A chegada do son supuxo unha transformación radical na creación e
exhibición de cinema en todo o mundo. O éxito dos filmes falados (e
ao inicio, sobre todo, cantados) provocou unha rápida mudanza nas
salas que tamén se viviu na Coruña. A II República trouxo a esperanza
dun tempo novo que foi esmagado polo golpe de estado do 36 e o
inicio dunha ditadura que trouxo consecuencias para a creación de
filmes para alén da máis obvia, a censura. Na cidade, coa apertura de
novos cinemas, iníciase un período de esplendor para a exhibición
que se estende nas décadas dos 50 e 60. Nesta segunda sesión
repasaremos este tempo de cambios na arte e no negocio do cinema.
A idea de combinar imaxes en
movemento e son é tan antiga
como o propio cinema. O rexistro e
reprodución de son era unha
realidade desde que Edison
inventase en 1877 o fonógrafo de
cilindros.
Uns anos despois, en 1889, Emile
Berliner presentou o gramófono,
que empregaba discos.
Fonógrafo de Edison c.1895. Imaxe: Norman Bruderhofer, CC BY-SA 3.0
No camiño ao nacemento do
cinema, Edison apostou pola
visión individual dos filmes no
kinetoscopio. A fusión das
imaxes animadas co son
gravado previamente deu orixe
ao kinetophone.
Mais axiña chegaría a revolución
que supuxo o cinematógrafo
dos Lumière e a constatación
de que o negocio pasaba polo
espectáculo colectivo en sala.
Kinetoscopio de Edison c.1895. Imaxe: Dominio público
A unión de cinema e son presentaba,
porén, severos problemas:
-A sincronización exacta de imaxe e
son.
-O reducido tempo de gravación (a
capacidade dos cilindros e discos non
pasaba duns poucos minutos).
-A limitada fidelidade inicial dos
rexistros sonoros.
-No caso da proxección en salas, a
amplificación do son para recintos
grandes.
A vontade de experimentación non se
detivo ante estas dificultades, mais o
feito é que o cinema mudo foi a norma
durante algo máis de tres décadas.
Alice Guy filma unha “fonoescena”, 1905
O inventor estadounidense Lee de Forest (1873-
1961), pioneiro da electrónica considerado un
dos pais da radio, dedicou parte dos seus
esforzos ao desenvolvemento do cinema
sonoro. En 1919 patentou o Phonofilm, que
integraba a banda de son na fita
cinematográfica. Catro anos máis tarde, en
abril de 1923, estreou unha serie de curtas
como demostración do novo sistema.
Esquerda: fotografía de Lee
de Forest publicada en
febreiro de 1904 en The
Electrical Age. Dominio
público.
Dereita: póster dunha
demostración do sistema
Phonofilm, decembro de
1925. Dominio público.
Outra tecnoloxía primitiva foi o Vitaphone,
que chegou a coñecer ampla distribución
grazas á calidade do rexistro sonoro. Neste
sistema o son non se imprimía no filme,
senón que ía en discos separados que ían
en sincronía coa proxección de imaxes.
A primeira longametraxe que se estreou
en salas con esta técnica foi o Don Juan de
Alan Crosland, con John Barrymore como
protagonista, concibido como filme mudo
e ao que se lle engadiron efectos de son e
música. O fundacional The Jazz Singer foi
tamén filmado co sistema Vitaphone.
The Jazz Singer estreouse o 6 de outubro de
1927. Na maior parte da súa metraxe era un
filme mudo máis, cos característicos
intertítulos; mais puntualmente incorporaba
son sincronizado en escenas musicais ou con
diálogos. A novidade tecnolóxica fixo del un
enorme triunfo comercial, malia o seu rancio
conservadurismo e nula calidade fílmica.
Hollywood tomou boa nota deste éxito, se ben
a transformación da industria non sucedeu da
noite á mañá. Pasaron uns meses até a
chegada dos seguintes filmes parcialmente
falados, en 1928: Tenderloin, Glorious Betsy,
The Lion and the Mouse.
En xullo de 1928 chegou Lights of New
York, a primeira longametraxe 100%
falada. En outono dese ano Walt Disney
estreaba Steamboat Willie, curta de
animación sonora que supón a primeira
aparición dos famosos Mickey e Minnie
Mouse.
A expectación que seguían levantando
os “talkies” animou a outros grandes
estudios a lanzarse á produción de
filmes falados e a comezos de 1929 todas
as “majors” tiñan xa algún filme sonoro
no seu catálogo.
Con todo, o cinema mudo estaba
aínda moi vivo e grandes cineastas e
estrelas seguiron traballando ao
“vello estilo”. O número de salas de
cinema adaptadas á proxección de
filmes sonoros multiplicouse en
poucos meses, mais seguían sendo
unha esmagadora maioría as “salas
silentes”.
De moitos filmes fixéronse dobres
versións, muda e sonora, para
adaptarse á realidade dun tempo de
transición. Os filmes mudos,
ademais, eran máis fáciles de vender
no estranxeiro, pois con eles era
máis doado resolver a cuestión do
idioma. Poucos sospeitaban daquela
que o triunfo do cinema sonoro sería
absoluto en pouquísimo tempo.
A finais dos 20 as salas coruñesas pasaban
unicamente cinema mudo, entre elas obras
mestras como Sunrise de F. W. Murnau (1927),
que estreou o Rosalía o 21 de maio de 1928,
mais tamén o filme perdido do xenial autor, 4
Devils (1928).
El Orzán, 22 de maio de 1928
Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
El Orzán, 29 de novembro de 1929. Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
Transcorreron aínda uns meses
até experimentarmos a novidade
do cinema sonoro. Foi a partir do
14 de marzo de 1929 que, durante
uns días, o Teatro Rosalía de
Castro fixo demostracións do
sistema Phonofilm de De Forest,
en España castelanizado como
Cinefón, como complemento ás
sesións de cinema mudo
habituais.
El Orzán, xoves 14 de marzo de 1929
El Orzán, domingo 17 de marzo de 1929.
Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
O 18 de xuño de 1930 o
xornal El Orzán daba conta
da instalación no Teatro
Rosalía de Castro do equipo
técnico para a proxección
de cinema sonoro.
El Orzán, 18 de xuño de 1930.
Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
A primeira proxección dun filme sonoro na
Coruña tivo lugar o xoves 26 de xuño de 1930
tamén no Teatro Rosalía de Castro. Tratouse
dunha produción alemá de ambientación
rusa, Troïka, dirixida por Vladimir Strizhevsky.
Desta volta non foi A Coruña a cidade galega
pioneira: o cinema sonoro xa chegara na
primavera de 1930 a Vigo e Santiago.
El Orzán, 26 de xuño de 1930.
Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
O Rosalía foi dende esa data o
escenario das proxeccións do
cinema sonoro na Coruña con filmes
como Wolf Song (Victor Fleming,
1929), con Lupe Velez e Gary Cooper,
un filme mudo con efectos, banda
sonora e cancións sincronizadas, ou
The Broadway Melody (Harry
Beaumont, 1929), musical que
gañou o Oscar ao mellor filme na
segunda edición dos premios.
Anuncios en El Orzán o 2 de xullo de 1930.
Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
En novembro era o Teatro Linares Rivas
o que se dotaba do equipo para a
proxección de filmes sonoros. Así o
contou o 5 de novembro de 1930 o
xornal El Orzán.
El Orzán, 5 de novembro de 1930.
Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
A primeira película sonora no Linares Rivas foi Der weiße Teufel / El Diablo
Blanco, dirixida por Alexandre Volkoff e protagonizada por Ivan Mozzhukhin,
Lil Dagover e Betty Amann
El Ideal Gallego, venres 7 de novembro de 1930.
Fonte: Galiciana.
Por suposto, o cinema mudo (ou cinema
mudo con banda sonora sincronizada) seguiu
dominando as pantallas coruñesas durante
algún tempo.
Anuncio de “La Mujer en la Luna”, El Ideal Gallego, 19 de decembro de 1930.
Anuncio de “Tabú”, El Ideal Gallego, 22 de outubro de 1932. Fonte: Galiciana.
Mais pouco a
pouco a presenza
de filmes falados
foise normalizando
na cidade e arredor
de 1935 once salas
da cidade pasaban
filmes sonoros.
Anuncio de “El Loco Cantor”, El Orzán, 10 de xullo de 1930.
Anuncio de “Cantaré para ti”, El Orzán, 10 de marzo de 1931.
Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica..
A gran novidade dos filmes sonoros era
a voz humana, posto que a música
como acompañamento das proxeccións
mudas foi habitual dende os inicios do
cinema. Mais a voz traía un problema
lingüístico por resolver: como distribuír
os filmes noutros países agora que non
bastaba con traducir só os intertítulos?
Os primeiros filmes sonoros producidos
por Hollywood tiñan moito de “revistas
musicais” con escaso argumento, así
que o público podía ficar conforme con
escoitar as cancións. Neses primeiros
anos non deberon ser poucos os filmes
que se exhibiron na versión orixinal, sen
tradución de ningunha clase.
Unha fórmula que empregou Hollywood foi producir versións múltiples dos seus
filmes en diferentes idiomas. Un caso ben coñecido é o Drácula de Tod
Browning, con Bela Lugosi, do que se filmou en paralelo en 1931 unha versión en
español con George Melford como director e Carlos Villarías e Lupita Tovar como
cabezas de cartel. Foi esa a versión que se estreou na Coruña.
Imaxe: El Ideal Gallego, 24 de outubro de 1932. Fonte: Galiciana.
De The Big House, escrita por Frances Marion, que
gañou un Oscar polo seu labor, consérvanse catro
versións: unha en inglés de George Hill con Chester
Morris, Wallace Beery e Robert Montgomery; outra
falada en español de Ward Wing con José Crespo,
Juan de Landa e Tito Davidson, con guión adaptado
por Edgar Neville; unha terceira en francés, dirixida
por Pál Fëjos con Charles Boyer, André Berley e Rolla
Norman; e outra en alemán con Gustav Diessl,
Heinrich George e Egon von Jordan.
Imaxe: El Ideal Gallego, 13 de maio de 1931. Fonte: Galiciana.
Arriba á esquerda, Wallace Beery e
Chester Morris en The Big House. Arriba
á dereita, Juan de Landa e José Crespo
en El Presidio. Abaixo, André Berley e
Charles Boyer en Big House – Révolte
dans le prison.
Marie Dressler gañou o Oscar como mellor actriz por Min and Bill (George Hill,
1930), na que compartía cartel con Wallace Beery. Mais na Coruña a quen se viu
foi a Virginia Fábregas e Juan de Landa na versión española, La fruta amarga,
dirixida por Arthur Gregor.
Imaxe: La Voz de Galicia, 28 de outubro de 1932
A algúns cómicos populares tocoulles facer, eles mesmos, as diferentes versións,
con resultados non especialmente afortunados. Foi o caso de Buster Keaton en
Estrellados (Salvador de Alberich e Edward Sedgwick, 1930), versión española de
Free and Easy (Edward Sedgwick), o primeiro “talkie” de Keaton.
Imaxe: El Orzán, 10 de marzo de 1931
Foi o caso, tamén, de Stan Laurel e Oliver Hardy, que facían, para alén das
versións inglesas, outras en español, italiano, francés e alemán. Aprendían os
diálogos foneticamente e iso lles outorgou un ton peculiar que logo imitaron
algunhas dobraxes posteriores. Politiquerías é unha versión da curta Chickens
Come Home (James W. Horne, 1931) na que introduciron os espectáculos dun
mago e un regurxitador profesional para estirar a metraxe.
Imaxe: El Ideal Gallego, 25 de maio de 1932
O cinema da América Latina tívoo fácil para facerse presente nas salas da
cidade, ás veces empurrado pola popularidade de mitos como Carlos Gardel
ou de lendas doutra clase, como a mexicana de “La Llorona”, un clásico do
horror.
Anuncio de “Tango Bar”, El Ideal Galleo, 3 de xaneiro de 1936.
Anuncio de “La Llorona”, La Voz de Galicia, 20 de xuño de 1935
O 10 de decembro de 1931 a prensa da Coruña anunciaba a estrea de
Desamparados / Derelict (Rowland V. Lee, 1930) “hablada en español por
dobles”. É a primeira referencia que temos á proxección na cidade de filmes
dobrados. A dobraxe ao español será dende o 23 de abril de 1941 unha obriga
legal imposta pola ditadura franquista.
El Ideal Gallego, 10 de decembro de 1931
Antes de que en xullo de 1934 as
produtoras acatasen a normativa de
autocensura do “Production Code” (moitas
veces citado como “Código Hays” por Will
H. Hays, o seu impulsor), Hollywood viviu
unha era na que o cinema admitiu un
tratamento sorprendentemente libre de
asuntos que axiña ficarían prohibidos: o
sexo, o adulterio, o consumo de drogas, a
relación entre persoas de “diferente raza”
(sic), a homosexualidade, a tolerancia
cando non franca simpatía polas persoas
fóra da lei, incluso con delitos de sangue. É
o cinema Pre-Code, un período de
transición marcado polo salto do cinema
silente ao sonoro e a aparición dunha nova
xeración de actores e actrices (e cineastas),
sen esquecer os cambios sociais e as
circunstancias políticas e económicas
deses anos, en particular a incorporación
da muller ao traballo e o crack do 1929 e a
consecuente “gran depresión”.
Campioa do dobre sentido e dos
diálogos cargados de enxeño que
ela mesma escribía, Mae West
(1893-1980) é un caso inusual de
éxito tardío e veloz. Especial
interese teñen I’m No Angel
(Wesley Ruggles, 1933) e She
Done Him Wrong (Lowell
Sherman, 1933), as dúas estreadas
na Coruña.
Imaxe Mae West: Dominio
público
Anuncio de “No soy ningún
ángel”, El Ideal Gallego, 21
de abril de 1936.
A representación do
desexo sexual polo
corpo masculino e
feminino ten un dos
seus fitos na delirante
Search for Beauty
(Erle C. Kenton, 1933).
La Voz de Galicia, 20 de xuño de 1935.
Un tema tan espiñento
coma o aborto é central en
dous grandes filmes deste
período: Men in White
(Richard Boleslawski, 1934)
e Road to Ruin (Dorothy
Davenport, 1934).
En ningún dos dous casos
chega a pronunciarse a
palabra, mais o relato dá
indicios suficientes, moi
obvios para o público
contemporáneo. Hombres
en blanco tivo estrea
daquela na Coruña.
El Ideal Gallego, 22 de
abril de 1936
A homosexualidade era un tabú no cinema daquel tempo, mais algúns filmes
introduciron referencias inequívocas, como Wonder Bar (Lloyd Bacon, 1934).
Anuncio de “Wonder Bar”, El Ideal Gallego, 21 de xuño de 1936
Un dos números musicais de Murder at the Vanities (Mitchel Leisen, 1934) é
unha inesperada oda á marihuana, “Sweet Marijuana”.
Anuncio de “El crimen del Vanities”, El Ideal Gallego, 10 de agosto de 1935
Esta foi a carteleira coruñesa o 30
de outubro de 1932, segundo
recollía aquel día El Ideal Gallego.
Fontes das imaxes, de esquerda á dereita: La Voz de Galicia, 27 de decembro de 1935;
El Ideal Gallego, 3 de xaneiro de 1936; El Ideal Gallego, 24 de xaneiro de 1936.
Durante a II República agromou un cinema español popular que abriu un breve
período esperanzador para a produción estatal. Actrices como Imperio
Argentina convertéronse en verdadeiras estrelas.
O coruñés José Peña “Pepet”, nacido
arredor de 1893, emigrou de mozo aos
Estados Unidos, onde exerceu como
ventrílocuo, mago e cómico. Nos anos
30 dedicouse ao cinema e participou
en máis de trinta filmes no tempo das
“dobres versións”. Tamén fixo do
pousadeiro na produción española
Angelina o el honor de un brigadier
(Louis King, 1935).
A finais dos 30 marchou a México,
onde actuou en moitos outros filmes,
entre eles Ensayo de un crimen (Luis
Buñuel, 1955).
José Peña “Pepet” en “Angelina o el honor de un brigadier”
O golpe de estado de 1936 esmaga os
soños de progreso da República e a
guerra tronza por completo o país.
Tomada rapidamente polo exército
contrario á democracia, A Coruña
instálase axiña na nova normalidade
fascista.
Para a carteleira cinematográfica son
uns anos de transición nos que as salas
tiran do que hai en circulación. Dáse
así o paradoxo de que sigan véndose
filmes españois con figuras asociadas
ao período republicano, coma o
Angelillo de El negro que tenía el alma
blanca (Benito Perojo, 1934) ou La hija
de Juan Simón (José Luis Sáenz de
Heredia, 1935).
Máis curiosa é a estrea do filme As
pupilas do senhor reitor (José
Leitão de Barros, 1935), que chega
ás salas galegas en portugués. A
prensa da época elóxiao e sinala
que o público xa coñece de sobra
as cancións que soan nel,
popularizadas pola radio e as
orquestras.
Anuncio en La Voz de Galicia o 24
de outubro de 1936; comentario no
mesmo xornal ao día seguinte.
Un filme que, obviamente, non
pasou pola cidade na altura é
Espoir / Sierra de Teruel de
André Malraux, un fito do
cinema feito durante a guerra.
Nel participou como o actor o
coruñés Serafín Ferro, nacido
en Monelos o 12 de agosto de
1914.
Serafín Ferro en “Sierra de Teruel”
Serafín Ferro emigrou a
Madrid a comezos dos 30 e alí
coñeceu a Lorca e a Luis
Cernuda, de quen foi parella.
A súa relación (e a súa
separación) inspirou o libro
de Cernuda Donde habite el
olvido, integrado logo en La
realidad y el deseo.
Luis Cernuda e Serafín Ferro no castelo de Cifuentes, Guadalajara, en 1932
Traballou na imprenta de Manuel
Altolaguirre e Concha Méndez e
tratou a diversas figuras da xeración
do 27 e do ambiente cultural
madrileño da época. De volta á
Coruña en 1935, relaciónase co
galeguismo e dirixe o grupo teatral
Keltya, co que aspira a estrear pezas
de Yeats, Vilar Ponte e Álvaro de las
Casas. No número 139-144 da revista
Nós, xullo-decembro de 1935,
publicouse un poema seu, “Noite”.
Despois da guerra, onde loitou polo
bando republicano, exiliouse en
México; viaxou no barco “Ipanema”,
que levou tamén a Florencio
Delgado Gurriarán. Alí morreu o 9
de agosto de 1954, aos 40 anos, por
mor da tuberculose.
En 1938 nace na Coruña a revista
quincenal Radio y Cinema, que
alcanzaría grande difusión e unha
longa vida até os anos 60. O director
era Joaquín Romero Marchent e o
editor José María de Barbachano y
Cayuela, fundador da editorial
Metyel que xa publicaba a revista
“Metalurgia y electricidad”.
A revista trasladouse a Madrid a
partir do número 52, de maio de
1940. Mais comezou aquí, primeiro
nunhas oficinas provisionais na
“Plaza del General Mola 25 y 27”
(hoxe, Praza de Santo André) e logo
na rúa Fontán, 3.

A Coruña e o cinema 2 - Mudar de vida

  • 2.
    A chegada doson supuxo unha transformación radical na creación e exhibición de cinema en todo o mundo. O éxito dos filmes falados (e ao inicio, sobre todo, cantados) provocou unha rápida mudanza nas salas que tamén se viviu na Coruña. A II República trouxo a esperanza dun tempo novo que foi esmagado polo golpe de estado do 36 e o inicio dunha ditadura que trouxo consecuencias para a creación de filmes para alén da máis obvia, a censura. Na cidade, coa apertura de novos cinemas, iníciase un período de esplendor para a exhibición que se estende nas décadas dos 50 e 60. Nesta segunda sesión repasaremos este tempo de cambios na arte e no negocio do cinema.
  • 3.
    A idea decombinar imaxes en movemento e son é tan antiga como o propio cinema. O rexistro e reprodución de son era unha realidade desde que Edison inventase en 1877 o fonógrafo de cilindros. Uns anos despois, en 1889, Emile Berliner presentou o gramófono, que empregaba discos. Fonógrafo de Edison c.1895. Imaxe: Norman Bruderhofer, CC BY-SA 3.0
  • 4.
    No camiño aonacemento do cinema, Edison apostou pola visión individual dos filmes no kinetoscopio. A fusión das imaxes animadas co son gravado previamente deu orixe ao kinetophone. Mais axiña chegaría a revolución que supuxo o cinematógrafo dos Lumière e a constatación de que o negocio pasaba polo espectáculo colectivo en sala. Kinetoscopio de Edison c.1895. Imaxe: Dominio público
  • 5.
    A unión decinema e son presentaba, porén, severos problemas: -A sincronización exacta de imaxe e son. -O reducido tempo de gravación (a capacidade dos cilindros e discos non pasaba duns poucos minutos). -A limitada fidelidade inicial dos rexistros sonoros. -No caso da proxección en salas, a amplificación do son para recintos grandes. A vontade de experimentación non se detivo ante estas dificultades, mais o feito é que o cinema mudo foi a norma durante algo máis de tres décadas. Alice Guy filma unha “fonoescena”, 1905
  • 6.
    O inventor estadounidenseLee de Forest (1873- 1961), pioneiro da electrónica considerado un dos pais da radio, dedicou parte dos seus esforzos ao desenvolvemento do cinema sonoro. En 1919 patentou o Phonofilm, que integraba a banda de son na fita cinematográfica. Catro anos máis tarde, en abril de 1923, estreou unha serie de curtas como demostración do novo sistema. Esquerda: fotografía de Lee de Forest publicada en febreiro de 1904 en The Electrical Age. Dominio público. Dereita: póster dunha demostración do sistema Phonofilm, decembro de 1925. Dominio público.
  • 7.
    Outra tecnoloxía primitivafoi o Vitaphone, que chegou a coñecer ampla distribución grazas á calidade do rexistro sonoro. Neste sistema o son non se imprimía no filme, senón que ía en discos separados que ían en sincronía coa proxección de imaxes. A primeira longametraxe que se estreou en salas con esta técnica foi o Don Juan de Alan Crosland, con John Barrymore como protagonista, concibido como filme mudo e ao que se lle engadiron efectos de son e música. O fundacional The Jazz Singer foi tamén filmado co sistema Vitaphone.
  • 8.
    The Jazz Singerestreouse o 6 de outubro de 1927. Na maior parte da súa metraxe era un filme mudo máis, cos característicos intertítulos; mais puntualmente incorporaba son sincronizado en escenas musicais ou con diálogos. A novidade tecnolóxica fixo del un enorme triunfo comercial, malia o seu rancio conservadurismo e nula calidade fílmica. Hollywood tomou boa nota deste éxito, se ben a transformación da industria non sucedeu da noite á mañá. Pasaron uns meses até a chegada dos seguintes filmes parcialmente falados, en 1928: Tenderloin, Glorious Betsy, The Lion and the Mouse.
  • 9.
    En xullo de1928 chegou Lights of New York, a primeira longametraxe 100% falada. En outono dese ano Walt Disney estreaba Steamboat Willie, curta de animación sonora que supón a primeira aparición dos famosos Mickey e Minnie Mouse. A expectación que seguían levantando os “talkies” animou a outros grandes estudios a lanzarse á produción de filmes falados e a comezos de 1929 todas as “majors” tiñan xa algún filme sonoro no seu catálogo.
  • 10.
    Con todo, ocinema mudo estaba aínda moi vivo e grandes cineastas e estrelas seguiron traballando ao “vello estilo”. O número de salas de cinema adaptadas á proxección de filmes sonoros multiplicouse en poucos meses, mais seguían sendo unha esmagadora maioría as “salas silentes”. De moitos filmes fixéronse dobres versións, muda e sonora, para adaptarse á realidade dun tempo de transición. Os filmes mudos, ademais, eran máis fáciles de vender no estranxeiro, pois con eles era máis doado resolver a cuestión do idioma. Poucos sospeitaban daquela que o triunfo do cinema sonoro sería absoluto en pouquísimo tempo.
  • 11.
    A finais dos20 as salas coruñesas pasaban unicamente cinema mudo, entre elas obras mestras como Sunrise de F. W. Murnau (1927), que estreou o Rosalía o 21 de maio de 1928, mais tamén o filme perdido do xenial autor, 4 Devils (1928). El Orzán, 22 de maio de 1928 Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  • 12.
    El Orzán, 29de novembro de 1929. Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  • 13.
    Transcorreron aínda unsmeses até experimentarmos a novidade do cinema sonoro. Foi a partir do 14 de marzo de 1929 que, durante uns días, o Teatro Rosalía de Castro fixo demostracións do sistema Phonofilm de De Forest, en España castelanizado como Cinefón, como complemento ás sesións de cinema mudo habituais. El Orzán, xoves 14 de marzo de 1929 El Orzán, domingo 17 de marzo de 1929. Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  • 14.
    O 18 dexuño de 1930 o xornal El Orzán daba conta da instalación no Teatro Rosalía de Castro do equipo técnico para a proxección de cinema sonoro. El Orzán, 18 de xuño de 1930. Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  • 15.
    A primeira proxeccióndun filme sonoro na Coruña tivo lugar o xoves 26 de xuño de 1930 tamén no Teatro Rosalía de Castro. Tratouse dunha produción alemá de ambientación rusa, Troïka, dirixida por Vladimir Strizhevsky. Desta volta non foi A Coruña a cidade galega pioneira: o cinema sonoro xa chegara na primavera de 1930 a Vigo e Santiago. El Orzán, 26 de xuño de 1930. Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  • 16.
    O Rosalía foidende esa data o escenario das proxeccións do cinema sonoro na Coruña con filmes como Wolf Song (Victor Fleming, 1929), con Lupe Velez e Gary Cooper, un filme mudo con efectos, banda sonora e cancións sincronizadas, ou The Broadway Melody (Harry Beaumont, 1929), musical que gañou o Oscar ao mellor filme na segunda edición dos premios. Anuncios en El Orzán o 2 de xullo de 1930. Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  • 17.
    En novembro erao Teatro Linares Rivas o que se dotaba do equipo para a proxección de filmes sonoros. Así o contou o 5 de novembro de 1930 o xornal El Orzán. El Orzán, 5 de novembro de 1930. Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica.
  • 18.
    A primeira películasonora no Linares Rivas foi Der weiße Teufel / El Diablo Blanco, dirixida por Alexandre Volkoff e protagonizada por Ivan Mozzhukhin, Lil Dagover e Betty Amann El Ideal Gallego, venres 7 de novembro de 1930. Fonte: Galiciana.
  • 19.
    Por suposto, ocinema mudo (ou cinema mudo con banda sonora sincronizada) seguiu dominando as pantallas coruñesas durante algún tempo. Anuncio de “La Mujer en la Luna”, El Ideal Gallego, 19 de decembro de 1930. Anuncio de “Tabú”, El Ideal Gallego, 22 de outubro de 1932. Fonte: Galiciana.
  • 20.
    Mais pouco a poucoa presenza de filmes falados foise normalizando na cidade e arredor de 1935 once salas da cidade pasaban filmes sonoros. Anuncio de “El Loco Cantor”, El Orzán, 10 de xullo de 1930. Anuncio de “Cantaré para ti”, El Orzán, 10 de marzo de 1931. Fonte: Biblioteca Virtual de Prensa Histórica..
  • 21.
    A gran novidadedos filmes sonoros era a voz humana, posto que a música como acompañamento das proxeccións mudas foi habitual dende os inicios do cinema. Mais a voz traía un problema lingüístico por resolver: como distribuír os filmes noutros países agora que non bastaba con traducir só os intertítulos? Os primeiros filmes sonoros producidos por Hollywood tiñan moito de “revistas musicais” con escaso argumento, así que o público podía ficar conforme con escoitar as cancións. Neses primeiros anos non deberon ser poucos os filmes que se exhibiron na versión orixinal, sen tradución de ningunha clase.
  • 22.
    Unha fórmula queempregou Hollywood foi producir versións múltiples dos seus filmes en diferentes idiomas. Un caso ben coñecido é o Drácula de Tod Browning, con Bela Lugosi, do que se filmou en paralelo en 1931 unha versión en español con George Melford como director e Carlos Villarías e Lupita Tovar como cabezas de cartel. Foi esa a versión que se estreou na Coruña. Imaxe: El Ideal Gallego, 24 de outubro de 1932. Fonte: Galiciana.
  • 23.
    De The BigHouse, escrita por Frances Marion, que gañou un Oscar polo seu labor, consérvanse catro versións: unha en inglés de George Hill con Chester Morris, Wallace Beery e Robert Montgomery; outra falada en español de Ward Wing con José Crespo, Juan de Landa e Tito Davidson, con guión adaptado por Edgar Neville; unha terceira en francés, dirixida por Pál Fëjos con Charles Boyer, André Berley e Rolla Norman; e outra en alemán con Gustav Diessl, Heinrich George e Egon von Jordan. Imaxe: El Ideal Gallego, 13 de maio de 1931. Fonte: Galiciana.
  • 24.
    Arriba á esquerda,Wallace Beery e Chester Morris en The Big House. Arriba á dereita, Juan de Landa e José Crespo en El Presidio. Abaixo, André Berley e Charles Boyer en Big House – Révolte dans le prison.
  • 25.
    Marie Dressler gañouo Oscar como mellor actriz por Min and Bill (George Hill, 1930), na que compartía cartel con Wallace Beery. Mais na Coruña a quen se viu foi a Virginia Fábregas e Juan de Landa na versión española, La fruta amarga, dirixida por Arthur Gregor. Imaxe: La Voz de Galicia, 28 de outubro de 1932
  • 26.
    A algúns cómicospopulares tocoulles facer, eles mesmos, as diferentes versións, con resultados non especialmente afortunados. Foi o caso de Buster Keaton en Estrellados (Salvador de Alberich e Edward Sedgwick, 1930), versión española de Free and Easy (Edward Sedgwick), o primeiro “talkie” de Keaton. Imaxe: El Orzán, 10 de marzo de 1931
  • 27.
    Foi o caso,tamén, de Stan Laurel e Oliver Hardy, que facían, para alén das versións inglesas, outras en español, italiano, francés e alemán. Aprendían os diálogos foneticamente e iso lles outorgou un ton peculiar que logo imitaron algunhas dobraxes posteriores. Politiquerías é unha versión da curta Chickens Come Home (James W. Horne, 1931) na que introduciron os espectáculos dun mago e un regurxitador profesional para estirar a metraxe. Imaxe: El Ideal Gallego, 25 de maio de 1932
  • 28.
    O cinema daAmérica Latina tívoo fácil para facerse presente nas salas da cidade, ás veces empurrado pola popularidade de mitos como Carlos Gardel ou de lendas doutra clase, como a mexicana de “La Llorona”, un clásico do horror. Anuncio de “Tango Bar”, El Ideal Galleo, 3 de xaneiro de 1936. Anuncio de “La Llorona”, La Voz de Galicia, 20 de xuño de 1935
  • 29.
    O 10 dedecembro de 1931 a prensa da Coruña anunciaba a estrea de Desamparados / Derelict (Rowland V. Lee, 1930) “hablada en español por dobles”. É a primeira referencia que temos á proxección na cidade de filmes dobrados. A dobraxe ao español será dende o 23 de abril de 1941 unha obriga legal imposta pola ditadura franquista. El Ideal Gallego, 10 de decembro de 1931
  • 30.
    Antes de queen xullo de 1934 as produtoras acatasen a normativa de autocensura do “Production Code” (moitas veces citado como “Código Hays” por Will H. Hays, o seu impulsor), Hollywood viviu unha era na que o cinema admitiu un tratamento sorprendentemente libre de asuntos que axiña ficarían prohibidos: o sexo, o adulterio, o consumo de drogas, a relación entre persoas de “diferente raza” (sic), a homosexualidade, a tolerancia cando non franca simpatía polas persoas fóra da lei, incluso con delitos de sangue. É o cinema Pre-Code, un período de transición marcado polo salto do cinema silente ao sonoro e a aparición dunha nova xeración de actores e actrices (e cineastas), sen esquecer os cambios sociais e as circunstancias políticas e económicas deses anos, en particular a incorporación da muller ao traballo e o crack do 1929 e a consecuente “gran depresión”.
  • 31.
    Campioa do dobresentido e dos diálogos cargados de enxeño que ela mesma escribía, Mae West (1893-1980) é un caso inusual de éxito tardío e veloz. Especial interese teñen I’m No Angel (Wesley Ruggles, 1933) e She Done Him Wrong (Lowell Sherman, 1933), as dúas estreadas na Coruña. Imaxe Mae West: Dominio público Anuncio de “No soy ningún ángel”, El Ideal Gallego, 21 de abril de 1936.
  • 32.
    A representación do desexosexual polo corpo masculino e feminino ten un dos seus fitos na delirante Search for Beauty (Erle C. Kenton, 1933). La Voz de Galicia, 20 de xuño de 1935.
  • 33.
    Un tema tanespiñento coma o aborto é central en dous grandes filmes deste período: Men in White (Richard Boleslawski, 1934) e Road to Ruin (Dorothy Davenport, 1934). En ningún dos dous casos chega a pronunciarse a palabra, mais o relato dá indicios suficientes, moi obvios para o público contemporáneo. Hombres en blanco tivo estrea daquela na Coruña. El Ideal Gallego, 22 de abril de 1936
  • 34.
    A homosexualidade eraun tabú no cinema daquel tempo, mais algúns filmes introduciron referencias inequívocas, como Wonder Bar (Lloyd Bacon, 1934). Anuncio de “Wonder Bar”, El Ideal Gallego, 21 de xuño de 1936
  • 35.
    Un dos númerosmusicais de Murder at the Vanities (Mitchel Leisen, 1934) é unha inesperada oda á marihuana, “Sweet Marijuana”. Anuncio de “El crimen del Vanities”, El Ideal Gallego, 10 de agosto de 1935
  • 36.
    Esta foi acarteleira coruñesa o 30 de outubro de 1932, segundo recollía aquel día El Ideal Gallego.
  • 37.
    Fontes das imaxes,de esquerda á dereita: La Voz de Galicia, 27 de decembro de 1935; El Ideal Gallego, 3 de xaneiro de 1936; El Ideal Gallego, 24 de xaneiro de 1936. Durante a II República agromou un cinema español popular que abriu un breve período esperanzador para a produción estatal. Actrices como Imperio Argentina convertéronse en verdadeiras estrelas.
  • 38.
    O coruñés JoséPeña “Pepet”, nacido arredor de 1893, emigrou de mozo aos Estados Unidos, onde exerceu como ventrílocuo, mago e cómico. Nos anos 30 dedicouse ao cinema e participou en máis de trinta filmes no tempo das “dobres versións”. Tamén fixo do pousadeiro na produción española Angelina o el honor de un brigadier (Louis King, 1935). A finais dos 30 marchou a México, onde actuou en moitos outros filmes, entre eles Ensayo de un crimen (Luis Buñuel, 1955). José Peña “Pepet” en “Angelina o el honor de un brigadier”
  • 39.
    O golpe deestado de 1936 esmaga os soños de progreso da República e a guerra tronza por completo o país. Tomada rapidamente polo exército contrario á democracia, A Coruña instálase axiña na nova normalidade fascista. Para a carteleira cinematográfica son uns anos de transición nos que as salas tiran do que hai en circulación. Dáse así o paradoxo de que sigan véndose filmes españois con figuras asociadas ao período republicano, coma o Angelillo de El negro que tenía el alma blanca (Benito Perojo, 1934) ou La hija de Juan Simón (José Luis Sáenz de Heredia, 1935).
  • 40.
    Máis curiosa éa estrea do filme As pupilas do senhor reitor (José Leitão de Barros, 1935), que chega ás salas galegas en portugués. A prensa da época elóxiao e sinala que o público xa coñece de sobra as cancións que soan nel, popularizadas pola radio e as orquestras. Anuncio en La Voz de Galicia o 24 de outubro de 1936; comentario no mesmo xornal ao día seguinte.
  • 41.
    Un filme que,obviamente, non pasou pola cidade na altura é Espoir / Sierra de Teruel de André Malraux, un fito do cinema feito durante a guerra. Nel participou como o actor o coruñés Serafín Ferro, nacido en Monelos o 12 de agosto de 1914. Serafín Ferro en “Sierra de Teruel”
  • 42.
    Serafín Ferro emigroua Madrid a comezos dos 30 e alí coñeceu a Lorca e a Luis Cernuda, de quen foi parella. A súa relación (e a súa separación) inspirou o libro de Cernuda Donde habite el olvido, integrado logo en La realidad y el deseo. Luis Cernuda e Serafín Ferro no castelo de Cifuentes, Guadalajara, en 1932
  • 43.
    Traballou na imprentade Manuel Altolaguirre e Concha Méndez e tratou a diversas figuras da xeración do 27 e do ambiente cultural madrileño da época. De volta á Coruña en 1935, relaciónase co galeguismo e dirixe o grupo teatral Keltya, co que aspira a estrear pezas de Yeats, Vilar Ponte e Álvaro de las Casas. No número 139-144 da revista Nós, xullo-decembro de 1935, publicouse un poema seu, “Noite”. Despois da guerra, onde loitou polo bando republicano, exiliouse en México; viaxou no barco “Ipanema”, que levou tamén a Florencio Delgado Gurriarán. Alí morreu o 9 de agosto de 1954, aos 40 anos, por mor da tuberculose.
  • 44.
    En 1938 nacena Coruña a revista quincenal Radio y Cinema, que alcanzaría grande difusión e unha longa vida até os anos 60. O director era Joaquín Romero Marchent e o editor José María de Barbachano y Cayuela, fundador da editorial Metyel que xa publicaba a revista “Metalurgia y electricidad”. A revista trasladouse a Madrid a partir do número 52, de maio de 1940. Mais comezou aquí, primeiro nunhas oficinas provisionais na “Plaza del General Mola 25 y 27” (hoxe, Praza de Santo André) e logo na rúa Fontán, 3.