SlideShare a Scribd company logo
Baixo a denominación “race films”
recóllese o conxunto de películas que
desde o período mudo até a década
dos 50 producíronse nos Estados
Unidos dirixidas a un público
eminentemente afroamericano, en
xeral con elencos maioritaria ou
integramente afroamericanos e ás
veces tamén con directores negros
detrás das cámaras. Películas cos
elencos, os temas e os personaxes que
a gran industria ignoraba ou utilizaba
de forma moi anecdótica e, a miúdo,
obscena no ideolóxico.
Que xa na era pre-Hollywood unha
autora tan audaz como a francesa
Alice Guy dirixise desde a súa
produtora The Solax Company, o maior
estudo da época, a curta cómica “A
Fool and His Money” (1912) cun elenco
enteiramente negro demostra que
diante da pantalla había un público
posíbel.
“A Fool and His Money” (Alice Guy, 1912)
1915 serve como posíbel data fundacional
para o inicio dos “race films”. A comezos
dese ano David Wark Griffith estreaba
“The Birth of a Nation”, descomunal éxito
na billeteira tan celebrado polo brillante
despregamento de recursos técnicos e
narrativos como innegabelmente racista
xa para o espectador contemporáneo.
Cun discurso favorábel ao Ku Klux
Klan como forza preservadora dos
“valores americanos” e un retrato
grotesco da poboación negra como
unha colección de nugalláns
obsesionados con violar virxes
brancas, a película de Griffith xerou
controversia e protestas desde o
primeiro momento mais en paralelo
desatou un “orgullo racista” que
motivou un novo apoxeo do Klan,
refundado en Atlanta nese mesmo
1915 e que en menos dunha década
chegou a pasar con moito do millón
de seguidores.
“The Birth of a Nation” (D. W. Griffith, 1915)
A figura emblemática dos “race films” é
Óscar Micheaux (1884-1951). Nacido nunha
granxa en Illinois, Micheaux desempeñou
diversos oficios, incluido o de “Pullman
porter”, asistente de tren, até adquirir unhas
terras e establecerse como campesiño en
Dakota do Sur, experiencia que logo
inspirou a súa novela “The Homesteader”. A
obra chamou a atención dos irmáns George
e Noble Johnson, que en 1916 fundaran The
Lincoln Motion Picture Company, a primeira
produtora “all black”. Ao non poder intervir
de forma efectiva na adaptación, Micheaux
optou por fundar el mesmo unha compañía
e lanzarse á creación, en 1919, dunha
primeira longametraxe con idéntico título
que a novela, hoxe perdida.
Oscar Micheaux. Autor descoñecido. Dominio público.
A filmografía que coñecemos del empeza,
xa que logo, coa segunda longametraxe,
“Within Our Gates” (1919), recuperada por
Filmoteca Española a partir dun nitrato
atopado nos 70 etiquetado como “A
Negra”. A vontade política e formativa de
Micheaux está moi viva: a película é, ante
todo, unha alegación en favor da
educación como elemento transformador
da sociedade.
Igualmente valiosa é “The Symbol of
the Unconquered”, non só por ofrecer
unha visión ben distinta da de Griffith
da brutalidade do KKK, senón por
introducir de forma explícita a idea do
“passing”, a posibilidade que tiñan as
persoas de pel máis clara de ser
consideradas “brancas” e integrarse
con normalidade nunha sociedade
que doutra forma discriminaríaas.
“The Symbol of the Unconquered" (Oscar Micheaux, 1920)
Aínda do período silente é “Body and
Soul” (1925), un relato áspero e escuro
cun convicto que se fai pasar por
reverendo e trata de forma vil a unha
moza á que leva á ruína. Fai do falso
reverendo (e do seu irmán xemelgo
bondadoso) o lendario Paul Robeson na
súa primeira aparición cinematográfica.
“Body and Soul” (Oscar Micheaux, 1925)
A precariedade de medios do cinema de
Micheaux resulta máis evidente en
películas sonoras como “Ten Minutes to
Live” (1932) e “The Girl from Chicago”,
relatos de intriga e crime inchados con
diversas escenas musicais.
O tema do “passing” volve estar presente
na máis interesante das películas sonoras
de Micheaux, “Veiled Aristocrats” (1932).
Tamén merece atención “Birthright” (1939),
remake dun filme mudo perdido con outro
personaxe idealista, representación desa
“nova negritude” arelada polo cineasta,
cuxo soño de abrir unha escola nunha zona
rural choca coa oposición e as trampas de
quen non ven con bos ollos o progreso
igualitario.
“Veiled Aristocrats” (Oscar Micheaux, 1932)
Outro cineasta destacado é Spencer
Williams (1893-1969), que dirixiu en 1941
a suxestiva fantasía relixiosa “The Blood
of Jesus”, excitante mestura de
etnografía do sur e simboloxía cristiá
aderezada con espirituais clásicos como
“Old Time Religion”.
Spencer Williams nos 50. Dominio público.
Moi sólida é “Dirty Gertie from Harlem
U.S.A.” (1946), cunha artista de vodevil,
Gertie La Rue (Francine Everett), que
chega a un lugar do Caribe para
entreter aos turistas e desata variadas
(e finalmente tráxicas) paixóns ao seu
paso.
As películas da parella formada por
James e Eloyce Gist contémplanse hoxe
como un fascinante obxecto estraño.
James era cristián evanxélico; a súa
esposa Eloyce seguía a fe Bahai, mais
compartían fundamentos relixiosos
abondo como para promoveren xuntos
os seus principios cun proxector de
cinema como apoio. “Hell-Bound Train” é,
dentro do seu obvio amadorismo, un
exemplo das súas intencións, cun tren
guiado literalmente polo demo que serve
de metáfora dos pecados e desvíos da
virtude cristiá que a vida nos presenta.
“Hell-Bound Train” (James e Eloyce Gist, c. 1930)
Non podemos esquecer entre as
pioneiras a Zora Neale Hurston (1891-
1960), escritora e antropóloga estudosa do
folclore afroamericano e caribeño. Como
parte das súas investigacións de campo,
cara a 1928 filmou diversas estampas da
vida cotiá das comunidades negras do
sur. As súas imaxes van máis aló do
etnográfico para erixirse en fermosos
retratos con mirada cinematográfica.
Zora Neale Hurston. Autor descoñecido.
Dominio público.
Para saber máis...
Artigo
“EL NACIMIENTO
DE OTRA NACIÓN”
Revista
CAIMÁN CUADERNOS
DE CINE, xaneiro de
2022

More Related Content

What's hot

Lupita Tovar (1910-2016)
Lupita Tovar (1910-2016)Lupita Tovar (1910-2016)
Lupita Tovar (1910-2016)
filmotecaforum
 
Conflitos do século xx e cine
Conflitos do século xx e cineConflitos do século xx e cine
Conflitos do século xx e cine30an236
 
As pioneiras
As pioneirasAs pioneiras
As pioneiras
filmotecaforum
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Charles Dickens
Charles DickensCharles Dickens
Charles Dickens
fontexeriabib
 
F. W. Murnau
F. W. MurnauF. W. Murnau
F. W. Murnau
filmotecaforum
 
Orson Welles
Orson WellesOrson Welles
Orson Welles
fontexeriabib
 
Concurso
ConcursoConcurso
John Ford
John FordJohn Ford
John Ford
filmotecaforum
 
Fitos do cinema no mundo, 1934 1945
Fitos do cinema no mundo, 1934 1945Fitos do cinema no mundo, 1934 1945
Fitos do cinema no mundo, 1934 1945
filmotecaforum
 
Cinema mudo en España
Cinema mudo en EspañaCinema mudo en España
Cinema mudo en España
filmotecaforum
 
Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)
Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)
Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)
Marlou
 
Mestres nórdicos: Stiller, Sjöström, Dreyer
Mestres nórdicos: Stiller, Sjöström, DreyerMestres nórdicos: Stiller, Sjöström, Dreyer
Mestres nórdicos: Stiller, Sjöström, Dreyer
filmotecaforum
 
What's hot (13)

Similar to As orixes do cinema afroamericano

A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
filmotecaforum
 
03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuela
03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuela03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuela
03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuela
filmotecaforum
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
filmotecaforum
 
As vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerraAs vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerra
Antonio
 
Hollywood, 1934-1945
Hollywood, 1934-1945Hollywood, 1934-1945
Hollywood, 1934-1945
filmotecaforum
 
Hollywood en crise
Hollywood en criseHollywood en crise
Hollywood en crise
filmotecaforum
 
Berlinale
BerlinaleBerlinale
Berlinale
filmotecaforum
 
As vangardas
As vangardasAs vangardas
As vangardas
Mrc558688
 
Plumas comprometidas
Plumas comprometidasPlumas comprometidas
Plumas comprometidas
tudense
 
A LITERATURA DO EXILIO
A LITERATURA DO EXILIOA LITERATURA DO EXILIO
A LITERATURA DO EXILIO
SaloEu
 
Goya
GoyaGoya
LUÍS SEOANE
LUÍS SEOANELUÍS SEOANE
LUÍS SEOANE
Agrela Elvixeo
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
filmotecaforum
 
A novela no século xx
A novela no século xxA novela no século xx
A novela no século xx
julioparadayanez
 
Primeiros pasos do cinema sonoro en Europa
Primeiros pasos do cinema sonoro en EuropaPrimeiros pasos do cinema sonoro en Europa
Primeiros pasos do cinema sonoro en Europa
filmotecaforum
 
Similar to As orixes do cinema afroamericano (20)

A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuela
03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuela03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuela
03 Bolivia, Colombia, Cuba, Paraguay, Uruguay e Venezuela
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
As vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerraAs vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerra
 
Hollywood, 1934-1945
Hollywood, 1934-1945Hollywood, 1934-1945
Hollywood, 1934-1945
 
Hollywood en crise
Hollywood en criseHollywood en crise
Hollywood en crise
 
Berlinale
BerlinaleBerlinale
Berlinale
 
Vidal bolaño
Vidal bolañoVidal bolaño
Vidal bolaño
 
As vangardas
As vangardasAs vangardas
As vangardas
 
Plumas comprometidas
Plumas comprometidasPlumas comprometidas
Plumas comprometidas
 
O cine_touro
O cine_touroO cine_touro
O cine_touro
 
Pop art
Pop artPop art
Pop art
 
A LITERATURA DO EXILIO
A LITERATURA DO EXILIOA LITERATURA DO EXILIO
A LITERATURA DO EXILIO
 
Goya
GoyaGoya
Goya
 
LUÍS SEOANE
LUÍS SEOANELUÍS SEOANE
LUÍS SEOANE
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
A novela no século xx
A novela no século xxA novela no século xx
A novela no século xx
 
A novela no século xx
A novela no século xxA novela no século xx
A novela no século xx
 
Primeiros pasos do cinema sonoro en Europa
Primeiros pasos do cinema sonoro en EuropaPrimeiros pasos do cinema sonoro en Europa
Primeiros pasos do cinema sonoro en Europa
 
More from filmotecaforum

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
filmotecaforum
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
filmotecaforum
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
filmotecaforum
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
filmotecaforum
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
filmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
filmotecaforum
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
filmotecaforum
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
filmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
filmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
filmotecaforum
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
filmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
filmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
filmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
filmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
filmotecaforum
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
filmotecaforum
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
filmotecaforum
 
More from filmotecaforum (20)

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
 
As orixes do cinema afroamericano

  • 1.
  • 2. Baixo a denominación “race films” recóllese o conxunto de películas que desde o período mudo até a década dos 50 producíronse nos Estados Unidos dirixidas a un público eminentemente afroamericano, en xeral con elencos maioritaria ou integramente afroamericanos e ás veces tamén con directores negros detrás das cámaras. Películas cos elencos, os temas e os personaxes que a gran industria ignoraba ou utilizaba de forma moi anecdótica e, a miúdo, obscena no ideolóxico. Que xa na era pre-Hollywood unha autora tan audaz como a francesa Alice Guy dirixise desde a súa produtora The Solax Company, o maior estudo da época, a curta cómica “A Fool and His Money” (1912) cun elenco enteiramente negro demostra que diante da pantalla había un público posíbel. “A Fool and His Money” (Alice Guy, 1912)
  • 3. 1915 serve como posíbel data fundacional para o inicio dos “race films”. A comezos dese ano David Wark Griffith estreaba “The Birth of a Nation”, descomunal éxito na billeteira tan celebrado polo brillante despregamento de recursos técnicos e narrativos como innegabelmente racista xa para o espectador contemporáneo.
  • 4. Cun discurso favorábel ao Ku Klux Klan como forza preservadora dos “valores americanos” e un retrato grotesco da poboación negra como unha colección de nugalláns obsesionados con violar virxes brancas, a película de Griffith xerou controversia e protestas desde o primeiro momento mais en paralelo desatou un “orgullo racista” que motivou un novo apoxeo do Klan, refundado en Atlanta nese mesmo 1915 e que en menos dunha década chegou a pasar con moito do millón de seguidores. “The Birth of a Nation” (D. W. Griffith, 1915)
  • 5. A figura emblemática dos “race films” é Óscar Micheaux (1884-1951). Nacido nunha granxa en Illinois, Micheaux desempeñou diversos oficios, incluido o de “Pullman porter”, asistente de tren, até adquirir unhas terras e establecerse como campesiño en Dakota do Sur, experiencia que logo inspirou a súa novela “The Homesteader”. A obra chamou a atención dos irmáns George e Noble Johnson, que en 1916 fundaran The Lincoln Motion Picture Company, a primeira produtora “all black”. Ao non poder intervir de forma efectiva na adaptación, Micheaux optou por fundar el mesmo unha compañía e lanzarse á creación, en 1919, dunha primeira longametraxe con idéntico título que a novela, hoxe perdida. Oscar Micheaux. Autor descoñecido. Dominio público.
  • 6. A filmografía que coñecemos del empeza, xa que logo, coa segunda longametraxe, “Within Our Gates” (1919), recuperada por Filmoteca Española a partir dun nitrato atopado nos 70 etiquetado como “A Negra”. A vontade política e formativa de Micheaux está moi viva: a película é, ante todo, unha alegación en favor da educación como elemento transformador da sociedade.
  • 7. Igualmente valiosa é “The Symbol of the Unconquered”, non só por ofrecer unha visión ben distinta da de Griffith da brutalidade do KKK, senón por introducir de forma explícita a idea do “passing”, a posibilidade que tiñan as persoas de pel máis clara de ser consideradas “brancas” e integrarse con normalidade nunha sociedade que doutra forma discriminaríaas. “The Symbol of the Unconquered" (Oscar Micheaux, 1920)
  • 8. Aínda do período silente é “Body and Soul” (1925), un relato áspero e escuro cun convicto que se fai pasar por reverendo e trata de forma vil a unha moza á que leva á ruína. Fai do falso reverendo (e do seu irmán xemelgo bondadoso) o lendario Paul Robeson na súa primeira aparición cinematográfica. “Body and Soul” (Oscar Micheaux, 1925)
  • 9. A precariedade de medios do cinema de Micheaux resulta máis evidente en películas sonoras como “Ten Minutes to Live” (1932) e “The Girl from Chicago”, relatos de intriga e crime inchados con diversas escenas musicais. O tema do “passing” volve estar presente na máis interesante das películas sonoras de Micheaux, “Veiled Aristocrats” (1932). Tamén merece atención “Birthright” (1939), remake dun filme mudo perdido con outro personaxe idealista, representación desa “nova negritude” arelada polo cineasta, cuxo soño de abrir unha escola nunha zona rural choca coa oposición e as trampas de quen non ven con bos ollos o progreso igualitario. “Veiled Aristocrats” (Oscar Micheaux, 1932)
  • 10. Outro cineasta destacado é Spencer Williams (1893-1969), que dirixiu en 1941 a suxestiva fantasía relixiosa “The Blood of Jesus”, excitante mestura de etnografía do sur e simboloxía cristiá aderezada con espirituais clásicos como “Old Time Religion”. Spencer Williams nos 50. Dominio público.
  • 11. Moi sólida é “Dirty Gertie from Harlem U.S.A.” (1946), cunha artista de vodevil, Gertie La Rue (Francine Everett), que chega a un lugar do Caribe para entreter aos turistas e desata variadas (e finalmente tráxicas) paixóns ao seu paso.
  • 12. As películas da parella formada por James e Eloyce Gist contémplanse hoxe como un fascinante obxecto estraño. James era cristián evanxélico; a súa esposa Eloyce seguía a fe Bahai, mais compartían fundamentos relixiosos abondo como para promoveren xuntos os seus principios cun proxector de cinema como apoio. “Hell-Bound Train” é, dentro do seu obvio amadorismo, un exemplo das súas intencións, cun tren guiado literalmente polo demo que serve de metáfora dos pecados e desvíos da virtude cristiá que a vida nos presenta. “Hell-Bound Train” (James e Eloyce Gist, c. 1930)
  • 13. Non podemos esquecer entre as pioneiras a Zora Neale Hurston (1891- 1960), escritora e antropóloga estudosa do folclore afroamericano e caribeño. Como parte das súas investigacións de campo, cara a 1928 filmou diversas estampas da vida cotiá das comunidades negras do sur. As súas imaxes van máis aló do etnográfico para erixirse en fermosos retratos con mirada cinematográfica. Zora Neale Hurston. Autor descoñecido. Dominio público.
  • 14. Para saber máis... Artigo “EL NACIMIENTO DE OTRA NACIÓN” Revista CAIMÁN CUADERNOS DE CINE, xaneiro de 2022