SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
Download to read offline
Actriz notábel asociada a clásicos
fundamentais do cinema negro de
autores coma Raoul Walsh, Nicholas
Ray ou Fritz Lang, Ida Lupino
púxose detrás das cámaras para
escribir e dirixir, a través da súa
propia produtora, media ducia de
filmes maxistrais que se atreveron a
tocar cuestións espiñentas –o
aborto, a bigamia, os embarazos
non desexados– cunha perspectiva
audaz no fondo e na forma. Foi a
única muller que conseguiu estrear
longas propias de ficción na
América dos anos 50 mais foi, sobre
todo, unha directora de inmenso
talento cuxa obra celebraremos
nesta sesión que abre unha breve
serie dedicada a mulleres cineastas.
Imaxe: Ida Lupino ao inicio do seu episodio de Screen Director
Playhouse, Nº 5 Checked Out.
DIRECTORAS DE CINEMA DOS ESTADOS UNIDOS
Cinema mudo, anos 10 e 20: Alice Guy, Lois Weber, Mabel Normand, Lillian Gish,
Cleo Madison, Ruth Ann Baldwin, Ida May Park, Elsie Jane Wilson, Grace Cunard,
Marion E. Wong, Frances Marion, Dorothy Arzner, Dorothy Davenport...
Cinema sonoro, até a Segunda Guerra Mundial: Dorothy Davenport (até 1934),
Dorothy Arzner (até 1943)
Anos 40 e 50: Ida Lupino (entre 1949 e 1953)
Anos 60:
Doris Wishman
Shirley Clarke (The Connection, 1961; The Cool World, 1963)
Juleen Compton (Stranded, 1964; The Plastic Dome of Norma Jean, 1967)
Ida Lupino (The Trouble with Angels, 1966)
Stephanie Rothman (Blood Bath, 1966; It’s a Bikini World (1967)
Beverly Sebastian (I Need a Man, 1967)
Fonte: para o cinema dos 60 e 70, “Working Girls: The History of Women
Directors in 1970s Hollywood” de Maya Montanez Smukler
DIRECTORAS DE CINEMA DOS ESTADOS UNIDOS
Anos 70:
Karen Arthur (Legacy, 1975; Mafu Cage, 1979)
Joan Darling (First Love, 1977)
Barbara Loden (Wanda, 1971)
Elaine May (A New Leaf, 1971; The Heartbreak Kid, 1972; Mikey and Nicky, 1976)
Barbara Peeters (The Dark Side of Tomorrow, 1970; Bury Me an Angel, 1971;
Summer School Teachers, 1974; Starhops, 1978)
Joan Rivers (Rabbit Test, 1978)
Stephanie Rothman (The Student Nurses, 1970; The Velvet Vampire, 1971; Group
Marriage, 1972; The Working Girls, 1973; Terminal Island, 1973)
Beverly Sebastian (The Hitchhikers, 1972; Bloody Friday, 1973; ‘Gator Bait, 1974;
Flash and the Firecat, 1976; Delta Fox, 1979; On the Air Live with Captain
Midnight, 1979)
Joan Micklin Silver (Hester Street, 1975; Between the Lines, 1977; Chilly Scenes of
Winter, 1979)
Joan Tewkesbury (Old Boyfriends, 1979)
Jane Wagner (Moment by Moment, 1978)
Claudia Weill (Girlfriends, 1978)
Doris Wishman
Fonte: para o cinema dos 60 e 70, “Working Girls: The History of Women
Directors in 1970s Hollywood” de Maya Montanez Smukler
Tanto a nai, Connie Emerald, coma o pai, Stanley Lupino, dedicábanse á
interpretación; máis aínda, por parte paterna a familia estaba ligada ás artes
escénicas dende a xeración do bisavó. En xaneiro de 1932 entrou como alumna na
Royal Academy of Dramatic Art de Londres mais ese mesmo ano ten xa un
primeiro papel protagonista nunha longametraxe, Her First Affaire (1932), dirixida
por Allan Dwan.
Imaxe: Ida Lupino en Her First Affaire
Ida Lupino
N: 4 de febreiro de 1918,
Herne Hill, Londres (GB)
M: 3 de agosto de 1995,
Los Angeles, California
(EEUU)
Asentada nos EEUU dende 1933, até o final
da década intervén en vinte filmes. A súa
actuación en The Light That Failed (William
A. Wellman, 1939) ábrelle mellores portas:
chama a atención do produtor da Warner
Mark Hellinger que a contrata para They
Drive by Night de Raoul Walsh (1940), un
clásico do “film noir” con George Raft, Ann
Sheridan e Humphrey Bogart.
Repite con Walsh e Bogart noutra obra
mestra, High Sierra (1941). Son anos
memorábeis que completan filmes coma
The Sea Wolf (Michael Curtiz, 1941), con
Edward G. Robinson e John Garfield; ou
The Hard Way (Vincent Sherman, 1943).
Valorada polo seu talento mais sempre
lonxe de ser unha estrela, negábase a
aceptar guións que non lle gustaban e
tivo por iso enfrontamentos cos estudos,
que a mantiveron por tempadas “na
neveira”.
HIGH SIERRA dispoñíbel en eFilm Coruña
En 1949 Ida coñece nunha festa o director
italiano Roberto Rossellini, con quen conversa.
Rossellini díxolle unha frase que a deixou moi
impresionada: “Nas películas de Hollywood a
estrela sempre tolea, bebe demasiado ou quere
matar a súa esposa. Cando ides facer películas
sobre xente normal en situacións normais?”.
Ida Lupino e o seu marido, o guionista e
produtor Collier Young, fundan a produtora
independente The Filmakers co obxectivo
de desenvolver proxectos propios de baixo
orzamento. Collier e Ida divorciáronse en
1951 mais seguiron traballando xuntos varios
anos máis.
O seu primeiro traballo detrás das cámaras
chega de forma inesperada, cando ten que
reemprazar por enfermidade a Elmer Clifton
na rodaxe de Not Wanted, filme sobre
embarazos non desexados do que ela era
guionista. Neste caso non quixo aparecer
acreditada como directora.
Si aparece acreditada como directora no
melodrama Never Fear (1949), sobre
unha bailarina que enferma de polio. A
propia Ida Lupino foi vítima desta
devastadora enfermidade en 1934.
NEVER FEAR dispoñíbel en eFilm Coruña
Probabelmente Outrage (1950) sexa o seu
mellor filme, un retrato extraordinario das
consecuencias dunha violación e a difícil
volta á normalidade.
En Hard, Fast and Beautiful (1951) Sally
Forrest (protagonista tamén de Not
Wanted e Never Fear) é unha tenista
prometedora manipulada pola súa nai,
Claire Trevor, que arela convertela nunha
estrela e obter os beneficios asociados.
The Hitch-Hiker (1953) é quizais o seu filme
máis coñecido, con elenco masculino e
abundantes escenas de exterior no deserto,
fotografadas polo xenial Nicholas Musuraca.
En The Bigamist (1953) Edmond O’Brien leva
unha dobre vida con dúas mulleres, Joan
Fontaine (parella na altura de Collier Young) e
a propia Ida Lupino. Foi a única ocasión no
cinema en que exerceu como actriz e
directora ao mesmo tempo.
En 1955 pecha a produtora The
Filmmakers e orienta o seu traballo
como directora á televisión. Entre
outras moitas series, dirixiu episodios
de Alfred Hitchcock presenta, Os
intocábeis, O fuxitivo, Dimensión
descoñecida ou Embruxada.
Foi tamén directora dun episodio da
serie Screen Directors Playhouse,
feita en colaboración co Screen
Director Guild e que contou cunha
única tempada televisiva, 1955/1956.
Por ela pasaron varios dos grandes
nomes do cinema daquela en activo:
John Ford, Leo McCarey, Frank
Borzage, Tay Garnett, Allan Dwan,
Fred Zinemann, William Dieterle...
Imaxe: Ida Lupino ao inicio do seu episodio de Screen Director
Playhouse, Nº 5 Checked Out.
Nunca abandonou o seu traballo como
actriz, que lle permitía logo afrontar os
seus proxectos como produtora, guionista
e directora. Na súa filmografía destacan
títulos como On Dangerous Ground
(Nicholas Ray, 1951), The Big Knife (Robert
Aldrich, 1955) e While the City Sleeps (Fritz
Lang, 1956).
Faleceu aos 77 anos, vítima dun cancro de
colon.
THE BIG KNIFE e WHILE THE CITY SLEEPS dispoñíbeis
en eFilm Coruña
The Big Knife (Robert Aldrich, 1955)
On Dangerous Ground (Nicholas Ray, 1951)

More Related Content

Similar to DirectorAs: Ida Lupino

Similar to DirectorAs: Ida Lupino (17)

John Ford
John FordJohn Ford
John Ford
 
02 México
02 México02 México
02 México
 
#OutraHistoriaDoCinema: Straub-Huillet
#OutraHistoriaDoCinema: Straub-Huillet#OutraHistoriaDoCinema: Straub-Huillet
#OutraHistoriaDoCinema: Straub-Huillet
 
Mulleres cineastas
Mulleres cineastasMulleres cineastas
Mulleres cineastas
 
A consolidación do cinema
A consolidación do cinemaA consolidación do cinema
A consolidación do cinema
 
Mulleres directoras no cinema independente e experimental
Mulleres directoras no cinema independente e experimentalMulleres directoras no cinema independente e experimental
Mulleres directoras no cinema independente e experimental
 
Dorothy Arzner
Dorothy ArznerDorothy Arzner
Dorothy Arzner
 
Charles Burnett
Charles BurnettCharles Burnett
Charles Burnett
 
O esplendor de hollywood
O esplendor de hollywoodO esplendor de hollywood
O esplendor de hollywood
 
Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"
Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"
Guía de lectura "Os mellores... libros de cine"
 
Orson Welles
Orson WellesOrson Welles
Orson Welles
 
As orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericanoAs orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericano
 
Ok road movies._ies_ames_2011
Ok road movies._ies_ames_2011Ok road movies._ies_ames_2011
Ok road movies._ies_ames_2011
 
Arxentina
ArxentinaArxentina
Arxentina
 
Charles Chaplin
Charles ChaplinCharles Chaplin
Charles Chaplin
 
Pierre Étaix
Pierre ÉtaixPierre Étaix
Pierre Étaix
 
D. W. Griffith
D. W. GriffithD. W. Griffith
D. W. Griffith
 

More from filmotecaforum

DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadefilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesfilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidafilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosfilmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinemafilmotecaforum
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugalfilmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilfilmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasfilmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60filmotecaforum
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembènefilmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasfilmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosfilmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesafilmotecaforum
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50filmotecaforum
 

More from filmotecaforum (20)

DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
 

DirectorAs: Ida Lupino

  • 1.
  • 2. Actriz notábel asociada a clásicos fundamentais do cinema negro de autores coma Raoul Walsh, Nicholas Ray ou Fritz Lang, Ida Lupino púxose detrás das cámaras para escribir e dirixir, a través da súa propia produtora, media ducia de filmes maxistrais que se atreveron a tocar cuestións espiñentas –o aborto, a bigamia, os embarazos non desexados– cunha perspectiva audaz no fondo e na forma. Foi a única muller que conseguiu estrear longas propias de ficción na América dos anos 50 mais foi, sobre todo, unha directora de inmenso talento cuxa obra celebraremos nesta sesión que abre unha breve serie dedicada a mulleres cineastas. Imaxe: Ida Lupino ao inicio do seu episodio de Screen Director Playhouse, Nº 5 Checked Out.
  • 3. DIRECTORAS DE CINEMA DOS ESTADOS UNIDOS Cinema mudo, anos 10 e 20: Alice Guy, Lois Weber, Mabel Normand, Lillian Gish, Cleo Madison, Ruth Ann Baldwin, Ida May Park, Elsie Jane Wilson, Grace Cunard, Marion E. Wong, Frances Marion, Dorothy Arzner, Dorothy Davenport... Cinema sonoro, até a Segunda Guerra Mundial: Dorothy Davenport (até 1934), Dorothy Arzner (até 1943) Anos 40 e 50: Ida Lupino (entre 1949 e 1953) Anos 60: Doris Wishman Shirley Clarke (The Connection, 1961; The Cool World, 1963) Juleen Compton (Stranded, 1964; The Plastic Dome of Norma Jean, 1967) Ida Lupino (The Trouble with Angels, 1966) Stephanie Rothman (Blood Bath, 1966; It’s a Bikini World (1967) Beverly Sebastian (I Need a Man, 1967) Fonte: para o cinema dos 60 e 70, “Working Girls: The History of Women Directors in 1970s Hollywood” de Maya Montanez Smukler
  • 4. DIRECTORAS DE CINEMA DOS ESTADOS UNIDOS Anos 70: Karen Arthur (Legacy, 1975; Mafu Cage, 1979) Joan Darling (First Love, 1977) Barbara Loden (Wanda, 1971) Elaine May (A New Leaf, 1971; The Heartbreak Kid, 1972; Mikey and Nicky, 1976) Barbara Peeters (The Dark Side of Tomorrow, 1970; Bury Me an Angel, 1971; Summer School Teachers, 1974; Starhops, 1978) Joan Rivers (Rabbit Test, 1978) Stephanie Rothman (The Student Nurses, 1970; The Velvet Vampire, 1971; Group Marriage, 1972; The Working Girls, 1973; Terminal Island, 1973) Beverly Sebastian (The Hitchhikers, 1972; Bloody Friday, 1973; ‘Gator Bait, 1974; Flash and the Firecat, 1976; Delta Fox, 1979; On the Air Live with Captain Midnight, 1979) Joan Micklin Silver (Hester Street, 1975; Between the Lines, 1977; Chilly Scenes of Winter, 1979) Joan Tewkesbury (Old Boyfriends, 1979) Jane Wagner (Moment by Moment, 1978) Claudia Weill (Girlfriends, 1978) Doris Wishman Fonte: para o cinema dos 60 e 70, “Working Girls: The History of Women Directors in 1970s Hollywood” de Maya Montanez Smukler
  • 5. Tanto a nai, Connie Emerald, coma o pai, Stanley Lupino, dedicábanse á interpretación; máis aínda, por parte paterna a familia estaba ligada ás artes escénicas dende a xeración do bisavó. En xaneiro de 1932 entrou como alumna na Royal Academy of Dramatic Art de Londres mais ese mesmo ano ten xa un primeiro papel protagonista nunha longametraxe, Her First Affaire (1932), dirixida por Allan Dwan. Imaxe: Ida Lupino en Her First Affaire Ida Lupino N: 4 de febreiro de 1918, Herne Hill, Londres (GB) M: 3 de agosto de 1995, Los Angeles, California (EEUU)
  • 6. Asentada nos EEUU dende 1933, até o final da década intervén en vinte filmes. A súa actuación en The Light That Failed (William A. Wellman, 1939) ábrelle mellores portas: chama a atención do produtor da Warner Mark Hellinger que a contrata para They Drive by Night de Raoul Walsh (1940), un clásico do “film noir” con George Raft, Ann Sheridan e Humphrey Bogart.
  • 7. Repite con Walsh e Bogart noutra obra mestra, High Sierra (1941). Son anos memorábeis que completan filmes coma The Sea Wolf (Michael Curtiz, 1941), con Edward G. Robinson e John Garfield; ou The Hard Way (Vincent Sherman, 1943). Valorada polo seu talento mais sempre lonxe de ser unha estrela, negábase a aceptar guións que non lle gustaban e tivo por iso enfrontamentos cos estudos, que a mantiveron por tempadas “na neveira”. HIGH SIERRA dispoñíbel en eFilm Coruña
  • 8. En 1949 Ida coñece nunha festa o director italiano Roberto Rossellini, con quen conversa. Rossellini díxolle unha frase que a deixou moi impresionada: “Nas películas de Hollywood a estrela sempre tolea, bebe demasiado ou quere matar a súa esposa. Cando ides facer películas sobre xente normal en situacións normais?”.
  • 9. Ida Lupino e o seu marido, o guionista e produtor Collier Young, fundan a produtora independente The Filmakers co obxectivo de desenvolver proxectos propios de baixo orzamento. Collier e Ida divorciáronse en 1951 mais seguiron traballando xuntos varios anos máis. O seu primeiro traballo detrás das cámaras chega de forma inesperada, cando ten que reemprazar por enfermidade a Elmer Clifton na rodaxe de Not Wanted, filme sobre embarazos non desexados do que ela era guionista. Neste caso non quixo aparecer acreditada como directora.
  • 10. Si aparece acreditada como directora no melodrama Never Fear (1949), sobre unha bailarina que enferma de polio. A propia Ida Lupino foi vítima desta devastadora enfermidade en 1934. NEVER FEAR dispoñíbel en eFilm Coruña
  • 11. Probabelmente Outrage (1950) sexa o seu mellor filme, un retrato extraordinario das consecuencias dunha violación e a difícil volta á normalidade.
  • 12. En Hard, Fast and Beautiful (1951) Sally Forrest (protagonista tamén de Not Wanted e Never Fear) é unha tenista prometedora manipulada pola súa nai, Claire Trevor, que arela convertela nunha estrela e obter os beneficios asociados.
  • 13. The Hitch-Hiker (1953) é quizais o seu filme máis coñecido, con elenco masculino e abundantes escenas de exterior no deserto, fotografadas polo xenial Nicholas Musuraca.
  • 14. En The Bigamist (1953) Edmond O’Brien leva unha dobre vida con dúas mulleres, Joan Fontaine (parella na altura de Collier Young) e a propia Ida Lupino. Foi a única ocasión no cinema en que exerceu como actriz e directora ao mesmo tempo.
  • 15. En 1955 pecha a produtora The Filmmakers e orienta o seu traballo como directora á televisión. Entre outras moitas series, dirixiu episodios de Alfred Hitchcock presenta, Os intocábeis, O fuxitivo, Dimensión descoñecida ou Embruxada. Foi tamén directora dun episodio da serie Screen Directors Playhouse, feita en colaboración co Screen Director Guild e que contou cunha única tempada televisiva, 1955/1956. Por ela pasaron varios dos grandes nomes do cinema daquela en activo: John Ford, Leo McCarey, Frank Borzage, Tay Garnett, Allan Dwan, Fred Zinemann, William Dieterle... Imaxe: Ida Lupino ao inicio do seu episodio de Screen Director Playhouse, Nº 5 Checked Out.
  • 16. Nunca abandonou o seu traballo como actriz, que lle permitía logo afrontar os seus proxectos como produtora, guionista e directora. Na súa filmografía destacan títulos como On Dangerous Ground (Nicholas Ray, 1951), The Big Knife (Robert Aldrich, 1955) e While the City Sleeps (Fritz Lang, 1956). Faleceu aos 77 anos, vítima dun cancro de colon. THE BIG KNIFE e WHILE THE CITY SLEEPS dispoñíbeis en eFilm Coruña
  • 17. The Big Knife (Robert Aldrich, 1955) On Dangerous Ground (Nicholas Ray, 1951)