Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. As orixes do cinema afroamericano", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña) o 17 de febreiro de 2022.
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. As orixes do cinema afroamericano", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña) o 17 de febreiro de 2022.
Presentación sobre o cinema alemán dos anos 20 empregada no obradoiro "A idade de ouro do cinema silente" do programa de lecer de primavera do Fórum Metropolitano.
DirectorAs - Cineastas americanas nos anos 70filmotecaforum
Presentación empregada na palestra "DirectorAs: Cineastas americanas nos anos 70", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 4 de abril de 2024.
A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidadefilmotecaforum
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema 4 - Sinais de serenidade" impartida o 14 de decembro de 2023 no local da A. C. Alexandre Bóveda.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema, 3. Tempos difíciles", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 9 de novembro de 2023.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema, 2. Mudar de vida", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 5 de outubro de 2023.
Presentación empregada na palestra "A Coruña e o cinema - [1] Os verdes anos", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 7 de setembro de 2023.
O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugalfilmotecaforum
Presentación empregada na charla "O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal" impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 1 de xuño de 2023.
Presentación empregada no relatorio "Rosalía nas pantallas", impartido na Coruña (A. C. Alexandre Bóveda, 13 de febreiro), Vilalba (Instituto de Estudos Chairegos, 24 e 25 de febreiro) e Padrón (Casa de Rosalía, 19 de abril).
Presentación empregada na palestra sobre a actriz e directora Kinuyo Tanaka, impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 2 de marzo de 2023.
Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60filmotecaforum
Presentación empregada na palestra "Actores e actrices afroamericanos no Hollywood dos 50 e 60", impartida no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda o 2 de febreiro de 2023.
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. Cinema portugués dos 80", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 1 de decembro de 2022.
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. Cinema portugués dos 80", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o mércores 2 de novembro de 2022.
Presentación empregada na charla "Outras historias do cinema. Hollywood ❤️ URSS", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 6 de outubro de 2022.
2. “Acadou o que ningún outro conseguiu.
Mirar a súa obra é coma ser testemuña
do comezo da melodía, ou do primeiro
uso consciente da panca ou da roda; da
emerxencia, coordinación e primeira
elocuencia da linguaxe; o nacemento
dunha arte: e comprender que todo isto
é o traballo dun só home”.
James Agee
[He achieved what no other known man has achieved. To watch his work is like
being witness to the beginning of melody, or the first conscious use of the lever
or the wheel; the emergence, coordination and first eloquence of language; the
birth of an art: and to realize that this is all the work of one man]
“Nunca odiei realmente a
Hollywood a non ser polo xeito en
que tratou a D. W. Griffith. Ningún
lugar, industria, profesión ou forma
de arte lle debe tanto a unha soa
persoa”.
Orson Welles
[I have never really hated Hollywood except for its treatment of D. W.
Griffith. No town, no industry, no profession, no art form owes so much
to a single man]
3. David Wark Griffith naceu en 1875 nunha
modesta granxa de Kentucky. O seu pai,
Jacob, oficial do exército Confederado
que fora ferido durante a Guerra Civil,
morreu cando el tiña dez anos e a familia
tivo que lidar coa pobreza. Aínda era un
mozo cando David houbo deixar os
estudos para poñerse a traballar coma
dependente (durante algún tempo, nunha
libraría). A falta dunha educación formal,
David foi un ávido lector.
Axiña encamiñouse cara a un destino
artístico: a interpretación en compañías
ambulantes. O seu verdadeiro desexo era
converterse en dramaturgo, mais non
conseguiu éxito. En 1907 viaxa a Nova
York e intenta vender unha obra aos
Estudios Edison. Non convence ao
produtor Edwin S. Porter, mais este
ofrécelle un pequeno papel nun filme,
Rescued from an Eagle's Nest, de J. Searle
Dewey.
4. Empeza a intervir como extra en
filmes da American Mutoscope and
Biograph Company, popularmente
coñecida por “Biograph”. Así coñece a
quen será logo un fiel colaborador, o
camarógrafo Gottfried Wilhelm
“Billy” Bitzer, un xenio da fotografía.
Un golpe de fortuna mudará para
sempre a súa vida. O director Wallace
McCutcheon ponse enfermo e o seu
fillo Wallace Jr ocupa o seu posto,
mais o seu labor non satisfai á
Biograph e o cofundador da mesma,
Harry Marvin, ofrécelle a Griffith a
oportunidade de traballar detrás da
cámara. Debuta como cineasta en
1908 con The Adventures of Dollie, o
primeiro dos case 50 filmes que fará
ese ano.
5. Nos seus anos na Biograph Griffith
consolida os sinais de identidade do seu
estilo e con iso o cinema dá un salto
adiante espectacular. Filmes como A
Corner in Wheat (1909), The
Unchanging Sea (1910) ou The Lonedale
Operator (1911) proban o seu talento e
a elevada comprensión que ten dos
elementos específicos da linguaxe
fílmica. Sorprende o seu dominio da
montaxe paralela (crosscutting) para
crear tensión, a crecente complexidade
do relato e das estruturas narrativas, a
maior sutileza nas interpretacións dos
actores e actrices...
9. En 1914 Griffith filma Judith of
Bethulia, cunha duración de arredor de
1 hora. Os donos da Biograph non crían
no formato de longametraxe e iso forza
a marcha de Griffith. Baixo o paraugas
do estudio que monta con Harry Aitken
produce The Birth of a Nation,
adaptación dunha novela e obra teatral
de Thomas F. Dixon Jr.
The Birth of a Nation é un fito na
historia do cinema e é con seguridade
un dos filmes máis vistos da historia.
Mais o seu insultante retrato dos negros
e a glorificación do Ku Klux Klan
fixeron dela unha obra polémica dende
a súa estrea.
10. Intolerance (1916) é unha das cimas do
cinema silente. Catro relatos en catro
épocas distintas van medrando en
paralelo: a caída de Babilonia en mans
de Persia no 539 a.C.; a paixón de
Cristo; o masacre do Día de San
Bartolomé en 1572 e unha historia
contemporánea cunha condena a morte
inxusta e intento de salvación no último
minuto. Malia funcionar ben na
billeteira era imposíbel compensar o
monumental custo, estimado nuns 2
millóns de dólares, equivalentes a case
50 millóns de hoxe. O orzamento do
filme foi financiado en boa parte polo
propio Griffith, que quedaría para
sempre tocado por este fiasco
empresarial.
11.
12. Inxustamente á sombra destes dous
títulos míticos, a obra posterior de
Griffith contén outros filmes de calidade
nalgúns casos moi superior: Broken
Blossoms (1919), True Heart Susie
(1919), Way Down East (1920), Orphans
of the Storm (1921), One Exciting Night
(1922), Isn't Life Wonderful (1924), The
Sorrows of Satan (1926), The Battle of the
Sexes (1928)...
14. “O que falta no cinema moderno é
beleza a beleza do vento que se
move entre as árbores, o leve
movemento nun fluír fermoso das
flores nas árbores... Esqueceron que
ningunha pintura, nin a mellor feita
nunca, foi nada máis ca unha pálida
imaxe estática. Mais o cinema! O
cinema é fermoso; o movemento do
vento nas árbores fermosas é máis
fermoso ca unha pintura”.
D. W. Griffith en entrevista a Ezra Goodman en 1948
[What the modern movie lacks is beauty—the beauty of
moving wind in the trees, the little movements in a beautiful
flowing of the blossoms in the trees... they have forgotten
that no still painting, the greatest ever, was anything but a
pallid still picture. But the moving picture! The moving
picture is beautiful; the moving of wind on beautiful trees is
more beautiful than a painting]