4. Árbore nativa do leste de
Norteamérica que pode acadar os
40 metros de altura. Nos
exemplares novos a copa é
estreita e cónica e nos vellos é
ampla e columnar.
5. TALO:
Toro leñoso, cilíndrico e
dereito coas ponlas
separadas. A tona é gris-parda
ou parda-alaranxada con
fisuras finas facendo un
debuxo reticulado.
6. FOLLAS
Simples, alternas, co limbo dunha forma moi característica de contorno
case cadrado e, polo xeral, dividida en catro lóbulos coa beira enteira de
10-15 cm de lonxitude ee 10 a 20 de anchura. A cor é verde brillante. O
peciolo mide de 10 a 12 cm de lonxitude.
No outono adquiren uns fermosos tonos dourados.
7. FLORES
Solitarias, situadas na punta das ponlas pequenas. Teñen forma de campá
aberta. Están formadas por un cálice de 3 sépalos de cor verde, seis pétalos
amarelos con manchas alaranxadas. Os pistilos sitúanse arredor dun eixo
carnoso central e arredor del están os estames carnosos.
Polinízanse por insectos.
8. FROITOS
En forma de cono, de cor castaña clara. Cando maduran ábrense comezando
pola parte superior e deixan libres as sementes, de forma ovalada, que son
dispersadas polo vento.
12. Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
(Vedra, A Coruña)
-38,7 m de altura, 4,30 m de
perímetro.
-31,40 m de altura e 4,30 m de
perímetro
Incluídos no Catálogo de
Árbores Senlleiras da Xunta de
Galiza.