SlideShare a Scribd company logo
1 of 92
ALLARIZ-MACEDA
A NATUREZA
SUPERFICIE: 382,1 km2
POBOACIÓN: 14.525
HABITANTES (2015)
CONCELLOS: Allariz, Baños de
Molgas, Maceda, Paderne de
Allariz, Xunqueira de Ambía e
Xunqueira de Espadañedo.
ESPAZOS PROTEXIDOS: Unha
parte do territorio (concello
de Allariz) forma parte da
Reserva da Biosfera “Terras de
Allariz”.
A comarca de Allariz-Maceda está situada no centro da provincia de Ourense, nunha
zona de transición entre o val do Miño, as depresións e as serras do Macizo Central.
É unha comarca que non responde a criterios naturais e que comprende dúas
comarcas de maior tradición agrupadas arredor dos núcleos de Allariz (val do
Arnoia) e Maceda (depresión de Maceda e arredores), conectados polo val do río
Arnoia. Estes dous núcleos son indistintamente cabeceira da comarca, actúan como
centros comerciais e acollen os principais servizos.
Augasantas (Allariz)
Desde o punto de vista natural ten
varias zonas claramente diferenciadas:
as depresións de Maceda e unha
pequena parte da Limia, o val do Arnoia
e as serras que a limitan polo leste
(Meda, San Mamede), onde se atopan
as maiores alturas, en terreos dos
concellos de Xunqueira de Espadañedo e
Maceda.
É unha comarca dunha gran riqueza
natural, en especial na contorna dos ríos
e serras; histórica, artística e
etnográfica.
Depresión de Maceda
Xunqueira de Ambía na depresión da LimiaCabeza de Meda
CLIMA
O clima é oceánico continental e de montaña nas partes máis altas das serras.
Braña nas beiras do Arnoia
Neve nos de San Mamede.
CONCELLOS
ALLARIZ
Situado ao sur da comarca, nun territorio de releve irregular entre a depresión de Ourense e
A Limia, atravesado de leste ao oeste polo río Arnoia. Ten as maiores elevacións ao sur, na
serra de Monte Calvo.
SUPERFICIE: 86 km2
POBOACIÓN: 6.049
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Allariz
(Santiago e Santo
Estevo), Augas Santas,
Coedo, Os Espiñeiros,
Folgoso, A Mezquita,
Neire, Queiroás,
Requeixo de Valverde,
Pazó, San Trocado,
Seoane, Torneiros e
Urrós (San Mamede e
Santa Baia).
Río Arnoia e parque de Portovello.
A principal actividade de Allariz son os servizos, especialmente o turismo, arredor da
etnografía e o patrimonio histórico artístico. O núcleo da poboación foi declarado conxunto
histórico-artístico en 1971. Ofrece numerosas áreas recreativas, rutas de sendeirismo,
museos etnográficos e monumentos de gran interese, que fan da vila un importante destino
turístico.
O Parque Etnográfico do Río Arnoia está integrado polo Muíño do Burato, o Museo do Tecido “O
Fiadeiro” e o Museo do Coiro. Todos eles son mostras moi representativas do que nun tempo significou
o modo de vida e a economía desta zona, claramente ligada ao río Arnoia, principalmente o curtido de
peles e a transformación de gran de cereal.
En Allariz chegou a haber 40 obradoiros de curtidos de peles.
Museo do Liño (Allariz)
Porta prerrománica da igrexa de San Martiño
de Pazó (Allariz)Igrexa de Santiago de Allariz, do século XII.
Santa Mariña de Augas Santas. Igrexa románica, de fins do século XII. Nas proximidades atópanse os
“Fornos da Santa”, unha igrexa sen rematar levantada sobre un conxunto de fornos crematorios
prerromanos. Tamén se atopa o castro Cidade de Armeá.
BAÑOS DE MOLGAS
Situado ao leste da comarca. O territorio, atravesado polo río Arnoia, ocupa a parte oeste da
depresión de Maceda e presenta elevacións ao norte, nos lindes con Paderne de Allariz e
Maceda (Monte Outeiro, 687 m) e ao sur, que acada case os 900 m no monte Farría.
É un concello cunha gran riqueza natural e etnográfica ligada ao río e ás actividades agrarias.
A principal actividade é a agrogandeiría e os servizos, arredor do turismo balneario.
SUPERFICIE: 67,6 km2
POBOACIÓN: 1.675 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Almoite, Ambía, Baños de Molgas, Betán, Cantoña, Coucieiro, Guamil, Lama
Má, Poedo, Ponte Ambía, Presqueira, Ribeira e Vide.
Detalle dunha ventá
da Igrexa de Santa
Eufemia de Ambía.
Unha igrexa do
século IX con
influencias
visigóticas.
Conserva restos de
lápidas romanas
adicadas ás ninfas
termais.
Fontes termais e balneario reflectido nas
augas do río Arnoia.
En Baños de Molgas, á beira do Arnoia abroian dous
mananciais de augas termais a Burga e a Fonte
quente. Son augas untuosas ao tacto,
bicarbonatadas-sódicas, con calcio e silicatos cunha
temperatura de entre 28ºC e 49,5ºC. Estas termas
foron usadas polos romanos e por aquí pasaba a Vía
Nova que comunicaba Braga con Astorga.
Ponte medieval sobre o Arnoia
Santuario dos Miragres, construción barroca levantada sobre o monte Medo nun lugar de gran tradición
de culto á Virxe (Nosa Señora do Medo), que ven desde o século IX. No contorno hai un parque con
carballos centenarios e unhas excelentes vistas sobre a comarca.
MACEDA
Situado ao nordeste da comarca. Ocupa a meirande parte da depresión que se forma ao leste
da serra de San Mamede e o Monte Meda, polo leste. Os ríos son os principais afluentes do
Arnoia na comarca: o Tioira, que baixa da Serra de San Mamede e ten case todo o seu curso
no concello, e o Maceda, que baixa do Monte Meda e atravesa a metade norte do concello.
SUPERFICIE: 101,9 km2
POBOACIÓN: 2.957 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Asadur, Castro de Escuadro, As Chás, A Costa, Foncuberta, Maceda, Piúca (ou
Araúxo), Santiso, Tioira, Vilardecás e Zorelle.
A actividade principal é a agricultura seguida dos servizos e a industria relacionada coas
explotacións de arxila da zona. Na parroquia de Escuadro, nas proximidades do monte Medo
hai unha aula de interpretación forestal destinada á divulgación das prácticas silvícolas e da
xestión forestal que conta ademais cunha área recreativa.
A Vía Nova (vía romana que unía Braga con Astorga cruza o concello desde Foncuberta ata o
Rodicio.
Castelo de Maceda. Foi lugar de residencia de AlfonsoX na súa infancia. Na actualidade é un hotel.
Hórreos en Zorelle. Á beira da estrada a Maceda atópase unha eira con sete
hórreos e dous castiñeiros monumenais.
Muíño e área recreativa do río Maceda ou Sor en Maceda.
PADERNE DE ALLARIZ
Situado ao noroeste da comarca. Ocupa a parte oriental do val da Rabeda. O relevo ten unha
inclinación do leste ao oeste, polo que os ríos (Barbaña, Loña e algúns dos seus afluentes)
corren cara ao Miño. As maiores elevacións, entre os 700 e os 800 m atópanse nos montes
que pechan, polo oeste, a depresión de Maceda. É un concello eminentemente rural que
conserva grandes áreas cubertas de carballeiras de gran valor ecolóxico.
SUPERFICIE: 38,7 km2
POBOACIÓN: 1.486 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Cantoña, Coucieiro, Figueiredo, Figueiroá, Golpellás, Mourisco, Paderne, San
Xés, Siabal e Solbeira.
Carballeira en Saa, nas abas dos montes da Biduiza.
Eira e hórreos en Riobodas. A pesares do abandono dos cultivos de cereais, a eira aínda segue a cumplir a
súa función para a malla dos produtos que se cultivas nas hotas, como as fabas
Igrexa de San
Pedro de
Figueiredo
(Paderne de
Allariz)
Hórreos en Vilameá (Paderne de Allariz)
XUNQUEIRA DE AMBÍA
Situado ao sur da comarca. No territorio distínguense dúas áreas. Ao norte o val do Arnoia, e
ao sur a chaira da Limia, separadas por unha sucesión de montes de entre 700 e 800 m que
acadan a maior altura no Farría, no linde con Baños de Molgas. SUPERFICIE: 60.2 km2
POBOACIÓN: 1.546 habitantes
PARROQUIAS: A Abeleda, Armariz, Bobadela (A Pinta), A Graña, Sobradelo e Xunqueira de
Ambía.
As principais actividades son a industria, os
servizos e a agricultura. É unha zona cunha
gran riqueza natural asociada ao río Arnoia
e aos penedos graníticos. Conserva tamén
importantes restos histórico-artísticos e
etnográficos. Está atravesada de Leste o
Oeste pola 39 vía romana de Braga a
Astorga -itinerario XVII de Antonino- e pola
rota xacobea que forma parte da Rota da
Prata.
Mosteiro de Santa María a Real en Xunqueira de Ambía
Mosteiro de Santa María a Real en
Xunqueira de Ambía. Tivo as súas orixes
no século X. A actual igrexa é románica
con posteriores engadidos.
Elemento prerrománico na parede da
igrexa de san Antón da Siota.
A Central. Restos da antiga fábrica de luz entre un fermoso bosque no canón do río Arnoia.
XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO
Situado ao norte da comarca. Ocupa o norte da depresión de Maceda e está rodeada polo
leste e norte polo Monte Meda e as súas estribacións no linde co concello de Esgos.
O territorio ten inclinación cara ao sur e está atravesado polo río de Maceda que baixa do
Monte Meda. É un concello cunha gran parte de territorio ocupado polos montes onde se
conservan áreas de gran valor natural e paisaxístico. As principais actividades son a
agrogandaría, os servizos e a industria (sobre todo cerámicas)
SUPERFICIE: 27,6 km2
POBOACIÓN: 812 habitantes
PARROQUIAS: Niñodaguia, Os Pensos, Ramil e Xunqueira de Espadañedo
Xunqueira de Espadañedo. No centro a capital do concello e ao fondo o Monte Meda.
Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo. De orixe románica (fundado por monxes da orde dos Bernardos)
con posteriores engadidos barrocos. Está ocupado polos edificios administrativos do concello.
RELEVE
O releve da comarca Allariz-Maceda presenta grandes variacións, desde as depresións cháns e
cheas de sedimentos, como a de Maceda ou A Limia ata as alturas das serras de San Mamede.
As serras máis importantes son San Mamede e monte Meda, ao leste e Monte Calvo, ao sur.
Unha aliñación montañosa formada polos montes Biduiza, Cobreiro, Queimadas e Outeiro
separa os concellos de Paderne de Maceda e Baños de Molgas.
Separando o val de Arnoia da Limia outra ringleira de montes nos que destacan o Farria, con
832 m e o Marco do Couto con con 728 m.
As rochas dominantes nos cumes son os granitos, maiormente os de dúas micas, e en menor
cantidade granodioritas e gneis.
A depresión de Maceda desde a subida ao monte Meda
Parte da depresión de Maceda e a serra de San Mamede desde o monte Medo,
onde se atopa o santuario dos Milagres.
A vexetación máis abundante nos montes é o mato de carqueixas, uces e breixos e unha
grande parte está repoboada por piñeiros. Nas zonas máis afastadas consérvanse carballeiras
e bidueirais.
Flores de carqueixa
(Pterospartum tridentatum).
Arandeiras en flor (Vaccinium myrtillus).
Flores de uz.Bidueiro no outono.
Follas en outono de cerquiño ou rebolo
(Quercus pyrenaica), o carballo máis
abundante na área de clima mediterráneo.
Froitos de érbedo
(Arbutus unedo).
A fauna está representada por especies do mato (en especial paxaros, insectos e pequenos
mamíferos) e do bosque.
Carricanta (Ephippiger ephippiger).
Chasco (Saxicola torquata).
CABEZA DE MEDA
Pequena serra de cumes redondeados con dirección NO-SE que se pode considerar como uha
prolongación cara ao noroeste da de San Mamede. Está rodeada polos profundos vales do Sil
e do Mao. O punto máis alto é cabeza de Meda, con 1.323 m, lugar de confluencia entre os
concellos de Xunqueira de Espadañedo, Montederramo e Parada do Sil. É un miradoiro sobre
o Canón do Sil e as depresións de Maceda, ao sur, e Monforte, ao norte.
Accedese por unha estrada asfaltada desde o Alto do Rodicio, ou desde Xunqueira de
Espadañedo pola pista do parque eólico.
Cume de Cabeza de
Meda ou Picoña.
SERRA DE SAN MAMEDE
Formado por xistos e areíscas que orixinan un relevo de formas redondeadas e suaves e nos
cumes por granitos de dúas micas, que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes
penedos, e algunha cuarcita. O cume máis alto, San Mamede, acada os 1.619 m. A área norte,
limitando coa Depresión de Maceda e O Rodicio, está formada por xistos, entre os que
destacan cristas graníticas e de cuarcita. Esta serra domina as depresións de Maceda e A Limia
e ten unhas boas vistas sobre as serras da Queixa, Fial das Corzas e Altos do Samión.
Na vertente oeste nace o río Arnoia e varios dos seus afluentes.
Accedese desde Montederramo ou desde Vilar de Barrio por pistas de terra.
Castro de Escuadro e Serra de San Mamede.
As zonas altas, por mor das queimas sucesivas, están cubertas por un mato de xestas, piornos,
queirugas... nas abas hai bosques de bidueiros, capudres, acivros, avelairas, carballos e algún
teixo. Unha parte está repoboada con piñeiros silvestres. A fauna é tamén moi abundante e
variada: lobos, raposos, corzos, xabaríns, lebres, perdices, aves de rapina, réptis, anfibios...
Cumes da serra de San Mamede. Á dereita, de formas redondeadas, o pico máis alto (San Mamede, con 1.619), onde
converxen os concellos de Maceda, Montederramo e Vilar do Barrio.
A FARRÍA, con 832 m, é o cume máis alto da ringleira de montes que dividen o concello de
Xunqueira de Ambía en dúas partes e separan o val de Arnoia da Limia.
SERRA DE MONTE CALVO
Esténdese no sur da comarca con dirección NO-SE facendo de linde entre os concellos de
Allariz, A Merca, A Bola, Sandiás, e Rairiz da Veiga. O cume máis alts é A Gurita ou Penamá
con 928 m.
Penamá desde o cume de San Cibrán, onde conflúen as comarcas de Allariz, A Limia e Terra de Celanova.
A BIDUÍZA
Unha aliñación de montes con dirección N-S situada entre Maceda e Paderne de Allariz
coroados por moreas de penedos graníticos. Os cumes máis importantes son o Biduiza (787
m), Corga (707) e Castro (664 m). Das súas abas baixan o río Gaiola, emisario do Loña, e o
Barbaña, que vai ao Miño. Desde os cumes divísase a Depresión de Maceda e a comarca de
Ourense. Accedese desde Paderne de Allariz ou desde Maceda.
Os cumes están cubertos por mato de uces e carqueixas e nas partes baixas consérvanse
bidueirais e carballeiras de gran valor ecolóxico.
Cumes da Biduíza. Ao fondo, na outra beira da depresión de Maceda, o monte Meda.
Rochas nos cumes da Biduíza.
OS PENEDOS
O traballo erosivo dos axentes xeolóxicos durante centos de miles de anos deixou ao
descuberto e modelou as masas rochosas que formaban o cerne das montañas dando lugar a
formas monumentais ou curiosas merecentes de ser coñecidas e conservadas.
Penedo (San Xillao). Segundo conta a historia popular, parteuno un raio e
aplastou ao pastor e ás dúas vacas que estaban ao seu carón.
Penas cabaleiras en San Xillao.
Penedo do Paxaro, en San Xillao (Xunqueira de
Ambía). Á insólita colocación dos penedos hai que
engadir as curiosas formas creadas pola erosión da
auga na parte de abaixo da pedra.
Pena Toñeira, en Paderne.
O río principal da comarca é o Arnoia que a atravesa de leste a oeste e drena gran parte do
territorio.
Á conca do Miño pretencen o Barbaña e o seu afluente Cerdeiriño, que nace en Paderne e o
Loña (ou Grandal), co seu afluente o Gaiola.
Á conca do Limia desaugan dous regos afluentes do Antela (Piñeira de Arcos) que veñen dos
montes de Xunqueira de Ambía e do sur de Allariz.
Arredor dos ríos (nas súas augas e nos bosques de ribeira) consérvanse hábitats de gran
interese, que son un dos principais valores naturais da comarca.
OS RÍOS
Nas zonas humanizadas a vexetación de ribeira está limitada a unha ringleira de árbores, mentras nas
zonas máis abruptas consérvanse bosques no seu estado máis natural.
O Arnoia en Baños de Molgas.Canón do Arnoia en Xunqueira de Ambia.
Amieira no Rexo (Allariz).
A amieiras son as árbores máis comúns ás
beiras do río. As árbores asentadas ás
beiras dos ríos son de vital importancia
para a saúde do río e das súas marxes.
Impiden a erosión, manteñen fresca a
temperatura da auga e achegan nutrintes.
Ademais serven de filtros biolóxicos e
enriquecen a paisaxe.
Froitos e inflorescencias inmaduras de
amieira (Alnus glutinosa).
Rá e lentellas de auga. Nas zonas remansadas, tanto estas
pequenas plantas que viven aboiando, como as ras,
atopan lugares tranquilos protexidos da corrente.
Espadana ou palla real
(Typha latifolia)
Os patinadores ou zapateiros
desprázanse sobre a fina película
superficial da auga grazas aos
peliños das súas patas.
RÍO ARNOIA
Nace na serra de San Mamede pola unión
dos regos Bouzas, Canadas e Busteiro; na
parroquia de Rebordechao (Vilar de Barrio-
Ourense). Percorre terras dos concellos de
Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Allariz,
Cartelle e Arnoia. Desemboca no Miño en
Quinteiros (Arnoia), despois dun percorrido
de 87 km e a cunca máis ampla da provincia
de Ourense.
Os afluentes máis destacados nesta
comarca son o Pequeno, o Tioira e o
Maceda.
O Arnoia é o eixo principal desta comarca
que concentra os mellores espazos naturais
e importantes manifestacións artísticas e
etnográficas: pontes, muíños, curtidurías...
Foi intensamente aproveitado para mover
todo tipo de mecanismos tradicionais e
máis tarde para xerar enerxía eléctrica en
minicentrais.
Nas súas beiras atópanse varias surxencias
de augas termais.
O Arnoia na área recreativa de Baños de Molgas.
Brañas de Calvelo en Lamamá, unha ampla zona húmida de alto valor ecolóxico nas beiras do Arnoia.
O Arnoia en Xocín (Lamamá, Baños de Molgas).
O Arnoia na área de lecer de Baños de Molgas.
O Arnoia en Baños de Molgas.
O río MACEDA ou SOR nace no monte Meda,
percorre terreos de Xunqueira de
Espadañedo, Macede e Baños de Molgas,
onde se xunta ao Arnoia.
O río Maceda en Maceda. O río Maceda en Baños de Molgas
O río TIOIRA nace en Escuadro, na serra de
San Mamede, percorre terreos de Macede e
Baños de Molgas, onde se xunta ao Arnoia.
O Arnoia na Ponte de Pedra (Xunqueira de Ambía).
A “Ponte Romana” en Xunqueira de Ambía.
Área recreativa e praia fluvial de O Veiro en Xunqueira de Ambía.
Conserva un antigo vao, unha pontella de pedra e un atranco.
O Arnoia no Rexo (Allariz).
O Arnoia en Allariz, en Acea Rica. Unha agradable zona de baño e lecer onde se conservan
os restos de varios muíños, algún de gran tamaño.
Ponte vella de Allariz, de construción medieval. Nas proximidades atópase outras das zonas de lecer de Allariz, O Arnado
e A Alameda.
O Arnoia en Allariz
Pontella sobre o Arnoia no Briñal (Allariz)
Área recreativa das Campinas no río
Gaiola, un afluente do Loña. Hai varios
muíños restaurados e un sendeiro que
percorre a beira do río.
RÍO LOÑA
Nace no monte da Moura (Loña do
Monte-Nogueira de Ramuín). Fai de
linde entre Esgos e Paderne de Allariz
e recolle as augas do Grande e o
Gaiola. Xúntase ao Miño nas
proximidades da presa de Velle.
O Loña entre Paderne
e Esgos.
Pontella sobre o Barbaña
en Paderne. Estes
pequenos ríos padecen a
seca estival e chegan a
quedar totalmente sen
auga.
RÍO BARBAÑA
Baixa desde as proximidades de Nevoeiro (Figueroa-Paderne de Allariz). Recibe pola
esquerda o Cerdeiriño. Conflúe co Miño en Ourense, despois de 25 km de percorrido polos
concellos de Paderne de Allariz, Taboadela, San Cibrán das Viñas e Ourense.
Presa da central do
Rexo (Allariz)
ENERXÍA HIDRÁULICA
Unha das formas de aproveitamento das correntes de auga máis comúns en Galiza foi a de
mover mecanismos para moer (cereais, casca...) ou producir enerxía eléctrica. Levar auga aos
distintos enxeños e conseguir que adquirira a forza necesaia para mover os mecanismos esixía
ás veces realizar obras de certa envergadura que incluían atrancos, canles e sistemas para
forzar a entrada da auga e a presión que esta podía facer sobre os rodicios. Como
complemento, unha gran variedade de construcións que podían incluír almacéns, vivendas,
camiños empedrados, valados... desde humildes casetos ata edificacións de gran
envergadura.
Muíños, na área recreativa das Campinas
en Paderne de Allariz.
Interior dun muíño en Paderne onde
se aprecia o pé escavado para recoller
a fariña.
Muíño do Burato, hoxe convertido en museo activo. Unha mostra da recuperación de construcións
e actividades tradicionais ligadas ao río Arnoia que fixo o concello de Allariz.
Medidas para o gran (Muíño do Burato). Muíño no Arnoia en Xunqueira de Ambía
Muíño no Arnoia en Allariz
“Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras”, edificio do século XVIII restaurado polo concello de Allariz para
Museo do Coiro.
ÁRBORES SENLLEIRAS
Carballo no Río Arnoia
(No linde entre Xunqueira de Ambía e Allariz)
-3,80 m de perímetro.
(a carón dun muíño na ruta que segue o río
Arnoia desde o Rexo a Xunqueira de Ambía)
Carballo de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz). Situado ao
pé do santuario. -20,5 m de altura e 7 m de perímetro.
Miña Virxen de Augasantas
ten un carballo na porta;
virxen de tantos milagros
facelle dar unha volta.
Carballeira de Baños de Molgas. Algúns exemplares miden máis de 4 m de
contorno. Atópase na área recreativa ao pé do río Arnoia.
Carballos de Baños de Molgas.
Na a área recreativa da vila, a carón do río Arnoia.
-4,75 e 4,10 m de perímetro.
Carballos de Baños de Molgas. A carón das
vivendas de Renfe. -Dous exemplares de grande
altura e 3,95 e 3,20 m de perímetro.
Carballo en Saa (Paderne de Allariz). Nas abas do monte
Biduíza, na estrada de Paderne a Maceda. Nunha carballeira á
beira da estrada despois de pasar Saa. O carballo máis grande
mide 3,70 m de contorno.
Carballos en Saa, na parroquia de Mourisco (Paderne de
Allariz). Para chegar vaise pola estrada de Paderne a
Maceda e,despois de pasar Saa, un cruce que indica San
Cristovo. Logo de percorrer uns 500 m á dereita hai un
carballeira na que destacan varios exemplares
monumentais. Os máis grandes miden 4,30 e 4 m de
contorno.
Carballo do santuario dos Miragres de Monte
Medo (Baños de Molgas). Un fermoso exemplar
de de 6 m de perímetro situado na parte de atrás
do santuario, na carballeira do recinto exterior.
No interior do recinto, á dereita, ha dous
exemplare de 4, 40 m de contorno. E rodeando
todo o Santuario fermosas carballeiras onde
abondan os exemplares de gran porte.
Carballo de Riobodas
(Riodebodas)
(Siabal-Paderne de Allariz)
Carballos en Calvelo (Lama Má, Baños de Molgas)
(nas proximidades do río Arnoia, pola marxe esquerda)
-4,40 m de perímetro.-4,80 m de perímetro.
Castiñeiro de Santa Eufemia da
Ambía (Baños de Molgas)
En Aira da Viña.
-9,35 m de perímetro.
Incluído no Catálogo de Árbores
Senlleiras da Xunta de Galiza.
Castiñeiro de Quintas de San Trocado (Allariz). Ás beiras da estrada atópanse varios exemplares
monumentais. O máis grande mide 10,40 m de perímetro.
Castiñeiro no souto de San Martiño de Pazó
(Allariz). Hai varios exemplares de máis de 8 m
de perímetro e un case morto a carón dunha
casa, de 10 m.
Castiñeiro no souto de San Martiño de Pazó (Allariz).
Souto de A Forma (Allariz).
Acolle varios exemplares de grande porte.
O máis groso mide 9,60 m de perímetro.
Castiñeiro de Ducí (Allariz).
-8,40 m de perímetro.
Castiñeiro en Desder
(Requeixo de Valverde, Allariz)
-6 m de perímetro
Castiñeiros en Augasantas (Allariz). Varios castiñeiros entre 8 e 9,10 m de perímetro.
Zorelle (Maceda), Nunha eira con hórreos. Dous castiñeiros de 6 e 7 m de contorno.
Castiñeiros de Curuxas
(Asadur, Maceda)
-6 m de perímetro. -8,3 m de perímetro.
Ailanto no Campo da Barreira (Allariz)
OS OLEIROS
Na comarca de Maceda (Tioira e Niñodaguia) houbo unha gran tradición de oleiros asociada á
riqueza de arxilas no terreo. Aquí eran coñecidos tamén co nome de cacharreiros ou
xerreiros. O traballo faise con torno alto.
En Tioira (Maceda) chegou a haber traballando cincuenta obradoiros (entre 1920 e arredor de
1930) e o último pechou en 1965.
En Niñodaguia (Xunqueira de Espadañedo), nos mellores tempos, houbo cen obradoiros e era
a principal actividade do lugar. Na actualidade funcionan varias instalacións máis
modernizadas que se adaptaron ás novas demandas do mercado, pero tamén conservan as
formas tradicionais.
Ola ou cántaro de Niñodaguia e
pezas tradicionais nun obradoiro.
Antigos fornos de cerámica e obradoiro
en Niñodáguia.
ESPAZOS PROTEXIDOS
RESERVA DAS BIOSFERA
“ÁREA DE ALLARIZ”
O concello de Allariz (xunto cos de Rairiz da
Veiga, Vilar de Santos e A Bola) forma parte
da Reserva da Biosfera “Área de Allariz” (29
de xuño de 2005) por ser esta unha zona que
combina importantes valores culturais co
uso sostible da terra, atendendo á
conservación de flora e fauna. Estase a facer
unha aposta importante por desenvolver as
actividades agrogandeiras e forestais
respetuosas coa natureza, e por poñer en
valor o rico patrimonio histórico-artístico e
etnográfico que serva para atraer turismo e
xerar recursos para a comarca.
LIC “RÍO ARNOIA”
Foi unha proposta do ano 2012, para a
protección do curso do río e os espazos
naturais das súas beiras que quedou en
suspenso.
Feira de Outono (Allariz)
O Canelar (Allariz), na zona núcleo da
Reserva da Biosfera.
Ecoespazo do Rexo (Requeixo de Valverde, Allariz).
É un lugar de ocio que integra no mesmo contorno unha intervención artística, unha minihidraúlica, unha explotación
piloto de ovino de leite e unha queixaría, cunha mensaxe clara: o desenvolvemento do individu é compatible co goce do
medio natural. Acolle unha intervención pictórica e escultórica do artista Agustín Ibarrola que harmoniza elementos
naturais (árbores, pedras, terra, auga...) coa achega doutros materiais que se integran na paisaxe.
Festa da Malla en Queiroás da Igrexa (Allariz). Forma parte dun conxunto de actividades para recordar os traballos
tradicionais relacionads cos cereais: a sega, a malla, a moenda e a fornada. Outra festa de gran tradición en Allariz é
a do Boi. En distintas épocas celébranse tamén festas e feiras para promocionar os produtos do campo (feira de
Outono) ou a gastronomía (festa da empanada).
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Maio 2016

More Related Content

What's hot

Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedramonadela
 

What's hot (20)

Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca Pontevedra
Comarca PontevedraComarca Pontevedra
Comarca Pontevedra
 

Similar to Comarca Allariz-Maceda

Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldasmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiromonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 

Similar to Comarca Allariz-Maceda (14)

Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O ArenteiroComarca O Carballiño/O Arenteiro
Comarca O Carballiño/O Arenteiro
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Allariz-Maceda

  • 2. SUPERFICIE: 382,1 km2 POBOACIÓN: 14.525 HABITANTES (2015) CONCELLOS: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo. ESPAZOS PROTEXIDOS: Unha parte do territorio (concello de Allariz) forma parte da Reserva da Biosfera “Terras de Allariz”.
  • 3. A comarca de Allariz-Maceda está situada no centro da provincia de Ourense, nunha zona de transición entre o val do Miño, as depresións e as serras do Macizo Central. É unha comarca que non responde a criterios naturais e que comprende dúas comarcas de maior tradición agrupadas arredor dos núcleos de Allariz (val do Arnoia) e Maceda (depresión de Maceda e arredores), conectados polo val do río Arnoia. Estes dous núcleos son indistintamente cabeceira da comarca, actúan como centros comerciais e acollen os principais servizos. Augasantas (Allariz)
  • 4. Desde o punto de vista natural ten varias zonas claramente diferenciadas: as depresións de Maceda e unha pequena parte da Limia, o val do Arnoia e as serras que a limitan polo leste (Meda, San Mamede), onde se atopan as maiores alturas, en terreos dos concellos de Xunqueira de Espadañedo e Maceda. É unha comarca dunha gran riqueza natural, en especial na contorna dos ríos e serras; histórica, artística e etnográfica. Depresión de Maceda Xunqueira de Ambía na depresión da LimiaCabeza de Meda
  • 5. CLIMA O clima é oceánico continental e de montaña nas partes máis altas das serras. Braña nas beiras do Arnoia Neve nos de San Mamede.
  • 6. CONCELLOS ALLARIZ Situado ao sur da comarca, nun territorio de releve irregular entre a depresión de Ourense e A Limia, atravesado de leste ao oeste polo río Arnoia. Ten as maiores elevacións ao sur, na serra de Monte Calvo. SUPERFICIE: 86 km2 POBOACIÓN: 6.049 habitantes (2014) PARROQUIAS: Allariz (Santiago e Santo Estevo), Augas Santas, Coedo, Os Espiñeiros, Folgoso, A Mezquita, Neire, Queiroás, Requeixo de Valverde, Pazó, San Trocado, Seoane, Torneiros e Urrós (San Mamede e Santa Baia). Río Arnoia e parque de Portovello.
  • 7. A principal actividade de Allariz son os servizos, especialmente o turismo, arredor da etnografía e o patrimonio histórico artístico. O núcleo da poboación foi declarado conxunto histórico-artístico en 1971. Ofrece numerosas áreas recreativas, rutas de sendeirismo, museos etnográficos e monumentos de gran interese, que fan da vila un importante destino turístico.
  • 8. O Parque Etnográfico do Río Arnoia está integrado polo Muíño do Burato, o Museo do Tecido “O Fiadeiro” e o Museo do Coiro. Todos eles son mostras moi representativas do que nun tempo significou o modo de vida e a economía desta zona, claramente ligada ao río Arnoia, principalmente o curtido de peles e a transformación de gran de cereal. En Allariz chegou a haber 40 obradoiros de curtidos de peles. Museo do Liño (Allariz)
  • 9. Porta prerrománica da igrexa de San Martiño de Pazó (Allariz)Igrexa de Santiago de Allariz, do século XII.
  • 10. Santa Mariña de Augas Santas. Igrexa románica, de fins do século XII. Nas proximidades atópanse os “Fornos da Santa”, unha igrexa sen rematar levantada sobre un conxunto de fornos crematorios prerromanos. Tamén se atopa o castro Cidade de Armeá.
  • 11. BAÑOS DE MOLGAS Situado ao leste da comarca. O territorio, atravesado polo río Arnoia, ocupa a parte oeste da depresión de Maceda e presenta elevacións ao norte, nos lindes con Paderne de Allariz e Maceda (Monte Outeiro, 687 m) e ao sur, que acada case os 900 m no monte Farría. É un concello cunha gran riqueza natural e etnográfica ligada ao río e ás actividades agrarias. A principal actividade é a agrogandeiría e os servizos, arredor do turismo balneario. SUPERFICIE: 67,6 km2 POBOACIÓN: 1.675 habitantes (2014) PARROQUIAS: Almoite, Ambía, Baños de Molgas, Betán, Cantoña, Coucieiro, Guamil, Lama Má, Poedo, Ponte Ambía, Presqueira, Ribeira e Vide.
  • 12. Detalle dunha ventá da Igrexa de Santa Eufemia de Ambía. Unha igrexa do século IX con influencias visigóticas. Conserva restos de lápidas romanas adicadas ás ninfas termais.
  • 13. Fontes termais e balneario reflectido nas augas do río Arnoia. En Baños de Molgas, á beira do Arnoia abroian dous mananciais de augas termais a Burga e a Fonte quente. Son augas untuosas ao tacto, bicarbonatadas-sódicas, con calcio e silicatos cunha temperatura de entre 28ºC e 49,5ºC. Estas termas foron usadas polos romanos e por aquí pasaba a Vía Nova que comunicaba Braga con Astorga. Ponte medieval sobre o Arnoia
  • 14. Santuario dos Miragres, construción barroca levantada sobre o monte Medo nun lugar de gran tradición de culto á Virxe (Nosa Señora do Medo), que ven desde o século IX. No contorno hai un parque con carballos centenarios e unhas excelentes vistas sobre a comarca.
  • 15. MACEDA Situado ao nordeste da comarca. Ocupa a meirande parte da depresión que se forma ao leste da serra de San Mamede e o Monte Meda, polo leste. Os ríos son os principais afluentes do Arnoia na comarca: o Tioira, que baixa da Serra de San Mamede e ten case todo o seu curso no concello, e o Maceda, que baixa do Monte Meda e atravesa a metade norte do concello. SUPERFICIE: 101,9 km2 POBOACIÓN: 2.957 habitantes (2015) PARROQUIAS: Asadur, Castro de Escuadro, As Chás, A Costa, Foncuberta, Maceda, Piúca (ou Araúxo), Santiso, Tioira, Vilardecás e Zorelle.
  • 16. A actividade principal é a agricultura seguida dos servizos e a industria relacionada coas explotacións de arxila da zona. Na parroquia de Escuadro, nas proximidades do monte Medo hai unha aula de interpretación forestal destinada á divulgación das prácticas silvícolas e da xestión forestal que conta ademais cunha área recreativa. A Vía Nova (vía romana que unía Braga con Astorga cruza o concello desde Foncuberta ata o Rodicio. Castelo de Maceda. Foi lugar de residencia de AlfonsoX na súa infancia. Na actualidade é un hotel.
  • 17. Hórreos en Zorelle. Á beira da estrada a Maceda atópase unha eira con sete hórreos e dous castiñeiros monumenais.
  • 18. Muíño e área recreativa do río Maceda ou Sor en Maceda.
  • 19. PADERNE DE ALLARIZ Situado ao noroeste da comarca. Ocupa a parte oriental do val da Rabeda. O relevo ten unha inclinación do leste ao oeste, polo que os ríos (Barbaña, Loña e algúns dos seus afluentes) corren cara ao Miño. As maiores elevacións, entre os 700 e os 800 m atópanse nos montes que pechan, polo oeste, a depresión de Maceda. É un concello eminentemente rural que conserva grandes áreas cubertas de carballeiras de gran valor ecolóxico. SUPERFICIE: 38,7 km2 POBOACIÓN: 1.486 habitantes (2015) PARROQUIAS: Cantoña, Coucieiro, Figueiredo, Figueiroá, Golpellás, Mourisco, Paderne, San Xés, Siabal e Solbeira. Carballeira en Saa, nas abas dos montes da Biduiza.
  • 20. Eira e hórreos en Riobodas. A pesares do abandono dos cultivos de cereais, a eira aínda segue a cumplir a súa función para a malla dos produtos que se cultivas nas hotas, como as fabas
  • 21. Igrexa de San Pedro de Figueiredo (Paderne de Allariz) Hórreos en Vilameá (Paderne de Allariz)
  • 22. XUNQUEIRA DE AMBÍA Situado ao sur da comarca. No territorio distínguense dúas áreas. Ao norte o val do Arnoia, e ao sur a chaira da Limia, separadas por unha sucesión de montes de entre 700 e 800 m que acadan a maior altura no Farría, no linde con Baños de Molgas. SUPERFICIE: 60.2 km2 POBOACIÓN: 1.546 habitantes PARROQUIAS: A Abeleda, Armariz, Bobadela (A Pinta), A Graña, Sobradelo e Xunqueira de Ambía.
  • 23. As principais actividades son a industria, os servizos e a agricultura. É unha zona cunha gran riqueza natural asociada ao río Arnoia e aos penedos graníticos. Conserva tamén importantes restos histórico-artísticos e etnográficos. Está atravesada de Leste o Oeste pola 39 vía romana de Braga a Astorga -itinerario XVII de Antonino- e pola rota xacobea que forma parte da Rota da Prata. Mosteiro de Santa María a Real en Xunqueira de Ambía
  • 24. Mosteiro de Santa María a Real en Xunqueira de Ambía. Tivo as súas orixes no século X. A actual igrexa é románica con posteriores engadidos. Elemento prerrománico na parede da igrexa de san Antón da Siota.
  • 25. A Central. Restos da antiga fábrica de luz entre un fermoso bosque no canón do río Arnoia.
  • 26. XUNQUEIRA DE ESPADAÑEDO Situado ao norte da comarca. Ocupa o norte da depresión de Maceda e está rodeada polo leste e norte polo Monte Meda e as súas estribacións no linde co concello de Esgos. O territorio ten inclinación cara ao sur e está atravesado polo río de Maceda que baixa do Monte Meda. É un concello cunha gran parte de territorio ocupado polos montes onde se conservan áreas de gran valor natural e paisaxístico. As principais actividades son a agrogandaría, os servizos e a industria (sobre todo cerámicas) SUPERFICIE: 27,6 km2 POBOACIÓN: 812 habitantes PARROQUIAS: Niñodaguia, Os Pensos, Ramil e Xunqueira de Espadañedo Xunqueira de Espadañedo. No centro a capital do concello e ao fondo o Monte Meda.
  • 27. Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo. De orixe románica (fundado por monxes da orde dos Bernardos) con posteriores engadidos barrocos. Está ocupado polos edificios administrativos do concello.
  • 28. RELEVE O releve da comarca Allariz-Maceda presenta grandes variacións, desde as depresións cháns e cheas de sedimentos, como a de Maceda ou A Limia ata as alturas das serras de San Mamede. As serras máis importantes son San Mamede e monte Meda, ao leste e Monte Calvo, ao sur. Unha aliñación montañosa formada polos montes Biduiza, Cobreiro, Queimadas e Outeiro separa os concellos de Paderne de Maceda e Baños de Molgas. Separando o val de Arnoia da Limia outra ringleira de montes nos que destacan o Farria, con 832 m e o Marco do Couto con con 728 m. As rochas dominantes nos cumes son os granitos, maiormente os de dúas micas, e en menor cantidade granodioritas e gneis. A depresión de Maceda desde a subida ao monte Meda
  • 29. Parte da depresión de Maceda e a serra de San Mamede desde o monte Medo, onde se atopa o santuario dos Milagres.
  • 30. A vexetación máis abundante nos montes é o mato de carqueixas, uces e breixos e unha grande parte está repoboada por piñeiros. Nas zonas máis afastadas consérvanse carballeiras e bidueirais. Flores de carqueixa (Pterospartum tridentatum). Arandeiras en flor (Vaccinium myrtillus).
  • 31. Flores de uz.Bidueiro no outono.
  • 32. Follas en outono de cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica), o carballo máis abundante na área de clima mediterráneo. Froitos de érbedo (Arbutus unedo).
  • 33. A fauna está representada por especies do mato (en especial paxaros, insectos e pequenos mamíferos) e do bosque. Carricanta (Ephippiger ephippiger). Chasco (Saxicola torquata).
  • 34. CABEZA DE MEDA Pequena serra de cumes redondeados con dirección NO-SE que se pode considerar como uha prolongación cara ao noroeste da de San Mamede. Está rodeada polos profundos vales do Sil e do Mao. O punto máis alto é cabeza de Meda, con 1.323 m, lugar de confluencia entre os concellos de Xunqueira de Espadañedo, Montederramo e Parada do Sil. É un miradoiro sobre o Canón do Sil e as depresións de Maceda, ao sur, e Monforte, ao norte. Accedese por unha estrada asfaltada desde o Alto do Rodicio, ou desde Xunqueira de Espadañedo pola pista do parque eólico. Cume de Cabeza de Meda ou Picoña.
  • 35. SERRA DE SAN MAMEDE Formado por xistos e areíscas que orixinan un relevo de formas redondeadas e suaves e nos cumes por granitos de dúas micas, que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes penedos, e algunha cuarcita. O cume máis alto, San Mamede, acada os 1.619 m. A área norte, limitando coa Depresión de Maceda e O Rodicio, está formada por xistos, entre os que destacan cristas graníticas e de cuarcita. Esta serra domina as depresións de Maceda e A Limia e ten unhas boas vistas sobre as serras da Queixa, Fial das Corzas e Altos do Samión. Na vertente oeste nace o río Arnoia e varios dos seus afluentes. Accedese desde Montederramo ou desde Vilar de Barrio por pistas de terra. Castro de Escuadro e Serra de San Mamede.
  • 36. As zonas altas, por mor das queimas sucesivas, están cubertas por un mato de xestas, piornos, queirugas... nas abas hai bosques de bidueiros, capudres, acivros, avelairas, carballos e algún teixo. Unha parte está repoboada con piñeiros silvestres. A fauna é tamén moi abundante e variada: lobos, raposos, corzos, xabaríns, lebres, perdices, aves de rapina, réptis, anfibios... Cumes da serra de San Mamede. Á dereita, de formas redondeadas, o pico máis alto (San Mamede, con 1.619), onde converxen os concellos de Maceda, Montederramo e Vilar do Barrio.
  • 37. A FARRÍA, con 832 m, é o cume máis alto da ringleira de montes que dividen o concello de Xunqueira de Ambía en dúas partes e separan o val de Arnoia da Limia.
  • 38. SERRA DE MONTE CALVO Esténdese no sur da comarca con dirección NO-SE facendo de linde entre os concellos de Allariz, A Merca, A Bola, Sandiás, e Rairiz da Veiga. O cume máis alts é A Gurita ou Penamá con 928 m. Penamá desde o cume de San Cibrán, onde conflúen as comarcas de Allariz, A Limia e Terra de Celanova.
  • 39. A BIDUÍZA Unha aliñación de montes con dirección N-S situada entre Maceda e Paderne de Allariz coroados por moreas de penedos graníticos. Os cumes máis importantes son o Biduiza (787 m), Corga (707) e Castro (664 m). Das súas abas baixan o río Gaiola, emisario do Loña, e o Barbaña, que vai ao Miño. Desde os cumes divísase a Depresión de Maceda e a comarca de Ourense. Accedese desde Paderne de Allariz ou desde Maceda. Os cumes están cubertos por mato de uces e carqueixas e nas partes baixas consérvanse bidueirais e carballeiras de gran valor ecolóxico. Cumes da Biduíza. Ao fondo, na outra beira da depresión de Maceda, o monte Meda.
  • 40. Rochas nos cumes da Biduíza.
  • 41. OS PENEDOS O traballo erosivo dos axentes xeolóxicos durante centos de miles de anos deixou ao descuberto e modelou as masas rochosas que formaban o cerne das montañas dando lugar a formas monumentais ou curiosas merecentes de ser coñecidas e conservadas. Penedo (San Xillao). Segundo conta a historia popular, parteuno un raio e aplastou ao pastor e ás dúas vacas que estaban ao seu carón.
  • 42. Penas cabaleiras en San Xillao. Penedo do Paxaro, en San Xillao (Xunqueira de Ambía). Á insólita colocación dos penedos hai que engadir as curiosas formas creadas pola erosión da auga na parte de abaixo da pedra.
  • 43. Pena Toñeira, en Paderne.
  • 44. O río principal da comarca é o Arnoia que a atravesa de leste a oeste e drena gran parte do territorio. Á conca do Miño pretencen o Barbaña e o seu afluente Cerdeiriño, que nace en Paderne e o Loña (ou Grandal), co seu afluente o Gaiola. Á conca do Limia desaugan dous regos afluentes do Antela (Piñeira de Arcos) que veñen dos montes de Xunqueira de Ambía e do sur de Allariz. Arredor dos ríos (nas súas augas e nos bosques de ribeira) consérvanse hábitats de gran interese, que son un dos principais valores naturais da comarca. OS RÍOS Nas zonas humanizadas a vexetación de ribeira está limitada a unha ringleira de árbores, mentras nas zonas máis abruptas consérvanse bosques no seu estado máis natural. O Arnoia en Baños de Molgas.Canón do Arnoia en Xunqueira de Ambia.
  • 45. Amieira no Rexo (Allariz). A amieiras son as árbores máis comúns ás beiras do río. As árbores asentadas ás beiras dos ríos son de vital importancia para a saúde do río e das súas marxes. Impiden a erosión, manteñen fresca a temperatura da auga e achegan nutrintes. Ademais serven de filtros biolóxicos e enriquecen a paisaxe. Froitos e inflorescencias inmaduras de amieira (Alnus glutinosa).
  • 46. Rá e lentellas de auga. Nas zonas remansadas, tanto estas pequenas plantas que viven aboiando, como as ras, atopan lugares tranquilos protexidos da corrente. Espadana ou palla real (Typha latifolia) Os patinadores ou zapateiros desprázanse sobre a fina película superficial da auga grazas aos peliños das súas patas.
  • 47. RÍO ARNOIA Nace na serra de San Mamede pola unión dos regos Bouzas, Canadas e Busteiro; na parroquia de Rebordechao (Vilar de Barrio- Ourense). Percorre terras dos concellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Allariz, Cartelle e Arnoia. Desemboca no Miño en Quinteiros (Arnoia), despois dun percorrido de 87 km e a cunca máis ampla da provincia de Ourense. Os afluentes máis destacados nesta comarca son o Pequeno, o Tioira e o Maceda. O Arnoia é o eixo principal desta comarca que concentra os mellores espazos naturais e importantes manifestacións artísticas e etnográficas: pontes, muíños, curtidurías... Foi intensamente aproveitado para mover todo tipo de mecanismos tradicionais e máis tarde para xerar enerxía eléctrica en minicentrais. Nas súas beiras atópanse varias surxencias de augas termais. O Arnoia na área recreativa de Baños de Molgas.
  • 48. Brañas de Calvelo en Lamamá, unha ampla zona húmida de alto valor ecolóxico nas beiras do Arnoia.
  • 49. O Arnoia en Xocín (Lamamá, Baños de Molgas).
  • 50. O Arnoia na área de lecer de Baños de Molgas.
  • 51. O Arnoia en Baños de Molgas.
  • 52. O río MACEDA ou SOR nace no monte Meda, percorre terreos de Xunqueira de Espadañedo, Macede e Baños de Molgas, onde se xunta ao Arnoia. O río Maceda en Maceda. O río Maceda en Baños de Molgas
  • 53. O río TIOIRA nace en Escuadro, na serra de San Mamede, percorre terreos de Macede e Baños de Molgas, onde se xunta ao Arnoia.
  • 54. O Arnoia na Ponte de Pedra (Xunqueira de Ambía).
  • 55. A “Ponte Romana” en Xunqueira de Ambía.
  • 56. Área recreativa e praia fluvial de O Veiro en Xunqueira de Ambía. Conserva un antigo vao, unha pontella de pedra e un atranco.
  • 57. O Arnoia no Rexo (Allariz).
  • 58. O Arnoia en Allariz, en Acea Rica. Unha agradable zona de baño e lecer onde se conservan os restos de varios muíños, algún de gran tamaño.
  • 59. Ponte vella de Allariz, de construción medieval. Nas proximidades atópase outras das zonas de lecer de Allariz, O Arnado e A Alameda.
  • 60. O Arnoia en Allariz
  • 61. Pontella sobre o Arnoia no Briñal (Allariz)
  • 62. Área recreativa das Campinas no río Gaiola, un afluente do Loña. Hai varios muíños restaurados e un sendeiro que percorre a beira do río. RÍO LOÑA Nace no monte da Moura (Loña do Monte-Nogueira de Ramuín). Fai de linde entre Esgos e Paderne de Allariz e recolle as augas do Grande e o Gaiola. Xúntase ao Miño nas proximidades da presa de Velle. O Loña entre Paderne e Esgos.
  • 63. Pontella sobre o Barbaña en Paderne. Estes pequenos ríos padecen a seca estival e chegan a quedar totalmente sen auga. RÍO BARBAÑA Baixa desde as proximidades de Nevoeiro (Figueroa-Paderne de Allariz). Recibe pola esquerda o Cerdeiriño. Conflúe co Miño en Ourense, despois de 25 km de percorrido polos concellos de Paderne de Allariz, Taboadela, San Cibrán das Viñas e Ourense.
  • 64. Presa da central do Rexo (Allariz) ENERXÍA HIDRÁULICA Unha das formas de aproveitamento das correntes de auga máis comúns en Galiza foi a de mover mecanismos para moer (cereais, casca...) ou producir enerxía eléctrica. Levar auga aos distintos enxeños e conseguir que adquirira a forza necesaia para mover os mecanismos esixía ás veces realizar obras de certa envergadura que incluían atrancos, canles e sistemas para forzar a entrada da auga e a presión que esta podía facer sobre os rodicios. Como complemento, unha gran variedade de construcións que podían incluír almacéns, vivendas, camiños empedrados, valados... desde humildes casetos ata edificacións de gran envergadura.
  • 65. Muíños, na área recreativa das Campinas en Paderne de Allariz. Interior dun muíño en Paderne onde se aprecia o pé escavado para recoller a fariña.
  • 66. Muíño do Burato, hoxe convertido en museo activo. Unha mostra da recuperación de construcións e actividades tradicionais ligadas ao río Arnoia que fixo o concello de Allariz.
  • 67. Medidas para o gran (Muíño do Burato). Muíño no Arnoia en Xunqueira de Ambía Muíño no Arnoia en Allariz
  • 68. “Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras”, edificio do século XVIII restaurado polo concello de Allariz para Museo do Coiro.
  • 69. ÁRBORES SENLLEIRAS Carballo no Río Arnoia (No linde entre Xunqueira de Ambía e Allariz) -3,80 m de perímetro. (a carón dun muíño na ruta que segue o río Arnoia desde o Rexo a Xunqueira de Ambía)
  • 70. Carballo de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz). Situado ao pé do santuario. -20,5 m de altura e 7 m de perímetro. Miña Virxen de Augasantas ten un carballo na porta; virxen de tantos milagros facelle dar unha volta.
  • 71. Carballeira de Baños de Molgas. Algúns exemplares miden máis de 4 m de contorno. Atópase na área recreativa ao pé do río Arnoia.
  • 72. Carballos de Baños de Molgas. Na a área recreativa da vila, a carón do río Arnoia. -4,75 e 4,10 m de perímetro. Carballos de Baños de Molgas. A carón das vivendas de Renfe. -Dous exemplares de grande altura e 3,95 e 3,20 m de perímetro.
  • 73. Carballo en Saa (Paderne de Allariz). Nas abas do monte Biduíza, na estrada de Paderne a Maceda. Nunha carballeira á beira da estrada despois de pasar Saa. O carballo máis grande mide 3,70 m de contorno. Carballos en Saa, na parroquia de Mourisco (Paderne de Allariz). Para chegar vaise pola estrada de Paderne a Maceda e,despois de pasar Saa, un cruce que indica San Cristovo. Logo de percorrer uns 500 m á dereita hai un carballeira na que destacan varios exemplares monumentais. Os máis grandes miden 4,30 e 4 m de contorno.
  • 74. Carballo do santuario dos Miragres de Monte Medo (Baños de Molgas). Un fermoso exemplar de de 6 m de perímetro situado na parte de atrás do santuario, na carballeira do recinto exterior. No interior do recinto, á dereita, ha dous exemplare de 4, 40 m de contorno. E rodeando todo o Santuario fermosas carballeiras onde abondan os exemplares de gran porte.
  • 76. Carballos en Calvelo (Lama Má, Baños de Molgas) (nas proximidades do río Arnoia, pola marxe esquerda) -4,40 m de perímetro.-4,80 m de perímetro.
  • 77. Castiñeiro de Santa Eufemia da Ambía (Baños de Molgas) En Aira da Viña. -9,35 m de perímetro. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 78. Castiñeiro de Quintas de San Trocado (Allariz). Ás beiras da estrada atópanse varios exemplares monumentais. O máis grande mide 10,40 m de perímetro.
  • 79. Castiñeiro no souto de San Martiño de Pazó (Allariz). Hai varios exemplares de máis de 8 m de perímetro e un case morto a carón dunha casa, de 10 m.
  • 80. Castiñeiro no souto de San Martiño de Pazó (Allariz).
  • 81. Souto de A Forma (Allariz). Acolle varios exemplares de grande porte. O máis groso mide 9,60 m de perímetro.
  • 82. Castiñeiro de Ducí (Allariz). -8,40 m de perímetro. Castiñeiro en Desder (Requeixo de Valverde, Allariz) -6 m de perímetro
  • 83. Castiñeiros en Augasantas (Allariz). Varios castiñeiros entre 8 e 9,10 m de perímetro.
  • 84. Zorelle (Maceda), Nunha eira con hórreos. Dous castiñeiros de 6 e 7 m de contorno.
  • 85. Castiñeiros de Curuxas (Asadur, Maceda) -6 m de perímetro. -8,3 m de perímetro.
  • 86. Ailanto no Campo da Barreira (Allariz)
  • 87. OS OLEIROS Na comarca de Maceda (Tioira e Niñodaguia) houbo unha gran tradición de oleiros asociada á riqueza de arxilas no terreo. Aquí eran coñecidos tamén co nome de cacharreiros ou xerreiros. O traballo faise con torno alto. En Tioira (Maceda) chegou a haber traballando cincuenta obradoiros (entre 1920 e arredor de 1930) e o último pechou en 1965. En Niñodaguia (Xunqueira de Espadañedo), nos mellores tempos, houbo cen obradoiros e era a principal actividade do lugar. Na actualidade funcionan varias instalacións máis modernizadas que se adaptaron ás novas demandas do mercado, pero tamén conservan as formas tradicionais. Ola ou cántaro de Niñodaguia e pezas tradicionais nun obradoiro.
  • 88. Antigos fornos de cerámica e obradoiro en Niñodáguia.
  • 89. ESPAZOS PROTEXIDOS RESERVA DAS BIOSFERA “ÁREA DE ALLARIZ” O concello de Allariz (xunto cos de Rairiz da Veiga, Vilar de Santos e A Bola) forma parte da Reserva da Biosfera “Área de Allariz” (29 de xuño de 2005) por ser esta unha zona que combina importantes valores culturais co uso sostible da terra, atendendo á conservación de flora e fauna. Estase a facer unha aposta importante por desenvolver as actividades agrogandeiras e forestais respetuosas coa natureza, e por poñer en valor o rico patrimonio histórico-artístico e etnográfico que serva para atraer turismo e xerar recursos para a comarca. LIC “RÍO ARNOIA” Foi unha proposta do ano 2012, para a protección do curso do río e os espazos naturais das súas beiras que quedou en suspenso. Feira de Outono (Allariz) O Canelar (Allariz), na zona núcleo da Reserva da Biosfera.
  • 90. Ecoespazo do Rexo (Requeixo de Valverde, Allariz). É un lugar de ocio que integra no mesmo contorno unha intervención artística, unha minihidraúlica, unha explotación piloto de ovino de leite e unha queixaría, cunha mensaxe clara: o desenvolvemento do individu é compatible co goce do medio natural. Acolle unha intervención pictórica e escultórica do artista Agustín Ibarrola que harmoniza elementos naturais (árbores, pedras, terra, auga...) coa achega doutros materiais que se integran na paisaxe.
  • 91. Festa da Malla en Queiroás da Igrexa (Allariz). Forma parte dun conxunto de actividades para recordar os traballos tradicionais relacionads cos cereais: a sega, a malla, a moenda e a fornada. Outra festa de gran tradición en Allariz é a do Boi. En distintas épocas celébranse tamén festas e feiras para promocionar os produtos do campo (feira de Outono) ou a gastronomía (festa da empanada).
  • 92. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Maio 2016