Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO
 GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011-
                       prexuízos sobre a lingua galega. 2012)

               PREXUÍZO 1. O GALEGO É UNHA LINGUA BRUTA, SOA MAL.


       A afirmación de que o galego é unha lingua que soa mal leva implícito o feito de que
haxa línguas que s, pólo contrario, soan bem,

        HAI LINGUAS QUE SOAN BEN E LINGUAS QUE SOAN MAL?

          LINGUAS QUE SOAN BEN                            LINGUAS QUE SOAN MAL




        CUESTIÓNS:
   1.   Que teñen en común as línguas da primeira columna? E as da segunda columna?
   2.   En que pensas cando opinas sobre as línguas da primeira columna? E sobre as da
        segunda?
   3.    Busca imaxes que asocies ás línguas da primeira columna e imaxes para ás da
        segunda.
   4.   Cal é o prexuízo que se esconde detrás?
   5.   Explica que é o racismo e que é o nazismo, partindo das seguintes afirmacións:
               -O racismo consiste en desprezar, denigrar ou minusvalorar o que é diferente.
               -Os nazis vían o mundo desde os prexuízos.

        INFORMACIÓN:
        1. Averigua a orixe das palabras: bárbaros, bérberes, bables e algarabía.
        2. Averigua que queren dicir estas expresións: “catalán cerrado”e “galego cerrado”.
           Como se di “español cerrado”?
        3. Cal é o prexuízo que se esconde detrás?

        CONCLUSIÓN:
                Nas películas de Tarzán retrátase a conxunción de dous mundos opostos: o dos
        brancos-ingleses e o dos non brancos-indíxenas. Nas películas deberían aparecer
        retratadas as dúas lenguas destes dous grupos, pero aparecen tres: tamén a de Tarzán.
        Pero Tarzán foi un bebé que se perdera na selva antes de aprender a falar, polo que o
        lóxico sería que non falase ningunha, xa que os idiomas son un herdo cultural (Falamos
        porque os nosos pais nos transmiten ese coñecemento, pero se a un neno se lle priva
        dese contacto con persoas que falan, entón non aprenden ningunha lingua). Pero
        Tarzán falaba. Así que laguen tivo que ensinarlle ou el escoltar a laguen. Os únicos
        habitantes da selva eran os non negros-indíxenas, polo que a única lingua que podía
        falar era a deste grupo. Mais Tarzán falaba unha lingua distinta á dos indígenas, un
        idioma propio que resultaba comprensible polo espectador: Ancagua, Chita, ancagua!
               -POR QUE TARZÁN NO FALA A ÚNICA LINGUA QUE PODERÍA TER
               APRENDIDO NA SELVA? CAL É O PREXUÍZO QUE SE ESCONDE DETRÁS?

                          DESPREZAR O GALEGO É SER RACISTA!
Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO
 GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011-
                       prexuízos sobre a lingua galega. 2012)

       PREXUÍZO 2. APRENDER GALEGO É UNHA PERDA DE TEMPO, SE TODOS
              FALASEMOS INGLÉS NON HABERÍA PROBLEMAS PARA ENTENDERSE.

Esta afirmación esconde dúas: unha é unha aparente verdade e a outra é unha mentira:
          a) Se todos falásemos inglés non habería problemas para entenderse.
          b) Aprender galego é unha perda de tempo

         ONDE SE AGOCHA A MENTIRA?
        Tres amigos deciden ir cear xuntos. Van a un bo restaurante. Comen e beben e, cando
rematan, piden a conta. O camareiro dilles que son 250€. Cada un deles saca da súa carteira
un billete de 100€. Entre os tres xuntan un total de 300€.
        Unha vez que pagan, sóbranlles 50€. O gasto foi de 250€, pero como xuntaron 300€
entre os tres, sóbranlles 50€. Dado que o camareiro se mostra moi amable, deciden darlle
una propina de 20€. Neste momento sóbranlles aínda 30€, e como son tres amigos acordan
que cada un deles recuperará 10€. De modo que cada un garda na súa carteira un billete de
10€. O custo da celebración foi, pois, para cada un dos amigos, de 90€: 100€ que cada quen
puxo, menos 10€ que recuperou. Polo tanto, en total, entre os tres gastaron na cea
90+90+90=270€ máis os 20€ de propina para o camareiro: 290€.
Se gastaron 290€ pero xuntaran 300€, onde van os 10€ que faltan?

CONCLUSIÓN:
       Igual que na afirmación do PREXUÍZO 2, o problema está mal formulado: Xúntase unha
verdade aparente cunha mentira cativa!
       Os 20€ da propina do camareiro xa estaban incluídos nos 270€ totais que gastaran os
tres amigos, pois a cea custáralles 250€. Non gastaran 290€, senón 270€. Sobráranlles 30€
dos 300€ que xuntaran para pagar.

                 CAL É A MENTIRA QUE SE AGOCHA NA AFIRMACIÓN DO
           PREXUÍZO 2.b: APRENDER GALEGO É UNHA PERDA DE TEMPO!?

      Nunca aprender foi unha perda de tempo. Os vellos sempre dixeron : O SABER NON
OCUPA LUGAR. Mais a xente que entrou en contacto coa informática parece que desenvolveu
o prexuízo do disco duro do ordenador . Resulta que conciben o seu cerobre coma un lugar
limitado para almacenar datos, cunha capacidade de memoria finita. Polo tanto teñen que
seleccionar o que aprenden ( o que gardan no disco duro) non vaia ser que se lles esgote a
súa capacidade.
       Esta concepción é totalmente contraria ao feito en como funciona realmente a mente
humana, pois esta, cada vez que adquire un coñecemento, aumenta a súa capacidade, mellora
o seu funcionamento. A frase dos nosos maiores debería ser O SABER CREA LUGAR!
     Os nenos das comunidades bilingües teñen vantaxe sobre os nenos das comunidades
       monolingües á hora de aprender novas linguas.
     Cantas máis linguas se saben, máis doado é aprender outras linguas.
     Cantas máis linguas se saben, máis doado é adquirir outros coñecementos:
       matemáticas, física, filosofía, arquitectura, bioloxía…

      REIVINDICAR O DESCOÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA É DE PALETOS!
Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO
 GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011-
                       prexuízos sobre a lingua galega. 2012)
           CAL É A VERDADE APARENTE QUE SE AGOCHA NA AFIRMACIÓN DO
         PREXUÍZO 2.a: SE TODOS FALÁSEMOS INGLÉS NON HABERÍA PROBLEMAS
                                PARA ENTENDERSE!?

       O mito da lingua común é unha idea relacionada co mito da torre de Babel e a
consideración da fragmentación lingüística coma un castigo divino (dentro do credo cristián).
En vez de ver a existencia de 5 mil linguas no planeta como símbolo de outras tantas culturas
e, polo tanto, como unha variadísima e grandísima riqueza humana, deféndese un
ESPERANTO cómodo, práctico para entendernos entre todos os habitantes da terra.
Deféndese a UNIFORMIDADE, que leva necesariamente ao pensamento único, á falta de
liberdade para ser diferente, e de aí ao fascismo.

            É O ESPERANTO (O INGLÉS) A SOLUCIÓN?
         Imaxina que todos os dirixentes de todos os países da Terra se poñen de acordo para usar
      unha única lingua: a mesma para todos/as.

       Se non somos capaces de conseguir que 870 millóns de persoas hoxe deixen de pasar fame,
        como conseguiríamos establecer a mesma lingua en todo o planeta?
       Se o 20% da poboación mundial é analfabeta, como conseguir que todos/as utilicen, saiban,
        coñezan unha mesma lingua (que non é a súa)?
       Para que lugar/es do mundo queremos una única lingua?
       Cal é a lingua única que queremos? O inglés? E por que non o español, que ten máis
        falantes que o inglés? E por que non o chinés, que é a lingua máis falada do mundo e a
        futura lingua do comercio e das finanzas? E cal chinés?
       Gustarianos un mundo así?

         Cando a Castelao lle preguntaron que pensaba sobre o mito da lingua única, respondeu algo
      parecido a isto: Os cabalos das estepas rusas, os cabalos da Pampa arxentina, os cabalos
      da meseta castellana e os cabalos de Sabucedo en Galiza rinchan igual. Será porque os
      animais están no idioma universal, na linguaxe única? Por que, entón, o ser humano
      quere descender na escala da evolución e ser un animal?

            É A UNIFORMIDADE UNHA TENDENCIA NATURAL?
         A tendencia natural é a fragmentación lingüística, o feito de que dunhas linguas
      xurdan outras é inherente a todas as linguas do planeta. Esa tendencia á fragmentación non é
      cousa do pasado. Hoxe, a pesar de internet e do mundo globalizado, esa tendencia natural
      mantense:
                 Os filmes estadounidenses non se dobran ao español, senón ao español de
                    España, ao español de México, ao español de Arxentina…
                 Os correctores ortográficos de Word ofrecen 19 variantes para o español, dezaoito
                    para o inglés, dezaseis para o árabe, quince para o francés…

       Sería posible a uniformidade lingüística, é dicir, que unha lingua se mantivese sempre
        idéntica a través do tempo e do espazo?
       Sería posible que a lingua única (o inglés, o esperante) non se fragmentara?
       Sería posible que todos/as falasemos igual?
       Quereríamos falar todos igual? Pensar todos igual? Ser todos idénticos?

  REIVINDICAR UNHA ÚNICA LINGUA OBRÍGANOS A DEIXAR DE SER GALEGOS/AS!
        DEBEMOS SER IGUAIS EN DEREITOS E DEBERES, MAIS NON EN SERES!
Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO
 GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011-
                       prexuízos sobre a lingua galega. 2012)
 PREXUÍZO 3. FALAR GALEGO CANDO HAI ALGUÉN QUE NON O FALA É DE MALA
            EDUCACIÓN.

      Esta afirmación parécelle evidente a moita xente, mais non sempre o evidente é o
acertado.

      POR QUE É FALSA A EVIDENCIA?
        Un día alguén díxome:
 -Imaxina que corres nunha carreira e que chegando á meta fas un esforzo por gañar e
 adiantas o que vai de segundo. En que posición te sitúas?
        A miña resposta foi:
 -De primeira!
        Pareceume evidente. Se adiantaba ao segundo poñíame de primeiro.
        De tan evidente, a miña afirmación resultou falsa!

       A Landeiras, unha aldea de montaña cos pés na ría de Arousa, chegou un día
 un médico. Viña de Santiago, onde estudara e empezara a traballar na consulta de
 outro médico máis vello. Mais o xove médico non nacera en Santiago, senón en
 Cacheiras, outra aldea perto de Compostela. En Landeiras eramos, comigo, 40
 veciños/as. Todos/as falabamos galego. Mais cando o médico estaba presente,
 todos/as nós remexíamos un español acastrapado, por educación!

        Segundo os datos do Atlas Sociolingüístico de Galicia, fala galego
 habitualmente o 75% da poboación e o 25% fala castelán normalmente. Segundo isto,
 unha de cada catro persoas fala español en Galicia e tres de cada catro falan galego.
 Por suposto, en Galicia todos os que falan galego comprenden e falan tamén español.
 E todos os que falan español comprenden aínda que non falen galego. Polo tanto a
 comunicación é posible aínda que cada quen empregue unha lingua distinta.
        Se tres de cada catro galegos falan galego e só un fala español, tres de cada
 catro conversas fanse en galego e só unha en español. É dicir, o galego debería estar
 presente no 75% das conversas e o español no 25% restante.
      Por que, entón, o resultado é tan diferente que o galego só está
 presente no 32% das conversas, mentres que o castelán está
 presente no 68%? Talvez o galego está a morrer de boa educación!?


          REIVINDICAR A BOA EDUCACIÓN SÓ PARA OS GALEGO-FALANTES
         É UNHA FORMA DE ELIMINAR O GALEGO DAS RELACIÓNS SOCIAIS!
Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO
 GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011-
                       prexuízos sobre a lingua galega. 2012)
PREXUÍZO 4. O GALEGO NON O DAMOS FALADO BEN...

     Esta afirmación percibe a figura, mais deixa escapar o fondo. Cal é o fondo? Que se
agocha detrás da afirmación inacabada?

       QUE SE AGOCHA DETRÁS? QUE VES?




           Copa de
           Rubin. Ilusión
           óptica.

                      1.           2.                         3.


       1._______________
       2._______________
       3._______________
       4._______________
       5._______________
                                  4.                               5.
                                       Edgar Rubin, Percepción. Figura e fondo.
       CUESTIÓNS:
      Que custa ver máis a figura ou o fondo?
      Que é máis doado percibir: a apariencia ou a realidade que se agocha detrás?
      Por que os españois non dan falado ben outras linguas?
      Por que os franceses, ingleses, estadounidenses, cando andan polo mundo só se
       expresan na súa lingua e non se molestan nunca en aprender outras linguas ou en
       facerse entender polos seus interlocutores?
      Que se agocha detrás da afirmación inacabada? O galego non o damos falado
       ben…pero________________si!

       TRADUCE O SEGUINTE PARÁGRAFO AO CASTELÁN:
               A miña moza vaicheme                        __________________________________
        aprender a cociñar. Estou farto de                 __________________________________
        ir comer fóra. O que non sei é se                  __________________________________
        darei feito a receita do raxo con                  __________________________________
        pan reseso.                                        ____________
                                                           __________________________________
                                                           ___
           REIVINDICAR QUE FALAMOS MELLOR O ESPAÑOL QUE O GALEGO
                       É IGNORAR A NOSA PROPIA REALIDADE.
                É TER UNHA TALLA “XL” E INSISTIR EN USAR UNHA “S”!
Actividades arredor da obra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO
GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011-
                      prexuízos sobre a lingua galega. 2012)
           PREXUÍZO 5. O GALEGO É UNHA LINGUA IMPOSTA.


         PREXUÍZO 6. O GALEGO É UNHA LINGUA MINORITARIA.


            PREXUÍZO 7. O GALEGO NON O FALA NINGUÉN.

Prexuízos

  • 1.
    Actividades arredor daobra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 1. O GALEGO É UNHA LINGUA BRUTA, SOA MAL. A afirmación de que o galego é unha lingua que soa mal leva implícito o feito de que haxa línguas que s, pólo contrario, soan bem, HAI LINGUAS QUE SOAN BEN E LINGUAS QUE SOAN MAL? LINGUAS QUE SOAN BEN LINGUAS QUE SOAN MAL CUESTIÓNS: 1. Que teñen en común as línguas da primeira columna? E as da segunda columna? 2. En que pensas cando opinas sobre as línguas da primeira columna? E sobre as da segunda? 3. Busca imaxes que asocies ás línguas da primeira columna e imaxes para ás da segunda. 4. Cal é o prexuízo que se esconde detrás? 5. Explica que é o racismo e que é o nazismo, partindo das seguintes afirmacións: -O racismo consiste en desprezar, denigrar ou minusvalorar o que é diferente. -Os nazis vían o mundo desde os prexuízos. INFORMACIÓN: 1. Averigua a orixe das palabras: bárbaros, bérberes, bables e algarabía. 2. Averigua que queren dicir estas expresións: “catalán cerrado”e “galego cerrado”. Como se di “español cerrado”? 3. Cal é o prexuízo que se esconde detrás? CONCLUSIÓN: Nas películas de Tarzán retrátase a conxunción de dous mundos opostos: o dos brancos-ingleses e o dos non brancos-indíxenas. Nas películas deberían aparecer retratadas as dúas lenguas destes dous grupos, pero aparecen tres: tamén a de Tarzán. Pero Tarzán foi un bebé que se perdera na selva antes de aprender a falar, polo que o lóxico sería que non falase ningunha, xa que os idiomas son un herdo cultural (Falamos porque os nosos pais nos transmiten ese coñecemento, pero se a un neno se lle priva dese contacto con persoas que falan, entón non aprenden ningunha lingua). Pero Tarzán falaba. Así que laguen tivo que ensinarlle ou el escoltar a laguen. Os únicos habitantes da selva eran os non negros-indíxenas, polo que a única lingua que podía falar era a deste grupo. Mais Tarzán falaba unha lingua distinta á dos indígenas, un idioma propio que resultaba comprensible polo espectador: Ancagua, Chita, ancagua! -POR QUE TARZÁN NO FALA A ÚNICA LINGUA QUE PODERÍA TER APRENDIDO NA SELVA? CAL É O PREXUÍZO QUE SE ESCONDE DETRÁS? DESPREZAR O GALEGO É SER RACISTA!
  • 2.
    Actividades arredor daobra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 2. APRENDER GALEGO É UNHA PERDA DE TEMPO, SE TODOS FALASEMOS INGLÉS NON HABERÍA PROBLEMAS PARA ENTENDERSE. Esta afirmación esconde dúas: unha é unha aparente verdade e a outra é unha mentira: a) Se todos falásemos inglés non habería problemas para entenderse. b) Aprender galego é unha perda de tempo ONDE SE AGOCHA A MENTIRA? Tres amigos deciden ir cear xuntos. Van a un bo restaurante. Comen e beben e, cando rematan, piden a conta. O camareiro dilles que son 250€. Cada un deles saca da súa carteira un billete de 100€. Entre os tres xuntan un total de 300€. Unha vez que pagan, sóbranlles 50€. O gasto foi de 250€, pero como xuntaron 300€ entre os tres, sóbranlles 50€. Dado que o camareiro se mostra moi amable, deciden darlle una propina de 20€. Neste momento sóbranlles aínda 30€, e como son tres amigos acordan que cada un deles recuperará 10€. De modo que cada un garda na súa carteira un billete de 10€. O custo da celebración foi, pois, para cada un dos amigos, de 90€: 100€ que cada quen puxo, menos 10€ que recuperou. Polo tanto, en total, entre os tres gastaron na cea 90+90+90=270€ máis os 20€ de propina para o camareiro: 290€. Se gastaron 290€ pero xuntaran 300€, onde van os 10€ que faltan? CONCLUSIÓN: Igual que na afirmación do PREXUÍZO 2, o problema está mal formulado: Xúntase unha verdade aparente cunha mentira cativa! Os 20€ da propina do camareiro xa estaban incluídos nos 270€ totais que gastaran os tres amigos, pois a cea custáralles 250€. Non gastaran 290€, senón 270€. Sobráranlles 30€ dos 300€ que xuntaran para pagar. CAL É A MENTIRA QUE SE AGOCHA NA AFIRMACIÓN DO PREXUÍZO 2.b: APRENDER GALEGO É UNHA PERDA DE TEMPO!? Nunca aprender foi unha perda de tempo. Os vellos sempre dixeron : O SABER NON OCUPA LUGAR. Mais a xente que entrou en contacto coa informática parece que desenvolveu o prexuízo do disco duro do ordenador . Resulta que conciben o seu cerobre coma un lugar limitado para almacenar datos, cunha capacidade de memoria finita. Polo tanto teñen que seleccionar o que aprenden ( o que gardan no disco duro) non vaia ser que se lles esgote a súa capacidade. Esta concepción é totalmente contraria ao feito en como funciona realmente a mente humana, pois esta, cada vez que adquire un coñecemento, aumenta a súa capacidade, mellora o seu funcionamento. A frase dos nosos maiores debería ser O SABER CREA LUGAR!  Os nenos das comunidades bilingües teñen vantaxe sobre os nenos das comunidades monolingües á hora de aprender novas linguas.  Cantas máis linguas se saben, máis doado é aprender outras linguas.  Cantas máis linguas se saben, máis doado é adquirir outros coñecementos: matemáticas, física, filosofía, arquitectura, bioloxía… REIVINDICAR O DESCOÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA É DE PALETOS!
  • 3.
    Actividades arredor daobra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) CAL É A VERDADE APARENTE QUE SE AGOCHA NA AFIRMACIÓN DO PREXUÍZO 2.a: SE TODOS FALÁSEMOS INGLÉS NON HABERÍA PROBLEMAS PARA ENTENDERSE!? O mito da lingua común é unha idea relacionada co mito da torre de Babel e a consideración da fragmentación lingüística coma un castigo divino (dentro do credo cristián). En vez de ver a existencia de 5 mil linguas no planeta como símbolo de outras tantas culturas e, polo tanto, como unha variadísima e grandísima riqueza humana, deféndese un ESPERANTO cómodo, práctico para entendernos entre todos os habitantes da terra. Deféndese a UNIFORMIDADE, que leva necesariamente ao pensamento único, á falta de liberdade para ser diferente, e de aí ao fascismo. É O ESPERANTO (O INGLÉS) A SOLUCIÓN? Imaxina que todos os dirixentes de todos os países da Terra se poñen de acordo para usar unha única lingua: a mesma para todos/as.  Se non somos capaces de conseguir que 870 millóns de persoas hoxe deixen de pasar fame, como conseguiríamos establecer a mesma lingua en todo o planeta?  Se o 20% da poboación mundial é analfabeta, como conseguir que todos/as utilicen, saiban, coñezan unha mesma lingua (que non é a súa)?  Para que lugar/es do mundo queremos una única lingua?  Cal é a lingua única que queremos? O inglés? E por que non o español, que ten máis falantes que o inglés? E por que non o chinés, que é a lingua máis falada do mundo e a futura lingua do comercio e das finanzas? E cal chinés?  Gustarianos un mundo así? Cando a Castelao lle preguntaron que pensaba sobre o mito da lingua única, respondeu algo parecido a isto: Os cabalos das estepas rusas, os cabalos da Pampa arxentina, os cabalos da meseta castellana e os cabalos de Sabucedo en Galiza rinchan igual. Será porque os animais están no idioma universal, na linguaxe única? Por que, entón, o ser humano quere descender na escala da evolución e ser un animal? É A UNIFORMIDADE UNHA TENDENCIA NATURAL? A tendencia natural é a fragmentación lingüística, o feito de que dunhas linguas xurdan outras é inherente a todas as linguas do planeta. Esa tendencia á fragmentación non é cousa do pasado. Hoxe, a pesar de internet e do mundo globalizado, esa tendencia natural mantense:  Os filmes estadounidenses non se dobran ao español, senón ao español de España, ao español de México, ao español de Arxentina…  Os correctores ortográficos de Word ofrecen 19 variantes para o español, dezaoito para o inglés, dezaseis para o árabe, quince para o francés…  Sería posible a uniformidade lingüística, é dicir, que unha lingua se mantivese sempre idéntica a través do tempo e do espazo?  Sería posible que a lingua única (o inglés, o esperante) non se fragmentara?  Sería posible que todos/as falasemos igual?  Quereríamos falar todos igual? Pensar todos igual? Ser todos idénticos? REIVINDICAR UNHA ÚNICA LINGUA OBRÍGANOS A DEIXAR DE SER GALEGOS/AS! DEBEMOS SER IGUAIS EN DEREITOS E DEBERES, MAIS NON EN SERES!
  • 4.
    Actividades arredor daobra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 3. FALAR GALEGO CANDO HAI ALGUÉN QUE NON O FALA É DE MALA EDUCACIÓN. Esta afirmación parécelle evidente a moita xente, mais non sempre o evidente é o acertado. POR QUE É FALSA A EVIDENCIA? Un día alguén díxome: -Imaxina que corres nunha carreira e que chegando á meta fas un esforzo por gañar e adiantas o que vai de segundo. En que posición te sitúas? A miña resposta foi: -De primeira! Pareceume evidente. Se adiantaba ao segundo poñíame de primeiro. De tan evidente, a miña afirmación resultou falsa! A Landeiras, unha aldea de montaña cos pés na ría de Arousa, chegou un día un médico. Viña de Santiago, onde estudara e empezara a traballar na consulta de outro médico máis vello. Mais o xove médico non nacera en Santiago, senón en Cacheiras, outra aldea perto de Compostela. En Landeiras eramos, comigo, 40 veciños/as. Todos/as falabamos galego. Mais cando o médico estaba presente, todos/as nós remexíamos un español acastrapado, por educación! Segundo os datos do Atlas Sociolingüístico de Galicia, fala galego habitualmente o 75% da poboación e o 25% fala castelán normalmente. Segundo isto, unha de cada catro persoas fala español en Galicia e tres de cada catro falan galego. Por suposto, en Galicia todos os que falan galego comprenden e falan tamén español. E todos os que falan español comprenden aínda que non falen galego. Polo tanto a comunicación é posible aínda que cada quen empregue unha lingua distinta. Se tres de cada catro galegos falan galego e só un fala español, tres de cada catro conversas fanse en galego e só unha en español. É dicir, o galego debería estar presente no 75% das conversas e o español no 25% restante. Por que, entón, o resultado é tan diferente que o galego só está presente no 32% das conversas, mentres que o castelán está presente no 68%? Talvez o galego está a morrer de boa educación!? REIVINDICAR A BOA EDUCACIÓN SÓ PARA OS GALEGO-FALANTES É UNHA FORMA DE ELIMINAR O GALEGO DAS RELACIÓNS SOCIAIS!
  • 5.
    Actividades arredor daobra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 4. O GALEGO NON O DAMOS FALADO BEN... Esta afirmación percibe a figura, mais deixa escapar o fondo. Cal é o fondo? Que se agocha detrás da afirmación inacabada? QUE SE AGOCHA DETRÁS? QUE VES? Copa de Rubin. Ilusión óptica. 1. 2. 3. 1._______________ 2._______________ 3._______________ 4._______________ 5._______________ 4. 5. Edgar Rubin, Percepción. Figura e fondo. CUESTIÓNS:  Que custa ver máis a figura ou o fondo?  Que é máis doado percibir: a apariencia ou a realidade que se agocha detrás?  Por que os españois non dan falado ben outras linguas?  Por que os franceses, ingleses, estadounidenses, cando andan polo mundo só se expresan na súa lingua e non se molestan nunca en aprender outras linguas ou en facerse entender polos seus interlocutores?  Que se agocha detrás da afirmación inacabada? O galego non o damos falado ben…pero________________si! TRADUCE O SEGUINTE PARÁGRAFO AO CASTELÁN: A miña moza vaicheme __________________________________ aprender a cociñar. Estou farto de __________________________________ ir comer fóra. O que non sei é se __________________________________ darei feito a receita do raxo con __________________________________ pan reseso. ____________ __________________________________ ___ REIVINDICAR QUE FALAMOS MELLOR O ESPAÑOL QUE O GALEGO É IGNORAR A NOSA PROPIA REALIDADE. É TER UNHA TALLA “XL” E INSISTIR EN USAR UNHA “S”!
  • 6.
    Actividades arredor daobra de M. Núñez Singala, EN 3ºESO GALEGO, POR QUE NON?, contra as simplificacións e os (2011- prexuízos sobre a lingua galega. 2012) PREXUÍZO 5. O GALEGO É UNHA LINGUA IMPOSTA. PREXUÍZO 6. O GALEGO É UNHA LINGUA MINORITARIA. PREXUÍZO 7. O GALEGO NON O FALA NINGUÉN.