É a zona do río Miño comprendida entre Portomarín e Os Peares, na provincia de Lugo. Un tramo do río encaixado entre xistos, cuarcitas, gneis... duns 50 km de lonxitude e ata 400 m de desnivel.
O percorrido do Miño no Canón forma paraxes de grande importancia ecolóxica e paisaxística. Resulta espectacular pola altura das súas ladeiras, pola vexetación diversa que acolle (carballeiras, soutos, ervedeiros, sobreirais...) e polo grande interese etnográfico resultante do traballo de séculos para conseguir gañar terras para o cultivo das vides. A todo isto hai que engadir os numerosos monumentos que forman parte da chamada Ribeira Sacra, coñecida por ese nome desde a Idade Media por ser zona onde abondan as igrexas e mosteiros.
O espazo inclúe o curso baixo do Río Miño (na beira galega), desde a presa da Frieira, e parte do cursos dos seus afluentes Termes (As Neves), Deva (Arbo) e Ribadil (Crecente).
O tamaño deste espazo e a variedade de microclimas fai que se atopen ecosistemas e hábitats moi diferentes desde o curso medio do río ata o seu encontro co mar o que lle da un alto valor ecolóxico, ao que hai que engadir tamén o paisaxístico e xeolóxico.
CONCELLOS: A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves, Arbo, Crecente e A Cañiza (Pontevedra) e Padrenda (Ourense).
É a zona do río Miño comprendida entre Portomarín e Os Peares, na provincia de Lugo. Un tramo do río encaixado entre xistos, cuarcitas, gneis... duns 50 km de lonxitude e ata 400 m de desnivel.
O percorrido do Miño no Canón forma paraxes de grande importancia ecolóxica e paisaxística. Resulta espectacular pola altura das súas ladeiras, pola vexetación diversa que acolle (carballeiras, soutos, ervedeiros, sobreirais...) e polo grande interese etnográfico resultante do traballo de séculos para conseguir gañar terras para o cultivo das vides. A todo isto hai que engadir os numerosos monumentos que forman parte da chamada Ribeira Sacra, coñecida por ese nome desde a Idade Media por ser zona onde abondan as igrexas e mosteiros.
O espazo inclúe o curso baixo do Río Miño (na beira galega), desde a presa da Frieira, e parte do cursos dos seus afluentes Termes (As Neves), Deva (Arbo) e Ribadil (Crecente).
O tamaño deste espazo e a variedade de microclimas fai que se atopen ecosistemas e hábitats moi diferentes desde o curso medio do río ata o seu encontro co mar o que lle da un alto valor ecolóxico, ao que hai que engadir tamén o paisaxístico e xeolóxico.
CONCELLOS: A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves, Arbo, Crecente e A Cañiza (Pontevedra) e Padrenda (Ourense).
O macizo de Trevinca está formado por cinco serras que conflúen en Pena Trevinca: Eixe, Mina, Cabreira, Calva e Segundeira, compartidas entre Ourense (Galiza), Zamora e León (Castela-León). Unha área dun grande interese xeolóxico, paisaxístico e ecolóxico.
CONCELLOS: A Baña e Negreira
A comarca de a Barcala está situada no centro-oeste da provincia da Coruña.
O territorio está formado por unha sucesión de vales amplos e cumes de formas suaves e redondeadas con poucas diferenzas de altitude.
O río máis importante é o Tambre que percorre o linde sur e leste e o seu principal afluente é o Barcala que lle da nome á comarca.
A maior parte do territorio está ocupado por pasteiros e cultivos forraxeiros e por piñeiros e eucaliptos. Os espazos de maior interese natural atópanse na contorna dos ríos, sobre todo ao longo do percorrido do Tambre.
Situada na Península da Barbanza entre as Rías de Noia, ao Norte e a de Arousa, ao Sur, compartida entre as comarcas da Barbanza e Noia.
As alturas máximas, de norte a sur, son o Iroite (687 m), Outeiro Louro (613 m), Alto da Torre (656 m), Barbanza (652 m), Alto da Lagoa (622 m), Os Forcados (620 m) e A Curota (569 m), Nunha estribación cara ao oeste destaca o Enxa (543 m).
Por riba dos 500 m a serra da Barbanza é un extenso altiplán erosionado, dividido en dúas áreas por unha falla que vai de Boiro a Portosín.
Un dos aspectos máis interesantes desta serra son as vistas panorámicas sobre as rías de Arousa e Noia e, e as costas de Corrubedo e Aguiño.
Rías da Costa Átártabra nos concellos de Ares, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Sada e Oleiros. Ábrense entre as puntas Coitelada (Ares) e Torrella (Oleiros). Pódense considerar dúas rías que comparten unha boca común, aínda que cada unha delas ten as súas propias características.
A ría da Arousa ábrese entre as puntas Falcoeiro, ao norte, e o Con da Aguieira (na península do Grove), ao sur. É a maior das rías galegas, con 25 km de lonxitude, 10 km de cumprimento na zona máis ampla e 230 km2 de superficie. Está formada pola unión dos vales fluviais dos ríos Ulla e Umia.
Acolle importantes valores naturais, culturais e económicos e conta con varias proteccións.
CONCELLOS: Touro, Boqueixón, Vedra, Teo, Padrón, Ames, Brión, Rois, Dodro e Rianxo (A Coruña). Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Pontecesures, Valga e Catoira (Pontevedra).
Abrangue o curso do Ulla desde a Ponte de Remesquide (entre as parroquias de Ribeira-Touro, e Obra-Vila de Cruces) ata a desembocadura, na punta das Tres Cruces (Entre Rianxo e Catoira), e parte do curso de varios afluentes: Deza (co Toxa), Liñares, Vea, Pereiro, Santa Lucía e Sar.
É unha zona de gran interese xeolóxico e biolóxico.
Os ecosistemas máis relevantes son o esteiro e marismas da desembocadura e os bosques de ribeira.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
Inclúe as serras do Eixe, A Mina, Calva e unha pequena parte da Segundeira, unha parte da do Canizo, os montes do Covelo e varios tramos do val do Bibei.
Linda co Parque Natural “Lago de Sanabria e arredores” (Zamora) e o Monumento Natural Lago da Baña (León).
É un espazo que combina a alta montaña con algúns vales de ríos nos que se dan condicións climáticas que propician a aparición dunha grande diversidade de animais e vexetais. Ademais ten un grande interese xeolóxico e paisaxístico.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
CONCELLOS: Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos
Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do Pindo e Buxantes, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa.
É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións graníticas, canóns fluviais e fervenzas.
O espazo inclúe a serra de Monte Maior e as cabeceiras de varios pequenos ríos afluentes do Landro ou que van directamente ao Cantábrico, en terreos de Viveiro e Xove (Lugo)
Os ecosistemas máis interesantes son as turbeiras que acollen unha rica flora e fauna específicas,.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O macizo de Trevinca está formado por cinco serras que conflúen en Pena Trevinca: Eixe, Mina, Cabreira, Calva e Segundeira, compartidas entre Ourense (Galiza), Zamora e León (Castela-León). Unha área dun grande interese xeolóxico, paisaxístico e ecolóxico.
CONCELLOS: A Baña e Negreira
A comarca de a Barcala está situada no centro-oeste da provincia da Coruña.
O territorio está formado por unha sucesión de vales amplos e cumes de formas suaves e redondeadas con poucas diferenzas de altitude.
O río máis importante é o Tambre que percorre o linde sur e leste e o seu principal afluente é o Barcala que lle da nome á comarca.
A maior parte do territorio está ocupado por pasteiros e cultivos forraxeiros e por piñeiros e eucaliptos. Os espazos de maior interese natural atópanse na contorna dos ríos, sobre todo ao longo do percorrido do Tambre.
Situada na Península da Barbanza entre as Rías de Noia, ao Norte e a de Arousa, ao Sur, compartida entre as comarcas da Barbanza e Noia.
As alturas máximas, de norte a sur, son o Iroite (687 m), Outeiro Louro (613 m), Alto da Torre (656 m), Barbanza (652 m), Alto da Lagoa (622 m), Os Forcados (620 m) e A Curota (569 m), Nunha estribación cara ao oeste destaca o Enxa (543 m).
Por riba dos 500 m a serra da Barbanza é un extenso altiplán erosionado, dividido en dúas áreas por unha falla que vai de Boiro a Portosín.
Un dos aspectos máis interesantes desta serra son as vistas panorámicas sobre as rías de Arousa e Noia e, e as costas de Corrubedo e Aguiño.
Rías da Costa Átártabra nos concellos de Ares, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Sada e Oleiros. Ábrense entre as puntas Coitelada (Ares) e Torrella (Oleiros). Pódense considerar dúas rías que comparten unha boca común, aínda que cada unha delas ten as súas propias características.
A ría da Arousa ábrese entre as puntas Falcoeiro, ao norte, e o Con da Aguieira (na península do Grove), ao sur. É a maior das rías galegas, con 25 km de lonxitude, 10 km de cumprimento na zona máis ampla e 230 km2 de superficie. Está formada pola unión dos vales fluviais dos ríos Ulla e Umia.
Acolle importantes valores naturais, culturais e económicos e conta con varias proteccións.
CONCELLOS: Touro, Boqueixón, Vedra, Teo, Padrón, Ames, Brión, Rois, Dodro e Rianxo (A Coruña). Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Pontecesures, Valga e Catoira (Pontevedra).
Abrangue o curso do Ulla desde a Ponte de Remesquide (entre as parroquias de Ribeira-Touro, e Obra-Vila de Cruces) ata a desembocadura, na punta das Tres Cruces (Entre Rianxo e Catoira), e parte do curso de varios afluentes: Deza (co Toxa), Liñares, Vea, Pereiro, Santa Lucía e Sar.
É unha zona de gran interese xeolóxico e biolóxico.
Os ecosistemas máis relevantes son o esteiro e marismas da desembocadura e os bosques de ribeira.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
Inclúe as serras do Eixe, A Mina, Calva e unha pequena parte da Segundeira, unha parte da do Canizo, os montes do Covelo e varios tramos do val do Bibei.
Linda co Parque Natural “Lago de Sanabria e arredores” (Zamora) e o Monumento Natural Lago da Baña (León).
É un espazo que combina a alta montaña con algúns vales de ríos nos que se dan condicións climáticas que propician a aparición dunha grande diversidade de animais e vexetais. Ademais ten un grande interese xeolóxico e paisaxístico.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
CONCELLOS: Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos
Espazo formado pola praia de Carnota, As Dunas de Caldebarcos os Montes do Pindo e Buxantes, as Illas Lobeiras e o espazo marítimo próximo á costa.
É unha área de grande interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico onde alternan extensos areais (Carnota, Caldebarcos) con espectaculares formacións graníticas, canóns fluviais e fervenzas.
O espazo inclúe a serra de Monte Maior e as cabeceiras de varios pequenos ríos afluentes do Landro ou que van directamente ao Cantábrico, en terreos de Viveiro e Xove (Lugo)
Os ecosistemas máis interesantes son as turbeiras que acollen unha rica flora e fauna específicas,.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
Situada no nordeste de Galiza, entre a Terra Cha e as Mariñas Lucenses, nos concellos de Muras, Ourol, Vilalba e Abadín.
Prolóngase cara ao norte nos montes do Buio e dos Cabaleiros, polo leste na Toxiza e cara ao leste pola Carba e o Guriscado, formando un conxunto que se podería considerar un macizo.
É unha serra que acolle importantes valores naturais, en especial as turbeiras.
A serra ga Groba é unha cadea de montañas de granito de dúas micas que se estende desde a Ría de Baiona ata A Guarda, paralela á costa, cara á que cae bruscamente. A parte superior está aplanada pola erosión. O tramo entre Oia e A Guarda coñécese tamén como MONTES DA VALGA e o último tramo é O TORROSO.
Inclúe parte do Macizo Central (Serras da Queixa, Montes do Invernadeiro, Altos do Samión e unha parte das de Fial das Corzas e San Mamede); parte do val do río Bibei, cos afluentes pola esquerda e parte do Xares, pola dereita; e o val do Navea entre os encoros de Chandrexa e Guistolas.
É unha área de elevado interese xeomorfolóxico e paisaxístico que acolle unha grande diversidade de hábitats e especies.
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."monadela
Está situada en plenas serras orientais galegas, ao leste da provincia de Lugo, no linde con León e Asturias. É un territorio eminentemente de montaña onde se atopan serras que acadan case os dous mil metros altura. O río Navia atavesa o espazo de sur a norte e recibe numerosos afluentes que baixan das serras.
Conserva importantes valores xeolóxicos (vales glaciares, canóns, fervenzas), paisaxísticos, e ecolóxicos (diversidade de ecosistemas entre os que destacan as grandes fragas).
Ocupa o tramo final do val do río Limia en terras de Ourense e o conxunto de serras que o rodean polo NO (estribacións das serras do Leboreiro e o Monte do Quinxo) e polo S-SE (serras de Santa Eufemia, do Xurés e do Pisco). É un espazo cun grande valor paisaxístico ecolóxico e cultural no que se atopan especies pouco comúns ou únicas.
O espazo protexido comprende unha grande parte da Serra do Cando, coñecida tamén como Monte Seixo, e os cursos altos dos ríos Lérez (desde Cerdedo ata o Candán) e Verdugo.
Os ecosistemas de maior valor son as turbeiras dos cumes, os bosques de ribeira e as carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.
CONCELLOS: Cerdedo-Cotobade, Forcarei e A Lama (Pontevedra) e Beariz (Ourense).
CONCELLOS: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
A comarca de Arzúa está situada no sur da provincia da Coruña entre os ríos Tambre e Ulla.
O relevo está formado por unha sucesión de formas suaves que separan os vales do Tambre e Ulla e van gañando altura cara ao leste onde se atopan as estribacións dos montes do Bocelo.
Está atravesada por numerosos cursos de auga que fragmentan o territorio e circulan cara aos dous ríos principais.
Os espazos naturais de maior valor atópanse nos ríos Ulla e Tambre e nos seus afluentes.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño. Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
O concello de Pontedeume está situado na banda sur da ría de Ares e unha pequena parte na de Betanzos. A costa esténdese desde a desembocadura do Eume ata a praia de Andaío.
O litoral está marcado por un relevo que, a non ser na vila e no esteiro, logo acada os 50 m de altitude e está moi próximo ou por enriba dos 20 m en case toda a liña de costa.
2. O SALNÉS
REGO DA
ARMENTEIRA
Parroquia de San Martiño (Meis).
O rego de San Martiño ou da Armenteira nace no Monte Castrove e desemboca
no Umia en Ribadumia. Forma varias fervenzas pequenas e zonas de rápidos
en rochas graníticas.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Barrantes a Meis cóllese o primeiro desvío en San Martiño, á
dereita, despois de pasar a farmacia e chégase a unha área recreativa onde se
rahabilitaron varios muíños. Tamén se pode seguir a ruta do Rego da
Armenteira desde distintos puntos de Ribadumia e Meis.
3. REGO DE SAN
SALVADOR
Parroquia de San Salvador (Meis)
Afluente do Rego da Armenteira (Umia)
COMO CHEGAR:
Ao chegar a San Salvador cóllese o cruce que sobe desde a igrexa ao
Castrove. A fervenza está a carón dun muíño.
ARCOS No rego de San Tomé, un afluente do río Cañón (Umia) que baixa das abas do
Castrove polo concello de Meis. Na zona de San Tomé de Nogueira salva un
desnivel en rochas graníticas con varios rápidos e fervenzas de pouca altura.
COMO CHEGAR:
Desde O Mosteiro (Meis) cóllese o desvío a San Tomé de Nogueira ata o lugar
de Arcos. Pódese subir por unha pista de terra pola marxe dereita do río ou
achegarse co coche pola marxe esquerda ata unhas casas e, desde alí, baixar a
río e seguir por un carreiro pola beira.
A CHANCA Río da Chanca en Simes (Meaño)
COMO CHEGAR:
Desde Meaño séguese pola estrada que vai a Samieira e a uns 800 m o cruce a
Lores onde está indicada a área recreativa. Seguindo a ruta vense pequenos
saltos. O máis grande está a 1,4 km.
4. UMIA-CALDAS
PARAFITA Na parroquia e concello de Valga.
O rego de Ferreño, afluente do Valga forma un estreito val encaixado en
penedos graníticos con varios rápidos e fervenzas. A zona está acondicionada
cunha ruta de senderismo e pontes de madeira.
A fervenza grande ten uns 10 m de altura e a pequena arredor de 6 m.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Valga a Caldas, en Magariños, cóllese un cruce en dirección
Raxoi e séguense os indicadores.
FREIXA DO PAZO
AS CAMPAÍÑAS
Rego da Patela ou do Pazo, unha das cabeceiras do río Gallo (afluente do
Umia), en terreos do concello de Cuntis. Encáixase na zona que rodea Castro
Landín e forma varios saltos e pozas en granitos. O máis grande ten uns 7 m
de altura.
COMO CHEGAR:
Desde Cuntis cóllese a estrada que vai a Xinzo e Pazo. Despois de pasar a
ponte sobre o río un cruce á esquerda lévanos ao parque Maráns. Alí
poderíamos deixar o coche e seguir a ruta a pé ata as fervenzas.
Tamén se pode acceder desde Castrolandín. Déixase o coche na estrada, ao
pé do depósito de auga que está antes de chegar ao castro e báixase ao río
en directo polo terraplén ou por un carreiro á dereita que conduce a unhas
pozas na parte alta das fervenzas.
5. SEGADE No lugar de Segade en Caldas de Reis, o Umia salva un desnivel de 20 m de
altura en rochas graníticas. A fervenza formouse a partir do basculamento dos
bloques situados a ámbolos lados da Falla Meridiana de Galiza que atravesa
esta zona.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Caldas á Estrada, despois de 1 km de Caldas de Reis, antes de
chegar ao cruce de Campo Lameiro, cóllese un camiño que baixa ao río, na
zona onde está a antiga fábrica de luz.
FREIXA DAS LAXES En San Pedro de Rebón (Moraña). No río Cornide ou das Laxes, afluente do
Agra ou Barosa que vai ao Chaín (Umia). Varios saltos en rochas graníticas
nun lugar acondicionado que conserva varios muíños.
COMO CHEGAR:
Desde Moraña cóllese a estrada que pasa polos Miragres de Amil e vai a
Barro e un cruce á dereita que indica As Laxes (antes de chegar a O Vexildo).
Despois de pasado o indicador séguese 150 m e cóllese un camiño de terra á
esquerda que chega preto dun muíño e das fervenzas.
POZO DO PENEDO Na Ponte Taboada, no Umia, que fai de linde entre os concellos de Cuntis e
Moraña.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Codeseda a Moraña, en Souto cóllese o desvío a Cuntis.
Pasada a ponte, á esquerda, atópase un camiño no que deixamos o coche e,
río abaixo, buscamos un sitio para baixar ao pozo, un fermoso espazo
pechado por unha illa que remata nun cachón de pouca altura.
6. O MORRAZO
COIRO Na parroquia de Coiro (Cangas).
No río Bouzós, un afluente do río da Presa que nace en Ermelo e desemboca
en Cangas. O curso alto do río atravesa a carballeira de Coiro nunha sucesión
de rápidos, fervenzas e tobogáns entre grandes bolos de gneis e granito. A
caída máis alta ten uns 6 metros.
COMO CHEGAR:
No alto da Portela, na estrada Cangas-Bueu sae unha pista pola dereita que
pasa por riba da Ermida de S.Cosme e leva, nun quilómetro, á Carballeira de
Coiro. Os saltos máis grandes atópanse seguindo o curso do río por debaixo
da pista e chégase a eles seguindo un carreiro de pendente moi pronunciada.
A FRAGA Parroquia de Meira (Moaña).
O río da Fraga nace na serra de Domaio e desemboca na enseada de Moaña.
Ten un tramo con rápidos e pequenas fervenzas cunha estreita faixa de
vexetación de ribeira ben conservada rodeada de eucaliptos. O salto máis
grande ten arredor de 6 m de altura.
COMO CHEGAR:
Desde Moaña cóllese unha estrada que vai a Marín e crúzase o río por unha
ponte. A partir dela hai un carreiro que segue o río. (4 km)
7. VERDEAL
POZO DAS MEIGAS
Na aldea de Verdeal, na parroquia de Domaio (Moaña).
O río da Miñouva, das Freixas ou da Pasaxe nace na serra de Domaio e
desemboca na ría de Vigo. Salva un desnivel duns 50 m, en rochas graníticas,
o último tramo moi pechado entre as casas. Está rodeada de acacias e
eucaliptos na parte alta. Está afectada pola construción da ponte da vía do
Morrazo.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Pontevedra a Moaña, despois de pasar a saída da autopista
cóllese un cruce que vai a Verdeal, 1 km antes de Domaio.
Para acceder á fervenza sóbese por un camiño entre as casas. Pódese ver
desde o viaduto da nova estrada ou desde destrás do Pavillón de Deportes, ao
pé do Colexio.
Para acceder á parte alta, onde hai outros saltos máis pequenos, séguese a
ruta do rego da Freixa.
REGO DA FREIXA En Domaio (Moaña). O rego da Freixa cae dos montes de Domaio formando
numerosos saltos, rápidos e pozas, nun entorno natural no que se atopan
varios muíños de grande interese etnográfico.
COMO CHEGAR:
Pódese acceder directamente desde a Vía do Morrazo na saída de Domaio e
collendo cara ao monte. Alí mesmo déixase o coche e comézase a ruta
baixando cara ao río. A primeira parte remonta o rego da Freixa, no que
iremos atopando varias fervenzas e nove muíños. Ao chegar á estrada
asfaltada collemos á dereita, por debaixo da urbanización ata chegar ao rego
da Miñouva. Alí podemos ver tres fermosos muíños, pozas e varios saltos.
Tamén poderemos gozar das vistas da Ría de Vigo e o estreito de Rande.
Facemos o itinerario de volta e, no rego da Freixa, en vez de baixar polo río,
se queremos aforrar tempo, podemos baixar pola estrada.
Tamén se pode acceder desde Domaio pasado Palmás, collendo a estrada
que sobe ao campo de Golf.
MIÑÁN-SILVESTRE Río Neibó (Loira). En San Tomé de Piñeiro (Marín)
COMO CHEGAR: pola estrada de Moaña a Marín, vese desde a estrada entre
os lugares de Miñán e Silvestre.
8. PONTEVEDRA
PEREIRO Concello de Poio.
No rego do Pereiro que baixa dos montes do Castrove e desemboca na enseada
de Campelo. O río e os seus afluentes baixan por un terreo encosta onde
abondan os rápidos e saltos entre granitos e neis.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Pontevedra a Sanxenxo, un pouco antes de chegar a Combarro,
cóllese á dereita un indicador a Pereiro e Casalvito. Séguese cara a Pereiro de
Abaixo e baixase pola segunda estrada indicada á dereita, crúzase unha ponte
sobre o río e ao chegar á última casa cóllese á esquerda un camiño de terra que
sube ao monte. Despois de camiñar uns 500 m e pasar un pozo que queda á
dereita, báixase ao río por un sendeiro oculto entre a vexetación que chega a
unhas casas abandoadas. Desde alí báixase ao río e atópase a fervenza máis
arriba.
REGO DOS MOUROS No concello de Poio
Un río de percorrido curto e con gran desnivel que baixa do Castrove.
COMO CHEGAR: pola estrada de Poio á Escusa crúzase o río e cara abaixo
están os saltos e uns muíños abandoados.
9. REGO DOS MUÍÑOS En Samieira (Poio).
O rego dos Muíños baixa desde O Busto ata a praia do Laño, na ría de
Pontevedra. Ten varias pequenas fervenzas.
COMO CHEGAR:
En Samieira cóllese a estrada que vai a Armenteira e en 200 m á esquerda hai
unha praza, onde se pode deixar o coche. Seguindo río abaixo atopamos un
pequeno canón con fervenzas. Río arriba iremos pasando por unha serie de
muíños e pequenos saltos de auga.
REGO DA FREIXA Concello de Poio.
Pequena fervenza duns 3 m de altura preto da desembocadura
COMO CHEGAR: desde Poio báixase á zona deportiva, onde deixamos o coche.
A ruta comeza a carón do Colexio, rodea o campo de fútbol e remonta un
pequeno tramo do río.
BAROSA
OU MAQUIEIRA
Na parroquia e concello de Barro. O río Agra ou Barosa, o principal afluente do
Chaín (Umia) que conflúe con el no linde co concello de Caldas, salva un desnivel
en grandes laxes graníticas con varios saltos e tobogáns. Os saltos están
aproveitados para un conxunto de 14 muíños. A zona está acondicionada como
área recreativa.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Pontevedra a Caldas, despois de pasar San Antoniño cóllese un
cruce que indica Parque Natural do Río Barosa. Pódese seguir unha ruta río
arriba polo bosque de ribeira.
REGATO DA
FILLAGOSA
Cae no Lérez en Pontevedra (fronte a Monte Porreiro)
COMO CHEGAR:
Vese desde a outra beira do río Lérez seguindo a ruta que vai desde
Monteporreiro.
REGO DE
CABALEIROS
Parroquias de Corredoira e Santa María de Sacos (Cotobade).
O Rego dos Cabaleiros é un afluente do Lérez que nace en Corredoira e, despois
dun curto percorrido con varios saltos e pozas en terreos graníticos, cae no Lérez.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Pontevedra a Ourense, á altura do km 70 crúzase o rego e desde a
ponte vense as fervenzas.
10. REGO DOS FORNOS Un afluente do río Sequeiros (Umia)
COMO CHEGAR:
Na estrada de Campo Lameiro a Cuntis por Cequeril, pasada a Armonda crúzase
o rego dos Fornos.
Xusto ao pé da ponte, e antes de cruzala, sae un carreiro que,río arriba, nos leva
á fervenza. Hai outras río arriba.
ALMOFREI O río Almofrei (afluente do Lérez) entre Portamuíño (Pontevedra) e Xesteiras
(Cotobade) forma um profundo canón no que hai numerosos saltos e pozas. No
verán os saltos levan pouca auga pero podemos gozar das numerosas pozas e
fermosos recunchos que se forman entre grandes penedos graníticos, algúns en
zonas acceso moi complicado.
1-Bora (Pontevedra), entre os lugares de Portamuíño e O Salgueiral.
A fervenza principal ten unha fronte ampla e caídas de ata 7 m de altura.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Pontevedra a Cotobade, xusto no punto quilométrico 1, cóllese o
desvío a Portamuíño e apárcase o coche. Para ir ás fervenzas cóllese unha pista
de terra que sae á esquerda e, seguindo sempre pola da esquerda chégase a
unha levada antiga pola que se remonta o río ata atopar as fervenzas (2,5 km ida
e volta).
Pódese chegar a esta fervenza facendo a ruta do Almofrei sinalada polo concello
de Pontevedra (7 km desde Ponte Bora).
2-A Fontenova (Cotobade)
Na parroquia de Almofrei (Cotobade).
COMO CHEGAR:
Na estrada de Pontevedra a Cotobade, cóllese o desvío a Almofrei e na
Fontenova déixase o coche e báixase por unha pista de cemento moi estreita e
empinada que vai á central hidroeléctrica, case abaixo, ten un desvío á esquerda
polo que se chega a uns prados polos que se pasa, sen baixar, ata chegar a un
bosque que hai que atravesar e baixar pola outra banda nun terreo moi
empinado. Hai que remontar o río polo cauce entre penedos para atopar as
fervenzas (2 km ida e volta). Pódese ter como referencia as cristas rochosas do
Catadoiro, á outra banda do río. No inverno é moi complicado e perigoso.
3-Arrotea
Na parroquia de Almofrei (Cotobade).
COMO CHEGAR:
Seguindo pola mesma estrada, un pouco máis adiante, chégase á igrexa de San
Lourenzo, déixase o coche e báixase por un camiño ata unha área recreativa a
carón do río. Un pouco antes da área recreativa hai que desviarse á dereita polo
medio do monte ata subir a un alto desde o que se ve o canón do río e a fervenza
(1 km, ida e volta).
4-Ponte Arrotea
Na parroquia de Almofrei (Cotobade), a carón da ponte, nunha área onde o río
forma pequenas fervenzas e numerosas pozas.
COMO CHEGAR:
Seguimos ata a ponte e desde alí podemos ver as fervenzas, mesmo debaixo da
ponte e un pouco máis abaixo.
11. FÍRVEDA Parroquia de Seixido (A Lama).
O río Verdugo forma unha caída de auga de case 15 metros de altura rodeada
dun pequeno bosque de ribeira con camiños abandonados e case intransitables.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Doade (Beariz) a Antas pola marxe dereita do Verdugo, cóllese
cara o lugar de Fírveda. Nunha eira e a carón dunha fonte baixa un carreiro cara
uns muíños abandoados.
ABELAÍDO O río Verdugo en Abelaído (A Lama) encáixase nun canón no que forma varios
saltos entre rochas graníticas.
COMO CHEGAR:
Na estrada da Lama a Seixido, pasado Antas, un cruce á esquerda, indicado, leva
a Abelaído. Ao chegar a unha bifurcación déixase o coche á beira dun penedo,
desde onde se ven as fervenzas. Para chegar a elas báixase un pouco pola pista
e, xusto onde remata a última construción á esquerda, atópase, á dereita, un
carreiro pouco visible, pero transitado, moi pendente no arranque, que leva ao pé
das fervenzas.
POZOS DA FREIXA No río Verdugo, no lugar de Roca (Ínsua-Pontecaldelas).
Tres saltos sucesivos salvan 40 metros, formando grandes pozas no leito
granítico do río. A situada máis abaixo é a de maior caída, de máis de 10 m. O
acceso para velas de preto pode ser dificultoso.
COMO CHEGAR:
O acceso é pola outra beira do río Verdugo. Mesmo á saída de Pontecaldelas en
dirección Pontevedra unha estreita estrada pola esquerda leva por Cuñas e
Espiñeira en 2 Km ata a Central hidroeléctrica; remontando o río entre grandes
bloques de pedra chégase con dificultade ás fervenzas. O mellor acceso é, 300
metros antes da central, coller a canle de auga a media ladeira ata a captación no
río. Se o río leva pouca auga pódese cruzar por riba dos saltos e baixar ata o seu
pé.
O INFERNIÑO
REGO DO INFERNO
No Rego do Inferno, afluente do Verdugo. Na zona do Inferno o río Verdugo abre
un longo canón moi estreito, con rápidos e pequenos saltos entre grandes pedras,
bolos e paredes case verticais nunha zona de dificil acceso.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Soutomaior a Pontecaldelas cóllese cara a ponte de Romariz, e alí
unha estrada estreita á dereita. Logo de pasar o lugar de Vela déixase de subir
para coller unha pista á dereita que baixa á tubería da levada dunha minicentral;
pódese camiñar pola esquerda por riba da mesma e tentar baixar ao río polo
bosque pasada unha ponte alta que salva un regato. A fervenza atópase á
esquerda, pouco antes da presa. Tamén se ve desde a ponte, especialmente no
inverno.
12. A FEIXA
RÍO PARADA
No lugar da Feixa (Verducido-A Lama). O río Parada (unha das cabeceiras do
Oitavén) recolle as augas de varios regatos que baixan da parte meridional da
Serra do Suído, e encáixase nunha zona de granitos formando pozas e unha
fervenza en tres tramos de 9 metros.
COMO CHEGAR:
Remontando a canle do río 100 metros desde a ponte da estrada que leva de
Estacas (Fornelos de Montes) a Verducido (A Lama).
SALTO DO XESTA
A FREIXA
Na parroquia de Xesta (concello de a Lama).
O río Oitavén, chamado Xesta na súa cabeceira, nace na vertente pontevedresa
da Serra do Suído e a partir de Liñares percorre un terreo abrupto con rápidos e
fervenzas. A máis espectacular é A Freixa entre rochas graníticas e rodeada de
espesos bosques de ribeira e carballeiras.
En Liñares hai unha ponte medieval. E na Xesta unha carballeira moi ben
conservada. Está afectada pola construcción dunha central hidroeléctrica.
COMO CHEGAR:
Desde A Lama pola estrada de Gaxate e de alí a Paradela e Liñares.
Desde Pontecaldelas vaise a Xende e de alí a Liñares. Desde alí por un sendeiro
a pé ata a fervenza nuns 30 minutos. Tamén se pode ir desde Paradela seguindo
as levadas da auga dos muíños.
13. DEZA
ARNEGO O Arnego entre Agolada e Lalín salva unha forte pendiente con varios
saltos pequenos.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Lalín a Lugo vese desde a ponte sobre o Arnego. Nas
proximidades hai unha minicentral.
ARNEGO-TOIRIZ O Arnego en Vila de Cruces, nunha zona encaixada con rápidos e
pequenas fervenzas entre rochas metamórficas.
COMO CHEGAR:
Pola estrada de Agolada a Vila de Cruces, despois de pasar Brántega
chégase e unha ponte que cruza o río e desde alí séguese polas beiras.
PORTO MARCELÍN No rego de Porto Marcelín, afluente do Arnego, a carón dos Baños de
Caldelas de Vilariño.
COMO CHEGAR
Na estrada Agolada a Lalín cóllese o desvío a Vilariño. A fervenza atópase
detrás dos Baños de Caldelas de Vilariño.
14. ÍNSUA En San Tomé de Insua (Vila de Cruces), no rego de Cubelos, afluente do
Ulla.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Vila de Cruces a Arzúa, en Vilanova (km 9) collemos á
esquerda o desvío a Ínsua. Ao chegar a San Tomé pasamos a igrexa e
baixamos a río. Despois de cruzar a ponte deixamos o coche. A primeira
fervenza está alí debaixo (modificada pola presa dun muíño). Seguindo
por un camiño que sae á dereita un pouco máis adiante, collemos outro
desvío á dereita por un camiño abandoado e vemos varias fervenzas máis
e uns rápidos. Hai que baixar ao río por onde se poida.
OS MUÍÑOS Na parroquia de Ponte (Silleda). O río de Mera (Deza-Ulla) salva un
desnivel en rochas graníticas con varios saltos. O máis gande ten 8 m de
altura.
CÓMO CHEGAR:
Na estrada de Silleda a Vila de Cruces, ao chegar a Pontes, cóllese un
cruce á dereita, atravésase o lugar e crúzase o río. Seguindo pola marxe
dereita río abaixo (pola conducción da depuradora) chégase á primeira
fervenza que está situada a carón duns muíños abandoados. A maleza
non permite seguir pola beira. Para ir ás outras hai que facelo seguindo río
arriba desde a depuradora de augas residuais de Silleda, á que se accede
por unha pista á dereita. Desde alí cóllese un carreiro á esquerda apegado
ao peche que segue a canle da depuradora e despois de
aproximadamente 200 m inténtase baixar ao río por onde se poida. O
terreo está cheo de mato e resulta moi complicado.
FÉRVEDA Na localidade de Férveda da parroquia de Escuadro (concello de Silleda).
No río Escuadro, afluente do Toxa, que á sua vez vai ao Deza (Ulla). Na
parte alta o río chámase río da Férveda e discorre por un estreito val en
rochas graníticas que que forma numerosos rápidos e varias fervenzas. A
máis interesante salta un desnivel de 10 m. A zona conserva un bo
bosque de ribeira e carballeiras.
COMO CHEGAR: na estrada de Silleda á Estrada cóllese o desvío a
Escuadro e pouco antes de chegar ao núcleo cóllese un cruce nunha
curva pechada que leva até a localidade de Férveda. Despois de pasar as
últimas casas hai un cruce de varios camiños e séguese polo de arriba
aproximadamente 300 m. Para baixar ao río hai que seguir, pola
esquerda, unha levada que baixa desde os prados. O percorrido ata a
fervenza é moi dificultoso pola pendente abrupta.
CADOIRO DO TOXA Parroquia de Martixe, concello de Silleda.
O río Toxa cae nun desnivel de 60 m de altura aproveitando unha
formación de granito de dúas micas. Na zona conflúen rochas graníticas
duras e resistentes con rochas metamórficas máis alterables (anfibolitas,
xistos micáceos e paragneis e a fervenza é o resultado da erosión
diferencial.
COMO CHEGAR:
Na estrada N520 Santiago-Ourense, cóllese un desvío de Bandeira a
Merza. O desvío de Pazos lévanos ata a parte alta do mirador. Desde alí
pódese facer un percorrido a pé pola parte baixa ou seguir unha ruta polo
Deza ata o mosteiro de Carboeiro.
15. TABEIRÓS-TERRA DE MONTES
A FREIXA DA GRAÑA Na parroquia de Santa María Madanela, no concello de Forcarei.
No río da Veiga de Abaixo ou Porto, unha das cabeceiras do Deza que nace
nos montes do Testeiro. O río cae nun salto (A Freixa) en paredes verticais de
lousas duns 15 m de altura. A forma curva da parede dalle á fervenza unha
amplitude que a fai moi vistosa. Río Arriba hai un encoro que alimentaba unha
fábrica de luz hoxe desaparecida.
COMO CHEGAR:
Pasado Soutelo cóllese a estrada que vai a Trasdomonte e séguese en
dirección a Braña onde se deixa o coche. Crúzase a aldea e vaise baixando
cara ao río seguindo o camiño que vai polas leiras. Ao chegar ao encoro
séguese río abaixo e chégase á parte alta da fervenza. Para vela desde
abaixo hai que seguir avanzando polo monte e baixar polos terrapléns.
Pódense ter como referencia os cables de alta tensión.
PICHO DE CURANTES
PICHO DA FERVENZA
VALIÑAS
No río Curantes, un afluente do Liñares, na parroquia de Rubín (A Estrada).
Entre Rubín e Cereixo baixa un gran desnivel en rochas graníticas con dous
saltos grandes, varios saltos pequenas e numerosos rápidos.
O percorrido vai por un bosque de ribeira de gran beleza con amieiros,
salgueiros, carballos, loureiros, fentos… Algunhas zonas teñen un gran
desnivel e son de difícil acceso. No percorrido vense distintos tipos de muíños
(de roda vertical e horizontal) e unha antiga carpintería, en mal estado de
conservación. A fervenza pequena ten uns 5 m de altura e está situada
debaixo dun antigo serradoiro hidráulico. A fervenza grande ou de Valiñas
salva uns 10 m de altura en forma de tobogán.
COMO CHEGAR:
Na N-640 da Estrada a Silleda, a uns 3 km, en Cimadevila (Callobre) séguese
a estrada vella nunha curva e cóllese a terceira pista que sae pola dereita e
chega a unha carpintería e a un antigo serradoiro hidráulico onde se deixa o
coche. Desde alí báixase por un carreiro á primeira fervenza. Pódese facer
unha ruta circular seguindo o río (que hai que cruzar varias veces) que remata
na parte alta da fervenza grande ou de Valiñas. Para ir á parte baixa desta
fervenza séguese pola pista de terra que hai á dereita (fronte á carpintería) ata
chegar á ponte que cruza o río. Logo hai que ir por un carreiro de moita
dificultade pola marxe dereita e pódese baixar á fervenza grande e a outra que
hai un pouco máis abaixo.
16. POZO DO MAIMÓN No lugar de A Pousada, na parroquia de Curantes (A Estrada). O río Curantes,
chamado nesta zona rego dos Muíños, forma dúas fervenzas en rochas
graníticas de 5 e 7 m que rematan en pozas de bo tamaño. A zona está
aproveitada con varios muíños.
COMO CHEGAR:
Na N-640 da Estrada a Silleda, a uns 8 km, en Pena do Foxo cóllese o cruce
que indica Curantes e Olives e séguese ata A Pousada (guiados pola
indicación do pazo da Nugalla). Á dereita do pazo séguese un carreiro que
baixa ata o río (500 m aproximadamente).
FIRGA Parroquia de Somoza (A Estrada), no río de Brañas, afluente do Liñares (Ulla).
É unha pequena fervenza, de aproxaimadamente 3 m de altura, que cae nun
estreito canón entre bolos graníticos.
COMO CHEGAR:
Na estrada que vai do centro da vila da Estrada a Forcarei cóllese o desvío
que indica Ouzande e logo séguese en dirección a Agro Redondo. Pouco
despois das últimas casas e antes de cruzar o río sae un carreiro á esquerda
que nos leva ata un muíño e a fervenza.
PRESQUEIRAS Na parroquia de San Miguel de Presqueiras (Forcarei).
Río Carballas ou Bidueiro, afluente do río do Castro que vai ao Lérez.
Este pequeno río baixa da vertente norte da serra do Cando e ten un
percorrido cheo de rápidos, saltos e canóns. O salto máis grande cae nun
canón de xistos encaixado entre paredes verticais de 10 m de altura.
COMO CHEGAR:
Cóllese a estrada de Cerdedo a Soutelo e un pouco antes de Vilapouca un
desvío a Presqueiras e logo a San Miguel de Presqueiras. Pásase a aldea e
séguese en dirección a Cerdedo ata cruzar o río. Da ponte para abaixo xa
aparecen as primeiras fervenzas ás que se accede baixando polo terraplén.
Máis adiante, pasado o cruce que sube ao parque eólico cóllese unha pista de
terra á dereita e nela a primeira desviación á dereita que remata nuns piñeiros
(ata aquí pódese chegar cun vehículo todo terreo). Desde alí báixase ao río
por un terreo moi pendente e chégase á parte alta da fervenza. Para ir á poza
e á parte baixa hai que xogarse o tipo. Tamén se podería tentar desde o outro
lado do val.
CAVADOSA Na parroquia e concello de Cerdedo, no río do Seixo, case na fronteira con
Cotobade. No camiño vello que cruza o río pasando por dentro da aldea
atópase a ponte romana. O río forma varios saltos e rápidos en rochas
graníticas.
COMO CHEGAR:
Cóllese desde Cededo en dirección a Cavadosa e desde a ponte que cruza o
río vense varios saltos de diferentes alturas. As máis interesantes están río
arriba.
POZO SANGOENTO O río do Seixo forma unha ampla poza na que cae formando unha fervenza de
5 m de altura. Varias lendas falan da Serpe bichoca que garda un tesouro. Os
que tentan collelo morren.
COMO CHEGAR:
Desde A Cavadose séguese rio abaixo ata chegar ao pozo que se pode
rodear con certa dificultade pola marxe esquerda.
17. POZO FUMEGAS O río Seixo ou Sillar en Meilide (Cerdedo) forma un canón con abundantes
rápidos e pequenos saltos.
COMO CHEGAR:
En Meilide, en fronte da capela, un camiño empredrado que segue a ruta do
Pai Sarmiento baixa ata o río. Crúzase a ponte e remóntase o río uns 600 m.
CASTRO No rego das Valgadas, un afluente do Quireza (Lérez), na parroquia de
Castro, un pequeno rego que baixa da serra cun gran desnivel aproveitado
para instalar varios muíños.
COMO CHEGAR:
Vese ao pasar o río, na estrada de Quireza a Cerdedo.
CHAMOSA Un rego que cai do Outeiro da Cruz, afluente do Sorribas (Lérez). No lugar de
Chamosa (Forcarei).
COMO CHEGAR:
Desde Forcarei vaise a Chamosa e no camiño vese a fervenza de lonxe. Para
achegarse hai un camiño que nos permite ver a parte baixa do regueiro. O
acceso ás fervenzas é moi dificil por estar cheo de mato.
REGO DE
VESACARBALLA
O río Vesacarballa é un afluente do Quireza que na zona de Sabucedo forma
pequenos saltos.
COMO CHEGAR:
Saíndo de Sabucedo pola estrada vella que vai da localidade a Forcarei e
Codeseda, párase antes de cruzar o río e báixase ata o muíño ao pé do que
se atopa a fervenza.
Por debaixo da localidade, ao pé do cruce da estrada que vai a Quireza
atópase unha pequena ruta polo río na que podemos ver un serradoiro e
varios muíños.
18. MEAVÍA Río Umia entre Rozados e Meavía (Forcarei)
COMO CHEGAR:
Pola estrada de Forcarei á Estrada. Á dereita da ponte que cruza o río (a uns
100 m) na cabeceira dun prado.
REGO SEGÓN No rego Segón (Umia), na parroquia de Quintillán (A Estrada). A fervenza está
modificada pola presa dun muíño. Ten aproximadamente 5 m de altura en
rochas graníticas.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Forcarei a Meavía cóllese o cruce a Quintillán. Mesmo no cruce
atópase a fervenza ao pé da ponte vella.
REGO DE INSUELA En Insuela (Codeseda-A Estrada). O rego da Insuela é unha das cabeceiras
do Fontefría, afluente do Umia.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Codeseda a Souto pásase o rego de Insuela e logo unha curva
á dereita, dela sae unha pista á esquerda que nos leva á parte alta do lugar e
remata nuns prados. Baixando á cabeceira dos prados atópase a fervenza.
Hai outros saltos augas abaixo, debaixo das casas do lugar.
REGO DAS FERVENZAS En Quintas-Codeseda (A Estrada), no rego das Fervenzas, unha das
cabeceiras do Fontefría (Umia)
COMO CHEGAR:
Pola estrada de Codeseda a Moraña, antes de chegar a Quintas, ao cruzar o
río, cóllese o primeiro cruce, de terra, á esquerda e séguese, sen desviarse
del, ata un pouco antes de chegar á primeira casa á dereita. Alí, mesmo na
curva á dereita, sae un camiño á esquerda, que polo medio dunha fermosa
carballeira, baixa ao río, ao pouco de camiñar por el xa se ve unha fervenza.
Logo cruzando o lugar das Quintas seguimos subindo polo camiño de terra
que vai ao monte, antes de entrar nunha curva pechada á dereita, hai un
pequeno alargo. Da mesma curva sae un camiño, á esquerda que nos vai
achegando ao río e ás fervenzas máis grandes.
19. BARRANCO DA
TOXEIRA
Na parroquia de Souto (A Estrada). O rego Barranco da Toxeira é un afluente
do Umia que ten un percorrido en forte pendente no que forma contínuos
rápidos e pequenos saltos
COMO CHEGAR:
Seguindo pola estrada a Moraña pasado o desvío a Nodar e A Estrada e,
antes do desvío a Montillón, crúzase o rego. As fervenzas están augas arriba
e abaixo da ponte.
REGUEIRO DO REGO Nun afluente do Barranco da Toxeira, na parroquia de Souto (A Estrada).
COMO CHEGAR:
Na mesma estrada cóllese o desvío a Montillón, pásase o lugar e continúase
ata que a estrada cruza o río. A fervenza está augas arriba ao pé da ponte.
RÁPIDOS DA GOLETA No río Umia, entre as parroquias de Arca e Souto (A Estrada).
COMO CHEGAR:
Seguindo pola estrada a Moraña, pasada a Toxeira, despois dun alargo onde
se descarga madeira sae unha pista de terra, á dereita da estrada, que baixa á
presa da minicentral desde a que se poden ver os rápidos e cachóns da
Goleta. O acceso ao río é complicado.
REGO DE PORTO
ARRANCO
(POZO NEGRO)
O rego de Porto Arranco fai de linde entre as parroquias de Souto e Cequeril,
dos concellos de A Estrada e Cuntis.
COMO CHEGAR:
No punto onde o cruza a estrada, arriba e abaixo da mesma, ten pequenos
saltos, o máis grande, duns catro metros, atópase un pouco por debaixo da
ponte.
20. A PARADANTA
PONTE PARDELLAS No rego de Ponte Pardellas, unha das nacentes do Tea que baixa do serra do
Faro de Avión, preto de Prado (O Covelo).
COMO CHEGAR:
Desde a estrada de Pontemaceira a Prado cóllese o desvío de Loureiro. A
fervenza atópase preto da estrada onde se cruza o río.
MACEIRAS Na parroquia de Maceiras (concello de Covelo).
O río Tea, ao seu paso por Maceiras forma un estreito canón en rochas
graníticas con pequenas fervenzas e rápidos
COMO CHEGAR:
En Maceiras, na zona da área recreativa e detrás da minicentral. Pódense ver
desde debaixo da ponte da estrada pero é moi complicado seguir o río por ir
encaixado entre rochas.
21. AS CALDAS Na parroquia de Casteláns (concello de Covelo)
O Tea excava un canón onde abondan os rápidos e hai unha sucesión de
fervenzas de varios metros e pozas e pías na pedra de gran. En pouco máis
dun quilómetro o río baixa case de 150 metros, entre Redondo e Vilanova, sen
case tramos tranquilos. No contorno hai boas carballeiras.
COMO CHEGAR:
Desde O Covelo cóllese a estrada que vai a Barciademera e despois de pasar
Lourido crúzase o río Tea. Déixase o coche nesa zona e pódense ver algúns
saltos desde a beira da estrada. Para baixar pódese seguir a ruta da fonte do
Baño e, desde alí, con moito coidado, tentar baixar ao río. Hai varios saltos río
arriba e río abaixo. No verán é máis doado, pero levan menos auga.
Máis abaixo hai outras fervenzas na zona chamada “As Caldas”, no lugar onde
está construída a minicentral. Son case imposibles de ver, xa que a única
maneira é seguir a levada da central. Para achegarnos ata alí baixamos por
unha pista desde O Redondo (en dirección a Barcia de Mera) que sae en fronte
do campo de fútbol; tomamos un cruce á esquerda e chegamos un cruce de
tres pistas e seguimos cara ao río pola do medio.
REGUEIRO DE
COVELIÑO
Na parroquia de Santiago de Covelo.
O Regueiro de Coveliño é un afluente do Tea que forma un pequeno salto duns
5 metros situado xusto debaixo da estrada. Arredor hai un bosque de ribeira con
salgueiros e freixos no que se atopan varios muíños.
COMO CHEGAR:
Saíndo de O Covelo, en dirección a Vigo e Mondariz, pásase o río e sae á
dereita unha estrada que leva á parte baixa da ruta, a carón duns muíños.
Remontando o río 100 m chégase ao salto.
REGATO DE PONTE
PIÑEIRO
Na parroquia de Santiago de Covelo (concello de Covelo). O rego Ponte Piñeiro
é un afluente do Tea que forma unha fervenza de máis de 25 m. Unha parte
vese na marxe dereita da estrada e río abaixo, por debaixo da ponte e da
estrada, hai varios saltos entre pedras, carballos e loureiros.
COMO CHEGAR:
Saíndo de O Covelo en dirección a Maceira atopamos a fervenza á dereita da
estrada en canto se cruza o río.
REGO DE BARREIRO O rego de Barreiro é un afluente do Deva que baixa da Paradanta formando
varios saltos.
COMO CHEGAR:
Na estrada da Cañiza a Luneda, antes de chegar á ermida da Pena de Francia
vense as fervenzas no lugar en que a estrada cruza o río. Desde a explanada
da ermida pódense ver os saltos da parte alta do río.
22. LUNEDA No rego de Acebal ou de Luneda, un afluente do Deva que baixa da Paradanta.
No entorno de Luneda (A Cañiza) salva un desnivel de máis de 150 m e forma
un estreito canón no que abondan os saltos e rápidos.
Pozo Negro:
COMO CHEGAR:
Pola estrada da Cañiza a Luneda xusto onde se cruza o río, pódense ver as
fervenzas río arriba e río abaixo da estrada.
Pozo do Inferno:
COMO CHEGAR:
desde o centro de Luneda, a carón da capela e do parque, cóllese un cruce á
dereita e onde remata o asfalto séguese unha pista á esquerda ata chegar ao
río. Seguindo río abaixo pódense ver varios saltos e rápidos.
Río abaixo hai outra fervenza (O Salto) á que se pode chegar, con dificultade
desde as casas do lugar de Raxoi ou desde a Ponte das Poldriñas.
POZO DO INFERNO En Mandelos-Crecente
No río Ribadil, un afluente do Miño que baixa das estribacións da serra do Faro
de Avión.
COMO CHEGAR:
Na estrada de Crecente á Cañiza, en Mandelos, achegámonos á ponte que
cruza o río. Alí hai un cartel cun plano dunha ruta moi deteriorado. Podemos
facer a ruta a pé ou baixar co coche ata a fervenza volvendo a Mandelos e nas
primeiras casas, fronte a un cruce que indica Montecelo e motocross, coller
unha pista asfaltada á dereita que baixa ao río con moita pendente.
23. O CONDADO
A CEÑA No tramo final do río Xuliana, na parroquia de Liñares (As Neves).
COMO CHEGAR:
A 2 km das Neves en dirección a Salvaterra, cóllese un cruce á esquerda que
sinala A Ceña, séguese a pista, crúzase por debaixo da vía do tren e chégase
á fervenza e ao río Miño.
24. BAIXO-MIÑO
RÍO TAMUXE O río Tamuxe ou Carballo é o último afluente do Miño pola dereita. Baixa entre
as serras de Argalo e a Grova excavando, no seu curso medio, un profundo
canón en laxes graníticas, no que forma numerosas pozas e fervenzas.
As fervenzas máis destacadas atópanse nun tramo entre as parroquias de
Burgueira e Loureza, do concello de Oia.
COMO CHEGAR:
Pódese acceder desde Oia ou pola estrada de Baiona a O Rosal. A ruta ten
varios tramos.
1-Deixamos o coche ao pé da ponte de Refoxos, na estrada onde se cruza o río
e podemos ver, río abaixo a uns 50 m da ponte, a primeira fervenza.
Remontando o río pola marxe esquerda, ata chegar enfronte da minicentral,
iremos vendo unha sucesión de pozas e saltos. A esta zona tamén se pode
acceder por unha pista de terra que sae un pouco máis adiante.
Distancia: 3 km ida e volta (a pé).
2-Desprazámonos ata Burgueira e seguindo a estrada de Tomiño chegamos a
Bonaval onde collemos un desvío á dereita e logo a primeira pista que baixa á
esquerda e seguindo polos cruces sempre á esquerda chegamos ao río nunha
zona con muíños, onde hai varias fervenzas e pozas. Pódese seguir río abaixo
ou volver á primeira bifurcación e coller á esquerda seguindo o camiño máis
preto do curso do río desde o que se ven outros saltos e pozas. Pódese
continuar ata a zona da minicentral. Un pouco antes de chegar á minicentral un
rego bótase no Tamuxe formando unha fervenza duns 30 m de altura, con
pouca auga.
Distancia: 6 km ida e volta (a pé).
25. RÍO CAL O río Cal é un afluente do Tamuxe que baixa dos montes da Valga entre
penedos graníticos formando saltos de gran desnivel en paredes verticais. No
seu percorrido atópanse numerosas fervenzas, escorregadoiras e rápidos,
algunhas de considerable altura. Ao interese paisaxístico hai que engadir o
etnográfico xa que na parte alta conta con varios muíños de fermosa estrutura e
del sae a auga que alimenta as canles dos conxuntos de muíños do Folón e do
Picón.
COMO CHEGAR:
Pola estrada de O Rosal a Loureza crúzase o río, ao pouco de pasar As Cruces
(Fornelos) e antes de chegar a Acevedo. Preto do comezo hai varias pozas e
pequenos saltos. Seguindo río arriba, pola marxe esquerda (podemos facelo
polo cortalumes) chegamos a un depósito de auga do que parten dous carreiros
que levan a dúas das fervenzas máis altas ás que se baixa con certa
dificultade. Máis arriba hai outra e, por debaixo do vao polo que se cruza o río
un grupo de catro de moita altura. Seguindo a pista pasamos preto dos muíños
do Picón e chegamos á cabeceira dos muíños do Folón, de onde sae unha pista
á dereita que sube ao monte e achégase de novo ao río Cal. Neste tramo hai
unha fervenza grande, o atranco do que parte a canle que leva a auga aos
muíños do Folón e Picón e varias máis pequenas. A ruta remata nunha
escorregadoira e un grupo de muíños arruínados ao pé da ponte que cruza o
río.
A maior parte da ruta faise polo concello do Rosal e remata no concello de Oia.
Tamén se podería facer partindo das rutas dos muíños do Picón e do Folón.
Os muíños do Folón e do Picón, alimentados polo río Cal, forman un dos
conxuntos de muíños máis numeroso e singular do país, de gran interese
etnográfico e estético.
O FOLÓN No concello do Rosal, no rego do Folón, afluente do Tamuxe que baixa do
monte de San Martiño. Cae en varios saltos sobre grandes laxes graníticas. O
río está aproveitado por unha parte dos muíños do Folón. A zona está indicada
e habilitada para facer rutas de sendeirismo.
COMO CHEGAR:
Desde O Rosal está indicada a ruta muíños do Folón e do Picón. Un percorrido
circular permite pasar polos dous conxuntos de muíños. Na época de chuvias
pódese gozar mellor das fervenzas. No camiño hai varios miradores con vistas
ao Rosal e o esteiro do Miño.
POZAS DE MOUGÁS Os regos de Mougas e As Pías baixan por rochas graníticas formando
pequenas fervenzas e pozas rodeadas dunha vexetación de piñeiros e
eucaliptos con mato de toxos e xestas.
COMO CHEGAR:
Na estrada A Guarda-Baiona, cóllese o cruce a Mougás e séguese a estrada
que pasa á dereita da igrexa cara ao monte. A 2 km hai un desvio á esquerda
que chega ata as pozas.
RÍO VILADESUSO Pequena fervenza no curso alto do río de Viladesuso ou Broi en Viladesuso
(Oia)
COMO CHEGAR:
Na estrada A Guarda-Baiona, cóllese o cruce a Mougás e séguese a estrada
que pasa á dereita da igrexa cara ao monte, cóllese a primeira pista de terra
que sae pola dereita e en 1,5 km atopamos o río onde se poden ver varios
saltos e pozas e un sobreiral. Unha ruta que sube desde Sobral (Viladesuso)
segue o río e pasa por varios muíños.
26. VIGO
COTOGRANDE
RÍO VALDOHOME
No río Valdohome, unha das cabeceiras do Parada (Oitavén). Hai unha serie de
rápidos e pequenas fervenzas, a maior de 8 m de altura, no lugar de Eiroa
(Fornelos de Montes).
COMO CHEGAR:
Na subida ao Suído pola estrada de Verducido (na Lama) á Laxe e Eiroa, xunto
ás primeiras construcións do lugar da Eiroa cóllese, á esquerda, un camiño que
baixa ao río. Logo de cruzar unha pontella séguese o camiño que sobe
remontando o río polos carreiros do monte e a uns 400 m vese a fervenza máis
grande. Pódese baixar con dificultade.
Distancia: 1.500 m (ida e volta)
OS CASARIÑOS No lugar de Eiroa (Fornelos de Montes). No rego da Fonte Uceira, un afluente
do Val do Home, unha das cabeceiras do Parada (Oitavén). O rego cae nun
gran desnivel en rochas graníticas formando dous grandes saltos.
COMO CHEGAR:
Desde Fornelos de Montes ou Ponte Cadelas vaise a Verducido e desde alí a
Eiroa, por unha estrada que sobe á serra do Suído. Pasada Eiroa, a 1.400 m
das últimas casas atópase unha explotación gandeira á dereita da estrada.
Séguense uns cen metros e, despois dunha curva moi ancha, hai unha entrada
á esquerda (un terreo limpo a xeito de pista). Déixase o coche, camíñase cara
ao río ata a parte alta do monte e xa se ve a magnífica freixa en fronte. Baixar a
carón dela sería moi complicado, pois hai que facelo monte a través.
27. VERDUCIDO O río Parada, no linde entre A Lama e Fornelos de Montes, salva un gran
desnivel entre rochas graníticas onde forma fermosos saltos e fervenzas.
COMO CHEGAR:
Na Estrada PO 255, entre A Lama e Fornelos de Montes, pásase Verducido e
chégase á ponte sobre o río. Desde alí pódese seguir pola marxe dereita e ver
algúns rápidos e a fervenza principal de lonxe. Para vela mellor é preciso seguir
pola estrada ata o primeiro cruce á dereita que sube polo lugar de Outeiriños, e
alí coller de novo á dereita uns cen metros ata o remate da pista desde onde
baixa un carreiro á esquerda que segue o río ata as fervenzas.
POZO MACHADO
RÍO PIELAS
En Traspielas (Fornelos de Montes), no río de Pielas, un afluente do Barrragán
que baixa do Coto Eira.
COMO CHEGAR: seguindo a senda da Fraga do Barragán río arriba, ao chegar
ao punto onde desemboca o rego de Pielas crúzase o río polos pasos (está
indicado) e remóntase o rego. Un pouco máis arriba crúzase. Alí mesmo un
carreiro curto e dificultoso leva á fervenza da parte baixa. Volvemos ao carreiro
principal e seguimos subindo por unha forte encosta en pedra; ao remate da
mesma un carreiro á dereira lévanos ao Pozo Machado.
Tamén se pode acceder desde Pardalongas facendo a ruta ao muíño do Piñeiro
e seguir baixando polo sendeiro das Greas.
Pozo Machado
ARANZA-A FRAGA No río Oitavén en Aranza (Soutomaior).
Pozas, rápidos e saltos pequenos de 5 metros, pero nun río caudaloso.
COMO CHEGAR:
No lugar de Aranza (Soutomaior) hai que subir camiñando ata a Rúa Nova, na
parte alta do lugar desde onde se ve o canón do río. Un carreiro estreito baixa
cara un muíño. Augas abaixo hai saltos sucesivos de 5 m e pozas. Remontando
o río polo seu cauce (só no verán), medio quilómetro despois vense novos
rápidos escavados na pedra, que se prolongan varios Km río arriba.
28. SAN PAIO-RÍO
ALVEDOSA
En Santo Paio de Abaixo, Reboreda (Redondela). Antes de entrar en
Redondela, o río Alvedosa atravesa a parroquia de Reboreda onde se localizan
varios grandes muíños hoxe adicados á hostelería. Xusto debaixo do Muíño
Vello atópase este salto de case 10 metros de altura que salva un penedo
granítico, formando unha poza á sombra dunha enorme abelaira.
COMO CHEGAR:
Na saída da estrada de Redondela a Pazos de Borbén, a 250 metros do casco
urbano un camiño asfaltado baixa á dereita, xusto antes da nave dun
supermercado e debaixo do viaduto do AVE. Para achegarse á fervenza pódese
ir polas leiras da marxe dereita ou cruzar a ponte e seguir un carreiro ata unha
casa que se rodea pola beira do río.
Outra opción é coller o desvío á dereita despois de pasar o supermercado.
Crúzase o río e no primeiro cruce cóllese á dereita e logo outra vez á dereita ata
achegarse ao río. Distancia: 200m/500 m
RÍO EIFONSO Na parroquia de Bembrive do concello de Vigo.
O río Eifonso nace no monte das Lagoas e ten un percorrido de 6 km ata
xuntarse co Lagares. Na zona de Bembibre forma varios saltos e rápidos.
COMO CHEGAR: desde Vigo cóllese a estrada que vai a Bembrive e de alí a
Mourelle. Pasado o río atopamos o inicio da ruta.
A fervenza principal (Bouzafría) atópase a 900 m do inicio da ruta nun estreito
canón chamado O Buraco. No camiño atopamos varios muíños e pontellas e no
final o antigo asentamento da Fraga, hoxe abandoado. Desde o cume podemos
gozar dunhas fermosas vistas.
Distancia: 6 km (ida e volta).
AS LAXES
GALOMEIRA
En Cans (O Porriño). No río de Couso, un afluente do Louro de pouco caudal
que salva 100 metros de desnivel nun treito moi pequeno. Hai saltos sucesivos
de case 10 metros de altura e pequenas pozas. O máis destacado é a fervenza
Galomeira.
COMO CHEGAR:
No alto do Confurco, nas saídas da N-120 e autovia A-52, unha estrada leva a
Couso. Xusto ao comezo, á dereita nunha curva, están sinalizados os muíños
restaurados das Laxes. Unha ruta de aproximadamente 1 km (ida e volta)
remonta o río seguindo os distintos saltos, aos que non se accede pola
dificultade do terreo.
CHENLO En Chenlo (Porriño), no rego de Chenlo, un afluente do Louro que baixa dos
Montes do Galiñeiro. Un salto duns 20 m de altura.
COMO CHEGAR: Desde Porriño collemos a estrada a Gondomar e nela o
desvio a Mosende e Tui; na entrada de Mosende o desvio a Chenlo e, ao
chegar a Canadelo o cruce que sinala a Igrexa. A fervenza vese á dereita da
estrada cando se cruza o río.
29. REGO DA MIÑOTEIRA En Mosende (Porriño) nun pequeno rego afluente do Louro que baixa dos
montes do Galiñeiro.
COMO CHEGAR: Desde Porriño collemos a estrada a Gondomor e nela o
desvio a Mosende e Tui; a pouco de entrar no desvío a estrada cruza o regueiro
e vese a fervenza á dereita.
FREIXA DE ZAMÁNS No rego de Zamáns ou Amiudal (Miñor) que baixa da serra do Galiñeiro. A
fervenza ten pouca auga (agás en día de moita chuvia) pero esbara por unha
enorme escorregadoira de laxes graníticas en varios tramos.
COMO CHEGAR:
Na estrada Vigo-O Porriño (Por Vincios e A Garrida) chégase a Zamáns e, no
mesmo centro do lugar, a carón dun semáforo, cóllese o cruce á dereita ata o
lugar da Igrexa e séguese ata o seu remate, onde se colle á esquerda. Séguese
durante uns 400 m e tómase unha pista de terra á dereita ata chegar ao regato
(uns 300 m). Para ver as fervenzas sóbese un pequeno tramo por un carreiro do
monte.