Román Cerqueiro Landín(CPI don Aurelio - Cuntis) “ Lingua e sociedade: unha realidade plurilingüe” (introdución) Materia de Lingua Galega 4º ESO (2007-08)
2.
O MUNDO: UNHAREALIDADE PLURILINGÜE. A linguaxe é a propiedade máis característica da especie humana. A súa realización por medio de linguas amosa o carácter social dos humanos e a súa diversidade cultural. A diversidade lingüística pódese medir no número de linguas que se falan na terra. Cantas linguas se falan hoxe no mundo? Menos de 300 superan o millón de falantes, milleiros delas contan só cuns poucos falantes presionados a cambiar de lingua. En moitas ocasións eses poucos falantes son todos anciáns, co cal non se garante o relevo xeracional. Calcúlase que hoxe se falan no mundo entre 4.000 e 7.000 linguas diferentes ; pero ese número non se pode definir moito máis. A disparidade deste reconto débese aos diferentes criterios empregados para catalogalas.
3.
Que criterios seempregan para contabilizar as linguas do mundo? Non vale contar o número de estados que hai e en base a esa cifra contabilizar as linguas. Comprobádeo por vós mesmos: a ONU recoñece uns 200 estados independentes; pola contra, hai milleiros de linguas vivas catalogadas. En resumo, as fronteiras políticas poucas veces nos axudan a debuxar as fronteiras lingüísticas. O normal é que a un Estado lle correspondan varias linguas como podedes ollar no seguinte mapa de Europa. No continente europeo só hai dous estados monolingües: Islandia e Portugal (co permiso do mirandés). No resto dos estados contabilízanse numerosas linguas, xa territoriais xa vencelladas a grupos étnicos espallados por diferentes países, núcleos de emigrantes…
4.
Máis de 40millóns de cidadáns da UE falan cada día unha lingua non oficial do Estado en que habitan. A UE , como institución supranacional, é a organización máis políglota do mundo . A institución europea aposta polo recoñecemento e polo valor da diversidade lingüística. Porén, iso non se traduce en políticas lingüísticas activas, diversificadas e transversais, xa que estas cuestións dependen de cada Estado membro.
5.
Podemos clasificar aslinguas segundo: - O número de falantes: LINGUAS MAIORITARIAS E LINGUAS MINORITARIAS. - O estatus legal: LINGUAS OFICIAIS E LINGUAS SEN ESTADO. - O estatus social: LINGUAS MINORIZADAS. CAUSAS DE DESAPARICIÓN DUNHA LINGUA: 1. Substitución da lingua . 2. Desaparición da lingua : 2.1. Desaparición física dos falantes , 2.2. Ruptura da transmisión familiar : No mapa, número de falantes dalgunhas linguas minorizadas.
Territorios de falagalega: Galiza. Occidente de Asturies e das provincias de Zamora e León (O Bierzo). Val das Ellas (Estremadura). * Poderiamos computar, ademais, os núcleos da diáspora galega no mundo.
8.
O galego-portugués nomundo O galego é unha variante do tronco lingüístico galego-portugués, que conta cuns 200 millóns de habitantes nos cinco continentes.
9.
Antecedentes: Estatuto deAutonomía de 1936. Marco vixente: Constitución Española (1978). Estatuto de Autonomía (1981). Lei de Normalización Lingüística (1983). Novas ferramentas: Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004) No futuro: Novo Estatuto (proceso interrompido). MARCO LEGAL DA LINGUA GALEGA Cartaz Pro-Estatuto de 1936 de Camilo Díaz Baliño
10.
O galego nalexislación española “ O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala …” “ As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus estatutos” Constitución Española, Título Preliminar, Artigo 3º. Observa a desigualdade xurídica que se desprende das expresións destacadas en amarelo nesta diapositiva e na seguinte.
11.
O galego noEstatuto Estatuto de Autonomía Título Preliminar. Artigo 5. A lingua propia de Galiza é o galego. Os idiomas galego e castelán son oficiais e todos teñen o dereito de os coñecer e os usar . Os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
12.
O galego enEuropa: A Carta das Linguas Minoritarias. Parlamento Europeo de Estrasburgo (1992) Ratificada polo Estado Español en 2001. O Eurolang é a oficina da UE para as linguas minorizadas http://www.as-pg.com/resources/soclinresources/lin-10-carta_europea_das_linguasminoritarias.pdf