Presentación sobre cinema boliviano, colombiano, cubano, paraguaio, uruguaio e venezolano empregada no obradoiro de lecer do Centro Ágora "Cinema da América Latina".
2. A figura por excelencia do cinema boliviano
é Jorge Sanjinés, nacido en 1936 en La
Paz. A súa obra ten unha evidente
intencionalidade política e vén marcada
polo seu compromiso contra as inxustizas e
a súa simpatía polas causas dos pobos
orixinarios.
Como director do Instituto Cinematográfico
Boliviano entre 1963 e 1967 promoveu a
realización de noticiarios e documentais e
el mesmo dirixiu Ukamau [Así es] (1966),
considerada unha traizón polo goberno
militar do xeneral René Barrientos.
Ukamau sería logo o nome do grupo de
cineastas que, con Sanjinés como referente
principal, sacudiron a creación fílmica no
país nos 60 e 70.
3. Virán logo Yawar Mallku [La sangre del
cóndor] (1969) ou El coraje del pueblo
(1971), exhibidos en Venecia e Berlín
respectivamente, cos que pon en práctica
a súa vontade de facer cinema fóra dos
usos industriais habituais e en
colaboración directa coas comunidades ás
que vai especialmente dirixido.
Exemplo deste espírito é tamén La nación
clandestina, coa que gañou a Cuncha de
Ouro do Festival de San Sebastián en
1989.
4. Nos últimos anos o cinema
boliviano vive a aparición dunha
nova xeración de cineastas que
exhibe con éxito os seus filmes en
festivais internacionais, caso de
Miguel Hilari (El corral y el
viento, 2014, proxectada en
Cinéma du Reel e BAFICI) ou
Kiro Russo (Viejo calavera, 2016,
mención especial en Locarno –
Cineasti del presente)
6. O cinema chegou a Colombia xa en 1897,
mais o seu desenvolvemento viuse freado
pola “Guerra dos Mil Días” (18991902). Na
etapa silente, as primeiras dúas décadas
veñen marcadas polos filmes de noticias e
documentais. A primeira longa de ficción é
unha adaptación dunha novela de Jorge
Isaacs, María, en 1922.
Un dos pioneiros do cinema colombiano é
Arturo Acevedo Vallarino, que a través da
súa compañía Acevedo e Hijos produce os
filmes La tragedia del silencio (1924) e Bajo
el cielo antioqueño (1928).
Nos anos 30 a incipiente industria entra en
crise e extínguese a produción de filmes. A
situación recupérase nos anos 40, aínda que
non xera títulos destacábeis.
7. Hai que agardar aos 70 para atopar un colectivo cinematográfico colombiano
verdadeiramente interesante: o chamado “Grupo de Cali”, liderado por Carlos
Mayolo (19452007), Luis Ospina (1949) e Andrés Caicedo (19511977). Este
último, hoxe escritor de culto, foi o fundador do cineclube de Cali e dunha revista
de cinema, Ojo al cine. Cineastas a contracorrente, os membros do grupo de Cali
apostaron por xéneros infrecuentes, do falso documental ao horror gore.
Ramiro Arbeláez, Andrés Caicedo e
Luis Ospina. Fotografía: Eduardo
Carvajal. Fonte: sitio web de Luis
Ospina.
8. En 1977 créase o Fondo de Fomento
Cinematográfico, administrado a partir do
ano seguinte por FOCINE. O apoio público
facilita a produción de case trinta longas en
dez anos.
Froito dese crecemento, nos 90 o cinema
colombiano chega a obter algúns éxitos
internacionais, como La estrategia del caracol
(Sergio Cabrera, 1993) ou La vendedora de
rosas (Víctor Gaviria, 1998), que competiu en
Cannes.
10. O período de maior esplendor do cinema
cubano é consecuencia do triunfo da
revolución de 1959 e o interese que o
goberno de Castro puxo sempre na imaxe
fílmica. Ese mesmo ano nace o ICAIC,
Instituto Cubano del Arte e Industria
Cinematográficos, que impulsa entre
moitas outras iniciativas a publicación da
revista Cine Cubano e controlará a
produción e distribución dos filmes
nacionais. A década dos 60 verá a estrea
da maioría dos mellores títulos da historia
do país.
11. Tomás Gutiérrez Alea (19281996) é
seguramente o cineasta cubano máis
coñecido grazas a obras como a comedia
Muerte de un burócrata (1966) ou a
emblemática Memorias del subdesarrollo
(1968).
Pasou pola competencia internacional do
Festival de Cannes (Los sobrevivientes,
1979), Berlín (Fresa y chocolate, 1993) e
Venecia (Guantanamera, 1995). Fresa y
chocolate é ademais o único filme cubano
que foi candidato ao Oscar na categoría de
películas en lingua estranxeira.
12. Un dos maiores éxitos do cinema cubano
foi a primeira longa de Humberto Solás
(19412008), Lucía (1969), que conta
tres historias de mulleres ambientadas en
tres épocas diferentes da historia do país:
a guerra de independencia, os anos 30 e
os 60.
Humberto Solás competiu pola Palma de
Ouro en Cannes con Cecilia (1982) e
participou de novo no certame francés na
sección Un Certain Regard con Un
hombre de éxito (1987).
13. Manuel Octavio Gómez (19341988)
gañou o Premio Luis Buñuel no Festival de
Venecia en 1969 coa ficción con aparencia
documental La primera carga al machete,
orixinal achegamento a un episodio
histórico real que sinalou o inicio da
Guerra dos Dez Anos, o principio do fin do
control español de Cuba.
15. A produción cinematográfica do Paraguay é
moi escasa. As primeiras filmacións no país
fíxoas o arxentino Ernesto Gunche xa en
1905. Pasaron vinte anos até a rodaxe do
primeiro filme feito por un realizador
nacional, Hipólito Carrión, con Alma
paraguaya (1925). A primeira película sonora
chega en 1932: En el infierno del Chaco, con
dirección do arxentino Roque Funes.
Nos 50 houbo varias coproducións con
Arxentina, coma La Burrerita de Ypacaraí,
protagonizada pola actriz e modelo Isabel
Sarli. De produción integramente paraguaia é
Cerro Corá (Guillermo Vera, 1978), feita en
35mm co apoio do goberno ditatorial (1954
1989) do xeneral Alfredo Stroessner.
16. A grande sorpresa chegou coa
estrea en Cannes en 2006 do
filme Hamaca paraguaya,
dirixido pola cineasta Paz
Encina (1971) e falado en
guaraní. O éxito crítico foi
inmediato e gañou o premio
FIPRESCI da sección Un Certain
Regard.
Houbo que agardar dez anos
para a estrea da súa segunda
longametraxe: Ejercicios de
memoria (2016).
17. A dupla formada por Juan Carlos
Maneglia (1966) e Tana Schémbori
(1970) sorprendeu con 7 cajas (2012),
que se converteu no filme máis visto
nunca en Paraguay e incluso acadou
estrea comercial noutros mercados (con
singular éxito na Arxentina). Repetiron
triunfo comercial coa súa seguinte
longametraxe, Los buscadores (2017).
18. Este mesmo ano un dos filmes máis
premiados da Berlinale é unha
produción paraguaia: Las Herederas,
con dirección e guión de Marcelo
Martinessi (1973), levou o Oso de
Prata á mellor actriz (Ana Brun), o
Alfred Bauer e o Premio FIPRESCI da
competición internacional.
20. Antes de que rematase o século XIX o
invento dos Lumière xa era coñecido
en Uruguay, mais a produción local
foi reducida en cantidade e calidade
durante moitas décadas debido ao
peso cultural e industrial da veciña
Arxentina.
A revolución ideolóxica que o mundo
vive nos anos 60 alenta o cinema
político de Mario Handler (1935),
mais o golpe de estado de 1973 e o
comezo da ditadura militar forza o
seu exilio en Venezuela. Haberá que
agardar ao século XXI para atopar
novos sinais de vida no cinema
nacional.
Carlos, Cineretrato de un caminante en Montevideo (Mario
Handler, 1965)
21. Juan Pablo Rebella (19742006) e
Pablo Stoll (1974) gañan o premio ao
mellor filme o famoso “Tigre” no
Festival de Rotterdam con 25 Watts
(2001), a súa primeira longametraxe. A
segunda, Whisky, lévaos ao Un Certain
Regard de Cannes, de onde saen con
dous premios.
A esperanza que representou esta dupla
de cineastas foi traxicamente rota polo
suicidio de Rebella aos 32 anos de
idade. En solitario, Pablo Stoll realizou
as longas Hiroshima (2009) e 3 (2012).
22. Nacido en Montevideo en 1976,
Federico Veiroj pasou pola Quincena
de Realizadores de Cannes coa súa
primeira longametraxe, Acné (2008). A
moi cinéfila La vida útil (2010),
protagonizada polo crítico Jorge
Jellinek, sumou premios en festivais tan
diversos como San Sebastián, La
Habana ou o BAFICI. O seu filme máis
recente é El apóstata, coprodución con
España e Francia estreada no festival de
Toronto en 2015.
24. O primeiro filme venezolano que
acadou repercusión internacional foi o
documental Araya, dirixido en 1959
por Margot Benacerraf (1926).
Formou parte da competencia
internacional do Festival de Cannes
ese mesmo ano; compartiu sección
con filmes como Hiroshima, mon
amour de Alain Resnais, Les quatre
cents coups de Truffaut ou Nazarín de
Buñuel. A Palma de Ouro foi para
Orfeu negro de Marcel Camus.
25. Nos anos 70 tivo algún eco entre
a cinefilia Román Chalbaud
(1931) con filmes como El pez
que fuma (1975). En 1985 a
directora Fina Torres (1951)
gaña a Cámara de Ouro en
Cannes coa súa ópera prima
Oriana.
Pasarían tres décadas para
vermos máis filmes venezolanos
obtendo premios destacados en
festivais internacionais: Pelo malo
de Mariana Rondón, Cuncha de
Ouro en San Sebastián 2013; e
Desde Allá de Lorenzo Vigas,
León de Ouro en Venecia en
2015.