2. IDENTIFICACIÓN
• Voz masculina.
• Palabra clave SENHOR (normalmente no primeiro verso).
• Un home diríxese a unha dama expresándolle os seus
sentimentos amorosos, suplícandolle atención e
queixándose pola falta de recompensa.
3. FEUDALISMO E AMOR CORTÉS
• O trobador actúa coma un vasalo. Debe gardar
submisión, discreción e fidelidade á súa senhor.
• Muller aristócrata que pode estar casada ou solteira.
4. GRAOS NA RELACIÓN
• FEÑEDOR: o trobador sofre e non se atreve a dirixirse á
dama.
• PRECADOR: o trobador pídelle á dama que o acepte
coma o seu namorado.
• ENTENDEDOR: a senhor acéptao e prodúcese a
vasalaxe amorosa.
• DRUDO: fase de amante correspondido. Relación carnal.
5. DIFERENZAS
COA CANÇÓ PROVENZAL
CANÇÓ PROVENZAL CANTIGA DE AMOR GAL-PORT.
- Joy (alegría).
- O trobador chega a drudo.
- Hai senhal (alcume).
- Descrición física da dama.
- Coita (sufrimento).
- O trobador non chega nunca a
drudo.
- Dama totalmente anónima.
- Muller idealizada e abstracta.
6. PERSONAXES
MULLER NAMORADO OUTROS
PERSONAXES
- Idealizada.
- Descrita dun xeito
impreciso, como
perfecta.
- Calidades morais:
bondadosa, valente,
discreta e leal.
- Angustiado (coita).
- Amor non
correspondido
(loucura e morte por
amor).
- Non agarda ser
correspondido.
- Os amigos.
- Deus.
- Os gardas ou
vixilantes da dama.
- Os miscradores:
delatores,
murmuradores e
competidores.
7. TEMAS
• Eloxio da dama: muller idealizada e perfecta, tanto física
como moralmente.
• Reserva da dama: a senhor non demostra aceptar o galenteo
amoroso e mantense distante.
• Amor do poeta pola dama: o poeta decláralle o seu amor.
• Amor non correspondido: agás algunhas excepcións, trátase
dunha relación imposible.
• Coita de amor: o sufrimento pode xenerar insomnio, perda de
apetito, loucura...