SlideShare a Scribd company logo
1 of 30
Download to read offline
Na longa noite de pedra da ditadura o cinema foi un refuxio onde
experimentar ilusións e emocións. Dende finais dos 40 e durante
máis de vinte anos na Coruña conviven non menos de 15 salas
diferentes, até que ao longo dos 70 comeza a caída da exhibición
cinematográfica e o progresivo peche dos espazos que marcaron a
vida de varias xeracións. Mais é o tempo, tamén, dos cineclubs e das
primeiras iniciativas en favor dun cinema de noso. Nesta sesión
repasaremos o esplendor e a decadencia das salas da Coruña, as
mudanzas do cinema nesas décadas e algúns nomes fundamentais
relacionados coa cidade.
O 23 de abril de 1941 apróbase unha
orde gobernamental do Ministerio de
Industria y Comercio (nunca publicada
no Boletín Oficial del Estado) que impón
a dobraxe obrigatoria ao castelán para
calquera filme rodado orixinalmente
noutro idioma. A norma favorece dúas
cousas diferentes: o monopolio do
español como “lingua única” no cinema
mais, tamén, o control e alteración das
mensaxes por medio da manipulación
que permite a dobraxe.
Así, n’A Ponte de Waterloo o personaxe de
Vivien Leigh pasaba de ser prostituta a ser
actriz de teatro, en Casablanca se omitía a
participación de Rick (Humphrey Bogart)
como combatente a favor da República na
Guerra Civil e, exemplo grotesco, en
Mogambo un matrimonio ficaba convertido
nunha parella de irmáns para evitar un
adulterio.
Iso si, algunhas veces a censura non
prestaba a suficiente atención. O
exemplo máis claro é a autorización
completa do filme Diferente, musical
dirixido por Luis María Delgado con
Alfredo Alaria como protagonista que
está repleta de alusións inequívocas á
homosexualidade.
O filme proxectouse na Coruña no
Rosalía de Castro o 16 de maio de
1963.
Paradoxalmente, a prohibición de
proxectar filmes noutros idiomas
desprotexe a produción estatal: os
filmes feitos en España deixan de ter a
vantaxe de ser máis facilmente
entendidos polo público local, pois
todos pasan a estar falados no mesmo
idioma. O cinema español perde
capacidade competitiva respecto de
industrias máis poderosas, e máis
aínda se temos en conta o corte que
supuxo a Guerra Civil.
A coruñesa cunha traxectoria máis
brillante no cinema é María Casares
(1922-1996). Logo do golpe de estado
exiliouse en Francia, onde acabou por
converterse nunha figura maior do
teatro. Non fixo moitos filmes, mais
entre eles hai títulos fundamentais do
cinema francés como Les Enfants du
Paradis (Marcel Carné, 1945), Les
Dames du Bois de Bologne (Robert
Bresson, 1945), La Chartreuse de
Parme (Christian-Jacque, 1948) ou
Orphée (Jean Cocteau, 1950). Foi
candidata ao César como actriz
secundaria por La Lectrice (Michel
Deville, 1988).
María Casares. Imaxe: wikipedia [dominio público]
Fernando Casado Arambillet, coñecido polo nome artístico Fernando Rey (1917-
1994), é a grande figura coruñesa do cinema español. O seu talento como actor
permitiulle evolucionar dos dramas históricos como Locura de amor (Juan de
Orduña, 1948) cara a obras máis audaces e desencantadas como Cielo negro
(Manuel Mur Oti, 1951) ou Cómicos (Juan Antonio Bardem, 1954) antes do seu
encontro con Luis Buñuel (Viridiana, 1961; Tristana, 1970; Le charme discret de la
bourgeoisie, 1972; Ese oscuro objeto del deseo, 1977). O seu prestixio internacional
levouno a traballar con Orson Welles, William Friedkin, Robert Altman ou Lina
Wertmüller. Gañou un premio en Cannes como mellor actor por Elisa, vida mía
(Carlos Saura, 1977).
Fernando Rey en
The French
Connection
(William Friedkin,
1971), filme
gañador de 5
Óscars, incluídos
mellor filme,
dirección e actor
protagonista
(Gene Hackman).
Na historia do cinema español ocupan un
espazo os irmáns coruñeses Adolfo (1904-
1958) e Ramón Torrado (1905-1990),
dramaturgo e guionista o primeiro,
director o segundo. A filmografía de
Ramón móvese nun rexistro popular
pouco ou nada exixente, con frecuencia
asociado ao folclore andaluz (La niña de la
venta, 1951, ou María de la O, 1959, as dúas
con Lola Flores). Antes fixo filmes
ambientados no noso país, “gallegadas”
que encaixan na visión rexional franquista
como Mar abierto ou Sabela de Cambados.
Un dos seus grandes éxitos foi Botón de
ancla, en 1948.
O coruñés Tomás Ares Pena (1908-1977)
empregou como alcume artístico Xan
das Bolas. Foi un secundario de
referencia do cinema español, con máis
de 200 aparicións en filmes e
producións de televisión. Entre tantos
títulos hai, por suposto, obras de
grandes cineastas, de Fernando Fernán
Gómez (El malvado Carabel, 1956), Juan
Antonio Bardem (La venganza, 1958) ou
Luis García Berlanga (Plácido, 1961).
Xan das Bolas. Imaxe: IMDB
Antonio Casas (1911-1982) foi outro
prolífico actor coruñés (e antes
futbolista do Atlético de Madrid),
case sempre secundario. A súa
ampla filmografía inclúe dende
películas históricas (Goyescas, Alba
de América) até Spaguetti
westerns, incluído El bueno, el feo y
el malo de Sergio Leone. Entre os
seus papeis máis notábeis está o
de Nunca pasa nada de Juan
Antonio Bardem (1963).
Antonio Casas en El bueno, el feo y el malo.
Amando de Ossorio (1918-2001) foi
un guionista e director nacido na
Coruña que acadou certo status de
culto grazas aos seus filmes de
terror: Malenka, la sobrina del
vampiro (1969), La noche del terror
ciego (1972), El ataque de los
muertos sin ojos (1973), Las garras
de Lorelei (1973), La noche de los
brujos (1974), El buque maldito
(1974), La noche de las gaviotas
(1974)...
O coruñés Juan Antonio Porto (1937-
2021) traballou como guionista en
televisión (La forja de un rebelde,
1990) e cinema. Entre os seus filmes
máis destacados, El bosque del lobo
(Pedro Olea, 1970), La Regenta
(Gonzalo Suárez, 1974), Juego de
amor prohibido (Eloy de la Iglesia,
1975) e El crimen de Cuenca (Pilar
Miró, 1980). Foi candidato ao Goya
por Beltenebros (Pilar Miró, 1991).
A Coruña é o escenario de rodaxe de
Camarote de lujo (Rafael Gil, 1959),
interesante adaptación dunha
novela de Wenceslao Fernández
Flórez con Antonio Casal como
protagonista.
Antonio Casal en Camarote de lujo
Para un personaxe secundario mais decisivo foi elixido o obreiro, actor e
contacontos coruñés José Pérez Rodríguez, Eumedre (1902-1969), compañeiro de
troula de Avilés de Taramancos e amigo de Manuel Ferrol. Repetiu con Rafael Gil
na versión de 1959 de La casa de la Troya.
Eumedre fotografado por
Manuel Ferrol.
Fonte: www.manuelferrol.com
Logo do grande éxito La gran familia
Fernando Palacios realizou, en 1965,
La familia y... uno más, con varias
escenas rodadas na Coruña.
Dende finais dos anos 40 a chegada aos fogares da televisión fai que empece a
caer a asistencia ás salas de cinema nos Estados Unidos de forma drástica. En
España a televisión nace en 1956 mais non se xeraliza até ben máis tarde, co cal a
perda de público nos cinema adíase un par de décadas. Mais acabou por suceder,
inevitabelmente.
Na década dos 50 e 60 na Coruña
mantéñense abertas non menos de
17 salas de forma simultánea. É un
tempo de esplendor en termos de
público, co cinema como principal
oferta de lecer a bo prezo. A comezos
dos 60 había máis de 13000 butacas
dispoñíbeis na cidade, que pasaron a
ser máis de 15000 coa apertura do
Riazor.
1908: Salón París
1915: Rosalía de Castro
1920: Salón Doré
1924: Kiosko Alfonso
1929: Ideal Cinema
1931: España, Savoy [Ya-voy]
1934: Monelos
1935: Hércules
1939: Coruña
1941: Avenida
1945: Goya
1947: Santa Margarita (logo Rex)
1948: Finisterre, Teatro Colón
1949: Equitativa
1950: Ciudad
1964: Alfonso Molina
1965: Riazor
A maioría destas salas irán
pechando nos anos 60, 70 e 80.
1966: Savoy
1969: España, Salón Doré
1970: Ideal Cinema
1971: Ciudad
1973: Monelos, Hércules
1975: Kiosko Alfonso
1978: Finisterre
1986: Coruña, Alfonso Molina
1989: Rex
La Voz de Galicia, 1 de xuño de 1947
La Voz de Galicia,
1 de abril de 1949
La Voz de Galicia,
18 de decembro
de 1953
Hoja del Lunes,
26 de decembro de 1955
La Voz de Galicia,
16 de maio de 1963
La Voz de Galicia,
14 de marzo de 1968
A actividade cineclubista ten dous
focos principais na Coruña dende
finais dos 60: o cineclub Aldebarán
(1968) e o cineclub Coruña. Os seus
ciclos permitirán a exhibición na
cidade de obras das novas vagas
europeas da época, así como a
recuperación de clásicos do
cinema.
Xa nos 80, a propia A. C. Alexandre
Bóveda organizará algúns ciclos,
mais será o Ateneo a referencia da
cultura cinéfila.
O inicio da transición democrática despois da morte do ditador abrirá un período
novo para a creación e difusión cultural, por fin libre da censura previa. O 7 de
abril de 1978 apróbase unha orde para regular as actividades cinematográficas,
publicada no BOE o día 19 dese mes, que introduce unha nova clasificación de
filmes: “Para todos los públicos”, “Para mayores de catorce años”, “Para mayores
de dieciséis años” e “Para mayores dé dieciocho años”. Entre estas últimas, levará
a cualificación «S» aquelas que poidan “herir la sensibilidad del espectador
medio”. Mantéñense as cotas de pantalla: “La exhibición de películas extranjeras
de largo metraje, en versión doblada, en salas comerciales, deberá ajus­
tarse a la
cuota de pantalla, establecida en la proporción de un día de película española de
largo metraje, como mínimo, por cada dos de película extranjera de largo metraje
en versión doblada”. Os filmes clasificados “S” inclúense dentro da normativa de
cota de pantalla, o cal favorece a explosión de producións españolas dese tipo.
La Voz de Galicia,
4 de maio de 1978

More Related Content

Similar to A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles

Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)
Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)
Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)Marlou
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidafilmotecaforum
 
Cinema mudo en portugal
Cinema mudo en portugalCinema mudo en portugal
Cinema mudo en portugalfilmotecaforum
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasfilmotecaforum
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerramelixanro
 
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1raulconstenla
 
O teatro galego_ entre_ 1936_ e_ 1976
O teatro  galego_ entre_ 1936_ e_ 1976O teatro  galego_ entre_ 1936_ e_ 1976
O teatro galego_ entre_ 1936_ e_ 1976olgaamigodevesa
 
Vidal Bolaño
Vidal BolañoVidal Bolaño
Vidal BolañoFiz
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroXoán Díaz
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Endl Félix Muriel
 
Roberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal BolañoRoberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal Bolañoraul22555
 

Similar to A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles (20)

Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)
Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)
Roberto Vial Bolaño por Iván Ferro (1ºBACH)
 
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vidaA Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida
 
Cinema mudo en portugal
Cinema mudo en portugalCinema mudo en portugal
Cinema mudo en portugal
 
Rosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallasRosalía nas pantallas
Rosalía nas pantallas
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerra
 
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
Leccion 3 texto_bola_o_4_-1
 
O teatro galego_ entre_ 1936_ e_ 1976
O teatro  galego_ entre_ 1936_ e_ 1976O teatro  galego_ entre_ 1936_ e_ 1976
O teatro galego_ entre_ 1936_ e_ 1976
 
Chile
ChileChile
Chile
 
ÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro CunqueiroÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro Cunqueiro
 
Vidal bolaño
Vidal bolañoVidal bolaño
Vidal bolaño
 
Vidal Bolaño
Vidal BolañoVidal Bolaño
Vidal Bolaño
 
Álvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiroÁlvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiro
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
Mostra de Venecia
Mostra de VeneciaMostra de Venecia
Mostra de Venecia
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
 
Roberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal BolañoRoberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal Bolaño
 
Teatro 1936 1976
Teatro 1936 1976Teatro 1936 1976
Teatro 1936 1976
 
O cine_touro
O cine_touroO cine_touro
O cine_touro
 
Cunqueiro
CunqueiroCunqueiro
Cunqueiro
 
Orson Welles
Orson WellesOrson Welles
Orson Welles
 

More from filmotecaforum

DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70filmotecaforum
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arznerfilmotecaforum
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupinofilmotecaforum
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosfilmotecaforum
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinemafilmotecaforum
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugalfilmotecaforum
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilfilmotecaforum
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60filmotecaforum
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembènefilmotecaforum
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80filmotecaforum
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasfilmotecaforum
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosfilmotecaforum
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesafilmotecaforum
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50filmotecaforum
 
As orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericanoAs orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericanofilmotecaforum
 

More from filmotecaforum (20)

DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70
 
DirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy ArznerDirectorAs: Dorothy Arzner
DirectorAs: Dorothy Arzner
 
DirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida LupinoDirectorAs: Ida Lupino
DirectorAs: Ida Lupino
 
Cinema palestino
Cinema palestinoCinema palestino
Cinema palestino
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
A preservación do cinema
A preservación do cinemaA preservación do cinema
A preservación do cinema
 
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en PortugalO Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal
 
Mulleres no western
Mulleres no westernMulleres no western
Mulleres no western
 
O cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abrilO cinema do 25 de abril
O cinema do 25 de abril
 
Kinuyo Tanaka
Kinuyo TanakaKinuyo Tanaka
Kinuyo Tanaka
 
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60
 
Centenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane SembèneCentenario de Ousmane Sembène
Centenario de Ousmane Sembène
 
Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80Cinema portugués dos 80
Cinema portugués dos 80
 
Hollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSSHollywood ❤️ URSS
Hollywood ❤️ URSS
 
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidasA SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
A SIDA, a outra pandemia das nosas vidas
 
Cinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinariosCinemas dos pobos orixinarios
Cinemas dos pobos orixinarios
 
Países africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesaPaíses africanos de fala portuguesa
Países africanos de fala portuguesa
 
Cinema e educación
Cinema e educaciónCinema e educación
Cinema e educación
 
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
A humanidade en perigo: ciencia ficción dos anos 50
 
As orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericanoAs orixes do cinema afroamericano
As orixes do cinema afroamericano
 

A Coruña e o cinema 3 - Tempos difíciles

  • 1.
  • 2. Na longa noite de pedra da ditadura o cinema foi un refuxio onde experimentar ilusións e emocións. Dende finais dos 40 e durante máis de vinte anos na Coruña conviven non menos de 15 salas diferentes, até que ao longo dos 70 comeza a caída da exhibición cinematográfica e o progresivo peche dos espazos que marcaron a vida de varias xeracións. Mais é o tempo, tamén, dos cineclubs e das primeiras iniciativas en favor dun cinema de noso. Nesta sesión repasaremos o esplendor e a decadencia das salas da Coruña, as mudanzas do cinema nesas décadas e algúns nomes fundamentais relacionados coa cidade.
  • 3. O 23 de abril de 1941 apróbase unha orde gobernamental do Ministerio de Industria y Comercio (nunca publicada no Boletín Oficial del Estado) que impón a dobraxe obrigatoria ao castelán para calquera filme rodado orixinalmente noutro idioma. A norma favorece dúas cousas diferentes: o monopolio do español como “lingua única” no cinema mais, tamén, o control e alteración das mensaxes por medio da manipulación que permite a dobraxe.
  • 4. Así, n’A Ponte de Waterloo o personaxe de Vivien Leigh pasaba de ser prostituta a ser actriz de teatro, en Casablanca se omitía a participación de Rick (Humphrey Bogart) como combatente a favor da República na Guerra Civil e, exemplo grotesco, en Mogambo un matrimonio ficaba convertido nunha parella de irmáns para evitar un adulterio.
  • 5. Iso si, algunhas veces a censura non prestaba a suficiente atención. O exemplo máis claro é a autorización completa do filme Diferente, musical dirixido por Luis María Delgado con Alfredo Alaria como protagonista que está repleta de alusións inequívocas á homosexualidade. O filme proxectouse na Coruña no Rosalía de Castro o 16 de maio de 1963.
  • 6. Paradoxalmente, a prohibición de proxectar filmes noutros idiomas desprotexe a produción estatal: os filmes feitos en España deixan de ter a vantaxe de ser máis facilmente entendidos polo público local, pois todos pasan a estar falados no mesmo idioma. O cinema español perde capacidade competitiva respecto de industrias máis poderosas, e máis aínda se temos en conta o corte que supuxo a Guerra Civil.
  • 7. A coruñesa cunha traxectoria máis brillante no cinema é María Casares (1922-1996). Logo do golpe de estado exiliouse en Francia, onde acabou por converterse nunha figura maior do teatro. Non fixo moitos filmes, mais entre eles hai títulos fundamentais do cinema francés como Les Enfants du Paradis (Marcel Carné, 1945), Les Dames du Bois de Bologne (Robert Bresson, 1945), La Chartreuse de Parme (Christian-Jacque, 1948) ou Orphée (Jean Cocteau, 1950). Foi candidata ao César como actriz secundaria por La Lectrice (Michel Deville, 1988). María Casares. Imaxe: wikipedia [dominio público]
  • 8. Fernando Casado Arambillet, coñecido polo nome artístico Fernando Rey (1917- 1994), é a grande figura coruñesa do cinema español. O seu talento como actor permitiulle evolucionar dos dramas históricos como Locura de amor (Juan de Orduña, 1948) cara a obras máis audaces e desencantadas como Cielo negro (Manuel Mur Oti, 1951) ou Cómicos (Juan Antonio Bardem, 1954) antes do seu encontro con Luis Buñuel (Viridiana, 1961; Tristana, 1970; Le charme discret de la bourgeoisie, 1972; Ese oscuro objeto del deseo, 1977). O seu prestixio internacional levouno a traballar con Orson Welles, William Friedkin, Robert Altman ou Lina Wertmüller. Gañou un premio en Cannes como mellor actor por Elisa, vida mía (Carlos Saura, 1977). Fernando Rey en The French Connection (William Friedkin, 1971), filme gañador de 5 Óscars, incluídos mellor filme, dirección e actor protagonista (Gene Hackman).
  • 9. Na historia do cinema español ocupan un espazo os irmáns coruñeses Adolfo (1904- 1958) e Ramón Torrado (1905-1990), dramaturgo e guionista o primeiro, director o segundo. A filmografía de Ramón móvese nun rexistro popular pouco ou nada exixente, con frecuencia asociado ao folclore andaluz (La niña de la venta, 1951, ou María de la O, 1959, as dúas con Lola Flores). Antes fixo filmes ambientados no noso país, “gallegadas” que encaixan na visión rexional franquista como Mar abierto ou Sabela de Cambados. Un dos seus grandes éxitos foi Botón de ancla, en 1948.
  • 10. O coruñés Tomás Ares Pena (1908-1977) empregou como alcume artístico Xan das Bolas. Foi un secundario de referencia do cinema español, con máis de 200 aparicións en filmes e producións de televisión. Entre tantos títulos hai, por suposto, obras de grandes cineastas, de Fernando Fernán Gómez (El malvado Carabel, 1956), Juan Antonio Bardem (La venganza, 1958) ou Luis García Berlanga (Plácido, 1961). Xan das Bolas. Imaxe: IMDB
  • 11. Antonio Casas (1911-1982) foi outro prolífico actor coruñés (e antes futbolista do Atlético de Madrid), case sempre secundario. A súa ampla filmografía inclúe dende películas históricas (Goyescas, Alba de América) até Spaguetti westerns, incluído El bueno, el feo y el malo de Sergio Leone. Entre os seus papeis máis notábeis está o de Nunca pasa nada de Juan Antonio Bardem (1963). Antonio Casas en El bueno, el feo y el malo.
  • 12. Amando de Ossorio (1918-2001) foi un guionista e director nacido na Coruña que acadou certo status de culto grazas aos seus filmes de terror: Malenka, la sobrina del vampiro (1969), La noche del terror ciego (1972), El ataque de los muertos sin ojos (1973), Las garras de Lorelei (1973), La noche de los brujos (1974), El buque maldito (1974), La noche de las gaviotas (1974)...
  • 13. O coruñés Juan Antonio Porto (1937- 2021) traballou como guionista en televisión (La forja de un rebelde, 1990) e cinema. Entre os seus filmes máis destacados, El bosque del lobo (Pedro Olea, 1970), La Regenta (Gonzalo Suárez, 1974), Juego de amor prohibido (Eloy de la Iglesia, 1975) e El crimen de Cuenca (Pilar Miró, 1980). Foi candidato ao Goya por Beltenebros (Pilar Miró, 1991).
  • 14. A Coruña é o escenario de rodaxe de Camarote de lujo (Rafael Gil, 1959), interesante adaptación dunha novela de Wenceslao Fernández Flórez con Antonio Casal como protagonista.
  • 15. Antonio Casal en Camarote de lujo
  • 16. Para un personaxe secundario mais decisivo foi elixido o obreiro, actor e contacontos coruñés José Pérez Rodríguez, Eumedre (1902-1969), compañeiro de troula de Avilés de Taramancos e amigo de Manuel Ferrol. Repetiu con Rafael Gil na versión de 1959 de La casa de la Troya.
  • 17. Eumedre fotografado por Manuel Ferrol. Fonte: www.manuelferrol.com
  • 18. Logo do grande éxito La gran familia Fernando Palacios realizou, en 1965, La familia y... uno más, con varias escenas rodadas na Coruña.
  • 19. Dende finais dos anos 40 a chegada aos fogares da televisión fai que empece a caer a asistencia ás salas de cinema nos Estados Unidos de forma drástica. En España a televisión nace en 1956 mais non se xeraliza até ben máis tarde, co cal a perda de público nos cinema adíase un par de décadas. Mais acabou por suceder, inevitabelmente.
  • 20. Na década dos 50 e 60 na Coruña mantéñense abertas non menos de 17 salas de forma simultánea. É un tempo de esplendor en termos de público, co cinema como principal oferta de lecer a bo prezo. A comezos dos 60 había máis de 13000 butacas dispoñíbeis na cidade, que pasaron a ser máis de 15000 coa apertura do Riazor. 1908: Salón París 1915: Rosalía de Castro 1920: Salón Doré 1924: Kiosko Alfonso 1929: Ideal Cinema 1931: España, Savoy [Ya-voy] 1934: Monelos 1935: Hércules 1939: Coruña 1941: Avenida 1945: Goya 1947: Santa Margarita (logo Rex) 1948: Finisterre, Teatro Colón 1949: Equitativa 1950: Ciudad 1964: Alfonso Molina 1965: Riazor
  • 21. A maioría destas salas irán pechando nos anos 60, 70 e 80. 1966: Savoy 1969: España, Salón Doré 1970: Ideal Cinema 1971: Ciudad 1973: Monelos, Hércules 1975: Kiosko Alfonso 1978: Finisterre 1986: Coruña, Alfonso Molina 1989: Rex
  • 22. La Voz de Galicia, 1 de xuño de 1947
  • 23. La Voz de Galicia, 1 de abril de 1949
  • 24. La Voz de Galicia, 18 de decembro de 1953
  • 25. Hoja del Lunes, 26 de decembro de 1955
  • 26. La Voz de Galicia, 16 de maio de 1963
  • 27. La Voz de Galicia, 14 de marzo de 1968
  • 28. A actividade cineclubista ten dous focos principais na Coruña dende finais dos 60: o cineclub Aldebarán (1968) e o cineclub Coruña. Os seus ciclos permitirán a exhibición na cidade de obras das novas vagas europeas da época, así como a recuperación de clásicos do cinema. Xa nos 80, a propia A. C. Alexandre Bóveda organizará algúns ciclos, mais será o Ateneo a referencia da cultura cinéfila.
  • 29. O inicio da transición democrática despois da morte do ditador abrirá un período novo para a creación e difusión cultural, por fin libre da censura previa. O 7 de abril de 1978 apróbase unha orde para regular as actividades cinematográficas, publicada no BOE o día 19 dese mes, que introduce unha nova clasificación de filmes: “Para todos los públicos”, “Para mayores de catorce años”, “Para mayores de dieciséis años” e “Para mayores dé dieciocho años”. Entre estas últimas, levará a cualificación «S» aquelas que poidan “herir la sensibilidad del espectador medio”. Mantéñense as cotas de pantalla: “La exhibición de películas extranjeras de largo metraje, en versión doblada, en salas comerciales, deberá ajus­ tarse a la cuota de pantalla, establecida en la proporción de un día de película española de largo metraje, como mínimo, por cada dos de película extranjera de largo metraje en versión doblada”. Os filmes clasificados “S” inclúense dentro da normativa de cota de pantalla, o cal favorece a explosión de producións españolas dese tipo.
  • 30. La Voz de Galicia, 4 de maio de 1978