1. O GALEGO NA IDADE
MEDIA
(O galego antigo ou galego-portugués)
2. HISTORIA DE PORTUGAL
Independencia de Portugal
Ano 1121: Afonso Henriques e a nobreza portuguesa
conseguen a independencia de Portugal.
Galicia queda integrada na monarquía castelá-leonesa.
Separación política = separación lingüística, aínda que non
dunha maneira inmediata pois a fronteira idiomática non se
consolidará ata os séculos XIV e XV.
3. HISTORIA DE GALICIA
Galicia na coroa de Castela
Século XIII: comeza a supeditación política de Galicia á coroa de Castela
(Fernando III o Santo e o seu fillo Afonso X o Sabio). Iníciase moi lentamente o
proceso de penetración do castelán nalgúns ámbitos. Estes monarcas enviaron
forasteiros descoñecedores do galego a ocupar cargos de poder en Galicia e
maniféstase por primeira vez o conflito lingüístico.
Século XIV: na loita dinástica pola coroa de Castela, a nobreza galega apoia a
Pedro I, quen perde o trono en favor de Henrique II de Trastámara. No seu
reinado, como castigo, a nobreza galega comeza a ser substituída por nobres
casteláns.
Século XV: repetiuse unha situación histórica semellante. Isabel a Católica sae
vitoriosa da súa loita dinástica con Xoana a Beltranexa. De novo a nobreza
galega tomara partido pola perdedora. No posterior reinado dos Reis Católicos, os
postos clave da administración e da igrexa pasan a ser ocupados por xente de
fóra, que só fala castelán. Ademais, dende a época dos Reis Católicos,
desenvólvese unha política lingüística uniformadora.
A Igrexa sumouse ao proceso de castelanización, constituíndose nun poderoso
axente de penetración do castelán.
4. A LINGUA
• Séculos IX-XII
O latín era a única lingua que se empregaba na escrita.
A totalidade da poboación era galegofalante.
GALEGO ORAL: dende o século IX.
• Século XIII
O galego convértese en lingua de escritura nos ámbitos
administrativo e xudicial e, por suposto, na literatura.
GALEGO ESCRITO: dende finais do século XII.
5. PRIMEIROS TEXTOS ESCRITOS
• As primeiras mostras de textos escritos en galego-portugués
datan de finais do século XII. Documentos de compravenda,
foros, testamentos, doazóns, querelas criminais e outras
clases de instrumentos xurídico-administrativos testemuñan
ese primeiro uso escrito do noso idioma.
• Ata hai pouco, a Noticia do Torto (1211) e o Testamento de
Afonso II de Portugal (1214), xunto coa cantiga satírica “Ora
faz ost’o senhor de Navarra” de Johán Soares de Paiva (
1196), eran considerados os textos escritos conservados máis
antigos.
Moi recentemente, descubriuse un texto
anterior ao ano 1175 que recolle un pacto entre
dous irmáns para se defenderen mutuamente.
6. ETAPAS DO GALEGO ANTIGO
(séculos IX a XV)
• ETAPA PRELITERARIA (s. IX a XII): documentos
en latín corrompido ou galego protohistórico.
• ETAPA DO GALEGO ESCRITO (s. XII a XV):
ÉPOCA TROBADORESCA (1200-1350): escola
lírica galego-portuguesa. Esplendor.
ÉPOCA POSTROBADORESCA (1350-1500): escola
lírica galego-castelá. Decadencia.
7. CARÁCTERÍSTICAS
DO GALEGO ANTIGO
• Grafía: empréganse diferentes representacións para os sons
que non existían en latín. Por iso, non é raro atopar distintas
grafías para un mesmo son (fillo, filo, filio, filho).
• Fonética, morfoloxía e sintaxe:
Vogais nasais consecuencia da perda do -N- (mão).
Existencia de sibilantes xordas e sonoras representadas polas
grafías ss, s / c, ç, z; x, j / g.
Pronome te/ti para as funcións de CD e CI.
Nomes rematados en -or para masculino e feminino.
Utilización dos posesivos sen artigo.
Existencia de hiatos en verbos como veer e seer.
Participios rematados en -udo.
• Léxico-semántica:
Léxico de orixe provenzal e francesa (assaz=abondo, cobra,
trobar).