2. ¿Que é iso dos “prexuízos lingüísticos”?
En primeiro lugar convén distinguir:
XUÍZOS DE FEITO:
poden someterse a
comprobación e non dan
lugar a prexuízos
XUÍZOS DE VALOR: non son
comprobables e poden afectar ás
persoas, os pobos, as linguas etc…
con base en propiedades
circunstanciais ou permanentes
Con frecuencia, os xuízos de valor adoptan fórmulas dos xuízos de feito
e presentan como trazos negativos características inalienábeis de persoas
e pobos, de modo que uns xuízos aparentemente descritivos se converten
en discriminatorios
3. Polo tanto ….
Os prexuízos lingüísticos son unha subclase dos prexuízos e
poden ser definidos como xuízos de valor emitidos sobre
unha lingua ou sobre os falantes dela co propósito de
provocar o seu rexeitamento.
4. OS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS NO
MUNDO
linguas con moitos vs. pouco falantes
hai máis falantes de chinés mandarín que de inglés, polo tanto, as
linguas non poden ser valoradas polo número de falantes
linguas sinxelas vs. complicadas
as crianzas chinesas non tardan máis en falaren do que as francés
linguas suaves vs. ásperas
serán os falantes os que falen de forma máis suave, máis enérxica ou
áspera, e non as linguas, que son sistemas
5. linguas de cultura vs. primitivas
o bosquimano máis humilde de Sudáfrica fala cun rico sistema simbólico
en esencia perfectamente comparábel coa fala dun francés culto
linguas literarias vs. non literarias
a práctica totalidade das linguas foron faladas e non escritas
durante toda ou a maior parte da súa existencia
linguas vs. Dialectos
só se adoita considerar lingua aquela que ten un poder executivo,
lexislativo e xudicial detrás
6. Linguas con estado vs. linguas sen estado
A maioría das linguas non teñen Estado e hai moi poucos estados
con só unha lingua. A situación lingüística no mundo é
consecuencia directa de relacións de dominio, conquista e
colonización duns pobos sobre outros
Linguas de comunicación vs. linguas locais
todas as linguas son de comunicación, sen excepcións
7. OS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS NA GALIZA
1. Relacionados coa falta de utilidade do galego
O galego íllanos do exterior
Durante a Idade Media o galego foi a única lingua da Galiza e esta tivo a maior
proxección exterior da súa historia; alén diso, permítenos comunicarnos con
máis de 200 millóns de habitantes dos diferentes países lusófonos
O tópico da lingua universal
"Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das
Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo da Bretaña. ¿E sabedes por que?
Porque os probes animaes aínda están no idioma universal...”. Castelao
8. 2. Prexuízos que asocian o galego coa pobreza e co atraso
O galego, lingua rural
o uso do galego vénse asociando co mundo rural, símbolo
tradicional do atraso fronte ao progreso do mundo urbano
O galego, lingua non válida para a escrita
Durante os Séculos Escuros o galego practicamente deixou de ser usada
para escrita e aínda no XIX Pintos denunciaba a súa proscrición na
documentación oficial; o mesmo aconteceu en boa parte do XX
O galego, lingua de pobres e ignorantes
Algunha xente foxe do galego para realmente fuxir do seu propio pasado e da
pobreza e da ignorancia con que o noso idioma se veu asociando durante
séculos
9. O estudo do/en galego como perda de tempo e atraso
Dende hai centos de anos o galego permaneceu totalmente
afastado do sistema educativo e ningún neno ou nena galego
foi obrigado a perder un só segundo en estudar a súa propia
lingua
¿CAL FOI O RESULTADO?
10. 3. O uso do galego como sinal de descortesía ou mala educación
O galego como desconsideración cara ás persoas descoñecidas
Se asumimos isto, estariamos reservando para o galego un papel
totalmente subordinado como lingua inferior condenada á progresiva
desaparición
Renuncia ao uso do galego por respecto ás persoas foráneas
As persoas de fóra que veñen á Galiza non poden ter máis dereitos
dos que as galegas teñen cando saen fóra
11. 4. Prexuízos relacionados coa pretensa imposición do galego
O galego, imposición dunha minoría política intolerante
Tanto a Lei de Normalización Lingüística como o Plano Xeral de
Normalización da Lingua Galega foron aprobados por unanimidade no
Parlamento galego
A imposición do galego no sistema educativo
Todas as materias teñen o mesmo grao de imposición; sería como falarmos en
Inglaterra da imposición do inglés
Como antes se impuxo o castelán, agora quérese impor o galego
Moita xente foi ridiculizada, castigada e inclusive nalgún caso asasinada por
falar ou defender o galego
¿CANDO SE DEU UN SÓ CASO Á INVERSA?
12. Aos nen@s non lles gusta da materia de lingua galega
E gústanlles outras materias?
O castelán tamén é lingua propia de Galiza
O tamazight é tan lingua propia de Galicia coma o galego (porque hai tres mil
cidadáns galegos que falan tamazight) e o romanés, o guaraní, o chinés
mandarín, o chinés cantonés, o wolof, o yoruba, o árabe hassaniya, o
quechua… son tamén linguas propias de Galicia porque hai cidadáns galegos
que falan esas linguas
13. 5. A caracterización pexorativa do galego e a
(in)competencia dos seus falantes
O galego, lingua non válida para a xente nova
Pode tolerarse na taberna, nos traballos da pesca ou nas estadas das obras,
mais non na vida dos nenos e nenas, esperanza de futuro que ao galego se
lle pretende negar
O galego normativo como lingua artificial
Ao tempo que se despreza o galego por ser propio de xente rústica e
ignorante, tamén se critican os intentos de elaboración e uso dun modelo
de lingua formal e culta como teñen as linguas normalizadas
14. As persoas galegas non saben falar o galego
Unha lingua nunca se chega a falar ben de todo e en xeral as
persoas galegas son plenamente competentes en galego; porén, o
compromiso co uso da lingua debe levar parello o propósito de a
falarmos correctamente
15. 6. O galego como marca ideolóxica ou profesional
O galego, lingua marcada políticamente
A identificación cunha ideoloxía determinada ou cunhas siglas políticas
concretas non é positiva para o galego; o ideal sería que todas asumisen a
súa normalización plena. Aínda así, este argumento non ten fundamentación
de ningún tipo
O castelán, lingua neutra no comercio e na hostalaría
O uso do galego nestes ámbitos semella estar connotado e, polo tanto, a
tendencia é a usar o castelán, supostamente non marcada social ou
politicamente
16. O uso correcto e consciente do galego como marca profesional ou de
lusismo
Asóciase o uso consciente e correcto do galego coa condición de profesor/a
de lingua galega. Cando unha persoa utiliza un modelo de galego depurado
e máis acorde coas solucións comúns e tradicionais do sistema lingüístico é
cualificado de lusista ou mesmo se afirma que fala portugués
A condición 'estraña' das crianzas galegofalantes das cidades
Sofren as consecuencias de o galego se ter convertido nunha lingua
socialmente marcada
17. ♣ Os prexuízos lingüísticos existen e son potenciados desde os ámbitos de
poder na procura da uniformidade cultural e lingüística dos grandes estados,
que pretenden reafirmar o seu dominio mediante o desprestixio e mesmo a
eliminación das linguas e culturas.
♣ No caso do Estado español, hoxe continúan a se difundir prexuízos que
no fondo pretenden o reforzamento do castelán e o debilitamento das outras
linguas cooficiais.
♣ Debido ás especiais circunstancias da súa historia, a lingua galega
acumula unha cantidade importante deses prexuízos, que están a servir de
freo ao proceso de normalización emprendido.
En síntese
18. FONTES
-20 MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA. PROLINGUA 2010
-FREIXEIRO MATO, Os prexuízos lingüísticos: Proposta de clasificación,
http://www.galizacig.com/avantar/opinion/3-6-2008/os-prexuízos-lingüísticos-p