro. -Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna) Varios exemplares de ata 6,30 m de perímetro. -Rao (Navia de Suarna), varios exemplares no souto e no centro da aldea, de ata 9,5 m de perímetro. -Castelo de Frades (Cereixedo- Cervantes) -10, 30 m de perímetro. -Verdello de Cereixedo (A Canceliña, Veiga do Seixo, Cervantes) -7 m de perímetro.
  • 70. A Pedreira (Queizán-Navia de Suarna) Vallo (Navia de Suarna)
  • 71. Souto de Saencia (Rao-Navia de Suarna)
  • 72. Rao (Navia de Suarna) Robledo de Rao (Rao-Navia de Suarna)
  • 73. Fraga da Cabana Vella ACIVRO/XARDÓN (Ilex aquifolium) -Fraga da Cabana Vella (Cereixedo-Cervantes). - Varios exemplares de bo porte. Avesedo de Donís (Cervantes). - Varios exemplares de bo porte de ata 3,20 m de perímetro.
  • 75. BIDUEIRO / BIDO (Betula celtiberica) Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes). Nas abas de Penalonga. Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro. Avesedo de Donís (Cervantes). Varios exemplares de ata 4,30 m de perímetro. Monte dos Acebais (Piornedo, Cervantes)
  • 76. Avesedo de Donís (Cervantes).
  • 79. A Fauna é moi variada e conta con moitas especies en perigo, entre as que destaca o oso pardo, o pito negro, a lebre de piornal, o bufo real, a charrela, a víbora de Seoane... Oso pardo, visitante ocasional dos Ancares procedente das serras cantábricas. Bufo real (Bubo bubo) FAUNA
  • 80. Pica dos prados (Anthus pratensis) A importancia da avifauna dos Ancares fixo que sexa protexida como ZEPA.
  • 81. Víbora de Seoane (Vipera seoanei cantabrica). Endémica do norte peninsular que en Galiza só se atopa nos Ancares, Courel e Trevinca.
  • 82. ACTIVIDADES A actividade máis importante é a gandaría extensiva, fundamentalmente a de gando bovino; a agricultura de consumo, aproveitamentos de recursos forestais, a caza e a apicultura. Nos últimos anos aumentou o turismo rural. A poboación permanente é de 4.977 habitantes. Serra de Airelos e val do Rao. No centro Coro, un núcleo rural que se está rehabilitando.
  • 83. Labrando con gando nas searas de centeo, unha escea que xa non se ve nos Ancares. Imaxe de 1980. Nos Ancares mantívose ao longo do tempo un equilibrio agrosilvopastoral, ao tempo que o illamento xeográfico e a complexidade orográfica favoreceu a persistencia dun medio natural ben conservado. Noutros tempos foi importante o cultivo do centeo e a explotación da madeira das fragas.
  • 84. Explotación forestal: A finais do século XVIII a explotación das árbores foi importante debido á demanda das numerosas ferreirías e mazos da comarca. Tamén tivo unha gran demanda a madeira de carballo e carba para travesas de ferrocarril e construción naval. Nas fragas quedaron algúns exemplares que se salvaron (posiblemente por ser defectuosos) e agora son árbores monumentais. Hai anos unha empresa alemana montou nos montes de Fieiró (avesedo de Donís) un sistema de transporte de madeira mediante cables. Esta actividade rematou a mediados do século XX.
  • 85. As “brañas” ou “alzadas”, eran lugares altos con pasteiros e terras cultivables aos que se trasladaba parte da familia para coidar do gando e cultivar a terra. Había pequenas cabanas para as persoas e outras máis grandes para o gando. Na actualidade séguese a empregar o sistema de traslado do gando aos pastos de verán pero non se reside arriba. Algunhas da alzadas eran as de Xestoso, Redondo, Vilarmondín, Vispeiro, Liñares, Estorneiro, Pandozarco, Vestoso, Vilanova do Pedregal...
  • 86. Cabanas na Alzada de Pan de Zarco.
  • 87. O cultivo de castiñeiros tivo sempre gran importancia na comarca. A utilidade mixta do castiñeiro para madeira e castañas favoreceu o seu cultivo, que noutros tempos ocupou amplas superficies. Na actualidade segue sendo unha fonte de recursos para os habitantes da montaña.
  • 88. Museo Etnográfico en San Román de Cervantes.
  • 89. Aula da Natureza, en Degrada.
  • 90. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALA pesar do seu relevo accidentado son áreas habitadas desde a prehistoria do que dan testemuña os numerosos restos arqueolóxicos atopados como petróglifos, mámoas e castros. A calzada romana de Lugo a Astorga pasaba por Becerreá. Na actualidade conserva importantes valores etnográficos (pallozas, hórreos, núcleos tradicionais, pontes, alvarizas, muíños) e histórico-artísticos (castros, igrexas, castelos...). Castro de Santa María
  • 91. Castelo da Pobra de Navia de Suarna, destruído na Revolta Irmandiña e reconstruído posteriormente. Castelo de Doiras (Cervantes)
  • 93. As persoas poboan as montañas dos Ancares desde tempos moi antigos integrando perfectamente as súas actividades coa natureza. En moitos lugares consérvanse pegadas de elementos arquitectónicos de distintas épocas, e por todas partes, a paisaxe amósanos as intervencións do ser humano no medio nun equilibrio agrosilvopastoral. O illamento xeográfico e a complexidade orográfica favoreceu a pervivencia de elementos naturais e culturais.
  • 94. Palloza e horro (hórreo) en Piornedo
  • 95. Hórreo de planta cadrada, típico das montañas orientais e Asturias. Piornedo.
  • 96. AS PALLOZAS A palloza é unha construción propia da alta montaña luguesa. Hoxe consérvanse algunhas nos Ancares e no Cebreiro. Hai uns anos extendíanse desde A Fonsagrada ata a serra do Caurel. Vilar, en 1979 O arquitecto Pedro de Llano catalogou no ano 1984, 300 pallozas nos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro, das que 50 estaban habitadas e o resto dedicadas a cortes ou palleiras.
  • 97. A palloza é un tipo de vivenda moi primitiva tanto na súa forma como nas súas estruturas. É unha unidade na que se integra a vivenda e todas as dependencias necesarias nunha casa agro- gandeira: corte, forno, almacén... A planta pode ser redonda, elíptica, oval, rectangular-redondeada... A construción está realizada cos materiais da contorna aplicando técnicas elementais: pedra, madeira, palla. Os vans son reducidos e escasos para evitar perdas de calor.
  • 98. Alzado e planta dunha palloza O interior está dividido en dúas partes por unha parede que separa a zona do gando (estravariza) da das persoas. Enriba da estrabariza hai unha división horizontal (barra) que serve de almacén de herba e palla para o inverno, e como dormitorio no verán. O piso é terreo agás na zona da lareira que vai enlousado. Nalgúns casos constrúense tabiques de madeira para delimitar un cuarto de durmir.
  • 102. Piornedo, 1979 A palloza adáptase ao terreo e encáixase nel para protexerse dos ventos e íllase da humidade cun rego ou canle (viela) que recolle a auga ou a neve. A altura do cume serve para darlle inclinanción á cuberta e favorecer o escoado da auga e permitir que o fume se eleve.
  • 103. PROBLEMAS -Abandono do medio rural -Falta de apoio institucional -Incendios forestais -Repoboacións con especies alóctonas...
  • 104. Aciñeiral de Cruzul PUNTOS DE INTERESE BECERREÁ •Aciñeiral de Cruzul •Bosque de Agüeira e Os Grobos •Río Navia
  • 105. Igrexas de Donís e Dornas CERVANTES: •Piornedo: núcleo tradicional: pallozas, hórreos... •Museo dos Ancares (Cervantes) •Castelos de Doiras e Quindous •Castro de Santa María •Igrexas: Donís, Piornedo, Dorna... •Fervenzas: río Ortigal, río Piornedo, As Pontes... •Serra dos Ancares: vales glaciares do Ortigal (Tres Bispos), Piornedo, cumes do Mostallar, Penarrubia... •Abesedo de Donís •Fraga da Cabanavella •Carballos, acivros e bidueiros: Abesedo de Donís, Cabana Vella •Faial de Pintinidoira.
  • 106. NAVIA DE SUARNA: •Pobra de Navia: castelo, ponte medieval •Rao: souto da Saencia •Penedo de Murias •Brañas de Pan de Zarco •Canón do Rao •Fervenzas: pesqueira de Lastroa (Rao) A Pobra de Navia de Suarna. No centro o castelo e a “Ponte Vella”, unha ponte medieval sobre o Navia, de posible orixe romana.
  • 107. LIC “OS ANCARES O COUREL” Espazo de 102.830 ha que abrangue as Serras Orientais de Lugo, ata o límite con León, (concellos de Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro). ESPAZOS PROTEXIDOS
  • 108. LIC “CRUZUL-AGÜEIRA” Pequeno espazo (652 ha) situado nos concellos de Becerreá e As Nogais que inclúe os bosque de Cruzul e Agüeira e parte do curso do río Navia e os seus afluentes Valdeparada e Boullón.
  • 109. Entre a avifauna propia de matogueiras, pasteiros e rochedos montanos atópanse a moi ameazada charrela (Perdix perdix), a pica alpina (Anthus spinoletta), a azulenta alpina (Prunella collaris), o merlo rubio (Monticola saxatilis), e a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax). ZEPA OS ANCARES Un espazo protexido de 12.656 ha en terreos de Cervantes e Navia de Suarna que se corresponde parcialmente tamén coa IBA 009 “Serra dos Ancares”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012). A serra dos Ancares constitúe o límite sudoccidental da área de distribución durante a época de cría para un bo número de especies eurosiberianas vinculadas aos bosques montanos, aínda que os seus efectivos son en xeral moi escasos. Entre elas, dúas están probablemente extintas na actualidade, a pita do monte cantábrica (Tetrao urogallus subsp. Cantabricus) (sen datos de cría desde 1995) e o peto mediano (Dendrocopos medius). A becada (Scolopax rusticola), o peto negro (Dryocopus martius), a estreliña do norte (Regulus regulus), e o ferreiriño palustre (Parus palustris), son outras especies deste grupo de aves forestais de ámbito moi restrinxido en Galiza. Hai unha interesante poboación de aves rapaces, con presenza de aguia real (Aquila chrysaetos), actualmente non nidificante, miñato abelleiro (Pernis apivorus), aguia cobreira (Circaetus gallicus), gatafornela (Circus cyaneus ), tartaraña cincenta (Circus pygargus), aguia calzada (Hieraaetus pennatus), falcón peregrino (Falco peregrinus), e bufo real (Bubo bubo), entre as nidificantes probables ou seguras. Choia
  • 110. Serra dos Ancares no inverno, desde a estrada que entra por Quindous.
  • 111. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Setembro 2016