SlideShare a Scribd company logo
No tránsito do século XX ao XXI cambiou por completo a exhibición
cinematográfica: dixemos adeus ás salas tradicionais en favor dos
multicines asociados a centros comerciais, mais o incremento do
número de pantallas non favoreceu unha maior diversidade de
contidos. Na Coruña vimos nacer o CGAI, hoxe Filmoteca de Galicia,
así como as salas do Fórum Metropolitano, que serviron de oasis para
unha cinefilia que encontrou tamén nos festivais espazos de refuxio.
O soño dun cinema de autor propio que iniciaron diversos creadores
nos 70 viuse confirmado a partir de 2010 co éxito internacional do
chamado “Novo Cinema Galego”, que tivo na cidade un foco decisivo.
Na última sesión do ciclo “A Coruña e o cinema” repasaremos unhas
décadas de mutación con sinais de inquietude mais tamén de
esperanza.
Na Coruña dos anos 60 o cinema
amador encontrou espazo arredor da
“Sociedad Fotográfica de La Coruña”,
integrada dentro da “Obra Sindical de
Educación y Descanso” dependente do
sindicato único da ditadura, e así xa en
xullo de 1963 se celebrou un primeiro
“Festival de Cine Amateur”. Cara ao
final da década independizouse da
Sociedad o “Club de Cine Amateur”,
con local na rúa Sánchez Bregua.
Membro destacado do club foi José
Ernesto Díaz Noriega (1912-2002), autor
entre outras de El cine amateur (1965).
José Ernesto Díaz Noriega en El cine amateur
Hai un fito anterior que convén
recordar: a curtametraxe escrita e
dirixida por Rogelio Amigo El andamio
(1958), producida polos irmáns
Docampo, que ofrece unha visión
pesimista e amarga da sociedade do
seu tempo, en liña cun cinema de
ánimo neorrealista.
O soño dun cinema propio empeza a
cobrar forma nos anos 70 grazas ao esforzo
de diversos colectivos de cineastas: en
Santiago o Equipo Lupa, con Euloxio R.
Ruibal como impulsor (e ao que estivo
asociado Roberto Vidal Bolaño) e na
Coruña Enroba, promovido por Enrique
Rodríguez Baixeras e que contou coa
participación de Miguel Gato ou Xavier
Iglesias, e Imaxe, fundado por Carlos L.
Piñeiro, Félix Casado e Luis Gayol.
Arredor deses colectivos nacen diversas
curtametraxes concibidas con vocación
inequivocamente galega mais nun
contexto difícil pola limitación de
recursos e a inexistencia de estruturas
industriais. Xorden títulos como A tola
(Miguel Gato, 1975), secuestrada logo da
súa estrea polo Tribunal de Orden
Público e “perdida” nos arquivos da
Dirección General de Seguridad de
Madrid; Illa (Carlos L. Piñeiro, 1975);
Fendetestas (Antonio Simón, 1975), a
partir de El Bosque Animado de
Fernández Flórez; O cadaleito (Enrique
Rodríguez Baixeras, 1976), sobre un
conto de Fole; ou O pai de Migueliño
(Miguel Castelo, 1977), adaptación do
conto de Castelao.
Imaxes de O pai de Migueliño (Miguel Castelo, 1977)
O incipiente cinema galego dos 70
tivo un mecenas no empresario
Víctor Ruppen, produtor entre outras
de Fendetestas e O pai de Migueliño,
filmadas en 35 mm. Unha figura
singular cuxa paixón polo cinema se
estendeu a outras aventuras, como
as salas Valle Inclán da Coruña e
Santiago ou a súa participación na
distribuidora Musidora, que tiña
ademais os cinemas Alphaville de
Madrid e produciu a segunda
longametraxe de Pedro Almodóvar,
Laberinto de pasiones.
Víctor Ruppen no discurso de agradecemento
polo Mestre Mateo de Honra 2002
A precariedade de recursos, a ausencia
dun tecido industrial sólido e sobre todo
dunha rede de distribución e exhibición
non favoreceu a continuidade no tempo
destas iniciativas pioneiras. O fracaso da
primeira longametraxe, Malapata (Carlos L.
Piñeiro, 1980) foi unha sorte de despedida
e peche desta fase inicial.
Entre 1973 e 1979 celebráronse sete
edicións do “Certamen de Cine de Humor
Ciudad de La Coruña”, moi cuestionado
polos seus criterios de programación. A
crónica de Perfecto Conde en El País en
1977 comezaba así: “Sin más pena ni gloria
que en ediciones anteriores terminó el V
Certamen de Cine de Humor Ciudad de La
Coruña”. Respecto da derradeira edición, a
de 1979, o mesmo autor escribía:
O imperio dos sentidos (Nagisha Oshima, 1976)
proxectouse na derradeira edición do certame de
cinema de humor.
Quedó claro, de todas maneras, que el
Ciudad de La Coruña no ha logrado ser
todavía una auténtica ocasión de mostrar
al público y al mercado cinematográfico
cuáles son los caminos por los que
marchan la industria y la cultura del cine.
Esto se hizo de tal modo patente que ya
se plantea incluso la propia supervivencia
del festival. Los organizadores adquirieron
plena conciencia de que no se puede
seguir haciéndolo como hasta ahora.
En 1982 regresa como Festival Internacional de Cine de Comedia, que máis alá da
dubidosa selección de filmes gañou fama pola súa organización desastrosa e os
enormes desfases orzamentarios. O festival convidou para o xurado a lendas como
Dana Andrews, Joan Bennett ou Ben Gazzara.
En 1984 o goberno municipal acordou suprimir o festival. Os orzamentos da cidade
dese ano incluían unha partida de 33 millóns de pesetas para afrontar unha
débeda da edición anterior (a maiores do orzamento inicial de 35 millóns) e outros
cinco millóns en concepto de honorarios para o director, Ángel Arijón “al que se le
firmó un contrato por dos años al finalizar el pasado festival”, segundo publicou
Manuel Rivas en El País (11 de marzo de 1984).
La noche del sábado 10 de septiembre de 1983, cocineros y camareros del hotel Finisterre
esperaron inútilmente que se presentaran autoridades e invitados a la cena de clausura del
X Festival Internacional de Cine de Comedia Ciudad de La Coruña. Fue un despiste
organizativo que se subsanaría con creces al día siguiente. Hubo que multiplicar platos y
esfuerzos, porque estaban previstos unos 150 comensales y se presentaron el doble. Aquella
cena costó al erario público 746.000 pesetas, algo menos, no obstante, que la de
inauguración, que había subido a 850.000 pesetas. Antes de que los tribunales mediaran en
el caso, la propia Intervención Municipal, en un informe dado a conocer tras largos meses
de trabajo contable, pedía que fueran "exigidas las responsabilidades a que hubiere lugar",
al detectarse, según el interventor, una desviación de caudales públicos por importe de
4.813.250 pesetas y un exceso no autorizado en el gasto de 33.625.096 pesetas.
(...) Incluidos los honorarios de la dirección, el coste final del festival ascendió a 78.418.770
pesetas, frente a una previsión de 34 millones de pesetas, que fue el coste aproximado de la
edición de 1982, también organizada por el Ayuntamiento. En los presupuestos municipales
de este año figura una consignación de 35 millones de pesetas para hacer frente a las
deudas contraídas, la mayor parte con establecimientos hoteleros y comerciales de la
ciudad. Entre los pagos pendientes destaca también una factura de 2.446.422 pesetas por
alquiler de taxis y otra de una empresa de toldos por un importe cercano a los dos millones.
(...) En el desglose final, el capítulo más cuantioso se refiere a gastos por "artistas invitados y
jurado", que asciende a 21.226.518 pesetas, seguido del de "gastos de gestión", "contratación
de películas y actividades del director", que se sitúa en 18.029.972 pesetas, y del denominado
"montaje del festival", con una inversión de 16.817.354 pesetas. Según personas próximas a la
organización, que no se identificaron con la marcha que se imprimió al festival, "los gastos
superfluos se dispararon con invitaciones y fiestas innecesarias, mientras se abandonó todo
proyecto propiamente cultural".
Manuel Rivas, “Querella por malversación de fondos contra el director del festival de cine de La
Coruña”, El País, 1 de xuño de 1984
No século XXI naceron diversos
certames de cinema na Coruña (e
algúns tamén morreron). Entre os
que hoxe existen, o máis consolidado
é sen dúbida o S8, Mostra de Cinema
Periférico, que pon foco no cinema
experimental e en particular aos
filmes feitos en formato analóxico.
Grandes figuras históricas do cinema
experimental, como Peter Kubelka,
Nathaniel Dorsky ou Claudio Caldini,
estiveron na cidade convidados polo
festival.
Os 80 e 90 ven o declive da exhibición
tradicional: as vellas salas de grande
capacidade dan paso a un modelo
diferente, o de “multicines”, ao
principio aínda presentes nos barrios e
centros urbanos e, máis adiante,
asociados aos grandes centros
comerciais. É un fenómeno que se dá
en todo o mundo e A Coruña non é
unha excepción.
O RD 1087/1983, de 27 de abril,
desenvolve a “Ley de Cine” de 1982,
que marca, entre outras cousas, que
os filmes de carácter pornográfico ou
que realicen apoloxía da violencia
terán a cualificación “X” do Ministerio
e deberán proxectarse exclusivamente
en salas especiais. Os filmes “X” fican
fóra das obrigas de cota de pantalla.
Na Coruña haberá unha “sala X” nos
Chaplin.
1978: Valle Inclán
1985: Multicines Chaplin
1987: Tom y Jerry
1996: Yelmo Los Rosales
2005: Filmax (Cantones Cines)
2009: Yelmo Espacio Coruña
2011: Cinesa Marineda City
Na actualidade só dispoñemos de
tres complexos de salas comerciais
na Coruña: Cantones Cines, Yelmo
Espacio Coruña e Cinesa Marineda
City.
1990: Teatro Rosalía de Castro
1996: Goya
1997: Avenida, Tom y Jerry
1998: Riazor
1999: París
2000: Valle Inclán
2002: Colón
2005: Multicines Chaplin
2006: Multicines Equitativa
2023: Yelmo Los Rosales
A cinefilia local encontrou un refuxio
nas salas públicas, que ademais e
durante moitos anos foron o único
espazo para ver cinema en versión
orixinal subtitulada.
O CGAI, agora Filmoteca de Galicia,
mantén unha programación audaz e
exemplar que combina a revisión do
cinema do pasado coas propostas
contemporáneas máis valiosas e
recibiu a visita de grandes cineastas
como Arthur Penn, Pere Portabella,
Barbara Hammer, James Benning,
José Luis Guerin, Pedro Costa, Albert
Serra ou Miguel Gomes, entre outros
moitos nomes.
-1991: CGAI (Filmoteca de Galicia)
-1995: Salas Marilyn Monroe e
Fernando Rey, Fórum
Metropolitano
Hoja del Lunes,
4 de outubro de 1982
Hoja del Lunes,
14 de febreiro de 1983
(derradeiro número)
A proxección de cinema en soporte
fílmico empezou a desaparecer a finais
da primeira década do século XXI, coa
aposta firme polo formato dixital, co
DCP como estándar de exhibición. Os
filmes distribúense por medio de discos
duros ou mesmo sen necesidade de
soportes físicos a través do envío de
arquivos en liña.
Os custos de distribución reducíronse
enormemente, mais para as salas foi
preciso un forte investimento na
adquisición de equipos dixitais para a
proxección de filmes. A necesaria
dixitalización, alimentada ao principio
pola (enésima) aposta da industria polo
3D, con Avatar como paradigma, non
favoreceu o mantemento das salas
independentes.
A mellora das cámaras e gravadoras
dixitais, cada vez con mellor resolución,
tamén facilitou o acceso á creación de
imaxes: cineastas de todo o mundo
puideron realizar filmes a moi baixo
custo e ás veces até de xeito individual
que uns anos atrás serían impensábeis.
As obras de máis calidade empezan a
facerse oco nos principais festivais de
cinema de todo o mundo.
O dixital permite, ademais, estirar sen
límite a duración dos planos e
propoñerse desafíos como o de
Aleksandr Sokurov n’A arca rusa (2002),
un filme resolto nun único plano-
secuencia que pasea polas salas do
Palacio de Inverno do Museo Hermitage
e conta coa participación de máis de
dúas mil persoas en escena.
A emerxencia de novas fornadas de
cineastas ten tamén o seu reflexo en Galiza
a través do Novo Cinema Galego, así
bautizado nun artigo (meu) publicado o 2
de xaneiro de 2010 no desaparecido Xornal
de Galicia.
O primeiro fito foi a estrea de Todos
vós sodes capitáns de Oliver Laxe
na Quincena de Realizadores do
Festival de Cannes, de onde sairá
co premio FIPRESCI.
Detrás dos primeiros éxitos internacionais
do Novo Cinema Galego está a produtora
galega, con sede na Coruña, Zeitun Films,
da que é xerente Felipe Lage. Polas súas
mans pasaron Arraianos (Eloy Enciso,
2012; Festival de Locarno), O quinto
evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto
Gracia, 2013; Premio FIPRESCI no IFFR de
Rotterdam), Mimosas (Oliver Laxe, 2016;
Grande Premio da Semana da Crítica de
Cannes) ou as curtas Tshweesh (Feyrouz
Serhal, 2017) e Rompente (Eloy
Domínguez Serén, 2022)
E tamén, por suposto, as dúas primeiras longametraxes de Lois Patiño, Costa da
Morte (2013 premio ao mellor director emerxente no Festival de Locarno) e Lúa
Vermella (2020, Fórum da Berlinale).

More Related Content

Similar to A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade

A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)
A Lingua No áMbito Cultural Por Diego, Susana, Manuel E Iria (4ºA E S O)pepa
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
filmotecaforum
 
Mostra de Venecia
Mostra de VeneciaMostra de Venecia
Mostra de Venecia
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
filmotecaforum
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Chile
ChileChile
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Cinema mudo en portugal
Cinema mudo en portugalCinema mudo en portugal
Cinema mudo en portugal
filmotecaforum
 
A MúSica E O Cine Galegos (Patricia Mañá, IváN ViañO, Natalia GóMez, Diego Qu...
A MúSica E O Cine Galegos (Patricia Mañá, IváN ViañO, Natalia GóMez, Diego Qu...A MúSica E O Cine Galegos (Patricia Mañá, IváN ViañO, Natalia GóMez, Diego Qu...
A MúSica E O Cine Galegos (Patricia Mañá, IváN ViañO, Natalia GóMez, Diego Qu...
tuCkii
 
Miguelanxo prada
Miguelanxo prada Miguelanxo prada
Miguelanxo prada forte2013
 
Guía de lectura Roberto Vidal Bolaño
Guía de lectura Roberto Vidal BolañoGuía de lectura Roberto Vidal Bolaño
Guía de lectura Roberto Vidal Bolaño
Bibliotecadicoruna
 
Ver Coruña. 08. Dos anos sesenta do século XX á actualidade
Ver Coruña. 08. Dos anos sesenta do século XX á actualidadeVer Coruña. 08. Dos anos sesenta do século XX á actualidade
Ver Coruña. 08. Dos anos sesenta do século XX á actualidade
Agrela Elvixeo
 
Cinema mudo en España
Cinema mudo en EspañaCinema mudo en España
Cinema mudo en España
filmotecaforum
 
O Cine Galego
O Cine GalegoO Cine Galego
O Cine Galego
guest1bdecb1
 
O Cine Galego
O Cine GalegoO Cine Galego
O Cine Galego
guest6fd070
 
O Cine Galego
O Cine GalegoO Cine Galego
O Cine Galego
guest6fd070
 
Similar to A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade (20)

More from filmotecaforum

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
filmotecaforum
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
filmotecaforum
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
filmotecaforum
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
filmotecaforum
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
filmotecaforum
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
filmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
filmotecaforum
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
filmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
filmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
filmotecaforum
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
filmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
filmotecaforum
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
filmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
filmotecaforum
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
filmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
filmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
filmotecaforum
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
filmotecaforum
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
filmotecaforum
 
More from filmotecaforum (20)

DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
DirectorAs - Agnès Varda (Outras historias do cinema)
 
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
 
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade

  • 1.
  • 2. No tránsito do século XX ao XXI cambiou por completo a exhibición cinematográfica: dixemos adeus ás salas tradicionais en favor dos multicines asociados a centros comerciais, mais o incremento do número de pantallas non favoreceu unha maior diversidade de contidos. Na Coruña vimos nacer o CGAI, hoxe Filmoteca de Galicia, así como as salas do Fórum Metropolitano, que serviron de oasis para unha cinefilia que encontrou tamén nos festivais espazos de refuxio. O soño dun cinema de autor propio que iniciaron diversos creadores nos 70 viuse confirmado a partir de 2010 co éxito internacional do chamado “Novo Cinema Galego”, que tivo na cidade un foco decisivo. Na última sesión do ciclo “A Coruña e o cinema” repasaremos unhas décadas de mutación con sinais de inquietude mais tamén de esperanza.
  • 3. Na Coruña dos anos 60 o cinema amador encontrou espazo arredor da “Sociedad Fotográfica de La Coruña”, integrada dentro da “Obra Sindical de Educación y Descanso” dependente do sindicato único da ditadura, e así xa en xullo de 1963 se celebrou un primeiro “Festival de Cine Amateur”. Cara ao final da década independizouse da Sociedad o “Club de Cine Amateur”, con local na rúa Sánchez Bregua. Membro destacado do club foi José Ernesto Díaz Noriega (1912-2002), autor entre outras de El cine amateur (1965). José Ernesto Díaz Noriega en El cine amateur
  • 4. Hai un fito anterior que convén recordar: a curtametraxe escrita e dirixida por Rogelio Amigo El andamio (1958), producida polos irmáns Docampo, que ofrece unha visión pesimista e amarga da sociedade do seu tempo, en liña cun cinema de ánimo neorrealista.
  • 5. O soño dun cinema propio empeza a cobrar forma nos anos 70 grazas ao esforzo de diversos colectivos de cineastas: en Santiago o Equipo Lupa, con Euloxio R. Ruibal como impulsor (e ao que estivo asociado Roberto Vidal Bolaño) e na Coruña Enroba, promovido por Enrique Rodríguez Baixeras e que contou coa participación de Miguel Gato ou Xavier Iglesias, e Imaxe, fundado por Carlos L. Piñeiro, Félix Casado e Luis Gayol.
  • 6. Arredor deses colectivos nacen diversas curtametraxes concibidas con vocación inequivocamente galega mais nun contexto difícil pola limitación de recursos e a inexistencia de estruturas industriais. Xorden títulos como A tola (Miguel Gato, 1975), secuestrada logo da súa estrea polo Tribunal de Orden Público e “perdida” nos arquivos da Dirección General de Seguridad de Madrid; Illa (Carlos L. Piñeiro, 1975); Fendetestas (Antonio Simón, 1975), a partir de El Bosque Animado de Fernández Flórez; O cadaleito (Enrique Rodríguez Baixeras, 1976), sobre un conto de Fole; ou O pai de Migueliño (Miguel Castelo, 1977), adaptación do conto de Castelao.
  • 7. Imaxes de O pai de Migueliño (Miguel Castelo, 1977)
  • 8. O incipiente cinema galego dos 70 tivo un mecenas no empresario Víctor Ruppen, produtor entre outras de Fendetestas e O pai de Migueliño, filmadas en 35 mm. Unha figura singular cuxa paixón polo cinema se estendeu a outras aventuras, como as salas Valle Inclán da Coruña e Santiago ou a súa participación na distribuidora Musidora, que tiña ademais os cinemas Alphaville de Madrid e produciu a segunda longametraxe de Pedro Almodóvar, Laberinto de pasiones. Víctor Ruppen no discurso de agradecemento polo Mestre Mateo de Honra 2002
  • 9. A precariedade de recursos, a ausencia dun tecido industrial sólido e sobre todo dunha rede de distribución e exhibición non favoreceu a continuidade no tempo destas iniciativas pioneiras. O fracaso da primeira longametraxe, Malapata (Carlos L. Piñeiro, 1980) foi unha sorte de despedida e peche desta fase inicial.
  • 10. Entre 1973 e 1979 celebráronse sete edicións do “Certamen de Cine de Humor Ciudad de La Coruña”, moi cuestionado polos seus criterios de programación. A crónica de Perfecto Conde en El País en 1977 comezaba así: “Sin más pena ni gloria que en ediciones anteriores terminó el V Certamen de Cine de Humor Ciudad de La Coruña”. Respecto da derradeira edición, a de 1979, o mesmo autor escribía: O imperio dos sentidos (Nagisha Oshima, 1976) proxectouse na derradeira edición do certame de cinema de humor. Quedó claro, de todas maneras, que el Ciudad de La Coruña no ha logrado ser todavía una auténtica ocasión de mostrar al público y al mercado cinematográfico cuáles son los caminos por los que marchan la industria y la cultura del cine. Esto se hizo de tal modo patente que ya se plantea incluso la propia supervivencia del festival. Los organizadores adquirieron plena conciencia de que no se puede seguir haciéndolo como hasta ahora.
  • 11. En 1982 regresa como Festival Internacional de Cine de Comedia, que máis alá da dubidosa selección de filmes gañou fama pola súa organización desastrosa e os enormes desfases orzamentarios. O festival convidou para o xurado a lendas como Dana Andrews, Joan Bennett ou Ben Gazzara. En 1984 o goberno municipal acordou suprimir o festival. Os orzamentos da cidade dese ano incluían unha partida de 33 millóns de pesetas para afrontar unha débeda da edición anterior (a maiores do orzamento inicial de 35 millóns) e outros cinco millóns en concepto de honorarios para o director, Ángel Arijón “al que se le firmó un contrato por dos años al finalizar el pasado festival”, segundo publicou Manuel Rivas en El País (11 de marzo de 1984).
  • 12. La noche del sábado 10 de septiembre de 1983, cocineros y camareros del hotel Finisterre esperaron inútilmente que se presentaran autoridades e invitados a la cena de clausura del X Festival Internacional de Cine de Comedia Ciudad de La Coruña. Fue un despiste organizativo que se subsanaría con creces al día siguiente. Hubo que multiplicar platos y esfuerzos, porque estaban previstos unos 150 comensales y se presentaron el doble. Aquella cena costó al erario público 746.000 pesetas, algo menos, no obstante, que la de inauguración, que había subido a 850.000 pesetas. Antes de que los tribunales mediaran en el caso, la propia Intervención Municipal, en un informe dado a conocer tras largos meses de trabajo contable, pedía que fueran "exigidas las responsabilidades a que hubiere lugar", al detectarse, según el interventor, una desviación de caudales públicos por importe de 4.813.250 pesetas y un exceso no autorizado en el gasto de 33.625.096 pesetas. (...) Incluidos los honorarios de la dirección, el coste final del festival ascendió a 78.418.770 pesetas, frente a una previsión de 34 millones de pesetas, que fue el coste aproximado de la edición de 1982, también organizada por el Ayuntamiento. En los presupuestos municipales de este año figura una consignación de 35 millones de pesetas para hacer frente a las deudas contraídas, la mayor parte con establecimientos hoteleros y comerciales de la ciudad. Entre los pagos pendientes destaca también una factura de 2.446.422 pesetas por alquiler de taxis y otra de una empresa de toldos por un importe cercano a los dos millones. (...) En el desglose final, el capítulo más cuantioso se refiere a gastos por "artistas invitados y jurado", que asciende a 21.226.518 pesetas, seguido del de "gastos de gestión", "contratación de películas y actividades del director", que se sitúa en 18.029.972 pesetas, y del denominado "montaje del festival", con una inversión de 16.817.354 pesetas. Según personas próximas a la organización, que no se identificaron con la marcha que se imprimió al festival, "los gastos superfluos se dispararon con invitaciones y fiestas innecesarias, mientras se abandonó todo proyecto propiamente cultural". Manuel Rivas, “Querella por malversación de fondos contra el director del festival de cine de La Coruña”, El País, 1 de xuño de 1984
  • 13. No século XXI naceron diversos certames de cinema na Coruña (e algúns tamén morreron). Entre os que hoxe existen, o máis consolidado é sen dúbida o S8, Mostra de Cinema Periférico, que pon foco no cinema experimental e en particular aos filmes feitos en formato analóxico. Grandes figuras históricas do cinema experimental, como Peter Kubelka, Nathaniel Dorsky ou Claudio Caldini, estiveron na cidade convidados polo festival.
  • 14. Os 80 e 90 ven o declive da exhibición tradicional: as vellas salas de grande capacidade dan paso a un modelo diferente, o de “multicines”, ao principio aínda presentes nos barrios e centros urbanos e, máis adiante, asociados aos grandes centros comerciais. É un fenómeno que se dá en todo o mundo e A Coruña non é unha excepción. O RD 1087/1983, de 27 de abril, desenvolve a “Ley de Cine” de 1982, que marca, entre outras cousas, que os filmes de carácter pornográfico ou que realicen apoloxía da violencia terán a cualificación “X” do Ministerio e deberán proxectarse exclusivamente en salas especiais. Os filmes “X” fican fóra das obrigas de cota de pantalla. Na Coruña haberá unha “sala X” nos Chaplin. 1978: Valle Inclán 1985: Multicines Chaplin 1987: Tom y Jerry 1996: Yelmo Los Rosales 2005: Filmax (Cantones Cines) 2009: Yelmo Espacio Coruña 2011: Cinesa Marineda City
  • 15. Na actualidade só dispoñemos de tres complexos de salas comerciais na Coruña: Cantones Cines, Yelmo Espacio Coruña e Cinesa Marineda City. 1990: Teatro Rosalía de Castro 1996: Goya 1997: Avenida, Tom y Jerry 1998: Riazor 1999: París 2000: Valle Inclán 2002: Colón 2005: Multicines Chaplin 2006: Multicines Equitativa 2023: Yelmo Los Rosales
  • 16. A cinefilia local encontrou un refuxio nas salas públicas, que ademais e durante moitos anos foron o único espazo para ver cinema en versión orixinal subtitulada. O CGAI, agora Filmoteca de Galicia, mantén unha programación audaz e exemplar que combina a revisión do cinema do pasado coas propostas contemporáneas máis valiosas e recibiu a visita de grandes cineastas como Arthur Penn, Pere Portabella, Barbara Hammer, James Benning, José Luis Guerin, Pedro Costa, Albert Serra ou Miguel Gomes, entre outros moitos nomes. -1991: CGAI (Filmoteca de Galicia) -1995: Salas Marilyn Monroe e Fernando Rey, Fórum Metropolitano
  • 17. Hoja del Lunes, 4 de outubro de 1982
  • 18. Hoja del Lunes, 14 de febreiro de 1983 (derradeiro número)
  • 19. A proxección de cinema en soporte fílmico empezou a desaparecer a finais da primeira década do século XXI, coa aposta firme polo formato dixital, co DCP como estándar de exhibición. Os filmes distribúense por medio de discos duros ou mesmo sen necesidade de soportes físicos a través do envío de arquivos en liña. Os custos de distribución reducíronse enormemente, mais para as salas foi preciso un forte investimento na adquisición de equipos dixitais para a proxección de filmes. A necesaria dixitalización, alimentada ao principio pola (enésima) aposta da industria polo 3D, con Avatar como paradigma, non favoreceu o mantemento das salas independentes.
  • 20. A mellora das cámaras e gravadoras dixitais, cada vez con mellor resolución, tamén facilitou o acceso á creación de imaxes: cineastas de todo o mundo puideron realizar filmes a moi baixo custo e ás veces até de xeito individual que uns anos atrás serían impensábeis. As obras de máis calidade empezan a facerse oco nos principais festivais de cinema de todo o mundo. O dixital permite, ademais, estirar sen límite a duración dos planos e propoñerse desafíos como o de Aleksandr Sokurov n’A arca rusa (2002), un filme resolto nun único plano- secuencia que pasea polas salas do Palacio de Inverno do Museo Hermitage e conta coa participación de máis de dúas mil persoas en escena.
  • 21. A emerxencia de novas fornadas de cineastas ten tamén o seu reflexo en Galiza a través do Novo Cinema Galego, así bautizado nun artigo (meu) publicado o 2 de xaneiro de 2010 no desaparecido Xornal de Galicia.
  • 22. O primeiro fito foi a estrea de Todos vós sodes capitáns de Oliver Laxe na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes, de onde sairá co premio FIPRESCI.
  • 23. Detrás dos primeiros éxitos internacionais do Novo Cinema Galego está a produtora galega, con sede na Coruña, Zeitun Films, da que é xerente Felipe Lage. Polas súas mans pasaron Arraianos (Eloy Enciso, 2012; Festival de Locarno), O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto Gracia, 2013; Premio FIPRESCI no IFFR de Rotterdam), Mimosas (Oliver Laxe, 2016; Grande Premio da Semana da Crítica de Cannes) ou as curtas Tshweesh (Feyrouz Serhal, 2017) e Rompente (Eloy Domínguez Serén, 2022)
  • 24. E tamén, por suposto, as dúas primeiras longametraxes de Lois Patiño, Costa da Morte (2013 premio ao mellor director emerxente no Festival de Locarno) e Lúa Vermella (2020, Fórum da Berlinale).