Galiza, tras volverse un reino de maior prestixio e independente, trouxo un gran esplendor á lingua galega polo cal foi considerada unha das linguas oficiais xunto co latín. Sen embargo, a finais da Idade Media o castelán influíu perxudicialmente sobre o galego, o que o levou a unha etapa de decadencia.
2.
Introdución
O esplendor medieval
A decadencia
Causas da decadencia
Os Séculos Escuros
Conclusión
Bibliografía
Índice
3.
Galiza, tras volverse un reino de maior prestixio e
independente, trouxo un gran esplendor á lingua
galega polo cal foi considerada unha das linguas
oficiais xunto co latín. Sen embargo, a finais da Idade
Media o castelán influíu perxudicialmente sobre o
galego, o que o levou a unha etapa de decadencia.
Introdución
4.
Durante esta etapa, o galego estaba moi presente
na literatura en xeral e era considerada a lingua
máis axeitada para a lírica trovadoresca. Tamén
tiña unha gran presencia en todo tipo de
documentos e en obras de diversos caracteres.
Nestes momentos, e a pesar da constitución de
Portugal como reino independente, non existen
diferenzas apreciables na lingua falada no
territorio da antiga Gallaecia, polo que pode
falarse dunha lírica galego-portuguesa.
Neste período o galego acha un rango de nivel
internacional, xa que é utilizado por autores de
moi diversos países europeos.
En comparación coa lírica, a prosa literaria
medieval en galego é escasa e tardía.
O esplendor medieval
5.
Dáse entón, no século XIII, unha decadencia na Galiza
da Idade Media ao pasar a depender nos ámbitos
socioeconómico e político que posteriormente afectan a
outros.
A decadencia
6.
A independencia de Portugal, cuxa separación debilitou a Galiza no
aspecto político ao evitar a súa expansión cara ao sur e perder a súa
posición de centralidade.
A unificación das coroas noroccidentais de Galiza, León e Castela, na que o
poder político se despraza lentamente cara Toledo.
As Guerras de Sucesión, nas cales Pedro I perde un enfrontamento, co que
se adentra a aristocracia castelá no territorio galego. Posteriormente os Reis
Católicos someterán tamén á nobreza galega.
O estancamento económico, que deu paso a unha gran crise social
provocada pola presión demográfica, as adversidades naturais e a Peste
Negra.
Por último, a intervención das Revolucións Irmandiñas, nas cales se
enfrontaron os señores feudais e os irmandiños. Éstes pediron axuda a
Isabel de Castela e ella esíxelle unha recompensa pola axuda en forma de
terras, co que o castelán entra en Galiza por segunda vez.
Causas da decadencia
7. Etapa que abarca os s. XVI e XVII.
Caracterízase principalmente polo estado de
prostración e marxinación social do idioma galego.
A situación política caracterizouse pola
superposición e dominio do castelán e a represión
de calquera descontento social.
A situación socioeconómica estaba caracterizada
principalmente por un sistema rendista na Galiza.
No caso da demografía, Galiza constaba dunha
poboación notablemente densa, sen embargo,
cunha moi escasa poboación urbana; tamén afectou
neste punto a emigración a zonas como Andalucía,
Portugal e Castela.
Os Séculos Escuros
8.
Durante a Idade Media, Galiza acadou unha etapa de
esplendor en practicamente todos os ámbitos. Non
obstante, dita etapa foi suprimida e totalmente
modificada dadas as ansias de poder do reino de
Castela, o cal fixo pasar desta esplendorosa etapa a
unha profunda decadencia. A decadencia é unha etapa
da cal aínda quedan restos, mentres que o esplendor do
galego, hoxe en día non é máis que historia.
Conclusión