ENERXÍA. É acapacidade que ten un obxecto ou unha persoa para
moverse ou facer un traballo.
TIPOS DE ENERXÍA :
• Renovables
• Non renovables
ENERXÍAS NON RENOVABLES. Están na natureza (petróleo, carbón e
gas natural) pero son limitadas e o seu consumo co paso do tempo implica
a súa desaparición.
3.
Pero son enerxíassucias: a súa combustión produce gases moi
contaminantes e o seu transporte, as veces, supón o perigo de mareas
negras.
É importante:
- atopar solucións para substituílas por enerxías limpas que non
contaminen nin produzan residuos e reducir o seu consumo.
ENERXÍAS RENOVABLES. Son as que se obteñen da natureza
(sol, auga, vento, mar) e que non se esgotan.
Cos raios do sol captados por paneis solares, pode obterse calor e
electricidade.
4.
Grazas ao vento,os muíños poden xirar e producen electricidade.
A enerxía hidráulica é a que se obten da auga en movemento. Ao chegar as
centrales hidroeléctricas transfórmase en electricidade.
ENERXÍA SOSTIBLE. É aquela capaz de satisfacer as necesidades
actuais sen comprometer os recursos e capacidades das xeracións
futuras.
5.
O BURATO DACAPA DE OZONO. Un gas chamado ozono protexe a
terra dos raios solares. Este gas forma unha capa que envolve o planeta.
Hai anos, os homes abrimos un burato nesta capa debido á acción dos
productos químicos que fabricamos.
O EFECTO INVERNADOIRO. Os raios do sol que chegan á Terra rebotan e
son reenviados ao espazo. Por desgraza, a contaminación formou un
escudo ao redor da Terra que impide que a calor volva a saír. É moi
parecido ao que ocorre nos invernadoiros das plantas. Por iso se chama
así.