SlideShare a Scribd company logo
Non é unha historia do cinema na Coruña, nin unha historia da
Coruña no cinema; o que imos contar son (algunhas) historias da
Coruña e o cinema. Historias dunha ligazón que vén de vello: foi
aquí onde se celebrou a primeira proxección de cinema de Galiza e
foi tamén un veciño da cidade, o fotógrafo José Sellier, o primeiro
creador de imaxes cinematográficas do país. De aquí a final de ano
imos explorar o cinema a través da súa pegada na Coruña: os
inicios da arte, o seu desenvolvemento industrial, as mudanzas
tecnolóxicas que transformaron radicalmente as regras do xogo, as
épocas de maior esplendor mais tamén os momentos de
decadencia e os cambios de modelo comercial. Tamén as salas
que foron nacendo e pechando nos diferentes barrios, as figuras
máis importantes directamente relacionadas coa Coruña,
algunhas visitas ilustres que recibimos ou o peso que a Cidade Alta
tivo e ten na mellor produción de noso.
Ao longo de todo o século XIX hai rexistros de
espectáculos precinematográficos en varias
cidades de Galiza: lanternas máxicas (e
derivados), panoramas (vistas pintadas para
ser contempladas dende unha plataforma
central), cosmoramas (máis sinxelos e
pequenos ca os panoramas por empregaren
unha cámara escura e lentes) etc. A Coruña,
por suposto, non é unha excepción.
Lanterna máxica. Imaxe: Andreas Praefcke /
Wikipedia
Imaxe: Panorama ambulante na Europa
central a mediados do XIX,. Litografía de F.
Schlotterbeck e Karl Thienemann. Dominio
público. Fonte: Wikipedia.
Logo das obras do recheo e a
creación dos xardíns de Méndez
Núñez, toda esa zona entre os
Cantóns e o porto foi lugar de
establecemento habitual de
barracas de feira con toda sorte
de espectáculos, incluídos os
panoramas e outros sistemas de
proxección de vistas.
Segundo documentou José Luis Cabo no artigo Espectáculos
precinematográficos: das sombras chinescas ós panoramas, o francés Luis
Cramer presentou na Coruña en 1819 o panorama “Noches pintorescas y
mecánicas”, en 1835 exhibiuse na rúa Real, 92, o “Cosmorama o descripción del
universo”, e dous anos despois o ourive suízo e pioneiro da fotografía Enrique
Luard presentou dende outubro de 1837 e durante seis meses un cosmorama
con imaxes de “la revolución del Cayro contra los franceses”, unha estampa de
Constantinopla, unha paisaxe nevada, un volcán en erupción ou un luar.
Os Irmáns Lumière
Auguste Marie Louis Nicolas
N: 19 de outubro de 1862, Besançon
M: 10 de abril de 1954, Lyon
Louis Jean
N: 5 de outubro de 1864, Besançon
M: 6 de xuño de 1948, Bandol
Fonte da Imaxe: sitio web do Institut Lumière
O 13 de febreiro de 1895 Louis Lumière (1864-1948) patentou co seu irmán
Auguste o cinematógrafo, un “aparello que serve para a obtención e visión de
probas cronofotográficas”. Servía, pois, coma tomavistas mais tamén coma
proxector, accionado por unha manivela que arrastraba o filme ao ritmo de 16
imaxes por segundo.
Fonte das
Imaxes: sitio
web do Institut
Lumière
A primeira exhibición pública desta
“curiosidade científica” tivo lugar o 28 de
decembro de 1895 nun salón no soto do
Grand Café, no número 14 do Boulevard
des Capucines de París. O dono do café
tiña pouca confianza no éxito do invento
e estipulou o pagamento de 30 francos
diarios en concepto de alugueiro da sala
durante un ano. O prezo da entrada era
de 1 franco e a sesión duraba máis ou
menos media hora.
Fonte da imaxe: sitio web do Institut Lumière
O primeiro día a asistencia non foi moi
espectacular e a recadación total foi
de apenas 33 francos. A partir de aí
comeza outra historia. A verdadeira
historia do cinema.
Fonte da imaxe: sitio web do Institut Lumière
As primeiras proxeccións fílmicas en
España tiveron lugar en Madrid o 11 de
maio de 1896. O responsábel foi o húngaro
Edwin Rousby, tamén introdutor do
cinema en Portugal, que amosou no circo
Parish o animatógrafo patentado por
Robert William Paul.
Imaxe: La Correspondencia de España, xornal do 12 de maio
de 1896. Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
Adiantouse por uns días á primeira
proxección do cinematógrafo dos
Lumiére, tamén en Madrid.
Tamén de 1896 datan as primeiras
imaxes filmadas en España por
Alexandre Promio, operador de
cámara contratado polos Lumiére.
Imaxe: Las Baleares, Diario Republicano, xornal do 16 de maio
de 1896. Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
O cinema chegou a Galiza uns meses despois. Entre o 2 e o 11 de setembro de
1896 o Teatro-Circo Coruñés, un pavillón instalado na Marina, exhibiu imaxes
animadas, probabelmente do animatógrafo.
Imaxe: Teatro-Circo Coruñés. Fonte: arquivo José Luis Cabo, no libro “Cines de Galicia”.
O cinematógrafo dos Lumière chega a Galiza xa en 1897 da man dos
portugueses Augusto César Marques e Caldera e Alexandre Pais de Azevedo e
Lima, que exhibiron filmes en Pontevedra, Vigo e Tui na primavera dese ano. O
incendio catastrófico do Bazar da Caridade en París o 4 de maio provocou
certo desánimo e motivou unha maior prudencia nos seguintes pasos, de aí
que desbotasen o uso do Teatro-Circo e apostasen por sesións nun local no
número 25 da rúa Real nese mesmo mes de maio.
Considérase que son eles tamén os autores do primeiro filme realizado en
Galiza, a Botadura al agua del acorazado Cardenal Cisneros, fotografado en
Ferrol o 19 de marzo de 1897.
Imaxe: botadura do acoirazado polo fotógrafo ferrolán Riobó publicada na revista “Nuevo Mundo”, abril de 1897
En paralelo e na mesma rúa
exhibiu filmes co cinematógrafo o
francés José Sellier, que se
establecera como fotógrafo na
Coruña en 1886. El foi tamén o
primeiro autor do noso país de
imaxes cinematográficas.
Fotografía de José Sellier
José Sellier Loup naceu o 13 de agosto de
1850 en Givors, pequena vila francesa 22
quilómetros ao sur de Lyon. A familia
emigrou á Coruña arredor de 1854; o pai,
Jean Joseph, traballou na fábrica de vidro
“La Coruñesa”. Un irmán de José, Antoine,
mesmo naceu na Coruña en 1856. Nesa
altura están vivindo nun segundo andar
no número 20 da rúa Sol.
A familia Sellier Loup regresa a Givors
algún tempo despois, mais un dos fillos,
Louis, fica na cidade para traballar como
fotógrafo con Juan Bautista (Alejandro)
Avrillon, que será o seu cuñado. No estudio
Sellier et Avrillon tiraron un retrato
emblemático de Eduardo Pondal.
Pondal en 1859, imaxe de Sellier / Avrillon.
Arquivo Real Academia Galega.
Luis Sellier é tamén o autor da máis
célebre fotografía de Rosalía de Castro.
Rosalía fotografada por Luis Sellier.
Arquivo Real Academia Galega.
José residiu en Lyon coa súa dona María
Farge Michelat e o seu fillo Esteban,
nacido en 1883, até que a finais de 1886
a familia se traslada á Coruña. Primeiro
viven na rúa Real, xusto enriba do local
do irmán, mais non tardan moito en
trasladarse ao número 9 da rúa de Santo
André, onde abre o negocio Fotografía
de París (finais de 1890, principios de
1891).
A súa conexión con Lyon permítelle ter
relación coa fábrica Lumière. Agarda á
comercialización do cinematógrafo en
maio de 1897 (aínda que quizais puido
ter cámara xa antes) para operar e facer
as súas propias demostracións do
aparello. Así, nese mes de maio a rúa
Real conta con dous lugares de
proxección do cinematógrafo, o dos
portugueses no 25 e o de Sellier no
número 8, no “Bazar de la Industria”.
A grande novidade de Sellier é que as súas sesións inclúen imaxes propias
tomadas na Coruña. Así o contaba “La Correspondencia Gallega” o 3 de xuño de
1897: “En el caso del señor Sellier presentáronse ayer miércoles varias vistas de
La Coruña que han gustado mucho”. É probábel que se tratase de Fábrica de
gas, Plaza de Mina e Orzán, oleaje.
Fotografía de José Sellier.
Por razóns obvias, non hai dúbida
sobre o día que filmou Entierro del
General Sánchez Bregua, o 20 de
xuño de 1897, que pasa por ser a
realización dun cineasta español
máis antiga con datación inequívoca.
Fotografía de José Sellier.
Ao longo de 1897 incorpora outros
filmes propios: La última carrera
de bicicletas efectuada en La
Coruña, Siesta interrumpida, San
Jorge, salida de misa, Descarga de
carbón, Cantón Grande... Nesas
sesións, xa na rúa Santo André,
combina filmes propios con outros
do catálogo Lumière. A mediados
de 1898 as sesións de cinema van
acompañadas de audicións cun
fonógrafo. Agrega novos filmes:
Temporal en Riazor, Matadero /
Salida de operarios e Regreso de
Cuba / Desembarco de los heridos
de Cuba en nuestro puerto.
Infelizmente, non se conserva
ningunha das súas películas.
Anuncios en La Voz de Galicia
Durante uns días en outubro de 1898
Sellier fai sesións no Teatro-Circo
Coruñés. Pouco despois inicia a
presentación do cinematógrafo por
diferentes cidades galegas, empeño
que mantén até comezos de 1900:
Vigo, Ferrol, Santiago de Compostela...
sempre incluíndo filmes propios.
A partir de 1901 abandona a exhibición
e produción de películas. Céntrase na
fotografía, á que se dedicará até o seu
retiro, arredor de 1913. Entre as súas
imaxes máis xustamente míticas, a do
casamento de Elisa e Marcela en 1901.
Fixo tamén unha serie fotográfica da
eclipse de Sol de abril de 1912 dende A
Coruña. Faleceu o 21 de novembro de
1922.
Fotografía de José Sellier
Para saber máis sobre Sellier
José Sellier en A Coruña. Los
comienzos del cine español.
José Luis Castro de Paz
(coordinador)
Pouco a pouco, a comezos do século
XX vaise normalizando a exhibición
de filmes, que empeza a ser unha
arte e un negocio máis alá da súa
condición de curiosidade científica.
En 1907 o Pabellón Lino exhibe na
Semana Santa o filme La pasión y la
muerte de Nuestro Señor Jesucristo,
de Lucian Nonguet e Ferdinand
Zecca para a Pathé. O ano seguinte
nace o Salón París, que se manterá
aberto até 1999.
O habitual é que as salas mesturen
espectáculos de variedades con
proxeccións, tamén nos teatros nos
que, non sen oposición, se xeraliza a
actividade cinematográfica ao longo
dos anos 10. Así, o Teatro Emilia Pardo
Bazán proxectará o Quo Vadis (Enrico
Guazzoni, 1912), un filme xa de dúas
horas.
Vie et Passion du Christ (Lucian Nonguet
e Ferdinand Zecca, 1903)
“La catástrofe de la Primera Guerra Mundial, con la consiguiente
paralización de la producción europea, permitió a la industria
cinematográfica americana ascender hasta situarse como la
tercera del país, después de las de automóviles y de conservas.
Cancelada definitivamente su etapa aventurera, los grandes
bancos de Nueva York extendieron sus tentáculos hacia aquella
nueva y próspera fuente de riqueza. Las acciones de algunas
compañías importantes, como Pathé y Fox, comenzaron a
cotizarse en la Bolsa. Se produjo una lucha feroz, de altos vuelos,
por el control financiero de Hollywood. Es el período conocido por
el expresivo Company eat Company. Las combinaciones
capitalistas cristalizaron en 1922 en la formación de la poderosa
asociación Motion Picture Producers and Distributors of America
Inc., presidida por el ex ministro republicano Will Hays, que agrupó
las principales empresas y reglamentó sus normas internas de
funcionamiento y convivencia”.
Román Gubern, Historia del cine (Anagrama)
A florecente industria estadounidense fixo do “star system” un elemento
esencial para a promoción e popularización do cinema. Nacen as revistas de
cinema e tamén a mitomanía arredor dos artistas que aparecen na pantalla.
Motion Picture, 1911-1977. Photoplay, 1911-1980.
En 1920 abren o Salón Doré (Juan
Flórez, 104) e o Teatro Linares Rivas
(Cantón Grande, 18), en 1921 o Salón
Novedades na Gaiteira e en 1922 o
Salón Victoria (rúa Hospital). La
Terraza e o Kiosko Afonso pasan
tamén filmes a partir dos anos 20. O
prometedor negocio fílmico fai da
Coruña a sede de diferentes
empresas de distribución.
Os grandes éxitos de Hollywood, nesa
década xa consolidada como grande
potencia industrial, triunfan tamén na
Coruña. Así, O gran desfile de King
Vidor ou o Ben-Hur de Fred Niblo
mantéñense unha semana en cartel.
En 1929 inaugúrase o Ideal Cinema na
rúa da Gaiteira, número 37.
Na década dos 10 e inicios dos 20 foron
moi populares os seriais de aventuras
por entregas, moitos deles con mulleres
como protagonistas, o prototipo de
“damsels in distress”. Foi o caso de
Helen Holmes (The Hazards of Helen,
1914-1917) e Pearl White (The Perils of
Pauline, 1914).
A última película de Pearl Jay
White (1889-1938) foi Terreur /
Perils of Paris (1924). Uns meses
despois viaxou a España para
facer espectáculos en teatros e
esa xira tróuxoa até Galiza.
Anuncio en Moving Picture World de
“Pearl in the Army”
El Orzán, sábado 4 de abril de 1925
El Orzán, domingo 5 de abril de 1925
El Orzán, martes 7 de
abril de 1925
Fonte: Biblioteca
Virtual de Prensa
Histórica.
El Orzán, mércores 8 de abril de 1925
El Orzán, xoves 9 de abril de 1925
Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
El Orzán, xoves 9
de abril de 1925
El Orzán, sábado
11 de abril de 1925
Fonte: Biblioteca
Virtual de Prensa
Histórica.
El Orzán,
domingo 12 de
abril de 1925
El Orzán, martes
14 de abril de 1925
Fonte: Biblioteca
Virtual de Prensa
Histórica.
El Orzán, mércores 15 de abril de 1925
Novelización do filme “La Hija del Fuego”,
título español de “A Virgin Paradise” (J.
Searle Dawley, 1921). Imaxe: archive.org
A coruñesa María Luz Morales (1898-1980) é
unha pioneira do xornalismo en España.
Despois de estudar Filosofía e Letras,
decidiu dedicarse á escritura en prensa,
primeiro na revista Hogar y Moda e logo en
La Vanguardia, onde en 1924 empeza a
escribir un xénero até entón apenas
cultivado, a crítica cinematográfica, co
pseudónimo “Felipe Centeno”, personaxe
de Galdós. É a única muller na redacción. O
seu talento chama a atención da
Paramount, que a contrata como asesora
literaria, un labor que a chegada do cinema
sonoro fará máis importante: hai que
adaptar os diálogos orixinais noutras
linguas.
Progresista, feminista, galeguista e
republicana, Mari Luz Morales aceptou o
posto de directora de La Vanguardia
cando, logo do golpe de estado de 1936, o
xornal quedou ao coidado dun comité
obreiro. Foi a primeira muller que dirixiu un
xornal.
Mari Luz Morales.
Imaxe: Dominio público [Wikipedia]
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos

More Related Content

Similar to A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos

Mostra de Venecia
Mostra de VeneciaMostra de Venecia
Mostra de Venecia
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
filmotecaforum
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Marlou
 
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismoRealismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
Agrela Elvixeo
 
Chile
ChileChile
Pioneir@s galeg@s da fotografía
Pioneir@s galeg@s da fotografíaPioneir@s galeg@s da fotografía
Pioneir@s galeg@s da fotografía
normalizacioniesn1ordes
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
filmotecaforum
 
Francisco de goya_Touro
Francisco de goya_TouroFrancisco de goya_Touro
Francisco de goya_TouroAmaia12345
 
Francisco de goya_Touro
Francisco de goya_TouroFrancisco de goya_Touro
Francisco de goya_TouroAmaia12345
 
Proxecto Interdisciplinar. O cine na UE.
Proxecto Interdisciplinar. O cine na UE.Proxecto Interdisciplinar. O cine na UE.
Proxecto Interdisciplinar. O cine na UE.
Alexandre-slider
 
A historia do cine
A historia do cine A historia do cine
A historia do cine
palolarodriguez
 
Festival de Cannes
Festival de CannesFestival de Cannes
Festival de Cannes
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
filmotecaforum
 

Similar to A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos (20)

Mostra de Venecia
Mostra de VeneciaMostra de Venecia
Mostra de Venecia
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismoRealismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
 
7
77
7
 
Sociais tema 7
Sociais tema 7Sociais tema 7
Sociais tema 7
 
Arte
ArteArte
Arte
 
Tema7
Tema7 Tema7
Tema7
 
Chile
ChileChile
Chile
 
Pioneir@s galeg@s da fotografía
Pioneir@s galeg@s da fotografíaPioneir@s galeg@s da fotografía
Pioneir@s galeg@s da fotografía
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Folleto
FolletoFolleto
Folleto
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadeA Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade
 
Francisco de goya_Touro
Francisco de goya_TouroFrancisco de goya_Touro
Francisco de goya_Touro
 
Francisco de goya_Touro
Francisco de goya_TouroFrancisco de goya_Touro
Francisco de goya_Touro
 
Tema 7
Tema 7 Tema 7
Tema 7
 
Proxecto Interdisciplinar. O cine na UE.
Proxecto Interdisciplinar. O cine na UE.Proxecto Interdisciplinar. O cine na UE.
Proxecto Interdisciplinar. O cine na UE.
 
A historia do cine
A historia do cine A historia do cine
A historia do cine
 
Festival de Cannes
Festival de CannesFestival de Cannes
Festival de Cannes
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
 

More from filmotecaforum

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
filmotecaforum
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
filmotecaforum
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
filmotecaforum
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
filmotecaforum
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
filmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
filmotecaforum
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
filmotecaforum
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
filmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
filmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
filmotecaforum
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
filmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
filmotecaforum
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
filmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
filmotecaforum
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
filmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
filmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
filmotecaforum
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
filmotecaforum
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
filmotecaforum
 

More from filmotecaforum (20)

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
 

A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos

  • 1.
  • 2. Non é unha historia do cinema na Coruña, nin unha historia da Coruña no cinema; o que imos contar son (algunhas) historias da Coruña e o cinema. Historias dunha ligazón que vén de vello: foi aquí onde se celebrou a primeira proxección de cinema de Galiza e foi tamén un veciño da cidade, o fotógrafo José Sellier, o primeiro creador de imaxes cinematográficas do país. De aquí a final de ano imos explorar o cinema a través da súa pegada na Coruña: os inicios da arte, o seu desenvolvemento industrial, as mudanzas tecnolóxicas que transformaron radicalmente as regras do xogo, as épocas de maior esplendor mais tamén os momentos de decadencia e os cambios de modelo comercial. Tamén as salas que foron nacendo e pechando nos diferentes barrios, as figuras máis importantes directamente relacionadas coa Coruña, algunhas visitas ilustres que recibimos ou o peso que a Cidade Alta tivo e ten na mellor produción de noso.
  • 3. Ao longo de todo o século XIX hai rexistros de espectáculos precinematográficos en varias cidades de Galiza: lanternas máxicas (e derivados), panoramas (vistas pintadas para ser contempladas dende unha plataforma central), cosmoramas (máis sinxelos e pequenos ca os panoramas por empregaren unha cámara escura e lentes) etc. A Coruña, por suposto, non é unha excepción. Lanterna máxica. Imaxe: Andreas Praefcke / Wikipedia
  • 4. Imaxe: Panorama ambulante na Europa central a mediados do XIX,. Litografía de F. Schlotterbeck e Karl Thienemann. Dominio público. Fonte: Wikipedia. Logo das obras do recheo e a creación dos xardíns de Méndez Núñez, toda esa zona entre os Cantóns e o porto foi lugar de establecemento habitual de barracas de feira con toda sorte de espectáculos, incluídos os panoramas e outros sistemas de proxección de vistas. Segundo documentou José Luis Cabo no artigo Espectáculos precinematográficos: das sombras chinescas ós panoramas, o francés Luis Cramer presentou na Coruña en 1819 o panorama “Noches pintorescas y mecánicas”, en 1835 exhibiuse na rúa Real, 92, o “Cosmorama o descripción del universo”, e dous anos despois o ourive suízo e pioneiro da fotografía Enrique Luard presentou dende outubro de 1837 e durante seis meses un cosmorama con imaxes de “la revolución del Cayro contra los franceses”, unha estampa de Constantinopla, unha paisaxe nevada, un volcán en erupción ou un luar.
  • 5. Os Irmáns Lumière Auguste Marie Louis Nicolas N: 19 de outubro de 1862, Besançon M: 10 de abril de 1954, Lyon Louis Jean N: 5 de outubro de 1864, Besançon M: 6 de xuño de 1948, Bandol Fonte da Imaxe: sitio web do Institut Lumière
  • 6. O 13 de febreiro de 1895 Louis Lumière (1864-1948) patentou co seu irmán Auguste o cinematógrafo, un “aparello que serve para a obtención e visión de probas cronofotográficas”. Servía, pois, coma tomavistas mais tamén coma proxector, accionado por unha manivela que arrastraba o filme ao ritmo de 16 imaxes por segundo. Fonte das Imaxes: sitio web do Institut Lumière
  • 7. A primeira exhibición pública desta “curiosidade científica” tivo lugar o 28 de decembro de 1895 nun salón no soto do Grand Café, no número 14 do Boulevard des Capucines de París. O dono do café tiña pouca confianza no éxito do invento e estipulou o pagamento de 30 francos diarios en concepto de alugueiro da sala durante un ano. O prezo da entrada era de 1 franco e a sesión duraba máis ou menos media hora. Fonte da imaxe: sitio web do Institut Lumière
  • 8. O primeiro día a asistencia non foi moi espectacular e a recadación total foi de apenas 33 francos. A partir de aí comeza outra historia. A verdadeira historia do cinema. Fonte da imaxe: sitio web do Institut Lumière
  • 9. As primeiras proxeccións fílmicas en España tiveron lugar en Madrid o 11 de maio de 1896. O responsábel foi o húngaro Edwin Rousby, tamén introdutor do cinema en Portugal, que amosou no circo Parish o animatógrafo patentado por Robert William Paul. Imaxe: La Correspondencia de España, xornal do 12 de maio de 1896. Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  • 10. Adiantouse por uns días á primeira proxección do cinematógrafo dos Lumiére, tamén en Madrid. Tamén de 1896 datan as primeiras imaxes filmadas en España por Alexandre Promio, operador de cámara contratado polos Lumiére. Imaxe: Las Baleares, Diario Republicano, xornal do 16 de maio de 1896. Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  • 11. O cinema chegou a Galiza uns meses despois. Entre o 2 e o 11 de setembro de 1896 o Teatro-Circo Coruñés, un pavillón instalado na Marina, exhibiu imaxes animadas, probabelmente do animatógrafo. Imaxe: Teatro-Circo Coruñés. Fonte: arquivo José Luis Cabo, no libro “Cines de Galicia”.
  • 12. O cinematógrafo dos Lumière chega a Galiza xa en 1897 da man dos portugueses Augusto César Marques e Caldera e Alexandre Pais de Azevedo e Lima, que exhibiron filmes en Pontevedra, Vigo e Tui na primavera dese ano. O incendio catastrófico do Bazar da Caridade en París o 4 de maio provocou certo desánimo e motivou unha maior prudencia nos seguintes pasos, de aí que desbotasen o uso do Teatro-Circo e apostasen por sesións nun local no número 25 da rúa Real nese mesmo mes de maio. Considérase que son eles tamén os autores do primeiro filme realizado en Galiza, a Botadura al agua del acorazado Cardenal Cisneros, fotografado en Ferrol o 19 de marzo de 1897. Imaxe: botadura do acoirazado polo fotógrafo ferrolán Riobó publicada na revista “Nuevo Mundo”, abril de 1897
  • 13. En paralelo e na mesma rúa exhibiu filmes co cinematógrafo o francés José Sellier, que se establecera como fotógrafo na Coruña en 1886. El foi tamén o primeiro autor do noso país de imaxes cinematográficas. Fotografía de José Sellier
  • 14. José Sellier Loup naceu o 13 de agosto de 1850 en Givors, pequena vila francesa 22 quilómetros ao sur de Lyon. A familia emigrou á Coruña arredor de 1854; o pai, Jean Joseph, traballou na fábrica de vidro “La Coruñesa”. Un irmán de José, Antoine, mesmo naceu na Coruña en 1856. Nesa altura están vivindo nun segundo andar no número 20 da rúa Sol. A familia Sellier Loup regresa a Givors algún tempo despois, mais un dos fillos, Louis, fica na cidade para traballar como fotógrafo con Juan Bautista (Alejandro) Avrillon, que será o seu cuñado. No estudio Sellier et Avrillon tiraron un retrato emblemático de Eduardo Pondal. Pondal en 1859, imaxe de Sellier / Avrillon. Arquivo Real Academia Galega.
  • 15. Luis Sellier é tamén o autor da máis célebre fotografía de Rosalía de Castro. Rosalía fotografada por Luis Sellier. Arquivo Real Academia Galega.
  • 16. José residiu en Lyon coa súa dona María Farge Michelat e o seu fillo Esteban, nacido en 1883, até que a finais de 1886 a familia se traslada á Coruña. Primeiro viven na rúa Real, xusto enriba do local do irmán, mais non tardan moito en trasladarse ao número 9 da rúa de Santo André, onde abre o negocio Fotografía de París (finais de 1890, principios de 1891). A súa conexión con Lyon permítelle ter relación coa fábrica Lumière. Agarda á comercialización do cinematógrafo en maio de 1897 (aínda que quizais puido ter cámara xa antes) para operar e facer as súas propias demostracións do aparello. Así, nese mes de maio a rúa Real conta con dous lugares de proxección do cinematógrafo, o dos portugueses no 25 e o de Sellier no número 8, no “Bazar de la Industria”.
  • 17. A grande novidade de Sellier é que as súas sesións inclúen imaxes propias tomadas na Coruña. Así o contaba “La Correspondencia Gallega” o 3 de xuño de 1897: “En el caso del señor Sellier presentáronse ayer miércoles varias vistas de La Coruña que han gustado mucho”. É probábel que se tratase de Fábrica de gas, Plaza de Mina e Orzán, oleaje. Fotografía de José Sellier.
  • 18. Por razóns obvias, non hai dúbida sobre o día que filmou Entierro del General Sánchez Bregua, o 20 de xuño de 1897, que pasa por ser a realización dun cineasta español máis antiga con datación inequívoca. Fotografía de José Sellier.
  • 19. Ao longo de 1897 incorpora outros filmes propios: La última carrera de bicicletas efectuada en La Coruña, Siesta interrumpida, San Jorge, salida de misa, Descarga de carbón, Cantón Grande... Nesas sesións, xa na rúa Santo André, combina filmes propios con outros do catálogo Lumière. A mediados de 1898 as sesións de cinema van acompañadas de audicións cun fonógrafo. Agrega novos filmes: Temporal en Riazor, Matadero / Salida de operarios e Regreso de Cuba / Desembarco de los heridos de Cuba en nuestro puerto. Infelizmente, non se conserva ningunha das súas películas. Anuncios en La Voz de Galicia
  • 20. Durante uns días en outubro de 1898 Sellier fai sesións no Teatro-Circo Coruñés. Pouco despois inicia a presentación do cinematógrafo por diferentes cidades galegas, empeño que mantén até comezos de 1900: Vigo, Ferrol, Santiago de Compostela... sempre incluíndo filmes propios. A partir de 1901 abandona a exhibición e produción de películas. Céntrase na fotografía, á que se dedicará até o seu retiro, arredor de 1913. Entre as súas imaxes máis xustamente míticas, a do casamento de Elisa e Marcela en 1901. Fixo tamén unha serie fotográfica da eclipse de Sol de abril de 1912 dende A Coruña. Faleceu o 21 de novembro de 1922. Fotografía de José Sellier
  • 21. Para saber máis sobre Sellier José Sellier en A Coruña. Los comienzos del cine español. José Luis Castro de Paz (coordinador)
  • 22. Pouco a pouco, a comezos do século XX vaise normalizando a exhibición de filmes, que empeza a ser unha arte e un negocio máis alá da súa condición de curiosidade científica. En 1907 o Pabellón Lino exhibe na Semana Santa o filme La pasión y la muerte de Nuestro Señor Jesucristo, de Lucian Nonguet e Ferdinand Zecca para a Pathé. O ano seguinte nace o Salón París, que se manterá aberto até 1999. O habitual é que as salas mesturen espectáculos de variedades con proxeccións, tamén nos teatros nos que, non sen oposición, se xeraliza a actividade cinematográfica ao longo dos anos 10. Así, o Teatro Emilia Pardo Bazán proxectará o Quo Vadis (Enrico Guazzoni, 1912), un filme xa de dúas horas. Vie et Passion du Christ (Lucian Nonguet e Ferdinand Zecca, 1903)
  • 23. “La catástrofe de la Primera Guerra Mundial, con la consiguiente paralización de la producción europea, permitió a la industria cinematográfica americana ascender hasta situarse como la tercera del país, después de las de automóviles y de conservas. Cancelada definitivamente su etapa aventurera, los grandes bancos de Nueva York extendieron sus tentáculos hacia aquella nueva y próspera fuente de riqueza. Las acciones de algunas compañías importantes, como Pathé y Fox, comenzaron a cotizarse en la Bolsa. Se produjo una lucha feroz, de altos vuelos, por el control financiero de Hollywood. Es el período conocido por el expresivo Company eat Company. Las combinaciones capitalistas cristalizaron en 1922 en la formación de la poderosa asociación Motion Picture Producers and Distributors of America Inc., presidida por el ex ministro republicano Will Hays, que agrupó las principales empresas y reglamentó sus normas internas de funcionamiento y convivencia”. Román Gubern, Historia del cine (Anagrama)
  • 24. A florecente industria estadounidense fixo do “star system” un elemento esencial para a promoción e popularización do cinema. Nacen as revistas de cinema e tamén a mitomanía arredor dos artistas que aparecen na pantalla. Motion Picture, 1911-1977. Photoplay, 1911-1980.
  • 25. En 1920 abren o Salón Doré (Juan Flórez, 104) e o Teatro Linares Rivas (Cantón Grande, 18), en 1921 o Salón Novedades na Gaiteira e en 1922 o Salón Victoria (rúa Hospital). La Terraza e o Kiosko Afonso pasan tamén filmes a partir dos anos 20. O prometedor negocio fílmico fai da Coruña a sede de diferentes empresas de distribución. Os grandes éxitos de Hollywood, nesa década xa consolidada como grande potencia industrial, triunfan tamén na Coruña. Así, O gran desfile de King Vidor ou o Ben-Hur de Fred Niblo mantéñense unha semana en cartel. En 1929 inaugúrase o Ideal Cinema na rúa da Gaiteira, número 37.
  • 26. Na década dos 10 e inicios dos 20 foron moi populares os seriais de aventuras por entregas, moitos deles con mulleres como protagonistas, o prototipo de “damsels in distress”. Foi o caso de Helen Holmes (The Hazards of Helen, 1914-1917) e Pearl White (The Perils of Pauline, 1914).
  • 27. A última película de Pearl Jay White (1889-1938) foi Terreur / Perils of Paris (1924). Uns meses despois viaxou a España para facer espectáculos en teatros e esa xira tróuxoa até Galiza. Anuncio en Moving Picture World de “Pearl in the Army”
  • 28. El Orzán, sábado 4 de abril de 1925 El Orzán, domingo 5 de abril de 1925 El Orzán, martes 7 de abril de 1925 Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  • 29. El Orzán, mércores 8 de abril de 1925 El Orzán, xoves 9 de abril de 1925 Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  • 30. El Orzán, xoves 9 de abril de 1925 El Orzán, sábado 11 de abril de 1925 Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  • 31. El Orzán, domingo 12 de abril de 1925 El Orzán, martes 14 de abril de 1925 Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  • 32. El Orzán, mércores 15 de abril de 1925 Novelización do filme “La Hija del Fuego”, título español de “A Virgin Paradise” (J. Searle Dawley, 1921). Imaxe: archive.org
  • 33. A coruñesa María Luz Morales (1898-1980) é unha pioneira do xornalismo en España. Despois de estudar Filosofía e Letras, decidiu dedicarse á escritura en prensa, primeiro na revista Hogar y Moda e logo en La Vanguardia, onde en 1924 empeza a escribir un xénero até entón apenas cultivado, a crítica cinematográfica, co pseudónimo “Felipe Centeno”, personaxe de Galdós. É a única muller na redacción. O seu talento chama a atención da Paramount, que a contrata como asesora literaria, un labor que a chegada do cinema sonoro fará máis importante: hai que adaptar os diálogos orixinais noutras linguas. Progresista, feminista, galeguista e republicana, Mari Luz Morales aceptou o posto de directora de La Vanguardia cando, logo do golpe de estado de 1936, o xornal quedou ao coidado dun comité obreiro. Foi a primeira muller que dirixiu un xornal. Mari Luz Morales. Imaxe: Dominio público [Wikipedia]