1. Presentacción: B.Areskurrinaga HC
Euskaraz: D. Amundarain
Música: Arcangelo Corelli, ConciertoGrosso in B.
3 de abril de 2016
2º Pascua – C
(Xoán 20,19-31
José Antonio Pagola
Non sexas incrédulo
senón crente
2. AA figura de Toméfigura de Tomé
como discípulo que secomo discípulo que se
resiste a crer ten sidoresiste a crer ten sido
moi popular entre osmoi popular entre os
cristiáns.cristiáns.
Con todo, o relatoCon todo, o relato
evanxélico di moitoevanxélico di moito
máis deste discípulomáis deste discípulo
escéptico.escéptico.
Xesús resucitadoXesús resucitado
diríxese a el condiríxese a el con
unhas palabras queunhas palabras que
teñen moito deteñen moito de
chamada apremante,chamada apremante,
pero tamén depero tamén de
invitación amorosa:invitación amorosa:
«Non sexas incrédulo,«Non sexas incrédulo,
senón crentesenón crente».».
3. Tomé, que leva unha semana resistíndose aTomé, que leva unha semana resistíndose a
crer, responde a Xesús coa confesión de fecrer, responde a Xesús coa confesión de fe
máis solemne que podemos lermáis solemne que podemos ler
nos evanxeos:nos evanxeos:
«Meu Señor e meu Deus«Meu Señor e meu Deus».
4. Que experimentou este
discípulo en Xesús resucitado?
Que é o que transformou o home ata
daquela dubitativo e vacilante?
Que recorrido interior o levou do
escepticismo ata a confianza?
5. O sorprendente é que, segundo o relato,
Tomé renuncia a verificar a verdade da
resurrección tocando as feridas de Xesús.
O que o abre á fe é Xesús mesmo coa súa
invitación.
6. Ao longo destes anos,
temos cambiado moito
por dentro.
Fixémonos máis
escépticos, pero tamén
máis fráxiles.
Fixémonos máis
críticos, pero tamén
máis inseguros.
7. Cada un temos que
decidir como
queremos vivir e
como queremos
morrer.
Cada un temos que
responder a esa
chamada que, tarde
o cedo, de forma
inesperada ou
como froito dun
proceso interior,
nos pode chegar de
Xesús:
«Non sexas«Non sexas
incrédulo, senónincrédulo, senón
crente».crente».
8. Tal vez, necesitamos
espertar máis o noso
desexo de verdade.
Desenvolver esa
sensibilidade interior que
todos temos para percibir,
máis alá do visible e do
tanxible, a presenza do
Misterio que sostén as
nosas vidas.
9. Xa non é posible vivir como persoas que o saben
todo. Non é verdade.
Todos, crentes e non crentes, ateos e
agnósticos, camiñamos pola vida
envoltos en tebras.
Como di Paulo de Tarso, a Deus buscámolo «ás
atoutiñadas».
10. Por que non enfrontarnos ao misterio da vida ePor que non enfrontarnos ao misterio da vida e
da morte confiando no Amor comoda morte confiando no Amor como
última Realidade de todo?última Realidade de todo?
Esta é a invitación decisiva de Xesús.Esta é a invitación decisiva de Xesús.
11. Máis dun crente sente hoxe que a súa fe se foi
convertendo en algo cada vez máis irreal e
menos fundamentado. Non o sei.
Tal vez, agora que non podemos xa apoiar a
nosa fe en falsas seguridades, estamos
aprendendo a buscar a Deus cun corazón máis
humilde e sincero.
12. Non temos que esquecer que unha persoaNon temos que esquecer que unha persoa
que busca e desexa sinceramente crer,que busca e desexa sinceramente crer,
para Deus é xa crente.para Deus é xa crente.
Moitas veces, non é posible facer moito máis.Moitas veces, non é posible facer moito máis.
E Deus, que comprende a nosa impotencia e debilidade,E Deus, que comprende a nosa impotencia e debilidade,
ten os seus camiños para encontrarse con cada un e cadaten os seus camiños para encontrarse con cada un e cada
unha e ofrecerlle a súa salvación.unha e ofrecerlle a súa salvación.
13. NON SEXAS INCRÉDULO SENÓN CRENTE
A figura de Tomé como discípulo que se resiste a crer ten sido moi popular entre os
cristiáns. Con todo, o relato evanxélico di moito máis deste discípulo escéptico. Xesús resucitado
diríxese a el cunhas palabras que teñen moito de chamada apremante, pero tamén de invitación
amorosa: «Non sexas incrédulo, senón crente». Tomé, que leva unha semana resistíndose a crer,
responde a Xesús coa confesión de fe máis solemne que podemos ler nos evanxeos: «Meu Señor e
meu Deus».
Que experimentou este discípulo en Xesús resucitado? Que é o que transformou o home
ata daquela dubitativo e vacilante? Que recorrido interior o levou do escepticismo ata a confianza?
O sorprendente é que, segundo o relato, Tomé renuncia a verificar a verdade da resurrección
tocando as feridas de Xesús. O que o abre á fe é Xesús mesmo coa súa invitación.
Ao longo destes anos, temos cambiado moito por dentro. Fixémonos máis escépticos,
pero tamén máis fráxiles. Fixémonos máis críticos, pero tamén máis inseguros. Cada un temos que
decidir como queremos vivir e como queremos morrer. Cada un temos que responder a esa
chamada que, tarde ou cede, de forma inesperada o como froito dun proceso interior, nos pode
chegar de Xesús: «Non sexas incrédulo, senón crente».
Tal vez, necesitamos espertar máis o noso desexo de verdade. Desenvolver esa
sensibilidade interior que todos temos para percibir, máis alá do visible e do tanxible, a presenza do
Misterio que sostén as nosas vidas. Xa non é posible vivir como persoas que o saben todo. Non é
verdade. Todos, crentes e non crentes, ateos e agnósticos, camiñamos pola vida envoltos en
tebras. Como di Paulo de Tarso, a Deus buscámolo «ás atoutiñadas».
Por que non enfrontarnos ao misterio da vida e da morte confiando no Amor como última
Realidade de todo? Esta é a invitación decisiva de Xesús. Máis dun crente sente hoxe que a súa fe
se foi convertendo en algo cada vez máis irreal e menos fundamentado. Non o sei. Tal vez, agora
que non podemos xa apoiar a nosa fe en falsas seguridades, estamos aprendendo a buscar a Deus
cun corazón máis humilde e sincero.
Non temos que esquecer que unha persoa que busca e desexa sinceramente crer, para
Deus é xa crente. Moitas veces, non é posible facer moito máis. E Deus, que comprende a nosa
impotencia e debilidade, ten os seus camiños para encontrarse con cada un e cada unha e
ofrecerlle a súa salvación.
José Antonio Pagola