Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. As orixes do cinema afroamericano", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña) o 17 de febreiro de 2022.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema, 3. Tempos difíciles", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 9 de novembro de 2023.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema, 2. Mudar de vida", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 5 de outubro de 2023.
03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuelafilmotecaforum
Presentación sobre cinema boliviano, colombiano, cubano, paraguaio, uruguaio e venezolano empregada no obradoiro de lecer do Centro Ágora "Cinema da América Latina".
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. As orixes do cinema afroamericano", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña) o 17 de febreiro de 2022.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema, 3. Tempos difíciles", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 9 de novembro de 2023.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema, 2. Mudar de vida", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 5 de outubro de 2023.
03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuelafilmotecaforum
Presentación sobre cinema boliviano, colombiano, cubano, paraguaio, uruguaio e venezolano empregada no obradoiro de lecer do Centro Ágora "Cinema da América Latina".
Presentación empregada no relatorio "Rosalía nas pantallas", impartido na Coruña (A. C. Alexandre Bóveda, 13 de febreiro), Vilalba (Instituto de Estudos Chairegos, 24 e 25 de febreiro) e Padrón (Casa de Rosalía, 19 de abril).
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70filmotecaforum
Presentación empregada na palestra "DirectorAs: Cineastas americanas nos anos 70", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 4 de abril de 2024.
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadefilmotecaforum
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade" impartida o 14 de decembro de 2023 no local da A. C. Alexandre Bóveda.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema - [1] Os verdes anos", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 7 de setembro de 2023.
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugalfilmotecaforum
Presentación empregada na charla "O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal" impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 1 de xuño de 2023.
Presentación empregada na palestra sobre a actriz e directora Kinuyo Tanaka, impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 2 de marzo de 2023.
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60filmotecaforum
Presentación empregada na palestra "Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 2 de febreiro de 2023.
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. Cinema portugués dos 80", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 1 de decembro de 2022.
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. Cinema portugués dos 80", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o mércores 2 de novembro de 2022.
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. Hollywood ❤️ URSS", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 6 de outubro de 2022.
Presentación empregada na palestra "Outras historias do cinema. Cinemas dos pobos orixinarios", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 2 de xuño de 2022.
Presentación empregada na palestra "Outras historias do cinema. Países africanos de fala portuguesa", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 5 de maio de 2022.
Presentación empregada na palestra "Outras historias do cinema. Cinema e educación", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 7 de abril de 2022.
2. A primeira exhibición pública do
cinematógrafo na Arxentina tivo
lugar o 18 de xullo de 1896 no
Teatro Odeón de Buenos Aires,
pouco máis de seis meses despois
da mítica presentación oficial no
Grand Café de París. A sesión está
organizada por Francisco Pastor,
xestor da sala, e Eustaquio Pellicer,
xornalista; o programa consta de
material dos Lumière. Uns días
antes, o 6 de xullo, houbo unha
proxección de filmes ingleses nunha
sala da rúa Florida cunha das
diversas imitacións que nesa altura
xurdiron do invento francés, o
vivomatógrafo.
As imaxes en movemento, con todo,
non eran descoñecidas pois antes xa
pasara polo país o kinetoscopio de
Edison.
3. Hoxe acéptase que as primeiras
imaxes cinematográficas tomadas en
territorio arxentino fíxoas en setembro
de 1896 o alemán emigrado ao Brasil
Federico Figner. En novembro dese
mesmo ano proxectou na capital
porteña as Vistas de Palermo, La
Avenida de Mayo e La Plaza de Mayo.
O fotógrafo francés Eugène Py (1859
1924), residente en Buenos Aires
desde os anos 80 do século XIX, é un
dos pioneiros da realización na
Arxentina. La bandera argentina, obra
súa de 1897, foi considerada durante
moito tempo un título fundacional.
Ningún destes filmes se conserva na
actualidade.
4. Máis curioso é o caso das
filmacións cirúrxicas que
encargou o doutor Alejandro
Posadas (18701902), fillo
de galego (o seu pai era de
Vigo). Ao estilo das que en
Europa facían o polaco
Boleslaw Matuszewski e o
francés EugèneLouis Doyen,
as imaxes amosan ao
cirurxián en plena acción;
detrás da cámara estaba o
antes citado Eugène Py.
5. Nos primeiros anos do século XX abren salas
de forma estábel e nace a primeira
distribuidora de filmes. Coma noutros países,
o cinema empeza a converterse nunha
actividade de lecer de masas.
Na década dos 10 cobran peso as ficcións,
coma Amalia (Enrique García Velloso, 1914)
ou Nobleza gaucha (Humberto Cairo,
Ernesto Gunche e Eduardo Martinez de la
Pera, 1915), que acada un éxito monumental.
De 1917 é a animación El apóstol, de Quirino
Cristiani, sátira sobre o presidente Yrigoyen.
E mantense a popularidade dos noticieiros,
coma Film Revista Valle, emprendido polo
italiano Federico Valle (18801960). Con
periodicidade semanal, chegou a acumular
máis de 600 edicións.
6. Nos anos 20 o director de referencia é José Agustín
Ferreyra (18891943), que practica un cinema popular
escorado cara ao sentimental: “su obra adquiere pronto
un rumbo que respeta y repite tópicos como las madres
cariñosas que defienden a sus hijas de caer en la
tentación y a los varones en la mala vida, el barrio
humilde opuesto a las luces del centro, o el amor
triunfando sobre infidelidades de novios, hijos, maridos
y amantes; así destacan La muchacha del arrabal
(1922), Melenita de oro (1923), Organito de la tarde
(1925) y Perdón, viejita (1927), una de sus mejores
piezas” (Ricardo García Oliveri, Diccionario del Cine
Iberoamericano. España, Portugal y América, SGAE,
2011).
José Agustín Ferreyra será tamén autor do primeiro
filme con son e diálogos sincronizados co sistema
Vitaphone, Muñequitas porteñas (1931).
7. Un filme chave ao comezo do sonoro é
¡Tango! (Luis Moglia Barth, 1933), co son
integrado no filme (isto é, sen necesidade de
disco sincronizado) e a presenza de figuras
coma Luis Sandrini e sobre todo a actriz
cantante Libertad Lamarque, estrela daquel
tempo.
Imposíbel esquecer ao mito Carlos Gardel
(18901935), por máis que os filmes sonoros
que fixo antes da súa prematura morte en
accidente de avión no que tamén faleceu o
letrista Alfredo Le Pera tivesen produción da
Paramount estadounidense. O seu éxito foi
enorme en todo o mundo hispanoparlante:
Luces de Buenos Aires, Espérame, La casa es
seria, Melodía de arrabal, Cuesta abajo, El
tango en Broadway, El día que me quieras e
Tango bar.
8. Gran popularidade acadou desde finais dos
30 até os 50 a actriz cómica Niní Marshall
(19031996), en especial polos filmes
protagonizados polos personaxes de Catita
(unha cociñeira italiana) e Cándida (unha
criada galega), parodias bastas das mulleres
emigrantes.
9. Neste período de esplendor industrial, malia ser xa o
cinema estadounidense o de máis peso comercial, hai
espazo para a épica inspirada na historia nacional.
Tomando coma fonte o libro homónimo de Leopoldo
Lugones, La guerra gaucha (Lucas Demare, 1942) relata
a loita da guerrilla gaucha contra o exército español
durante a Guerra da Independencia de 1817.
Convértese no filme arxentino máis visto e ten entre os
seus protagonistas ao actor galegoarxentino Enrique
Muíño (18811956), nacido na Laracha.
10. O cinema arxentino está consolidado dentro do
país e mantén unha posición avantaxada no
mercado de fala hispana. Directores destacados
deste tempo son Carlos Hugo Christensen
(19141999), Carlos Schlieper (19021957),
Hugo del Carril (19121989), Luis César
Amadori (19021977) ou Luis Saslavsky,
(19031995), director en 1945 dunha versión
de La dama duende que tivo como guionistas a
Rafael Alberti e María Teresa León.
11. “Tras la caída del gobierno de Juan Domingo Perón*, la Argentina bucólica del bienestar
desaparece y tiene lugar un caos que incluye rencores, revanchas o simples traiciones de
quienes cambian de bando a tiempo y se transforman en verdugos de aquellos a quienes
antes alentaron y alabaron. Vuelven del exilio artistas como Francisco Petrone, María
Rosa Gallo, Niní Marshall y Arturo García Buhr; algunos sólo lo hacen más tarde y
esporádicamente, pues prefieren conservar su residencia en los países que los han
acogido, como Libertad Lamarque en México, Orestes Caviglia en Uruguay y Carlos
Hugo Christensen en Brasil, pero otros deben partir al exilio como Luis César Amadori y
Zully Moreno y, en menor medida en cuanto al origen político de su destierro, Pepe
Iglesias, Alberto de Mendoza, Alberto Closas (se repatria), Juan Carlos Thorry y Analía
Gadé, mientras una cantidad considerable de artistas permanece en el país sin
posibilidades inmediatas de conseguir trabajo (...) La comisión investigadora de la
disuelta Secretaría de Prensa y Difusión, manejada por Raúl Alejandro Apold, da a
conocer los costos astronómicos del Festival de Mar del Plata y afirma que durante el
peronismo “con la película virgen se hicieron permanentes discriminaciones y se
impusieron condiciones a las empresas filmadoras para imponer… primeras figuras. Se
entregaron grandes cantidades a noticieros y empresas preferidas y quienes tenían
penurias por ese material debieron solicitarlo aviniéndose a condiciones extra
cinematográficas que se les imponían previamente”.
(Ricardo García Oliveri, Diccionario del Cine Iberoamericano.
España, Portugal y América, SGAE, 2011).
*Primeira etapa, 19461955
12. En 1957 nace o INCA, Instituto Nacional
de Cinematografía. Na Arxentina
agroman, como en moitos outros países,
novas vagas de cineastas que rompen cos
modelos xa anquilosados do cinema
nacional. O primeiro que triunfa
internacionalmente é Leopoldo Torre
Nilsson (19241978), que compite en
Cannes con La casa del ángel (1957), La
mano en la trampa (1961, Premio
FIPRESCI), Setenta veces siete (1962) e
La chica del lunes (1967); en Venecia con
Homenaje a la hora de la siesta (1962);
en Berlín con La caída (1959), Fin de
fiesta (1960), La terraza (1963) e Los
siete locos (1973, Oso de Prata); e en San
Sebastián con Boquitas pintadas (1974,
Cuncha de Prata).
13. A ruptura co pasado e o cuestionamento
crítico co presente caracterizan a Fernando
Birri (19252017), con filmes coma Los
inundados (1962), e o cineasta (e político)
Fernando “Pino” Solanas (1936), autor
entre outras de La hora de los hornos (1968).
A presenza internacional do cinema
arxentino prosegue con novos nomes. Así,
Manuel Antín (1926) vai a Cannes con Los
venerables todos (1962) e Don Segundo
Sombra (1969) e Rodolfo Kuhn (1934
1987) á Berlinale con Pajarito Gómez
(1965).
14. Singular é o caso de Hugo Santiago (1939
2018). Nacido en Buenos Aires, trasladouse
a Francia con vinte anos e foi axudante de
Robert Bresson. A súa primeira longametraxe
é Invasión (1968), a partir dun argumento de
Jorge Luis Borges e Adolfo Bioy Casares e
que tamén tiña a Borges coma coguionista
(xunto ao propio Hugo Santiago). Repetiu
con Borges e Casares con Les autres (1975),
con produción francesa. O seu último filme
levouno de volta á súa cidade natal: El cielo
del centauro (2015), coescrito con Mariano
Llinás.
15. Especial interese ten Leonardo Favio (1938
2012), que foi capaz de sumar popularidade
(inmensa) e prestixio crítico.
Nacido na provincia de Mendoza, o seu nome
real era Fuad Jorge Jury. A súa infancia
transcorreu entre internados dos que escapaba
en canto podía. Desenvolveu toda sorte de
traballos na adolescencia; estudou nun
seminario e intentou ser militar, sen moita
convicción, e acabou emigrando a Buenos Aires.
Ao abeiro de Leopoldo Torre Nilsson iniciou
unha carreira coma actor en filmes coma La
mano en la trampa (1961). Detrás da cámara
debutou cunha curta, El amigo (1960), retrato
de neno rico vs neno pobre que parece apelar
directamente aos primeiros anos da súa propia
vida.
17. Austera e lacónica, El dependiente (1969) é
un relato sobre a mesquindade e a
submisión con Walter Vidarte coma
protagonista. Na pel do ferreteiro Don Vila,
o galego Fernando Iglesias “Tacholas”
(19091991), que nacera en Ourense e
emigrara á Arxentina aos 20 anos. No seu
país de adopción “Tacholas” foi un grande
dinamizador da cultura galega como
tamén o foi Maruxa Villanueva e mesmo
foi un dos actores que estreou en 1941 Os
vellos non deben de namorarse de Castelao.
O paso do branco e negro á cor abre o
período máis popular de Favio, primeiro
coas aventuras gauchas de Juan Moreira
(1973), logo con Nazareno Cruz y el lobo
(1975), que sumou tres millóns e medio de
espectadores.
18. Unha parella imposíbel o cantante Gian
Franco Pagliaro e o boxeador Carlos
Monzón sobrevivindo coma artistas
ambulantes protagoniza a maxistral Soñar,
soñar (1976). O choque entre a roña
concreta e a ilusión irreal típica do universo
de Favio acada unha das súas cotas máis
altas.
19. Marchou da Arxentina en 1976 a raíz do
“Proceso de Reorganización Nacional”, nome
eufemístico da ditadura que acabou, vía golpe de
estado, co goberno constitucional de Isabel
Martínez de Perón. Á cabeza da rebelión militar
estiveron Jorge Rafael Videla, Emilio Eduardo
Massera e Orlando Ramón Agosti, máis nomes
para a historia universal da infamia.
Pasou moito tempo até que puido rodar Gatica,
el mono (1993), biopic do mítico campión de
boxeo. Outra obra mestra. O dominio da posta
en escena do cineasta é xa insultante, en
particular nas apoteóticas escenas no ring.
20. Do seu entusiasmo e fidelidade ao
peronismo nace un documental de case
seis horas, Perón, sinfonía del sentimiento
(1999).
En 2008 dirixe a súa última
longametraxe, Aniceto, que revisa o
tema da anterior El romance del Aniceto y
la Francisca... Se co andar dos anos a
concisión do pasado fora dando paso ao
barroquismo, a súa despedida do cinema
roza a abstracción pola vía do extremo
artificio, sublimado polo uso do ballet
coma recurso narrativo. Permanece, iso
si, a sensualidade, a voluptuosidade
característica do seu cinema.
21. Aos éxitos da primeira metade dos 70
ademais de Favio, La tregua de Sergio
Renán (1972), primeiro filme arxentino
candidato ao Oscar, ou La Raulito de
Lautaro Murúa (1975) séguelles o brusco
cambio que supón o período ditatorial
(19761983). Aínda así, neses anos debuta
un autor merecedor de atención, Adolfo
Aristarain (La parte del león, 1978; Un
lugar en el mundo, 1992).
22. A guerra das Malvinas acelera a caída
do réxime militar. A (non precisamente
fácil) restauración da democracia
permite a introdución no cinema de
temas antes imposíbeis e a volta de
cineastas que optaran polo exilio. No
medio dese novo fervor, Camila (María
Luisa Bemberg, 1984) convértese nun
éxito e obtén outra candidatura ao
Oscar ao mellor filme estranxeiro, que
finalmente conseguirá en 1985 La
historia oficial de Luis Puenzo, un
símbolo dese novo tempo que gañou,
ademais, o premio á mellor actriz en
Cannes para Norma Aleandro (ex
aequo con Cher por Mask).
23. A finais dos 90, e contra o
anquilosamento do cinema arxentino
máis popular, abrolla unha xeración de
novos directores e directoras. A data
fundacional é a estrea, en febreiro de
1998, de Pizza, birra, faso, de Israel
Adrián Caetano e Bruno Stagnaro,
estreada uns meses antes na
competición internacional do histórico
Festival de Mar del Plata. Nace o Nuevo
cine argentino, apoiado pola crítica
máis rompedora coa revista El amante
coma paradigma e un novo festival de
referencia, o BAFICI de Buenos Aires,
cuxa primeira edición ten lugar en 1999.
24. En paralelo ao cinema de éxito masivo,
de El hijo de la novia (Juan José
Campanella, 2001) a Relatos salvajes
(Damián Szifrón, 2014), Arxentina vén
sendo nas últimas dúas décadas un
manancial aparentemente sen fondo
desoutro cinema que se abre oco nos
certames internacionais. Entre veteranos
e novísimos, a listaxe é longa e non deixa
de medrar: Edgardo Cozarinsky, Lucrecia
Martel, Pablo Trapero, Fabián Bielinsky,
Lisandro Alonso, Sergio Wolf, Milagros
Mumenthaler, Mariano Llinás, Alejo
Moguillansky, Ana Katz, Albertina Carri,
Santiago Mitre, Constanza Novick,
Matías Piñeiro, Anahí Berneri...