SlideShare a Scribd company logo
En 1993 celebrouse a primeira edición do
festival internacional de cinema “Curtas” de
Vila do Conde, un certame que puña o foco
na curtametraxe co paradoxo de que na
altura eran moi poucas as curtametraxes
feitas en Portugal. A creación dunha liña
específica de apoios á produción fixo
mudar esa situación e Vila do Conde serviu
de plataforma para a súa difusión e
recoñecemento en todo o mundo, con fitos
coma a histórica candidatura ao Oscar de
Ice Merchants este mesmo ano. Cita
inescusábel cada mes de xullo, o Curtas e a
súa historia sérvenos nesta sesión para
percorrermos os últimos trinta anos de
creación cinematográfica no país irmán.
Teatro Municipal de Vila do Conde
Vila do Conde é unha cidade
portuguesa da Área Metropolitana do
Porto (Região Norte) con 29328
habitantes (2021). É sede do Munícipio
de Vila do Conde, de 149 km² de área e
80921 habitantes (2021) repartidas en 21
freguesías. Limita ao norte con Póvoa
de Varzim, ao leste con Vila Nova de
Famalicão e Trofa, ao sur con Maia e
Matosinhos. Ao oeste ten litoral no
océano Atlántico. Vila do Conde sitúase
na marxe norte da foz do río Ave.
Google Maps
Open Street Map
Open Street Map
Alfándega Régia, Acueduto e Capela
de Nossa Senhora do Socorro.
Imaxes: sitio web visitviladoconde.pt
Casa de José Régio, Centro de
Memória e Forte de São João Baptista.
Imaxes: sitio web visitviladoconde.pt
Igreja Matriz, Nau Quinhetista e Praça
José Régio.
Imaxes: sitio web visitviladoconde.pt
Centro Ciência Viva, Casa Antero de
Quental e Museu das Rendas de
Bilros.
Imaxes: sitio web viladoconde.cienciaviva.pt/, cm-
viladoconde.pt/ e visitviladoconde.pt
Mosteiro de Santa Clara
Imaxe: sitio web visitviladoconde.pt
Saudades... :-(
Solar de São Roque, Auditório
Municipal e Teatro Municipal.
Imaxes: sitio web visitviladoconde.pt
O festival “Curtas” de Vila do Conde nace coma
prolongación da actividade do cineclube local.
O cineclube fora fundado en 1959, o cal o
converte nun dos máis antigos de Portugal,
mais deixara de ter actividade despois duns
anos de declive e viña de recuperala da man
dunha nova directiva. Axiña acordan celebrar
un festival de curtas que ten a súa primeira
edición en xuño de 1993 cunha dirección
compartida por cinco persoas, Miguel Dias,
Mário Micaelo, Rui Maia, Darío Oliveira e Nuno
Rodrigues. Rui Maia deixou o festival ao final
da década e por algún tempo incorporouse ao
equipo Luís Urbano, hoxe na produtora O som
e a fúria, mais a base mantívose estábel até a
actualidade, con Miguel, Mário e Nuno aínda
na dirección (Darío deixou o equipo en 2014
para iniciar outro festival, Porto/Post/Doc).
Miguel Dias, Mário Micaelo e Nuno Rodrigues, directores do Curtas Vila do Conde.
Imaxes: curtas.pt
Nesa altura eran moi poucas as
curtametraxes a seren feitas en
Portugal, aínda que a situación
empezaba a mudar pola aparición
dunha liña de apoios á produción,
tanto é así que na terceira edición xa se
crea unha competición nacional na
que acaban por aparecer (e recibir
premios) nomes coma João Pedro
Rodrigues, Miguel Gomes, Sandro
Aguilar, Margarida Cardoso, João
Nicolau, José Miguel Ribeiro... En
novembro de 1999 un artigo do crítico
portugués Augusto M. Seabra chama
Gerações Curtas á estimulante corrente
de cineastas que asociamos a Vila do
Conde.
Consolidado o festival o seguinte desafío foi promover as curtas portuguesas a
través da Agência da Curta Metragem, organismo fillo do festival ou, para ser máis
precisos, da cooperativa cultural Curtas Metragens CRL da que dende 1997
dependerán formalmente os proxectos ideados polo núcleo fundador. A Agência,
coordinada na actualidade por Joaquim Pedro Pinheiro, funciona coma axencia
de ventas que promove os filmes do seu catálogo nos máis destacados festivais de
cinema e se ocupa da correspondente xestión de copias, mais tamén organiza
ciclos e retrospectivas de curtametraxes. Uns datos para medir o éxito da Agência:
no último ano completo, 2022, os filmes que leva estiveron 926 veces presentes na
selección oficial de algún festival e recolleron 80 premios, cunha audiencia
mundial conxunta de 311 mil espectadores.
En 2005 inaugurouse a Galería Solar
coma centro de exposición permanente
de “arte cinemática”, a arte asociada ás
imaxes en movemento (vídeos, vídeo-
instalacións, etc). Era a evolución natural
dun festival que sempre reservou un
espazo ás propostas artísticas que se
afastan da proxección convencional
nunha pantalla típica e merecen ser
vividas/experimentadas doutra maneira.
Imaxe: curtas.pt
A inauguración en 2009 do Teatro Municipal -o vello Cine-Teatro Neiva-
deulle ao certame unha sede céntrica e multiusos con espazos de
exposición, cafetería e dúas salas: unha con 550 butacas, apta tamén para
os filmes-concerto que son un dos sinais de identidade do certame, e outra
con 140 lugares.
Imaxe: sitio web visitviladoconde.pt
Lonxe da lóxica das “alfombras vermellas” o Curtas perseguiu crear e
formar un público ao que lle descobre a amplísima diversidade da creación
cinematográfica. E a resposta foi moi positiva. Os moi meritorios sete mil
espectadores da primeira edición pasaron a ser xa o dobre na cuarta e máis
de vinte mil ao facer vinte anos.
O esforzo educativo empeza coas crianzas da rexión que descobren o
cinema a través do Animar, que comprende proxeccións para as escolas,
obradoiros e exposicións orientadas ao alumnado, docentes e familias. O
Curtas tamén se interesa polas persoas que farán os filmes do futuro, agora
aínda nas escolas de cinema, cuxas obras presenta na sección Take One.
Ao longo da historia o Curtas impulsou
tamén a realización de filmes a cargo de
cineastas nacionais coma Gonçalo Tocha,
João Pedro Rodrigues, Sandro Aguilar,
Manuel Mozos ou Graça Castanheira, mais
tamén de fóra do país coma Thom
Andersen ou Lois Patiño...
así como a edición de filmes en DVD...
...e a publicacións de libros sobre cinema e arte audiovisual.
Ao longo dos 30 anos de historia do Curtas pasaron polo festival
Gus van Sant, Artavazd Pelechian, Alexander Sokurov, Ken
Jacobs, Peter Tscherkassky, Apichatpong Weerasethakul,
Sergei Loznitsa, Louis Garrel, Valerie Massadian, Thom
Andersen, Sergei Dvortsevoy, Corneliu Porumboiu, Roy
Andersson, Gustav Deutsch, Tsai Ming-Liang, Olivier Assayas,
Robert Todd, Bill Morrison, Peter Hutton, Ben Rivers, Ben
Russell, Lisandro Alonso, Kelly Reichardt, Isaki Lacuesta, F. J.
Ossang, Ed Lachmann, Martin Arnold, Nadav Lapid...
...e por suposto “todo” o cinema portugués.
Curtas de Vila do Conde
31ª edición, xullo de 2023
Segunda Terza Cuarta Quinta Sexta Sábado Domingo
8 9
10 11 12 13 14 15 16
En 2023 o Curtas prestará atención especial á estadounidense Deborah Stratman,
unha das autoras de referencia do cinema experimental. Será obxecto dun foco cos
seus filmes (nos que a ciencia, por certo, ten notábel presenza), programará unha
carta branca, ocupará coa súa obra a Galería Solar e impartirá unha masterclass.
Imaxe: festival.curtas.pt
En 2006 unha curta portuguesa
gañou a Palma de Ouro no Festival
de Cannes, Arena do João Salaviza.
Na Berlinale as curtas portuguesas
levaron o Oso de Ouro en tres
ocasións: Rafa do João Salaviza en
2012, Balada de um Batráquio de
Leonor Teles en 2016 e Cidade
Pequena de Diogo Costa Amarante
en 2017.
Ao longo destas últimas décadas o
cinema de animación portugués de
autor abriuse un oco importante nos
principais encontros internacionais.
Dende os pioneiros Abi Feijó e
Regina Pessoa ao traballo posterior
de José Miguel Ribeiro, David Doutel
e Vasco Sá, Mónica Santos, Laura
Gonçalves, até chegarmos ao fito
deste ano coa histórica candidatura
ao Oscar de João Gonzalez por Ice
Merchants.
Nacido en 1974, Sandro Aguilar é un dos
cineastas portugueses máis claramente
asociados ao Curtas. Tamén montador e
produtor (fundou en 1998 a produtora O
Som e a Fúria), a súa obra fílmica escapa
das narracións convencionais para
construír obxectos de inmensa e
desafiante beleza. Creador indispensábel
do noso tempo con curtas coma Voodoo
(2010), Sinais de serenidade por coisas
sem sentido (2012), Jewels (2013), False
Twins (2014) ou a máis recente O Teu
Peso em Ouro (2022), ademais das
longas A Zona (2008) e Mariphasa (2017).
Imaxe: agencia.curtas.pt
Pedro Peralta naceu en Lisboa en 1986.
En 2012 realizou aínda en ámbito
académico a curta Mupepy Munatim,
que participou en diversos festivais
internacionais. O seu seguinte filme,
Ascensão (2016), estreouse na Semana
da Crítica de Cannes. Noite Perpétua
(2020), ambientada na guerra civil
española, tivo máis de 60 seleccións en
festivais. Na actualidade prepara a súa
primeira longametraxe, KA.
Imaxe: agencia.curtas.pt

More Related Content

Similar to O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal

Sinerxias entre o sector turístico e o audiovisual
Sinerxias entre o sector turístico e o audiovisualSinerxias entre o sector turístico e o audiovisual
Sinerxias entre o sector turístico e o audiovisualLucia Costas
 
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)pepa
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023
20minutos
 
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difícilesA Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles
filmotecaforum
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Encarna Lago
 
Similar to O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal (15)

More from filmotecaforum

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
filmotecaforum
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
filmotecaforum
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
filmotecaforum
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
filmotecaforum
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
filmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
filmotecaforum
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
filmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
filmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
filmotecaforum
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
filmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
filmotecaforum
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
filmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
filmotecaforum
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
filmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
filmotecaforum
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
filmotecaforum
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
filmotecaforum
 
More from filmotecaforum (20)

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal

  • 1.
  • 2. En 1993 celebrouse a primeira edición do festival internacional de cinema “Curtas” de Vila do Conde, un certame que puña o foco na curtametraxe co paradoxo de que na altura eran moi poucas as curtametraxes feitas en Portugal. A creación dunha liña específica de apoios á produción fixo mudar esa situación e Vila do Conde serviu de plataforma para a súa difusión e recoñecemento en todo o mundo, con fitos coma a histórica candidatura ao Oscar de Ice Merchants este mesmo ano. Cita inescusábel cada mes de xullo, o Curtas e a súa historia sérvenos nesta sesión para percorrermos os últimos trinta anos de creación cinematográfica no país irmán. Teatro Municipal de Vila do Conde
  • 3. Vila do Conde é unha cidade portuguesa da Área Metropolitana do Porto (Região Norte) con 29328 habitantes (2021). É sede do Munícipio de Vila do Conde, de 149 km² de área e 80921 habitantes (2021) repartidas en 21 freguesías. Limita ao norte con Póvoa de Varzim, ao leste con Vila Nova de Famalicão e Trofa, ao sur con Maia e Matosinhos. Ao oeste ten litoral no océano Atlántico. Vila do Conde sitúase na marxe norte da foz do río Ave. Google Maps
  • 6. Alfándega Régia, Acueduto e Capela de Nossa Senhora do Socorro. Imaxes: sitio web visitviladoconde.pt
  • 7. Casa de José Régio, Centro de Memória e Forte de São João Baptista. Imaxes: sitio web visitviladoconde.pt
  • 8. Igreja Matriz, Nau Quinhetista e Praça José Régio. Imaxes: sitio web visitviladoconde.pt
  • 9. Centro Ciência Viva, Casa Antero de Quental e Museu das Rendas de Bilros. Imaxes: sitio web viladoconde.cienciaviva.pt/, cm- viladoconde.pt/ e visitviladoconde.pt
  • 10. Mosteiro de Santa Clara Imaxe: sitio web visitviladoconde.pt
  • 12. Solar de São Roque, Auditório Municipal e Teatro Municipal. Imaxes: sitio web visitviladoconde.pt
  • 13. O festival “Curtas” de Vila do Conde nace coma prolongación da actividade do cineclube local. O cineclube fora fundado en 1959, o cal o converte nun dos máis antigos de Portugal, mais deixara de ter actividade despois duns anos de declive e viña de recuperala da man dunha nova directiva. Axiña acordan celebrar un festival de curtas que ten a súa primeira edición en xuño de 1993 cunha dirección compartida por cinco persoas, Miguel Dias, Mário Micaelo, Rui Maia, Darío Oliveira e Nuno Rodrigues. Rui Maia deixou o festival ao final da década e por algún tempo incorporouse ao equipo Luís Urbano, hoxe na produtora O som e a fúria, mais a base mantívose estábel até a actualidade, con Miguel, Mário e Nuno aínda na dirección (Darío deixou o equipo en 2014 para iniciar outro festival, Porto/Post/Doc).
  • 14. Miguel Dias, Mário Micaelo e Nuno Rodrigues, directores do Curtas Vila do Conde. Imaxes: curtas.pt
  • 15. Nesa altura eran moi poucas as curtametraxes a seren feitas en Portugal, aínda que a situación empezaba a mudar pola aparición dunha liña de apoios á produción, tanto é así que na terceira edición xa se crea unha competición nacional na que acaban por aparecer (e recibir premios) nomes coma João Pedro Rodrigues, Miguel Gomes, Sandro Aguilar, Margarida Cardoso, João Nicolau, José Miguel Ribeiro... En novembro de 1999 un artigo do crítico portugués Augusto M. Seabra chama Gerações Curtas á estimulante corrente de cineastas que asociamos a Vila do Conde.
  • 16. Consolidado o festival o seguinte desafío foi promover as curtas portuguesas a través da Agência da Curta Metragem, organismo fillo do festival ou, para ser máis precisos, da cooperativa cultural Curtas Metragens CRL da que dende 1997 dependerán formalmente os proxectos ideados polo núcleo fundador. A Agência, coordinada na actualidade por Joaquim Pedro Pinheiro, funciona coma axencia de ventas que promove os filmes do seu catálogo nos máis destacados festivais de cinema e se ocupa da correspondente xestión de copias, mais tamén organiza ciclos e retrospectivas de curtametraxes. Uns datos para medir o éxito da Agência: no último ano completo, 2022, os filmes que leva estiveron 926 veces presentes na selección oficial de algún festival e recolleron 80 premios, cunha audiencia mundial conxunta de 311 mil espectadores.
  • 17. En 2005 inaugurouse a Galería Solar coma centro de exposición permanente de “arte cinemática”, a arte asociada ás imaxes en movemento (vídeos, vídeo- instalacións, etc). Era a evolución natural dun festival que sempre reservou un espazo ás propostas artísticas que se afastan da proxección convencional nunha pantalla típica e merecen ser vividas/experimentadas doutra maneira. Imaxe: curtas.pt
  • 18. A inauguración en 2009 do Teatro Municipal -o vello Cine-Teatro Neiva- deulle ao certame unha sede céntrica e multiusos con espazos de exposición, cafetería e dúas salas: unha con 550 butacas, apta tamén para os filmes-concerto que son un dos sinais de identidade do certame, e outra con 140 lugares. Imaxe: sitio web visitviladoconde.pt
  • 19. Lonxe da lóxica das “alfombras vermellas” o Curtas perseguiu crear e formar un público ao que lle descobre a amplísima diversidade da creación cinematográfica. E a resposta foi moi positiva. Os moi meritorios sete mil espectadores da primeira edición pasaron a ser xa o dobre na cuarta e máis de vinte mil ao facer vinte anos. O esforzo educativo empeza coas crianzas da rexión que descobren o cinema a través do Animar, que comprende proxeccións para as escolas, obradoiros e exposicións orientadas ao alumnado, docentes e familias. O Curtas tamén se interesa polas persoas que farán os filmes do futuro, agora aínda nas escolas de cinema, cuxas obras presenta na sección Take One.
  • 20. Ao longo da historia o Curtas impulsou tamén a realización de filmes a cargo de cineastas nacionais coma Gonçalo Tocha, João Pedro Rodrigues, Sandro Aguilar, Manuel Mozos ou Graça Castanheira, mais tamén de fóra do país coma Thom Andersen ou Lois Patiño...
  • 21. así como a edición de filmes en DVD...
  • 22. ...e a publicacións de libros sobre cinema e arte audiovisual.
  • 23. Ao longo dos 30 anos de historia do Curtas pasaron polo festival Gus van Sant, Artavazd Pelechian, Alexander Sokurov, Ken Jacobs, Peter Tscherkassky, Apichatpong Weerasethakul, Sergei Loznitsa, Louis Garrel, Valerie Massadian, Thom Andersen, Sergei Dvortsevoy, Corneliu Porumboiu, Roy Andersson, Gustav Deutsch, Tsai Ming-Liang, Olivier Assayas, Robert Todd, Bill Morrison, Peter Hutton, Ben Rivers, Ben Russell, Lisandro Alonso, Kelly Reichardt, Isaki Lacuesta, F. J. Ossang, Ed Lachmann, Martin Arnold, Nadav Lapid... ...e por suposto “todo” o cinema portugués.
  • 24. Curtas de Vila do Conde 31ª edición, xullo de 2023 Segunda Terza Cuarta Quinta Sexta Sábado Domingo 8 9 10 11 12 13 14 15 16
  • 25. En 2023 o Curtas prestará atención especial á estadounidense Deborah Stratman, unha das autoras de referencia do cinema experimental. Será obxecto dun foco cos seus filmes (nos que a ciencia, por certo, ten notábel presenza), programará unha carta branca, ocupará coa súa obra a Galería Solar e impartirá unha masterclass. Imaxe: festival.curtas.pt
  • 26. En 2006 unha curta portuguesa gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes, Arena do João Salaviza. Na Berlinale as curtas portuguesas levaron o Oso de Ouro en tres ocasións: Rafa do João Salaviza en 2012, Balada de um Batráquio de Leonor Teles en 2016 e Cidade Pequena de Diogo Costa Amarante en 2017.
  • 27. Ao longo destas últimas décadas o cinema de animación portugués de autor abriuse un oco importante nos principais encontros internacionais. Dende os pioneiros Abi Feijó e Regina Pessoa ao traballo posterior de José Miguel Ribeiro, David Doutel e Vasco Sá, Mónica Santos, Laura Gonçalves, até chegarmos ao fito deste ano coa histórica candidatura ao Oscar de João Gonzalez por Ice Merchants.
  • 28. Nacido en 1974, Sandro Aguilar é un dos cineastas portugueses máis claramente asociados ao Curtas. Tamén montador e produtor (fundou en 1998 a produtora O Som e a Fúria), a súa obra fílmica escapa das narracións convencionais para construír obxectos de inmensa e desafiante beleza. Creador indispensábel do noso tempo con curtas coma Voodoo (2010), Sinais de serenidade por coisas sem sentido (2012), Jewels (2013), False Twins (2014) ou a máis recente O Teu Peso em Ouro (2022), ademais das longas A Zona (2008) e Mariphasa (2017). Imaxe: agencia.curtas.pt
  • 29. Pedro Peralta naceu en Lisboa en 1986. En 2012 realizou aínda en ámbito académico a curta Mupepy Munatim, que participou en diversos festivais internacionais. O seu seguinte filme, Ascensão (2016), estreouse na Semana da Crítica de Cannes. Noite Perpétua (2020), ambientada na guerra civil española, tivo máis de 60 seleccións en festivais. Na actualidade prepara a súa primeira longametraxe, KA. Imaxe: agencia.curtas.pt