O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
2. Os fungos son seres unicelulares ou
pluricelulares, con células eucariotas
sen parede de celulosa, con quitina.
3. Realizan unha nutrición heterótrofa por
absorción (osmótrofa)
-Saprófitos (aliméntanse de restos orgánicos)
-Parásitos (aliméntanse sobre seres vivos)
-Simbióticos: asócianse a outros seres: algas
(liques), plantas (micorrizas)...
micorriza
fungo sobre unha bosta
fungo parásito: cornello do centeo
4. A maioría teñen o aparato vexetativo formado por uns filamentos (hifas)
que se introducen no corpo do que se alimentan (plantas, animais, restos
do solo…). As células das hifas non están completamente illadas, polo que
o citoplasma pode moverse libremente e con ese movemento transporta
as susbtancias dun lugar a outro.
6. Poden ser acuáticos ou terrestres.
En xeral viven en lugares húmidos
e con pouca luz.
7. Os fungos xogan un importante papel como recicladores da materia
orgánica. Descompoñen os restos de animais e plantas para aproveitar
determinadas substancias como alimento e deixan libres os minerais que
se incorporan ao solo de onde poden ser aproveitados polas plantas.
8. A maior parte dos fungos recoñécense polas formas e os detalles dos seus
órganos reprodutores. Os máis coñecidos son os cogumelos.
10. QUITRIDIOMICETES
Unicelulares ou pluricelulares. Considéranse
tamén como protistas. Son os fungos máis
primitivos e a maioría son saprófitos
(aliméntanse de restos orgánicos).
Coñécense unhas 1.000 especies, moitos de
auga dóce.
Spizellomycete
Patacas infectadas por
Synchytridium endobioticum
13. ZIGOMICETES
Caracterízanse por formar dúas
clases de esporas: sexuais
(zigosporas) e asexuais
(esporanxioesporas).
Coñécense unhas 900 especies,
a maioría son os coñecidos
como mofos.
mofo nun pexego
mofo nun tomate
14. Penicillium. Viven sobre pan, froitas
e produtos lácteos.
Úsanse para madurar algúns
queixos e para extraer antibióticos
(penicilina)
17. GLOMEROMICETE
S
Non teñen reprodución sexual,
viven en simbiose coas plantas
terrestres formando
endomicorrizas (as células do
fungo introdúcense nas células
da raíz da planta).
Coñécense 150 especies.
Gigaspora margarita nas raíces dun trebo
ciclo reproductivo
e propagación
18. BASIDIOMICETES
As esporas sitúanse no exterior
dos órganos nos que se
formaron (basidios).
As células teñen parede de
quitina.
Coñécense 31.515 especies.
Ilustración de Haeckel
19. USTILAXINOSOS:
1.400 especies, a maioría
parásitos das gramíneas
(tizóns ou carbóns).
Potra do millo (Ustilago maydis)
Tizón no centeo
21. HIMENOMICETES:
As esporas sitúanse sobre un sistema
(himenio) formado por basidios e
estruturas estériles dispostos a xeito de
entramado.
Corpos fructíferos de formas variadas:
coraloide, claviforme, crustácea,
cogomelo...
27. Estrutura típica dun fungo con cogomelo
sombreiro
Láminas
con esporas
pé
hifas
Rebentabois (Amanita muscaria), un cogomelo tóxico
presente en bosques de coníferas e frondosas.
30. Zarrota (Macrolepiota procera), un cogomelo que pode
acadar gran tamaño que aparece en hortas, viñas e
prados. Consómese tradicionalmente en toda Galicia.
49. ASCOMICETES
- Unicelulares ou pluricelulares, con micelio tabicado.
-Teñen reprodución sexual (coas esporas endóxenas –ascosporas-, pechadas
nos órganos que as producen) ou asexual, con esporas esóxenas (conidios).
Nos máis evolucionados fórmanse corpos fructíferos (esporocarpos).
Coñécense unhas 12.500 especies, terrestres ou acuáticas, entre as que se atopan
moitos patóxenos dos animais e as as plantas.
Colmeíña, pantorra
(Morchella esculenta).
50. ESQUEMA DA REPRODUCIÓN DUN ASCOMICETE
conidios
reprodución asexual
ascosporas
reprodución sexual
54. Lévedos (sacaromicetes). Non
producen hifas. Encárganse
dalgunhas fermentacións.
Saccharomyces cerevisiae e S.
ellipsoideus converten os azucres
en alcohol etílico e dióxido de
carbono.
Saccharomyces cerevisiae
55. O Kefir é un produto fermentado a partir de
proteínas, lípidos e azucres producido pola
combinación dun lévedo (Sacharomyces kefir) e
unha bacteria (Lactobacillus acidophilus).
Pódese facer con leite, auga ou te.
57. Esporocarpos do fungo
Ophiostoma ulmi, causante da
grafiose dos olmos, unha
enfermidade transmitida por un
escaravello que pon os ovos
debaixo da tona.
Galería escavadas polas larvasdo escarvello
transmisor da grafiose.