SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
Download to read offline
Imaxe: MGM
Dorothy Arzner foi a única muller
directora que conseguiu traballar con
regularidade para a grande industria
nos anos dourados de Hollywood.
Dende o seu debut no cinema mudo
en 1927 até a súa prematura e nunca
de todo aclarada despedida en 1943,
Arzner realizou unha valiosa colección
de filmes con actrices coma Katharine
Hepburn, Ruth Chaterton, Rossalind
Russell, Joan Crawford ou Maureen
O’Hara, que fan dela, por cantidade e
calidade, unha figura excepcional para
o cinema estadounidense do século
XX. Nesta sesión lembraremos a súa
memorábel traxectoria.
Dorothy Arzner
N: 3 de xaneiro de 1897, San Francisco,
California (EEUU)
M: 1 de outubro de 1979, La Quinta, California
(EEUU)
Empezou a colaborar no cinema en 1919
como estenógrafa na Famous Players-
Lasky Corporation, antecedente da
Paramount Pictures. Contra o final do ano
empeza a exercer como axudante de
edición e xa ano seguinte edita o seu
primeiro filme, The Six Best Cellars de
Donald Crisp. En 1922 é a montadora dun
grande éxito de Rodolfo Valentino, Blood
and Sand (Fred Niblo, 1922).
En 1921 coñece a coreógrafa Marion
Morgan (1881-1971), con quen inicia unha
relación que se estenderá cincuenta anos.
Imaxe: Dorothy Arzner e Marion Morgan. Fotografía de Arnold
Genthe. Fonte: Library of Congress.
Impresionado polo seu traballo en Sangue e area,
o director James Cruze encárgalle a montaxe de
The Covered Wagon (1923). Inicia con el unha
colaboración estábel ao longo de varias películas:
Hollywood, Ruggles of Red Gap, To The Ladies
(1923), The Fighting Coward, Merton of the Movies
(1924) e Old Ironsides (1926). Por eses anos empeza
a escribir guións, entre eles o da produción de
Dorothy Davenport The Red Kimona (1926).
Imaxe: dominio público [Wikipedia]
En decembro de 1926 asina un contrato
como directora na Famous Players-
Lasky. Debuta en 1927 con Fashions for
Women (1927), ao que seguen Ten
Modern Commandments (1927) e Get
Your Man (1927), os tres filmes aínda
mudos. Manhattan Cocktail (1928), hoxe
perdido, foi un filme parcialmente
sonoro, quizais o primeiro dirixido por
unha muller. O seu primeiro filme
plenamente sonoro é The Wild Party
(1929), o segundo con Clara Bow como
protagonista logo de Get Your Man.
Dorothy Arzner é a máis destacada
muller directora na industria de
Hollywood desde finais dos 20 até
comezos dos 40, con grandes estrelas e
para as grandes produtoras daquel
tempo: Paramount (Sarah and Son,
1930; Anybody’s Woman, 1930, as dúas
con Ruth Chatterton; Honor among
lovers, 1931, con Claudette Colbert;
Working Girls, 1931; Merrily We Go To
Hell, 1932, con Silvia Sidney e Fredric
March), RKO (Christopher Strong, 1933,
con Katharine Hepburn; Dance, Girl,
Dance, 1940, con Maureen O’Hara),
Samuel Goldwyn Company (Nana, 1934,
con Anna Sten), Columbia (Craig’s Wife,
1936, con Rosalind Russell; First Comes
Courage, 1943, con Merle Oberon) e
MGM (The Bride Wore Red, 1937, con
Joan Crawford).
Escrita por Zoë Akins a partir da obra
teatral Blind Mice de Vera Caspary e
Winifred Lenihan, Working Girls
(1931) ironiza co matrimonio (cun
home rico) como vía de ascenso
social para as mulleres traballadoras.
No elenco, Judith Wood, Frances
Dee, Charles "Buddy" Rogers e Paul
Lukas.
Working Girls (1931)
O adulterio e o alcoholismo son
aspectos centrais en Merrily We Go
to Hell (1932), un dos mellores e máis
atrevidos filmes de Dorothy Arzner
onde os sensacionais Fredrich March
e Sylvia Sidney cruzaban diálogos
memorábeis:
“Estiven toda a mañá pensando que
vivimos nun mundo moderno onde non
hai lugar para as mulleres antigas. Parece
que queres unha esposa moderna e iso é
o que terás (...) Se ser un marido moderno
che dá privilexios, ser unha muller
moderna tamén mos dá a min (...) Non
esquezas que aprendo rapidamente”.
Merrily We Go To Hell (1932)
Na era PreCode o cinema americano
admitía, con sutileza, tramas que a
censura axiña faría inviábeis. A
protagonista de Christopher Strong
(1933) é unha aviadora que mantén
unha relación cun home casado, de
quen queda embarazada. Foi un dos
filmes que impulsou a carreira de
Katharine Hepburn.
Christopher Strong (1933)
Inspirada nunha novela de Zola, Nana
(1934) era un vehículo de lanzamento
da actriz ucraína Anna Sten, que o
produtor Samuel Goldwynn quizo
converter nunha nova Greta Garbo. O
filme foi un fracaso nas salas, mais
mantén hoxe a audacia típica do
período PreCode.
Nana (1934)
The Bride Wore Red (1937) é outro
relato que cuestiona as clases sociais
e a diferenza de oportunidades a
través dunha excelente Joan
Crawford no rol dunha muller á cal
lle dan a oportunidade de facerse
pasar por unha aristócrata. Outra
alfaia na filmografía de Dorothy
Arzner.
The Bride Wore Red (1937)
Maureen O'Hara e Lucille Ball son
dúas bailarinas que tratan de abrirse
camiño en Dance, Girl, Dance (1940)
unha das obras de Dorothy Arzner
cun discurso máis explicitamente
feminista.
“Non estou avergonzada. Rian, pagaron
por iso (...) Queren que quite a roupa para
facer valer os seus 50 céntimos. 50
céntimos para mirar unha moza como
non poden mirar as súas mulleres. Que
cren que pensamos de todos vostedes
aquí arriba? Uns parvos que avergoñarían
as súas nais. E os elegantes tamén veñen
a rirse de nós. Nós tamén rimos, mais a
nós págannos para alegrarvos a vista e
encher os vosos propósitos espirituais. E
por que? Para que poidan marchar
despois coas súas mulleres e amigas, e
xoguen a ser o sexo forte por un minuto?
Estou segura de que elas vos ven igual ca
nós”.
Dance, Girl, Dance (1940)
Despois de First Comes Courage aínda
mantén o desexo de dirixir e durante
uns anos fai algúns contactos con esa
finalidade. En 1951 Marion e Dorothy
deixan Hollywood para vivir en La
Quinta, California, o cal supón o
afastamento definitivo da industria.
En 1958, con Joan Crawford como
valedora, é contratada pola Pepsi-Cola
para realizar publicidade da bebida; fará
ducias de anuncios. En 1959 convértese
en profesora de UCLA. Apréndelle ao
alumnado dirección e escritura de guión
e supervisa os seus filmes de escola.
Entre os seus estudantes está un mozo
chamado Francis Ford Coppola.
Morre o 1 de outubro de 1979.
Imaxe: arquivo UCLA
Para saber máis...
DOROTHY ARZNER – Interviews
Editor: Martin F. Norden
University Press of Mississippi,
Conversations with Filmmakers
Series

More Related Content

Similar to DirectorAs: Dorothy Arzner

Mulleres directoras no cinema independente e experimental
Mulleres directoras no cinema independente e experimentalMulleres directoras no cinema independente e experimental
Mulleres directoras no cinema independente e experimentalfilmotecaforum
 
Ok road movies._ies_ames_2011
Ok road movies._ies_ames_2011Ok road movies._ies_ames_2011
Ok road movies._ies_ames_2011Eva Brañas
 

Similar to DirectorAs: Dorothy Arzner (6)

John Ford
John FordJohn Ford
John Ford
 
O cine_touro
O cine_touroO cine_touro
O cine_touro
 
Mulleres directoras no cinema independente e experimental
Mulleres directoras no cinema independente e experimentalMulleres directoras no cinema independente e experimental
Mulleres directoras no cinema independente e experimental
 
Ok road movies._ies_ames_2011
Ok road movies._ies_ames_2011Ok road movies._ies_ames_2011
Ok road movies._ies_ames_2011
 
Cinema Pre-Code
Cinema Pre-CodeCinema Pre-Code
Cinema Pre-Code
 
Charles Chaplin
Charles ChaplinCharles Chaplin
Charles Chaplin
 

More from filmotecaforum

DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadefilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesfilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidafilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosfilmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinemafilmotecaforum
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugalfilmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilfilmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasfilmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60filmotecaforum
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembènefilmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasfilmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosfilmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesafilmotecaforum
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50filmotecaforum
 

More from filmotecaforum (20)

DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
 

DirectorAs: Dorothy Arzner

  • 1.
  • 2. Imaxe: MGM Dorothy Arzner foi a única muller directora que conseguiu traballar con regularidade para a grande industria nos anos dourados de Hollywood. Dende o seu debut no cinema mudo en 1927 até a súa prematura e nunca de todo aclarada despedida en 1943, Arzner realizou unha valiosa colección de filmes con actrices coma Katharine Hepburn, Ruth Chaterton, Rossalind Russell, Joan Crawford ou Maureen O’Hara, que fan dela, por cantidade e calidade, unha figura excepcional para o cinema estadounidense do século XX. Nesta sesión lembraremos a súa memorábel traxectoria.
  • 3. Dorothy Arzner N: 3 de xaneiro de 1897, San Francisco, California (EEUU) M: 1 de outubro de 1979, La Quinta, California (EEUU) Empezou a colaborar no cinema en 1919 como estenógrafa na Famous Players- Lasky Corporation, antecedente da Paramount Pictures. Contra o final do ano empeza a exercer como axudante de edición e xa ano seguinte edita o seu primeiro filme, The Six Best Cellars de Donald Crisp. En 1922 é a montadora dun grande éxito de Rodolfo Valentino, Blood and Sand (Fred Niblo, 1922). En 1921 coñece a coreógrafa Marion Morgan (1881-1971), con quen inicia unha relación que se estenderá cincuenta anos. Imaxe: Dorothy Arzner e Marion Morgan. Fotografía de Arnold Genthe. Fonte: Library of Congress.
  • 4. Impresionado polo seu traballo en Sangue e area, o director James Cruze encárgalle a montaxe de The Covered Wagon (1923). Inicia con el unha colaboración estábel ao longo de varias películas: Hollywood, Ruggles of Red Gap, To The Ladies (1923), The Fighting Coward, Merton of the Movies (1924) e Old Ironsides (1926). Por eses anos empeza a escribir guións, entre eles o da produción de Dorothy Davenport The Red Kimona (1926). Imaxe: dominio público [Wikipedia]
  • 5. En decembro de 1926 asina un contrato como directora na Famous Players- Lasky. Debuta en 1927 con Fashions for Women (1927), ao que seguen Ten Modern Commandments (1927) e Get Your Man (1927), os tres filmes aínda mudos. Manhattan Cocktail (1928), hoxe perdido, foi un filme parcialmente sonoro, quizais o primeiro dirixido por unha muller. O seu primeiro filme plenamente sonoro é The Wild Party (1929), o segundo con Clara Bow como protagonista logo de Get Your Man.
  • 6. Dorothy Arzner é a máis destacada muller directora na industria de Hollywood desde finais dos 20 até comezos dos 40, con grandes estrelas e para as grandes produtoras daquel tempo: Paramount (Sarah and Son, 1930; Anybody’s Woman, 1930, as dúas con Ruth Chatterton; Honor among lovers, 1931, con Claudette Colbert; Working Girls, 1931; Merrily We Go To Hell, 1932, con Silvia Sidney e Fredric March), RKO (Christopher Strong, 1933, con Katharine Hepburn; Dance, Girl, Dance, 1940, con Maureen O’Hara), Samuel Goldwyn Company (Nana, 1934, con Anna Sten), Columbia (Craig’s Wife, 1936, con Rosalind Russell; First Comes Courage, 1943, con Merle Oberon) e MGM (The Bride Wore Red, 1937, con Joan Crawford).
  • 7. Escrita por Zoë Akins a partir da obra teatral Blind Mice de Vera Caspary e Winifred Lenihan, Working Girls (1931) ironiza co matrimonio (cun home rico) como vía de ascenso social para as mulleres traballadoras. No elenco, Judith Wood, Frances Dee, Charles "Buddy" Rogers e Paul Lukas. Working Girls (1931)
  • 8. O adulterio e o alcoholismo son aspectos centrais en Merrily We Go to Hell (1932), un dos mellores e máis atrevidos filmes de Dorothy Arzner onde os sensacionais Fredrich March e Sylvia Sidney cruzaban diálogos memorábeis: “Estiven toda a mañá pensando que vivimos nun mundo moderno onde non hai lugar para as mulleres antigas. Parece que queres unha esposa moderna e iso é o que terás (...) Se ser un marido moderno che dá privilexios, ser unha muller moderna tamén mos dá a min (...) Non esquezas que aprendo rapidamente”. Merrily We Go To Hell (1932)
  • 9. Na era PreCode o cinema americano admitía, con sutileza, tramas que a censura axiña faría inviábeis. A protagonista de Christopher Strong (1933) é unha aviadora que mantén unha relación cun home casado, de quen queda embarazada. Foi un dos filmes que impulsou a carreira de Katharine Hepburn. Christopher Strong (1933)
  • 10. Inspirada nunha novela de Zola, Nana (1934) era un vehículo de lanzamento da actriz ucraína Anna Sten, que o produtor Samuel Goldwynn quizo converter nunha nova Greta Garbo. O filme foi un fracaso nas salas, mais mantén hoxe a audacia típica do período PreCode. Nana (1934)
  • 11. The Bride Wore Red (1937) é outro relato que cuestiona as clases sociais e a diferenza de oportunidades a través dunha excelente Joan Crawford no rol dunha muller á cal lle dan a oportunidade de facerse pasar por unha aristócrata. Outra alfaia na filmografía de Dorothy Arzner. The Bride Wore Red (1937)
  • 12. Maureen O'Hara e Lucille Ball son dúas bailarinas que tratan de abrirse camiño en Dance, Girl, Dance (1940) unha das obras de Dorothy Arzner cun discurso máis explicitamente feminista. “Non estou avergonzada. Rian, pagaron por iso (...) Queren que quite a roupa para facer valer os seus 50 céntimos. 50 céntimos para mirar unha moza como non poden mirar as súas mulleres. Que cren que pensamos de todos vostedes aquí arriba? Uns parvos que avergoñarían as súas nais. E os elegantes tamén veñen a rirse de nós. Nós tamén rimos, mais a nós págannos para alegrarvos a vista e encher os vosos propósitos espirituais. E por que? Para que poidan marchar despois coas súas mulleres e amigas, e xoguen a ser o sexo forte por un minuto? Estou segura de que elas vos ven igual ca nós”. Dance, Girl, Dance (1940)
  • 13. Despois de First Comes Courage aínda mantén o desexo de dirixir e durante uns anos fai algúns contactos con esa finalidade. En 1951 Marion e Dorothy deixan Hollywood para vivir en La Quinta, California, o cal supón o afastamento definitivo da industria. En 1958, con Joan Crawford como valedora, é contratada pola Pepsi-Cola para realizar publicidade da bebida; fará ducias de anuncios. En 1959 convértese en profesora de UCLA. Apréndelle ao alumnado dirección e escritura de guión e supervisa os seus filmes de escola. Entre os seus estudantes está un mozo chamado Francis Ford Coppola. Morre o 1 de outubro de 1979. Imaxe: arquivo UCLA
  • 14. Para saber máis... DOROTHY ARZNER – Interviews Editor: Martin F. Norden University Press of Mississippi, Conversations with Filmmakers Series