1. José Antonio Pagola
Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS
AXuda a difundir a fe en Cristo resucitado. Pásao. 7 de abril de 2013
2º Pascua (C)
Xoán 20, 19-31
Música:Hosanna 11-Bach
Presentación:B.Areskurrinaga HC
Euskaraz:D.Amundaraina
2. O home moderno
aprendeu a dubidar.
É propio do espírito
dos nosos tempos
cuestionalo todo para
progresar en
coñecemento
científico.
Neste clima a fe queda
con frecuencia
desacreditada.
O ser humano vai
camiñando pola vida
cheo de incertezas e
dúbidas.
3. Por iso, todos sintonizamos sen dificultade
coa reacción de Tomé,
cando os outros discípulos lle comunican que,
estando el ausente,
tiveron unha experiencia sorprendente:
“Vimos o Señor".
4. Tomé podería ser un home dos nosos
días. A súa resposta é clara:
"Se non o vexo...non o creo".
5. A súa actitude é comprensible.
Tomé non di que os seus compañeiros
están mentindo ou que están enganados.
Só afirma que o testemuño deles non lle abonda
para adherirse á súa fe.
El necesita vivir a súa propia experiencia.
E Xesús non llo reprochará en ningún momento.
momento
6. Tomé puido Non o
expresar as botaron fóra
súas dúbidas do grupo.
dentro do grupo Tampouco
de discípulos. eles creron
Ao parecer, as mulleres
non se cando lles
escandalizaron. anunciaron
que viran
a Xesús
resucitado.
7. O episodio de Tomé deixa entrever o longo
camiño que tiveron que percorrer no
pequeno grupo de discípulos ata chegaren
á fe en Cristo resucitado.
8. As comunidades cristiás deberían ser nos nosos días un
espazo de diálogo onde puidésemos compartir
honestamente as dúbidas, os interrogantes e buscas
dos crentes de hoxe.
Non todos vivimos no noso interior a mesma experiencia.
Para crecer na fe necesitamos o estímulo e o diálogo con
outros que compartan a nosa mesma inquietude.
9. Pero nada pode remudar a experiencia dun
contacto persoal con Cristo no fondo da
propia conciencia.
Segundo o relato evanxélico, aos oito días
preséntase de novo Xesús.
Non critica a Tomé as súas dúbidas.
A súa resistencia a crer revela a súa
honestidade. Xesús amósalle as súas feridas.
10. Non son "probas" da resurrección,
senón "signos" do seu amor e
entrega ata a morte.
Por iso, invítao a afondar
nas súas dúbidas con confianza:
"Non sexas incrédulo, senón
crente".
11. Tomé renuncia a verificar nada.
xa non sente necesidade de probas.
Só sabe que Xesús o ama e
o invita a confiar:
“Meu Señor e meu Deus".
12. Un día os cristiáns descubriremos que moitas das nosas
dúbidas, vividas de maneira sa,
sen perder e contacto con Xesús e a comunidade, nos
poden rescatar dunha fe superficial que se contenta con
repetir fórmulas, para estimularnos a crecer en amor e
en confianza en Xesús,
ese Misterio de Deus encarnado que constitúe o núcleo
da nosa fe.
13. DA DÚBIDA Á FE
O home moderno aprendeu a dubidar. É propio do espírito dos nosos tempos cuestionalo todo para
progresar en coñecemento científico. Neste clima a fe queda con frecuencia desacreditada. O ser humano vai
camiñando pola vida cheo de incertezas e dúbidas.
Por iso, todos sintonizamos sen dificultade coa reacción de Tomé, cando os outros discípulos lle
comunican que, estando el ausente, tiveron unha experiencia sorprendente: “Vimos o Señor". Tomé podería ser
un home dos nosos días. A súa resposta é clara: "Se non o vexo...non o creo".
A súa actitude é comprensible. Tomé non di que os seus compañeiros están mentindo ou que están
enganados. Só afirma que o testemuño deles non lle abonda para adherirse á súa fe. El necesita vivir a súa
propia experiencia. E Xesús non llo reprochará en ningún momento.
Tomé puido expresar as súas dúbidas dentro do grupo de discípulos. Ao parecer, non se
escandalizaron. Non o botaron fóra do grupo. Tampouco eles creron as mulleres cando lles anunciaron que
viran a Xesús resucitado. O episodio de Tomé deixa entrever o longo camiño que tiveron que percorrer no
pequeno grupo de discípulos ata chegar á fe en Cristo resucitado.
As comunidades cristiás deberían ser nos nosos días un espazo de diálogo onde puidésemos
compartir honestamente as dúbidas, os interrogantes e buscas dos crentes de hoxe. Non todos vivimos no noso
interior a mesma experiencia. Para crecer na fe necesitamos o estímulo e o diálogo con outros que comparten a
nosa mesma inquietude.
Pero nada pode remudar a experiencia dun contacto persoal con Cristo no fondo da propia
conciencia. Segundo o relato evanxélico, aos oito días preséntase de novo Xesús. Non critica a Tomé as súas
dúbidas. A súa resistencia a crer revela a súa honestidade. Xesús amósalle as súas feridas.
Non son "probas" da resurrección, senón "signos" do seu amor e entrega ata a morte. Por iso,
invítao a afondar nas súas dúbidas con confianza: "Non sexas incrédulo, senón crente". Tomés renuncia a
verificar nada. Xa non sente necesidade de probas. Só sabe que Xesús o ama e o invita a confiar: “Meu Señor e
meu Deus".
Un día os cristiáns descubriremos que moitas das nosas dúbidas, vividas de maneira sa, sen
perder o contacto con Xesús e a comunidade, nos poden rescatar dunha fe superficial que se contenta con
repetir fórmulas, para estimularnos a crecer en amor e en confianza en Xesús, ese Misterio de Deus encarnado
que constitúe o núcleo da nosa fe.
José Antonio Pagola