SlideShare a Scribd company logo
A inmensa maioría das longametraxes
feitas na época do cinema mudo e unha
parte notábel dos filmes sonoros dos
anos 30 e 40 perdéronse para sempre:
son miles e miles de filmes que xa
nunca poderemos ver. Outros moitos
miles de filmes estiveron e están en
perigo debido á insuficiente calidade
das condicións de conservación.
A preservación da memoria e a arte do
cinema é un desafío para toda a
humanidade e xustifica a existencia das
filmotecas como institucións
encargadas de velar por un inmenso
patrimonio cultural. Nesta sesión
celebramos a importancia de gardar
para o futuro o cinema do pasado e
como o descubrimento de filmes
esquecidos de diferentes épocas e
procedencias nos obriga a repensar
constantemente a historia desta arte.
Número de longametraxes silentes producidas nos EEUU
Imaxe: “The Survival of American Silent Feature Films: 1912–1929”, David Pierce
Estado de conservación das longametraxes silentes
Total: 10919 longametraxes
Imaxe: “The Survival of American Silent Feature Films: 1912–1929”, David Pierce
Imaxe: The Film Preservation Guide: The Basics for Archives, Libraries and Museums
Sexa cal sexa o seu largo (35, 16, 8 mm), a
película cinematográfica está formada por
dúas capas. A máis grosa é a base plástica
transparente, que proporciona o soporte. A
máis fina é a emulsión, que porta os
materiais fotosensíbeis con xelatina como
substancia aglutinante. Tanto a base como
a emulsión poden degradarse co paso do
tempo.
Imaxe: adaptada de The Film Preservation Guide: The Basics for Archives, Libraries and Museums
Imaxe: adaptada de Film. The Living Record of Our
Memory (Ana Toharia, 2021)
Como base empregáronse ao longo dos
anos diferentes materiais, cada un coas
súas características e os seus
inconvenientes:
Nitrato de celulosa. Cando naceu o
cinema ese era o único material plástico
dispoñíbel que ofrecía as características
necesarias para a filmación e a
proxección: transparencia, resistencia e
flexibilidade. O problema dos filmes de
nitrato é que son altamente inflamábeis.
O risco de incendios é grande e os lumes
con este material son case imposíbeis de
apagar. Os nitratos requirían un
coidadoso manexo así que non
circularon no ámbito doméstico ou en
escolas e outras institucións. Na
exhibición comercial foi o material
común até comezos dos anos cincuenta.
Acetato de celulosa. A partir de 1909 a industria fotográfica comezou a produción
dunha base non inflamábel que permitía a comercialización de proxectores e
filmes fóra das salas con propósitos educativos ou de entretemento. As películas de
16 ou 8 mm facíanse neste material, o “safety film” (filme de seguridade), sen medo
a incendios. Probouse con tres tipos de acetatos: o diacetato de celulosa (dende
1909), o acetato propionato e acetato butirato de celulosa (dende os 30) e
finalmente o triacetato de celulosa (1948). Non foi até a chegada deste último que a
industria do cinema renunciou definitivamente aos nitratos. Até ese momento o
nitrato seguía sendo a película común pois os acetatos eran menos resistentes e
sobrevivían moito peor ao uso reiterado nas proxeccións. Resolto ese problema co
triacetato, a transición foi rápida: nuns poucos anos desapareceron os nitratos.
Poliéster. A mediados dos 50 Kodak comercializou un novo tipo de filme de
seguridade feito de poliéster. É o máis resistente e quimicamente estábel soporte
fílmico e emprégase aínda hoxe na produción de novas copias en 35 mm.
Imaxe:
adaptada de
Film. The Living
Record of Our
Memory
(Ana Toharia,
2021)
Copias 35 mm para o
mercado doméstico
As de máis calidade. É o caso ideal de conservación.
Copias 35 mm para o
mercado estranxeiro
Houbo un tempo en que era habitual fotografar os filmes
dúas veces para enviar o segundo negativo a Europa e
tirar a partir del copias para os mercados locais. As dúas
versións eran parecidas mais non idénticas. O segundo
negativo incluía tomas alternativas e era sempre de peor
calidade.
Copias 28 mm (Pathéscope)
Formato introducido en 1912 pola casa Pathé, facíase con
acetato de celulosa en lugar do daquela común nitrato
de celulosa, altamente inflamábel. Ao non estar asociado
ao risco de incendios, foi un formato que fixo fortuna
para exhibicións non comerciais en escolas, institucións,
fogares, etc, até a chegada de formatos máis pequenos
(sobre todo 16 mm). Hai cinco longas de Douglas
Fairbanks que se conservan só neste formato.
Copias 16 mm
En 1923 Eastman Kodak introduciu este formato para uso
caseiro e non comercial por parte de institucións.
Manhandled (1924), de Allan Dwan con Gloria Swanson,
consérvase só en copia 16mm reducida (5 rolos en vez de
7). Nos 40 e 50 algúns arquivos copiaron filmes para a súa
preservación en 16 mm, por razón de custo, asumindo
unha perda de calidade de imaxe mais garantindo a
conservación do contido. Grazas a iso chegaron a nós
filmes como Tess of the Storm Country coa popular Mary
Pickford.
Copias 9,5 mm (Pathé)
Formato amador introducido en 1922 pola Pathé para uso
doméstico. Vendéronse máis de 300 mil proxectores e había un
amplo catálogo de filmes en venda ou alugueiro (e noticiarios
mensuais por subscrición). Foi común a distribución de longas en
versión reducida para usos domésticos. Station Content (1918), con
Gloria Swanson, só existe en versión curta de 9,5 mm.
Copias 8 mm
Formato introducido por Kodak en 1932, ofrecía calidade abondo para
o uso na casa e un custo moi inferior. Partners Again (1926) de Henry
King sobrevive só desta maneira.
Copias en papel
Durante case vinte anos o cinema
estivo excluído das políticas de
protección de dereitos (copyright) nos
Estados Unidos: os filmes non dispuñan
dunha categoría específica na
lexislación. Para protexerse contra a
piratería (habitual e descarada), algúns
produtores empezaron a rexistrar os
filmes non como filmes senón como
“series de fotografías” e presentaban os
negativos impresos en papel
fotográfico. Ás veces mandaban só
algúns planos de cada escena, mais
con frecuencia achegaban o filme
completo impreso en papel fotograma
a fotograma. Entre 1893 e 1915 a Oficina
de Dereitos da Biblioteca do Congreso
rexistrou máis de 15000 filmes; por riba
de 3000 son rolos de papel fotográfico
cos filmes completos.
A preservación desas copias en papel
permitiu a reconstrución dun gran número
de títulos que doutro xeito estarían
perdidos, pola inestabilidade do primitivo
soporte fílmico. Dáse así o paradoxo de que
os filmes anteriores ao 1912 están mellor
documentados que os inmediatamente
posteriores.
Unha revisión da lei permitiu en 1912 o
rexistro directo das películas, sen a “trampa”
das series fotográficas, e iso supuxo o fin
dos “paper prints”. As produtoras enviaban
á Oficina de Dereitos os nitratos e alí,
despois de revisalos, gardaban para rexistro
información por escrito, como unha sinopse
estendida ou pressbook, e logo devolvían as
copias.
Imaxe: adaptada de Film. The Living Record of Our
Memory (Ana Toharia, 2021)
Formato de conservación das longametraxes silentes
Total: 10919 longametraxes
Imaxe: “The Survival of American Silent Feature Films: 1912–1929”, David Pierce
Imaxe: “The Survival of American Silent Feature Films: 1912–1929”, David Pierce
Por que se perden os filmes?
A principal causa da desaparición dos filmes
é a súa destrución deliberada. A noción de
autoría e o respecto á obra cinematográfica
tardou unhas cantas décadas en
consolidarse; no primeiro terzo da historia do
cinema os filmes eran entendidos,
esencialmente, coma produto de
entretemento cuxa conservación para a
posteridade non se vía necesaria. O
almacenaxe dos filmes que xa deixaran de
ter utilidade supuña un alto custo así que a
solución máis fácil era a súa eliminación.
Estragos mecánicos: o uso dun filme
implica inevitabelmente o seu desgaste
físico: colle po, lixo, sofre rabuños, tensións
na proxección, poden esgazarse as
perforacións de arrastre...
Mofos e fungos: as películas almacenadas
en condicións de humidade hospedan
con facilidade mofos e fungos, que poden
provocar danos significativos na emulsión.
Unha vez que os organismos atacan a
emulsión a perda na imaxe é irreversíbel.
Imaxe: The Film Preservation Guide: The Basics for Archives, Libraries and Museums
Síndrome do vinagre: a humidade e a
calor degradan os soportes de acetato.
Nas primeiras fases o plástico libera ácido
acético e iso produce un característico
cheiro a vinagre. A medida que o filme de
acetato decae a fita engúrrase, cúrvase,
perde flexibilidade e a emulsión acaba por
desprenderse. Non pode evitarse o
decaemento do acetato, mais si pode
adiarse establecendo boas condicións de
conservación.
Esvaecemento da cor: todos os tipos de
filme sofren este problema, que pode
adiarse con boas condicións de
almacenamento.
Imaxe: The Film Preservation Guide: The Basics for Archives, Libraries and Museums
Decaemento do nitrato: é un proceso
químico inevitábel asociado á natureza do
soporte e o (mal) almacenamento dos
filmes. A FIAF define cinco etapas:
1. A emulsión perde cor e vira a ámbar, hai
un leve cheiro nocivo.
2. A emulsión vólvese pegañenta (as voltas
do rolo péganse unhas ás outras). Lixeiro
olor nocivo.
3. A emulsión abranda e énchese de
burbullas de gas. Forte cheiro nocivo.
4. O filme descomponse nunha masa
sólida. Forte cheiro nocivo.
5. O filme desfaise en po marrón.
Unha vez que o filme acada a fase 3 xa non
é posíbel a duplicación. Os nitratos deben
copiarse antes de que se degrade a imaxe.
Unhas boas condicións de conservación
adían o decaemento.
Imaxe: The Film Preservation Guide: The Basics for Archives, Libraries and Museums
Imaxe: The Film Preservation Guide: The Basics for Archives, Libraries and Museums
En condicións ideais de temperatura e
humidade os nitratos aguantan ben
bastantes anos, mais se as condicións
se afastan das ideais o filme base
empeza a romper e liberar gases
tóxicos; a temperaturas altas, o filme
entra en combustión espontánea.
Non son poucos os casos de incendios
provocados pola combustión de copias
de nitrato. Xa en 1897, o 4 de maio,
ardeu un proxector no Bazar de la
Charité de París, feito que causou a
morte de 180 persoas. O cinema coma
espectáculo de masas puido rematar
aquel día.
En xullo de 1937 Nova Jersey viviu unha
vaga de calor con temperaturas diúrnas
de 38 graos e noites calorosas. Iso
favoreceu a descomposición dos nitratos
gardados nun almacén da Fox; a mala
ventilación non permitiu a saída dos
gases e na madrugada do 9 de xullo
prendeu o lume nun punto do edificio.
O incendio foi devastador: morreu unha
persoa e perdéronse 40 mil rolos de
negativo. O 75% da filmografí­
a da Fox
anterior a 1930 desapareceu. Se non se
perderon algúns filmes míticos foi pola
existencia de copias (nalgúns casos, de
menor calidade) noutros lugares.
Imaxe: mapa da zona afectada polo lume. Dominio
público (Wikipedia).
A preocupación pola preservación da
memoria fílmica animou a creación das
primeiras filmotecas nos anos 30. O 17 de
xuño de 1938 a Cinémathèque francesa,
o Reichsfilmarchiv alemán, o British Film
Institute e o arquivo de cinema do
Museum of Modern Art asinan en París
un acordo polo que crean a Federación
Internacional de Arquivos Fílmicos, a
FIAF, que na actualidade agrupa a 173
institucións de 79 países, entre elas a
Filmoteca de Galicia.
A misión da FIAF é:
-Defender un código ético para a conservación de
películas e normas prácticas para todas as áreas de
traballo dos arquivos cinematográficos.
-Promover a creación de arquivos de imaxes en
movemento nos países que carecen deles.
-Procurar a mellora do contexto xurídico no que as
cinematografías desenvolven o seu traballo.
-Promover a cultura cinematográfica e facilitar a
investigación histórica tanto a nivel nacional como
internacional.
-Fomentar a formación e coñecementos en
conservación e outras técnicas de arquivo.
-Garantir a dispoñibilidade permanente do material
das coleccións para o seu estudo e investigación por
parte da comunidade máis ampla.
-Fomentar a recollida e conservación de
documentos e materiais relacionados co cinema.
-Desenvolver a cooperación entre os membros e
garantir a dispoñibilidade internacional de películas
e documentos.
Filmotecas de todo o mundo, con
exemplos excepcionais como a Cineteca
de Bologna, institucións como a
Academy of Motion Picture Arts and
Sciences (a dos Oscars) co Academy
Film Archive ou organizacións sen
ánimo de lucro como a Film Foundation
que fundou Martin Scorsese traballan
ano tras ano na recuperación,
restauración e preservación da historia
do cinema.
Enamorada (Emilio Fernández, 1946) é un dos filmes
restaurados polo World Cinema Project da Film Foundation.
Ese labor é esencial para salvagardar a
diversidade histórica do cinema e en
particular para protexer as obras máis
fráxiles: cinematografías do terceiro mundo,
cinema experimental, curtametraxes etc.
Esas obras pasan a dispoñer de copias en
boas condicións que poden ser proxectadas
e alcanzar así públicos máis amplos.
Falamos de filmes que en moitos casos
tiveron escasa difusión internacional na súa
altura ou que levaban décadas fóra do radar.
A historia do cinema merece ser reescrita á
luz desas revisións e descubrimentos.
Window Water Baby Moving (Stan Brakhage, 1959) é
un dos filmes restaurados polo Academy Film
Archive.
Para saber máis
The Survival of American
Silent Feature Films: 1912-
1929
David Pierce
Descarga gratuíta en PDF
(1,6 MB):
Para saber máis
The Film Preservation Guide.
The Basics for Archives, Libraries, and
Museums.
National Film Preservation
Foundation
Descarga gratuíta en PDF (1,6 MB):
Para saber máis
Film. The Living Record of Our
Memory
Inés Toharia, 2021

More Related Content

More from filmotecaforum

DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
filmotecaforum
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
filmotecaforum
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
filmotecaforum
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
filmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
filmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
filmotecaforum
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
filmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
filmotecaforum
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
filmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
filmotecaforum
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
filmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
filmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
filmotecaforum
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
filmotecaforum
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
filmotecaforum
 
As orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericanoAs orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericano
filmotecaforum
 

More from filmotecaforum (20)

DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
 
As orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericanoAs orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericano
 

A preservación do cinema

  • 1.
  • 2. A inmensa maioría das longametraxes feitas na época do cinema mudo e unha parte notábel dos filmes sonoros dos anos 30 e 40 perdéronse para sempre: son miles e miles de filmes que xa nunca poderemos ver. Outros moitos miles de filmes estiveron e están en perigo debido á insuficiente calidade das condicións de conservación. A preservación da memoria e a arte do cinema é un desafío para toda a humanidade e xustifica a existencia das filmotecas como institucións encargadas de velar por un inmenso patrimonio cultural. Nesta sesión celebramos a importancia de gardar para o futuro o cinema do pasado e como o descubrimento de filmes esquecidos de diferentes épocas e procedencias nos obriga a repensar constantemente a historia desta arte.
  • 3. Número de longametraxes silentes producidas nos EEUU Imaxe: “The Survival of American Silent Feature Films: 1912–1929”, David Pierce
  • 4. Estado de conservación das longametraxes silentes Total: 10919 longametraxes Imaxe: “The Survival of American Silent Feature Films: 1912–1929”, David Pierce
  • 5. Imaxe: The Film Preservation Guide: The Basics for Archives, Libraries and Museums
  • 6. Sexa cal sexa o seu largo (35, 16, 8 mm), a película cinematográfica está formada por dúas capas. A máis grosa é a base plástica transparente, que proporciona o soporte. A máis fina é a emulsión, que porta os materiais fotosensíbeis con xelatina como substancia aglutinante. Tanto a base como a emulsión poden degradarse co paso do tempo. Imaxe: adaptada de The Film Preservation Guide: The Basics for Archives, Libraries and Museums
  • 7. Imaxe: adaptada de Film. The Living Record of Our Memory (Ana Toharia, 2021) Como base empregáronse ao longo dos anos diferentes materiais, cada un coas súas características e os seus inconvenientes: Nitrato de celulosa. Cando naceu o cinema ese era o único material plástico dispoñíbel que ofrecía as características necesarias para a filmación e a proxección: transparencia, resistencia e flexibilidade. O problema dos filmes de nitrato é que son altamente inflamábeis. O risco de incendios é grande e os lumes con este material son case imposíbeis de apagar. Os nitratos requirían un coidadoso manexo así que non circularon no ámbito doméstico ou en escolas e outras institucións. Na exhibición comercial foi o material común até comezos dos anos cincuenta.
  • 8. Acetato de celulosa. A partir de 1909 a industria fotográfica comezou a produción dunha base non inflamábel que permitía a comercialización de proxectores e filmes fóra das salas con propósitos educativos ou de entretemento. As películas de 16 ou 8 mm facíanse neste material, o “safety film” (filme de seguridade), sen medo a incendios. Probouse con tres tipos de acetatos: o diacetato de celulosa (dende 1909), o acetato propionato e acetato butirato de celulosa (dende os 30) e finalmente o triacetato de celulosa (1948). Non foi até a chegada deste último que a industria do cinema renunciou definitivamente aos nitratos. Até ese momento o nitrato seguía sendo a película común pois os acetatos eran menos resistentes e sobrevivían moito peor ao uso reiterado nas proxeccións. Resolto ese problema co triacetato, a transición foi rápida: nuns poucos anos desapareceron os nitratos. Poliéster. A mediados dos 50 Kodak comercializou un novo tipo de filme de seguridade feito de poliéster. É o máis resistente e quimicamente estábel soporte fílmico e emprégase aínda hoxe na produción de novas copias en 35 mm. Imaxe: adaptada de Film. The Living Record of Our Memory (Ana Toharia, 2021)
  • 9. Copias 35 mm para o mercado doméstico As de máis calidade. É o caso ideal de conservación. Copias 35 mm para o mercado estranxeiro Houbo un tempo en que era habitual fotografar os filmes dúas veces para enviar o segundo negativo a Europa e tirar a partir del copias para os mercados locais. As dúas versións eran parecidas mais non idénticas. O segundo negativo incluía tomas alternativas e era sempre de peor calidade.
  • 10. Copias 28 mm (Pathéscope) Formato introducido en 1912 pola casa Pathé, facíase con acetato de celulosa en lugar do daquela común nitrato de celulosa, altamente inflamábel. Ao non estar asociado ao risco de incendios, foi un formato que fixo fortuna para exhibicións non comerciais en escolas, institucións, fogares, etc, até a chegada de formatos máis pequenos (sobre todo 16 mm). Hai cinco longas de Douglas Fairbanks que se conservan só neste formato. Copias 16 mm En 1923 Eastman Kodak introduciu este formato para uso caseiro e non comercial por parte de institucións. Manhandled (1924), de Allan Dwan con Gloria Swanson, consérvase só en copia 16mm reducida (5 rolos en vez de 7). Nos 40 e 50 algúns arquivos copiaron filmes para a súa preservación en 16 mm, por razón de custo, asumindo unha perda de calidade de imaxe mais garantindo a conservación do contido. Grazas a iso chegaron a nós filmes como Tess of the Storm Country coa popular Mary Pickford.
  • 11. Copias 9,5 mm (Pathé) Formato amador introducido en 1922 pola Pathé para uso doméstico. Vendéronse máis de 300 mil proxectores e había un amplo catálogo de filmes en venda ou alugueiro (e noticiarios mensuais por subscrición). Foi común a distribución de longas en versión reducida para usos domésticos. Station Content (1918), con Gloria Swanson, só existe en versión curta de 9,5 mm. Copias 8 mm Formato introducido por Kodak en 1932, ofrecía calidade abondo para o uso na casa e un custo moi inferior. Partners Again (1926) de Henry King sobrevive só desta maneira.
  • 12. Copias en papel Durante case vinte anos o cinema estivo excluído das políticas de protección de dereitos (copyright) nos Estados Unidos: os filmes non dispuñan dunha categoría específica na lexislación. Para protexerse contra a piratería (habitual e descarada), algúns produtores empezaron a rexistrar os filmes non como filmes senón como “series de fotografías” e presentaban os negativos impresos en papel fotográfico. Ás veces mandaban só algúns planos de cada escena, mais con frecuencia achegaban o filme completo impreso en papel fotograma a fotograma. Entre 1893 e 1915 a Oficina de Dereitos da Biblioteca do Congreso rexistrou máis de 15000 filmes; por riba de 3000 son rolos de papel fotográfico cos filmes completos.
  • 13. A preservación desas copias en papel permitiu a reconstrución dun gran número de títulos que doutro xeito estarían perdidos, pola inestabilidade do primitivo soporte fílmico. Dáse así o paradoxo de que os filmes anteriores ao 1912 están mellor documentados que os inmediatamente posteriores. Unha revisión da lei permitiu en 1912 o rexistro directo das películas, sen a “trampa” das series fotográficas, e iso supuxo o fin dos “paper prints”. As produtoras enviaban á Oficina de Dereitos os nitratos e alí, despois de revisalos, gardaban para rexistro información por escrito, como unha sinopse estendida ou pressbook, e logo devolvían as copias. Imaxe: adaptada de Film. The Living Record of Our Memory (Ana Toharia, 2021)
  • 14. Formato de conservación das longametraxes silentes Total: 10919 longametraxes Imaxe: “The Survival of American Silent Feature Films: 1912–1929”, David Pierce
  • 15. Imaxe: “The Survival of American Silent Feature Films: 1912–1929”, David Pierce
  • 16. Por que se perden os filmes? A principal causa da desaparición dos filmes é a súa destrución deliberada. A noción de autoría e o respecto á obra cinematográfica tardou unhas cantas décadas en consolidarse; no primeiro terzo da historia do cinema os filmes eran entendidos, esencialmente, coma produto de entretemento cuxa conservación para a posteridade non se vía necesaria. O almacenaxe dos filmes que xa deixaran de ter utilidade supuña un alto custo así que a solución máis fácil era a súa eliminación.
  • 17. Estragos mecánicos: o uso dun filme implica inevitabelmente o seu desgaste físico: colle po, lixo, sofre rabuños, tensións na proxección, poden esgazarse as perforacións de arrastre... Mofos e fungos: as películas almacenadas en condicións de humidade hospedan con facilidade mofos e fungos, que poden provocar danos significativos na emulsión. Unha vez que os organismos atacan a emulsión a perda na imaxe é irreversíbel. Imaxe: The Film Preservation Guide: The Basics for Archives, Libraries and Museums
  • 18. Síndrome do vinagre: a humidade e a calor degradan os soportes de acetato. Nas primeiras fases o plástico libera ácido acético e iso produce un característico cheiro a vinagre. A medida que o filme de acetato decae a fita engúrrase, cúrvase, perde flexibilidade e a emulsión acaba por desprenderse. Non pode evitarse o decaemento do acetato, mais si pode adiarse establecendo boas condicións de conservación. Esvaecemento da cor: todos os tipos de filme sofren este problema, que pode adiarse con boas condicións de almacenamento. Imaxe: The Film Preservation Guide: The Basics for Archives, Libraries and Museums
  • 19. Decaemento do nitrato: é un proceso químico inevitábel asociado á natureza do soporte e o (mal) almacenamento dos filmes. A FIAF define cinco etapas: 1. A emulsión perde cor e vira a ámbar, hai un leve cheiro nocivo. 2. A emulsión vólvese pegañenta (as voltas do rolo péganse unhas ás outras). Lixeiro olor nocivo. 3. A emulsión abranda e énchese de burbullas de gas. Forte cheiro nocivo. 4. O filme descomponse nunha masa sólida. Forte cheiro nocivo. 5. O filme desfaise en po marrón. Unha vez que o filme acada a fase 3 xa non é posíbel a duplicación. Os nitratos deben copiarse antes de que se degrade a imaxe. Unhas boas condicións de conservación adían o decaemento. Imaxe: The Film Preservation Guide: The Basics for Archives, Libraries and Museums
  • 20. Imaxe: The Film Preservation Guide: The Basics for Archives, Libraries and Museums
  • 21. En condicións ideais de temperatura e humidade os nitratos aguantan ben bastantes anos, mais se as condicións se afastan das ideais o filme base empeza a romper e liberar gases tóxicos; a temperaturas altas, o filme entra en combustión espontánea. Non son poucos os casos de incendios provocados pola combustión de copias de nitrato. Xa en 1897, o 4 de maio, ardeu un proxector no Bazar de la Charité de París, feito que causou a morte de 180 persoas. O cinema coma espectáculo de masas puido rematar aquel día.
  • 22. En xullo de 1937 Nova Jersey viviu unha vaga de calor con temperaturas diúrnas de 38 graos e noites calorosas. Iso favoreceu a descomposición dos nitratos gardados nun almacén da Fox; a mala ventilación non permitiu a saída dos gases e na madrugada do 9 de xullo prendeu o lume nun punto do edificio. O incendio foi devastador: morreu unha persoa e perdéronse 40 mil rolos de negativo. O 75% da filmografí­ a da Fox anterior a 1930 desapareceu. Se non se perderon algúns filmes míticos foi pola existencia de copias (nalgúns casos, de menor calidade) noutros lugares. Imaxe: mapa da zona afectada polo lume. Dominio público (Wikipedia).
  • 23. A preocupación pola preservación da memoria fílmica animou a creación das primeiras filmotecas nos anos 30. O 17 de xuño de 1938 a Cinémathèque francesa, o Reichsfilmarchiv alemán, o British Film Institute e o arquivo de cinema do Museum of Modern Art asinan en París un acordo polo que crean a Federación Internacional de Arquivos Fílmicos, a FIAF, que na actualidade agrupa a 173 institucións de 79 países, entre elas a Filmoteca de Galicia.
  • 24. A misión da FIAF é: -Defender un código ético para a conservación de películas e normas prácticas para todas as áreas de traballo dos arquivos cinematográficos. -Promover a creación de arquivos de imaxes en movemento nos países que carecen deles. -Procurar a mellora do contexto xurídico no que as cinematografías desenvolven o seu traballo. -Promover a cultura cinematográfica e facilitar a investigación histórica tanto a nivel nacional como internacional. -Fomentar a formación e coñecementos en conservación e outras técnicas de arquivo. -Garantir a dispoñibilidade permanente do material das coleccións para o seu estudo e investigación por parte da comunidade máis ampla. -Fomentar a recollida e conservación de documentos e materiais relacionados co cinema. -Desenvolver a cooperación entre os membros e garantir a dispoñibilidade internacional de películas e documentos.
  • 25. Filmotecas de todo o mundo, con exemplos excepcionais como a Cineteca de Bologna, institucións como a Academy of Motion Picture Arts and Sciences (a dos Oscars) co Academy Film Archive ou organizacións sen ánimo de lucro como a Film Foundation que fundou Martin Scorsese traballan ano tras ano na recuperación, restauración e preservación da historia do cinema. Enamorada (Emilio Fernández, 1946) é un dos filmes restaurados polo World Cinema Project da Film Foundation.
  • 26. Ese labor é esencial para salvagardar a diversidade histórica do cinema e en particular para protexer as obras máis fráxiles: cinematografías do terceiro mundo, cinema experimental, curtametraxes etc. Esas obras pasan a dispoñer de copias en boas condicións que poden ser proxectadas e alcanzar así públicos máis amplos. Falamos de filmes que en moitos casos tiveron escasa difusión internacional na súa altura ou que levaban décadas fóra do radar. A historia do cinema merece ser reescrita á luz desas revisións e descubrimentos. Window Water Baby Moving (Stan Brakhage, 1959) é un dos filmes restaurados polo Academy Film Archive.
  • 27. Para saber máis The Survival of American Silent Feature Films: 1912- 1929 David Pierce Descarga gratuíta en PDF (1,6 MB):
  • 28. Para saber máis The Film Preservation Guide. The Basics for Archives, Libraries, and Museums. National Film Preservation Foundation Descarga gratuíta en PDF (1,6 MB):
  • 29. Para saber máis Film. The Living Record of Our Memory Inés Toharia, 2021