.................
AS
PLANTAS
Pepe
ORIXE DAS FORMAS VEXETAIS.
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN.
FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN.
PARTES: RAIZ, TALO , FOLLAS, FLOR , FROITO.
PLANTAS SEN FLOR: MOFOS.
PLANTAS CON FLOR
Ciencias da Natureza 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) 2014/15
TEMA V. AS PLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15
Orixe das formas vexetais
Fabas Como os feixóns e os chícharos son
plantas leguminosas.
A partir dun organismo
unicelular sinxelo, capaz de
realizar a fotosíntese (o proceso
mediante o cal as plantas captan alimento e desprenden osíxeno) chegouse
a todas as formas vexetais actuais e a outras moitas que desapareceron.
Os fósiles dannos proba destas últimas.
A diversificación actual dos vexetais é consecuencia da evolución e
da adaptación ao medio.
Posiblemente, un dos maiores avances evolutivos dos vexetais foi a
aparición da flor, que asegura a fecundación dun xeito eficaz.
A botánica é a ciencia encargada do estudo dos vexetais.
Neste tema imos estudar as diferentes partes das plantas.
Función de nutrición
Bosque de faias Os vexetais desenvolveron
follas para aumentar a superficie de contacto
e así facilitar o intercambio de gases coa
atmosfera
As plantas toman os seus
alimentos (auga e sales minerais
disoltos) do chan por medio da raíz.
A ravés das follas, toman o
dióxido de carbono e algo de
osíxeno.
As plantas absorben tamén enerxía solar, e producen materia
orgánica e enerxía química, que pasará ao resto dos seres vivos que non
poden realizar a fotosíntese, permitíndolles vivir.
Este proceso global de nutrición consta de varias fases:
 Absorción
 Transpiración
 Fotosíntese
 Respiración
TEMA V. AS PLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15
ABSORCIÓN
As plantas absorben do chan os sales minerais disoltos en auga. A
absorción realízase a través dos pelos absorbentes das raíces.
A auga, cos sales minerais disoltos, ascende cara ás partes superiores
da planta por uns condutos chamados vasos leñosos.
O sistema de raíces e o sistema vascular son os encargados do
transporte do zume bruto (auga e sales minerais), que nas follas se
transformará en zume elaborado.
TRANSPIRACIÓN E RESPIRACIÓN
A transpiración consiste na evaporación continua da auga da planta
cara á atmosfera, e prodúcese, principalmente, a través dos estomas das
follas.
A succión que se produce dende as follas fai que o zume bruto
ascenda dende a raíz da planta. A absorción ten que ser continua, xa que a
transpiración da planta tamén o é.
A planta necesita enerxía para vivir e conséguea mediante a
respiración, que realiza de día e de noite, mentres que a fotosíntese só
ten lugar durante o día.
Mediante este proceso, as plantas absorben osíxeno da atmosfera a
través dos estomas das follas, e con el queiman parte da materia orgánica
(glicosa) que formaron na fotosíntese.
Nesta combustión queda libre a enerxía que tiña encerrada a glicosa
no seu interior, e o vexetal pódea utilizar. Como resultado das reaccións
químicas que se producen durante esta fase, as plantas desprenden
dióxido de carbono.
TEMA V. AS PLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15
Función de reprodución
Proceso de fecundación
dunha planta
Nos órganos
de reprodución
acontecen unha
serie de procesos
que rematan por
converter a flor en
froito, o cal contén
as sementes.
Este proceso
consta de catro
fases:
 Polinización
 Fecundación
 Formación do
froito e da
semente
 Xerminación
As plantas presentan mecanismos de reprodución moi diversos. A
maioría delas son hermafroditas (teñen os dous sexos), aínda que a
autofecundación é pouco usual, pois entraña unha perda de variabilidade
xenética.
A POLINIZACIÓN
A polinización é o paso do pole dende o estame, lugar no que se
produciu, ata o pistilo, onde ha de xerminar. Cando a flor está
suficientemente desenvolvida, as anteras dos estames ábrense, deixando
escapar o pole que está no seu interior.
O pole é un polviño formado por diminutos grans que teñen formas
variadas. Cada gran ten unha cuberta en cuxo interior hai dúas células.
Unha vez que o gran de pole está no estigma da flor comeza a
segunda fase do proceso: a fecundación.
TIPOS DE POLINIZACIÓN
Dependendo de como se leve a cabo a polinización, esta pode ser:
TEMA V. AS PLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15
 Directa ou autofecundación: Cando a polinización se realiza entre
os órganos reprodutores da mesma flor. Por exemplo, no chícharo, a
lentella, a fucsia, etc.
 Cruzada: Cando a polinización se realiza entre flores distintas.
Se o transporte do pole o realiza o vento falamos de
polinización anemógama. É o caso as gramíneas: trigo, avea, etc. En
cambio, se o transporte do pole o realizan os insectos dicimos que é unha
polinización entomógama. Por exemplo, acontece no pensamento.
FECUNDACIÓN
A fecundación consiste na unión do elemento reprodutor masculino
e do feminino para dar orixe a unha nova planta.
Unha vez que o gran de pole está no estigma, absorbe líquido e
forma un saliente: o tubo polínico. Este pasa a través do estilo ata chegar
ao ovario, onde se pon en contacto co óvulo.
O tubo polínico fórmao unha das dúas células que compoñen o gran
de pole. A outra célula divídese en dous e dá lugar aos gametos
masculinos ou núcleos espermáticos. A fecundación prodúcese cando un dos
núcleos espermáticos se une á oosfera, procedente da división do óvulo.
O froito do vexetal será o ovario transformado, desenvolvido e
maduro, unha vez que se realizou a fecundación do óvulo.
A raíz
Tipos de raíz
TEMA V. AS PLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15
A raíz realiza, fundamentalmente, dúas funcións: por un lado, soster
a planta e suxeitala ao chan, e, por outro, absorber as substancias
minerais e a auga. Ademais, almacena produtos de reserva.
As raíces van unidas ao talo a través do colo.
Debaixo do colo existe unha zona de ramificación, e debaixo desta,
outra onde se achan os pelos absorbentes, cuxa misión é absorber a auga
e os sales minerais.
O talo
O tronco ou talo é o eixe central que sostén as follas, flores e
froitos. Transporta a auga e os sales minerais ata as follas e reparte as
substancias orgánicas formadas nelas, durante a fotosíntese, ao resto da
planta. Ás veces, almacena substancias de reserva.
A maior parte dos talos das plantas ten forma alongada e crecen de
forma vertical, é dicir, cara a arriba. Pero hai algunhas excepcións:
 Os talos rastreiros son os que crecen horizontalmente, como o do
amorodo.
 Os talos subterráneos almacenan substancias nutritivas. Poden
distinguirse varios tipos:
-Rizomas: Son talos subterráneos horizontais; por exemplo, o dos
fentos.
-Bulbos: Por exemplo, a cebola e o allo.
-Tubérculos: Por exemplo, a
pataca.
 Os talos acuáticos son os que
pertencen ás plantas que viven en
ríos e lagos. Unha parte do talo
está mergullada na auga; por
exemplo, o nenúfar.
 Os talos rubideiros (trepadores)
son os que, ao non ter suficiente
rixidez, se suxeitan a outras
árbores ou paredes. Un exemplo é
o talo da hedra.
Fresa Es un exemplo de talo
rastreiro, é dicir, que crece
horizontalmente.
TEMA V. AS PLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15
As follas
Faz dunha folla
Nesta parte poden distinguirse os
nervios da folla.
A folla é o lugar onde a
planta elabora o alimento;
unha parte almacénase na folla
e a outra parte transportase ao resto do vexetal.
As follas xermolan lateralmente do talo ou das ramas, crecen pouco e
adoitan ser de forma laminar.
Constan de tres partes: vaíña, pecíolo e limbo; este último, á súa
vez, consta de dúas partes: faz (cara superior) e envés (cara inferior). O
limbo está atravesado polos nervios, que se encargan de conducir o zume
bruto e o zume elaborado.
Os nervios resaltan no envés da folla; no feixe están afundidos.
Hai moitos tipos de follas, pero un dos máis peculiares son as dos
piñeiros. Ten forma de fíos e denomínanse aciculares (arumes).
A flor
Partes dunha flor.
A flor é o órgano reprodutor das plantas. As partes da flor son as
seguintes:
TEMA V. AS PLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15
 O cáliz é a parte externa da flor. Está formado por un conxunto de
follas verdes chamadas sépalos.
 A corola está formada por follas de cores chamadas pétalos, que
conteñen o néctar e axudan á polinización. A súa función é protexer
os órganos reprodutores.
 Os estames. Constitúen o aparato reprodutor masculino da flor.
Constan á súa vez de dúas partes: o filamento e a antera.
 O pistilo ou xineceo é o aparato reprodutor feminino da planta e ten
tres partes: ovario, estilo e estigma.
O froito
Melocotón Este froito caracterízase por ter
unha semente de gran tamaño.
Unha vez que o pole chega ao pistilo
ou xineceo comeza a transformación
da flor en froito. Os pétalos caen, o
xineceo faise moito maior e fórmase
o froito. Podemos distinguir entre:
 Froitos carnosos, que acumulan auga, como a laranxa, a uva e o
melón.
 Froitos secos, que non acumulan auga, como as noces, as castañas,
as améndoas e as abelás.
Dentro do froito están as sementes. Os froitos poden conter unha
semente -de gran tamaño- como o melocotón, ou moitas sementes, como a
sandía.
Cando o froito está maduro, cae a terra ou ábrese e saen as
sementes do interior.
TEMA V. AS PLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15
Plantas sen flor: mofos
Mofos Visión microscópica desta clase de
planta sen flor.
As plantas sen flor, en xeral,
non necesitan tanta luz como as que
teñen flores, pero requiren un
ambiente máis húmido para vivir.
Os mofos e os fentos pertencen a
este grupo de plantas.
O mofo posúe un talo diminuto do que saen tamén follas diminutas e
pequenas raíces. Esta clase de vexetal vive no chan, pero tamén sobre
rochas ou recubrindo os troncos(madeiros) das árbores. Moitos mofos
forman pequenas alfombras verdes que cobren o chan dos bosques
sombríos. Aínda que dependen moito da auga, moitos mofos poden resistir
períodos de seca.
OS FENTOS
Esporas do fento No reverso das follas dos
fentos hai unhas bolsiñas de cor marrón,
chamadassoros, que conteñen as esporas.
As primeiras grandes plantas
que habitaron no noso planeta
foron os fentos. Eran tan grandes
como as árbores actuais.
Constituían bosques frondosos onde aínda non se desenvolveran as plantas
con flores. Na actualidade, soamente é posible encontrar grandes fentos
nalgúns bosques das rexións tropicais.
Durante unha parte da súa vida, os fentos están constituídos por
unha soa folla de poucos milímetros que vive no chan. Cando esta planta
diminuta se reproduce sexualmente, orixínase unha planta de tamaño
medio, cun talo groso que crece baixo terra e unhas follas grandes
chamadas frondes.
Os fentos non producen flores nin sementes para reproducirse. En
certas épocas, no reverso das frondes, pódense observar unha especie de
grans de cor marrón chamados soros, que conteñen as esporas coas cales
os fentos se reproducen asexualmente.
TEMA V. AS PLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15
Plantas con flor
Orquídeas Constituyen a familia máis
numerosa do reino vexetal e sobresaen polas
súas cores vistosas que permiten atraer os
insectos.
As primeiras plantas con flor,
capaces de desenvolver sementes
primitivas, apareceron no noso
planeta hai uns 380 millóns de anos.
As plantas con flores tamén reciben o nome de plantas superiores ou
fanerógamas. Son plantas con raíz, talo e folla ben diferenciados. A
diferenza dos mofos e os fentos, producen sementes, o que lles permitiu
sobrevivir en condicións desfavorables e diseminarse.
Segundo a disposición das sementes podemos falar das ximnospermas e
as anxiospermas.
XIMNOSPERMAS
Cedro A madeira desta árbore, así como a
doutras ximnospermas (piñeiro, abeto ou
ciprés) é moi valorada.
A principal diferenza entre
as plantas anxiospermas e as
ximnospermas é que as primeiras
teñen flores e adoitan producir
froito, mentres que as
ximnospermas son plantas pouco
vistosas (posúen flores pouco
rechamantes) e non producen
froitos.
Ademais, as sementes das ximnospermas non se encontran pechadas
no interior dun froito.
Case todas as plantas ximnospermas son árbores. Pertencen a este
grupo as coníferas, como os piñeiros, os abetos, os cedros, os cipreses e
as secuoias, que son as árbores de maior tamaño que existen.
As sementes das coníferas agrúpanse nas piñas. Esta clase de árbores é
moi apreciada xa que delas se aproveita a súa valiosa madeira para facer
leña, mobles e papel. Tamén se aproveitan a resina e as piñas.
TEMA V. AS PLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15
ANXIOSPERMAS
É o grupo de plantas máis numeroso e variado. Entre as
anxiospermas hai árbores, como o castaño; arbustos, como o romeiro; e
tamén herbas, como a papoula.
Entre as súas características principais destacan que os talos teñen
ramificacións e que as follas ás veces son
caducas, ás veces persistentes; é dicir, follas de
duración anual ou perennes.
As anxiospermas producen sementes
pechadas no interior dun froito.
Hai plantas deste grupo en case todos os
ambientes, mesmo somerxidas na auga mariña,
como por exemplo a posidonia, frecuente no
mar Mediterráneo.
Tulipán Es unha planta anxiosperma moi valorada como
elemento decorativo.

As plantas

  • 1.
    ................. AS PLANTAS Pepe ORIXE DAS FORMASVEXETAIS. FUNCIÓN DE NUTRICIÓN. FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN. PARTES: RAIZ, TALO , FOLLAS, FLOR , FROITO. PLANTAS SEN FLOR: MOFOS. PLANTAS CON FLOR Ciencias da Natureza 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) 2014/15
  • 2.
    TEMA V. ASPLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15 Orixe das formas vexetais Fabas Como os feixóns e os chícharos son plantas leguminosas. A partir dun organismo unicelular sinxelo, capaz de realizar a fotosíntese (o proceso mediante o cal as plantas captan alimento e desprenden osíxeno) chegouse a todas as formas vexetais actuais e a outras moitas que desapareceron. Os fósiles dannos proba destas últimas. A diversificación actual dos vexetais é consecuencia da evolución e da adaptación ao medio. Posiblemente, un dos maiores avances evolutivos dos vexetais foi a aparición da flor, que asegura a fecundación dun xeito eficaz. A botánica é a ciencia encargada do estudo dos vexetais. Neste tema imos estudar as diferentes partes das plantas. Función de nutrición Bosque de faias Os vexetais desenvolveron follas para aumentar a superficie de contacto e así facilitar o intercambio de gases coa atmosfera As plantas toman os seus alimentos (auga e sales minerais disoltos) do chan por medio da raíz. A ravés das follas, toman o dióxido de carbono e algo de osíxeno. As plantas absorben tamén enerxía solar, e producen materia orgánica e enerxía química, que pasará ao resto dos seres vivos que non poden realizar a fotosíntese, permitíndolles vivir. Este proceso global de nutrición consta de varias fases:  Absorción  Transpiración  Fotosíntese  Respiración
  • 3.
    TEMA V. ASPLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15 ABSORCIÓN As plantas absorben do chan os sales minerais disoltos en auga. A absorción realízase a través dos pelos absorbentes das raíces. A auga, cos sales minerais disoltos, ascende cara ás partes superiores da planta por uns condutos chamados vasos leñosos. O sistema de raíces e o sistema vascular son os encargados do transporte do zume bruto (auga e sales minerais), que nas follas se transformará en zume elaborado. TRANSPIRACIÓN E RESPIRACIÓN A transpiración consiste na evaporación continua da auga da planta cara á atmosfera, e prodúcese, principalmente, a través dos estomas das follas. A succión que se produce dende as follas fai que o zume bruto ascenda dende a raíz da planta. A absorción ten que ser continua, xa que a transpiración da planta tamén o é. A planta necesita enerxía para vivir e conséguea mediante a respiración, que realiza de día e de noite, mentres que a fotosíntese só ten lugar durante o día. Mediante este proceso, as plantas absorben osíxeno da atmosfera a través dos estomas das follas, e con el queiman parte da materia orgánica (glicosa) que formaron na fotosíntese. Nesta combustión queda libre a enerxía que tiña encerrada a glicosa no seu interior, e o vexetal pódea utilizar. Como resultado das reaccións químicas que se producen durante esta fase, as plantas desprenden dióxido de carbono.
  • 4.
    TEMA V. ASPLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15 Función de reprodución Proceso de fecundación dunha planta Nos órganos de reprodución acontecen unha serie de procesos que rematan por converter a flor en froito, o cal contén as sementes. Este proceso consta de catro fases:  Polinización  Fecundación  Formación do froito e da semente  Xerminación As plantas presentan mecanismos de reprodución moi diversos. A maioría delas son hermafroditas (teñen os dous sexos), aínda que a autofecundación é pouco usual, pois entraña unha perda de variabilidade xenética. A POLINIZACIÓN A polinización é o paso do pole dende o estame, lugar no que se produciu, ata o pistilo, onde ha de xerminar. Cando a flor está suficientemente desenvolvida, as anteras dos estames ábrense, deixando escapar o pole que está no seu interior. O pole é un polviño formado por diminutos grans que teñen formas variadas. Cada gran ten unha cuberta en cuxo interior hai dúas células. Unha vez que o gran de pole está no estigma da flor comeza a segunda fase do proceso: a fecundación. TIPOS DE POLINIZACIÓN Dependendo de como se leve a cabo a polinización, esta pode ser:
  • 5.
    TEMA V. ASPLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15  Directa ou autofecundación: Cando a polinización se realiza entre os órganos reprodutores da mesma flor. Por exemplo, no chícharo, a lentella, a fucsia, etc.  Cruzada: Cando a polinización se realiza entre flores distintas. Se o transporte do pole o realiza o vento falamos de polinización anemógama. É o caso as gramíneas: trigo, avea, etc. En cambio, se o transporte do pole o realizan os insectos dicimos que é unha polinización entomógama. Por exemplo, acontece no pensamento. FECUNDACIÓN A fecundación consiste na unión do elemento reprodutor masculino e do feminino para dar orixe a unha nova planta. Unha vez que o gran de pole está no estigma, absorbe líquido e forma un saliente: o tubo polínico. Este pasa a través do estilo ata chegar ao ovario, onde se pon en contacto co óvulo. O tubo polínico fórmao unha das dúas células que compoñen o gran de pole. A outra célula divídese en dous e dá lugar aos gametos masculinos ou núcleos espermáticos. A fecundación prodúcese cando un dos núcleos espermáticos se une á oosfera, procedente da división do óvulo. O froito do vexetal será o ovario transformado, desenvolvido e maduro, unha vez que se realizou a fecundación do óvulo. A raíz Tipos de raíz
  • 6.
    TEMA V. ASPLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15 A raíz realiza, fundamentalmente, dúas funcións: por un lado, soster a planta e suxeitala ao chan, e, por outro, absorber as substancias minerais e a auga. Ademais, almacena produtos de reserva. As raíces van unidas ao talo a través do colo. Debaixo do colo existe unha zona de ramificación, e debaixo desta, outra onde se achan os pelos absorbentes, cuxa misión é absorber a auga e os sales minerais. O talo O tronco ou talo é o eixe central que sostén as follas, flores e froitos. Transporta a auga e os sales minerais ata as follas e reparte as substancias orgánicas formadas nelas, durante a fotosíntese, ao resto da planta. Ás veces, almacena substancias de reserva. A maior parte dos talos das plantas ten forma alongada e crecen de forma vertical, é dicir, cara a arriba. Pero hai algunhas excepcións:  Os talos rastreiros son os que crecen horizontalmente, como o do amorodo.  Os talos subterráneos almacenan substancias nutritivas. Poden distinguirse varios tipos: -Rizomas: Son talos subterráneos horizontais; por exemplo, o dos fentos. -Bulbos: Por exemplo, a cebola e o allo. -Tubérculos: Por exemplo, a pataca.  Os talos acuáticos son os que pertencen ás plantas que viven en ríos e lagos. Unha parte do talo está mergullada na auga; por exemplo, o nenúfar.  Os talos rubideiros (trepadores) son os que, ao non ter suficiente rixidez, se suxeitan a outras árbores ou paredes. Un exemplo é o talo da hedra. Fresa Es un exemplo de talo rastreiro, é dicir, que crece horizontalmente.
  • 7.
    TEMA V. ASPLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15 As follas Faz dunha folla Nesta parte poden distinguirse os nervios da folla. A folla é o lugar onde a planta elabora o alimento; unha parte almacénase na folla e a outra parte transportase ao resto do vexetal. As follas xermolan lateralmente do talo ou das ramas, crecen pouco e adoitan ser de forma laminar. Constan de tres partes: vaíña, pecíolo e limbo; este último, á súa vez, consta de dúas partes: faz (cara superior) e envés (cara inferior). O limbo está atravesado polos nervios, que se encargan de conducir o zume bruto e o zume elaborado. Os nervios resaltan no envés da folla; no feixe están afundidos. Hai moitos tipos de follas, pero un dos máis peculiares son as dos piñeiros. Ten forma de fíos e denomínanse aciculares (arumes). A flor Partes dunha flor. A flor é o órgano reprodutor das plantas. As partes da flor son as seguintes:
  • 8.
    TEMA V. ASPLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15  O cáliz é a parte externa da flor. Está formado por un conxunto de follas verdes chamadas sépalos.  A corola está formada por follas de cores chamadas pétalos, que conteñen o néctar e axudan á polinización. A súa función é protexer os órganos reprodutores.  Os estames. Constitúen o aparato reprodutor masculino da flor. Constan á súa vez de dúas partes: o filamento e a antera.  O pistilo ou xineceo é o aparato reprodutor feminino da planta e ten tres partes: ovario, estilo e estigma. O froito Melocotón Este froito caracterízase por ter unha semente de gran tamaño. Unha vez que o pole chega ao pistilo ou xineceo comeza a transformación da flor en froito. Os pétalos caen, o xineceo faise moito maior e fórmase o froito. Podemos distinguir entre:  Froitos carnosos, que acumulan auga, como a laranxa, a uva e o melón.  Froitos secos, que non acumulan auga, como as noces, as castañas, as améndoas e as abelás. Dentro do froito están as sementes. Os froitos poden conter unha semente -de gran tamaño- como o melocotón, ou moitas sementes, como a sandía. Cando o froito está maduro, cae a terra ou ábrese e saen as sementes do interior.
  • 9.
    TEMA V. ASPLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15 Plantas sen flor: mofos Mofos Visión microscópica desta clase de planta sen flor. As plantas sen flor, en xeral, non necesitan tanta luz como as que teñen flores, pero requiren un ambiente máis húmido para vivir. Os mofos e os fentos pertencen a este grupo de plantas. O mofo posúe un talo diminuto do que saen tamén follas diminutas e pequenas raíces. Esta clase de vexetal vive no chan, pero tamén sobre rochas ou recubrindo os troncos(madeiros) das árbores. Moitos mofos forman pequenas alfombras verdes que cobren o chan dos bosques sombríos. Aínda que dependen moito da auga, moitos mofos poden resistir períodos de seca. OS FENTOS Esporas do fento No reverso das follas dos fentos hai unhas bolsiñas de cor marrón, chamadassoros, que conteñen as esporas. As primeiras grandes plantas que habitaron no noso planeta foron os fentos. Eran tan grandes como as árbores actuais. Constituían bosques frondosos onde aínda non se desenvolveran as plantas con flores. Na actualidade, soamente é posible encontrar grandes fentos nalgúns bosques das rexións tropicais. Durante unha parte da súa vida, os fentos están constituídos por unha soa folla de poucos milímetros que vive no chan. Cando esta planta diminuta se reproduce sexualmente, orixínase unha planta de tamaño medio, cun talo groso que crece baixo terra e unhas follas grandes chamadas frondes. Os fentos non producen flores nin sementes para reproducirse. En certas épocas, no reverso das frondes, pódense observar unha especie de grans de cor marrón chamados soros, que conteñen as esporas coas cales os fentos se reproducen asexualmente.
  • 10.
    TEMA V. ASPLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15 Plantas con flor Orquídeas Constituyen a familia máis numerosa do reino vexetal e sobresaen polas súas cores vistosas que permiten atraer os insectos. As primeiras plantas con flor, capaces de desenvolver sementes primitivas, apareceron no noso planeta hai uns 380 millóns de anos. As plantas con flores tamén reciben o nome de plantas superiores ou fanerógamas. Son plantas con raíz, talo e folla ben diferenciados. A diferenza dos mofos e os fentos, producen sementes, o que lles permitiu sobrevivir en condicións desfavorables e diseminarse. Segundo a disposición das sementes podemos falar das ximnospermas e as anxiospermas. XIMNOSPERMAS Cedro A madeira desta árbore, así como a doutras ximnospermas (piñeiro, abeto ou ciprés) é moi valorada. A principal diferenza entre as plantas anxiospermas e as ximnospermas é que as primeiras teñen flores e adoitan producir froito, mentres que as ximnospermas son plantas pouco vistosas (posúen flores pouco rechamantes) e non producen froitos. Ademais, as sementes das ximnospermas non se encontran pechadas no interior dun froito. Case todas as plantas ximnospermas son árbores. Pertencen a este grupo as coníferas, como os piñeiros, os abetos, os cedros, os cipreses e as secuoias, que son as árbores de maior tamaño que existen. As sementes das coníferas agrúpanse nas piñas. Esta clase de árbores é moi apreciada xa que delas se aproveita a súa valiosa madeira para facer leña, mobles e papel. Tamén se aproveitan a resina e as piñas.
  • 11.
    TEMA V. ASPLANTAS CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula Planeta 2014/15 ANXIOSPERMAS É o grupo de plantas máis numeroso e variado. Entre as anxiospermas hai árbores, como o castaño; arbustos, como o romeiro; e tamén herbas, como a papoula. Entre as súas características principais destacan que os talos teñen ramificacións e que as follas ás veces son caducas, ás veces persistentes; é dicir, follas de duración anual ou perennes. As anxiospermas producen sementes pechadas no interior dun froito. Hai plantas deste grupo en case todos os ambientes, mesmo somerxidas na auga mariña, como por exemplo a posidonia, frecuente no mar Mediterráneo. Tulipán Es unha planta anxiosperma moi valorada como elemento decorativo.