SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
Download to read offline
1. INTRODUCIÓN Á LEXICOLOXÍA. CONCEPTOS XERAIS
1.1. O léxico: definición
       Entendemos por léxico o conxunto das palabras dunha lingua. Cómpre, porén, precisar que en
sentido estrito e para o estudo estrutural do significado se considera que non todas as palabras
usadas nunha lingua forman parte do léxico: constitúeno só aquelas que designan a realidade
extralingüística (realidades concretas ou nocións abstractas).


       Nalgunhas palabras, por exemplo, en carballo distinguimos dous tipos de significado:
a) o elemento carball (tamén presente, entre outras palabras, en carballeira, carballal, carballeda),
fainos asociar esa palabra coa idea que temos dunha determinada árbore de folla caduca que
produce o froito chamado “landra”. Este significado relaciónase coa realidade extralingüística;
b) o significado achegado polo elemento –o (tamén presente en libro, cabalo, amigo...) indícanos
xénero masculino e número singular. Este significado é gramatical: permite relacionar esa palabra
con outras do seu sintagma. Por exemplo, o artigo que o preceda nunha frase debe ter ese mesmo
xénero e número. Hai unha serie de palabras nas que é posíbel distinguir eses dous tipos de
significado; mais outras como a, de ou que só posúen significado gramatical, non teñen referente
extralingüístico.


       En sentido estrito forman parte do léxico só as palabras do primeiro tipo: denominarémolas
palabras lexicais e son os substantivos, adxectivos, verbos e adverbios de modo. Pola contra as
palabras gramaticais (artigos, pronomes, preposicións, conxuncións e o resto dos adverbios) non
forman propiamente parte do léxico estruturado dunha lingua.


2. A ESTRUTURA DA PALABRA. A DERIVACIÓN
2.1. A estrutura da palabra
2.1.1. Os morfemas
       Como é sabido, a palabra non é a unidade mínima da linguaxe, porque podemos identificar
unidades menores que serían os seus constituíntes. Unha destas unidades menores recibe o nome de
morfema e é a unidade mínima dotada de significante e de significado. Os morfemas poder ser de
dous tipos básicos:




Lama das Quendas                                   1                           Lingua galega
a) Os morfemas léxicos:
       Son morfemas con significado léxico, que remiten á realidade extralingüística indicando un
concepto abstracto, un obxecto ou acción, e indican o significado básico da palabra. Distinguimos
neles entre lexemas e afixos.
   ●   Os lexemas tradicionalmente recibían o nome de raíz ou radical. Constitúen o elemento
       constante e invariábel das palabras flexivas: nen-o, nen-a, nen-o-s, nen-a-s, cheg-a-ba–s,
       cheg-a-ría-s, cheg-a-se-n... Cando ese lexema é o único constituínte da palabra falamos de
       lexemas independentes (Carlos, nada, sempre); cando o lexema necesita ser completado con
       morfemas gramaticais falamos de lexemas dependentes (alt-, galeg-, cerv-, cheg-, com-). A
       existencia dun lexema común é o criterio fundamental para podermos agrupar as palabras en
       familias léxicas (campo, campamento, acampar, acampada, campismo, campestre,
       campesiño, descampado...) . Hai que ter en conta que algunhas familias léxicas poden ser
       irregulares por teren variantes no lexema: razón, racional, racionalismo...; persoa,
       personalidade...
   ●   Os afixos ou morfemas derivativos son unha clase especial de morfemas
       léxicos que permiten crear palabras novas a partir das xa existentes
       (re-pas-a-r, ex-presid-ente, capital-ismo, ardor-os-o, dent-ista, anti-
       con-xel-ante, facil-it-a-r ...) e poden ir antes ou despois do lexema. Os
       morfemas derivativos clasifícanse segundo a súa posición respecto do
       lexema: serán prefixos cando van colocados diante del (desfacer,
       irregular, malgastar) e sufixos cando se colocan despois (brancura, altitude, normal,
       caixeiro). Existen tamén os interfixos ou infixos, que non teñen significación e funcionan
       como consoantes de ligazón para evitar cacofonías entre prefixo e lexema (gas-ometr-ía, en-
       s-anch-a-r) ou entre lexema e sufixo derivativo (nai-c-iñ-a, rei-c-iñ-o). Un tipo especial de
       morfema derivativo é o constituído polos morfemas alterativos (diminutivos e aumentativos):
       aínda que se comportan como os morfemas derivativos porque engaden ao substantivo
       determinados matices (tamaño, valoración, afectividade...) van sempre despois do lexema e
       non producen un cambio de categoría, dúas características que os aproximan aos morfemas
       flexivos.


b) Os morfemas gramaticais:
       Posúen      un   significado   gramatical.   Este   significado   non   vai   referido   á   realidade
extralinguística, senón a aquelas categorías específicas presentes na estrutura gramatical de cada
lingua. Constitúen a parte variábel das palabras flexivas e modifican e precisan o significado dos
lexemas especificando as categorías propias das distintas clases de palabras. Por exemplo, nos nomes
o xénero e o número (alt-o, alt-a; alt-o-s, alt-a-s); nos verbos a conxugación, o modo e tempo e o
número e a persoa (cant-a-ba-mos, esper-a-re-i, lev-a-s) ou o significado da relación no caso das
preposicións e conxuncións: e, sen, porque. Como no caso dos lexemas, hai morfemas gramaticais


Lama das Quendas                                      2                              Lingua galega
libres, que son aqueles que aparecen como palabras independentes (os determinantes, os pronomes,
os verbos auxiliares, as preposicións e as conxuncións), mentres que os demais, que non poden
constituír palabra por si sós, son chamados morfemas gramaticais dependentes ou trabados.


2.1.3. Tipos de palabras
       Tendo en conta os posíbeis modelos estruturais da palabra teriamos os seguintes tipos :
   •   Palabras simples: están formadas por un lexema que pode ir acompañado ou non de
       morfemas gramaticais (escur-o-s, neg-a-ba-s, louc-o, dur-a-se-n, mar).
   •   Palabras derivadas: están formadas por un lexema e por un ou máis morfemas derivativos. A
       este conxunto chamámoslle tema. Despois do tema poden aparecer morfemas gramaticais
       flexivos (escur-idade, libr-eir-o, can-in-os, neg-a-ción-s, fart-ura, dur-eza, chov-isc-a-ba, des-
       leal-dade). Frecuentemente as palabras derivadas son un tipo de unidade diferente á da
       palabra base, permitindo os morfemas derivativos a formación de adxectivos a partir de
       substantivos (hospital • hospital-ari-o), substantivos a partir de adxectivos (leal • leal-dade),
       verbos a partir de substantivos ou adxectivos (rastro • rastr-ex-a-r, débil • debil-it-a-r) ou de
       adverbios a partir de adxectivos (forte • forte-mente).
   •   Palabras compostas: As palabras compostas máis habituais están formadas por máis dun
       lexema (pasatempo, xirasol, augardente). Existen tamén as palabras compostas gramaticais,
       formadas por palabras cuxos constituíntes son morfemas gramaticais e non léxicos (este outro
       • estoutro, de un • dun, con o • co) ou por unha palabra gramatical e outra léxica (por vir •
       porvir; todo poderoso • todopoderoso).
   •   Palabras complexas: Consisten en frases fixas, formadas por
       palabras independentes noutros             contextos pero que nese
       conxunto frásico non o son, cunha orde ríxida e sen que se
       poidan   nin   intercalar   nin   elidir   elementos:   vichelocrego,
       fervellasverzas.
   •    Palabras parasintéticas: Temos parasíntese cando nunha palabra
       se dá prefixación e sufixación a un tempo e de maneira
       combinada (en-soberb-ec-er, empobr-ec-e-r, porque non existen
       nin prefixo con lexema (*ensoberbo, *empobre) nin lexema con
       sufixo (*soberbecer, *pobrecer). Fálase tamén nestes casos de circunfixos ou morfemas
       derivativos descontinuos. O morfema derivativo sería así o conxunto de prefixo e sufixo


2.2. A formación de palabras por derivación
       A derivación é o procedemento máis habitual que temos en galego para crearmos palabras
novas, que poden ser dunha clase gramatical diferente á da palabra base só (adx.) • soidade (subst.).
Para a derivación utilizamos diferentes afixos, que poden ir colocados antes do lexema (prefixos) ou
despois do lexema (sufixos).


Lama das Quendas                                      3                          Lingua galega
O rendemento de sufixos e prefixos é bastante variábel. Hai algúns frecuentísimos (des-, in-,
-eir, -os, -al, -ismo, -ción, -sión...) en tanto que outros teñen un uso máis limitado e a súa
capacidade de xerar novas palabras é máis reducida.


2.2.1. Derivación por prefixación
         Colocamos un afixo antes do lexema. Re + ler = reler, in + capaz = incapaz, a + normal =
anormal, des + cargar = descargar, etc. Por outra parte, a conexión semántica entre o prefixo e a
base non é tan ríxida como a que se dá entre esta e o sufixo, pois está máis presente a idea de
derivación na mente dos falantes, o que xustifica a aparición ás veces de trazos de separación (ex-
director).


           En coincidencia cos sufixos, si é tamén frecuente a alomorfía nos prefixos, unhas veces
motivada polo fonema inicial da palabra base (insuficiente, imposíbel, irreal, ¡legal) e outras veces
explicábel etimoloxicamente pola convivencia dunha forma latinizante con outra patrimonial
(interposición / entremeter, superabundancia / sobrealimentación


          Algúns destes prefixos constituíron derivados na lingua de orixe sen que hoxe exista o seu
lexema como palabra independente en galego (acéfalo, amorfo), feito que se estende a outros casos
como metamorfose ou dispersar.


          En relación con isto está a problemática dos nomes gregos ou latinos que se engaden aos
lexemas a modo de prefixos para formaren novas palabras pertencentes ao léxico técnico ou
científico de carácter internacional: televisión, videoxogo, electrodoméstico. Ou ben se consideran
neoprefixos, ou ben partes integrantes de neocompostos1.


                        prefixo                 significado                         exemplos
de orixe grega          an-, a-                 carencia, privación                 anarquía, amoral
                        ana-                    contrariedade, inverso              anacronía
                                                conformidade                        analoxía
                        anfi-                   dunha e doutra parte                anfibio, anfiboloxía
                        anti-                   oposición, actuación en contra de   antiheroe,
                                                                                    antinéboa
                        apo-                    posición contraria                  apóstata
                        arqui-,          arce-, posición superior                   arquipélago,
                        arque-                                                      arcebispo




1Destes falaremos no apartado da composición.


Lama das Quendas                                            4                           Lingua galega
cata-             movemento cara abaixo                  catabolismo,
                                                                           catacumba
                                    totalmente                             cataclismo,
                                                                           catástrofe
                                    distribución, orde                     catálogo
                  dia-              movemento a través                     diacronía,
                                                                           diapositiva
                                    separación                             diafragma
                  dis-              dificultade, anomalía                  disfunción, dislexia
                  endo-             interioridade                          endócrino,
                                                                           endocardio
                  epi-              posición superior                      epiderme, epígrafe
                  eu-               ben, bo                                eufemismo,
                                                                           eutanasia
                  hiper-            posición superior, exceso              hipérbole,
                                                                           hipertensión
                  hipo-             posición inferior, escaseza            hipoteca,
                                                                           hipoderma
                  meta-             alteración                             metátese,
                                                                           metafonía
                  para-             á beira de                             paráfrase,
                                                                           paramilitar
                  peri-             arredor de                             perímetro, perífrase
                  sin-              simultaneidade, compañía               sincronía, sinfonía
de orixe latina   ab-, abs-, a-     afastamento, separación                aversión, abdicación
                  ad-, a-           aproximación, dirección                adverbio, achegar
                  ante-             anterioridade                          antepasado,
                                                                           anteollos
                  circum/n-         arredor de                             circumpolar,
                                                                           circuncidar
                  cis-              do lado de acó                         cisxordano
                  com-, con-, co-   contigüidade, compañía                 confraternidade,
                                                                           cohabitar
                  contra-           oposición, contrariedade               contranatural,
                                                                           contradicir
                                    segundo lugar                          contraalmirante
                  de-               inversión, separación, privación       demérito, deforme,
                                                                           decaer
                  des- de-          acción       contraria,   eliminación, desequilibrio,
                                    carencia                               desigual, desalgar
                                    exceso                                 descarado
                  dis-, di-         carencia, ausencia, separación         disimetría, dispar,


Lama das Quendas                                  5                            Lingua galega
disgregar
                   ex-, es-, e-       movemento cara fóra                   emanar, expatriar
                   ex-                estado ou posición anterior           ex-alumno,      ex-
                                                                            alacalde
                                      negación, privación                   exánime
                                      intensificación                       exclamar,
                                                                            exterminar
                   extra-             fóra de                               extramuros,
                                                                            extraordinario
                                      moi                                   extrafino
                   in-, im-, i-       negación, privación                   ilexíbel, incivil
                   in-, im-, en-, em- movemento cara a dentro               ingresar, embarcar
                   inter-, entre-     posición intermedia                   interdental,
                                                                            entreabrir
                   inter-             relativo a varios                     internacional,
                                                                            interurbano
                   intra-             interior                              intrauterino,
                                                                            intramuscular
                   intro-             movemento para dentro                 introvertido,
                                                                            introducir
                   ob-, o-            fronte a, confrontación               opoñer
                   per-               intensidade                           perdurar, perseguir
                   pos-, post-        posterioridade                        posguerra,
                                                                            postoperatorio
                   pre-               anterioridade                         prenatal, presupor
                   pro-               movemento cara diante                 prolongar, promover
                                      en lugar de                           pronome, procónsul
                   re-                movemento cara atrás                  recuar, retraer
                                      repetición                            rearmar, reler
                                      intensificación                       reafirmar,
                                                                            rebrandecer
                   retro-             movemento cara atrás                  retrovisor
                   sub-, su-, so-     inferioridade                         subcomisión,
                                                                            soportal


2.2.2. Derivación por sufixación
       Colocamos un sufixo despois do lexema. Predic(ir) + ción = predición; branco + ura= brancura,
sinxelo + eza = sinxeleza, mozo + idade= mocidade, etc.


       Ás veces, entre o lexema ou raíz e o sufixo derivativo aparece unha consoante de ligazón
(interfixo), que non ten ningún valor gramatical e cuxa función é a de facilitar a pronuncia e evitar a
cacofonía: cafe-t-eira.


Lama das Quendas                                  6                              Lingua galega
2.2.3. Derivación sen sufixo ou regresiva
          Este é un proceso de derivación especial, xa que hai palabra derivada, mais non morfema
derivativo, razón polo que algúns gramáticos non a consideran como verdadeira derivación. Se na
prefixación ou na sufixación engadimos un elemento ao lexema, na derivación regresiva reducimos o
corpo da palabra primitiva: pechar • peche, cortar • corte, sacar • saque, amarrar • amarre, etc.
En todos estes casos o que se fai é adaptar a terminación da forma verbal á terminación propia das
formas nominais. Nalgúns destes casos é difícil determinar se a forma nominal deriva do verbo ou
acontece á inversa.


          Algúns sufixos apreciativos ou alterativos:
                                              Forma                                    Exemplos
                                              -iño / -iña                              carriño, mesiña, xoíña
                                              -elo / -ela                              fontela, soutelo
                                              -echo / -echa                            pequecho, bolecha
                                              -ete / -eta                              vellete, saqueta
                                              -ico / -ica                              fachico, choromica
Diminutivos                                   -ote / -ota                              rillote, vellote
                                              -olo / -ola                              raparigola, cabezolo
                                              -uco / -uca                              leiruco, mulleruca
                                              -ucho / -ucha                            Carmucha, Pepucho
                                              -ucho / -ucha                            Carmucha, Pepucho
                                              -uxo / -uxa                              Catuxa
                                              -azo / -aza                              festaza
Aumentativos                                              2
                                              -ón / -ona                               casona, zapatón
                                              -aco / -aca                              libraco
                                              -allo / -alla                            borralla
                                              -acho / -acha                            regacho, fiacha
                                              -ancho / -ancha                          ferrancho
Despectivos
                                              -ucho / -ucha                            casucha
                                              -ello / -ella                            casarello
                                              -exo / -exa                              lugarexo
                                              -oupo / -oupa                            casoupa

O sufixo -IÑO/-IÑA, un dos máis rendíbeis no galego, ten os seguintes valores:
a) propiamente diminutivo, modificando o sentido dun substantivo concreto coa noción de menor
tamaño: a mesiña de noite.
b) intensificador, fundamentalmente con adxectivos, indefinidos e adverbios: o ceo está clariño;
hoxe non fixen nadiña.
c) expresa o sentimento de afecto do falante sobre determinado ser ou obxecto: despois de xantar
non perdoa a súa sestiña.
d) en función apelativa úsase procurando o favor ou boa disposición do interpelado: tes que ser boíño
e axudarme; sentidiño, rapaces, non fagades esa tolería.

2Hai unha serie de substantivos en que a terminación –ón non é sufixo : campión, ladrón, patrón… Nestes casos a forma feminina presenta a
solución –oa: campioa, ladroa, patroa…


Lama das Quendas                                                    7                                      Lingua galega
e) aínda que menos frecuente, tamén pode ter valor despectivo: que vas esperar desta xentiña ?


          Algúns sufixos nocionais ou derivativos aplícanse ás bases antes dos sufixos flexionais. Como
base adóptase, en xeral, a de masculino e singular, no caso dos substantivos. Hai excepcións como
mullerío, vaqueiro ou galiñeiro que proveñen da forma feminina.


           Os sufixos que crean nomes sobre bases verbais incorporan, en xeral, a vogal temática do
verbo, pero hai tamén bases atemáticas: repar-a-r > repar-a-ción, restitu-í-r > retitu-ción.
Xeralmente a vogal temática correspondente á derivación da CI é /a/, en tanto que nas da CII e CIII
pode ser diferenciada /e/, /i/ ou única /i/ (repar-a-dor, repart-i-dor, convenc-e-mento; mov-í-
bel/mov-i-ble.


a)                           Forma                               Exemplos
                             -ada                                estacada, ramada
                             -ado                                alumnado, profesorado
                             -axe                                follaxe
                             -ame / -amia                        cordame, dentamia
                             -dura                               dentadura
Colectivos
                             -aria / -ario                       poemario, maquinaria
                             -eiro / -eira                       cancioneiro, cabeleira
                             -al                                 instrumental, areal
                             -menta                              osamenta
                             -edo / -eda                         arboreda, rochedo
                             -eiro / -eira                       piñeiro, figueira
                             -eiro / -eira                       carballeiro, erbedeiro
Vexetais                     -al                                 canaval
                             -ido / -edo / -eda                  figueirido, piornedo
                             -ar                                 olivar, pomar
                             -ario                               herbario, incensario
                             -eiro                               billeteiro, botelleiro
Locativos
                             -eira                               leñeira
                                           3
                             -ería / -aría                       librería, libraría
Temporais                    -ada                                alborada, invernada
                             -eira                               sementeira
                             -ía                                 invernía, nordesía
                             -ada                                badalada, coitelada
                             -azo                                estacazo, fungueirazo
Acción
                             -ada                                cuada, fuciñada
                             -ada                                cacicada, parrulada
                             -erio / -eira                       barbeiro, zapateiro
Profesión                    -ario / -aria                       bibliotecaria, empresaria
                             -ista                               artista, ebanista

3Estes dous sufixos son, en xeral, intercambiábeis. Non admiten a solución –ería os derivados da palabra base en –ario (comisario, notario).
Por seren derivados do francés no admiten a solución en –aría: batería, galería, galantería e mercería.


Lama das Quendas                                                      8                                       Lingua galega
b) sufixo –idade, -edade, -dade: forma substantivos abstractos sobre unha base nominal co
significado de “calidade de”.
Enfermo > enfermidade; heteroxéneo > heteroxeneidade; feliz > felicidade; moral > moralidade;
                              4
amable > amabilidade ; cruel > crueldade.
           Os adxectivos orfo (> orfandade), bo (> bondade) e virxe (> virxindade) utilizan a variante –
ndade, que remite a un momento da historia en que estas palabras tiñan vogal nasal. Os adxectivos
amigo e inimigo non seguen ningunha regra pois son amizade e inimizade. Neste mesmo grupo de
irregulares inclúense saudade, dificultade e facultade, que non se forman sobra bases adxectivas.


c) Sufixo –nte: crea nomes derivados de verbos. Engádese á base verbal composta polo lexema e a
vogal temática.
Fabric+a-r > fabricante; val+e-r > valente; o+í-r > oínte
           A gran dificultade deste sufixo é que nalgúns verbos da CIII o derivado non é regular, senón
que entra por vía culta, polo que presenta a vogal temática –e- ou –ie-: incidir > incidente; afluír >
afluente; nutrir > nutriente. Outros casos anormais son servente e dormente de servir e durmir.


d) Sufixo –anza / -ancia, -enza / -encia, -iencia, -uencia. Forma substantivos sobre unha base
verbal. Significa “acción ou efecto de”. Os alomorfos varían segundo a palabra sexa culta ou popular.
Nestas últimas aparece –anza, -enza (perseveranza, habenza, doenza); nas cultas ou máis recentes as
outras variantes (resonancia, urxencia, incidencia, afluencia).
            Esta dualidade tamén se dá en palabras non derivadas como diferenza, indiferenza,
sentenza, presenza, pertenza, licenza; ganancia, vixencia, ciencia, conciencia, deficiencia,
consecuencia, delincuencia.
           O mesmo acontece con -za, -zo (avinza, cobiza, graza, desgraza, terza, terzá, terzar,
xustiza, axustizar, inxustiza, finanza, preguiza, cansazo, postizo, andazo, espazo, espazoso, espazar,
espazador, prezo, desprezo, menosprezo, prezar, desprezar, servizo, servizal, terzo, xuízo, axuizar,
prexuízo) fronte a -cia, -cio (avaricia, delicia, milicia, noticia, pericia, suspicacia, perspicacia,
pertinacia, anuncio, beneficio, bulicio, comercio, desperdicio, exercicio, negocio, sacrificio,
silencio).


e) Sufixos para a formación de xentilicios:
            Para a formación dos xentilicios baseados en nomes de lugar galegos empréganse os
alomorfos -án / -a (compostelán/compostelá, ourensán/ourensá, muradán/muradá), -es / -esa
(cambadés/cambadesa, vilanovés/vilanovesa, vigués/viguesa), -ense (pobrense, miñense, bañense,
tudense, pastoricense), -ego / -ega (chairego/chairega), -eiro / -eira (betanceiro/betanceira), -¡no
(fonsagradino/fonsagradina, monfortino/monfortina).




4Os adxectivos en –ble / -bel empregan a base latina.

Lama das Quendas                                        9                         Lingua galega
Os lugares do bloque centro-oriental poden presentar un xentilicio coa terminación dialectal
-ao,   á    (lancarao/lancará,       melidao/melidá,       masidao/masidá,   dezao/dezá,   courelao/courelá,
cortegao/cortegá...).
           Para formar os xentilicios baseados en nomes de lugar non galegos empréganse, ademais dos
mesmos sufixos que se utilizan para formar os galegos (catalán/catalá, alemán/alemá, afgán/afgá;
alavés, albanés, bahamés; aveirense, badaxocense, canadense; habaneiro, capoeiro, sampauleiro,
santiagueiro; filipino, triestino, palestino, arxentino, herculino, mallorquino, menorquino), estoutros:
-ano/-ana:tebano/tebana, cubano/cubana, mozambicano/mozambicana, alsaciano/alsaciana...
-iano/-iana: caboverdiano/caboverdiana, azoriano/azoriana, laosiano, ecuatoriano...
 5
-í : magrebí, fecí, bengalí, beirutí, paquistaní...
-eño/-eña: caribeño, rondeño, porteño, malagueño, xibraltareño...
-arra: bilbotarra, biarriztarra, donostiarra.
-enco/-enca: sabadellenco, flamenco...
-ón/-oa: bretón/bretoa, teutón/teutoa, saxón/saxoa.
           Outras terminacións menos rendíbeis son as que aparecen en monegasco croata, polaco,
andaluz, provenzal, europeo, biscaíño, español...


f) Sufixo –ez/-eza: crea substantivos que indican a posesión dunha calidade. Non hai regra fixa para
saber cando levan un ou outro. En principio, levan sufixo –ez os adxectivos esdrúxulos (acidez,
placidez, flaccidez, lucidez...), con excepción de morbideza e aspereza. Agora ben, hai substantivos
graves e agudos que levan esta terminación (fluidez, honradez, redondez, mudez, sandez, vellez,
nenez, preñez, pequenez, viuvez...). altivo e maduro permiten as dúas solucións altivez/altiveza,
madurez/madureza.


g) Sufixo –deiro/-deira: forma adxectivos sobre unha base verbal. Indica “coa característica acusada
de” (faladeiro, andadeiro), e substantivos co valor de “obxecto que serve para” (escumadeira,
cebadeiro, abrazadeira...). algúns tamén indican “lugar onde se realiza algún labor” (fiadeiro,
picadeiro...)


h) Sufixo –doiro/-doira: sobre unha base verbal forma substantivos que indican “lugar onde”
(ancoradoiro, embarcadoiro, secadoiro, pousadoiro); e créanse con el substantivos que indican
“obxecto que serve para” (rascadoiro, zoscadoiro, rapadoira...).


i) Sufixo –dor: serve, fundamentalmente, para crear adxectivos que indican “que realiza unha certa
actividade” (reparador, aforrador, loitador, explotador, conservador, ameazador...)
           Emprégase para formar substantivos que expresan “máquina ou obxecto que realiza unha
determinada función” (recolledor, calzador, sintonizador, amortecedor, acendedor, batedor,

5Sufixo de orixe árabe que se emprega sobre topónimos desta orixe.

Lama das Quendas                                           10                         Lingua galega
malladora, ambientador, procesador) ou “profesión” (escribidor, inquisidor, cazador, secuestrador,
narrador, serrador, enterrador, presentador...)


k) Sufixo –torio: Crea substantivos e adxectivos de carácter culto, que indican “lugar no que se fa¡”
(locutorio, sanatorio, reformatorio, dormitorio, escritorio .. ) e “instrumento ou obxecto que serve
para” (reclinatorio, anovulatorio, recordatorio... ). Os adxectivos indican “relativo a” (depredatorio,
obrigatorio, depilatorio...)


l) Sufixo -an, -á / -án, -ana /-ano, -ana: O sufixo -ano, -ana emprégase para crear adxectivos que
indican a posesión dunha característica ou dunha propiedade. Emprégase en palabras que entraron
recentemente no idioma ou de nova creación: anglicano, anglicana, diluviano, republicano,
republicana; humano, humana; franciscano, franciscana; paisano; provinciano, provinciana;
rosaliano, rosaliana; pondaliano, pondaliana; ferriniana...
           O sufixo -án, -ana úsase para crear adxectivos que indican a posesión dunha
determinada calidade, especialmente se é negativa: testán, toleirán, parvallana; lordana; carallana;
cabezán.
            O sufixo -án, -á úsase para crear adxectivos xentilicios (catalán, alemán, mariñá)l e
empregouse noutros momentos da historia da lingua para crear adxectivos caracterizadores: cidadán,
cristián, pagán, rufián, livián, temperán, musulmá. A mesma terminación posúena os substantivos
                                                                                        6
irmán, curmán, capitán, curmán, escribán, sancristán, sultán...


3. PALABRAS COMPOSTAS E COMPLEXAS. OS NEOLOXISMOS
3.1. A composición das palabras
          As palabras compostas son aquelas formadas pola combinación de máis dun lexema: xirasol
(xira + sol) augardente (auga + ardente) beirarrúa (beira+ rúa).
          Algunhas palabras que orixinariamente eran compostas e recoñecíbeis como tal polos falantes
poden estar hoxe tan alteradas que xa non se distinguen os seus elementos constituíntes, de modo
que, desde unha perspectiva estritamente sincrónica, podemos consideralas como simples: é o caso
de fidalgo = «fillo + de + algo»


     ●    Nas palabras compostas por xustaposición os dous elementos constituíntes conservan a súa
          independencia fónica, aínda que o significado da palabra composta sexa xa diferente ao dos
          lexemas constituíntes. Van grafados como palabras independentes (arco da vella, cabaliño do
          demo, porco bravo), ou mediante trazo ou guión (galego-portugués, socio-pedagóxico, árabe-
          israelí).



6Un dos principais erros ó empregar estes sufixos débese á súa aparición en determinadas palabras ás que non ¡les corresponde. Ha¡ casos
nos que, por tratarse dunha forma popular, debería aparecer -án (livián) e úsase -ano (*liviano) ou, por ser unha palabra culta, tería que
aparecer -ano (humano, urbano) e emprégase -án (*humán, *urbán).


Lama das Quendas                                                     11                                       Lingua galega
●   Nas palabras compostas por aglutinación, os dous elementos están máis intimamente
       soldados, de maneira que van grafados como unha única palabra (gardameta) ou
       experimentan mesmo procesos de crase ou de disimilación: augardente, cabodano,
       verdinegro.


4. Os neocompostos
        Outro tipo particular de compostos son os chamados neocompostos ou compostos eruditos,
que constitúen un número moi destacado de palabras, pertencentes principalmente ao léxico técnico
ou científico. Formáronse modernamente na lingua a partir de lexemas polo xeral latinos ou gregos.
A palabra composta non existía como tal na lingua orixinaria nin existe tampouco como norma cada
constituínte autonomamente en galego.


        Os neocompostos proceden na súa maioría do latín (agricultura), do grego (antropófago) ou
son híbridos greco-latinos (automóbil) ou do latín e do grego (socioloxía); de entre os moi numerosos
exemplos pódense citar: paleografía, bibliografía, filoloxía, antropoloxía, arboricultor piscicultura,
vermicida, fratricida, carnívoro, aerofaxia, cacofonía, calidoscopio, demagogo, dactilografía,
filántropo, misóxino, ortodoncia, pedagoxía, tecnocracia, toponimia, xenofobia, cefalalxia, teólogo,
helicóptero, radioscopia, fisioterapia, nigromancia, etc. Mais tamén poden proceder, aínda que en
número moitísimo menor, doutras linguas, como árabe e grego (alcolímetro), francés e grego
(burocracia) ou latín e inglés (motocross).


       Na práctica existen moitos problemas á hora de delimitarmos os neocompostos e grandes
discrepancias entre os estudiosos. Partíndomos da consideración dos neocompostos como a unión de
dúas bases lexicais procedentes de linguas diferentes ao galego e non operantes nel por separado
hoxe en día como norma xeral, algúns dos seus primeiros constituíntes acabaron por se xeneralizar e
popularizar na lingua, pasando a funcionaren como neoprefixos e, por tanto, dando lugar a palabras
derivadas por prefixación.


        O mesmo aconteceu con algúns dos segundos constituíntes dos neocompostos, que acaban por
funcionar como neosufixos na lingua actual ao permitiren a creación de neoloxismos acrecentados a
bases galegas e xa non greco-latinas (aínda que si a imitación dos compostos que estas forman). Así
temos, por exemplo, dedocracia (de acordo co modelo de democracia), gasoduto (a imitación de
acueduto), gatofilia, aulofobia, depormanía, mercadotecnia..., onde -cracia, -auto, -filia, -fobia,
-manía ou -tecnia se comportan como novos sufixos nocionais.


Dámos a continuación unha lista cos principais elementos:
De orixe latina
1. Primeiro elemento


Lama das Quendas                                 12                            Lingua galega
AGRI                   campo                 agrimensor, agricultura
AMBI                   ambos                 ambivalente, ambidextro
ARBORI-                árbore                arborícola, arborecida
AVI-                   ave                   avicultura, avícola
BIS/BI-                dúas veces            bípede, bisavó
CALCI-                 cal, calcio           calcífero, calcímetro
CALORI-                calor, temperatura    calorífero, calorímetro
CARBO-                 ácido carbónico       carbonato, carbonífero
CASE-                  queixo                caseificar, caseína
CRUCI-                 cruz                  crucíferas, crucifixo
CUADRI-                catro                 cuadrúpede, cuadrilátero
CURVI-                 curvo                 curvilíneo, curvímetro
EQUI-                  igual                 equidistante, equivaler
FERRI/FERRO-           ferro                 ferrífero, ferrocarril
IGNI-                  lume                  ignífugo, ignició
LOCO-                  lugar                 locomoción, locomotriz
MOTO-                  motor                 motociclo, motocultivo
MULTI-                 moito                 multiforme, multicelular
OLEP/OLEO-             aceite                oleoduto, oleicultura
OMNI-                  todo                  omnipotente, omnívoro
PEDI-                  pé                    pediluvio, pedicuro
PISCI-                 peixe                 piscicultura, pisciforme
PLURI-                 moitos, varios        pluriforme, plurilingüe
RADIO-                 raios X,              radiografía, radioterapia
SEMI-                  metade, parcial       semicírculo, sentiautomático
TRI-                   tres                  tricolor, tritongo
UNI-                   un                    unísono, unicornio
VERMI-                 verme                 vermífugo, vermicida

2. Segundo elemento
-CIDA             que mata                  suicida, fratricida
-COLA             que cultiva ou habita     vitícola, arborícola
-CULTURA          acto de cultivar          apicultura, piscicultura
-FERO             que contén ou produce     aurífero, frutífero
-FORME            que ten forma de          cuneiforme, floriforme
-FUGO             que foxe ou fa¡ fuxir     centrífugo, febrífugo
-PARO             que enxendra              multíparo, ovíparo
-PEDE             pé                        palmípede, velocípede
-SONO             que soa                   horrísono, unísono
-VORO             que come                  carnívoro, herbívoro
-XERO             que contén ou produce     flamíxero



De orixe grega
1. Primeiro elemento
AERO-                  aire                  aerofaxia, aeronave
ANEMO-                 vento                 anemógrafo, anemómetro
ANTROPO-               home                  antropófago, antropoloxía
ARQUEO-                antigo                arqueoloxía, arqueozoico
AUTO-                  de si mesmo           autobiografía, autógrafo
BIBLIO-                libro                 biblioteca, bibliografía
BIO-                   vida                  biografía, bioloxía
CACO-                  malo                  cacofonía, cacófago
CALI-                  fermoso               caligrafía, calidoscopio


Lama das Quendas                                13                          Lingua galega
CICLO-         círculo             ciclomotor, ciclometría
CITO-          cavidade, célula    citoloxía, citoplasma
COSMO-         mundo               cosmoloxía, cosmovisión
CROMO-         cor                 cromosoma, cromolitografía
CRONO-         tempo               cronoloxía, cronómetro
DACTILO-       dedo                dactilografía
DECA-          dez                 decaedro, decálogo
DEMO-          pobo                democracia, demagogo
DI-            dous                disílabo, dicotomía
ELECTRO-       electricidade       electroimán, electroscopio
ENNEA-         nove                enneasílabo, enneágono
ETNO-          raza, pobo          etnografía, etnoloxía
FARMACO-       medicina            farmacoloxía, farmacopea
FILO-          amigo               filoloxía, filosofía
FISIO-         natureza            fisioloxía, fisionomía
FONO-          voz, son            fonógrafo, fonoloxía
FOTO-          luz, fogo           fotómetro, fotosfera
GASTRO-        estómago            gastroenterite, gastronomía
HELIO-         sol                 heliografía, heliocéntrico
HEMI-          metade              hemisferio, hemistiquio
HEMO/HEMATO-   sangue               hematoma, hemofilia
HENDECA-       once                hendecasílabo, hendecágono
HEPTA-         sete                heptágono, heptasílabo
HETERO-        outro               heterodoxo, heteroxéneo
HEXA-          seis                hexágono, hexaedro
HIDRO-         auga                hidróxeno, hidrografía
HIPO-          cabalo              hipódromo, hipopótamo
HOM(E)O-       semellante          homófono, homeopatía
ICTIO-         peixe               ictioloxía, ictiosauro
ISO-           igual               isócrono, isósceles
LITO-          pedra               litografía, litosfera
MACRO-         grande              macroscopia, macrobiótica
MEGA(LO)-      grande              megaterio, megalomanía
MELO-          canto               melodía, melómano
MESO-          medio               mesocarpo, mesolítico
MICRO-         pequeno             microscopio, microclima
MIRIA-         dez mil, numeroso   miriámetro, miriápodos
MISO-          que odia            misóxino, misántropo
MITO-          fábula              mitoloxía, mitómano
MONO-          un só               monarca, monótono
MORFO-         forma               morfema, morfoloxía
NECRO-         morto               necrópole, necroloxía
NEO-           novo                neolatino, neoloxismo
NEURO-         nervio              neuroloxía, neurastenia
OCTO-          oito                octosílabo, octaedro
ODONTO-        dente               odontoloxía, odontite
OFTALMO-       ollo                oftalmoloxía, oftalmoscopio
ONOMATO-       nome                onomatopea, onomatoloxía
ORO-           montaña             oroxenia, orografía
ORTO-          correcto, recto     ortografía, ortodoncia
PALEO-         antigo              paleografía, paleolítico
PAN-           todos, todo         panteísmo, panhelenismo
PATO-          doenza patoloxía,   patóxeno
PED-           neno                pediatría, pedagoxía
PENTA-         cinco               pentágono, pentagrama
PIRO-          lume, fogo          pirotecnia, pirómano
PNEUMO-        pulmón              pneumonía, pneumotórax


Lama das Quendas                     14                          Lingua galega
POLI-                 moito              políglota, policlínico
POTAMO-               río                potamografía, potamoplancton
PROTO-                primeiro           prototipo, protoplasma
PSEUDO-               falso              pseudociencia, pseudónimo
PSICO-                alma, espírito     psicoloxía, psiquiatría
QUILO-                mil                quilogramo, quilómetro
QUIRO-                man                quiromancia, quirópteros
RINO-                 nariz              rinoplastia, rinoceronte
RIZO-                 raíz               rizotónico, rizópodos
SIDERO-               ferro              siderurxia, sideróxeno
TAQUI-                rápido             taquicardia, taquigrafía
TECNO-                ciencia, técnica   tecnoloxía, tecnocracia
TELE-                 lonxe              teléfono, telegrama
TEO-                  deus               teoloxía, teocracia
TERMO-                quente, calor      termómetro, termodinámica
TETRA-                catro              tetraedro, tetrasílabo
TIPO-                 figura, marca      tipoloxía, tipografía
TOPO-                 lugar              toponimia, topografía
TRI-                  tres               trisílabo, trípode
XENO-                 estranxeiro        xenofobia, xenomanía
XEO-                  terra              xeografía, xeofísica
XILO-                 madeira            xilófono, xilografía
ZOO-                  animal             zooloxía, zoofilia

2. Segundo elemento
-AGOGO            que conduce            demagogo, pedagogo
-ALXIA            dor                    neuralxia, cefalalxia
-ARCA             que manda              patriarca, xerarca
-AROUíA           mando                  oligarquía, monarquía
-CÉFALO           cabeza                 dolicocéfalo, oligocéfalo
-CRACIA           poder                  democracia, aristocracia
-DOXO             que opina              heterodoxo, ortodoxo
-DROMO            lugar para correr      hipódromo, canódromo
-EDRO             base, cara             poliedro, icosaedro
-FAGO             que come               antropófago, cacófago
-FILIA            amizade                hemofilia, halterofilia
-FILO             amigo                  bibliófilo, columbófilo
-FOBIA            inimizade              hidrofobia, claustrofobia
-FOBO             inimigo                xenófobo, hidrófobo
-GAMIA            casamento              monogamia, endogamia
-GLOSA/GLOTA      lingua                 políglota, ¡isoglosa
-GRAFíA           escrita, descrición    ortografía, xeografía
-GRAFO            que escribe            polígrafo, biógrafo
-GRAMA            escrita                telegrama, epigrama
-LATRíA           culto                  idolatría, iconolatría
-LOGO             que fala ou trata      teólogo, filólogo
-LOXíA            discurso, ciencia      arqueoloxía, tecnoloxía
-MANCIA           adiviñación            quiromancia, nigromancia
-MANO             tolo, inclinado        mitómano, megalómano
-MAQUIA           combate                tauromaquia, naumaquia
-METRíA           medida                 antropometría, xeometría
-NOMíA            le¡, regra             economía, autonomía
-PODO             pé                     miriápodos, artrópodos
-POLE             cidade                 metrópole, necrópole
-PTERO            que ten ás             helicóptero, ápteros
-SCOPIA           acto de ver            microscopio, radioscopia


Lama das Quendas                           15                           Lingua galega
-SOFíA                    sabedoría                    filosofía, teosofía
-TECA                     lugar onde se garda          biblioteca, hemeroteca
-TERAPIA                  cura                         fisioterapia, hidroterapia
-TOMíA                    corte, división              dicotomía, neurotomía

4. AS FAMILIAS LÉXICAS
4.1. Que é unha familia léxica?
          Cando agrupamos as palabras segundo un criterio da afinidade semántica temos o chamado
campo lexical. Así, por exemplo, consideramos que a serie constituída por palabras como eufórico,
sereno, tranquilo, preocupado, triste, alegre, deprimido, riseiro poden ser agrupadas no campo
lexical dos estados de ánimo porque participan dunha significación común. Observemos que a
afinidade entre esas palabras se produce só no campo do significado, xa que na súa forma son
diferentes: o lexema de base é distinto en cada caso.


          Cando agrupamos as palabras segundo o criterio da afinidade formal temos a chamada familia
léxica.     alto, altura, altanería, enaltecer, altímetro, altivo, alteza, altiplano, altilocuente, altibaixo
libro, libreiro, libreto, libraría,libresco...
mozo, mocidade, moceiro, mozarrón, remozar...
historia,    historial,    historiador,   histórico,   prehistórico,   prehistoria,   historiar,   historiografía,
historiográfico...


4.2. As familias léxicas regulares
          Son as familias léxicas en que a raíz ou lexema permanece invariábel en to-dos os elementos
da familia:
porta, porteiro, portazo, pórtico, portada, portaría
papel, papeleira, papelaría, empapelar, empapelador, papeleta, transpapelar, papelorio


4.3. As familias léxicas irregulares
          Como en moitos casos a palabra latina adoptada ten unha ou varias palabras irmás galegas
que non coinciden completamente na forma, temos un grande número de familias léxicas chamadas
irregulares. Nelas encontramos dous lexemas base semellantes, pero non idénticos:
Un dos lexemas pertence ao fondo tradicional do léxico galego. Trátase por tanto dunha palabra onde
podemos ver toda unha serie de trazos que caracterizan a evolución da nosa lingua desde o étimo
latino orixinario.


          O outro lexema do que derivan as demais palabras da familia é unha forma culta tomada
directamente do latín e que por tanto non reflicte os cam-bios evolutivos característicos do galego,
senón todo o máis unha adaptación ortográfica.




Lama das Quendas                                          16                             Lingua galega
Exemplos:
Lat. LEGE Lat. lei, leal legal, ilegal, ilegalizar, legalización, ilegalización, lexislar, le-
DIGITU ^         xislación dedo, deda, dedada, dedal, dedaleira dixital, dixitalina, díxito
Lat. STATU       estado, estada, estadía estatal, estatalizar, estatalización
Lat. SOMNU       sono, sonada, sonámbulo, soneca, soneira somnolencia, somnífero,
                 insomne
Lat. MULTU       moito multitude, multiplicar, múltiple, múltiplo
Lat. PISCE       peixe, peixeira piscicultura, piscícola, piscicultor, piscis
Lat. CAPSULA      caixa, caixeiro, encaixar, caixista, caixón cápsula, encapsular
Lat. DOLORE      dor, dorido doloroso, indoloro


4.4. Palabras populares, cultismos e semicultismos
       Nas familias léxicas irregulares encontramos polo tanto palabras populares, cultismos e
semicultismos. Son palabras populares (tamén chamadas patrimoniais) as que forman parte do léxico
desde os primeiros momentos da formación da lingua. Tamén o son as derivadas e compostas
directamente delas. Estas palabras experimentaron todas as transformacións fonéticas que se
produciron no paso do latín ao galego .
       As palabras semicultas son aquelas que entraron no idioma despois da súa formación (século
VIII) e polo tanto experimentaron unha evolución menos intensa ou diferente das palabras populares.
A miúdo esta evolución diferente debeuse a que o léxico semiculto era usado na súa forma latina en
ámbitos elevados (pola Igrexa, fundamentalmente) e este uso influíu na súa evolución popular: do
lat. SAECULU cabería esperar en galego a forma *sello; sen embargo temos século; de ECCLESIA
cabería esperar *ellexa, e temos igrexa, etc
       Son palabras cultas as que se introduciron no idioma de forma serodia, por vía erudita, para
crear novos vocábulos. Non experimentaron polo tanto os cambios fonéticos propios das palabras
patrimoniais e semicultas; manteñen intacta –ou con lixeiros retoques ortográficos– a forma latina
orixinaria. Comparemos as formas populares anteriores con estas cultas que lles corresponden:
lunar, molar, rotación, flamíxero, nocturno, etc. As palabras cultas son moi s e mellantes en todas as
linguas románicas, como podemos comprobar se comparamos as anteriores coas súas correspondentes
castelás.
CLAVICULA chavella caravilla clavícula               CATHEDRA cadeira cátedra
PLANU chan de pran plano                             FABULARE falar fabular
SECRETU segredo secreto                              CLAMARE chamar clamar
LIMPIDU limpo límpido                                LITIGARE lidar litigar
CAPITULU cabido capítulo                             CALIDU caldo cálido
ALIENARE allear alienar




Lama das Quendas                                   17                            Lingua galega

More Related Content

What's hot

Los textos dialogados
Los textos dialogadosLos textos dialogados
Los textos dialogadoslclcarmen
 
Adecuacion coherencia y cohesion parrafos 2º bach actualizada
Adecuacion coherencia y cohesion parrafos 2º bach actualizadaAdecuacion coherencia y cohesion parrafos 2º bach actualizada
Adecuacion coherencia y cohesion parrafos 2º bach actualizadajavilasan
 
Evolucion fonetica.doc
Evolucion fonetica.docEvolucion fonetica.doc
Evolucion fonetica.docMaria
 
Tema 41. Las fuentes y los orígenes de la literatura occidental. la Biblia. L...
Tema 41. Las fuentes y los orígenes de la literatura occidental. la Biblia. L...Tema 41. Las fuentes y los orígenes de la literatura occidental. la Biblia. L...
Tema 41. Las fuentes y los orígenes de la literatura occidental. la Biblia. L...Elena Llorente
 
Métrica, Lengua y Estilo en el Cantar de Mio Cid
Métrica, Lengua y Estilo en el Cantar de Mio CidMétrica, Lengua y Estilo en el Cantar de Mio Cid
Métrica, Lengua y Estilo en el Cantar de Mio CidInma Alcázar
 
Morfología de la palabra (esquemas)
Morfología de la palabra (esquemas)Morfología de la palabra (esquemas)
Morfología de la palabra (esquemas)joanpedi
 
3. El verbo: irregularidades.
3. El verbo: irregularidades.3. El verbo: irregularidades.
3. El verbo: irregularidades.Estado
 
Clases De Palabras ( Categorias Gramaticales)
Clases De Palabras  ( Categorias Gramaticales)Clases De Palabras  ( Categorias Gramaticales)
Clases De Palabras ( Categorias Gramaticales)Aracelly Saa Reeding
 
El manual de morfología
El manual de morfologíaEl manual de morfología
El manual de morfologíawestillfight
 

What's hot (20)

Los textos dialogados
Los textos dialogadosLos textos dialogados
Los textos dialogados
 
Cuestionario eneida ii iv
Cuestionario eneida ii ivCuestionario eneida ii iv
Cuestionario eneida ii iv
 
Adecuacion coherencia y cohesion parrafos 2º bach actualizada
Adecuacion coherencia y cohesion parrafos 2º bach actualizadaAdecuacion coherencia y cohesion parrafos 2º bach actualizada
Adecuacion coherencia y cohesion parrafos 2º bach actualizada
 
Tema 21
Tema 21Tema 21
Tema 21
 
Tema 58
Tema 58Tema 58
Tema 58
 
Evolucion fonetica.doc
Evolucion fonetica.docEvolucion fonetica.doc
Evolucion fonetica.doc
 
Tema 19
Tema 19Tema 19
Tema 19
 
Tema 62
Tema 62Tema 62
Tema 62
 
Tema 50
Tema 50 Tema 50
Tema 50
 
Tema 33
Tema 33 Tema 33
Tema 33
 
Tema 41. Las fuentes y los orígenes de la literatura occidental. la Biblia. L...
Tema 41. Las fuentes y los orígenes de la literatura occidental. la Biblia. L...Tema 41. Las fuentes y los orígenes de la literatura occidental. la Biblia. L...
Tema 41. Las fuentes y los orígenes de la literatura occidental. la Biblia. L...
 
Tema 64
Tema 64Tema 64
Tema 64
 
Métrica, Lengua y Estilo en el Cantar de Mio Cid
Métrica, Lengua y Estilo en el Cantar de Mio CidMétrica, Lengua y Estilo en el Cantar de Mio Cid
Métrica, Lengua y Estilo en el Cantar de Mio Cid
 
Los pronombres
Los pronombresLos pronombres
Los pronombres
 
Morfología de la palabra (esquemas)
Morfología de la palabra (esquemas)Morfología de la palabra (esquemas)
Morfología de la palabra (esquemas)
 
3. El verbo: irregularidades.
3. El verbo: irregularidades.3. El verbo: irregularidades.
3. El verbo: irregularidades.
 
como analizar una oracion en latin
como analizar una oracion en latincomo analizar una oracion en latin
como analizar una oracion en latin
 
Clases De Palabras ( Categorias Gramaticales)
Clases De Palabras  ( Categorias Gramaticales)Clases De Palabras  ( Categorias Gramaticales)
Clases De Palabras ( Categorias Gramaticales)
 
Morfología. Sustantivo.
Morfología. Sustantivo.Morfología. Sustantivo.
Morfología. Sustantivo.
 
El manual de morfología
El manual de morfologíaEl manual de morfología
El manual de morfología
 

Similar to Conceptos xerais lexicoloxía

Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)Celia Díaz
 
Uso do dicionario grego clásico - español
Uso do dicionario grego clásico - españolUso do dicionario grego clásico - español
Uso do dicionario grego clásico - españolFende Testas
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.Celsa
 
R8 lingua sexto
R8 lingua sextoR8 lingua sexto
R8 lingua sextoFiz
 
R6 lingua sexto
R6 lingua sextoR6 lingua sexto
R6 lingua sextoFiz
 
Manual aula de_galego_4_resumo_gramatical
Manual aula de_galego_4_resumo_gramaticalManual aula de_galego_4_resumo_gramatical
Manual aula de_galego_4_resumo_gramaticalTNTrinidadviturro
 
R3 lingua sexto
R3 lingua sextoR3 lingua sexto
R3 lingua sextoFiz
 
Tipos de palabras segundo a súa estrutura.
Tipos de palabras segundo a súa estrutura.Tipos de palabras segundo a súa estrutura.
Tipos de palabras segundo a súa estrutura.Berta Campos
 
Resumo galego Tania
Resumo galego TaniaResumo galego Tania
Resumo galego Taniaampineiro
 
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)Dives Gallaecia
 
A palabra
A palabraA palabra
A palabraMarlou
 
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0Carmela Garcia
 
Relacións de significado
Relacións de significadoRelacións de significado
Relacións de significadoponciuss
 

Similar to Conceptos xerais lexicoloxía (20)

Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)Estrutura e formación de palabras (tema 3)
Estrutura e formación de palabras (tema 3)
 
Uso do dicionario grego clásico - español
Uso do dicionario grego clásico - españolUso do dicionario grego clásico - español
Uso do dicionario grego clásico - español
 
Substantivo
Substantivo Substantivo
Substantivo
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
Ben.pdf
Ben.pdfBen.pdf
Ben.pdf
 
Semántica.pptx
Semántica.pptxSemántica.pptx
Semántica.pptx
 
Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.Cambios normas ortográficas do galego.
Cambios normas ortográficas do galego.
 
Cambios no galego
Cambios no galegoCambios no galego
Cambios no galego
 
R8 lingua sexto
R8 lingua sextoR8 lingua sexto
R8 lingua sexto
 
R6 lingua sexto
R6 lingua sextoR6 lingua sexto
R6 lingua sexto
 
Manual aula de_galego_4_resumo_gramatical
Manual aula de_galego_4_resumo_gramaticalManual aula de_galego_4_resumo_gramatical
Manual aula de_galego_4_resumo_gramatical
 
R3 lingua sexto
R3 lingua sextoR3 lingua sexto
R3 lingua sexto
 
Tipos de palabras segundo a súa estrutura.
Tipos de palabras segundo a súa estrutura.Tipos de palabras segundo a súa estrutura.
Tipos de palabras segundo a súa estrutura.
 
Resumo galego Tania
Resumo galego TaniaResumo galego Tania
Resumo galego Tania
 
Latin Lingua Flexiva
Latin Lingua FlexivaLatin Lingua Flexiva
Latin Lingua Flexiva
 
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
Latín lingua flexiva 2.2 (outubro 2013)
 
A palabra
A palabraA palabra
A palabra
 
Pronome persoal
Pronome persoalPronome persoal
Pronome persoal
 
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
Lingua_Galega_3_Resumo_curs0
 
Relacións de significado
Relacións de significadoRelacións de significado
Relacións de significado
 

More from xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfxenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXxenevra
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 

More from xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (7)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Conceptos xerais lexicoloxía

  • 1. 1. INTRODUCIÓN Á LEXICOLOXÍA. CONCEPTOS XERAIS 1.1. O léxico: definición Entendemos por léxico o conxunto das palabras dunha lingua. Cómpre, porén, precisar que en sentido estrito e para o estudo estrutural do significado se considera que non todas as palabras usadas nunha lingua forman parte do léxico: constitúeno só aquelas que designan a realidade extralingüística (realidades concretas ou nocións abstractas). Nalgunhas palabras, por exemplo, en carballo distinguimos dous tipos de significado: a) o elemento carball (tamén presente, entre outras palabras, en carballeira, carballal, carballeda), fainos asociar esa palabra coa idea que temos dunha determinada árbore de folla caduca que produce o froito chamado “landra”. Este significado relaciónase coa realidade extralingüística; b) o significado achegado polo elemento –o (tamén presente en libro, cabalo, amigo...) indícanos xénero masculino e número singular. Este significado é gramatical: permite relacionar esa palabra con outras do seu sintagma. Por exemplo, o artigo que o preceda nunha frase debe ter ese mesmo xénero e número. Hai unha serie de palabras nas que é posíbel distinguir eses dous tipos de significado; mais outras como a, de ou que só posúen significado gramatical, non teñen referente extralingüístico. En sentido estrito forman parte do léxico só as palabras do primeiro tipo: denominarémolas palabras lexicais e son os substantivos, adxectivos, verbos e adverbios de modo. Pola contra as palabras gramaticais (artigos, pronomes, preposicións, conxuncións e o resto dos adverbios) non forman propiamente parte do léxico estruturado dunha lingua. 2. A ESTRUTURA DA PALABRA. A DERIVACIÓN 2.1. A estrutura da palabra 2.1.1. Os morfemas Como é sabido, a palabra non é a unidade mínima da linguaxe, porque podemos identificar unidades menores que serían os seus constituíntes. Unha destas unidades menores recibe o nome de morfema e é a unidade mínima dotada de significante e de significado. Os morfemas poder ser de dous tipos básicos: Lama das Quendas 1 Lingua galega
  • 2. a) Os morfemas léxicos: Son morfemas con significado léxico, que remiten á realidade extralingüística indicando un concepto abstracto, un obxecto ou acción, e indican o significado básico da palabra. Distinguimos neles entre lexemas e afixos. ● Os lexemas tradicionalmente recibían o nome de raíz ou radical. Constitúen o elemento constante e invariábel das palabras flexivas: nen-o, nen-a, nen-o-s, nen-a-s, cheg-a-ba–s, cheg-a-ría-s, cheg-a-se-n... Cando ese lexema é o único constituínte da palabra falamos de lexemas independentes (Carlos, nada, sempre); cando o lexema necesita ser completado con morfemas gramaticais falamos de lexemas dependentes (alt-, galeg-, cerv-, cheg-, com-). A existencia dun lexema común é o criterio fundamental para podermos agrupar as palabras en familias léxicas (campo, campamento, acampar, acampada, campismo, campestre, campesiño, descampado...) . Hai que ter en conta que algunhas familias léxicas poden ser irregulares por teren variantes no lexema: razón, racional, racionalismo...; persoa, personalidade... ● Os afixos ou morfemas derivativos son unha clase especial de morfemas léxicos que permiten crear palabras novas a partir das xa existentes (re-pas-a-r, ex-presid-ente, capital-ismo, ardor-os-o, dent-ista, anti- con-xel-ante, facil-it-a-r ...) e poden ir antes ou despois do lexema. Os morfemas derivativos clasifícanse segundo a súa posición respecto do lexema: serán prefixos cando van colocados diante del (desfacer, irregular, malgastar) e sufixos cando se colocan despois (brancura, altitude, normal, caixeiro). Existen tamén os interfixos ou infixos, que non teñen significación e funcionan como consoantes de ligazón para evitar cacofonías entre prefixo e lexema (gas-ometr-ía, en- s-anch-a-r) ou entre lexema e sufixo derivativo (nai-c-iñ-a, rei-c-iñ-o). Un tipo especial de morfema derivativo é o constituído polos morfemas alterativos (diminutivos e aumentativos): aínda que se comportan como os morfemas derivativos porque engaden ao substantivo determinados matices (tamaño, valoración, afectividade...) van sempre despois do lexema e non producen un cambio de categoría, dúas características que os aproximan aos morfemas flexivos. b) Os morfemas gramaticais: Posúen un significado gramatical. Este significado non vai referido á realidade extralinguística, senón a aquelas categorías específicas presentes na estrutura gramatical de cada lingua. Constitúen a parte variábel das palabras flexivas e modifican e precisan o significado dos lexemas especificando as categorías propias das distintas clases de palabras. Por exemplo, nos nomes o xénero e o número (alt-o, alt-a; alt-o-s, alt-a-s); nos verbos a conxugación, o modo e tempo e o número e a persoa (cant-a-ba-mos, esper-a-re-i, lev-a-s) ou o significado da relación no caso das preposicións e conxuncións: e, sen, porque. Como no caso dos lexemas, hai morfemas gramaticais Lama das Quendas 2 Lingua galega
  • 3. libres, que son aqueles que aparecen como palabras independentes (os determinantes, os pronomes, os verbos auxiliares, as preposicións e as conxuncións), mentres que os demais, que non poden constituír palabra por si sós, son chamados morfemas gramaticais dependentes ou trabados. 2.1.3. Tipos de palabras Tendo en conta os posíbeis modelos estruturais da palabra teriamos os seguintes tipos : • Palabras simples: están formadas por un lexema que pode ir acompañado ou non de morfemas gramaticais (escur-o-s, neg-a-ba-s, louc-o, dur-a-se-n, mar). • Palabras derivadas: están formadas por un lexema e por un ou máis morfemas derivativos. A este conxunto chamámoslle tema. Despois do tema poden aparecer morfemas gramaticais flexivos (escur-idade, libr-eir-o, can-in-os, neg-a-ción-s, fart-ura, dur-eza, chov-isc-a-ba, des- leal-dade). Frecuentemente as palabras derivadas son un tipo de unidade diferente á da palabra base, permitindo os morfemas derivativos a formación de adxectivos a partir de substantivos (hospital • hospital-ari-o), substantivos a partir de adxectivos (leal • leal-dade), verbos a partir de substantivos ou adxectivos (rastro • rastr-ex-a-r, débil • debil-it-a-r) ou de adverbios a partir de adxectivos (forte • forte-mente). • Palabras compostas: As palabras compostas máis habituais están formadas por máis dun lexema (pasatempo, xirasol, augardente). Existen tamén as palabras compostas gramaticais, formadas por palabras cuxos constituíntes son morfemas gramaticais e non léxicos (este outro • estoutro, de un • dun, con o • co) ou por unha palabra gramatical e outra léxica (por vir • porvir; todo poderoso • todopoderoso). • Palabras complexas: Consisten en frases fixas, formadas por palabras independentes noutros contextos pero que nese conxunto frásico non o son, cunha orde ríxida e sen que se poidan nin intercalar nin elidir elementos: vichelocrego, fervellasverzas. • Palabras parasintéticas: Temos parasíntese cando nunha palabra se dá prefixación e sufixación a un tempo e de maneira combinada (en-soberb-ec-er, empobr-ec-e-r, porque non existen nin prefixo con lexema (*ensoberbo, *empobre) nin lexema con sufixo (*soberbecer, *pobrecer). Fálase tamén nestes casos de circunfixos ou morfemas derivativos descontinuos. O morfema derivativo sería así o conxunto de prefixo e sufixo 2.2. A formación de palabras por derivación A derivación é o procedemento máis habitual que temos en galego para crearmos palabras novas, que poden ser dunha clase gramatical diferente á da palabra base só (adx.) • soidade (subst.). Para a derivación utilizamos diferentes afixos, que poden ir colocados antes do lexema (prefixos) ou despois do lexema (sufixos). Lama das Quendas 3 Lingua galega
  • 4. O rendemento de sufixos e prefixos é bastante variábel. Hai algúns frecuentísimos (des-, in-, -eir, -os, -al, -ismo, -ción, -sión...) en tanto que outros teñen un uso máis limitado e a súa capacidade de xerar novas palabras é máis reducida. 2.2.1. Derivación por prefixación Colocamos un afixo antes do lexema. Re + ler = reler, in + capaz = incapaz, a + normal = anormal, des + cargar = descargar, etc. Por outra parte, a conexión semántica entre o prefixo e a base non é tan ríxida como a que se dá entre esta e o sufixo, pois está máis presente a idea de derivación na mente dos falantes, o que xustifica a aparición ás veces de trazos de separación (ex- director). En coincidencia cos sufixos, si é tamén frecuente a alomorfía nos prefixos, unhas veces motivada polo fonema inicial da palabra base (insuficiente, imposíbel, irreal, ¡legal) e outras veces explicábel etimoloxicamente pola convivencia dunha forma latinizante con outra patrimonial (interposición / entremeter, superabundancia / sobrealimentación Algúns destes prefixos constituíron derivados na lingua de orixe sen que hoxe exista o seu lexema como palabra independente en galego (acéfalo, amorfo), feito que se estende a outros casos como metamorfose ou dispersar. En relación con isto está a problemática dos nomes gregos ou latinos que se engaden aos lexemas a modo de prefixos para formaren novas palabras pertencentes ao léxico técnico ou científico de carácter internacional: televisión, videoxogo, electrodoméstico. Ou ben se consideran neoprefixos, ou ben partes integrantes de neocompostos1. prefixo significado exemplos de orixe grega an-, a- carencia, privación anarquía, amoral ana- contrariedade, inverso anacronía conformidade analoxía anfi- dunha e doutra parte anfibio, anfiboloxía anti- oposición, actuación en contra de antiheroe, antinéboa apo- posición contraria apóstata arqui-, arce-, posición superior arquipélago, arque- arcebispo 1Destes falaremos no apartado da composición. Lama das Quendas 4 Lingua galega
  • 5. cata- movemento cara abaixo catabolismo, catacumba totalmente cataclismo, catástrofe distribución, orde catálogo dia- movemento a través diacronía, diapositiva separación diafragma dis- dificultade, anomalía disfunción, dislexia endo- interioridade endócrino, endocardio epi- posición superior epiderme, epígrafe eu- ben, bo eufemismo, eutanasia hiper- posición superior, exceso hipérbole, hipertensión hipo- posición inferior, escaseza hipoteca, hipoderma meta- alteración metátese, metafonía para- á beira de paráfrase, paramilitar peri- arredor de perímetro, perífrase sin- simultaneidade, compañía sincronía, sinfonía de orixe latina ab-, abs-, a- afastamento, separación aversión, abdicación ad-, a- aproximación, dirección adverbio, achegar ante- anterioridade antepasado, anteollos circum/n- arredor de circumpolar, circuncidar cis- do lado de acó cisxordano com-, con-, co- contigüidade, compañía confraternidade, cohabitar contra- oposición, contrariedade contranatural, contradicir segundo lugar contraalmirante de- inversión, separación, privación demérito, deforme, decaer des- de- acción contraria, eliminación, desequilibrio, carencia desigual, desalgar exceso descarado dis-, di- carencia, ausencia, separación disimetría, dispar, Lama das Quendas 5 Lingua galega
  • 6. disgregar ex-, es-, e- movemento cara fóra emanar, expatriar ex- estado ou posición anterior ex-alumno, ex- alacalde negación, privación exánime intensificación exclamar, exterminar extra- fóra de extramuros, extraordinario moi extrafino in-, im-, i- negación, privación ilexíbel, incivil in-, im-, en-, em- movemento cara a dentro ingresar, embarcar inter-, entre- posición intermedia interdental, entreabrir inter- relativo a varios internacional, interurbano intra- interior intrauterino, intramuscular intro- movemento para dentro introvertido, introducir ob-, o- fronte a, confrontación opoñer per- intensidade perdurar, perseguir pos-, post- posterioridade posguerra, postoperatorio pre- anterioridade prenatal, presupor pro- movemento cara diante prolongar, promover en lugar de pronome, procónsul re- movemento cara atrás recuar, retraer repetición rearmar, reler intensificación reafirmar, rebrandecer retro- movemento cara atrás retrovisor sub-, su-, so- inferioridade subcomisión, soportal 2.2.2. Derivación por sufixación Colocamos un sufixo despois do lexema. Predic(ir) + ción = predición; branco + ura= brancura, sinxelo + eza = sinxeleza, mozo + idade= mocidade, etc. Ás veces, entre o lexema ou raíz e o sufixo derivativo aparece unha consoante de ligazón (interfixo), que non ten ningún valor gramatical e cuxa función é a de facilitar a pronuncia e evitar a cacofonía: cafe-t-eira. Lama das Quendas 6 Lingua galega
  • 7. 2.2.3. Derivación sen sufixo ou regresiva Este é un proceso de derivación especial, xa que hai palabra derivada, mais non morfema derivativo, razón polo que algúns gramáticos non a consideran como verdadeira derivación. Se na prefixación ou na sufixación engadimos un elemento ao lexema, na derivación regresiva reducimos o corpo da palabra primitiva: pechar • peche, cortar • corte, sacar • saque, amarrar • amarre, etc. En todos estes casos o que se fai é adaptar a terminación da forma verbal á terminación propia das formas nominais. Nalgúns destes casos é difícil determinar se a forma nominal deriva do verbo ou acontece á inversa. Algúns sufixos apreciativos ou alterativos: Forma Exemplos -iño / -iña carriño, mesiña, xoíña -elo / -ela fontela, soutelo -echo / -echa pequecho, bolecha -ete / -eta vellete, saqueta -ico / -ica fachico, choromica Diminutivos -ote / -ota rillote, vellote -olo / -ola raparigola, cabezolo -uco / -uca leiruco, mulleruca -ucho / -ucha Carmucha, Pepucho -ucho / -ucha Carmucha, Pepucho -uxo / -uxa Catuxa -azo / -aza festaza Aumentativos 2 -ón / -ona casona, zapatón -aco / -aca libraco -allo / -alla borralla -acho / -acha regacho, fiacha -ancho / -ancha ferrancho Despectivos -ucho / -ucha casucha -ello / -ella casarello -exo / -exa lugarexo -oupo / -oupa casoupa O sufixo -IÑO/-IÑA, un dos máis rendíbeis no galego, ten os seguintes valores: a) propiamente diminutivo, modificando o sentido dun substantivo concreto coa noción de menor tamaño: a mesiña de noite. b) intensificador, fundamentalmente con adxectivos, indefinidos e adverbios: o ceo está clariño; hoxe non fixen nadiña. c) expresa o sentimento de afecto do falante sobre determinado ser ou obxecto: despois de xantar non perdoa a súa sestiña. d) en función apelativa úsase procurando o favor ou boa disposición do interpelado: tes que ser boíño e axudarme; sentidiño, rapaces, non fagades esa tolería. 2Hai unha serie de substantivos en que a terminación –ón non é sufixo : campión, ladrón, patrón… Nestes casos a forma feminina presenta a solución –oa: campioa, ladroa, patroa… Lama das Quendas 7 Lingua galega
  • 8. e) aínda que menos frecuente, tamén pode ter valor despectivo: que vas esperar desta xentiña ? Algúns sufixos nocionais ou derivativos aplícanse ás bases antes dos sufixos flexionais. Como base adóptase, en xeral, a de masculino e singular, no caso dos substantivos. Hai excepcións como mullerío, vaqueiro ou galiñeiro que proveñen da forma feminina. Os sufixos que crean nomes sobre bases verbais incorporan, en xeral, a vogal temática do verbo, pero hai tamén bases atemáticas: repar-a-r > repar-a-ción, restitu-í-r > retitu-ción. Xeralmente a vogal temática correspondente á derivación da CI é /a/, en tanto que nas da CII e CIII pode ser diferenciada /e/, /i/ ou única /i/ (repar-a-dor, repart-i-dor, convenc-e-mento; mov-í- bel/mov-i-ble. a) Forma Exemplos -ada estacada, ramada -ado alumnado, profesorado -axe follaxe -ame / -amia cordame, dentamia -dura dentadura Colectivos -aria / -ario poemario, maquinaria -eiro / -eira cancioneiro, cabeleira -al instrumental, areal -menta osamenta -edo / -eda arboreda, rochedo -eiro / -eira piñeiro, figueira -eiro / -eira carballeiro, erbedeiro Vexetais -al canaval -ido / -edo / -eda figueirido, piornedo -ar olivar, pomar -ario herbario, incensario -eiro billeteiro, botelleiro Locativos -eira leñeira 3 -ería / -aría librería, libraría Temporais -ada alborada, invernada -eira sementeira -ía invernía, nordesía -ada badalada, coitelada -azo estacazo, fungueirazo Acción -ada cuada, fuciñada -ada cacicada, parrulada -erio / -eira barbeiro, zapateiro Profesión -ario / -aria bibliotecaria, empresaria -ista artista, ebanista 3Estes dous sufixos son, en xeral, intercambiábeis. Non admiten a solución –ería os derivados da palabra base en –ario (comisario, notario). Por seren derivados do francés no admiten a solución en –aría: batería, galería, galantería e mercería. Lama das Quendas 8 Lingua galega
  • 9. b) sufixo –idade, -edade, -dade: forma substantivos abstractos sobre unha base nominal co significado de “calidade de”. Enfermo > enfermidade; heteroxéneo > heteroxeneidade; feliz > felicidade; moral > moralidade; 4 amable > amabilidade ; cruel > crueldade. Os adxectivos orfo (> orfandade), bo (> bondade) e virxe (> virxindade) utilizan a variante – ndade, que remite a un momento da historia en que estas palabras tiñan vogal nasal. Os adxectivos amigo e inimigo non seguen ningunha regra pois son amizade e inimizade. Neste mesmo grupo de irregulares inclúense saudade, dificultade e facultade, que non se forman sobra bases adxectivas. c) Sufixo –nte: crea nomes derivados de verbos. Engádese á base verbal composta polo lexema e a vogal temática. Fabric+a-r > fabricante; val+e-r > valente; o+í-r > oínte A gran dificultade deste sufixo é que nalgúns verbos da CIII o derivado non é regular, senón que entra por vía culta, polo que presenta a vogal temática –e- ou –ie-: incidir > incidente; afluír > afluente; nutrir > nutriente. Outros casos anormais son servente e dormente de servir e durmir. d) Sufixo –anza / -ancia, -enza / -encia, -iencia, -uencia. Forma substantivos sobre unha base verbal. Significa “acción ou efecto de”. Os alomorfos varían segundo a palabra sexa culta ou popular. Nestas últimas aparece –anza, -enza (perseveranza, habenza, doenza); nas cultas ou máis recentes as outras variantes (resonancia, urxencia, incidencia, afluencia). Esta dualidade tamén se dá en palabras non derivadas como diferenza, indiferenza, sentenza, presenza, pertenza, licenza; ganancia, vixencia, ciencia, conciencia, deficiencia, consecuencia, delincuencia. O mesmo acontece con -za, -zo (avinza, cobiza, graza, desgraza, terza, terzá, terzar, xustiza, axustizar, inxustiza, finanza, preguiza, cansazo, postizo, andazo, espazo, espazoso, espazar, espazador, prezo, desprezo, menosprezo, prezar, desprezar, servizo, servizal, terzo, xuízo, axuizar, prexuízo) fronte a -cia, -cio (avaricia, delicia, milicia, noticia, pericia, suspicacia, perspicacia, pertinacia, anuncio, beneficio, bulicio, comercio, desperdicio, exercicio, negocio, sacrificio, silencio). e) Sufixos para a formación de xentilicios: Para a formación dos xentilicios baseados en nomes de lugar galegos empréganse os alomorfos -án / -a (compostelán/compostelá, ourensán/ourensá, muradán/muradá), -es / -esa (cambadés/cambadesa, vilanovés/vilanovesa, vigués/viguesa), -ense (pobrense, miñense, bañense, tudense, pastoricense), -ego / -ega (chairego/chairega), -eiro / -eira (betanceiro/betanceira), -¡no (fonsagradino/fonsagradina, monfortino/monfortina). 4Os adxectivos en –ble / -bel empregan a base latina. Lama das Quendas 9 Lingua galega
  • 10. Os lugares do bloque centro-oriental poden presentar un xentilicio coa terminación dialectal -ao, á (lancarao/lancará, melidao/melidá, masidao/masidá, dezao/dezá, courelao/courelá, cortegao/cortegá...). Para formar os xentilicios baseados en nomes de lugar non galegos empréganse, ademais dos mesmos sufixos que se utilizan para formar os galegos (catalán/catalá, alemán/alemá, afgán/afgá; alavés, albanés, bahamés; aveirense, badaxocense, canadense; habaneiro, capoeiro, sampauleiro, santiagueiro; filipino, triestino, palestino, arxentino, herculino, mallorquino, menorquino), estoutros: -ano/-ana:tebano/tebana, cubano/cubana, mozambicano/mozambicana, alsaciano/alsaciana... -iano/-iana: caboverdiano/caboverdiana, azoriano/azoriana, laosiano, ecuatoriano... 5 -í : magrebí, fecí, bengalí, beirutí, paquistaní... -eño/-eña: caribeño, rondeño, porteño, malagueño, xibraltareño... -arra: bilbotarra, biarriztarra, donostiarra. -enco/-enca: sabadellenco, flamenco... -ón/-oa: bretón/bretoa, teutón/teutoa, saxón/saxoa. Outras terminacións menos rendíbeis son as que aparecen en monegasco croata, polaco, andaluz, provenzal, europeo, biscaíño, español... f) Sufixo –ez/-eza: crea substantivos que indican a posesión dunha calidade. Non hai regra fixa para saber cando levan un ou outro. En principio, levan sufixo –ez os adxectivos esdrúxulos (acidez, placidez, flaccidez, lucidez...), con excepción de morbideza e aspereza. Agora ben, hai substantivos graves e agudos que levan esta terminación (fluidez, honradez, redondez, mudez, sandez, vellez, nenez, preñez, pequenez, viuvez...). altivo e maduro permiten as dúas solucións altivez/altiveza, madurez/madureza. g) Sufixo –deiro/-deira: forma adxectivos sobre unha base verbal. Indica “coa característica acusada de” (faladeiro, andadeiro), e substantivos co valor de “obxecto que serve para” (escumadeira, cebadeiro, abrazadeira...). algúns tamén indican “lugar onde se realiza algún labor” (fiadeiro, picadeiro...) h) Sufixo –doiro/-doira: sobre unha base verbal forma substantivos que indican “lugar onde” (ancoradoiro, embarcadoiro, secadoiro, pousadoiro); e créanse con el substantivos que indican “obxecto que serve para” (rascadoiro, zoscadoiro, rapadoira...). i) Sufixo –dor: serve, fundamentalmente, para crear adxectivos que indican “que realiza unha certa actividade” (reparador, aforrador, loitador, explotador, conservador, ameazador...) Emprégase para formar substantivos que expresan “máquina ou obxecto que realiza unha determinada función” (recolledor, calzador, sintonizador, amortecedor, acendedor, batedor, 5Sufixo de orixe árabe que se emprega sobre topónimos desta orixe. Lama das Quendas 10 Lingua galega
  • 11. malladora, ambientador, procesador) ou “profesión” (escribidor, inquisidor, cazador, secuestrador, narrador, serrador, enterrador, presentador...) k) Sufixo –torio: Crea substantivos e adxectivos de carácter culto, que indican “lugar no que se fa¡” (locutorio, sanatorio, reformatorio, dormitorio, escritorio .. ) e “instrumento ou obxecto que serve para” (reclinatorio, anovulatorio, recordatorio... ). Os adxectivos indican “relativo a” (depredatorio, obrigatorio, depilatorio...) l) Sufixo -an, -á / -án, -ana /-ano, -ana: O sufixo -ano, -ana emprégase para crear adxectivos que indican a posesión dunha característica ou dunha propiedade. Emprégase en palabras que entraron recentemente no idioma ou de nova creación: anglicano, anglicana, diluviano, republicano, republicana; humano, humana; franciscano, franciscana; paisano; provinciano, provinciana; rosaliano, rosaliana; pondaliano, pondaliana; ferriniana... O sufixo -án, -ana úsase para crear adxectivos que indican a posesión dunha determinada calidade, especialmente se é negativa: testán, toleirán, parvallana; lordana; carallana; cabezán. O sufixo -án, -á úsase para crear adxectivos xentilicios (catalán, alemán, mariñá)l e empregouse noutros momentos da historia da lingua para crear adxectivos caracterizadores: cidadán, cristián, pagán, rufián, livián, temperán, musulmá. A mesma terminación posúena os substantivos 6 irmán, curmán, capitán, curmán, escribán, sancristán, sultán... 3. PALABRAS COMPOSTAS E COMPLEXAS. OS NEOLOXISMOS 3.1. A composición das palabras As palabras compostas son aquelas formadas pola combinación de máis dun lexema: xirasol (xira + sol) augardente (auga + ardente) beirarrúa (beira+ rúa). Algunhas palabras que orixinariamente eran compostas e recoñecíbeis como tal polos falantes poden estar hoxe tan alteradas que xa non se distinguen os seus elementos constituíntes, de modo que, desde unha perspectiva estritamente sincrónica, podemos consideralas como simples: é o caso de fidalgo = «fillo + de + algo» ● Nas palabras compostas por xustaposición os dous elementos constituíntes conservan a súa independencia fónica, aínda que o significado da palabra composta sexa xa diferente ao dos lexemas constituíntes. Van grafados como palabras independentes (arco da vella, cabaliño do demo, porco bravo), ou mediante trazo ou guión (galego-portugués, socio-pedagóxico, árabe- israelí). 6Un dos principais erros ó empregar estes sufixos débese á súa aparición en determinadas palabras ás que non ¡les corresponde. Ha¡ casos nos que, por tratarse dunha forma popular, debería aparecer -án (livián) e úsase -ano (*liviano) ou, por ser unha palabra culta, tería que aparecer -ano (humano, urbano) e emprégase -án (*humán, *urbán). Lama das Quendas 11 Lingua galega
  • 12. Nas palabras compostas por aglutinación, os dous elementos están máis intimamente soldados, de maneira que van grafados como unha única palabra (gardameta) ou experimentan mesmo procesos de crase ou de disimilación: augardente, cabodano, verdinegro. 4. Os neocompostos Outro tipo particular de compostos son os chamados neocompostos ou compostos eruditos, que constitúen un número moi destacado de palabras, pertencentes principalmente ao léxico técnico ou científico. Formáronse modernamente na lingua a partir de lexemas polo xeral latinos ou gregos. A palabra composta non existía como tal na lingua orixinaria nin existe tampouco como norma cada constituínte autonomamente en galego. Os neocompostos proceden na súa maioría do latín (agricultura), do grego (antropófago) ou son híbridos greco-latinos (automóbil) ou do latín e do grego (socioloxía); de entre os moi numerosos exemplos pódense citar: paleografía, bibliografía, filoloxía, antropoloxía, arboricultor piscicultura, vermicida, fratricida, carnívoro, aerofaxia, cacofonía, calidoscopio, demagogo, dactilografía, filántropo, misóxino, ortodoncia, pedagoxía, tecnocracia, toponimia, xenofobia, cefalalxia, teólogo, helicóptero, radioscopia, fisioterapia, nigromancia, etc. Mais tamén poden proceder, aínda que en número moitísimo menor, doutras linguas, como árabe e grego (alcolímetro), francés e grego (burocracia) ou latín e inglés (motocross). Na práctica existen moitos problemas á hora de delimitarmos os neocompostos e grandes discrepancias entre os estudiosos. Partíndomos da consideración dos neocompostos como a unión de dúas bases lexicais procedentes de linguas diferentes ao galego e non operantes nel por separado hoxe en día como norma xeral, algúns dos seus primeiros constituíntes acabaron por se xeneralizar e popularizar na lingua, pasando a funcionaren como neoprefixos e, por tanto, dando lugar a palabras derivadas por prefixación. O mesmo aconteceu con algúns dos segundos constituíntes dos neocompostos, que acaban por funcionar como neosufixos na lingua actual ao permitiren a creación de neoloxismos acrecentados a bases galegas e xa non greco-latinas (aínda que si a imitación dos compostos que estas forman). Así temos, por exemplo, dedocracia (de acordo co modelo de democracia), gasoduto (a imitación de acueduto), gatofilia, aulofobia, depormanía, mercadotecnia..., onde -cracia, -auto, -filia, -fobia, -manía ou -tecnia se comportan como novos sufixos nocionais. Dámos a continuación unha lista cos principais elementos: De orixe latina 1. Primeiro elemento Lama das Quendas 12 Lingua galega
  • 13. AGRI campo agrimensor, agricultura AMBI ambos ambivalente, ambidextro ARBORI- árbore arborícola, arborecida AVI- ave avicultura, avícola BIS/BI- dúas veces bípede, bisavó CALCI- cal, calcio calcífero, calcímetro CALORI- calor, temperatura calorífero, calorímetro CARBO- ácido carbónico carbonato, carbonífero CASE- queixo caseificar, caseína CRUCI- cruz crucíferas, crucifixo CUADRI- catro cuadrúpede, cuadrilátero CURVI- curvo curvilíneo, curvímetro EQUI- igual equidistante, equivaler FERRI/FERRO- ferro ferrífero, ferrocarril IGNI- lume ignífugo, ignició LOCO- lugar locomoción, locomotriz MOTO- motor motociclo, motocultivo MULTI- moito multiforme, multicelular OLEP/OLEO- aceite oleoduto, oleicultura OMNI- todo omnipotente, omnívoro PEDI- pé pediluvio, pedicuro PISCI- peixe piscicultura, pisciforme PLURI- moitos, varios pluriforme, plurilingüe RADIO- raios X, radiografía, radioterapia SEMI- metade, parcial semicírculo, sentiautomático TRI- tres tricolor, tritongo UNI- un unísono, unicornio VERMI- verme vermífugo, vermicida 2. Segundo elemento -CIDA que mata suicida, fratricida -COLA que cultiva ou habita vitícola, arborícola -CULTURA acto de cultivar apicultura, piscicultura -FERO que contén ou produce aurífero, frutífero -FORME que ten forma de cuneiforme, floriforme -FUGO que foxe ou fa¡ fuxir centrífugo, febrífugo -PARO que enxendra multíparo, ovíparo -PEDE pé palmípede, velocípede -SONO que soa horrísono, unísono -VORO que come carnívoro, herbívoro -XERO que contén ou produce flamíxero De orixe grega 1. Primeiro elemento AERO- aire aerofaxia, aeronave ANEMO- vento anemógrafo, anemómetro ANTROPO- home antropófago, antropoloxía ARQUEO- antigo arqueoloxía, arqueozoico AUTO- de si mesmo autobiografía, autógrafo BIBLIO- libro biblioteca, bibliografía BIO- vida biografía, bioloxía CACO- malo cacofonía, cacófago CALI- fermoso caligrafía, calidoscopio Lama das Quendas 13 Lingua galega
  • 14. CICLO- círculo ciclomotor, ciclometría CITO- cavidade, célula citoloxía, citoplasma COSMO- mundo cosmoloxía, cosmovisión CROMO- cor cromosoma, cromolitografía CRONO- tempo cronoloxía, cronómetro DACTILO- dedo dactilografía DECA- dez decaedro, decálogo DEMO- pobo democracia, demagogo DI- dous disílabo, dicotomía ELECTRO- electricidade electroimán, electroscopio ENNEA- nove enneasílabo, enneágono ETNO- raza, pobo etnografía, etnoloxía FARMACO- medicina farmacoloxía, farmacopea FILO- amigo filoloxía, filosofía FISIO- natureza fisioloxía, fisionomía FONO- voz, son fonógrafo, fonoloxía FOTO- luz, fogo fotómetro, fotosfera GASTRO- estómago gastroenterite, gastronomía HELIO- sol heliografía, heliocéntrico HEMI- metade hemisferio, hemistiquio HEMO/HEMATO- sangue hematoma, hemofilia HENDECA- once hendecasílabo, hendecágono HEPTA- sete heptágono, heptasílabo HETERO- outro heterodoxo, heteroxéneo HEXA- seis hexágono, hexaedro HIDRO- auga hidróxeno, hidrografía HIPO- cabalo hipódromo, hipopótamo HOM(E)O- semellante homófono, homeopatía ICTIO- peixe ictioloxía, ictiosauro ISO- igual isócrono, isósceles LITO- pedra litografía, litosfera MACRO- grande macroscopia, macrobiótica MEGA(LO)- grande megaterio, megalomanía MELO- canto melodía, melómano MESO- medio mesocarpo, mesolítico MICRO- pequeno microscopio, microclima MIRIA- dez mil, numeroso miriámetro, miriápodos MISO- que odia misóxino, misántropo MITO- fábula mitoloxía, mitómano MONO- un só monarca, monótono MORFO- forma morfema, morfoloxía NECRO- morto necrópole, necroloxía NEO- novo neolatino, neoloxismo NEURO- nervio neuroloxía, neurastenia OCTO- oito octosílabo, octaedro ODONTO- dente odontoloxía, odontite OFTALMO- ollo oftalmoloxía, oftalmoscopio ONOMATO- nome onomatopea, onomatoloxía ORO- montaña oroxenia, orografía ORTO- correcto, recto ortografía, ortodoncia PALEO- antigo paleografía, paleolítico PAN- todos, todo panteísmo, panhelenismo PATO- doenza patoloxía, patóxeno PED- neno pediatría, pedagoxía PENTA- cinco pentágono, pentagrama PIRO- lume, fogo pirotecnia, pirómano PNEUMO- pulmón pneumonía, pneumotórax Lama das Quendas 14 Lingua galega
  • 15. POLI- moito políglota, policlínico POTAMO- río potamografía, potamoplancton PROTO- primeiro prototipo, protoplasma PSEUDO- falso pseudociencia, pseudónimo PSICO- alma, espírito psicoloxía, psiquiatría QUILO- mil quilogramo, quilómetro QUIRO- man quiromancia, quirópteros RINO- nariz rinoplastia, rinoceronte RIZO- raíz rizotónico, rizópodos SIDERO- ferro siderurxia, sideróxeno TAQUI- rápido taquicardia, taquigrafía TECNO- ciencia, técnica tecnoloxía, tecnocracia TELE- lonxe teléfono, telegrama TEO- deus teoloxía, teocracia TERMO- quente, calor termómetro, termodinámica TETRA- catro tetraedro, tetrasílabo TIPO- figura, marca tipoloxía, tipografía TOPO- lugar toponimia, topografía TRI- tres trisílabo, trípode XENO- estranxeiro xenofobia, xenomanía XEO- terra xeografía, xeofísica XILO- madeira xilófono, xilografía ZOO- animal zooloxía, zoofilia 2. Segundo elemento -AGOGO que conduce demagogo, pedagogo -ALXIA dor neuralxia, cefalalxia -ARCA que manda patriarca, xerarca -AROUíA mando oligarquía, monarquía -CÉFALO cabeza dolicocéfalo, oligocéfalo -CRACIA poder democracia, aristocracia -DOXO que opina heterodoxo, ortodoxo -DROMO lugar para correr hipódromo, canódromo -EDRO base, cara poliedro, icosaedro -FAGO que come antropófago, cacófago -FILIA amizade hemofilia, halterofilia -FILO amigo bibliófilo, columbófilo -FOBIA inimizade hidrofobia, claustrofobia -FOBO inimigo xenófobo, hidrófobo -GAMIA casamento monogamia, endogamia -GLOSA/GLOTA lingua políglota, ¡isoglosa -GRAFíA escrita, descrición ortografía, xeografía -GRAFO que escribe polígrafo, biógrafo -GRAMA escrita telegrama, epigrama -LATRíA culto idolatría, iconolatría -LOGO que fala ou trata teólogo, filólogo -LOXíA discurso, ciencia arqueoloxía, tecnoloxía -MANCIA adiviñación quiromancia, nigromancia -MANO tolo, inclinado mitómano, megalómano -MAQUIA combate tauromaquia, naumaquia -METRíA medida antropometría, xeometría -NOMíA le¡, regra economía, autonomía -PODO pé miriápodos, artrópodos -POLE cidade metrópole, necrópole -PTERO que ten ás helicóptero, ápteros -SCOPIA acto de ver microscopio, radioscopia Lama das Quendas 15 Lingua galega
  • 16. -SOFíA sabedoría filosofía, teosofía -TECA lugar onde se garda biblioteca, hemeroteca -TERAPIA cura fisioterapia, hidroterapia -TOMíA corte, división dicotomía, neurotomía 4. AS FAMILIAS LÉXICAS 4.1. Que é unha familia léxica? Cando agrupamos as palabras segundo un criterio da afinidade semántica temos o chamado campo lexical. Así, por exemplo, consideramos que a serie constituída por palabras como eufórico, sereno, tranquilo, preocupado, triste, alegre, deprimido, riseiro poden ser agrupadas no campo lexical dos estados de ánimo porque participan dunha significación común. Observemos que a afinidade entre esas palabras se produce só no campo do significado, xa que na súa forma son diferentes: o lexema de base é distinto en cada caso. Cando agrupamos as palabras segundo o criterio da afinidade formal temos a chamada familia léxica. alto, altura, altanería, enaltecer, altímetro, altivo, alteza, altiplano, altilocuente, altibaixo libro, libreiro, libreto, libraría,libresco... mozo, mocidade, moceiro, mozarrón, remozar... historia, historial, historiador, histórico, prehistórico, prehistoria, historiar, historiografía, historiográfico... 4.2. As familias léxicas regulares Son as familias léxicas en que a raíz ou lexema permanece invariábel en to-dos os elementos da familia: porta, porteiro, portazo, pórtico, portada, portaría papel, papeleira, papelaría, empapelar, empapelador, papeleta, transpapelar, papelorio 4.3. As familias léxicas irregulares Como en moitos casos a palabra latina adoptada ten unha ou varias palabras irmás galegas que non coinciden completamente na forma, temos un grande número de familias léxicas chamadas irregulares. Nelas encontramos dous lexemas base semellantes, pero non idénticos: Un dos lexemas pertence ao fondo tradicional do léxico galego. Trátase por tanto dunha palabra onde podemos ver toda unha serie de trazos que caracterizan a evolución da nosa lingua desde o étimo latino orixinario. O outro lexema do que derivan as demais palabras da familia é unha forma culta tomada directamente do latín e que por tanto non reflicte os cam-bios evolutivos característicos do galego, senón todo o máis unha adaptación ortográfica. Lama das Quendas 16 Lingua galega
  • 17. Exemplos: Lat. LEGE Lat. lei, leal legal, ilegal, ilegalizar, legalización, ilegalización, lexislar, le- DIGITU ^ xislación dedo, deda, dedada, dedal, dedaleira dixital, dixitalina, díxito Lat. STATU estado, estada, estadía estatal, estatalizar, estatalización Lat. SOMNU sono, sonada, sonámbulo, soneca, soneira somnolencia, somnífero, insomne Lat. MULTU moito multitude, multiplicar, múltiple, múltiplo Lat. PISCE peixe, peixeira piscicultura, piscícola, piscicultor, piscis Lat. CAPSULA caixa, caixeiro, encaixar, caixista, caixón cápsula, encapsular Lat. DOLORE dor, dorido doloroso, indoloro 4.4. Palabras populares, cultismos e semicultismos Nas familias léxicas irregulares encontramos polo tanto palabras populares, cultismos e semicultismos. Son palabras populares (tamén chamadas patrimoniais) as que forman parte do léxico desde os primeiros momentos da formación da lingua. Tamén o son as derivadas e compostas directamente delas. Estas palabras experimentaron todas as transformacións fonéticas que se produciron no paso do latín ao galego . As palabras semicultas son aquelas que entraron no idioma despois da súa formación (século VIII) e polo tanto experimentaron unha evolución menos intensa ou diferente das palabras populares. A miúdo esta evolución diferente debeuse a que o léxico semiculto era usado na súa forma latina en ámbitos elevados (pola Igrexa, fundamentalmente) e este uso influíu na súa evolución popular: do lat. SAECULU cabería esperar en galego a forma *sello; sen embargo temos século; de ECCLESIA cabería esperar *ellexa, e temos igrexa, etc Son palabras cultas as que se introduciron no idioma de forma serodia, por vía erudita, para crear novos vocábulos. Non experimentaron polo tanto os cambios fonéticos propios das palabras patrimoniais e semicultas; manteñen intacta –ou con lixeiros retoques ortográficos– a forma latina orixinaria. Comparemos as formas populares anteriores con estas cultas que lles corresponden: lunar, molar, rotación, flamíxero, nocturno, etc. As palabras cultas son moi s e mellantes en todas as linguas románicas, como podemos comprobar se comparamos as anteriores coas súas correspondentes castelás. CLAVICULA chavella caravilla clavícula CATHEDRA cadeira cátedra PLANU chan de pran plano FABULARE falar fabular SECRETU segredo secreto CLAMARE chamar clamar LIMPIDU limpo límpido LITIGARE lidar litigar CAPITULU cabido capítulo CALIDU caldo cálido ALIENARE allear alienar Lama das Quendas 17 Lingua galega