Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. Un espazo de montaña situado en plena dorsal Galega, a cabalo entre as provincias de Ourense e Pontevedra. A maior parte do espazo está incluído na serra do Suído, especialmenta na vertente pontevedresa, e unha pequena parte no comezo da serra do Faro de Avión. É unha zona dun grande interese natural e etnográfico. CONCELLOS: A Lama, Fornelos de Montes e Covelo (Pontevedra) e Avión (Ourense).
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
Na cunca do río Deo (afluente do Mandeo) ao sur da comarca de Betanzos (A Coruña)
CONCELLOS: Aranga, Curtis, Oza dos Ríos e Cesuras.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
Inclúe a liña costeira entre Cabo Silleiro e A Guarda (concellos de Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda) e unha ampla faixa marítima paralela á mesma.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. Inclúe o curso do río Sor e as súas cabeceiras coas serras que o rodean: Faladoira, Tras da Serra, Veiga do Xunco... Únese polo nordeste co LIC “Costa da Mariña Occidental” na desembocadura do Sor, na ría do Barqueiro, e polo suroeste co LIC “Río Baleo”, na serra da Faladoira. CONCELLOS: As Pontes e Mañón (A Coruña), Muras, Ourol e O Vicedo (Lugo).

O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
2. Plantas xeralmente de
pequeno tamaño cos tecidos
pouco diferenciados.
Non se pode dicir que teñen
raíces, talos e follas
verdadeiras porque a súa
estrutura interna é diferente á
das demais plantas.
Non teñen sistema de
transporte de substancias
(vasos).
6. REPRODUCIÓN
ANTERIDIOS onde se
forman as células
reprodutoras masculinas
(anterozoides).
ARQUEGONIOS onde se
forman as células
reprodutoras femininas
(oosferas).
esporas
FECUNDACIÓN: a
célula masculina nada
ata a feminina (en
tempo húmido).
Da fecundación nace o
ESPOROGONIO que
contén as esporas.
As esporas xerminan dando orixe
ao PROTONEMA, a partir do que
se desenvolven novos brións.
22. Os brións son plantas primitivas que
dependen da auga para a súa reprodución
por eso adoitan vivir en zonas húmidas.
Existen desde hai 300 millóns de anos.
Son das primeiras plantas que puideron
vivir sobre a terra.
24. Os brións son formadores do solo: os seus
rizoides disgregan as rochas e entre os seus talos
e filodios almacénanse partículas de po e area
que o van “engordando” e enriquecendo cos seus
propios restos.
25. Reteñen a calor da terra,
favorecen a porosidade e
aumentan a permeabilidade
do solo e protéxeno contra
a erosión.
26.
27. HEPÁTICAS
Son semellantes aos brións na estrutura
interna e no xeito de reprodución.
Conservan a forma aplanada para manter
todas as células en contacto coa auga.