3. Árbore de copa cónica, ancha que pode acadar 15 m de altura. É orixinaria
de Europa e sudoeste de Asia e vive en zonas de montaña, en bosques
mixtos e barrancos sombrizos.
É unha árbore moi lonxeva que pode superar os 2.000 anos.
4. TALO:
O toro é curto e groso
coas ponlas abundantes e
horizontais que saen
desde a base.
A tona é parda-gris
avermellada e escamenta.
6. FLORES
Son unisexuais e nacen en pés diferentes.
As masculinas forman inflorescencias
pequenas de cor amarela pálida e saen
sobre as axilas das follas.
As femininas nacen illadas no extremos
dos brotes, están reducidas a un óvulo
envolto por brácteas.
flores masculinas
flor feminina
7. O falso froito está formado por un
arilo carnoso e esférico de
aproximadamente 1 cm de diámetro,
de cor vermella que envolve a unha
semente única.
9. O teixo atópase en Galiza
en estado silvestre
formando un pequeno
bosque en Pena Trevinca
e exemplares illados
mesturados con outras
especies no Caurel,
Ancares e Serra de Meira,
e como árbore ornamental
en parques e xardíns.
Teixo na devesa da Rogueira. (O Courel-Lugo)
10. Teixedal de Pena Trevinca. Casaio. (Carballeda de Valdeorras).
Situado na vertente norte de Pena Survia. É o bosque de teixos máis meridional
de Europa que ocupa algo menos de seis hectáreas. Conta con arredor de 300
teixos de grandes dimensións, os máis altos con 20 m de altura e os máis
grosos con 4 m de perímetro.
Está incluído dentro do LIC “Pena Trevinca”.
12. Pazo de Baldomir (Bergondo)
-17,4 m de altura; 6,20 m de perímetro.
Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
13. Casa Tenreiro (Pontedeume, A Coruña)
-11,2 m de altura; 4,60 m de perímetro. Actualmente está en moi mal estado.
Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
17. Pazo de Arenaza (Iñás, Oleiros) No Centro de Día.
-12 e 17 m de altura e 3,74 e 4,20 de perímetro
18. Igrexa de Carballido (A Fonsagrada).
-14, 11,5 e 6 m de altura.
O máis grande mide 4,50 m de perímetro.
Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da
Xunta de Galiza
19. Igrexa de Cereixido.
(Quiroga, Lugo)
-13,7 m de altura; 7,8 m de
perímetro na base.
Incluído no Catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta de Galiza
21. Casa de Riba (A Pasada. Fontaneira,
Baleira)
-9 m de perímetro.
Incluído no Catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta de Galiza
22. Igrexa de Córneas. (Baleira, Lugo)
-12,20 m de altura; 7,95 m de
perímetro e máis de 400 anos.
Incluído no Catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta de Galiza
23. -2,5 m de perímetro-2,8 m de perímetro
Fraga da Cabana Vella
(Cereixido, Cervantes)
LIC “ANCARES-COUREL”
29. Teixedal de Casaio (Carballeda de Valdeorras)
-15 e 18 m de altura e de 3 a 4 m de perímetro
LIC PENA TREVINCA
Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza
30. Teixedal de Casaio (Carballeda de Valdeorras)
LIC PENA TREVINCA
Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da
Xunta de Galiza
31. Teixedal de Casaio (Carballeda de
Valdeorras)
LIC PENA TREVINCA
Incluído no Catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta de Galiza
32. Balmonte (Castro de Rei)
No lugar de A Torre
Incluído no Catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta de Galiza
33. USOS:
A madeira é de moi boa calidade e resiste
moi ben a prodredume. Usouse para a
construción de barcos e para peares.
Escultura de Francisco Leiro
34. Todas as partes do teixo son velenosas
agás o arilo que recobre a semente.
Contén un alcaloide, a taxina, que
produce a morte en pouco tempo.
Foi empregado en mediciña tradicional
como abortivo.
Segundo conta a lenda os galaicos do
Monte Medulio envelenáronse cunha
beberaxe feita con froitos de teixo para
non ter que rendirse aos romanos.
35. O teixo máis antigo que se
coñece, con 2.000 anos, está
en Fortingall, Escocia). É o ser
vivo máis vello de Europa.
Capela no toro dun teixo en Inglaterra.
36. ESCOLMA LITERARIA
DEVESA da Rugueira! Bidueiros cimeiros!
Pena das Augas!
Xardois teixos
rebolos tocos, faias derrubadas!
Camiño da Veneira!
Carreiro dos dez regueiros!
Cereixas de carnabudo! Abrotias abrairas pincheiras e pincheiras!
Eiquí sempre foi bosco.
Ruxir solo
da fonte do corzo!
Barbas do mofo
pingando dos toros!
(Uxío Novoneyra, “Os eidos”)
“Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca da vagoada máis solas e máis medosa...”
Uxío Novoneira “Os Eidos”, 1981