SlideShare a Scribd company logo
1 of 79
ORDES
A NATUREZA
O Tambre en Sigüeiro
A comarca de Ordes está situada no centro da provincia da Coruña e articúlase arredor do río
Tambre e os seus afluentes pola dereita, sobre todo o Samo e o Lengüelle que forman amplos
vales. As maiores alturas atópanse no norte e sobrepasan pouco os 500 m.
Os principais valores naturais atópanse na contorna dos ríos, en especial do Tambre.
SUPERFICIE:
755,1 km2
POBOACIÓN:
37.687 habitantes
(2014)
CONCELLOS:
Cerceda, Frades,
Mesía, Ordes, Oroso,
Tordoia e Trazo.
ESPAZOS
PROTEXIDOS: LIC
“Río Tambre”.
CLIMA
Oceánico hiperhúmido con temperaturas suaves.
O Tambre en Trazo
ACTIVIDADES
As principais actividades son os servizos, a agricultura e a industria. Destaca a agrogandaría,
especializada en vacún de leite e carne, e o cultivo dos grelos.
PATRIMONIO
Acolle un rico patrimonio etnográfico representado en muíños, batáns e caneiros. O
patrimonio histórico-artístico está representado por dolmes, castros, igrexas románicas e
barrocas e numerosos pazos.
A ruta xacobea coñecida como “Camiño Inglés” que ven dos portos de Ferrol e A Coruña,
atravesa a comarca de norte a sur.
Ermida de San Nicolau (Frades)
Igrexa de Gafoi (Frades)
Igrexa de San Roque de Moar (Frades)
Igrexa de As Encrobas (Cerceda). Románica do século XII e reformada en 1720. Estaba situada no lugar de Gontón e foi
afectada pola ampliación da mina de lignitos. Foi trasladada entre 1996 e 1997 á sua actual ubicación no lugar de
Pontoxo. Durante este traslado descúbríronse uns lares viales (s. III) reutilizados na sua estrutura.
Igrexa de Meirama (Cerceda)
Igrexa de Rodís (Cerceda)
Igrexa de Buscás (Ordes) no Camiño de Santiago
Imaxe de San Paio no ábside
da igrexa de Buscás
Igrexa e cemiterio de Benza (Trazo)
CONCELLOS
SUPERFICIE: 110,83 km2
POBOACIÓN: 5.156 habitantes
(2014)
PARROQUIAS: Cerceda, As
Encrobas, Meirama, Queixas,
Rodís e Xesteda.
Antiga estación de Queixas
CERCEDA
Está situado no noroeste da comarca. O territorio está formado por unha ampla superficie
arrasada no Terciario formada por xistos, rodeada no norte e leste por serras graníticas: os
montes de Xalo, e a serra de Montemaior, onde se atopa a máxima altura da comarca, no
Cerdeira, con 595 m. Os ríos forman parte da cunca do Tambre (cabeceiras do Lengüelle) e do
Mero (curso alto do Barcés). No centro-norte do concello atópase unha depresión ocupada
por lignitos que foron explotados durante anos para abastecer a central térmica de Meirama
e na actualidade están esgotados.
Oco da mina de lignitos e Cental Térmica de Meirama.
Na actualidade está ocupado por un lago.
As principais actividades son a agrogandaría, a industria e o sector forestal.
Os principais espazos naturais atópanse nas serras e nos vales dos ríos.
No patrimonio cultural destacan as igrexas de Rodís, As Encrobas e Meirama. En Cerceda hai
un aquapark, un xardín botánico e un ecomuseo.
SUPERFICIE: 81,86 km2
POBOACIÓN: 2.485
habitates (2014)
PARROQUIAS: Abellá,
Aiazo, Añá, Céltigos, Frades,
Gafoi, Galegos, Ledoira,
Mesoso, Moar, Papucín e
Vitre.
Área de lecer de Aiazo no río
Tambre, no linde entre
Frades e O Pino
FRADES
Situado no surleste da comarca. O relevo é de formas suaves con poucas diferencias de
altitude (de 280 a 440 m) e no terreo dominan os xistos da serie de Ordes. As máximas alturas
atópanse ao norte, no linde con Mesía, no Rego Escuro (441 m). No centro-norte destaca o
monte de San Nicolau, con 420 m.
O río Tambre fai de linde polo sur e os seus afluentes Rego do Pío, Porto, Maruzo (co Gaiteiro,
Muíño Vello e Mostás), fonte Santalla e Samo (co Mouriño e Marís), circulan de norte a sur.
Muíño e ponte romana en Ponte Carreira
As principais actividades son a agrogandaría (especializada en vacún) e o serctor forestal.
Os espazos de interese natural atópanse arredor dos ríos onde hai numerosas áreas de lecer e
lugares para facer rutas.
Ten un rico patrimonio histórico artístico con numerosos pazos e igrexas románicas e
barrocas.
A capital do concello e Cimadevila e o núcleo principal Pontecarreira.
Paisaxe de Frades
SUPERFICIE: 106,62 km2
POBOACIÓN: 2.795
habitantes (2014
PARROQUIAS: Albixoi,
Bascoi, Boado, Bruma,
Cabrui, Castro, Cumbraos,
Lanzá, Mesía, Olas,
Visantoña e Xanceda.
Albergue de peregrinos en
Bruma, instalado no antigo
Hospoital de Peregrinos no
Camiño Inglés.
MESÍA
Está situado ao noroeste da comarca. O relevo é achairado, cunha elevada altitude media
(máis de 400 m) e basculado cara ao suroeste. Forma parte da chamada superficie de Ordes
onde dominan os xistos. Na zona nordeste atópanse os montes da Tieira, coa máxima altitude
no Picoi, con 546 m. A maior parte do concello está na conca do Tambre que percorre o linde
surleste, e dos seus afluentes Samo e Maruzo (co Gaiteiro). Unha pequena zona no norte
verte ao Mero, no linde con Cesuras.
Fonte da Xesteira ou da Veiga en Albixoi, a
carón do rego da Fervenza, afluente do río
Gaiteiro. Funcionou como un rústico balneario
ata a década de 1960. Un muíño que había
preto servía como casa de Baños. As augas son
bicarbonatadas, fluoradas e sódicas.
As principais actividades son a agrogandaría (especialmente vacún de leite), o sector forestal
e as industrias cerámicas. A capital municipal é A Igrexa.
Os espazos naturais de interese atópanse na marxe dos ríos, protexidos no LIC “Río Tambre”.
Explotación de arxila en Mesía, base dunha
importante industria cerámica. Nas excavacións
abandoadas fórmanse pozas que co tempo se
van naturalizando.
SUPERFICIE: 157,20 km2
POBOACIÓN: 12.844
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Ardemil,
Barbeiros, Beán, Buscás,
Leira, Lesta, Mercurín,
Ordes, Parada, Pereira,
Poulo, Santa Cruz de
Montaos e Vilamaior.
ORDES
Está situado no centro-norte da comarca. A maior parte do territorio (centro e sur) ocupa a
superficie achairada coñecida como Meseta de Ordes, cun substrato rochoso de xistos e unha
altitude media de 310 m. As máximas alturas atópanse ao norte no Rubial (461 m) e nos
montes de San Bartolomeu (451 m).
Os ríos forman parte da conca do Tambre: o Lengüelle percorre o linde oeste e recibe como
principal afluente ao Cabrón e o Samo percorre o linde leste.
Antiga estación de tren de Pontraga
As principais actividades son os servizos, a agrogandaría, especializada en gando vacún de
leite e no cultivo de grelos, e a industria (especialmente téxtil e de móbeis).
Os espazos de interese natural atópanse nos ríos, protexidos no LIC “Río Tambre”.
Acolle un importante patrimonio histórico artístico na ruta do Camiño Inglés a Santiago de
Compostela. Destacan as igrexas de San Paio de Buscás e San Xulián de Poulo.
Murais realizados
dentro do proxecto
DesOrdes Creativas
SUPERFICIE: 72,03 km2
POBOACIÓN: 7.400
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Os
Ánxeles, Calvente,
Cardama, Deixebre, A
Gándara, Marzoa,
Oroso, Pasarelos, Senra,
Trasmonte e
Vilarromarís.
Paisaxe agraria de Oroso
OROSO
Situado no sur da comarca. O relevo é de transición entre a parte máis baixa da comarca, no
val do Tambre situado ao sur, e as terras altas de Ordes e Frades. As máximas alturas
atópanse nos lindes do norte no Costa (329 m) e no Petón (371 m).
O río Tambre percorre todo o linde sur do concello de leste a oeste e recibe o Samo (co
Maruzo), o Cabeceiro e o Lengüelle, que fai de linde polo oeste.
O Lengüelle entre Oroso e Trazo, preto
de se xuntar co Tambre
As principais actividades son os servizos e a agrogandaría. Está moi influído pola
proximidades de Santiago de Compostela. A capital municipal é Sigüeiro.
Os espazos de interese natural atópanse no Tambre e os seus afluentes, protexidos no LIC
“Río Tambre” onde hai varias áreas de lecer de interese.
O patrimonio cultural está representado por muíños, igrexas e pontes medievais. Por todo o
concello hai numerosos castros e xacementos arqueolóxicos.
Ponte medieval sobre o Tambre en Sigüeiro
SUPERFICIE: 124,42 km2
POBOACIÓN: 3.706
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Andoio,
Anxeriz, Bardaos,
Cabaleiros, Castenda da
Torre, Gorgullos, Leobalde,
Numide, Tordoia e A Vila de
Abade.
Paisaxe de Tordoia
TORDOIA
Está situado no centro-oeste da comarca. A maior parte do territorio forma parte dun bloque
elevado e aplanado inclinado cara ao leste cunha altitude de 300 a 500 m. Os cumes máis
altos atópanse no oeste, no Monte Castelo, (564 m) e no Petón do Seixo (498 m).
A maioría dos ríos forman parte da cunca do Tambre e circulan con dirección norte-sur: o
Lengüelle fai de linde polo leste, o Chonia discorre polo centro e o curso alto do Dubra polo
Oeste. Unha pequena parte pertence ás concas do Xallas e Anllóns.
As principais actividades son a agrogandaría (vacún de leite) e o sector forestal.
As principais actividades son a agrogandaría (vacún de leite) e o sector forestal. A capital
municipal é Pontepedra.
Os lugares de maior interese natural atópanse nos ríos e no monte Castelo.
É un concello cunha grande riqueza arqueolóxica. Varias rutas percorren os cursos dos ríos e
os principais monumentos arqueolóxicos.
Dolme Casa da Moura, en Cabaleiros
Pedra Longa, un posible abrigo prehistórico
SUPERFICIE: 101,35 km2
POBOACIÓN: 3.301
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Benza,
Berreo, Campo, Castelo,
Chaián, Monzo, Morlán,
Restande, Trazo,
Vilouchada e Xavestre.
Paisaxe de Trazo nas proximidades de Viaño Pequeno
TRAZO
Estás situado no suroeste da comarca. A maior parte do terreo está ocupado por un bloque
elevado e aplanado basculado cara ao surleste. As terras máis baixas atópanse no sur, na
beira do Tambre. As máis altas na zona oeste, co cume máis destacado no Facho, con 509 m,
no linde con Val do Dubra. O río Tambre percorre unha grande parte do linde sur do concello
e recibe o Lengüelle (que fai de linde polo leste), O Merlá, o Vilariño e o Chonia.
Igrexa de Campo
Trazo é un concello eminentemente rural sen grandes núcleos de poboación. A capital do
concello é Viaño Pequeno. A principal actividade é a agrogandaría, especializada en vacún de
leite.
Os espazos naturais máis destacados atópanse nos ríos protexidos no LIC “Río Tambre” onde
hai varias áreas de lecer e lugares para facer rutas.
No patrimonio cultural destacan as igrexas de Campo e San Pedro de Benza, o pazo de
Vilacova, un batán e varios muíños.
Área de lecer de Chaián, á beira do Tambre
RELEVO
Relevo característico da penichaira de Ordes no que destacan os pequenos cumes de formas suaves
A maior parte da comarca é unha penichaira de 300-400 m de altitude que ocupa o centro do
territorio, cunha suave inclinación cara ao sudoeste que está interrumpida por pequenas
lombas de escasa altura. Os cumes máis importantes atópanse nos lindes comarcais.
Ao norte o monte Xalo, no nordeste os montes da Tieira, no leste a serra de Montemaior
(Cerdeira, con 595 m, a máxima altura da comarca) e o monte Castelo.
Monte de San Nicolau (423 m), en Frades. No cume hai unha ermida rodeada dunha carballeira.
Gabros no monte Castelo
A maioría do territorio está formado por materiais xistosos (do chamado Complexo de Ordes),
agás nos cumes do norte e leste onde aparecen granitos e no monte Castelo onde aparecen
gabros e rochas básicas.
Granitos en Montemaior
A vexetación dominante nos cumes é o mato de toxos e breixos e no resto plantacións de
piñeiros e eucaliptos. Os cumes máis baixos están aproveitados para pasteiros.
Paxariños (Linaria triornitophora). Pódese atopar
nos lindes dos bosques e campos.
Tuberaria globulariefolia,
endemismo do noroeste peninsular
Xacinto bravo (Hyacinthoides non-scripta)
Esquío (Sciurus vulgaris), un pequeno
mamífero común nos bosques, en
especial na áreas con piñeiros.
Laverca (Alauda arvensis) cantando no alto do
vértice xeodésico do cume do Cerdeira
Escribenta liñaceira (Emberiza cirlus)
Macizo do Xalo desde os cumes da Cerdeira
MONTES DO XALO
É un macizo de granito rosa de mica negra situado ao norte da comarca de Ordes, no linde
entre Cerceda e a comarca da Coruña. Ten unhas formacións graníticas moi curiosas: bloques,
bolos, paredes verticais... O punto máis alto nesta comarca é o Anxelio, con 521 m. Destacan
tamén o Arca Aberta (459 m), Pantín (407 m) e San Bartolomeu (460 m).
Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre toda a comarca e a costa da Coruña.
Accedese desde Cerceda.
Monte Anxelio, desde o Xalo
Vista de Cerceda desde O Xalo
Pedra Mazafacha, nos cumes do Xalo
SERRA DE MONTEMAIOR
Esténdese con dirección NE-SO polo sur da comarca, no linde entre os concellos de A Laracha
e Cerdeda. Prolóngase cara ao leste nos montes do Xalo.
Os cumes máis destacados na comarca son o Cerdeira (595 m) e O Pedrouzo (518 m).
Desde os cumes hai boas vistas sobre toda a comarca e parte da costa. Accedese desde a
estrada de Cerceda á Silva.
Vista desde o alto da Cerdeira cara á Silva (Cerceda)
O Monte do Castelo desde o alto do Picoto
MONTES DO CASTELO
Están situadno no linde dos concellos de Tordoia, Coristanco, Santa Comba e Val do Dubra.
Teñen un grande interese xeolóxico e botánico. Están formados por afloramentos de gabros
pouco deformados rodeados por anfibolitas e algún gneis. Neles nacen os regos das
cabeceiras do Anllóns, Xallas, Dubra... Nos arredores atópanse brañas con importantes
depósitos de turba. Acollen unha flora moi interesante con varios endemismos.
Accedese desde a estrada da Silva a Santa Comba.
Centaurea ultreiae.
Única localización mundial, incluída no
catálogo de flora ameazada de Galiza
MONTES DA TIEIRA
Pequena aliñación que se extende con dirección leste-oeste entre os concellos de Mesía e
Cesuras. As abas que dan á comarca de Ordes son suaves e com pouco desnivel, mentras que
as que caen cara á de Betanzos son de formas máis abruptas.
Os cumes máis destacados son o Picoi (535 m) e o alto de Cabrui (482 m).
Accedese desde Cabrui (Mesía).
As abas dos montes da Tieira están totalmente cultivadas con pasteiros ou
plantación de especies forestais, especialmente eucaliptos
OS RÍOS
O curso fluvial máis importantes da comarca é o Tambre que percorre o linde sur de leste a
oeste e recibe numerosos afluentes que circulan con dirección norte-sur. So unha pequena
parte do concello de Cerceda forma parte da conca alta do Barcés, afluente do Mero, e o río
da Furoca, tamén afluente do Mero, fai de linde no norte entre Mesía e Cesuras (comarca de
Betanzos.
Couto de pesca no Tambre
Os cursos dos ríos son de pendente suave e forman amplos vales nos que se asentan bosques
de ribeira dunha gran biodiversidade. Os ríos son aquí o eixo da vida e articulan o
asentamento de numerosos núcleos de poboación. Por todo o seu percorrido son numerosas
as áreas de lecer, rutas de sendeirismo e coutos de pesca.
Parte do curso do Tambre e os seus afluentes está protexido no LIC “Río Tambre”.
Ao longo do curso dos ríos consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros,
abelairas, sabugueiros, sanguiños, carballos... Nas beiras do río hai unha rica representación de especies
que gostan da auga e das zonas húmidas: fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento femia...), brións,
molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, ranúnculos, oucas, pe de boi, reina,
adelfiña, herba centella, espiga de auga...
Dentabrú (Osmunda regalis), un dos fentos
máis chamativos das beiras dos ríos
Pé de Boi (Oenanthe crocata)
Silene dioica
A ouca ou herba da prata (Ranunculus peltatus) florece
de marzo a xuño nos leitos dos ríos de corrente lenta
Callitriche stagnalis
Reina (Filipendula ulmaria)
Freixo, unha das árbores máis comúns nas beiras do río
Oucas e amieiras
Fungo sobre un toro de carballo, nas carballeiras de Aiazo. Os fungos da madeira viven dentro das árbores. Cando
acadan o desenvolvemento axeitado e en condicións apropiadas emiten ao exterior os corpos portadores das esporas
que serven para reproducírense. Nos bosques de ribeira hai unha gran variedade de fungos.
A fauna do río é moi variada. Podemos atopar peixes (troita, espiñento, vermella, anguía...),
réptiles (cobra sapeira, cobra de colar...), anfibios (ras, limpafontes, salamántiga galega...),
mamíferos (lontra, rata de auga, aguaneiro...), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros,
percebellas, mosquitos, frigáneas, barqueiros...), arañas, caracois de auga, e numerosos seres
microscópicos. Nas beiras viven aves de ribeira (merlo rieiro, picapeixes, lavandeira) e de
bosque (ferreiriños, papuxa...), lesmas, sapos, insectos...
O Tambre é un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia splendens, un cabalo do
demo en perigo de extinción en toda Europa.
Ras verdes (Pelophyllax perezi)Lavandeira branca (Motacilla alba)
Cabalo do demo (Aeshna cyanea), un dos insectos
máis grandes e chamativos que se atopan nos
ecosistemas fluviais
Efémera. Ten unha vida longa como
larva acuátiva (ata tres anos) e só
vive unhas horas en estado adulto
Ponte vella no Samo, en Arderís (Oroso)
Os ríos conservan ademais un rico patrimonio etnográfico que é testemuña da importancia
que tivo noutros tempos a enerxía hidráulica (batáns, muíños...) e numerosas pontes e
pontellas.
O Tambre en Castro (Mesía), ao pouco de entrar na comarca
RÍO TAMBRE
Nacer na Serra do Bocelo, discorre lentamente no seu curso alto, encáixase lixeiramente no
seu curso medio e vai fondamente encaixado no tramo final do seu percorrido. Despois de
124,5 km desemboca na ría de Muros e Noia. Presenta augas altas de decembro a marzo e
estiaxe en agosto. Nesta comarca recolle augas dos concellos de Mesía, Frades, Oroso, Trazo,
Tordoia e Ordes. Recibe pola dereita o Maruzo o Samo, o Lengüelle ou Maxarín o
Portoferreiro, o Vilariño e o Chonia.
O Tambre é un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia splendens, un cabalo do
demo en perigo de extinción en toda Europa.
O Tambre en Ponte Carreira, na área de lecer da Presa
O Tambre em Aiazo (Frades), onde hai unha ampla área de lecer
O Tambre Aiazo
O Tambre en Cardama (Oroso)
Área de lecer de Sigüeiro (Oroso)
O Tambre en Sigüeiro
O Tambre en Chaián (Trazo). Unha ampla área rde lecer cunha carballeira
permite gozar da natureza e dar paseos pola beira do río
O Tambre en Chaián
Bosque de ribeira no río Gaiteiro,
o principal afluente do Maruzo
RÍO MARUZO
Nace nos montes da Tieira e atravesa os concellos de Mesía e Frades. Os principais afluentes son o Muíño
Vello e o Gaiteiro. Desauga no Tambre na parroquia dos Ánxeles (Frades).
O Maruzo en Cimadevila (Frades)
O Samo na área de lecer de Arderís, en Oroso
RÍO SAMO
Nace nos montes da Tieira e atravesa os concellos de Mesía, Frades e Oroso e xúntase ao Tambre en
Cárdama. Os seus principais afluentes son o Traveso, Buxán e Marís.
O Samo entre Abellá (Frades) e Olás (Mesía),
onde hai un muíño e dúas áreas de lecer
O Lengüelle en Xesteda (Tordoia)
RÍO LENGÜELLE
Nace entre os montes de Pantín e San Bartolomeu, no norte da comarca. Percorre os concellos de
Cerdeda, Ordes, Tordoia e Trazo e xúntase ao Tambre na parroquia de Berreo (Trazo). No curso alto
chámase Maxarín.
Os principais afluentes son Portigo de Vilasenín, Pedrouzo, Cabrón, Viduído, Pontepedra e Fonte Ribeira.
Está encorado en Vilasenín (no Portigo) e Vilagudín.
O Lengüelle en Numide,
entre Ordes e Tordoia
Encoro de Vilasenín
Área de lecer de Queixas (Cerceda) no Lengüelle
Área de lecer en Ordes, no río Mercurín
ou da Fraga, afluente do Lengüelle
Encoro de Vilagudín, no que hai un couto de pesca intensiva.
Recolle as augas dos ríos Maxarín e Cerdeiras, afluentes do Lengüelle.
FERVENZA DE PORTOCIÑOS
Na parroquia de Gorgullos (Tordoia), no río
Viladabade, da Férveda ou Bustelo, afluente
do Lengüelle. A fervenza salva un desnivel
de 10 m en tres saltos entre grandes
penedos de granito.
COMO CHEGAR: na estrada de Pontepedra a
Gorgullos e Ordes, ao entrar en Portociños
cóllese un cruce á esquerda que indica
Férveda e a 1 km chégase a unha ponte onde
remata a estrada e desde a que se ve a
fervenza.
O Chonia en Xavestre
RÍO CHONIA
Nace en Gorgullos, percorre terreos de Tordoia e Trazo con dirección norte-sur e xúntase ao Tambre en
Xavestre. No seu curso consérvanse batáns (Pardal e Neiro de Oa, en Xavestre) e muíños.
Batán no Chonia en Oa (Xavestre). Os batáns eran
utilizados para mazar e amolecer os tecidos.
FERVENZA DE VISANTOÑA
Na parroquia de Visantoña (Mesía, no línde
con Cesuras).
O río da Furoca, afluente do Mero, salva un
resalte en xistos e lousas de
aproximadamente 8 m de altura en varios
saltos. Río abaixo hai outras fervenzas máis
pequenas.
COMO CHEGAR: desde Mesía (A Igrexa)
cóllese a estrada a Visantoña e séguese ata Os
Ricos. Ao pouco de pasar o cartel cóllese unha
pista á dereita e uns 200 m tómase a pista de
terra da esquerda e séguese por ela ata o final
cruzando unha área repoboada con especies
frondosas (Coto Escolar) e báixase ata o final
(uns 3 km). Logo séguese por un sendeiro e
báixase ao río. É unha zona onde se pode
facer unha ruta polos bosques da beira do río.
AS ÁRBORES
Carballeira en Frades
A maior parte do terreo forestal está ocupado por plantacións de eucaliptos e algúns piñeiro,
e pequenas zonas con frondosas. Nas proximidades dos ríos atópanse carballeiras e bosques
de ribeira mixtos.
Carballeira de Chaián (Trazo)
Carballo (Quercus robur) de
Buscás (Ordes). Atópase no adro
da igrexa, ao pé do Camiño de
Santiago.
Mide 3,75 m de perímetro e na
base ten unha grande nórrega.
“Carballo Gordo” na Cerdeira (Rodís, Cerceda)
-4,33 m de perímetro
Oliveira (Olea europaea) na igrexa de Rodís (Cerceda)
-2,6 m de perímetro.
Piñeiro de Monterrei (Pinus radiata)
en Ledoira (Frades).
-4,40 m de perímetro
Piñeiro de Monterrei (Pinus radiata) en Vilarello
(Frades). -4,15 m de perímetro
Piñeiro de Monterrei (Pinus radiata) na capela de
San Roque de Moar.
-3,50 m de perímetro no toro.
ESPAZOS PROTEXIDOS
O Tambre en Sigüeiro
LIC RÍO TAMBRE
Espazo de 152 ha que inclúe parte do curso do río Tambre (desde o cruce co Sionlla en Trazo
ata Oroso) e parte do curso dos seus afluentes: Lengüelle (cos seus afluentes Mercurín e
Cabrón), Samo, Maruzo (co seu afluente o Gaiteiro), o Mera e o Sionlla.
Nesta comarca protexe terreos nos concellos de Tordoia, Ordes, Mesía, Trazo, Oroso e Frades.
No río podemos atopar diversos biotopos en función da forza da corrente. Nas zonas máis
chans fórmanse illas entre as que hai canles de auga remansada. Nestes lugares os bosques
de ribeira acadan maior extensión e riqueza. Nas zonas chans de auga remansada a
vexetación é mais abundante e nas zonas de corrente so viven nas beiras.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Maio 2017

More Related Content

What's hot

Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurésmonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Murosmonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careónmonadela
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 

What's hot (20)

Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-XurésReserva da Biosfera Gerês-Xurés
Reserva da Biosfera Gerês-Xurés
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 

Similar to Comarca Ordes

Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcalamonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallasmonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 

Similar to Comarca Ordes (16)

Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcala
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca Xallas
Comarca XallasComarca Xallas
Comarca Xallas
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Ordes

  • 2. O Tambre en Sigüeiro A comarca de Ordes está situada no centro da provincia da Coruña e articúlase arredor do río Tambre e os seus afluentes pola dereita, sobre todo o Samo e o Lengüelle que forman amplos vales. As maiores alturas atópanse no norte e sobrepasan pouco os 500 m. Os principais valores naturais atópanse na contorna dos ríos, en especial do Tambre.
  • 3. SUPERFICIE: 755,1 km2 POBOACIÓN: 37.687 habitantes (2014) CONCELLOS: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. ESPAZOS PROTEXIDOS: LIC “Río Tambre”.
  • 4. CLIMA Oceánico hiperhúmido con temperaturas suaves. O Tambre en Trazo
  • 5. ACTIVIDADES As principais actividades son os servizos, a agricultura e a industria. Destaca a agrogandaría, especializada en vacún de leite e carne, e o cultivo dos grelos.
  • 6. PATRIMONIO Acolle un rico patrimonio etnográfico representado en muíños, batáns e caneiros. O patrimonio histórico-artístico está representado por dolmes, castros, igrexas románicas e barrocas e numerosos pazos. A ruta xacobea coñecida como “Camiño Inglés” que ven dos portos de Ferrol e A Coruña, atravesa a comarca de norte a sur. Ermida de San Nicolau (Frades)
  • 7. Igrexa de Gafoi (Frades) Igrexa de San Roque de Moar (Frades)
  • 8. Igrexa de As Encrobas (Cerceda). Románica do século XII e reformada en 1720. Estaba situada no lugar de Gontón e foi afectada pola ampliación da mina de lignitos. Foi trasladada entre 1996 e 1997 á sua actual ubicación no lugar de Pontoxo. Durante este traslado descúbríronse uns lares viales (s. III) reutilizados na sua estrutura.
  • 9. Igrexa de Meirama (Cerceda)
  • 10. Igrexa de Rodís (Cerceda)
  • 11. Igrexa de Buscás (Ordes) no Camiño de Santiago Imaxe de San Paio no ábside da igrexa de Buscás
  • 12. Igrexa e cemiterio de Benza (Trazo)
  • 13. CONCELLOS SUPERFICIE: 110,83 km2 POBOACIÓN: 5.156 habitantes (2014) PARROQUIAS: Cerceda, As Encrobas, Meirama, Queixas, Rodís e Xesteda. Antiga estación de Queixas CERCEDA Está situado no noroeste da comarca. O territorio está formado por unha ampla superficie arrasada no Terciario formada por xistos, rodeada no norte e leste por serras graníticas: os montes de Xalo, e a serra de Montemaior, onde se atopa a máxima altura da comarca, no Cerdeira, con 595 m. Os ríos forman parte da cunca do Tambre (cabeceiras do Lengüelle) e do Mero (curso alto do Barcés). No centro-norte do concello atópase unha depresión ocupada por lignitos que foron explotados durante anos para abastecer a central térmica de Meirama e na actualidade están esgotados.
  • 14. Oco da mina de lignitos e Cental Térmica de Meirama. Na actualidade está ocupado por un lago. As principais actividades son a agrogandaría, a industria e o sector forestal. Os principais espazos naturais atópanse nas serras e nos vales dos ríos. No patrimonio cultural destacan as igrexas de Rodís, As Encrobas e Meirama. En Cerceda hai un aquapark, un xardín botánico e un ecomuseo.
  • 15. SUPERFICIE: 81,86 km2 POBOACIÓN: 2.485 habitates (2014) PARROQUIAS: Abellá, Aiazo, Añá, Céltigos, Frades, Gafoi, Galegos, Ledoira, Mesoso, Moar, Papucín e Vitre. Área de lecer de Aiazo no río Tambre, no linde entre Frades e O Pino FRADES Situado no surleste da comarca. O relevo é de formas suaves con poucas diferencias de altitude (de 280 a 440 m) e no terreo dominan os xistos da serie de Ordes. As máximas alturas atópanse ao norte, no linde con Mesía, no Rego Escuro (441 m). No centro-norte destaca o monte de San Nicolau, con 420 m. O río Tambre fai de linde polo sur e os seus afluentes Rego do Pío, Porto, Maruzo (co Gaiteiro, Muíño Vello e Mostás), fonte Santalla e Samo (co Mouriño e Marís), circulan de norte a sur.
  • 16. Muíño e ponte romana en Ponte Carreira As principais actividades son a agrogandaría (especializada en vacún) e o serctor forestal. Os espazos de interese natural atópanse arredor dos ríos onde hai numerosas áreas de lecer e lugares para facer rutas. Ten un rico patrimonio histórico artístico con numerosos pazos e igrexas románicas e barrocas. A capital do concello e Cimadevila e o núcleo principal Pontecarreira. Paisaxe de Frades
  • 17. SUPERFICIE: 106,62 km2 POBOACIÓN: 2.795 habitantes (2014 PARROQUIAS: Albixoi, Bascoi, Boado, Bruma, Cabrui, Castro, Cumbraos, Lanzá, Mesía, Olas, Visantoña e Xanceda. Albergue de peregrinos en Bruma, instalado no antigo Hospoital de Peregrinos no Camiño Inglés. MESÍA Está situado ao noroeste da comarca. O relevo é achairado, cunha elevada altitude media (máis de 400 m) e basculado cara ao suroeste. Forma parte da chamada superficie de Ordes onde dominan os xistos. Na zona nordeste atópanse os montes da Tieira, coa máxima altitude no Picoi, con 546 m. A maior parte do concello está na conca do Tambre que percorre o linde surleste, e dos seus afluentes Samo e Maruzo (co Gaiteiro). Unha pequena zona no norte verte ao Mero, no linde con Cesuras.
  • 18. Fonte da Xesteira ou da Veiga en Albixoi, a carón do rego da Fervenza, afluente do río Gaiteiro. Funcionou como un rústico balneario ata a década de 1960. Un muíño que había preto servía como casa de Baños. As augas son bicarbonatadas, fluoradas e sódicas. As principais actividades son a agrogandaría (especialmente vacún de leite), o sector forestal e as industrias cerámicas. A capital municipal é A Igrexa. Os espazos naturais de interese atópanse na marxe dos ríos, protexidos no LIC “Río Tambre”. Explotación de arxila en Mesía, base dunha importante industria cerámica. Nas excavacións abandoadas fórmanse pozas que co tempo se van naturalizando.
  • 19. SUPERFICIE: 157,20 km2 POBOACIÓN: 12.844 habitantes (2014) PARROQUIAS: Ardemil, Barbeiros, Beán, Buscás, Leira, Lesta, Mercurín, Ordes, Parada, Pereira, Poulo, Santa Cruz de Montaos e Vilamaior. ORDES Está situado no centro-norte da comarca. A maior parte do territorio (centro e sur) ocupa a superficie achairada coñecida como Meseta de Ordes, cun substrato rochoso de xistos e unha altitude media de 310 m. As máximas alturas atópanse ao norte no Rubial (461 m) e nos montes de San Bartolomeu (451 m). Os ríos forman parte da conca do Tambre: o Lengüelle percorre o linde oeste e recibe como principal afluente ao Cabrón e o Samo percorre o linde leste. Antiga estación de tren de Pontraga
  • 20. As principais actividades son os servizos, a agrogandaría, especializada en gando vacún de leite e no cultivo de grelos, e a industria (especialmente téxtil e de móbeis). Os espazos de interese natural atópanse nos ríos, protexidos no LIC “Río Tambre”. Acolle un importante patrimonio histórico artístico na ruta do Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Destacan as igrexas de San Paio de Buscás e San Xulián de Poulo. Murais realizados dentro do proxecto DesOrdes Creativas
  • 21. SUPERFICIE: 72,03 km2 POBOACIÓN: 7.400 habitantes (2014) PARROQUIAS: Os Ánxeles, Calvente, Cardama, Deixebre, A Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos, Senra, Trasmonte e Vilarromarís. Paisaxe agraria de Oroso OROSO Situado no sur da comarca. O relevo é de transición entre a parte máis baixa da comarca, no val do Tambre situado ao sur, e as terras altas de Ordes e Frades. As máximas alturas atópanse nos lindes do norte no Costa (329 m) e no Petón (371 m). O río Tambre percorre todo o linde sur do concello de leste a oeste e recibe o Samo (co Maruzo), o Cabeceiro e o Lengüelle, que fai de linde polo oeste.
  • 22. O Lengüelle entre Oroso e Trazo, preto de se xuntar co Tambre As principais actividades son os servizos e a agrogandaría. Está moi influído pola proximidades de Santiago de Compostela. A capital municipal é Sigüeiro. Os espazos de interese natural atópanse no Tambre e os seus afluentes, protexidos no LIC “Río Tambre” onde hai varias áreas de lecer de interese. O patrimonio cultural está representado por muíños, igrexas e pontes medievais. Por todo o concello hai numerosos castros e xacementos arqueolóxicos. Ponte medieval sobre o Tambre en Sigüeiro
  • 23. SUPERFICIE: 124,42 km2 POBOACIÓN: 3.706 habitantes (2014) PARROQUIAS: Andoio, Anxeriz, Bardaos, Cabaleiros, Castenda da Torre, Gorgullos, Leobalde, Numide, Tordoia e A Vila de Abade. Paisaxe de Tordoia TORDOIA Está situado no centro-oeste da comarca. A maior parte do territorio forma parte dun bloque elevado e aplanado inclinado cara ao leste cunha altitude de 300 a 500 m. Os cumes máis altos atópanse no oeste, no Monte Castelo, (564 m) e no Petón do Seixo (498 m). A maioría dos ríos forman parte da cunca do Tambre e circulan con dirección norte-sur: o Lengüelle fai de linde polo leste, o Chonia discorre polo centro e o curso alto do Dubra polo Oeste. Unha pequena parte pertence ás concas do Xallas e Anllóns. As principais actividades son a agrogandaría (vacún de leite) e o sector forestal.
  • 24. As principais actividades son a agrogandaría (vacún de leite) e o sector forestal. A capital municipal é Pontepedra. Os lugares de maior interese natural atópanse nos ríos e no monte Castelo. É un concello cunha grande riqueza arqueolóxica. Varias rutas percorren os cursos dos ríos e os principais monumentos arqueolóxicos. Dolme Casa da Moura, en Cabaleiros Pedra Longa, un posible abrigo prehistórico
  • 25. SUPERFICIE: 101,35 km2 POBOACIÓN: 3.301 habitantes (2014) PARROQUIAS: Benza, Berreo, Campo, Castelo, Chaián, Monzo, Morlán, Restande, Trazo, Vilouchada e Xavestre. Paisaxe de Trazo nas proximidades de Viaño Pequeno TRAZO Estás situado no suroeste da comarca. A maior parte do terreo está ocupado por un bloque elevado e aplanado basculado cara ao surleste. As terras máis baixas atópanse no sur, na beira do Tambre. As máis altas na zona oeste, co cume máis destacado no Facho, con 509 m, no linde con Val do Dubra. O río Tambre percorre unha grande parte do linde sur do concello e recibe o Lengüelle (que fai de linde polo leste), O Merlá, o Vilariño e o Chonia.
  • 26. Igrexa de Campo Trazo é un concello eminentemente rural sen grandes núcleos de poboación. A capital do concello é Viaño Pequeno. A principal actividade é a agrogandaría, especializada en vacún de leite. Os espazos naturais máis destacados atópanse nos ríos protexidos no LIC “Río Tambre” onde hai varias áreas de lecer e lugares para facer rutas. No patrimonio cultural destacan as igrexas de Campo e San Pedro de Benza, o pazo de Vilacova, un batán e varios muíños. Área de lecer de Chaián, á beira do Tambre
  • 27. RELEVO Relevo característico da penichaira de Ordes no que destacan os pequenos cumes de formas suaves A maior parte da comarca é unha penichaira de 300-400 m de altitude que ocupa o centro do territorio, cunha suave inclinación cara ao sudoeste que está interrumpida por pequenas lombas de escasa altura. Os cumes máis importantes atópanse nos lindes comarcais. Ao norte o monte Xalo, no nordeste os montes da Tieira, no leste a serra de Montemaior (Cerdeira, con 595 m, a máxima altura da comarca) e o monte Castelo.
  • 28. Monte de San Nicolau (423 m), en Frades. No cume hai unha ermida rodeada dunha carballeira.
  • 29. Gabros no monte Castelo A maioría do territorio está formado por materiais xistosos (do chamado Complexo de Ordes), agás nos cumes do norte e leste onde aparecen granitos e no monte Castelo onde aparecen gabros e rochas básicas. Granitos en Montemaior
  • 30. A vexetación dominante nos cumes é o mato de toxos e breixos e no resto plantacións de piñeiros e eucaliptos. Os cumes máis baixos están aproveitados para pasteiros. Paxariños (Linaria triornitophora). Pódese atopar nos lindes dos bosques e campos. Tuberaria globulariefolia, endemismo do noroeste peninsular
  • 32. Esquío (Sciurus vulgaris), un pequeno mamífero común nos bosques, en especial na áreas con piñeiros. Laverca (Alauda arvensis) cantando no alto do vértice xeodésico do cume do Cerdeira Escribenta liñaceira (Emberiza cirlus)
  • 33. Macizo do Xalo desde os cumes da Cerdeira MONTES DO XALO É un macizo de granito rosa de mica negra situado ao norte da comarca de Ordes, no linde entre Cerceda e a comarca da Coruña. Ten unhas formacións graníticas moi curiosas: bloques, bolos, paredes verticais... O punto máis alto nesta comarca é o Anxelio, con 521 m. Destacan tamén o Arca Aberta (459 m), Pantín (407 m) e San Bartolomeu (460 m). Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre toda a comarca e a costa da Coruña. Accedese desde Cerceda.
  • 35. Vista de Cerceda desde O Xalo
  • 36. Pedra Mazafacha, nos cumes do Xalo
  • 37. SERRA DE MONTEMAIOR Esténdese con dirección NE-SO polo sur da comarca, no linde entre os concellos de A Laracha e Cerdeda. Prolóngase cara ao leste nos montes do Xalo. Os cumes máis destacados na comarca son o Cerdeira (595 m) e O Pedrouzo (518 m). Desde os cumes hai boas vistas sobre toda a comarca e parte da costa. Accedese desde a estrada de Cerceda á Silva.
  • 38. Vista desde o alto da Cerdeira cara á Silva (Cerceda)
  • 39. O Monte do Castelo desde o alto do Picoto MONTES DO CASTELO Están situadno no linde dos concellos de Tordoia, Coristanco, Santa Comba e Val do Dubra. Teñen un grande interese xeolóxico e botánico. Están formados por afloramentos de gabros pouco deformados rodeados por anfibolitas e algún gneis. Neles nacen os regos das cabeceiras do Anllóns, Xallas, Dubra... Nos arredores atópanse brañas con importantes depósitos de turba. Acollen unha flora moi interesante con varios endemismos. Accedese desde a estrada da Silva a Santa Comba.
  • 40. Centaurea ultreiae. Única localización mundial, incluída no catálogo de flora ameazada de Galiza
  • 41. MONTES DA TIEIRA Pequena aliñación que se extende con dirección leste-oeste entre os concellos de Mesía e Cesuras. As abas que dan á comarca de Ordes son suaves e com pouco desnivel, mentras que as que caen cara á de Betanzos son de formas máis abruptas. Os cumes máis destacados son o Picoi (535 m) e o alto de Cabrui (482 m). Accedese desde Cabrui (Mesía).
  • 42. As abas dos montes da Tieira están totalmente cultivadas con pasteiros ou plantación de especies forestais, especialmente eucaliptos
  • 43. OS RÍOS O curso fluvial máis importantes da comarca é o Tambre que percorre o linde sur de leste a oeste e recibe numerosos afluentes que circulan con dirección norte-sur. So unha pequena parte do concello de Cerceda forma parte da conca alta do Barcés, afluente do Mero, e o río da Furoca, tamén afluente do Mero, fai de linde no norte entre Mesía e Cesuras (comarca de Betanzos.
  • 44. Couto de pesca no Tambre Os cursos dos ríos son de pendente suave e forman amplos vales nos que se asentan bosques de ribeira dunha gran biodiversidade. Os ríos son aquí o eixo da vida e articulan o asentamento de numerosos núcleos de poboación. Por todo o seu percorrido son numerosas as áreas de lecer, rutas de sendeirismo e coutos de pesca. Parte do curso do Tambre e os seus afluentes está protexido no LIC “Río Tambre”.
  • 45. Ao longo do curso dos ríos consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros, abelairas, sabugueiros, sanguiños, carballos... Nas beiras do río hai unha rica representación de especies que gostan da auga e das zonas húmidas: fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento femia...), brións, molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, ranúnculos, oucas, pe de boi, reina, adelfiña, herba centella, espiga de auga... Dentabrú (Osmunda regalis), un dos fentos máis chamativos das beiras dos ríos Pé de Boi (Oenanthe crocata)
  • 46. Silene dioica A ouca ou herba da prata (Ranunculus peltatus) florece de marzo a xuño nos leitos dos ríos de corrente lenta Callitriche stagnalis
  • 47. Reina (Filipendula ulmaria) Freixo, unha das árbores máis comúns nas beiras do río Oucas e amieiras
  • 48. Fungo sobre un toro de carballo, nas carballeiras de Aiazo. Os fungos da madeira viven dentro das árbores. Cando acadan o desenvolvemento axeitado e en condicións apropiadas emiten ao exterior os corpos portadores das esporas que serven para reproducírense. Nos bosques de ribeira hai unha gran variedade de fungos.
  • 49. A fauna do río é moi variada. Podemos atopar peixes (troita, espiñento, vermella, anguía...), réptiles (cobra sapeira, cobra de colar...), anfibios (ras, limpafontes, salamántiga galega...), mamíferos (lontra, rata de auga, aguaneiro...), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros, percebellas, mosquitos, frigáneas, barqueiros...), arañas, caracois de auga, e numerosos seres microscópicos. Nas beiras viven aves de ribeira (merlo rieiro, picapeixes, lavandeira) e de bosque (ferreiriños, papuxa...), lesmas, sapos, insectos... O Tambre é un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia splendens, un cabalo do demo en perigo de extinción en toda Europa. Ras verdes (Pelophyllax perezi)Lavandeira branca (Motacilla alba)
  • 50. Cabalo do demo (Aeshna cyanea), un dos insectos máis grandes e chamativos que se atopan nos ecosistemas fluviais Efémera. Ten unha vida longa como larva acuátiva (ata tres anos) e só vive unhas horas en estado adulto
  • 51. Ponte vella no Samo, en Arderís (Oroso) Os ríos conservan ademais un rico patrimonio etnográfico que é testemuña da importancia que tivo noutros tempos a enerxía hidráulica (batáns, muíños...) e numerosas pontes e pontellas.
  • 52. O Tambre en Castro (Mesía), ao pouco de entrar na comarca RÍO TAMBRE Nacer na Serra do Bocelo, discorre lentamente no seu curso alto, encáixase lixeiramente no seu curso medio e vai fondamente encaixado no tramo final do seu percorrido. Despois de 124,5 km desemboca na ría de Muros e Noia. Presenta augas altas de decembro a marzo e estiaxe en agosto. Nesta comarca recolle augas dos concellos de Mesía, Frades, Oroso, Trazo, Tordoia e Ordes. Recibe pola dereita o Maruzo o Samo, o Lengüelle ou Maxarín o Portoferreiro, o Vilariño e o Chonia. O Tambre é un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia splendens, un cabalo do demo en perigo de extinción en toda Europa.
  • 53. O Tambre en Ponte Carreira, na área de lecer da Presa
  • 54. O Tambre em Aiazo (Frades), onde hai unha ampla área de lecer
  • 56. O Tambre en Cardama (Oroso)
  • 57. Área de lecer de Sigüeiro (Oroso)
  • 58. O Tambre en Sigüeiro
  • 59. O Tambre en Chaián (Trazo). Unha ampla área rde lecer cunha carballeira permite gozar da natureza e dar paseos pola beira do río
  • 60. O Tambre en Chaián
  • 61. Bosque de ribeira no río Gaiteiro, o principal afluente do Maruzo RÍO MARUZO Nace nos montes da Tieira e atravesa os concellos de Mesía e Frades. Os principais afluentes son o Muíño Vello e o Gaiteiro. Desauga no Tambre na parroquia dos Ánxeles (Frades). O Maruzo en Cimadevila (Frades)
  • 62. O Samo na área de lecer de Arderís, en Oroso RÍO SAMO Nace nos montes da Tieira e atravesa os concellos de Mesía, Frades e Oroso e xúntase ao Tambre en Cárdama. Os seus principais afluentes son o Traveso, Buxán e Marís. O Samo entre Abellá (Frades) e Olás (Mesía), onde hai un muíño e dúas áreas de lecer
  • 63. O Lengüelle en Xesteda (Tordoia) RÍO LENGÜELLE Nace entre os montes de Pantín e San Bartolomeu, no norte da comarca. Percorre os concellos de Cerdeda, Ordes, Tordoia e Trazo e xúntase ao Tambre na parroquia de Berreo (Trazo). No curso alto chámase Maxarín. Os principais afluentes son Portigo de Vilasenín, Pedrouzo, Cabrón, Viduído, Pontepedra e Fonte Ribeira. Está encorado en Vilasenín (no Portigo) e Vilagudín. O Lengüelle en Numide, entre Ordes e Tordoia
  • 65. Área de lecer de Queixas (Cerceda) no Lengüelle
  • 66. Área de lecer en Ordes, no río Mercurín ou da Fraga, afluente do Lengüelle
  • 67. Encoro de Vilagudín, no que hai un couto de pesca intensiva. Recolle as augas dos ríos Maxarín e Cerdeiras, afluentes do Lengüelle.
  • 68. FERVENZA DE PORTOCIÑOS Na parroquia de Gorgullos (Tordoia), no río Viladabade, da Férveda ou Bustelo, afluente do Lengüelle. A fervenza salva un desnivel de 10 m en tres saltos entre grandes penedos de granito. COMO CHEGAR: na estrada de Pontepedra a Gorgullos e Ordes, ao entrar en Portociños cóllese un cruce á esquerda que indica Férveda e a 1 km chégase a unha ponte onde remata a estrada e desde a que se ve a fervenza.
  • 69. O Chonia en Xavestre RÍO CHONIA Nace en Gorgullos, percorre terreos de Tordoia e Trazo con dirección norte-sur e xúntase ao Tambre en Xavestre. No seu curso consérvanse batáns (Pardal e Neiro de Oa, en Xavestre) e muíños. Batán no Chonia en Oa (Xavestre). Os batáns eran utilizados para mazar e amolecer os tecidos.
  • 70. FERVENZA DE VISANTOÑA Na parroquia de Visantoña (Mesía, no línde con Cesuras). O río da Furoca, afluente do Mero, salva un resalte en xistos e lousas de aproximadamente 8 m de altura en varios saltos. Río abaixo hai outras fervenzas máis pequenas. COMO CHEGAR: desde Mesía (A Igrexa) cóllese a estrada a Visantoña e séguese ata Os Ricos. Ao pouco de pasar o cartel cóllese unha pista á dereita e uns 200 m tómase a pista de terra da esquerda e séguese por ela ata o final cruzando unha área repoboada con especies frondosas (Coto Escolar) e báixase ata o final (uns 3 km). Logo séguese por un sendeiro e báixase ao río. É unha zona onde se pode facer unha ruta polos bosques da beira do río.
  • 71. AS ÁRBORES Carballeira en Frades A maior parte do terreo forestal está ocupado por plantacións de eucaliptos e algúns piñeiro, e pequenas zonas con frondosas. Nas proximidades dos ríos atópanse carballeiras e bosques de ribeira mixtos.
  • 73. Carballo (Quercus robur) de Buscás (Ordes). Atópase no adro da igrexa, ao pé do Camiño de Santiago. Mide 3,75 m de perímetro e na base ten unha grande nórrega.
  • 74. “Carballo Gordo” na Cerdeira (Rodís, Cerceda) -4,33 m de perímetro
  • 75. Oliveira (Olea europaea) na igrexa de Rodís (Cerceda) -2,6 m de perímetro.
  • 76. Piñeiro de Monterrei (Pinus radiata) en Ledoira (Frades). -4,40 m de perímetro
  • 77. Piñeiro de Monterrei (Pinus radiata) en Vilarello (Frades). -4,15 m de perímetro Piñeiro de Monterrei (Pinus radiata) na capela de San Roque de Moar. -3,50 m de perímetro no toro.
  • 78. ESPAZOS PROTEXIDOS O Tambre en Sigüeiro LIC RÍO TAMBRE Espazo de 152 ha que inclúe parte do curso do río Tambre (desde o cruce co Sionlla en Trazo ata Oroso) e parte do curso dos seus afluentes: Lengüelle (cos seus afluentes Mercurín e Cabrón), Samo, Maruzo (co seu afluente o Gaiteiro), o Mera e o Sionlla. Nesta comarca protexe terreos nos concellos de Tordoia, Ordes, Mesía, Trazo, Oroso e Frades. No río podemos atopar diversos biotopos en función da forza da corrente. Nas zonas máis chans fórmanse illas entre as que hai canles de auga remansada. Nestes lugares os bosques de ribeira acadan maior extensión e riqueza. Nas zonas chans de auga remansada a vexetación é mais abundante e nas zonas de corrente so viven nas beiras.
  • 79. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Maio 2017