Presentación de diapositivas relacionadas coa reflexión sociolingüística para PROXECTO 17, a partir dunha licenza por estudos concedida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. ENDL do IES de Elviña.
Presentación de diapositivas relacionadas coa reflexión sociolingüística para PROXECTO 17, a partir dunha licenza por estudos concedida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. ENDL do IES de Elviña.
presentación en impress de diapositivas relacionadas coa reflexión sociolingüística para PROXECTO 17, a partir dunha licenza por estudos concedida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
3. Cada dúas semanas morre unha lingua En menos dun século desaparecerán máis da metade das 7 mil que se falan no mundo. En colaboración co instituto a prol das linguas en perigo, a publicación National Geographic está a realizar un proxecto de documentación, para identificar os lugares do mundo onde a situación é máis crítica. Cada 14 días, apuntan, unha lingua morre. Segundo este dato, calculan que para 2010 probabelmente desaparecerán máis da metade das 7 mil que se falan no mundo algunhas sen testemuña escrita ou audiovisual ningunha- e con elas a sabedoría acumulada dos seus pobos. O proxecto de National Geographic, ademais de identificar os puntos críticos, traballa en plans de revitalización destas linguas que esmorecen, como por exemplo a implantación de programas de aprendizaxe para os cativos en idade escolar. Porén, afirman que o éxito destes plans depende do grao de implicación dos estados. Así, salientan como positivo o traballo feito co hawaiano, co maorí e co hebreo, e avogan polo uso das novas tecnoloxías para acadar resultados máis positivos. Fonte: xornaldixital Vieiros.
4. A linguaxe é a propiedade máis característica da especie humana. A súa realización por medio de linguas amosa o carácter social dos humanos e a súa diversidade cultural. A diversidade lingüística pódese medir no número de linguas que se falan na terra. Cantas linguas se falan hoxe no mundo? Calcúlase que hoxe se falan no mundo entre 4.000 e 7.000 linguas diferentes. Menos de 300 linguas superan o millón de falantes. O MUNDO: UNHA REALIDADE PLURILINGÜE .
5. A ONU recoñece uns 200 estados, pola contra hai milleiros de linguas vivas. As fronteiras políticas poucas veces nos axudan a debuxar as fronteiras lingüísticas. O normal é que a un estado lle correspondan varias linguas. O FALSO MONOLINGÜISMO FRANCÉS
6. Máis de 40 millóns de cidadáns da UE falan cada día unha lingua non oficial do Estado en que habitan. A UE , como institución supranacional, é a organización máis políglota do mundo . A EUROPA DAS NACIÓNS
7.
8. A institución europea aposta polo recoñecemento e polo valor da diversidade lingüística. Porén, iso non se traduce en políticas lingüísticas activas, diversificadas e transversais, xa que estas cuestións dependen de cada Estado membro.
9. No continente europeo hai moi poucos estados monolingües: tradicionalmente mencionamos os casos de Islandia e Portugal (co permiso do mirandés), hoxe deberiamos incluír varias ex-repúblicas soviéticas. No resto dos estados contabilízanse numerosas linguas, xa territoriais xa vencelladas a grupos étnicos espallados por diferentes países…